Boletín Xuño 2009

Page 1

Curso 2008/9

Boletín de biblioteca

número 21

Por fin… rematámolo curso Editorial

Artigos de interese especial  Toponimia  Novidades  Premios e premiados

Curso como todos os anteriores, cargado de actividades e de ilusións. Coma sempre celebramos o día das bibliotecas escolares preguntándovos que significaban para vos o libro, a lectura e as bibliotecas. As respostas foron como os autores, insospeitadas: desde unha forma de voar, un momento de intimidade para encontrarnos connosco, mellor que a vida mesma…. moitas delas con sentimento e delicadeza. Ampliamos a nosa biblioteca con unha sección especial para pasar un rato, con lecturas para minutos. Estivemos no día dos dereitos humáns, no día da paz…

Aspectos máis salientables:  Gripe A.  Galileo Galilei. Sabías que?  A caída dun muro

Tivemos algunha exposición con xogo: có rostro humano das matemáticas aprendemos que tod@ os/as sabi@s por todo o mundo coñecido tamén tiveron infancia, inquedanzas, sorpresas ao longo da súa vida. Descubrimos que a vida e a historia do

home está moi ligada a historia do libro. Desde que vivimos en sociedade necesitamos compartir e comunicar cousas. Desde as pinturas rupestres, as arxilas, os papiros, pergamiños… pasando por Gutenberg cós seus soldadiños de chumbo que transmiten os coñecementos… Puxemos en marcha o “Tempo de ler”, eses 20 minutos ao día que nos relaxaron e permitiron que algúns de vos atoparades ese libro que vos estaba a esperar. Xabier P Docampo di que “sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia”, e así fixemos con os nosos clubs de lectura, limos, compartimos e contamos historias. E para o curso que ven, esperamos asentar todas estas novidades… e quen sabe o que nos deparará o futuro, algo xurdirá. Mentres tanto, disfrutade do verán... sempre con libros.


Página 2 de la 4 Gripe A: está xustificada tanta alarma?

“Se queres descubrir: que lle aconteceu a unha enfermeira que bebeu unha diarrea?, que científico utilizou globos oculares para alimentar bacterias? por que a cólera fai que a pel se volva de cor azul?”

“Sábese que Galileo morreu cego, e os investigadores están dispostos a abrir a tumba de Galileo, recuperar o seu ADN e diagnósticar a súa enfermidade óptica "

Nos últimos meses, aparecen en todos os medios de comunicación noticias relacionadas coa gripe A. A gripe é unha enfermidade infecciosa do tracto respiratorio que se manifesta con febre, tose, cefalea, dores musculares e articulares. Estes síntomas remiten en poucos días. Só cando se complica cunha pneumonía viral ou bacteriana, a mortalidade aumenta. A epidemia máis devastadora d era moderna tivo lugar non 1918, e calcúlase que provoco a morte duns 20 millóns de persoas. As condicións sanitarias actuais non son as mesmas. A vacinación anual permite controlar a propagación do virus a pesar de que a súa eficacia non é total. O virus da gripe

ten unha capacidade de mutación, e dicir, cambia as súas propiedades. A nova gripe ou gripe A, está provocada por unha variante da cepa H1N1 e se contaxia de persoa a persoa. No momento actual, a súa taxa de mortalidade é aproximadamente de 0,5% (en Europa Occidental, Oriente Próximo e Oceanía non hai rexistrado ningún falecido). Se comparamos estes datos cos doutras enfermidades infecciosas como a malaria (morren cada minuto de 3 a 5 nenos), está xustificada tanta alarma?

Ano de Galileo. Sabías que.. . ? 

...non inventa o telescopio, mellora un modelo anterior fabricado en Holanda.

...cede os dereitos do seu telescopio á República de Venecia, que quere darlle aplicacións militares.

...propuxo a primeira teoría da relatividade. Que despois ampliaría Einstein.

...enfocou o telescopio ó ceo e descubríu os cráteres da Lúa, satélites de Xúpiter, que a Vía Láctea estaba formada por multitude de estrelas, …

...descubriu as leis do péndulo na súa casa e non estudando o movemento das lámpadas da Catedral de Pisa.

