Cole´s dixital

Page 1

Cole´s dixital Nº1

Biblioteca dixital Co teu carné da biblioteca do centro tes acceso a unha serie de recursos electrónicos de pago: dicionarios, enciclopedias, unha hemeroteca… Entra no catálogo informatizado da nosa biblioteca. Podes facelo nesta dirección: www.opacmeiga.rbgalicia.org ou desde a páxina web do centro. Unha vez na páxina, na columna da esquerda pincha en Recursos electrónicos.


Selecciona o recurso que queres consultar e aparecerá esta pantalla:

Na ventana CÓDIGO USUARIO escribe o teu número de carné da biblioteca. En CONTRASINAL deberás anotar o teu primeiro apelido en maiúsculas. Volve pinchar no recurso que queres consultar e XA ESTÁS DENTRO.

Oxford Dictionary Online Dicionario bilingüe inglés-español, español-inglés. Cada entrada contén un arquivo de audio coa pronunciación correspondente en inglés británico e americano.


Ocenet Salus Recursos relativos á saúde, nutrición e coidado persoal. Inclúe atlas de anatomía, dicionarios médicos e enlace á páxinas web recomendadas.

RECURSOS QUE PODES CONSULTAR

e-junior.net Enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de Primaria e ESO. Adecuada para alumnos de máis de 8 anos.

Iconoce Hemeroteca dixital que recolle novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo

Enciclonet Enciclopedia dirixida aos estudantes dos ciclos superiores e a adultos.


Shale Gale Virtual Referente Library é unha base de datos procedentes de diferentes enciclopedias e obras de referencia.

Oceanet Saber Recurso creado para bibliotecas. Inclúe máis de 200 000 artigos, que cubren distintas áreas de coñecemento. Ofrece artigos de revistas e publicacións especializadas, documentos históricos, clásicos da literatura universal, galería de imaxes...

Enfermedades y trastornos de la salud Proporciona información exhaustiva sobre máis de 295 enfermidades e trastornos da saúde.


Diccionario Akal-Grove de la música

Diccionario Akal del Antiguo Egipto

Diccionario Akal de las religiones

Diccionario Akal de Filosofía


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.