Guía de vigo. Proxecto de centro

Page 1

Cíes... Son estas, belísimas, na súa frontal dura oceánica e na suavidade das súas formas interiores cóncavas cara á ría. Entre as de San Martiño e Faro debúxase unha glauca e clara enseada, con praias loiras e augas transparentes. Medran nas rochas figueiras salvaxes e non faltan fontes de riquísimas augas. Brillantes e pulidas ao sol, a néboa e a chuvia préstanlles unha nórdica e vaporosa beleza de balada. Guía de Galicia. Ramón Otero Pedrayo

Guía de Vigo

PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE CENTRO 2012‐2013


GUÍA DE VIGO

PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE CENTRO (PIN) COORDINACIÓN

Carmen Rodríguez REDACCIÓN

Iago Alcántara, Sonia Alonso, Erika Cabello, Raúl Corredera, Judit Couso, Aroa Dios, Fabiola Durán, Mara Fraguas, Irene González, Cristina González, Carlos González, Anxo Jorge, María Lage, Alejandro Lamela, Paula López, Pedro Mirón, Candela Nicora, Estela Pazos, Martina Pérez, Adrián Pérez, Ana Portabales, Pablo Puga, Raúl Quibén, Mario Rodríguez, Marta Sánchez, Lidia Seoane, Eloi Suárez, Lucas Vigara.

[Alumnado de 3º de ESO]

IES Alexandre Bóveda


HISTORIA Idade Media Durante este período, a igrexa dominou a cidade de Vigo, dependendo do mosteiro cisterciense de Melón. Foi unha época marcada polas frecuentes incursións da piratería procedentes do norte de Europa. Estes sucesos motivaron o desprazamento da poboación cara ao interior na busca de máis seguridade, refuxiándose no Monte do Castro. Na Idade Media, Vigo era coñecido polas súas plantacións de oliveiras e o florecente comercio pesqueiro. Hai constancia documental de igrexas románicas no actual termo municipal que proban a existencia de importantes asentamentos de poboación na zona nos séculos XI, XII e XIII, en localizacións que coinciden coas actuais parroquias viguesas. Entre elas, a de San Salvador de Coruxo ou a de Santa María de Castrelos. A partir do século XII, no que a cidade comeza a recuperar poboación, Vigo segue sometido ao poder da igrexa e dos señores feudais. A parroquia de Santiago de Vigo era a máis importante da vila xunto co barrio de Santa María. O desenvolvemento da cidade viuse limitado debido a que a Coroa lle outorgou a Baiona a facultade de comerciar por mar con outras cidades. Destacan neste etapa as fermosas Cantigas de Amigo compostas por Martín Códax. Na actualidade, dentro do término municipal de Vigo, só posuímos dous exemplares de pontes medievais: as de Castrelos e Sárdoma. A partir do século XII, cando a cidade comeza a recuperar poboación, Vigo está

1


suxeito ao poder da Igrexa e dos señores feudais. A parroquia de Santiago de Vigo foi a máis importante da cidade, xunto co barrio de Santa María. O desenvolvemento de Vigo foi limitado porque a Coroa lle concedeu a Baiona a capacidade de comerciar por mar con outras cidades. Idade Moderna A pesar dos incesantes ataques e piratas producidos durante estes séculos, Vigo continúa crecendo. Gaña importancia dentro a actividade artesanal e o comercio, aínda que o sector máis importante está constituído pola pesca. En 1585 o pirata inglés Francis Drake intenta tomar a vila, fracasando grazas á oposición dos veciños. Non obstante, catro anos máis tarde ataca de novo e con éxito a cidade, arrasando e queimando todo o que encontra ao seu paso. En 1617 os piratas turcos intentan asaltar a cidade, sendo este ataque de novo repelido polos veciños. Os frecuentes ataques marítimos obrigan á construción en 1656 das murallas da cidade e do castelo de San Sebastián. En 1702 prodúcese o episodio máis importante da historia da cidade, coñecido como a Batalla de Rande. A flota anglo‐holandesa persegue dentro da ría a flota da Prata española e os barcos de guerra franceses que a escoltaban. Esta importante flota, cargada de riquezas procedentes de América, é destruída despois dunha cruenta batalla desenvolvida tanto en mar coma en terra. Os ingleses leváronse uns cantos barcos cargados con tesouros da India, pero o resto foron afundidos polas chamas e aínda hoxe se encontran no fondo da enseada de San Simón, na zona interior da ría de Vigo. En 1778 Carlos III rompe co monopolio dos portos autorizados para comerciar con América, de forma que Vigo comeza a beneficiarse do tráfico de alto bordo. Nesta época a vila de Vigo estaba completamente pechada cunha muralla. Preto do mar estaba o bastión de Laxe e no lado oposto, o castelo de San Sebastián. Ao longo da muralla abríanse sete portas: a Porta de Falperra, a do Berbés, a do Mar, a da Laxe, a de Gamboa, a do Sol e a do Pracer. Finalmente, a chegada á cidade de comerciantes e industriais cataláns na segunda metade do século XVIII supón unha pequena

2


revolución económica, proliferando as fábricas de salgadura, xabón e produtos de coiro e liño. En 1809, como sucedeu co resto do territorio da Península, Vigo foi ocupado polo exército francés. A resistencia popular, protagonizada entre outros por Pablo Morillo, o tenente Almeida e Bernardo González del Valle, provoca un levantamento que remata coa expulsión dos militares galos. Os cidadáns vigueses defendéronse dos franceses con moita valentía e sen armas propiamente ditas, pois empregaron coitelos, sachos, fouces,… Moi poucos, só os militares, levaban armas de pólvora. Este episodio motivou a concesión á, ata entón, vila de Vigo do título de "Leal e Valorosa", honra concedida por Fernando VII. Dende o ano 1809 festéxase en Vigo a Festa da Reconquista, na que se celebra a vitoria sobre os franceses. A primeira celebración da Reconquista foi na igrexa de Santa María, o 29 de marzo de 1809. Idade Contemporánea A burguesía industrial, herdeira dos inmigrantes cataláns que estableceron as fábricas de salazón nos séculos XVIII e XIX, cobra cada vez máis protagonismo no desenvolvementoo da cidade. Prodúcese, tamén, unha expansión cos municipios lindantes de Bouzas en 1914 e Lavadores en 1941, o que representou un aumento de poboación moi significativo para Vigo.

O porto de Vigo converteuse na saída de milleiros de galegos ata América, por aquel entón terra de oportunidades. No século XX fundáranse ou consolidáranse grandes industrias da cidade (como os asteleiros Barreras e Vulcano), Citroën (e todas as empresas auxiliares no mundo do automóbil) así como a importante industria do conxelado.

O Guadalupe, último buque que realizou o traxecto entre Nova York e Vigo

Outro símbolo daquel entón foi o tranvía, que empezou a funcionar en 1914 cun custe inicial de 5 céntimos.

3


A cidade tiña unha enorme actividade social: abundaban os diarios e os semanarios, e asociacións e agrupacións de carácter político e sindical. A Guerra Civil apenas se notou en Vigo, que non opuxo resistencia ao golpe de Estado franquista. Mais a ausencia de loita non librou a cidade dunha represión na que en medio das vítimas se encontraba o alcalde da cidade, Emilio Martínez Garrido, e numerosos intelectuais, artistas e políticos. Na década de 1940 trázase a Gran Vía. A partir dela a cidade rexistra un gran crecemento demográfico coa nova creación de barrios residenciais como o de Coia (consecuencia da crecente oferta laboral que trouxo numerosa poboación de zonas rurais) ou o populoso de Teis. Instálanse novas industrias como Citroën Hispania, primeira empresa en establecerse na Zona Franca de Balaídos.

