19 marzo 2014 - BXVAC

Page 1

Xinzo conmemorou o Día da Muller TEMA DO MES Páx.2 XINZO Descenden as infraccións penais en Xinzo e en Verín

Páx.11

ADEGAL solicita que non se criminalice ao sector primario

DEPORTES

Páx.19

O 30 de marzo chega a VII 10 Qm Vila de Xinzo de Limia

Unha rotonda para a OU-301

[páx. 11]

ESPECIAL Páx.23-25

OCIO

Páx.27-28

Recomendacións para vodas, bautizos e comuñóns

Especial o Entroido en imaxes: Xinzo, Verín, Laza, Allariz...

[páx. 8]

A intersección entre a estrada Xinzo-Bande, a pista da Armada e a OU-1112 está considerada un punto negro./P.LODEIRO.

Número: 88 - Ano: IX - Marzo 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Marzo de 2014

TEMA DO MES

A CHMS destinará 1,2 millóns de euros a paliar os efectos dos temporais na provincia 4 Con actuacións nos ríos Limia e Arnoia. P. L. O Mnisterio de Agricultura investirá máis de 1,2 millóns de euros, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para paliar os efectos causados polos temporais deste inverno no dominio público hidráulico da provincia de Ourense. Entre as actuacións, está previsto mellorar a capacidade de desaugue do río Limia e os seus canais, por un importe de 310.000 euros. Procederase á restauración de marxes danados e eliminaranse as árbores caídas para evitar que poidan ser arrastrados pola auga noutros momentos de intenso caudal. Do mesmo xeito actuarase no río Arnoia ao seu paso por Baños de Molgas para evitar futuras inundacións.

A previsión da CHMS é que as obras poidan comezar o 1 de abril, se a baixada do caudal dos ríos o permite. “Este investimento significa creación de emprego”, indicou o seu presidente, Francisco Marín, sinalando que en toda a provincia haberá grazas a elas “máis de 80 persoas traballando durante catro ou cinco meses”. Outras axudas Esta consignación orzamentaria especial para a CHMS inclúese no Real Decreto Lei aprobado polo Goberno central o pasado 21 de febreiro para reparar os danos dos temporais deste inverno. Non se prevé consignación presupostaria para a conca do río Támega, que depende da Confederación Hidrográfica do Douro, confirmou o delegado do Go-

berno en Galicia, Samuel Juárez. O que si está previsto no Real Decreto Lei son fondos para reparar danos na agricultura, en propiedades privadas e en infraestruturas municipais. Nestes casos terán que ser ordes ministeriais as que desenvolvan as axudas que se concederán, de tipo desgravacións e bonificacións fiscais para particulares e agricultores. A petición da Subdelegación do Goberno de Ourense, os concellos e afectados da comarca da Limia poderán optar a elas. Nos 25 temporais rexistrados entre o 15 de decembro e o 15 de febreiro rexistráronse o 60% das precipitacións que corresponderían a un ano hidrolóxico normal.

Descenden as infraccións penais en Xinzo e en Verín 4 Segundo os datos das Xuntas de Seguridade de ambos municipios. Redacción As Xuntas Locais de Seguridade de Verín e de Xinzo constataron un descenso nas infraccións no último ano. En concreto, o descenso foi dun 5,2% en Verín e dun 7,7% en Xinzo. Na capital da Limia tamén se reduciu o número de faltas, un 13,9%, mentres que na vila do Támega, estas aumentaron, nun 9%. Nestas Xuntas Locais de Seguridade estivo presente o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, quen agradeceu o “magnífico traballo que exercen as Forzas e Corpos de Seguridade”, pero precisou “que anque os resultados expostos parecen manter unha liña positiva, non debemos baixar a garda”.

Con todo, as faltas subiron un 9% en Verín

Río Limia en Xinzo. En febreiro a CHMS retiraba árbores caídos no río Limia nun tramo de tres quilómetros ao seu paso por Xinzo, co obxecto de evitar futuras inundacións, e realizaba traballos de desbroce selectivo e de eliminación de especies invasoras. A actuación enmarcábase no proxecto de restauración hidrolóxico-forestal presentado en novembro pola Confederación Hidrográfica./ARQUIVO.

Juan Manuel Andrade, propietario da Cervecería Avenida, cos botes das propinas que foron roubadas. /P.L.

4 Roubo en Cervecería Avenida de Xinzo A quen as cifras de descenso do número de delitos non lle serven de consolo é ao propietario da Cervecería Avenida de Xinzo, que foi desvalixada polos ladróns na noite do mércores de cinza. Os cacos accederon ao local pola porta traseira, rebentando a pechadura, e levaron a recadación da xornada, o contido das máquinas comecartos e

de tabaco, gran cantidade de bebidas alcohólicas, xamóns, queixos e unha máquina de cortar friame, tres televisores de plasma e ata as propinas dos camareiros. Ao redor de 12.000 euros, segundo o dono do establecemento, Juan Manuel Andrade, quen pensa que os ladróns coñecían o local, “sabían onde estaba todo, ata os botes das propinas”, apunta.

Reunión da Xunta Local de Seguridade de Verín, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde, Juan Manuel Jiménez, e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.


VERÍN E COMARCA

Membros da Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei reuníronse en asamblea o sábado 15. /A.DIZ.

4 Unha Plataforma reclama un uso cultural para a fortaleza, mentres que desde o Concello de Verín apoian a decisión da Xunta de convertir unha parte do recinto en Parador. O futuro uso hosteleiro dunha parte do Castelo de Monterrei divide á comarca. Nun bando, a Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei, que reclama que se lle dea un fin cultural á fortaleza, como estaba acordado no documento de cesión do Estado á Xunta; doutra banda, o Goberno autonómico e o Concello de Verín, que defenden que a instalación dun Parador no recinto xerará riqueza e emprego. Segundo anunciou o presidente da Xunta o pasado 20 de febreiro, as obras de rehabilitación do castelo

permitirán “poñer en valor un ben cultural fundamental para Galicia” e reforzar a posición turística da zona para, desde o turismo, xerar riqueza e emprego na comarca. “Renovamos o noso compromiso cunha das nosas riquezas culturais máis importantes, abríndoo en parte ao uso hoteleiro por parte de Paradores de España -aseverou Núñez Feijóo- e, facémolo, blindando tres prioridades: que siga sendo público na súa totalidade, que se manteñan os usos culturais e protexendo o 100 por cento dos postos de traballo actuais”. Feijoo adiantaba a posibilidade de que se incrementase a oferta

laboral na zona se finalmente se concreta a explotación do actual Parador por algún operador privado. Nesta liña, o Concello de Verín abriu un espazo na súa páxina web onde se defende esta mesma postura. Nel indícase que a fortaleza estará aberta ao público, “é dicir, poderase visitar como ata agora” de maneira gratuíta, e abriranse ao público “outros elementos visitables como a Torre das Damas á que non se podía acceder nestes momentos, e que será rehabilitada como miradoiro”. “Ademais manteranse tamén os usos culturais do recinto, coa realización de actividades

Visita do presidente da Xunta á fortaleza, en febreiro. /A.VARELA.

O uso hoteleiro do Castelo de Monterrei divide á comarca

P. Lodeiro

BARRIOS Marzo de 2014

culturais, gastronómicas e artesanais no seu interior”, recolle a web. Máis de 2.000 firmas en contra Opóñense a este proxecto xa máis de 2.000 persoas, cuxas firmas están a ser recollidas en Internet pola Asociación Cultural Alto Támega, así como moitos veciños da comarca, organizados ao redor da Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei. Un dos membros da Plataforma, Andrés Diz, explicaba a este periódico que consideran que o castelo “debería de ser usado unicamente para fins culturais,

como así reflexa o documento de cesión por parte do Estado á Xunta de Galicia”. “Temos na nosa comarca a maior fortaleza de Galicia e unha das máis importantes de España, perder este tesouro para darlle un uso hoteleiro sería menosprezar o noso patrimonio”, subliña, ao tempo que engade outros motivos para posicionarse en contra do uso hoteleiro: “a existencia dun Parador a 500 metros do castelo, a inviabilidade dun Parador con 12 habitacións e 20 empregados ou a máis que posible privatización da empresa Paradores nun futuro próximo, e por conseguinte a privatización do castelo”. Nesta liña, a Plataforma está a conformar un grupo de traballo con arqueólogos, arquitectos e expertos en turismos “para

crear un proxecto e dar unha alternativa real a creación do Parador”, apunta Diz. Para defender a súa postura, a Plataforma ten previsto “facer unhas andainas informativas polas aldeas da comarca, unha recollida de firmas en papel e unha manifestación no prazo dun mes e medio”. Denuncia por danos ao patrimonio Por outra banda, a Asociación Cultural Alto Támega de Laza vén de presentar unha denuncia ante Patrimonio “polos graves desperfectos que están producindo as obras” no recinto. Na denuncia pídese que actúe a Fiscalía e a suspensión cautelar dos traballos de rehabilitación “mentres non se verifique esta preocupante situación”.

