1º premio do certame literario intercentros do concello ames raúl

Page 1

( 1º premio do Certame Literario Intercentros do Concello de Ames

Raúl Jiménez Cunqueiro


Pataquiña era unha pataca que naceu nunca leira xunto a oito patacas máis, que eran súas irmás. Todos os días medraban un pouco e estaban esperando a que alguén as viñese coller da terra.


No mes de agosto, Pataquiña e as súas irmás, un día oíron moito ruído de xente, tractores e de bastantes rapaces. Unha das súas irmás berrou: •Viva, viva; imos ver a luz!! •Por fin veñen por nós!!!


Pataquiña e as súas irmás, todas xuntiñas, viron entrar unha máquina na terra e sacounas para fóra. Unha vez fóra, un home chamado Pepe, colleunas e botounas nun carro. Cando caeron no carro levaron un bo golpe e botáronlles unha morea de patacas enriba. Despois leváronas para a casa, tiráronas no chan e deixáronas alí.


Cando chegou a noite, todas as patacas empezaron a dicir que as ían picar para comer; entón Pataquiña e as súas irmás asustáronse tanto que marcharon a correr. Cando ían polo medio do camiño, rodando, alguén chamou por elas. Eran o señor e a señora Patacón. Preguntáronlles se se querían quedar a vivir con eles, que tamén escaparan e vivían na horta, debaixo dun castiñeiro; e así fixeron unha familia.


Pasábano moi ben todos xuntos; xogaban e rían pola horta adiante. Pero, un día, Pepe, o dono da horta, tivo a gran idea de soltar o porco e foilles fatal porque o porco tiña fame e, ao ver as patacas tan saborosas, botouse a correr cara elas e todas, incluso o señor Patacón,dixeron: •Oh, oh!! O porco ten fame!! Socorro!!! •E así foi a morte da familia Patacón. RaúlJiménez Cunqueiro


( 1º premio do Certame Literario Intercentros do Concello de Ames

Raúl Jiménez Cunqueiro


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.