Á súa vez, e grazas ao desprazamento poboacional que se deu do campo á cidade, nas décadas de 1960 e 1970 produciuse un elevado crecemento demográfico. Finalizando o século e xa durante a etapa democrática, o impacto producido pola crise do sector naval golpeou con forza a cidade durante o decenio 1975–1985, aumentando os conflitos sociais e destruíndo parte do tecido industrial tradicional, vinculado ao mar. Desde finais dos anos 80 observouse unha recuperación económica que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos. A crise actual está a deixar unha marca brutal na cidade, cuxas consecuencias están aínda sen delimitar

4


XEOGRAFÍA Praias de Vigo En Vigo destacan as súas praias, que son o seu reclamo turístico, ademais dos atractivos propios dunha cidade. Vigo tamén é un concello cunha ampla oferta de praia e natureza; entre elas encóntranse as que xa están consideradas como unha das mellores praias do mundo, situadas nas illas Cies. Ademais contamos coa praia de Samil, O Vao e Canido; os seus parques urbanos e tamén os parques forestais, situados nos outeiros que circundan a cidade. Conta tamén con varias importantes rutas de sendeirismo homologadas que percorren os montes e outras paraxes do municipio vigués. A praia de Samil é unha das maiores de Vigo e a máis frecuentada por turistas e visitantes. No seu extremo oeste encóntrase a desembocadura do río Lagares. Dispón de amplas zonas de paseo, zonas axardinadas e deportivas, piscinas e outros servizos, como os múltiples accesos adaptados para minusválidos. No fondo, pódense contemplar as illas Cíes, lugar por onde se esconde o Sol deixando unha preciosa paisaxe. No verán organízanse moitas actividades ao aire libre, como festivais europeos e exhibicións aéreas. A praia de Canido encóntrase en Canido, na parroquia de San Miguel de Oia, e situada entre a praia do Vao e Cabo Estai. Dispón de zonas de paseo e zonas axardinadas, así coma un porto marítimo. A pesca é unha das actividades máis desenvolvidas na zona. Posúe tamén restaurantes para a degustación de mariscos e peixe.

A praia do Vao atópase na parroquia de Coruxo, a continuación da praia de Samil. Goza de gran calidade ambiental.

5


No seu extremo occidental atópase a vila romana de Toralla, visitable, e sobre a que se realiza un proxecto de escavación e de musealización. O seu nome débese á antiga pasaxe de area que había entre a praia e Toralla. Estas dúas últimas praias, xunto coas da Punta, O Tombo do Gato e Fontaíña, foron as praias viguesas distinguidas co galardón da bandeira azul no 2007. Entre outras tamén se encontran a praia de Carril, Fontoura e Adro, Santa Baia, Cocho, Mourisca (Os Olmos), As Fontes, Espedrigada (Tombo do Gato), Cocho das Dornas, de Foz, Calzoa (As Barcas) Fechiño, Baluarte, Serral, Xunqueiro, Sobreira, Noivo, Muíños de Fortiñón, Portiño, Buraca, Furna, Canto de Area, Cacharela, de Mende, de Riospunta, da Guía, Lagoa e de Manquiña.

Illas Cíes As illas Cíes son un arquipélago que forma parte da ría de Vigo e do Parque Nacional Marítimo‐Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, creado o 1 de xullo de 2002. Dispón de praias e cámping, e é visitable en tempada estival con barcos que parten a diario desde Vigo a Baiona. As illas pertencen ao concello de Vigo, e atópanse a 42º 15’ de latitude norte, e a 8º 54’ de latitude oeste. Foron declaradas Parque Natural en 1980. Ademais, polas importantes colonias de aves mariñas, as illas Cíes contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves. Tamén son un lugar de importancia comunitaria e mais Zona de Especial Protección de Valores Naturais.

O arquipélago está formado por tres illas principais: a illa de Monteagudo (ou illa do Norte), a illa do Faro (ou illa do Medio) e mais a illa de San Martiño (ou illa do Sur), xunto a pequenos illotes como Boeiro ou Agoeiro, Viños, Carabelos e O Ruzo. Todas elas contan con 433 hectáreas terrestres de superficie, mentres que a superficie mariña protexida incluída no parque é de 2.658 hectáreas.

6


Á parte das praias, o seu grande atractivo son os seus cantís e os denominados “niños de abellas e as cacholas” (cavidades redondeadas producidas na superficie das rochas que acaban fusionándose dando lugar a oquidades maiores). No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia da illa de Monteagudo como a “praia máis fermosa do mundo”. Flora As matogueiras das illas compóñense fundamentalmente de especies autóctonas, coma o toxo, a xara, a xesta ou a esparragueira. O bosque é o que sufriu as maiores alteracións xa que desapareceron especies autóctonas como a figueira, e outras como o cerquiño quedaron reducidas a áreas case testemuñais ao repoboarse as illas con piñeiros e eucaliptos case nunha cuarta parte da superficie. Os ventos fortes con alto contido en sales dificultan, á súa vez, o desenvolvemento das árbores. Destaca a presenza da herba de namorar e da camariña en perigo de extinción. Na zona da lagoa atópase vexetación típica de marismas, como os xuncos. A grande diversidade vexetal que se pode apreciar en toda a comunidade galega é posible grazas ao excelente clima. As poucas xeadas, suaves cambios de temperatura e abundantes precipitacións fan deste microclima

7


vigués, que está entre o clima océanico e mediterráneo, todo un privilexio para que especies de todo tipo poidan darse. Parques coma o de Quiñones de León (Castrelos) ou o do monte do Castro son os principais espazos vexetais na cidade. Os abundantes parques forestais forman un importante ecosistema nos arredores da cidade, e a ría de Vigo e as illas Cíes coas especies mariñas completan o que serían os tres apartados dentro da flora viguesa. FLORA MARÍTIMA Ninguén pode chegar a entender a importancia das algas para Galicia e o mar. Sen estes seres vivos a calidade da auga empeora. Son o primeiro elo da cadea alimenticia no mar. Sen as algas a ría de Vigo non tería vida nin diversidade e non se podería explotar. Son abundantes: As algas pardas son as máis sinxelas d As vermellas poden apreciarse polas súas vivas cores. FLORA TERRESTRE As especies forasteiras estanlles a comer terreo ás autóctonas na foresta viguesa coma no resto de Galicia. Tanto o carballo como o castiñeiro están sendo substituidos na paisaxe polo eucalipto e o piñeiro, que ata a época dos cincuenta só se utlizaban de ornamentación de xardíns. O seu rápido crecemento e reprodución para a repoboación dos bosques xoga unha baza importante a favor das árbores foráneas.

8


Pódese apreciar diferenza entre a vexetación das illas coa continental. As plantas das illas Cíes están adaptadas a un terreo máis seco: raíces profundas, técnicas para evitar a evaporación, cores claras para reflectir a luz solar… Grazas a isto existen plantas imposibles de atopar no resto de Galicia. Unha extensa cantidade de vexetación fluvial, como os xuncos ou os chopos, acompañan o río Lagares ata a súa xunqueira. Tamén a flora de parques coma o de Castrelos pode namorar a calquera. Os xigantescos plátanos ou a espectácular sequoia son as árbores máis carecterísticas deste parque. En total son 4.929 diferentes exemplares vexetais recontados polo concello en toda a comarca. A flora das illas Cíes conta cun total de 602 especies vexetais catalogadas, entre elas 415 espontáneas, 44 plantas subespontáneas ou naturalizadas e 143 cultivadas, das cales 15 son híbridas. Fauna 22.000 parellas de gaivotas patiamarelas constitúen a colonia máis grande do mundo e é a especie dominante nas Cíes. Séguena o corvo mariño cristado, con 1.000 parellas; e a gaivota escura, con 20 parellas. En 1960 censáronse 400 parellas de arao dos cons, que na actualidade se atopa case extinguido nas illas. Destacan outras especies como o azor, o falcón peregrino e o gabián entre as aves rapaces. Pombas, torcaces, pardelas, mascatos, rulas, paxaros carpinteiros , que aniñan nas árbores e nos cantís como a choia biquivermella. Así mesmo, numerosos e variados tipos de aves invernan ou descansan nas súas viaxes migratorias. No Alto da Campá (illa do Faro) e no Faro do Peito (San Martiño), existen observatorios ornitolóxicos. Tamén hai na illa do Faro unha aula da natureza.

