SÁBADOS DE ANIMACIÓN MAIO 2014

Page 1

SÁBADOS DE ANIMACIÓN

Para nenos

Sábado

MAIO 2014

OINTES E SORDOS de + 3 anos

31 ás 12 h.

Contos cos trasnos: ( Compañía do TrinkeTrinke) + 3 Celebramos anos

o h. SÁBAD0 24, 12

Día do Libro


Sรกbado 10 รกs 12 h. + de 3 anos


http://www.poetadiazcastro.com/ http://www.poetadiazcastro.com/galeria/D%C3%ADaz_Castro_banda_dese%C3%B1a da.pdf

Naceu na parroquia de Os Vilares no 1914 e desde aquela viviu ligado a esta paisaxe e contorno a carón da Serra de Montouto onde vai fenecendo a Terra Cha. Aínda que pasou moito tempo lonxe desta comarca, concretamente en Madrid, endexamais renunciou a ela e sempre que podía viña a beber nesta fonte da súa inspiración poética.

Despois de cursar estudos de Filosofía e Letras, trasládase a Madrid en 1948. O seu dominio dunha boa parte das lingaus europeas permítelle traballar como tradutor en varios organismos públicos.

Díaz Castro retornou a Galicia en 1982.

Nesta etapa da súa vida, o poeta coñeceu e tratou algúns escritores galegos e colaborou con Dorna, publicando poemas e traducións en varios números da revista. Finou en Lugo en 1990 e foi soterrado en Guitiriz.


Gañou o primeiro premio de Poesía galega nos "Juegos Florales de Betanzos" de 1946 cun "tríptico á groria da betanceira" e, dende Madrid colaborou coa revista Alba. En 1955 aparecen, no tomo IV da Escolma de Fernández del Riego, poemas seus en galego. En 1961, sae do prelo da editorial Galaxia Nimbos, a súa obra cimeira. Deixou inéditos, en castelán, o poemario Sombras radiantes e unha longa composición, Melodía.

Penélope Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.