O entroido en galicia

Page 1

O Entroido en Galicia


1. Índice • Introdución Maceda

• Entroido en:

Pontevedra

Xinzo de Limia

Eiroás (Cudeiro)

Verín

Sande

Viana do Bolo

Pobra do Brollón

Cobres

Vilariño de Conso

Laza

A Coruña

Manzaneda

Sarreaus

Xenerais da Ulla

Chantada

Lourenzá

Castrelo de Cima


INTRODUCIÓN Entroido: festa máis importante do ano, na que os costumes se relaxan, os papeis de cada un cambian e un pode rirse de todo. Esta festa foi declarada “Festa de Interese Turístico” en sete concellos. En máis de 175 concellos o Martes ou o Mércores de Entroido son festivos. Na provincia de Lugo destacan os entroidos de Pobra do Brollón, Lourenzá e Chantada. Na provincia de Ourense é na que o Entroido galego ten máis importancia.


MAPA DO ENTROIDO EN GALICIA


XINzO DE LIMIA • É o carnaval máis longo de España, celébrase durante cinco fins de semana que comeza o Domingo Fareleiro e remata o Domingo de Piñata. • A figura máis importante son as pantallas; unha Pantalla é unha mascara que leva unha careta que representa un demo burlón e ademáis leva camisa e calzón branco, capa vermella, polainas, zapatos negros, faixa con campaiñas e pano.


VERÍN

Aquí manda o Cigarrón : un personaxe ó que nunca se lle ve a cara que leva un traxe que pode pesar ata 25 kg. Vai cun látego que emprega sen miramentos. O entroido de Verín dura 2 semanas e ten cerimonias como o Entroidarte ou o Bautismo do Cigarrón. Algún dos días máis sinalados son o Xoves de Compadres e de Comadres, ou Domingo Corredoiro, que é cando Os Cigarróns aparecen petando co látego a todo o mundo.


VIANA DO BOLO Entroido e gastronomía van unidos neste pobo, de feito, o nome oficial desta celebración é “Festa da Androlla e o Entroido”. Os protagonistas do Entroido de Viana son Os Boteiros e os Folións. O Boteiro é unha máscara que leva unha careta rematada nun penacho e un traxe multicolor de cintas de seda. O Os Folións son comparsas de 30 ou 40 persoas que tocan ferramentas agrícolas.


COBRES • E o entroido máis elegante de toda Galicia. Hai diversos xogos como o Corrida do galo, galo no río e galo na vara. • As madamas e galáns son as personaxes características do entroido. • No entroido de Cobres vaise coa cara ó descuberto


LAzA

• Presume dun entroido puramente galego, a celebración comeza con catro Venres de Folión. • O Domingo de Entroido cedeselle o protagonismo ós Peliqueiros . • O traxe dun peliqueiro pode chegar a pesar ata 25 kg. Leva un cinto de chocos e un látego


MANzANEDA • O folión tradicional do entroido de Manzaneda é unha celebración de ritos ancestrais. • A Mázcara leva o rostro ó descuberto e na cabeza un pucho e polainas brancas, na cintura leva chocos. • O Folión e unha comparsa que vai de aldea en aldea e os seus integrantes tocan con instrumentos de labranza. • A Foliada é unha sátira na que participan as Mázcaras, os Folións e todos os personaxes do entroido.


OS XENERAIS DA ULLA • E un entroido para mofarse da guerra. A festa inspirase nas loitas que se produciron na comarca do río Ulla. • Os personaxes máis importantes son Os Xenerais e os Correos. • Os Xenerais levan uniformes de época aderazados con adornos de entroido. • O momento máis importante do entroido do Ulla son os ataques entre un xeneral invasor e outro defensor.


LOURENzÁ • A celebración máis recoñecida é Domingo de Piñata, é o desfile de carrozas que cerra as festas de entroido. • Hai comparsas, charangas e unha entrega de premios de diferentes categorías.


MACEDA • A figura máis importante son as máscaras emblemáticas do entroido. Todas visten dun modo similar, pero o que distingue a simple vista os Felos son as medias negras no lugar de brancas. • So poden vestirse de Felos os homes solteiros.


PONTEVEDRA • O entroido de Pontevedra é o máis normal de todos os que se celebran en Galicia. Cérrase cunha gran festa á que vai toda a cidade vestida de luto. E o enterro de Ravachol. • Ravachol era un personaxe real máis coñecido por malfalado e groseiro, morreu en 1913 e foi enterrado entre un multitudinario doo, Ravachol era o loro dunha popular farmacia.


EIROÁS (CUDEIRO) • Neste entroido recuperase con moita graza, unha historia real. • A Galiña era o apodo dunha viuva que casou con outro viuvo tamén veciño; todo ía ben ata que a xente do barrio descubriu que non estaban invitados á festa e aquelo convertiuse nun galiñeiro.


SANDE • As bonitas son os personaxes típicos do entroido. Chaman a atención pola súa beleza e levan a cara tapada cunha máscara. • Locen sombreiros de plumas e mantóns de Manila. • En Sande as bonitas adoitan ser homes.


A POBRA DO BROLLÓN • O Oso de Salcedo é un personaxe ancestral, que deixa de hibernar na súa cova e baixa ó pobo. • Acompañano unha ducia de criados para apresar ás súas victimas. • O oso, cun cubo de cinza na man, decide se lle mancha a cara, a roupa ou o corpo desnudo á súa vítima, e non se admiten protestas, o oso é o rei. • Os veciños levan facendo dende 1957 teatro popular.


VILARIÑO DE CONSO • En Vilariño de Conso celébrase o entroido en estado puro. Os protagonistas son comparsas musicais, folións e boteiros. • Os boteiros son máscaras tradicionais cun toque máxico nos seus traxes.


A CORUÑA • Os personaxes propios son os choqueiros, que baixan de Monte Alto, un barrio popular de A Coruña. • Na cidade compítese con traxes orixinais e disparatados, de elaboración caseira: levan con elegancia tanto un disfraz de toureiro coma un saco de patacas.


SARREAUS

• Os vergalleiros son máscaras características de Sarreaus. Levan sempre un corno co que lle poñen música á festa, e incluso orde.


CHANTADA • Os volantes son personaxes cunha gran carga simbólica e representativa do Entroido Ribeirao. • A súa vestimenta é das máis importantes do entroido de Galicia, nela destaca “o pucho”, que é un tocado de ata 15 kg. Tamén visten panos portugueses e un cinto do que colgan 24 chocas.


CASTRELO DE CIMA • Os vellaróns son a máscara tradicional da zona de Castrelo. • Levan posta unha colorida vestimenta e saen en grupos a pedir diñeiro. • Van acompañados por outros personaxes como A Madama e o Farrangón , un home vestido con roupa vella.


GASTRONOMÍA DO ENTROIDO • En todas as localidades de Galicia o Entroido destaca pola gastronomía. • Na nosa localidade, non é menos, e celebrámolo con cachola, chourizo, botelo, lacón e, de sobremesa, filloas e orellas.



Esperamos que vos gustase

• Bret Fernández Cordeiro • Marco Méndez Rodríguez • Marcos Pardeiro Álvarez • Miguel Rodríguez Díaz • Isaac Pérez Mora


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.