9


O coello, o ourizo cacho e a londra son os únicos mamíferos silvestres con certa presenza actualmente. Tamén hai ratos, musarañas e morcegos, así como algunhas outras especies de pequeno tamaño e en menor cantidade. Réptiles, representados por diferentes tipos de lagartos, lagartas e culebras; anfibios (en menor medida pola escaseza de auga), como píntegas e sapos; e invertebrados como caracois, escaravellos, arañas e bolboretas acaban completando a fauna das illas. Existe unha extensa cantidade de diversos hábitats e ecosistemas que provocan unha gran diversidade animal. Bosques, marismas, ríos, ribeiras, praias, matorrais, prados e o mesmo mar agochan os máis variados animais. Os máis característicos vigueses, as aves e sobre todo as mariñas. A gaivota patiamarela, ademais de ter unha importante poboación nas Cíes, revoa polas rúas da cidade, ao lado de pombas, gorrións ou parrulos. Moitas especies como os cormoráns, gaviáns ou falcóns peregrinos nidifican nas Cíes. En total son 42 as especies que crían en Vigo, sen contar as numerosas migratorias. A cantidade de peixes, crustáceos e moluscos do mar olívico dan proba da gran actividade pesqueira. Especies como mexillóns, polbos ou sardiñas son exemplos dos animais que existen na ría e zonas costeiras.

10


Montes e parques Alameda Está situada na praza de Compostela, cerca do porto e nunha zona de servizos, comercios e ocio. Creouse a finais do século XIX. É o primeiro Xardín Público Urbano que ten Vigo.

O Castro O monte do Castro é o punto de orixe da cidade de Vigo. Elévase tan só uns 80 metros sobre o nivel do mar e encóntrase a escasa distancia deste. Distribuídas polo parque hai varias obras de arte, como monumentos e esculturas conmemorativas. Podemos encontrar restos castrenses datados do século II e III a. C. Hoxe en día aínda se conservan unhas 45 construcións pétreas na ladeira dereita do monte. Existían tamén pasadizos polo subsolo que comunicaban con distintos puntos da cidade en época de guerra. A Guía O monte da Guía encóntrase situado no barrio de Teis. Desde este parque temos unhas espectaculares vistas de Vigo e a súa ría, coas illas Cíes de fondo. Destacan nel a gran cantidade de piñeiros e carballos que existen. Na súa cima atópase a ermida en honra á Nosa Señora das Neves.

11


Castrelos O parque de Castrelos é una das xoias da cidade, xa non só pola súa extensión (algo máis de 24 hectáreas, un dos máis extensos da cidade), senón tamén polas súas dotacións. Este parque é a miúdo utilizado por moitos cidadáns para dar un paseo entre os seus camiños ou para realizar actividades deportivas.

Ríos O río Lagares é un curto río costeiro do municipio olívico. O seu nacemento prodúcese en Peinador, formando un pequeno estanque do que inicia o seu curso. Esténdese polo sur do municipio, de leste a oeste, e desemboca na populosa praia de Samil. Pasa polo Parque de Castrelos (onde é moi popular observar cidadáns facendo deporte como sendeirismo, footing, etc.) e nunha determinada zona pasa baixo as inmediacións do estadio Balaídos. Pódense encontrar nel dúas pontes medievais, merendeiros ou fontes; e ver unha gran cantidade de aves acuáticas que utilizan o río para aniñar e moita vexetación autóctona. O río Zamáns é o principal afluente do río Miñor. Nace na Serra de Galiñeiro e pasa pola parroquia de Vilaza. O encoro toma o seu nome da parroquia e do río no que está emprazado, o Zamáns. Está catalogado como

12


unha zona de protección para as aves. Está formado por unha presa de 29 metros de altura e con capacidade para 2 hectómetros cúbicos; forma unha marabillosa paraxe natural.

A ría

A ría de Vigo é unha das maiores de Galicia, situada na zona sur da provincia de Pontevedra. Baña os concellos de Vigo, Cangas, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior e Redondela; e nun pequeno entrante que ás veces se considera fóra da mesma ría, Baiona ata o cabo Silleiro. Presenta unha forma de cuña orientada en dirección norleste suroeste. É a segunda ría, detrás da de Arousa, en maior volume de auga, con 3.117 hm3. No verán, os ventos nórdicos arrastran as augas superficiais quentes, permitindo o afloramento das frías, ricas en nutrientes, e convertendo a ría nunha das que teñen máis produción mariña e de maior calidade do mundo. Os principais ríos que desaugan na ría son o Oitavén‐ Verdugo, o Alvedosa e o Lagares. O seu acceso accidental está protexido polas illas Cíes; e no seu interior atópanse as de Toralla e San Simón, a Península do Morrazo e a baía de Baiona.

13


CLIMA Segundo a clasificación de Köppen, Vigo posuía un clima tipo Cfb (oceánico de veráns suaves). Pero, debido ao incremento da temperatura dos últimos anos, o clima pasou a ser considerado de tipo Csb (oceánico de veráns secos). Basicamente este último consiste nunha transición entre o clima oceánico e o mediterráneo: un microclima caracterizado por ter estación seca e temperaturas superiores nos meses máis cálidos. Meteogalicia e un estudo do CSIC afirman que o clima da cidade comparte importantes trazos cos climas subtropicais debido, principalmente, ás frontes de orixe tropical que cruzan a cidade. A ría de Vigo é un dos puntos máis chuviosos de Galicia, con elevadas precipitacións e rexistros de 1.918 mm anuais, segundo fontes de AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía). Non obstante, Vigo conta con maior número de días despexados que a maioría de municipios galegos, equiparable cos que se teñen en Tarifa, Málaga ou Valencia. A cidade ten poucos cambios de temperatura grazas a que o mar exerce unha acción moderadora das condicións climáticas. En inverno as xeadas son escasas e as temperaturas non soen baixar dos 12 °C. As temperaturas mostradas na táboa inferior pertencentes á estación meteorolóxica do aeropuerto non reflicten a realidade do clima da cidade, moito máis benévolo. Se ben as medidas son certas e tomadas dentro do término municipal de Vigo, están tomadas a 264 m de altitude e a 10 quilómetros do centro, no aeroporto, nunha zona onde o clima é máis frío que na cidade e onde a néboa é bastante frecuente.

14


MEDIOS DE COMUNICACIÓN Xornais FARO DE VIGO Faro de Vigo é un diario de información xeral con sede en Vigo. Imprimiuse por primera vez o 3 de novembro de 1853, no rúa da Oliva, en Vigo, coa idea de defender os intereses xerais de Galicia. Publícase inicialmente dúas veces por semana, pasando a tres a partir do 1 de xuño de 1875 e a ter carácter diario a partir do 7 de xullo de 1879. Neste xornal podes atopar diferentes tipos de novas: de actualidade, local, galega, economía, deportes, opinión, ocio, vida e estilo.

ATLÁNTICO Atlántico é un diario de información xeral con sede en Vigo. Fundouse o 14 de xuño de 1987 e o seu director é Julio Rodríguez González. Podemos atopar diferentes tipos de novas de Vigo, Galicia, opinión, España, economía, deportes, cultura, tecnoloxía, sociedade, xente e servizos.

20 MINUTOS VIGO É un xornal vigués que aborda novas de economía, nacional, deportes, tecnoloxía, artes, xente, televisión, comunidade e blogs.

Televisións LOCAIS

Televigo: Primeira televisión local puramente viguesa (canal 32).

15


Localia Vigo: Televisión local viguesa xestionada por UTEGA (canal 34). AUTONÓMICAS

TVG: Televisión pública autonómica. G2: Segundo canal da CRTVG. VTelevisión: Canal televisivo do grupo editorial La Voz de Galicia.

ESTATAIS

TVE: Televisión pública estatal. Hai unha unidade informativa en Vigo, na rúa Venezuela. Axencia ATLAS: Axencia de noticias que surte, principalmente, aos programas informativos de Telecinco e Cuatro (canal de televisión), entre outros medios. Conta cunha delegación na avenida García Barbón.

