Abril 2010

Page 1

Curso 2009/10

Boletín de biblioteca

número 27

As caixas de aula Editorial

Artigos de interese especial Para que lês? VIII Xornadas Literarias de Neda adicadas a Pessoa  Visita de autores: Rosa Aneiros

Desde o segundo trimestre do curso pasado estamos a levar a cabo o tempo de ler en toda a ESO (chamámoslle tempo non hora porque só son 20 minutos ao día e os alumnos prefiren este nome). Tras unha proposta inicial de experimentación da actividade, fixemos un análise dos resultados que foron moi satisfactorios. E aí seguimos, coas presas que nos meten os rapaces para que cambiemos o contido das caixas.

Aínda que algúns traen os seus libros da casa ou os escollen na biblioteca, nos temos que aportar a selección maioritaria. Gustaríanos ter algunha suxestión por parte de profes ou alumnos. De feito algún ás veces nos piden que merquemos outros título de series como as da editorial Nivola... pero esperamos que os alumnos sexan cada vez máis esixentes e así afinar na nosa selección nas vindeiras caixas.

Os de sempre:  Toponimia  Unha de inventos: Sabías que?  Novidades

Toponimia Seguimos sen coñecer onde vivimos? No boletín anterior preguntabamos por O Portádego, que era un imposto que gravaban determinados productos que entraban ou saían dunha cidade. Nestes tempos de crise todos sabemmos o que é un imposto. Pois ben sabemos que Alfonso XI otorgou á vila de Neda o dereito de cobrar un 10% do valor que embarcase ou desembarcase na vila. E no sitio onde se cobraba ese imposto leva ese nome. Agora un nome do máis poético: sabedes onde está e porque se chama así O Paraíso ?


Página 2 de la 4

Para que les? Como todolos anos acercándonos á data do 23 de abril, Día do Libro, pensamos en facer unha actividade relacionada co tema. Este ano participamos na campaña Para que les? Esta exposición que xorde dunha iniciativa da ONG Implicadas No Desenvolvemento (IND) tal e como aparece no seu blog e no noso Blogfesquío, conta coa participación de 103 Bibliotecas Escolares de Galicia. Con esta actividade queremos inundar os nosos centros de comentarios que nos

pudieran facer reflexionar sobre os miles de motivos que levan a ler a persoas tan dispares. PARTICIPA e cóntanos: E TI, PARA QUE LES?

Unha de inventos. Sabías que...? En 1995, o chupachups foi o primeiro caramelo que se consumiu no espazo. Varios "exemplares" puxéronse en órbita na estación espacial MIR.

Como sempre, ninguén é profeta na súa terra, e no campo da ciencia, no noso país houbo grandes inventos (unhas veces para ben e outras para mal), que nos fixeron a vida máis doada pero dos que descoñecemos a súa orixe. Rendamos unha merecida homenaxe aos nosos pioneiros, maiormente esquecidos inxustamente tras cambiar o mundo para sempre. Os cigarros datan do século XVI: os mendigos da cidade de Sevilla empezaron a recoller os refugallos das follas de tabaco, triturándoos e liando este tabaco triturado en finos papeis de arroz. Esta práctica foi exportada polos mariños a boa parte do mundo. A navalla xurdiu en España no século XVI supostamente a causa da prohibición de levar espada a persoas alleas á nobreza. O afialapis chegou en 1945, creado por Ignacio Urresti. O primeiro modelo deste tiña un peso de algo menos de quilo e medio, e parece unha mestura entre un muíño do café e unha cámara fotográfica de visor vertical. A grampadora foi un invento da mesma empresa que o afía pero anterior en 1935. O cóctel molotov. Curiosamente, o nome deste cóctel é ruso, aínda que non se bebe, desenvolveuse tal e como chegou ata hoxe en Finlandia en 1939, e foi inventado, nunha variedade algo distinta, polo exército republicano español, que o utilizou durante a Guerra Civil. O chupachups: un pau fincado nun caramelo que evitaba que os nenos se manchasen. O logo foi un deseño de Salvador Dalí. Jalón Corominas creou a fregona en 1956 para evitar que ninguén fregase de xeonllos.

A primeira calculadora dixital tiña este aspecto!

O futbolín ten orixe galega. Creouse para dar ilusión aos nenos mutilados durante a Guerra Civil. Como estes nenos non podían xogar ao deporte nacional, Alejandro Campos construíu para eles un xogo de taboleiro con varas metálicas e figuras de madeira pintadas, no que se simula un partido de fútbol cun balón tamén de madeira. O inhibidor de teléfonos celulares, un aparatito cuxa misión é impedir que os móbiles funcionen en lugares onde se desexa ou necesita silencio telefónico.

Outros importantes foron o arcabuz, a guitarra española, a bota, o porrón, a radio, o traxe de astronauta, a xiringa deshechable, o laringoscopio, o teleférico, o autoxiro (precursor do helicóptero), o submarino... como vedes unha morea deles, e non paramos.


Novidades Libros da sección bilíngüe para todos

Relatos de misterio, segredos por descubrir...

Banda Deseñada: La Mazmorra

Colección de Jazz

Novidades LIJ

Sen esquecer o cine


Visita de autores: Rosa Aneiros

IES Fernando Esquío Empedrón 16 TELÉFONO: 981391080 FAX: 981391280 E-MAIL fesquio@gmail.com

Xa o sabiamos de escoitala nas presentacións dos seus libros, xa nolo dixera outra encargada da biblio doutro centro… pero a realidade superou as expectativas. Trala lectura de dúas das súas obras (Ás de bolboreta, e Eu de maior quero ser…) os membros dos clubs de lectura disfrutadon da conversa con Rosa Aneiros. Recoñeceu que o que máis lle gustaba era contar historias e demostrouno falando de como as pensaba, de a razón dos seus personaxes, de como se inspiraba. Chamoulle a atención a xuventude dos membros do club e que, a diferenza dos que tiña o costume de visitar, a maioría foran chicos... E aí estamos todos!

VIII Xornadas Literarias en Neda: Fernando Pessoa Visítanos no noso blog: www.blogfesquio.blogspot.com

Coma sempre nas magníficas Xornadas Literarias que organiza o Concello de Neda participan alumnos do noso centro aportando a súa visión do autor proposto. E como no ano anterior, os rapaces dun dos nosos clubs de lectura fixeron unha aproximación a figura de Fernando Pessoa e os seus heterónimos para ler logo uns poemas explicando o porque da súa escolla, o que lles dicía a selección. Unha gran mostra de madurez por rapaces de 2º e 3º da ESO, alumnos que, coa axuda de Loles Paris, afrontan a experiencia de falar diante dun público real, con expertos e seguidores do autor proposto nas Xornadas. Norabóa rapaces e... Obrigado Loles polo teu esforzo!!! Si queredes ver a presentación dos rapacese as fotos, xa sabedes onde ir: Pantasmas de papel

Nome e grupo:

Suxerencias Autor

Título

Formato


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.