Xunta e Concello de Verín defenden que creará riqueza e emprego na comarca, a Plataforma dubídao e reclama que un uso para fins culturais da fortaleza


BARRIOS Marzo de 2014

VERÍN E COMARCA

18 restaurantes participan nas Xornadas Gastronómicas do Inverno en “Puertas de Galicia” 4 Ata finais de marzo. Redacción Un total de 18 restaurantes das comarcas de Verín e Conso-Frieiras ofrecen estes días e ata final de mes menús especiais, formando parte das Xornadas Gastronómicas do Inverno, promovidas desde o Plan de Competividade “Puertas de Galicia”. O obxecto desta iniciativa, que forma parte do proxecto “Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia” é promocionar os produtos típicos desta estación, con especial atención ao cocido, matanza e doces típicos. Os establecementos participantes nesta iniciativa son Restaurante Lugano, Restaurante Brasil, Casa Manola, Restaurante Bayona, Bar Gandainas, Restaurante

Spa Vilavella, Restaurante Bruma II, Mesón O Candil, Casa Elena, Mesón Castaño, Cazador, Casa Zapatillas, Aldea Rural A Cortiña, Área de Servizo O Viaxeiro, O Augueiro, Asador’s Jose, Café Rock Jose, Mesón de Erosa, O Carrizo, Hacienda Airabella, Mirador da Ribeira, Mesón Fiadeiro, Catro Ventos II e Casa Chelo. Neles, e por un prezo que oscila entre os 10 e 25 euros, poderanse degustar pratos con produtos desta época do ano, como piquillos recheos de crema de queixo azul e xamón de porco celta, androlla con grelos e cachelos, cocido galego, revolto de grelos con gambas, carrilleira de tenreira con froitos da nosa horta, polbo grelado sobre cachelos ao aceite

virxe extra, galo de curral estufado con cachelos e en ensalada da horta, filloas flambeadas, quesada montañesa, torta de tres chocolates, bica de castañas ou bica de noces e pasas. Unhas exquisitas combinacións gastronómicas dos produtos da terra acompañados por viños da Denominación de Orixe Monterrei e augas de Verín. A esta iniciativa tamén se suman as adegas Quinta do Buble, Crego e Monaguillo e Gargalo, así como os establecementos A Casa das Bicas, Panadería Gilpe, Chacinería Carnicería A Matanza, Área de Servizo O Viaxeiro, Mesón de Erosa, Panadería Guerra, Panificadora Bello e Hijos, Pazo do Mel, Pastelaría Primavera,

Pastelaría Doña Bica, O Forno da Corbaceira, Ánades Galicia, Embutidos y Salazones García Marcos e Terra de Baronceli. Todos eles ofertan produtos típicos desta estación a prezos especiais, ao igual que os establecementos hostaleiros das comarcas de Verín e Conso-Frieiras. Libro de receitas Por outra banda, está rematando a edición do libro ‘Gastronomía en Portas de Galicia’, que recollerá receitas tradicionais destas dúas comarcas ourensás. Ademais a finais deste mes realizaranse os obradoiros gastronómicos que permitirán aos restaurantes que forman parte desta iniciativa comezar a preparar as Xornadas Gastronómicas de Primavera.

A final de mes realizaranse obradoiros para preparar as Xornadas de Primavera

FEMURO estrea presidenta 4 María Isabel Garrido foi recibida polo delegado da Xunta. Redacción O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu á nova presidenta da Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), María Isabel Garrido. Martínez ofreceulle a colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no desenvolvemento de

actividades dirixidas as mulleres do rural e na mellora da súa calidade de vida. Garrido aproveitou a visita para explicarlle ao delegado da Xunta os programas de intervención social que esta entidade organiza. FEMURO naceu en 1998 na comarca de Monterrei, cos obxectivos de acadar a igualdade real da muller do rural.

Rogelio Martínez e María Isabel Garrido.


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2014


BARRIOS Marzo de 2014

VERÍN E COMARCA

66 stands participarán na Feira do Lázaro 4 Voltará celebrarse o concurso gastronómico “Cigarrón de Verín”. Redacción A próxima edición da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, que terá lugar os días 5 e 6 de abril na localidade, contará coa presenza de 66 stands de gastronomía e artesanía. É un posto menos que na edición anterior, cando houbo venda de produtos como artigos confeccionados en pel ou madeira, licores, queixos, aceites, doces artesanais, produtos de fumeiro, xoguetes, xabóns artesanais, encaixe de bolillos, pintura ou bisutería. Actividades Asemade, o Concello de Verín xa está a traballar na organización da Feira do Lázaro e no Certame Gas-

tronómico ‘Vila de Verín’ programando as actividades culturais, lúdicas e deportivas que se realizarán durante esas xornadas, así como o concurso gastronómico ‘Cigarrón de Verín’, no que participarán cociñeiros de toda a comunidade e norte de Portugal. Categorías do concurso Nesta edición premiaranse dúas categorías: alumnado de escolas de hostalería e profesionais da restauración por un lado, e afeccionados polo outro. En todo caso, os pratos presentados deben ser de creación propia e englobarse nun dos seguintes

dous apartados: prato principal (no que o ingrediente principal debe ser o cabrito ou o bacallau) ou sobremesas. Os concursantes deberán elaborar o prato en show cooking -cociña en vivo-, diante do público, e con explicación ao xurado, e maridalo con viño da D.O. Monterrei. O concurso terá lugar o sábdo 5, a partir das 10:30 horas no pavillón de deportes. Elaboración, degustación, presentación, maridaxe e utilización de ingredientes da zona serán son os criterios esixidos polo xurado para puntuar os pratos participantes, que optarán aos premios Gran Cigarrón, dotado con 400 euros en cada unha das dúas categorías, e Cigarrón Doce, cun premio de 200 euros tamén por cada categoría. Para este concurso gastronómico permanece aberto o prazo de inscrición ata o día 2 de abril.

A Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ terán lugar os días 5 e 6 de abril

O I.E.S García Barbón de Verín potencia a titoría individualizada dos estudantes A formación integral do noso alumnado require necesariamente da asistencia diaria ás clases, da realización das distintas actividades escolares, do esforzo e do traballo académico diario. O logro do éxito escolar ten tamén estreita relación co necesario apoio ao estudante no ambito familiar e da existencia de medidas de titoría individualizada que guíen e orienten aos mozos e mozas na súa traxectoria académica. Ao comezo do curso, o Departamento de Orientación do IES García Barbón deseña un cuestionario de avaliación de necesidades de información académica e profesional, documento que se utiliza como base para facilitar unha carpeta coa información solicitada. Complementariamente, no antedito cuestionario preguntamos sobre os hábitos e as habilidades de estudo.

A información que posuímos de cada estudante é utilizada polos titores e titoras de cada grupo -son as persoas de referencia máis importantes para o conxunto da comunidade educativa- para axudar, guiar e orientar ao alumnado e para levar adiante a titoría coas familias. Durante varios cursos –e tamén no actual 2013/2014o Departamento de Orientación, coordinadamente coa Xefatura de Estudos, ten apostado de maneira decidida e planificadamente pola realización de titorías individualizadas, actividade que se considera como complementaria do labor do titor ou titora e que pretende, entre outras finalidades, facer un seguimento personalizado do proceso de aprendizaxe de cada estudante e servir como recurso de potenciación da motivación para aprender.

Saídas pedagóxicas e charlas informativas Durante as últimas semanas, os estudantes do Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico visitaron as instalacións de Citroen en Vigo e os alumnos de Automoción fixeron unha saída didáctica a Augas de Sousas en Verín. Realizamos unha charla informativa sobre a oferta de emprego público e a preparación das probas de acceso aos Ciclos de grao medio e superior (impartida por Yolanda Mosquera de Academia Postal), unha charla de orientación laboral para o alumnado de Automoción na que falou Antonio Atanes (empresario do sector da automoción), e unha charla e actuación en directo da cantante de Luar na Lubre, Paula Rey.

Unha cociñeira participando no concurso gastronómico “Cigarrón de Verín” na pasada edición da Feira do Lázaro.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2014

EN BREVE

4 Accións formativas na aula CeMIT A aula CeMIT do Concello de Verín continúa coa realización de actividades formativas durante o mes de marzo coa programación de cursos de alfabetización, iniciación á informática ou seminario técnico co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, entre outras. En colaboración con Cruz Vermella Monterrei a aula organiza unha actividade de alfabetización informá-

tica, ata o 31 de marzo. Por outra banda, durante este mes desenvolveranse seis cursos formativos de iniciación á informática, Internet e ferramentas na nube; así como o seminario técnico ‘Desenvolvemento de aplicacións para IOS’ a través do sistema de videoconferencia co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o día 20. Ademais, os usuarios da aula CeMIT terán dispoñibilidade da “aula aberta” en horario de 12 a 14 horas.

4 Condenan a un verinés por un delito contra a intimidade O Xulgado do Penal número 1 de Ourense vén de condenar ao verinés Alberto F.A. a dous anos e medio de prisión por gravar varios usuarios da piscina municipal de Verín cando estaban espidos nos vestiarios e sen o seu consentimento. A sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, imponlle ao acusado a pena de 18 meses de mul-

ta a razón de 6 euros día, 600 euros a cada unha das catro persoas gravadas en concepto de responsabilidade civil, e o pago das costas procesais. A xuíza absólveo do delito de posesión de material pornográfico de menores. A sentenza recolle que quedou probado que Alberto F. A., realizou o 23 de marzo de 2013 unha gravación nos vestiarios da piscina municipal a un menor de 13 anos, así como a outros tres adultos en datas anteriores.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre os alcaldes de Chaves e Verín, Antonio Cabeleira e Juan Manuel Jiménez Morán, nun acto na sede da Eurocidade.

A Eurocidade fixa obxectivos 4 Para o período 2014-2020. Redacción O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a reunión do grupo de traballo da Eurocidade Chaves-Verín, na que se acordou a folla de ruta así como os obxectivos estratéxicos para o período 2014-2015, e fíxose balance da actividade dos últimos seis anos. Estratexia de futuro Segundo se puxo de manifesto na reunión, a estratexia da Eurocidade para os vindeiros anos centrarase na coordinación e xestión conxunta de equipamentos e servizos no ámbito do turismo, deportes, cultura e medioambiente. Esta planificación estará orientada, sobre todo, á concentración de recursos e á aposta pola innovación e o emprego. Nesta liña, de cara aos vindeiros anos márcanse como obxectivos inmediatos a captación de fondos comunitarios, o desen-

volvemento dunha rede de Eurocidades do Atlántico impulsada por Chaves-Verín. Así mesmo avanzarase en actuacións concretas en materia sanitaria, de transporte público, loxística, cooperación policial e termalismo, entre outros. Balance período 20072013 Canto ao balance do traballo realizado polos concellos de Verín e de Chaves desde a creación do proxecto de Eurocidade, cómpre salientar a formación da estrutura de cooperación con personalidade xurídica da AECT-Eurocidade Chaves-Verín, e a creación da Zona Franca Social a través da xestión e equipamentos e servizos e a Tarxeta do Eurocidadán. Así mesmo, leváronse a cabo actividades de promoción económica no eido turístico, do termalismo e do desenvolvemento sostible, entre os que se atopa a senda ecofluvial polo río Támega.