Radios LOCAIS

VIA Radio: 93.3 Radio Líder: 87.5 ‐ 91.1 SiRadio: 107.7

AUTONÓMICAS

Radio Galega: 95.1 e 102.3 Radio Galega Música: 90.8 Radio Voz: 103.8 ESTATAIS

Radio Nacional: 90.1 Radio Clásica: 92.1 Radio 3: 97.4 Radio 5: 96.0

Onda Cero Vigo: 105.4 Europa FM Vigo: 88.7 Cadena SER Vigo: 100.6 Los 40 Principales Vigo: 99.4 Máxima FM Vigo: 104.7 M80 Radio Vigo: 101.2 Cadena Dial Vigo: 96.9 Cadena COPE: 87.8 Cadena 100: 96.5 Loca FM Vigo: 98.0 Kiss FM Vigo: 94.0 EsRadio: 94.4 Rock&Gol: 93.7 Hit FM: 90.5

16


ARTE Vigueses ou relacionados fondamente con Vigo. Unha chea de artistas das máis variadas artes e estilos crearon nesta cidade. De entre todos eles destacamos: Pintura Serafin Avendaño (Vigo, 1838‐1916) José Frau (Vigo, 1898‐1976) Rafael Alonso (Vigo, 1925‐1995) Xosé Lodeiro (Vigo, 1932‐1996 Agustín Perez Bellas (Vigo, 1925‐1982) Francisco Mantecón (Vigo, 1946‐2001) Menchu Lamas (Vigo, 1954) Antón Patiño (Monforte, 1957) Armando Guerra (Santiago, 1948) Antón Goyanes (Monforte, 1935) Laxeiro (Lalín, 1908‐Vigo, 1996) A biografía de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, é en certa forma tamén a da arte galega do século XX. A súa figura sintetiza moitos dos trazos cos que se identifica o carácter galego en moitas partes. Unha obra que ensaia un distanciamento do naturalismo rexionalista da época a través da fusión entre modernidade e tradición, e, xunto con Luis Seoane, Manuel Colmeiro ou Carlos Maside forma o grupo de "Os renovadores" dentro da vangarda artística galega.

17


Fotografía ESTUDIO PACHECO

Xaime de Sousa Guedes Pacheco, nado nunha aldea da Serra da Estrela, formárase como fotógrafo no estudio do seu irmán en Ourense. Fotografías de diversas rúas e edificios modernistas da cidade, vida política nos tempos da República e da Guerra Civil, illas Cíes ou o avión Marabú que o marqués de Quintanar trouxera a Vigo para fotografar Vigo desde o aire... No ano ano 1954, aos setenta e seis anos de idade, morre Xaime Pacheco quedando á fronte do estudio os seus fillos Alberto e Xaime, que morrerá no ano 1981. Os fondos do Arquivo Pacheco son amplísimos tanto no que se refire a traballo de estudio como a traballo de reportaxe. Dentro do conxunto dos retratos de estudio están personalidades como Castelao ou Maside.

18


Podemos dicir que o Arquivo Pacheco contén un século da historia da cidade de Vigo. Ángel Llanos (1914‐2011) Converteuse nunha referencia do fotoperiodismo. Llanos comenzou a exercer en 1926. Foi fotógrafo do gabinete do xeneral Aranda no exército; traballou para o Estado Maior e tamén para o rei Alfonso XIII, pero a súa obra máis importante retrata a Vigo, as súas rúas, o seu porto e os seus barrios.

Cine José Gil (As Neves, 1870‐1937). Foi un dos pioneiros do cine galego, con documentais centrados en Vigo. Rodou en 1916 unha película de ciencia ficción en Galicia: Miss Ledya, onde non faltaba espionaxe e persecucións. Na película, rodada na illa da Toxa, aparecía como figurante Castelao.

19


Chano Piñeiro (1954‐1995) Principal impulsor do cine en Galicia e en idioma galego. Grava a súa primeira curtametraxe en 35 mm., Mamasunción, en 1984, un retrato multipremiado dunha anciá que espera pacientemente a carta do seu fillo emigrado.

Realizou a súa primeira e única película de longametraxe, Sempre Xonxa, en 1989. Falece con 40 anos, convertido nun pioneiro e un símbolo das novas xeraciones do audiovisual galego. Museos MUSEO MARCO

Edificio de estilo ecléctico do arquitecto José Mª Ortiz, data do ano 1861, cando foi deseñado para albergar o antigo Palacio de Xustiza e cárcere. Este novo centro de arte, creado para a difusión de propostas culturais contemporáneas, basea a súa identidade no dinamismo da súa programación e no seu espírito participativo: exposicións temporais de artes plásticas, arquitectura, vídeo, deseño e cineastas.

20


MUSEO DO MAR

Nace coa vontade de realizar unha sede dedicada ao mar. Situado na Punta do Muíño, en Alcabre, foron os arquitectos Aldo Rossi e César Portela os que presentaron un anteproxecto encargado pola Xunta de Galicia. Pero foi o Consorcio da Zona Franca de Vigo quen executou directamente o proxecto arquitectónico e o proyecto museográfico e museolóxico; e César Portela o encargado de levar a cabo o proxecto na súa totalidade

VERBUM (CASA DAS PALABRAS)

Museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poden participar dun modo activo nos elementos expositivos.

21


Arquitectura EDIFICIO: Antigo Reitorado da

Universidade de Vigo (rúa Oporto, 1) AUTOR: Manuel Uceda DATA: 1863 EDIFICIO: Escola Municipal de Artes e

Oficios (rúa de García Barbón, 5) AUTOR: Michel Pacewicz DATA: 1897 EDIFICIO: Mosteiro da Visitación das Salesas Reais

(Teis) AUTOR: Antonio Palacios DATA: 1942

EDIFICIO: Edificio O Moderno (rúa de Policarpo Sanz)

AUTOR: Michel Pacewicz DATA: 1897

22


EDIFICIO: Teatro García Barbón (rúa de Policarpo Sanz) AUTOR: Antonio Palacios DATA: 1925

EDIFICIO: Casa de Ceta ou de Arines (praza de Almeida)

AUTOR: Anónimo DATA: século XV

EDIFICIO: Casa Bonin

AUTOR: Jenaro de la Fuente DATA: 1909

EDIFICIO: Banco de Vigo (actual Banco Pastor) AUTOR: Manuel Gómez Román DATA: 1923

23


EDIFICIO: Real Club Náutico AUTOR: Francisco Castro Represas DATA: 1944

EDIFICIO: César Portela

AUTOR: Escuela de Minas DATA: 2007

Escultura Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) OBRA: Bicentenario de Vigo DATA: 2010 Ramón Conde (Ourense, 1951) OBRA: Monumento ao Traballo DATA: 1990

24


Juan Oliveira (Tui, 1928‐2002) OBRA: Os Cabalos DATA: 1991

Francisco Leiro (Cambados, 1957) OBRA: O Sireno DATA: 1991

Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) OBRA: Porta do Atlántico DATA: 2008

25


LITERATURA Poesía Os primeiros, como Xohán de Cangas, Mendiño ou Martín Codax, enxalzaron esta ría encantada con emocionantes cantigas medievais, dedicadas a San Mamede do Mar, ao pequeno refuxio de San Simón ou ao vaivén das ondas que distraen a nosa mirada.

26


Foi en Vigo, na rúa Real número 12, na imprenta de Juan Compañel, onde un 17 de maio de 1863 Rosalía de Castro publica unha das obras cume da literatura galega: Cantares gallegos.

E Vigo, terra de adopción como poucas en Galicia, acolleu unha chea doutros poetas que fixeron súa a paisaxe da cidade: Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Vilanova, Xavier R. Baixeras, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Ramiro Fonte, Vítor Vaqueiro, X. L. Méndez Ferrín, o Grupo Rompente…

Narrativa De novo Álvaro Cunqueiro, pero tamén Francisco Álvarez del Riego, Camilo Gonsar, Carlos Casares, Francisco Castro, X. L. Méndez Ferrín, Eduardo Blanco Amor,… encontraron na cidade un lugar de acollemento e unha maneira de “mirar” a nosa realidade.