...lle da nome a unha unidade, o galileo, que mide a aceleración no sistema 2 cexesimal. 1 gal = 1 cm/s .

... fue el primero en medir la aceleración de la gravedad.

...competirá co GPS. A Unión Europea está a desenvolver un sistema de posicionamento global propio, o Galileo, con 36 satélites adicados que evitarán a dependencia do GPS, (norteamericano) e do GLONASS (ruso).

...aínda é obxecto de controversia entre a Igrexa e a Universidade de Roma, debido o proceso ó que foi sometido polo Santo Oficio e que o condenou en 1633. O Papa foi declarado “persona non grata” pola Universidade de Roma o ano pasado. (Ver http://es.wikipedia.org/wiki/Galileo)

Toponimia Seguimos sen coñecer onde vivimos?No boletín anterior preguntabamos por Neda. Todos sabedes onde está pero seguro que non coñecedes a orixe do seu nome. Podería vir do latín “nepota” palabra feminina de “nepos” (neto ou sobriño) que foi empregado polos romanos como alcume e despois como nome familiar ou persoal. Tamén podería vir de “nepetam” nome dunha planta, a nébeda ou néboda, bastante común en Galicia e moi apreciada polo seu aroma e polas súas propiedades medicinais. Nesta ocasión queremos que nos faledes de O Portádego, onde está e de onde provén a palabra.


Novidades Libros en portugués

Lecturas para os que non poden prescindir do negro sobre blanco no verán

Banda Deseñada

A propósito de Darwin

Algunhas Películas


Premios e Premiados: Xerais e Merlín Dende que o Premio Xerais ten diferentes categorías nunca sucedera que un autor gañase en máis dunha. Rosa Aneiros fíxose con dous premios na illa de San Simón, onde se fallaron as tres categorías dos galardóns que promove Edicións Xerais de Galicia. A escritora gañou o premio de novela con Sol de inverno e máis o de literatura xuvenil con Ás de bolboreta.

IES Fernando Esquío Empedrón 16 TELÉFONO: 981391080 FAX: 981391280

O Premio Merlín de literatura foi para Mil cousas poden pasar de Jacobo Fernández Serrano, quen, ademais de autor de literatura infantil, é ilustrador e debuxante de cómic.

E-MAIL fesquio@gmail.com

Estamos xa desexando que saian publicadas.

Aniversario da caída do Muro de Berlín

Visítanos no noso blog: www.blogfesquio.blogspot.com

O 9 de novembro de 1989 caía o Muro de Berlín, un muro duns 50 quilómetros de longo e 4 de alto que durante 28 anos dividiu a Berlín Occidental da República Democrática Alemana (RDA). A súa eliminación significou o fin do réxime da RDA e dos réximes comunistas en Europa Oriental. En 1945, ao termo da segunda Guerra Mundial, os vencedores de Alemaña (Estados Unidos, a entón Unión Soviética, Inglaterra) ocuparon e dividiron, para o seu control, o territorio alemán. Esta división foi unha consecuencia directa do conflito armado entre os poderosos do mundo: ningún dos vencedores quería que o antigo réxime fascista volvese adquirir poder.

Ao longo de case 20 anos as diferenzas das dúas zonas foi ampliándose non só en termos físicos senón, e sobre todo, ideolóxicos e políticos. Tal foi a distancia creada entre os mundos capitalistas e comunistas que, ao final a física materializouse no levantamento dun muro que comezou a construíres o 13 de agosto de 1961. Este ano conmemórase o seu derribo e o comezo dun tempo de esperanza e fin dunha época negra na historia de Europa: a guerra fría. Esperemos que a especie humana non constrúa ningún outro muro nin real nin imaxinario.

Se queres saber mais deste período da historia de Europa, na biblioteca espérante: “Retrato de grupo con señora” de Heinrich Böll, “Novela de xadrez” de Stefan Zweig, ou “Cuando Hitler robó el conejo rosa” de Kerr. Judith

Nome e grupo:

Suxerencias Autor

A solución do topónimo é

Título

Formato


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.