Materias nas que se avanzará no período 2014-2020: sanidade, transporte público, loxística, cooperación policial e termalismo


BARRIOS Marzo de 2014

XINZO E COMARCA

A Xunta construirá unha rotonda en Xinzo

4 No cruce da OU-301 á altura do pavillón de deportes. P.L. De aquí a uns meses desaparecerá un dos puntos negros de tráfico en Xinzo.O actual cruce da OU-301 á altura do pavillón de deportes, onde conflúen tres viarios (a rúa Dous de Maio, a Pista da Armada e a estrada provincial OU-1112) será substituído por unha rotonda.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, estivo o pasado luns en Xinzo, onde asinou co alcalde, Antonio Pérez, o convenio de colaboración para a mellora da intersección da estrada OU-301 (Xinzo–Bande). O Goberno galego achega un orzamento de preto de 150.000 euros para a execución des-

tas obras de mellora de seguridade viaria. A estrada OU-301, pertencente á rede secundaria de estradas da comunidade autónoma, ten o seu inicio en Xinzo de Limia. No punto quilométrico 0+770 desta estrada, nos límites urbanos da vila, conflúen tres viarios: as rúas Pista da Armada e Dous de Maio e a estrada provincial OU-

1112. Na actualidade esta intersección de cinco saídas resólvese mediante un carril de xiro. Hernández explicou que a reforma desta intersección ten como finalidade mellorar a seguridade viaria mediante o deseño e construción dunha glorieta que distribúa a circulación. Así mesmo, ampliarase a calzada nos treitos nos que sexa necesario e rehabilitarase o firme existente. O conselleiro afirmou que a licitación da obra farase de maneira “inmediata” co obxecto de que as obras poidan estar rematadas este mesmo ano, incluso xa este mesmo verán. O rexedor destacou a importancia da obra, ao tratarse dun punto negro para o tráfico, e anunciou a súa intención de construir a circunvalación de Xinzo “e sacar o tráfico pesado do centro da vila”.

Outras actuacións Hernández lembrou que o seu departamento ten en marcha obras na localidade por importe de máis de 500.000 euros que permitirán mellorar o saneamento, como é o caso da conexión do Pobo da Pena coa depuradora de Trandeiras e o colector xeral de San Pedro de Laroá, dúas actuacións que O presidente da CHMS, Francisco Marín, o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e o conseestarán rematadas en maio. lleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, no Concello de Xinzo./P.LODEIRO.

4Praza en Sarreaus O conselleiro de Medio Ambiente tamén visitou a praza de Perrelos, no concello de Sarreaus, que foi obxecto dunhas obras de acondicionamento, froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e o municipio ourensán, cun investimento de máis de 63.000 euros. A praza articúlase nun cruce de camiños e ao redor da capela do pobo. Ademais de zona de xogos e lugar de encontro, é o sitio no que se realizan as festas patronais e todas as celebracións públicas dos veciños. Estaba degradada polo emprego de materiais como o formigón e o asfalto, que desvirtuaban o seu valor arquitectónico. As actuacións executadas consistiron na demolición da soleira de formigón existente para poder manter a cota e o estendido dunha nova pavimentación en lastro de granito e pedra morena. Tamén se colocaron bancos de estrutura de tubo de aceiro e respaldo de taboíñas e papeleiras de forma oval con cubeta basculante de ferro.

Programa sobre xestión agrícola, gandeira e forestal Redacción

Nunha iniciativa pioneira en España, a Cámara de Comercio de Ourense, o Inorde e a Fundación Incyde imparten desde o 17 de marzo un programa de creación e consolidación de empresas especializado en xestión agrícola, gandeira e forestal en Xinzo de Limia, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro. Dirixido a empresarios e emprendedores do mundo agrario, consultorías e profesionais técnicos, o programa márcase como obxectivo aproveitar as novas oportunidades nos devanditos sectores, incrementar a competitividade da empresa no mercado e elaborar un plan de creación ou mellora do negocio. Cofinanciado polo Fondo Social Europeo, este é o primeiro dos dous programas que Cámara, Inorde e Fundación Incyde teñen previsto impartir nos próximos meses, estando o segundo deles dirixido ao cooperativismo.


especial EMPRESAS

BARRIOS Marzo de 2014

Catro consellos a ter en conta á hora de deseñar o seu tellado A miúdo cando planificamos a construción dunha casa, centrámonos na división interior da vivenda, nos acabados de chans e paredes, no mobiliario... deixando nun segundo plano un elemento construtivo tan importante como é o tellado. Aínda que, e como di o refrán, unha casa non debe empezarse polo tellado, si debe planificarse desde o principio e elixir coidadosamente a forma, os materiais e o sistema de instalación do tellado, xa que a correcta elección destes elementos permitirá garantir o confort interior da casa, o aforro de enerxía e a conservación dos demais elementos construtivos, evitando que se danen prematuramente con pingueiras ou humidades. Verea pon a disposición de todos os interesados a información e asesoramento necesarios para que a

execución do tellado da súa vivenda se realice da forma máis eficiente.

1.- Forma do tellado: Inclinación.

En zonas xeográficas onde a climatoloxía é abundante en choiva, recoméndase unha cuberta inclinada que garanta a correcta evacuación de auga. O Código Técnico da Edificación, no seu Documento Básico de Salubridade, indica que a pendente mínima ha de ser dun 32% para tella cerámica (e un 60% para lousa). Con todo, o sistema de instalación Verea System, permite a correcta evacua-

ción de augas mesmo para pendentes inferiores (desde un 26%).

2.- Elección dos materiais.

Verea recomenda un material de cobertura natural como a tella cerámica. E

Detalle de peine de alero. O sistema de colocación Verea System garante unha correcta ventilación entre os distintos materiais da cuberta. neste punto, Verea ofrece ao cliente as tellas con maior resistencia á xeada do mercado español, que superan os 1500 ciclos de xeo-desxeo, cando o nivel máis alto establecido na norma europea é de 150 ciclos. Isto é algo que ningunha outra tella fabricada en España pode alcanzar.

3.- Instalación.

Residencia familiar en Florida (EEUU), tellado realizado con tella Verea-S.

O morteiro ou cemento está contraindicado na instalación da cuberta. Tan importante como a elección da tella é a correcta instalación da mesma. Verea, así como o Código de Práctica para o Deseño e a Montaxe de Cubertas con Tellas Cerámicas, aconsellan a fixación das tellas con espuma de poliuretano e ganchos. A

utilización de cemento na instalación pode provocar futuros desconchamentos nas tellas, problemas de ventilación da cuberta que poden dar lugar a condensacións, así como levantamento e deslizamento das tellas pola perda de adherencia que o morteiro ten co paso do tempo.

4.- Correcta ventilación da cuberta. Para que a cuberta funcione correctamente debe

existir unha corrente de aire entre a tella e o seu soporte, que impida a formación de condensacións. Deixar que a tella ‘respire’ axudará á conservación do tellado: facilita o secado da tella e reduce a aparición de brións e fungos. O Verea System dispón de elementos de ventilación, peine de alero, que garanten unha correcta ventilación entre os distintos materiais da cuberta.

VEREA pon a disposición de profesionais e particulares información e asesoramento técnico totalmente gratuíto. Visítenos en www.ceramicaverea.com


10

BARRIOS Marzo de 2014

XINZO E COMARCA

Vilar de Santos amplía os servizos da súa escola infantil 4 O prazo de matrícula está aberto ata o 4 de abril. Redacción A escola infantil de Vilar de Santos mantén aberto ata o 4 de abril o prazo de solicitude de matrícula para o vindeiro curso 2014-2015. Desde a súa apertura no mes de setembro, a escola segue medrando co obxectivo de convertela nun espazo dinamizador de referencia e de atención educativa. A escola infantil de Vilar de Santos é un servizo público de funcionamento diúrno, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, con 20 prazas. Permanece aberta de luns a venres en horario de 8 a 16 horas. Significou a creación de dous postos de traballo especializados. Neste momento asisten a este centro 16 nenos e nenas de Vilar de Santos e da comarca. Reforza toda a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos do concello para facer fronte ás novas demandas e permitiu poñer á disposición das familias con nenos entre os 0 e os 3 anos, “un servizo moi especializado para contribuír tanto ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas como á corresponsabilidade e á conciliación da vida laboral e familiar, que segue a incrementarse con novos proxectos e actividades dentro dunha plani-

Os colexios de Sandiás, Sarreaus e Rairiz achéganse ao traballo artesanal 4 Grazas á iniciativa “Enredando, artesanía da escola”, da Consellería de Economía e Industria. Redacción

Escola infantil de Vilar de Santos. ficación comprometida coa realidade do mundo rural e cun ensino de calidade, contextualizado e dinamizador do medio”, indica o alcalde, Xan Jardón. Novidades Desde xaneiro funciona unha Escola de Pais e Nais aberta ás familias do concello, coa finalidade de realizar unha reunión grupal de xeito quincenal, para proporcionar información sobre o desenvolvemento evolutivo e o coidado dos menores e ofrecer un espazo de reflexión onde expresar e canalizar as preocupacións e experiencias persoais. Asemade, púxose en marcha un Gabinete Psicopedagóxico, a través do que se ofrecerá asesoramento individualizado tanto a nivel educativo como psicopedagóxico ás familias de Vilar de Santos que así o desexen. Estes novos servizos están

coordinados e dirixidos pola Psicopedagoga e a Mestra da Escola Infantil. A Escola Infantil é “outra aposta de futuro desde o grupo de goberno nacionalista do Concello para garantir e seguir avanzando na calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas nas mesmas condicións que o mundo urbano co obxectivo primordial de frear o envellecemento e a despoboación no medio rural, e revitalizar os pobos. Xa está permitindo reducir o descenso demográfico e xerar un atractivo para persoas que queiran establecerse en Vilar de Santos”, apunta o rexedor.