27


Teatro O mellor teatro de Vigo sitúase en García Barbón, de onde provén o nome. Tras anos de problemas económicos, o teatro, construído por Antonio Palacios, foi inaugurado no ano 1900 co nome de Teatro Rosalía de Castro, e sendo a súa primeira función a ópera Aída, para ser reinaugurado o 23 de abril de 1927 co nome de Teatro García Barbón.

E Vigo conta coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) e coan compañías diversas tales como o Trasno Novo Teatro, Atrezo Teatro, Navia Teatro Escola, Lareira Teatro…, ou a compañía profesional Avento.

Cunha visión máis próxima aos métodos multimedia encontramos a Fran Zabaleta: escritor, redactor, guionista de documentais e editor de textos. Ou a Darío Vilas Couselo: redactor web para os portais: H‐ Horror.com, therapyofterror.com, OcioZero.com e CaraB.net. Música Durante a primeira metade dos oitenta, dúas cidades españolas destacaron pola súa novidosa oferta cultural: unha era Madrid; a outra, Vigo, unha cidade daquela marcada pola reconversión industrial e o paro. Foron poucos, pero ousados: os grupos da movida viguesa gastaban un humor desvergoñado e retranqueiro, quizá para disimular ese punto de morriña atlántica que se entrevé no fondo das súas cancións. Y bailaré sobre tu tumba, de Siniestro Total; Galicia caníbal, de Os Resentidos; Malos tiempos para la lírica, de Golpes Bajos…, con temas de Aerolíneas ou de

28


Semen Up constitúen un puñado de enormes cancións. Máis cara á actualidade temos que lembrar a voz e as letras de Iván Ferreiro, noutrora líder de Los Piratas, con cancións tan emblemáticas coma: Turnedo Desde aquí, desde mi casa veo la playa vacía ya lo estaba hace unos días ahora está llena de lluvia y tú ahí sigues sin paraguas sin tu ropa, paseando como una tarde de julio pero con frío y tronando. ¿Se puede saber qué esperas? ¿Que te mire y que te seque? Que te vea y que me quede tomando la luna juntos; la luna, tú y yo expectantes a que pase algún cometa o baje un platillo volante; y la playa llora y llora y desde mi casa grito que aunque pienso en abrazarte que aunque pienso en ir contigo […]

Xa máis na actualidade podemos mencionar os proxectos de bandas como Beethoven Rollers ou Brainwave que actualizan os ritmos na cidade. E partindo como base da música folk, recordamos a gran figura do gaiteiro Carlos Núñez, músico multipremiado e colaborador con grandes artistas de talla internacional como os irlandeses The Chieftains ou o californiano Ry Cooder, con que gravara unha marabilllosa versión de “Negra sombra”.

29


EDITORIAIS EDITORIAL GALAXIA, S. A. O 25 de xullo de 1950 celebrouse en Santiago de Compostela a asemblea fundacional da editorial Galaxia, presidida por don Ramón Otero Pedrayo, patriarca das Letras Galegas. Galaxia naceu como unha plataforma de actuación cultural a prol da lingua e da cultura de Galicia nun período certamente difícil: os anos da ditadura franquista. A resistencia galeguista deseñou daquela un programa de acción cultural, tamén de acción política, que deu os seus froitos sobre todo nas seguintes xeracións. Máis de medio século despois, os seus catálogos son referencia obrigada do libro e da creación galega do noso tempo. XERAIS DE GALICIA, EDICIÓNS Edicións Xerais de Galicia é unha editorial de carácter xeneralista, fundada en 1979 e dedicada á edición de libros en lingua galega. A súa misión fundacional foi non deixar baleiro campo ningún da comunicación impresa necesaria para Galicia. Forma parte, dende a súa fundación, do Grupo Anaya; ten a súa sede na cidade de Vigo e desenvolve a súa actividade promocional ao longo de todo o territorio de Galicia. Dende a súa fundación vendeu case dez millóns e medio de exemplares. Segundo os datos do ISBN, Xerais sitúase ininterrompidamente nos últimos vinte anos á cabeza da produción editorial en lingua galega por número de títulos e dentro das cincuenta primeiras empresas editoriais de España. NOVA GALICIA EDICIONS, S. L.

Nova Galicia Edicións, editorial fundada en Vigo no ano 1984, nace co obxectivo de dar a coñecer a nosa cultura ao resto do mundo. Debido ao seu rápido crecemento, chegou a contar con cinco locais espallados pola cidade de Vigo. Isto motivou a necesidade de centralizar todos os seus servizos nunha única nave. IR INDO EDICIÓNS, S. L. Ir Indo Edicións nace o 14 de novembro de 1985, co obxectivo de colaborar co espallamento e divulgación da cultura galega. Ten editado máis de 500 títulos dos que mantén hoxe vivos en catálogo uns 470. Cómpre subliñar as liñas infantil e xuvenil, dicionarios, narrativa, guías, manuais, cidades e vilas de Galicia,

30


tradución de clásicos, etc.; pero sobre todo foi a primeira editorial que elaborou unha magna obra: a primeira Enciclopedia Galega Universal (EGU) de 16 volumes feita en Galicia e baixo a óptica dos galegos.

NIGRA TREA, S. L., EDICIONES A editorial Nigratrea nace da fusión de dúas editoriais: unha galega, NIGRA, radicada en Vigo, e outra asturiana, TREA, con enderezo en Xixón. Tratábase de aproveitar a experiencia de dúas empresas de parecida traxectoria e con intereses editoriais converxentes co propósito de tirar un maior rendemento editorial a iniciativas parellas, analizando conxuntamente factores de éxito ou fracaso en aquelas seccións e que optimizan conxuntamente os seus recursos humanos, financeiros e comerciais. FAKTORIA K DE LIBROS Faktoría K de Libros é un proxecto editorial que se basea no obxectivo de abordar terreos literarios e artísticos actuais, atractivos e audaces. É un selo da editorial Kalandraka asentada en Pontevedra. Libros para público infantil, pero tamén para lectores adultos ávidos de novas experiencias creativas. Libros convertidos en ferramentas que axuden a entender o mundo dende a liberdade, a tolerancia e o compromiso. Faktoría K explora as expresións culturais doutros países e espazos lingüísticos para achegalas ao noso contorno. Ese diálogo permanente e dinámico co mundo que nos rodea toma forma nesta pequena fábrica de ideas para crear libros fermosos que viaxen pola senda do tempo ata lugares próximos ou recónditos. Ademais é pioneira nun servizo cultural novidoso: sesións todos os venres cun contacontos para nenos maiores de 3 anos na librería da propia editorial, Libros para Soñar (LPS); e cada dous mércores, para bebés.

31


PORTO Historia A tradición da construción de buques comezou no século XX, coa aparición dos primeiros botes de pesca a vapor. Un destes modernos modelos foi moi popular en toda a costa da Península Ibérica e norte de África, sendo construídos centos de exemplares. Outro momento decisivo do desenvolvemento foi nos anos 60, cando os novos buques conxeladores, que revolucionaron a industria pesqueira, se comezaron a construír. Os estaleiros de Vigo sempre foron líderes na construción de buques pesqueiros.

O porto está configurado da seguinte maneira:

¾ Terminal de Bouzas: divídese en dúas zonas, destinadas a tráfico e peirao de reparacións. ¾ Peiraos de Beiramar e O Berbés: destinados ó atraque de barcos pesqueiros de altura e baixura. ¾ Peirao de Cruceiros Alberto Durán Núñez: peirao deportivo. ¾ Peiraos do Areal: comercial e transversal. Suman máis de 1.500 metros de lonxitude, destinados a carga xeral e fluídos. Teñen conexión mediante ferrocarril que case non se usa. ¾ Terminal de Guixar: peirao de 769 metros destinado ao tráfico de contedores, conectados cunha rede ferroviaria.

