Boletin Biblioteca marzo 2009

Page 1

Curso 2008/9

Boletín de biblioteca

número 20

Silencio…Estamos a ler! Editorial

Artigos de interés especial 

O rostro humano das matemáticas

Charles Darwin

Sempre experimentando… co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei Orgánica de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas de ensino obrigatorio, os centros educativos temos que elaborar e incluír proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas. E neste segundo trimestre como actividade experimental de fomento da lectura, propuxemos ter todos os días vinte minutos de lectura nun tramo horario distinto cada semana. Tendo en conta que: O tempo de ler NON É

Aspectos habituais:  Sabedes que?

 un castigo: non está destinado a estar en silencio como contraposición a disfrutar xogando, é un tempo de relax, outra forma de lecer.

 unha asignatura: non se trata de pedir nada a cambio, non se trata de avaliar a evolución do propio neno.  un traballo: o tempo de ler é un tempo de pracer, non debemos “traballar” neses 20 minutos de lectura O tempo de ler É  20 minutos adicados á lectura polo puro pracer de ler, onde cada un elixirá o que quere ler.  20 minutos de descanso e de “desconectar” do ritmo das clases para adicarnos ano noso propio ritmo, o ritmo da lectura.  20 minutos para disfrutar de mirar, de ler, de compartir en silencio Ao remate deste trimestre sacaremos conclusións…

 Novidades  Toponimia

Que vos parecería ter un club de lectura no que intercambiemos esas impresións e pegadas que nos deixan as novelas, poemas, ensaios ou calquera outra obra que vos interese? Esperamos que nos acompañedes ao comezo do curso, ata entón, disfrutade do verán... sempre con libros.


O rostro humano das matemáticas

“Canto é a suma dos cen primeiros números naturais?” “5.050” respondeu Gauss aos poucos segundos. Só tiña dez anos.

Practicamente todo o mundo coñece a vida e a obra de xenios como Mozart, Falla, Van Gogh, Dalí, Shakespeare, Cervantes ou Chaplin, non obstante coñécese pouco os personaxes que impulsaron o progreso técnico da humanidade e o desenvolvemento científico do pensamento humano e que fixeron posible a maioría dos instrumentos que utilizamos de forma natural na nosa vida cotiá. Porque… ti sabes algo dos creadores de enxeños como Internet, os ordenadores, o GPS, a televisión, o microondas, a tecnoloxía dixital, os medios de transporte, as grandes obras da enxeñaría e a arquitectura, e tantos outros presentes practicamente en calquera aspecto da nosa vida diaria?

Página 2 de la 4

Durante semanas disfrutamos desta exposición na que se mostra unha parte importante dos personaxes que xogaron un papel destacado na Historia das Matemáticas. A devandita historia non se pode separar da Historia da Humanidade, polo tanto, os protagonistas son matemáticos e matemáticas, que á vez eran membros da súa comunidade e que formaron parte dela como persoas, no privado e no público. Poñerlles cara e coñecelos un pouco máis é o noso principal obxectivo. En definitiva, mostrar o rostro humano das Matemáticas.

Sabías que...? Arquímedes foi o primeiro enxeñeiro da historia, creou miles de enxeños para a defensa de Siracusa do ataque dos romanos como poleas, catapultas e un xogo de espellos que provocaba incendios nos barcos inimigos. O nome de Hipatía significa "a máis grande" en grego, e tal foi para a sociedade do momento. Grazas ao seu pai, tivo formación académica, e coñeceuse como matemática, astrónoma e filósofa, ademais construíu instrumentos científicos como o astrolabio.

" A súa inquietude por relacionar os saberes e a súa curiosidade por demostrar todo o que nos rodea levou a Pitágoras a establecer a base aritmética da música "

Despois da morte de Gauss, por iniciativa do rei de Hannover, acuñáronse moedas nas que se lle cualificaba de "Princeps mathematicorum" (Príncipe dos matemáticos), apelativo que ata hoxe permanece vinculado ao seu nome. Gerónimo Cardano ademais de estudar medicina e publicar as súas teorías sobre matemáticas, exerceu como astrólogo con tanto éxito que chegou a ser o máis renomeado da súa época. Esta fama resultouse fatal, porque prognosticou o día da súa morte, e suicidouse para preservar a súa reputación. Descartes posuía unha capacidade asombrosa: estudou Dereito, pero non exerceu, ingresou no exército porque se aburría, foi filósofo e publicou a súa "Xeometría" como un exemplo do seu método; é máis dedicábase ás matemáticas nos seus anacos de ocio.