Neste momento asisten ao centro 16 menores de 0 a 3 anos do municipio e comarca

Escolares dos colexios de infantil e primaria de Sandiás, Sarreaus e Rairiz de Veiga coñeceron de preto o traballo artesán, e en concreto o proceso para a elaboración de papel e o encadernado de libros, grazas á iniciativa da Consellería Economía e Industria “Enredando, artesanía na escola”. Este proxecto posto en marcha pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño chegou

a pasada semana aos CEIP de Sarreaus, CEIP Antonio Vázquez de Rairiz de Veiga, e CEIP de Sandiás. O alumnado destes centros educativos ourensáns coñeceu o módulo didáctico “Do papel ao libro”, orientado a explicar a elaboración artesanal de papel empregando os materiais e a mestura de fibras de bambú e de eucalipto seguindo as indicacións que un artesán lles explicaba nun exercicio práctico. Con posterioridade, realizaron a encadernación dun libro

Terceira edición O proxecto “Enredando”, que chega á súa terceira edición, está a percorrer durante todo o curso diferentes centros educativos de toda Galicia, permitindo ao alumnado coñecer de preto as tarefas diarias do sector artesanal a través da organización de demostracións nos colexios, visitas aos obradoiros e outras actividades transversais aos programas educativos.

Módulo práctico sobre elaboración de papel no colexio de Sarrreaus.

Manuel Baltar visita as Corcerizas 4 A Deputación financiará obras de mellora das instalacións. Redacción

Manuel Baltar nas Corcerizas, en Vilar de Barrio./A.PAZ.

coas follas elaboradas na primeira fase.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Centro de Educación Ambiental das Corcerizas, no concello de Vilar de Barrio, centro pioneiro en Galicia e de referencia nacional no ámbito medioambiental. Alí confirmoulles aos seus xestores, a ONG Amigos da Terra, a

realización de obras de melloras e acondicionamento do edificio de arquitectura bioclimática que alberga este recinto, que serven de albergue e de aulas de formación en materia medioambiental e de bioconstrución. O uso das enerxías limpas encaixa perfectamente co proxecto de “goberno verde e ambiental” da administración provincial. “A

Área de Medio Ambiente da Deputación, que está a elaborar o Observatorio da Sostibilidade, contará coas Corcerizas como centro de referencia, apostará polo seu desenvolvemento e promoción para que cada vez sexan máis os visitantes, tanto nacionais como internacionais, que se acheguen a este espazo ambiental de excelencia”, explicou Manuel Baltar. As Corcerizas formará parte dunha rede de concienciación e divulgación ambiental, coa posta en marcha, dentro do Plan Ourense 92 de xestión e estratexia operativa, da granxa escola de Armariz.


XINZO E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2014

11

ADEGAL solicita que non se criminalice o sector primario 4 A Xunta está a analizar os seus plantexamentos para conciliar protección e actividade económica. Redacción O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, confirmou este luns 17 de marzo que o seu departamento está analizando os plantexamentos da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultures da Limia (ADEGAL) para compatibilizar a protección medioambiental coa actividade económica na comarca. Neste sentido, anunciou que está previsto para este mes a aprobación do Plan Director da Rede Natura de Galicia, o que suporá que “todos os ámbitos de protección do noso territorio van contar cunha directriz que vai clarificar permisos, actuacións e as condicións para o mantemento das actividades”. Representantes de ADEGAL tíñanse reunido a finais de febreiro cos conselleiros de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e de Medio Rural, Rosa Quintana, nunha xuntanza na

que trataron “a problemática que está a presentar na Limia a aplicación da declaración dos espacios protexidos ZEPA A Limia e LIC Veiga de Ponteliñares. Na asociación tense constatado a existencia tanto de expedientes sancionadores contra agricultores e contra gandeiros como a denegación de licencias para uso de solo”, explicaron desde ADEGAL. A asociación destaca as dificultades de cambio de uso de “zonas comunais que aínda están sen explotar e que teñen clara vocación agraria”. Trabas burocráticas Por outra banda, quéixanse das trabas burocráticas e da obrigatoriedade de someterse a un estudo de impacto ambiental para calquera actividade que se queira implantar, o que “dilata no tempo 18 meses a maiores doutros trámites de

burocracia, para saber se a actividade que se solicita é compatible ou non co espazo protexido”. “Esta situación agrávase ante a imposibilidade da limpeza dos canais de drenaxe e que están sometidos á tramitación dos permisos pertinentes ambientais, o que axudou a xerar a situación tan dramática que sufre a comarca cos asolagamentos, que danan non só os cultivos, senón tamén as infraestruturas”, sinala o colectivo. Considera ADEGAL que tanto agricultores como gandeiros encóntranse indefensos por formar parte de espacios protexidos, “repercutindo economicamente de xeito negativo con restricións e sen ningún tipo de axudas”. Por iso, reclaman que non se criminalice ao sector primario e que si se apoie dende a Administración.

Quéixanse das sancións, da denegación de cambio de uso de solo, das trabas burocráticas e da falta de axudas

CxG denuncia unha estafa na facturación da enerxía eléctrica en Vilar de Santos 4 55.000 euros cobrados indebidamente. Redacción Xan Jardón, secretario local de Compromiso x Galicia e alcalde en Vilar de Santos, denunciou publicamente a “estafa continuada” por parte de Gas Natural Fenosa en relación coa facturación do servizo de suministro de enerxía eléctrica. Así o alcalde asegurou que Fenosa non aplicou a tarifa de discriminación horaria cobrando aproximadamente un 20% máis do debido, o que supón sobre 11.000 euros extra cada ano, 55.000 euros no período 2008-2013. O Concello de Vilar de

Santos xa presentou a correspondente reclamación perante o Instituto Galego de Consumo, que prodeceu á apertura dun expediente sancionador contra a citada empresa. A propia Gas Natural Fenosa enviou un comunicado no que anunciaba a devolución dos importes indebidamente cobrados, pero a data de hoxe o municipio da Limia segue sen ter máis novas por parte da empresa, confirmou Jardón. O rexedor asegurou que o Concello resérvase a potestade de acudir á xurisdicción contencioso-administrativa de ser preciso, se os cauces da arbitraxe non

funcionan. O responsable da formación galeguista en Vilar de Santos solicita “a revisión de todas as facturas emitidas polas empresas de distribución de enerxía eléctrica, emitidas entre os anos 2008 e 2013, tanto as dos concellos, onde residiría o principal problema, como as dos particulares, nomeadamente as empresas”.

Fenosa non aplicou a tarifa de discriminación horaria entre 2008 e 2013

Escolares de 6º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro realizaron unha representación con lectura de textos na conmemoración do Día da Muller en Xinzo./P.LODEIRO.

En Xinzo todos os días son o Día da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller a corporación municipal de Xinzo decidiu realizar un acto complementario na xornada do pasado 14 de febreiro, “Todos os días son o día da Muller”. A celebración tivo lugar na praza Carlos Casares, incluíndo a lectura-representación dun texto realizado polo alumnado do colexio Rosalía de Castro. Ademais, membros do Centro de Día e da asociación Limisi entregaron ao concelleiro de Igualdade, Manuel Cabas, un mural e un par de pancartas reivindicativas dos dereitos da muller, respectivamente. Pechouse o acto coa lectura dun manifesto e a intervención do propio edil, quen anunciou a realización en vindeiras semanas de varios obradoiros para a promoción da igualdade. Colaboraron neste acto o CEIP Rosalía de Castro, Limisi, o Centro de Día, o Centro de Saúde do Concello, Cruz Vermella, o CDR O Viso, o equipo de inclusión de Xinzo, e as asociacións “Anduriñas”, “A Lomba”, “Ignacia Gómez Paz” e “Gaia”.

O Viso continúa axudando a a persoas en situación de risco ou exclusión social 4 O Centro de Desenvolvemento Rural con base na Limia procura a mellora da calidade de vida deste colectivo. Redacción Coa idea de atallar situacións de emerxencia que os cidadáns poidan sufrir, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso da Limia está a desenvolver dende o pasado mes de novembro o “Programa de Atención Urxente a Persoas en Situación de Risco ou Exclusión Social”. Colaboran na súa implementación distintos axentes como os servizos sociais municipais de Xinzo, o equipo comarcal de inclusión ou entidades como Cáritas e Cruz Vermella da localidade. Este programa, dirixido a unidades familiares con ingresos insuficientes, contempla servizos

como reparto de alimentos, hixiene e pequenas curas, ou lavandería, entre outros. “Esta liña máis asistencial compleméntase coa sensibilización cidadá sobre a importancia da solidariedade veciñal para atallar certas situacións de emerxencia transitorias que a calquera nos poden afectar, de aí que tamén se poida colaborar dende o voluntariado, coa doazón de produtos, o troco de accesorios para franxas de idade concretas ou para certos colectivos”, indican desde o CDR O Viso. RURALEMPRÉGA-T De maneira paralela, O Viso desenvolve o programa RURALEMPRÉGAT, que terá continuidade durante todo o 2014. O

programa foi creado para contribuír á incorporación social e laboral de persoas en situación de risco ou exclusión social e, de maneira complementaria, a toda a cidadanía en xeral. Solicitude de axuda Os interesados nestes dous programas poden pedir cita en areasocial@cdroviso.org ou no 988 461 571, ou acudir á oficina situada na Praza Maior, 1 – 1º de Xinzo, de luns a venres de 10 a 14 e de 16:30 a 18:30 horas.