32


Pesca No ano 2008 o movemento do peixe, moluscos e crustáceos foi de 751.971 toneladas. No porto de pesca de Vigo o 85% do peixe fresco é vendido e distribuído por transporte por estrada nunha moderna flota de camións isotérmicos, un 10% distribúese por vía férrea e o 5% restante por aire. O porto vigués é o maior porto de pesca do mundo, situado na súa ría. É ademais a sede da maior compañía pesqueira do mundo, Pescanova. No 2008 descargáronse 751.971 toneladas de peixe (un 2,59% máis ca no ano anterior). Vigo é a base das compañías pesqueiras con gran presenza en países como Suráfrica, Mozambique, Australia, Perú, Arxentina, illas Malvinas ou Chile. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia. En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado aos produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente neste porto. O porto está gobernado pola Autoridade Portuaria de Vigo, independente dos Portos de Galicia. O seu presidente foi designado polo goberno da Xunta de Galicia; é Ignacio López‐Chaves, nomeado en 2011 ata hoxe. Pesca de baixura Tipo de pesca co barco ancorado ao fondo e, ás veces, nas penas. Normalmente faenan fóra da área protexida das illas Cíes peixes como sargo, faneca, ollete, cabalo, solteira, congro, cabra, choupa, etc., cun tamaño medio de 200‐500 grs. Son barcos que traballan xunto á costa, pequenas embarcacións e métodos artesanais, durante un período de non máis dun día. Levadas as capturas á lonxa, comeza unha poxa cara abaixo, isto é: o prezo do peixe comeza cun valor que vai baixando ata que alguén pague por el.

33


Pesca de altura A flota distribúese seguindo outros motivos, aproveitando recursos internos da Unión Europea. 139 buques de pesca europeos operan a partir do Sol Gran (auga situado ao longo da costa de Inglaterra e sur de Irlanda) á área nordeste do Atlántico que capturan pescada, peixe sapo, gambas, bonito, robaliza,… Trátase de embarcacións de medio e grande porte, normalmente organizados en flotiñas, lonxe da costa e en augas internacionais. A duración da pesca de altura é xeralmente entre 10 e 15 días, polo que estas flotas deben ter sistemas de cámaras e conxelados ou recorrer á utilización de sistemas de conservación, como a salgadura. Estaleiros e naval O porto de Vigo ten gran importancia polo sector naval: construción e reparación de barcos e transporte de mercadorías. A industria naval en Galicia vén realizando dende 1985 importantes esforzos que lle permitan superar a crise que supuxo a forte competencia imposta por un mercado internacionalizado. A facturación anual deste sector é maior de 780 millóns de euros e abarca a construción de barcos militares, mercantes, de recreo ou de pasaxeiros; e todo o referente ao tráfico de mercancías. Históricos estaleiros como Hijos de J. Barreras e Construcciones Navales Paulino Freire, fundados en 1892; e máis recentes, Montajes Cíes, que conseguiu montar buques completos e bater récords na construción de pesqueiros.

34


INDUSTRIA AUTOMOBILÍSTICA

Grupo: PSA Peugeot‐ Citroën País de orixe: Francia Localización: Rúa de Citroën Industria: Automobilística Plantilla: 6.700 traballadores. (En 2007, 9.700 traballadores) Produción: 296.500 vehículos/ano

HISTORIA PSA Peugeot‐Citroën empeza a súa actividade en Vigo, en abril de 1958 como Citroën Hispania. Topábase na rúa Montero Ríos como un taller provisional de cen traballadores. Os factores que fixeron que esta empresa estivese en Vigo foron a conexión marítima da cidade e a existencia da Zona Franca.

35


No ano 1959 a empresa trasládase definitivamente a Balaídos. Neste segundo ano, a produción incrementouse a 1.700 unidades. Esta foi unha época marcada polo crecemento, xa que se fabricaron dous modelos de coches: O AZU e o CV2, e tamén foi marcada polas exportacións nacionais. OS 60

CV2

AZU

Os 60, época de crise económica e estancamento da factoría. A crise do petróleo afectou a todo o mundo e tamén a España, e sobre todo afectou ao mundo automobilístico. Sen embargo Citroën Hispania comeza a crecer. Aumenta a plantilla e tamén se produce unha aceleración na produción de vehículos. OS 70 O ano 1975 Peugeot asóciase a Citroën formando un único grupo, PSA, coa condición de que Peugeot adquira o 90% das acións de Citroën. En 1977 fabrícase o primeiro coche da marca Peugeot e máis adiante pásase á modernización da planta, a aplicación da soldadura totalmente robotizada e a produción de turismos de gran éxito comercial.

36


OS 80 E OS 90 Época de bonanza para o grupo PSA: produciron 1.181.407 unidades do vehículo C15, converteuse en Centro Piloto para a produción do C15 e participou no deseño e posterior evolución deste. O éxito do C15 fixo que Vigo se especializase na produción de vehículos industriais e en turismos de gran tamaño. Nestes anos é cando o tecido industrial de provedores comeza a crecer. A positiva demanda do C15 fixo que o Centro de Vigo volvese a crecer coa creación do vehículo de Citroën Berlingo e de Peugeot Partner. 2000 O ano 2000 producíronse 547.000 vehículos (un 19% máis có ano pasado), quere dicir que foi o maior centro de produción de vehículos en España. Ese ano Vigo convértese na planta de maior produción do grupo PSA. No final desta década, implántase o PSA Excellence System (PES), un método de traballo e xestión. O obxectivo de PES é asegurar a calidade, prazos e custes do produto. No ano 1999 fabricouse o Xsara Picasso, un fito industrial en Vigo. PRODUCIÓN O grupo PSA Peugeot‐Citroën produce actualmente Citroën C4 Picasso, Grand C4 Picasso, Berlingo e C‐Élysée e os Peugeot Partner e 301. EXPORTACIÓNS Un 88% dos vehículos destínanse ás exportacións, grazas a que: • Vigo é a cidade máis industrializada de Galicia. • Ten unha gran poboación: 300.000 habitantes. • Ubícase no noroeste peninsular, o que favorece as exportacións ao resto do mundo.

• O peirao de Vigo é o primeiro de España en tráfico.

37


UNIVERSIDADE UNIVERSIDADE DE VIGO Universidade pública con sede en Vigo e campus en Vigo, Ourense e Pontevedra. Desenvolve a súa actividade con independencia administrativa e forma parte da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG). Fundada en 1990 a partir da segregación da Universidade de Santiago de Compostela. O seu antecedente é o Colexio Universitario de Vigo, creado nos anos 70, e o Colexio Universitario de Ourense, inaugurado en 1973. Cun proxecto académico consolidado no que están representados os ámbitos tecnolóxico, humanístico, científico e xurídico‐social, a Universidade de Vigo foi capaz de consolidarse como unha universidade pública de calidade, aberta á sociedade e firmemente comprometida coa transferencia de coñecemento, en tan só dúas décadas. Está caracterizada pola dispersión xeográfica dos seus centros. Conta con tres campus, localizados en tres cidades ao sur de Galicia: ·Campus de Vigo: situado en parte en Zamáns e en parte no centro urbano (Torrecedeira). Alberga todas as dependencias administrativas da universidade despois de que fosen trasladadas desde o antigo edificio do reitorado da rúa de Oporto, en Vigo. ·Campus de Ourense: atópase integrado no casco urbano, e na práctica está separado en dúas pola antiga estrada a Ponferrada, no que se encontra unha pasarela peonil que une ambas partes. ·Campus de Pontevedra: situado na Xunqueira.