Toponimia Seguimos sen coñecer onde vivimos? No boletín anterior preguntabamos por a Mourela, e hai moitos topónimos con esta raíz *mouro, equiparable a “pedra”. Hai quen pensa que ven do nome dos habitantes do norte de África ou ten que ver coa cor negra, e non é así. Todos estos topónimos poden aludir non só a lugares pedregosos senón tamén a xacementos arqueolóxicos (pedras con petroglifos, antas, etc) nos que a pedra é un elemento fundamental, de aí que en Galicia se use a voz mouro para os habitantes mitolóxicos dos nonos xacementos arqueolóxicos. Esta mesma orixe ten o topónimo Sierra Morena. Curioso verdade? Nesta ocasión queremos que nos faledes de Neda. Todos sabemos onde está, pero sabedes de onde provén a palabra?


Novidades Nova sección con “libros para pasar o rato”…

…para os que aproveitan a Semana Santa con unha boa lectura…

un magnífico presente: clásicos doados polos Colexios San Isidro e Maciñeira…

…e alguhna que outra película


Charles Darwin: centenarios varios

fesquio@gmail.com

O 12 de febreiro foi é un día especial, xa que conmemoramos o aniversario do nacemento de Charles Darwin, e ademais tamén se conmemora os 150 anos da publicación da súa obra The Origin of Species nela expuxo por primeira vez as súas ideas sobre a selección natural e a teoría da evolución. O libro, un dos máis influíntes do século XIX , supuxo a aparición dun novo xeito de ver o home, a ciencia e a propia natureza. Os primeiros 1250 exemplares vendéronse o primeiro día da súa aparición, el 24 de novembro de 1859.

Visítanos no noso blog: www.blogfesquio.blogspot.com

Charles Darwin naceu en Shelewbury (Inglaterra) o 12 de febreiro de 1809. Por decisión de seu pai comezou a estudar Medicina; pero ao cabo de dous cursos, e vendo que non lograba ter ningún interese por estes estudos, comezou a carreira de Teoloxía en Cambridge coa idea de converterse nun clérigo rural.

IES Fernando Esquío Empedrón 16 TELÉFONO: 981391080 FAX: 981391280 E-MAIL

Pero Darwin perdeu novamente o tempo, en canto a estudos se refire,

xa que dedicaba as xornadas á caza, a montar a cabalo e a gozar de cenas cos amigos. En Cambridge comezou, de forma voluntaria, a asistir a clases de botánica impartidas polo reverendo John Henslow que conseguiu que Charles se interesase pola xeoloxía e deixase definitivamente os seus estudos de teoloxía. Ademais Henslow proporcionoulle a Darwin a oportunidade de embarcarse como naturalista co capitán Robert Fizroy e acompañalo na viaxe que este se propoñía realizar a bordo do Beagle ao redor do mundo. Viaxe que cambiou a súa vida e revolucionou o mundo.

Curiosidades 

Resulta curioso que en pleno século XXI aínda siga cuestionándose como inválida a teoría da evolución de Charles Darwin en algúns países e, incluso, a eliminen dos seus programas educativos.

Como recoñecemento á excepcionalidade da súa obra foi un dos cinco personaxes do século XIX non pertencentes á realeza do Reino Unido honrado con funerais de Estado, sendo sepultado na Abadía de Westminster, próximo a John Herschel e Isaac Newton.

A mediados de xullo de 1837 Darwin comezou o seu caderno "B" sobre a "Transmutación das especies" e na súa páxina 36 escribiu "penso na primeira árbore da vida".

Nome e grupo:

Suxerencias Autor

Título

Formato


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.