Contemplan servizos como reparto de alimentos, hixiene, lavandería...


12

BARRIOS Marzo de 2014

XINZO E COMARCA

Xornada gastronómica intercultural en Xinzo Redacción

A Asociación de Emigrantes Retornados e Inmigrantes de Iberoamérica celebrou en Xinzo unha xornada gastronómica intercultural o pasado 20 de febreiro. O evento consistiu nunha exposición de artesanía de distintos países latinoamericanos, así como de traballos realizados pola asociación. Ademais, os asistentes puideron degustar pratos típicos da gastronomía dos distintos países, como arroz con polo ou ensalada de pasta ecuatoriana, arepas venezolanas e torta frita arxentina con dulce de leite. Finalizaron a xornada cun sorteo de tres

4 Taller sobre identidade sexual A Escola Rural de Saúde da Limia organiza o 21 de marzo un obradoiro sobre identidade sexual, afectividade e pracer. Esta actividade formativa analizará aspectos como o proceso de construción da identidade sexual, a identificación de sentimentos, crenzas e conductas relacionadas co amor e co enamoramento, e habilidades de relación para promover a integración da sexualidade como fonte de saúde, pracer, comunicación e afectividade. Desenvolverase nunha sesión de 17:30 a 20:30 horas na Casa da Cultura de Xinzo. O curso será impartido pola profesora da Universidade de Vigo María Victoria Carrera e para asistir é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura ou ben en escolaruraldesaudedalimia@ yahoo.es .

Fachada da academia nas Galerías San Roque de Xinzo.

Xinzo xa ten academia de idiomas O concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Cabas, con participantes na xornada. disfraces expostos entre os asistentes. Os organizadores, que contaron coa colaboración

da Concellería de Consumo, Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo, agardan repetir este tipo de encontros “nos

que poidamos seguir confraternizando, compartindo e unindo lazos de amizade e de convivencia”.

Hai unhas semanas Master Language School abriu as súas portas nas Galerías San Roque de Xinzo de Limia para achegar os idiomas a todos os limiaos. Hoxe en día saber inglés ou francés é un requisito indispensable para poder atopar un posto de traballo pero aprender unha lingua estranxeira é tamén moi beneficioso para a nosa saúde cerebral. Por esta razón, Master Language School ofrece unha gran variedade de cursos de inglés e francés para todas as idades, de todos os niveis e a prezos inigualables. Dende cursos para nenos e nenas a partir de seis anos ata os adultos que se enfrontan por primeira vez a unha lingua descoñecida. Do mesmo xeito, esta academia oferta cursos para presentarse aos exames oficiais de Cambridge, certificados tan demandados hoxe en día dada a

“Os limiaos xa non teñen escusa para non aprender idiomas sen moverse da súa vila”

súa validez internacional. Por outra banda, esta academia conta con varias facilidades para persoas que por motivos de traballo ou estudos só poden dedicar un tempo limitado a aprender outro idioma. Cursos semipresenciais Master Language School vai da man das novas tecnoloxías e oferta cursos semipresenciais compostos de só unha hora presencial na academia e unhas dúas horas de traballo autónomo na casa co apoio dunha aula virtual dispoñible na súa páxina web (www.masterlanguageschool.es). Ademais, conta con perfiles nas redes sociais para manter informados de novidades aos seguidores e ensinarlles idiomas a través dos contidos didácticos que comparten día a día. Outra das súas vantaxes reside no seu horario xa que hai cursos de iniciación para adultos a última hora da tarde e tamén abre os sábados. Coido que os limiaos xa non teñen escusa para non aprender idiomas sen moverse da súa vila. [+ info: 988 680 165, ou Galerías San Roque, local 6, Xinzo de Limia]


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2014

13


14

BARRIOS Marzo de 2014

ALLARIZ E COMARCA

Os maiores aprenden a usar o móbil

EN BREVE 4 Matrícula aberta na Escola Infantil A Escola Infantil de Allariz abre o prazo de solicitude de praza -para nenos de entre 0 e 3 anospara o vindeiro curso 2014/2015, que permanecerá aberto ata o 21 de marzo. Para formalizar a matrícula deben achegarse á propia Escola Infantil (rúa Hospital, 27) ou poden informarse no 988 44 02 19.

4 Cursos de patronaxe e montaxe A Fundación Ramón González Ferreiro oferta tres cursos intensivos que comezarán en marzo. O 17 de marzo dará comezo o “Módulo de patronaxe e montaxe de faldas” de 16 horas de duración e cun custe de 40 euros. De seguido, o día 21, comezará o de “Patronaxe e montaxe de bolsos”, que durará 8 horas, e ten un custe de 25 euros. E xa o 31 empezará o “Módulo de patronaxe e montaxe de pantalóns”, de 16 horas de duración e cun custe de 40 euros. Os interesados poden contactar coa Fundación no 988 436 182 ou en administracion@fundacionrgf.org.

4 Cobro de taxas O Concello de Allariz continúa, ata o vindeiro 4 de abril, co cobro de varios impostos e taxas deste ano 2014. Entre os cales se atopan os recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica, a taxa polo servizo do lixo e a colaboración veciñal para as festas populares. As persoas interesadas poden consultar as listas de cobro na planta baixa da Casa do Concello, en horario de oficina.

4 Novos cursos de cestería A Escola de cestería de Santa Mariña de Augas Santas oferta novos cursos de iniciación á cestería, cestería en vimbio, cestería de colmo, cestería mixta e de madeira fendida. Os interesados poden inscribirse no 689 543 528.

4 Cruz Vermella organiza talleres durante o mes de marzo. Redacción

Videofórum o pasado día 13 no Fogar do Maior, no que se proxectaron tres curtametraxes realizadas en Allariz./M.REJO.

Allariz acolle as X Xornadas para a Igualdade 4 Realizaranse actividades os martes, xoves e venres ata o 28 de marzo. Redacción Co lema “teño un pálpito desta vai…” foron presentadas as X Xornadas para a Igualdade, que se desenvolven ata o 28 de marzo en Allariz. Tanto a concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego, como a técnica de Igualdade, Ana Pérez, destacaron que con estas xornadas preténdese facer balance do traballo realizado ao longo destes dez anos na área de Igualdade do Concello de Allariz, facendo protagonistas aos homes e mulleres que teñen traballado tanto nas xornadas como nos programas que se desenvolven de maneira permanente a longo de todo o ano. Actividades continuas Durante as tres semanas de duración das xornadas

levaranse a cabo actividades os martes, xoves e venres. Os martes haberá un programa de radio, en Radio Allariz, onde se falará de toda a temática das xornadas. Os xoves é o día destinado para os videofórums. O próximo xoves 20, en colaboración coa Fundación Vicente Risco, proxectarase a curta “Mulleres da República”. E rematarase o xoves 27 cunha proxección sobre outras formas de ser e estar no mundo. En canto os venres, organízanse obradoiros. O venres 21 desenvolveranse dous obradoiros simultáneos (no Museo da Moda e no Muíño do Burato de Allariz ) relacionados co autocoidado: un relacionado co corpo, herbas e usos e o outro co sexualidade e masaxes. Este mesmo día, a partires das 20:30 e para

Prepárase o Boi 2014 4 A festa terá lugar entre o 14 e o 22 de xuño. Redacción A asociación cultural Xan de Arzúa celebrou o pasado sábado 15 de marzo unha asamblea aberta con vistas á organización da próxima edición da Festa do Boi. O encontro pretendía servir de co-

nexión entre todas aquelas persoas dispostas a colaborar como voluntarias ou con ideas e proxectos para mellorar a celebración. Prepárase o Boi 2014. A asociación fai unha invitación aos alaricanos para incorporarse e colaborar no evento festivo e

rematar de forma lúdica contase coa actuación do grupo ourensán “As damnificadas e o trío motobomba”. O venres 28, está previsto celebrarse outros dous obradoiros simultáneos titulados “Repensando cousas e causas”, un relacionado cos guións de vida e a mensaxe da arte sobre o corpo e o outro cuestiona masculinidades para a equidade. Clausura e exposición As xornadas pecharanse coa obra titulada “Reconvertendo espazos; intervencións teatrais feministas! ” que se realizará en distintos espazos do Fogar dos Maiores. Na Casa de Cultura permanece aberta ata o día 28 a exposición “10 anos de Igualdade, e máis! ”, que amosa todo o que se leva traballado neste ámbito. cultural máis arraigado do concello. A asociación cultural Xan de Arzúa é unha entidade sen ánimo de lucro e de carácter aberto, organizada arredor de voluntarios a título individual e sen ningún tipo de pago de cotas. Estrutúrase en grupos de traballo en función das áreas de actividade da festa e coordínase a través dunha xunta directiva e dunha asamblea que pauta o funcionamento xeral.