38


DEPORTES Fútbol Real Club Celta de Vigo O Real Club Celta de Vigo representa non só o sentir dunha cidade e dunha afección, senón que é historia viva do fútbol galego. Dende a súa fundación, no 1923, ata os nosos días, a entidade celeste representou a Vigo e os vigueses máis aló do que ninguén podería esperar. A comezos do século XX, os afeccionados vigueses dividíanse entre dous equipos: o Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo. Nunca foi o Real Club Celta un equipo apto para afeccionados cardíacos, sobre todo na década dos 50. A temporada 2000/2001 converteuse na mellor campaña do Real Club Celta de todos os tempos. O equipo vigués conseguiu o primeir otítulo galego en Europa, a Copa Intertoto, trofeo que lle deu acceso a participar na edición 2000/2001 da Copa da UEFA. Ao finalizar a temporada 2009/2010, anunciouse a contratación dun novo adestrador, Paco Herrera, procedente do Vilarreal B. Ademais cerráronse as contratacións dalgúns xogadores verdadeiramente importantes para este equipo. Tamén, a factoría da Madroa comezou a dar os seus mellores froitos en moito tempo. ‐Estadio: Balaídos. San Roque Casablanca C.F. Fundado no 1931 na popular barriada de Casablanca polo fotógrafo vigués Sanchez Ocaña, co nome de Club Deportivo Casablanca, e presidido posteriormente por D. J. Cortegoso ata o ano 1954. En 1958 o club foi refundado por Armando Cajaraville Macías, co nome actual de San Roque Casablanca. Dous dos seus xogadores alcanzaron a profesionalidade e xogar na 1ª División Nacional: Joaquín Fernández Santomé, Quinocho, e Alejandro Lago, lago.

39


U.D. Santa Mariña Na primavera do 1942, algúns integrantes do Deportivo Penís fundan o Deportivo Cabral. A primeira equipación comprouno Eduardo García, sendo as cores: pantalón azul e camiseta vermella. Sen federarse, xoganse partidos amistosos con equipos de Porriño, Petelos, Taiga,… O local era o Bar Molares, nun reservado, onde ademais se facían tertulias e algunha actividade cultural. Cristo da Victoria S.D. Equipo pertencente ao barrio de Coia, comparte campo de xogo co Club Deportivo Coia. Fundado pouco despois que este. A súa equipación é: camiseta vermella e pantalón negro. Ten diferentes categorías: Prebenxamín “A”, “B” e “C”; Benxamín “A”, “B”, “C” e “D”; Alevín “A” e “B”; Infantil “A” e “B”; Cadete; Xuvenil; Senior (2º autonómica) Todas masculinas ou mixtas ata chegar a infantil. Rápido de Bouzas O Rápido nace en Bouzas en 1914, pasando a ser o segundo club da Real Vila, que se unira a Vigo dez anos antes. O seu nacemento prodúcese no seo do Liceo Marítimo de Bouzas (creado en 1907) e herda as cores amarela e negra do hoxe Club Náutico. Rápido de Pereiró F. C. O Rápido de Pereiró é un dos clubs máis antigos da cidade de Vigo; fundouse no ano 1936 co nome de Barranco (tomou ese nome porque o campo nesa época estaba ao pé dun barranco) e tres anos despois cambiou o nome polo actual.

40


A.D. Lavadores Fundado no ano 1985 na parroquia de Lavadores. Zona de influencia: Lavadores – Ramon Nieto – Barreiro – Bembribe – Calvario. Distribución dos equipos: 1 equipo afeccionado, 1 equipo feminino, 1 equipo xuvenil, 1 equipo alevín , 1 equipo benxamín. Coruxo F. C. O Coruxo F. C. creouse tras a fusión co equipo Mirambel no ano 1930. A súa equipación é: camiseta verde e pantalón branco. O Coruxo F. C. é un dos equipos máis emblemáticos da cidade de Vigo. Balonmán Sociedade Deportiva Octavio Fundado no ano 1966. Actualmente milita na Liga Asobal. Presenta a seguinte equipación: camiseta vermella, pantalón branco. Club Deportivo Seis do Nadal O club deportivo Seis do Nadal nace no ano 1983 presidido por aquel entón por Adrián Martínez. O seu obxectivo era que os nenos socializasen entre eles e que se achegasen ao deporte ocupando parte do seu tempo libre. Por aquel entón este centro escolar acollia varias actividades deportivas como ximnasia rítmica, voleibol, tenis, xadrez, atletismo, judo… Agora os deportes máis importantes son balonmán e baloncesto, que antes eran minoritarios. .

41


Equipos Club Unión Lavadores: Categorias: Pre‐benxamín, benxamín, infantil, cadete, xuvenil e senior. Academia Octavio: Categorías: Benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, senior (asobal). Club Seis do Nadal: Categorías: Benxamin, alevin A e B, infantil feminino e masculino A e B, cadete, xuvenil e senior. Asociación Deportiva Carballal: Categorías: Pre‐benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil (só feminino) e senior. DEPORTISTAS VIGUESES DESTACADOS Vigo ten un grande atractivo polo seu deporte, tanto sexa fútbol (no que destaca o Real Club Celta de Vigo), no balonmán (a academia Octavio e o Seis do Nadal), en baloncesto (o Celta feminino), etc. E conta tamén con deportistas que estiveron (ou están) na elite do deporte:

Míchel Salgado

42


¾ Álvarez Salgado (atleta) ¾ Alexandre Gómez (atleta de fondo) ¾ Carlos Pérez (piragüista) ¾ Carlos Adán (atleta de fondo) ¾ David Gómez (decatleta)

43


¾ Chus Lago (alpinista) ¾ Tamara Valderrama (patinadora) ¾ Pahíño (futbolista) ¾ Borja Oubiña (futbolista) ¾ Jonathan Pereira (futbolista) ¾ Iago Aspas (futbolista

44


FESTAS CRISTO DA VITORIA

A procesión do Cristo da Vitoria de Vigo celébrase todos os anos na cidade de Vigo dende o ano 1809 e é a procesión máis multitudinaria de todas as que se celebran en Galicia. Esta festa realízase o primeiro domingo de agosto de cada ano. A conmemoración do Cristo da Vitoria, convertido xa nun símbolo da cidade, nace no ano 1809 cando Vigo foi tomado polas forzas napoleónicas e, tras a reconquista, os vigueses creron ver nela a man de Cristo da Vitoria polo que desde o ano 1810 se implantou esta celebración como festividade no día 28 de marzo. Posteriormente e debido ao mal tempo desas datas, optouse por trasladar a festividade ao primeiro domingo de agosto.

Segundo a lenda, este Cristo foi encontrado no mar por un cargueiro cheo de sal, que o trouxo a porto, de aí a súa denominación como Cristo do Sal. A procesión saca á rúa a imaxe de Cristo da Vitoria e reúne a milleiros de persoas (na última data sobre 200.000 persoas) procedentes de toda Galicia. A RECONQUISTA:

A Festa da Reconquista de Vigo é unha das máis esperadas na cidade. Este festival tivo orixe en 1809 cando a poboación, farta do dominio francés nas súas terras, comezou un levantamento popular que acabou coa expulsión das tropas de Napoleón. Esta festa celébrase a fin de semana máis próxima ao 28 de marzo. Móntanse mercados como os que había a comezos do século XIX, con comidas e produtos típicos. E unha magnifica representación teatral para recordar os acontecementos e conmemorar a independencia dos franceses.

45


SAN BLAS

A Festa de San Blas é a gran festa de inverno en Vigo. Cada 3 de febreiro milleiros de persoas toman a pequena parroquia de Bembrive para gozar dunha das festas máis populares de Vigo.

Porque a xente enche as rúas, chova ou luza un sol abrasador, bailando, cantando e enchendo de festa todos os rincóns. E porque abren os furanchos, esas casas tan típicas que se instalan en baixos, garaxes e ata salóns de casas particulares para dar saída ao viño que sobrou da colleita. En San Blas, ademais, aprovéitase para dar saída aos manxares da tradicional matanza do porco, en forma de cocido galego, orellas, callos…

O CARME

A Festa do Carme é a celebración mariñeira de Vigo por excelencia xa que a Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros. O seu día, o 16 de xullo, toda a costa de Vigo se enche de procesións por mar e terra. As embarcación engalánanse con bandeiras e adornos florais e acompañan o barco que porta a talla da Virxe en procesión. As máis importantes celébranse en Coruxo e no Berbés, no barrio histórico de Vigo.

