guia nadal 07

Page 1

Estimados pais e nais: Aproveitamos esta ocasión para felicitarvos as festas, ó tempo que vos indicamos unha breve selección de libros que podedes regalar ou regalarvos a vós mesmos, na idea de que un libro sempre foi, é e será un bó regalo.

“Un libro aberto é un cerebro que fala; cerrado, un amigo que espera; destruído, un corazón que chora”. (Proverbio hindú). Boas festas. O equipo da biblioteca

CLÁSICOS Charles Dickens Canción de Navidad Coa calidade literaria do escritor inglés, que extraeu da mocidade desgraciada do século XIX o material para crear novelas sensibles e humorísticas, a historia do rañas Scrooge e as pantasmas que o levan a unha viaxe polo presente, pasado e futuro, continúa conmovendo ás xeracións actuais. Podes descargar o texto completo no seguinte enderezo de interntet: http://www.4shared.com/file/13428136/4bd13d2e/cancionavidad.html ou escoitalo aquí: http://www.leerescuchando.com/LEcuentodenavidad.html Daniel Defoe Robinson Crusoe Robinson Crusoe naufraga e acaba, só, nunha illa deserta. Aos poucos descubrirá que non está tan só na illa, habitada tamén polos caníbales. Cos restos do seu barco, construirá unha cabana e unha balsa. Salvará dos caníbales a un nativo, Venres, que se converterá no seu fiel escudeiro. Ademais dunha novela de aventuras, chea de inesquecibles personaxes, Robinson Crusoe é unha das primeiras reflexións narrativas sobre a soidade, a sociedade e as relacións humanas.

ATA 14 ANOS Marilar Aleixandre A expedición do Pacífico A novela conta a historia dunha expedición polo Pacífico. Entre os oito científicos que a compoñen, atópase a protagonista, Emilia, unha rapaza que, para poder participar na viaxe, se ten que disfrazar de neno. O relato, que abrangue dende 1867 -cando saen de Españaata 1871 -ano da chegada da expedición a Lisboa-, describe as aventuras dos viaxeiros dun xeito realista e verosímil. Paralelamente, asistimos a unha aventura interior: o cambio que se produce na protagonista, que inicia a viaxe con algo máis de doce anos e chega feita unha muller. No "Epílogo" faise referencia á verdadeira expedición ó Pacífico na que se inspira a novela, que tivo lugar entre os anos 1862 e 1866. Ánxela Loureiro Camiño perigoso Os tempos eran difíciles e máis para unha rapaza de trece anos que ten que coidar dos seus irmáns pequenos, xa que os seus pais desapareceron. A protagonista decátase da inxusta realidade ó ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura. Philip Pullman luces del norte/ A aurora boreal Os nenos de Oxford están desaparecendo, e rumoréase que o mesmo sucede noutros lugares. A moza Lyra deberá abandonar a seguridade da súa apracible vida para enfrontar a verdade do seu pasado, unha igrexa corrupta, secuestros de nenos, experimentos prohibidos, bruxas e moitas criaturas que serán os seus amigos e inimigos e que a axudarán a facerse forte para enfrontar o seu verdadeiro destino, o cal vai máis aló do seu mundo ou o noso. Coincidindo co estreo cinematográfico deLa brújula dorada, FAKTORÍA K vén de publicar a versión galega da novela na que está baseada: A aurora boreal. A primeira parte da triloxía A materia oscura


MAIORES DE 14 ANOS John Boyne O neno do pixama a raias/ El niño del pijama a rayas Respectando a petición do editor, non desvelaremos o tema que trata. No entanto, se decides embarcarche na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca. Cercas como esa existen en moitos sitios do mundo, só desexamos que non te atopes nunca cunha delas. Para rematar, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixesen, nenos a partir dos trece anos de idade. Matilde Asensi El salón de ámbar Ana Galdeano, unha respectable anticuaria de Ávila, membro dun grupo intenacional de ladróns de obras de arte, verase obrigada a desenmarañar os fíos dunha complicada trama urdida cincuenta anos atrás por dous perigosos e intelixentes xerarcas nazis que decidiron apropiarse daqueles inumerables tesouros e, sobre todo, do Salón de Ámbar. Matilde Asensi proponnos co salón de ámbar unha historia de aventuras, onde os piratas pola rede informática van á busca e captura de tesouros imposibles. Juan Granados Sartine y el caballero del punto fijo Nicolás Sartine é un capitán da Armada que, ao seu regreso a España tivo que deixar á súa amante Catalina Lasaletta, que naquel momento se casou cun dos seus máis enconados inimigos. Enviado a Ferrol coa misión de construír uns estaleiros que disuadan aos ingleses e pescudar quen está saboteando ese proxecto, el e os seus homes terán o pracer de demostrar que un dos principais implicados é o novo esposo de Catalina. Sartine ten todos os ingredientes para converterse nun fito no ámbito da novela histórica de aventuras no noso país, e sen dúbida será un personaxe difícil de esquecer.

Guía nadal 2007


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.