Cruz Vermella Maceda realiza no mes de marzo talleres de “Uso de Teléfonos Móbiles” dirixidos a persoas maiores, co obxectivo de familiarizarlles con esta tecnoloxía e evitar o seu illamento por razón de idade. “É necesario ver as novas tecnoloxías ao servizo do maior e non só desde un punto de vista asistencial”, explica a coordinadora de Cruz Vermella Maceda, Cristina Baceiredo. Neste sentido, ademais de proporcionar calidade de vida ás persoas maiores, as novas tecnoloxías poden favorecer a súa comunicación e relación coa contorna, evitando unha nova clase de exclusión que presenta nos nosos días o analfabetismo dixital, e que incide neste colectivo de maneira importante. Na sesión formativa aprenderon as partes principais dun teléfono móbil, as súas teclas, as iconas que aparecen na pantalla, como mandar unha mensaxe de texto e como xestionar a axenda de contactos. Cunha linguaxe sinxela e alcanzable para quen descoñece o mundo

Na sesión os maiores aprenderon como mandar unha mensaxe e como xestionar os contactos. dos teléfonos móbiles, os talleres darán o seu froito en pouco tempo, e moi pronto manexarán con soltura os seus teléfonos. O luns 10 tivo lugar o primeiro taller en Xinzo, o 13 xoves en Tioira e o venres 14 en Maceda. As próximas semanas realizaranse noutras localidades da comarca. Prevención de accidentes domésticos Tamén na semana do 10 de marzo realizáronse talleres de prevención de accidentes domésticos con persoas maiores en Allariz, en Santa Mariña e en Amiadoso.

O PP de Maceda tacha o campo de herba artificial como un “invento” do alcalde Redacción O PP de Maceda considera que o anuncio de creación dun campo de herba artificial na localidade é un “invento” do alcalde para “sacar tallada política”. Tras poñerense en contacto coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para coñecer o estado no que se atopa o

proceso de construción do campo, os populares aseguran que “ambas institucións non teñen nada presupostado para 2014 ao respecto”. O PP reclama a construción deste campo “en 2014, non podemos agardar máis”, con cargo á partida de obras dos orzamentos de 2013 e 2014 (de 40.000 euros cada unha), así como os 220.000 euros do remanente positivo.


ALLARIZ E COMARCA

Búscanse músicos para a Semana Santa ao Vivo 4 Mantense aberto o prazo ata o 28 de marzo. Redacción A Semana Santa ao Vivo de Allariz é unha proposta cultural de ocio nacida no ano 2000, motivada pola grande cantidade de turistas presentes durante estas datas na vila alaricana. Como cada ano, o departamento de Promoción Económica do Concello de Allariz continúa traballando para organizar a programación da Semana Santa ao

Vivo, unha alternativa diferente que, conxuga música, tradición e cultura para que todo aquel que visite a vila nesas datas se quede coa esencia do que é Allariz. Este proxecto cultural abrangue sobre todo música de rúa, nos seus variados estilos folk, jazz, worldmusic, étnico, blues, etc. Esta é unha peza fundamental, que ameniza os paseos dos transeúntes en diversos espazos do casco histórico.

Allariz reciclou o 18% do lixo en 2013 4 Para mellorar propón un programa de compostaxe. Redacción O Concello de Allariz conseguiu reciclar o 18% do lixo producido no ano 2013. Dos 2.252.577 quilos de residuos que os alaricanos xeraron recuperáronse 434.205. Nos contedores verdes (de materia orgánica) depositáronse case dous millóns de quilos de lixo, unha me-

dia de 312 quilos por habitante. Nos contedores amarelos depositáronse case 85.000 quilos de plásticos, cunha media de 14 quilos por habitante, superior á media estatal. Con esto o Concello recuperou más de 32.000 euros. Dos 47 iglús para a recollida de vidro recolléronse 163.000 quilos, cunha media de 27 por habitante,

Como en anos anteriores os músicos, grupos ou solistas interesados en participar na programación terán que pórse en contacto ca Área de Promoción Económica e posteriormente entre todas as solicitudes realizarase unha selección. Os interesados deben contactar, antes do 28 de marzo, co departamento de Promoción Económica de Allariz no correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.com ou no 988 44 22 10.

O Concello seleccionará os músicos que tocarán nas rúas e espazos do casco histórico case dobrando a estatal. Pola súa banda, a través dos compostoiros caseiros evitouse que foran os contedores verdes 23.000 quilos de lixo. Recollida porta a porta O Concello pretende mellorar os datos de reciclaxe en 2014 cun programa experimental de compostaxe, que consiste na recollida porta a porta dos residuos orgánicos dos fogares alaricanos para a elaboración de compost. A medida tratará, ao mesmo tempo, de reducir o custe do tratamento de residuos remitidos a Sogama que dende este mes aumentarán nun 33,5 %.

BARRIOS Marzo de 2014

15

O CEIP Padre Feijoo contará o vindeiro curso con nove aulas máis 4 Os obras de ampliación contan cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Redacción O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, visitou o CEIP Padre Feijoo, onde comprobou a evolución das obras de ampliación que contan cun orzamento de 1,2 millóns de euros. As obras deron comezo o pasado mes de setembro e permitiran ao colexio abrir o vindeiro curso nove novas aulas de educación infantil, todas elas con aseos. A intervención tamén inclúe a creación dunha sala de usos múltiples;

a zona de administración cunha sala de profesores; e zonas de servizos comúns como o comedor, os aseos e un almacén; así como os espazos exteriores cunha zona cuberta de 150 metros cadrados e un patio de recreo de 750 metros cadrados. O CEIP Padre Feijoo de Allariz foi creado cunha dotación para atender a un alumnado correspondente a seis unidades de Educación Infantil, e seis unidades de Ensinanza Primaria. O edificio actual xa fora obxecto de modificación, ampliacións e melloras,

debido ao incremento de matrícula rexistrado nos últimos cursos. Investimento En total, o investimento da Xunta no CEIP Padre Feijoo sitúase en preto de 1,5 millóns de euros, nos que se inclúe esta ampliación así como outras melloras realizadas nos últimos anos no comedor, nos aseos e vestiarios, nas persianas, nas tubaxes, desaugamentos, arquetas interiores e nas instalacións eléctrica e de calefaccións. Ademais, construíuse un soportal e un areeiro.

O conselleiro de Educación visitou as obras do centro alaricano xunto ao alcalde da localidade e ao delegado da Xunta en Ourense./M.REJO


16

BARRIOS Marzo de 2014

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

O VI Ciclo de concertos didácticos de órgano comeza o 25 de marzo 4 Na igrexa de San Salvador de Celanova. Redacción

José Antonio Garza, xerente de Garza Automoción, concesionario oficial Mercedes en Ourense, xunto ao novo Mercedes GLA./MIGUEL REJO

Mercedes Benz presenta o novo Clase C e o todoterreo GLA Mercedes Benz presentou o pasado 13 de marzo no Hotel AC Vila de Allariz o novo modelo Clase C, unha das gamas de vehículos máis exitosa da firma automonilística. Este novo Clase C rompe cos deseños anteriores, conta con maior lonxitude, maior habitáculo e unha carrocería ata 100 quilos máis lixeira, polo que pode reducir o consumo até nun 20%. Nesta mesma cita Mercedes presentou a súa aposta máis arriscada deste ano, o todoterreo compacto GLA, un estilo de vehículo totalmente novo para a marca co que busca adaptarse ás demandas do mercado. Ademais, este novo modelo conta coa máxima seguridade e eficiencia que caracteriza a todos os Mercedes. O novo modelo Clase C sae ao mercado cun prezo de partida de 34.900 euros e o GLA de 28.900, pero ambos contan con ofertas de lanzamento que poden coñecer nas instalacións de Garza Automoción.

O martes 25 de marzo comezan na igrexa de San Salvador de Celanova o VI ciclo de concertos didácticos de órgano. Organizado polo Concello coa colaboración do Conservatorio de Música de Ourense, a Deputación e a Parroquia de San Rosendo e o patrocinio da Xunta de Galicia, o ciclo ofertará dez xornadas de concertos ata o mes de xuño dirixidos a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato. Cunha duración de 50 minutos, as sesións didácticas, a cargo da profesora

de órgano do Consevatorio de Música de Ourense, Marisol Mendive, incluirán unha explicación do instrumento e a súa historia, así como unha parte práctica na que profesora e estudantes abordarán os contidos e partituras incluídos na unidade didáctica. Dez sesións Os concertos didácticos continuarán os días 1, 8 e 29 de abril, 6, 13, 20 e 27 de maio, e 3 e 10 de xuño. A actividade incluirá unha visita guiada polo mosteiro e outros puntos de interese de Celanova.

EN BREVE 4 Cursos terapéuticos O Centro Terapéutico, Cultural e Educativo “A Chaira de Amoroz” organiza dous cursos nos vindeiros días. O primeiro tratará sobre a respiración ovárica e a alquimia feminina. Terá un custo de 22 euros, e celebrarase o 23 de marzo ás 11 horas. E o segundo será os días 12 e 13 de abril e abordará a intervención educativa e terapéutica asistida con cans.

4 Premio “Manuel Iglesias” 2013 O sacerdote e musicólogo Manuel Rey Olleros recibiu o 1 de marzo en Celanova, da man do Obispo de Ourense Leonardo Lemos, o premio “Manuel Iglesias” 2013 da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo, polo seu traballo de investigación “Un códice del monasterio de Silos, siglo XII, vinculado a Celanova”.


CELANOVA E COMARCA

A inmigración venezolana recolleu medicamentos para o seu país Redacción Os inmigrantes venezolanos que viven na provincia de Ourense continúan manifestándose pola crúa realidade do seu país, o cal, entre os múltiples dramas que vive, atópase a falta de medicamentos. De

feito, os farmacéuticos reportan fallas de até 40% de abastecemento de fármacos e avisan de que a reserva de menciñas esenciais só cobre o 4% da demanda. Por este motivo, a comunidade venezolana vén de asinar un acordo de colaboración coa Fundación Sa-

BARRIOS Marzo de 2014

17

nando, encargada de doar medicamentos a quen máis o precisa en Venezuela. Así, o pasado 15 de marzo este colectivo de inmigrantes convocou unha concentración en Celanova, na que recolleron 1.500 unidades de medicamentos, que a Fundación enviará ao país que tantos celanovense e galegos acolleu. “Como venezolanos no exterior debemos axudar activamente a facer fronte ás necesidades actuais do noso país”, explicou o coordinador da unidade democrática venezolana na provincia de Ourense, Lorenzo González.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompañado do alcalde de Celanova, José Luis Ferro, durante a visita ao obradoiro de emprego Camiño de San Rosendo.