46


O ENTROIDO

É unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma. O Entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de Entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións poden comezar xa en xaneiro. Durante as festas tómanse os tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As androllas e o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes día. Tamén nestas datas se elaboran sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os pratos máis típicos do Entroido.

47


PERSOEIROS Martín Códax Nacido o mediados do século XIII e falecido a comezos do século XIV. Autor de 7 cantigas de amigo que figuran nos cancioneiros da lírica galego‐portuguesa e no Pergameo Vindel, no que figura o seu nome como autor das composicións. Casto Méndez Núñez (Vigo, 1824‐1869) foi un mariño e militar español, contraalmirante da Real Armada Española e heroe da Guerra Hispano‐Sudamericana, distinguíndose no combate do Callao (1866). Os seus restos mortais foron sepultados en Pontevedra. Bernardo González del Valle Coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (Pereiro de Aguiar) (1771‐1848), foi un militar coñecido polo defensa de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española. Tras a reconquista de Vigo, onde foi ferido cando derribaba a porta da Gamboa a machadazos, foi designado gobernador da vila. En outubro de 1809 o marqués De la Romana designouno gobernador da provincia de Tui. Estaba casado con Xosefa Ballesteros Carasa, sobriña do liberal Luís López Ballesteros e da que o rei Fernando VII estaba namorado. En 1932 os seus restos mortais foron trasladados ao camposanto vigués de Pereiró. Ricardo Mella Cea Nado en Vigo (1861‐ 1925), foi un dos primeiros escritores, intelectuais e activistas libertarios de España. Estudoso e crítico de variados temas, así como falante e tradutor de inglés, francés e italiano. Fundou en Vigo a publicación La Federalista, de marcado carácter obreirista, que se mantivo catro anos, de 1881 a 1885.

48


Policarpo Sanz (Marín, 1841‐1889). Como emigrante nos Estados Unidos de América, Policarpo Sanz construíu un importante grupo industrial, axudado tamén polo seu matrimonio cunha adiñeirada herdeira de orixes cubanas. Despois da súa morte, seguindo o seu desexo, a súa inmensa colección de obras de arte foi doada ao Museo Municipal de Vigo, cidade onde Policarpo Sanz pasou a súa infancia. Nesa colección inclúense importantes cadros de pintores flamengos, franceses, italianos e españois. A el débelle a cidade a construción do Santa Irene xa que polo seu mandato se investiu parte do diñeiro na “construcción de un centro escolar gratuito para niños”. José García Barbón (Verín, 1831‐Vigo, 1909) foi un coñecido empresario e mecenas da súa época. De familia acomodada, pronto emigrou a Cuba onde alcanzaría éxito nos negocios, fundando o seu propio banco. Alí coñeceu outro emigrante e empresario galego, Policarpo Sanz, co que mantivo unha grande amizade. Xuntos foron os impulsores da Sociedade de Beneficencia dos Naturales de Galicia e do Centro Galego da Habana. Con 53 anos de idade decidiu retornar á súa terra natal por razóns de saúde. En Verín fundou o Hotel Balneario de Cabreiroá e a Electra de Verín. Tras dez anos, decidiu instalarse definitivamente en Vigo coa súa irmá e os seus catro sobriños, pois el permaneceu solteiro. Alí dedicouse a comprar propiedades, a levantar grandes edificios como o Teatro do seu nome ou a Escola de Artes e Oficios, e a obras de caridade.

49


Enrique Peinador Lines Se o proxecto do balneario de Mondariz foi iniciado polo seu pai Enrique Peinador Vela (1847‐1917) (respaldado polo irmán, Ramón), el converteuse no descubridor, no emprendedor visionario e protagonista deste fermoso e incrible proxecto. Peinador Vela

Peinador Lines

A súa dirección, desde 1906, foi o de toda unha Belle Époque en que Mondariz, do que se segregou en 1924 Mondariz‐Balneario, foi un lugar de cita estivais das clases acomodadas, con bañistas vidos de lugares tan loxanos como Porto Rico, Uruguai, Brasil, Chile, México, Costa Rica, Estados Unidos, Francia e Alemaña. A relación con Vigo foi tamén intensa pola comunicación que supoñía o porto, chegando mesmo a proxectarse a construción dun tranvía que conectase Mondariz con Vigo.

50


Siniestro Total Grupo galego de música punk‐rock formado en Vigo en 1981 por Julián Hernández, Alberto Torrado, Miguel Costas e Germán Coppini aínda que, tras pasar por diversas formacións, actualmente está integrado por Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avendaño, Ángel González e Jorge Beltrán.

Iníciase na década dos noventa coa presentación do álbum En beneficio de todos” (1990). E con discos como Ante todo mucha calma, Sesión vermú ou Cultura popular consolidáronse como referentes da movida viguesa dos oitenta. Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913–Vigo, 2010) foi un escritor, intelectual e político galego que desenvolveu desde a década de 1930 un traballo constante e recoñecido a favor da cultura galega. Foi uno dos principais artífices da editorial Galaxia e director, xunto a Ramón Piñero, da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, foi autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é un ensaísta membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, catedrático de Literatura Galega, sociolingüista, poeta e conferenciante.

51


Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), é un político e escritor en lingua galega, amplamente recoécido como un dos máis importantes e representativos da literatura galega contemporánea.

Membro da Real Academia Galega, e presidente ata febreiro de 2013, foi fundador do grupo Brais Pinto, docente no Santa Irene, activista antifranquista, columnista do Faro de Vigo, e director da revista de pensamiento crítico A Trabe de Ouro, Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Manuel Mur Oti (Vigo, 1908–Madrid, 2003) foi director de cine, guionista, poeta e novelista. Aos 13 anos viaxa a Cuba, onde estuda Dereito e Literatura, e posteriormente viaxa a outros países. Regresa a España en 1949. É entón cando crea a súa produtora, Celta Films.

52


COMUNICACIÓNS AEROPORTO

O aeroporto de Peinador está situado na periferia da cidade, en terreos pertencentes aos concellos de Vigo, Redondela e Mos, estes dous últimos integrantes da actual área metropolitana de Vigo a uns 9 km do centro da cidade viguesa. Conta cunha pista de 2.400 m de lonxitude e 45 m de ancho. No ano 2006, o aeroporto de Peinador acadou a cifra de 1.500.000 pasaxeiros e nos últimos dez anos experimentou un gran crecemento, posibilitando que se triplicase o seu número de pasaxeiros. Na actualidade son varias as aeroliñas que operan dende o aeroporto de Vigo: Air France, Iberia, Air Europa, Spanair... E os destinos máis solicitados son Madrid, Barcelona ou París, ademais doutras capitais españolas e europeas. REDE FERROVIARIA

Renfe é o principal operador ferroviario de Vigo. Na cidade existe unha estación en servizo, pertencente á rede de Adif: A estación de viaxeiros está situada cercana ao porto e á praza de Compostela, nas inmediacións do Real Club Náutico. Hai trens diarios a diversos puntos de España, así como conexións rexionais a Galicia e Castela e León. Tamen existe unha liña internacional a Porto que realiza a empresa portuguesa CP (Comboios de Portugal). A estación de mercancías también se agrupa dentro da actual estación de pasaxeiros de Guixar (unha estación temporal, á espera de que finalice a construción da nova estación de alta velocidade na rúa Urzaiz. Sobre esta edificarase un centro comercial Vialia, nunha actuación de máis de 100 millóns de euros).

53


AUTOBUSES URBANOS

O transporte público de autobuses urbanos de Vigo está a cargo da empresa Vitrasa dende o ano 1968. Posúe a rede de autobuses urbanos con máis liñas do noroeste español, 35 en total. Presta servizos aos municipios de Vigo e Redondela. AUTOBUSES INTERURBANOS

Existen algúns servizos de autobús que unen a cidade con outras localidades da súa área metropolitana, con liñas á maioría das cidades galegas, ademais de a Madrid, Barcelona, Lisboa, Cádiz, Salamanca, Andorra, Porto e outros destinos na Península e en Europa.

54


VIGO NA LEMBRANZA

55


56


57


58


59


60


61


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.