Manuel Baltar participa en Celanova nunha xornada organizada polo obradoiro de emprego da vila O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Celanova, José Luis Ferro, participou no Auditorio de Celanova nunha xornada organizada polo obradoiro de emprego Camiño de San Rosendo, pioneiro en Galicia por centrarse nas industrias e o turismo culturais. Baltar destacou na súa intervención diante dos participantes do obradoiro, principalmente mozos, a importancia do ámbito cultural e etnográfico, “cuxa xestión debe levarnos a manter as trazas de identidade das nosas peculiariades como pobo”.

Os inmigrantes venezolanos que residen na provincia de Ourense concentráronse o pasado 15 de marzo en Celanova.


18

BARRIOS Marzo de 2014

CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA Á PRESIDENTA E Á SECRETARIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS MARAVALLA

Ángela González: “As mulleres somos tan intelixentes e tan dispostas como os homes, non vexo a diferencia”

4 A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Maravalla, Ángela González, e a actual secretaria, Isabel Mociño, amósannos, dende dúas xeracións distintas, o pasado, presente e futuro deste colectivo. Silvia Nieto O 4 de maio de 1994 botaba a andar a Asociación de Mulleres Rurais Maravalla. A punto de cumprir 20 anos de loita, a súa presidenta, Ángela González, e secretaria, Isabel Mociño, achégannos á realidade do colectivo feminino das Terras de Celanova nestas dúas décadas. Medos, dúbidas, desigualdades... o apoio da asociación fixo que as mulleres que pasaron por Maravalla eliminasen prexuízos e fosen conscientes de todas as súas posibilidades. Como naceu a Asociación de Mulleres Rurais Maravalla? Ángela González: “Porque o meu home traballaba na Extensión Agraria, e coñecía o traballo que facían as mulleres no mundo rural, e pareceume o momento de colaborar, porque entón as mulleres pensabamos que só podiamos estar na casa, que non podíamos ter diversión propia, nin saír sen os homes, porque non estaba ben visto. Costou que a muller saíra, a un curso, a unha excursión, a unha cea... pero conseguiuse. E agora, nesta segunda época da asociación, empezamos a permitir que sexan os homes os que nos acompañen”. Nestes 20 anos observaches un gran cambio de mentalidade? Á.G.: “Vivín un cambio moi grande. Ao principio todas che dicían que lle tiñan que preguntar ao seu marido para poder facer calquera cousa, e agora din ‘eu vou’. Pero lamentablemente aínda hoxe hai moitas mulleres moi novas que volven a esa situación de sumisión na que teñen que pedir permiso”. Isabel Mociño: “Moitos dos avances que as mulleres das xeracións anteriores conseguiron agora es-

Ángela González é presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Maravalla dende fai 20 anos, e Isabel Mociño é a actual secretaria da mesma./S.N. tanse perdendo. Ás veces son ideas que importamos doutras culturas, como a americana, que se basea en modelos patriarcais, e é un perigo. Ademais, a iso súmaselle a idea do que é o politicamente correcto”. Nesta mentalidade influíu moito o comportamento autoritario de moitos homes? Á.G.: “Escoitei moitas veces iso de ‘non me deixa ir’, e era relativo a cursiños, xa non che falo de excursións. Tiñan que estar alí ata que os seus maridos chegaran”. Como ves agora a actitude dos homes? Á.G.: “Agora é totalmente distinto. Aínda que eles non vaian animan ás mulleres a ir. Pero sorprendentemente os vellos son os máis participativos, son os que adoitan acompañar ás mulleres a todas as actividades”. Con cantas socias conta Maravalla? Á.G.: “Ten entre 60 e 70 socias. A máis vella das nosas asociadas ten 86 anos e a máis nova é a miña neta Alexandra que ten tres meses, e despois xa están as socias de case 30 anos, non temos adolescentes”. I.M.: “É que o termo rural está asociado aínda á aldea, a intereses relacionadas co

O 26 de marzo ás 17.30 horas na tapería Plan C, impartirase unha charla aberta sobre incapacitación, tutela, herdanzas e testamento vital

campo e esas xeracións máis novas están noutra onda”. Que valoración vos merece a gran ruptura co mundo rural da xente nova? Á.G.: “Creo que as nais non queren que os seus fillos traballen no campo. Queren que se vaian para Vigo, Ourense ou como moito Celanova. Eu sempre loitei contra iso, pero atopei moitas nais que sentían vergoña da súa situación, incluso de mostrar os seus sentimentos simplemente porque viven do campo. O problema é que teñen sentimento de inferioridade”. I.M.: “É porque elas nunca tiveron axudas, sempre tiveron a imaxe de que o mellor é andar limpo e non estar pegado á terra. E ese concepto, ese prexuízo, foi transmitido pola propia sociedade, que infravalora os agricultores, que sempre foron considerados os analfabetos, e ata linguisticamente estaban considerados inferiores por falar galego. Todo son prexuízos e entón é normal que unha nai busque que os seus fillos teñan un futuro mellor que o dela”. E precisamente para abrir a mentalidade da muller naceu Maravalla. Á.G.: “Si, para ensinarlles que hai moitas posibilidades e moita vida fóra de Celanova. De feito, as excursións son as actividades que contan con maior participación, seguramente porque

veno como unha forma de viaxar. Sen dúbida, un dos nosos maiores acertos foi ensinarlles que o mundo é máis grande que o que elas coñecen. Nunca esquecerei a unha socia que me agradeceu que despois das nosas excursións viaxara sóa por primeira vez e confesábame que o fixera sen medo”. Que opinión vos merece a desigualdade actual que viven as mulleres, como é no ámbito laboral? Á.G.: “Sempre loitei porque as mulleres foran emprendedoras e non empregadas, quería transmitirlles a idea de que non teñen que estar debaixo de ninguén, que todas teñen a capacidade para poñer en marcha o proxecto que desexen”.

I.M.: “Quérese transmitir a imaxe de que a igualdade existe, pero a realidade é moi diferente. Mentras haxa un concepto máis aberto do importante papel da muller na sociedade, e o necesario que é que estea integrada no mercado laboral logrando a conciliación familiar, non iremos a ningunha parte”. Que tipos de actividades fixestes nestes 20 anos? Á.G.: “Impartimos cursos para obter o graduado escolar, de galego, inglés, baile, ximnasia, manualidades, nutrición, maquillaxe... E tamén de agricultura e de conservas de alimentos. Pero os de maior éxito son os de cociña”. Neste momento, cal tendes en funcionamento? Á.G.: “Este ano conseguimos o apoio da Xunta para impartir un sobre o alzhéimer. Foi unha petición miña porque fai uns anos tiven que coidar da miña nai que padeceu esta enfermidade, e é un mundo descoñecido e devastador para o coidador. Entón estamos impartindo este curso os mércores, e remata o 26 de marzo, día no que teremos unha charla aberta a todo o mundo, ás 17.30 na tapería Plan C, na que trataremos a incapacitación, tutela, herdanzas e testamento vital”. Que cursos tendes previstos para os próximos

meses? Á.G.: “De seguido imos facer un curso de taichí e continuaremos co de corte e confección. No verán a actividade céntrase nas excursións a Guadalupe, Portugal, San Pedro de Monte e temos pendente ir á illa de Cortegada. Ademais, este ano, como a asociación cumple 20 anos, faremos o Camiño de Santiago desde O Cebreiro, porque xa o fixemos dende Celanova, Ourense, Tui e Lugo”. Enviádelle unha mensaxe a todas as mulleres que nos len. Á.G.: “Eu quero pedirlles que loiten polos dereitos da muller, porque somos tan intelixentes e tan dispostas como os homes, non vexo a diferencia”. I.M.: “Que teñan en conta a importancia do asociacionismo. Unha vez que te integras nun colectivo o mesmo axúdache a abrir perspectivas, a ser consciente do teu potencial como individuo, coñeces outras realidades, así como a persoas que teñen as mesmas problemáticas que as túas”.

Este verán faremos excursións a Guadalupe, Portugal e San Pedro de Monte

Maravalla conmemorou o Día da Muller A Asociación de Mulleres Rurais Maravalla de Celanova conmemorou o Día da muller Traballadora (celebrado o 8 de marzo) con dúas charlas a cargo de Berta López Paz e María José Vázquez Figueiredo. De seguido, entregaron unha distinción a Elisa Rodríguez, unha das socias máis veteranas e que segue participando activamente nas actividades do colectivo; e finalmente celebraron un xantar de confraternidade na tapería Plan C.


DEPORTES

Todo listo para os 10km de Xinzo de Limia 4 A carreira chega á súa sétima edición. R.Torres O 30 de marzo terá lugar en Xinzo a VII 10km Xinzo de Limia. Unha proba popular de 10 quilómetros homologada pola Real Federación Española de Atletismo. Como cada ano, o epicentro da carreira será o pavillón municipal limiao, coa saída e chegada das probas diante do mesmo. A xornada comezará ás 10.30h coa carreira infantil-cadete (2.300m.); ás 10.50h será o turno da carreira benxamín-alevín (1.500m.); ás 11.10h darase o pistoletazo á carreira absoluta (10.000m. homologados); os prebenxamíns percorrerán 350 metros a

partir das 12.30 horas; a de pitufos (sobre 150 metros) será ás 12.40 horas e rematarase coas carreira ás 12.50 coa carreira Special Olimpics. Inscricións O periodo de inscrición remata o vindeiro 27 de marzo ás 23.59 horas. Para a carreira absoluta deberase abonar catro euros en concepto de cuota de inscrición. Ademais, os atle-tas que non posúan o chip amarelo teñen que abonar un euro máis en concepto de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte. Tamén se poderá facer a inscrición no pavillón de deportes de

A inscrición será gratuíta para os atletas empadroados en Xinzo que a realicen no pavillón municipal Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o aluguer do chip. A inscrición será gratuita para os atletas empadroadosen Xinzo de Limia que realicen a inscrición presencial no pavillón. As inscricións serán de balde para as categorías infantil, cadete, benxamín, alevín, prebenxamín e pitufos. E tamén deberán realizala ou na web championchipnorte.com ou presencialmente no pavillón municipal. Special Olympics Na Special Olympics participarán persoas con discapacidade intelectual. Será necesario enviar un correo electrónico á dirección: limiactiva@gmail. com indicando o nome e apelidos, data de nacemento e localidade do participante.

Cartel da VII 10km de Xinzo.

Mini trail, andaina e carreiras escolares, na IV Pozo do Demo 4 O 23 de marzo Verín acolle esta proba. R.T. O 23 de marzo celébrase en Verín a cuarta edición da carreira de montaña Pozo do Demo. Tamén terán lugar unha andaina e carreiras escolares. Andaina A andaina, cunha distancia de 20,8 km, comezará ás 9 da mañá e a saída e meta serán no pavillón de deportes. A dificultade des-

ta andaina será media - alta e pasará por lugares coma Tamagos, monte Montemaior, Veiga das Meás ou mesmo Ábedes. Carreiras escolares Ás 10, no pavillón, a carreira benxamín (700m) será a primeira das escolares; ás 10.10h correrase a de alevíns (1.200m); ás 10.20h a infantil (2.000m) e a cadete será ás 10.30 horas. A entrega de trofeos terá lugar

ás 10.40 horas no Pavillón de Deportes. Mini trail O mini trail terá un percorrido de 12.700 metros, con saída ás 11.30h desde o balneario de Cabreiroá e chegada no pavillón municipal. A ruta adéntrase nuns primeiros quilómetros de zonas de sube-baixa por pistas de terra, nos cales hai que atravesar un regato

BARRIOS Marzo de 2014

19

Iván Feijoo, intratable 4 Vence no Open de Galicia de Nigrán. Redacción O corredor ourensán do Actyon - Merida - Academia Postal, Iván Feijoo, alzouse coa vitoria no Open de Galicia celebrado en Nigrán. Feijoo venceu na proba de cadetes na que o seu compañeiro Román Saa finalizaba en cuarta posición. José Ramón Villanueva, en elite, era segundo, e en júnior, Raúl González subía ao terceiro caixón do podio. Open de España En Valladolid disputouse unha cita internacional cunha grande participación. O ciclista macedán Saúl López remataba no posto 29 na categoría elite, sendo noveno entre os sub 23, logrando unha grande remontada desde as últimas posicións. En mulleres, Eva Álvarez, actual campioa de España júnior, entraba a meta no posto 14, na súa primeira proba nacional como elite. Xiana Conde era 10ª en júnior. Transgalaica de Cotobade O ciclista do ActyonMerida-Academia Postal de Maceda Saúl López finalizou en segunda posición na Transgalaica de (km 1). Despois de pasar por debaixo da A-52 e afrontar outro pequeno regato, comenza a subida ao monte Montemaior (km 4). Tras coroar a esixente rampa final de 400 metros ao 34%, a carreira toma un pequeno respiro de pista chan. Comenzará unha baixada de 400 metros por pistas cun desnivel máis moderado, para adentrarse en trazados técnicos de rodeiras e bosque (km 6) ata volver pasar por debaixo da autovía. Dende alí, a carreira gozará dun esixente traxecto por bosque técnico. A falla de 1,5 quilómetro para a meta, o percorrido métese en asfalto para alcanzar o seu final no pavillón de deportes onde terá lugar a entrega de premios.

Cotobade. O seu compañeiro José Ramón Villanueva rematou na quinta posición. Os dous corredores pertencen á categoría sub 23. A proba é puntuable para o Open Galego de MaratónBTT. Malia que ambos non son especialistas en longa distancia (os dous se centran en probas máis curtas, de rali) a súa actuación foi moi positiva. Os dous estiveron en todo momento na parte alta da carreira e con opcións de vitoria. Nesta proba de Cotobade participaron preto de 350 corredores, polo que a actuación dos macedáns foi moi salientable. Vigobikecontest O pasado 2 de marzo Saúl López acadou a vito-

ria no Vigobikecontest (en categoría absoluta), mentres que Eva Álvarez foi segunda en mulleres, nesta primeira proba da tempada galega de BTT. Iván Feijoo certificaba o seu estado de forma vencendo con autoridade en cadetes na súa primeira participación nesta categoría; o seu companeiro Román Saa era segundo. Xiana Conde tamén gañaba na súa proba (júniors feminina). Raúl González remataba en terceira posición dos homes júnior, e o seu pai finalizaba terceiro en M50.

Saúl López venceu na Vigobikecontest en categoría absoluta

Iván Feijoo en Nigrán.

A Merca coroa a Casado e Fernández 4 A carreira celebrou a súa 23ª edición. R. T. Os atletas ourensáns José Manuel Casado e Iria Fernández foron os vencedores da 23ª edición da Carreira popular da Merca. Casado (Club Vía XVIII de Maceda) foi o vencedor da proba da Merca ao completar a distancia de 10 quilómetros en 35 minutos e 13 segundos. En segunda posición rematou o atleta Saturnino

González (35.41). O terceiro caixón do podio da proba masculina copouno Luis Iglesias Raña (Atletismo Arenteiro) cun crono de 31.01. Na proba feminina a atleta ourensá do Comesaña, Iria Fernández, foi a vencedora cun tempo de 41 minutos e 42 segundo. Detrás de Fernández remataron as atletas María Ferreiro (45.04) e Sonia Vázquez (45.31), segunda e terceira respectivamente.


20

BARRIOS Marzo de 2014

PROVINCIA

Inorde e Axencia de Turismo de Galicia colaborarán no desenvolvemento do Plan Termal de Ourense 4 Asinarán un convenio. Redacción O presidente da Deputación de Ourense e do Inorde, Manuel Baltar, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuníronse para analizar os termos do acordo marco de colaboración entre ambas as dúas institucións que permitirá desenvolver o Plan Termal para a provincia de Ourense. No documento, que Baltar e Castro asinarán en próximas datas, figura como obxectivo principal do acordo a posta en valor dos recursos naturais e culturais de Ourense, estruturando a oferta, os recursos e os servizos de tal xeito que conduzan á creación do destino “Ourense, provincia

4 Repiten Manuel Jorge Velo e Emilio José Pazos. Redacción

Reunión entre Nava Castro e Manuel Baltar./A.PAZ. termal”. Asemade, o acordo recolle a posta en valor dos recursos naturais e culturais da provincia, coa sustentabilidade como criterio clave para unha mellor calidade de vida, a recuperación e preservación dos recursos

naturais, e a contribución ao desenvolvemento socioeconómico. Outro dos obxectivos específicos é que se van articular os recursos, os servizos e a oferta termal como produtos turísticos competitivos, innovadores e desestacionalizadores,

e finalmente, preténdese posicionar a Galicia como destino termal a través da potenciación de Ourense como provincia termal.

Porán en valor os recursos naturais e culturais

CyR Constructores, 43 anos no sector CyR Constructores é unha empresa familiar de Vilar de Barrio, con 43 anos de experiencia no sector da construción. “Facemos todo tipo de traballos desde pequenas reformas até obras de gran envergadura, traballamos coa máxima seriedade e compromiso”, explican os seus responsables. “Facemos traballos tanto clásicos como modernistas, as técnicas de toda a vida e as máis vangardistas: traballamos desde o ladrillo ata a madeira, pasando pola

O PP da Merca e de Trasmiras elixe aos seus presidentes

pedra, o mármore, a pintura e calquera outro tipo de material”, indican. “Gústannos os retos e ser moi atentos nos remates finais e decorados pero ante todo a nosa prioridade céntrase en que á finalización do noso traballo o cliente quede satisfeito con aquilo que quería ou esperaba”, dinnos. “Pídanos o traballo que quere que lle realicemos e non se preocupe por nada, CyR Constructores xestiónallo todo desde o papeleo até a entrega das súas cha-

David e Tomás Cid, pai e fillo e responsables de CyR Constructores. ves, non o defraudaremos!”, rematan.

Telf. 688 90 57 56

O PP de Ourense prosegue no seu proceso de elección dos presidentes locais nos 92 municipios ourensáns. Dous dos últimos congresos locais foron os celebrados na Merca e en Transmiras. Repetían candidaturas os actuais alcaldes, Manuel Jorge Velo e Emilio José Pazos, respectivamente, que lograron o 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes. Trasmiras No tocante aos obxectivos que se marcan para a Xunta Local de Trasmiras, Emilio Pazos destacou a sintonía co grupo de goberno municipal para “poder aproveitar os nosos recursos propios e a nosa privilexiada situación xeográfica a estructural para acadar un desenvolvemento sostible no municipio onde podamos seguir optimizando servizos en vez de subir os impostos”. A Merca Pola súa banda, na Merca o presidente local electo agradeceu o apoio recibido e explicou as tres claves fundamentais do seu proxecto político: unidade, traballo e equipo. “Como presidente local do PP en A Merca, a miña intención é manter a unidade existente no equipo que temos, que é unha maquinaria

Manuel Jorge Velo.

Emilio José Pazos. perfectamente engraxada, tal e como se demostra en cada cita coas urnas. Somos un gran equipo cunha única aspiración: conseguir o mellor para os nosos veciños da Merca”, manifestou Manuel Jorge Velo Reinoso. Próximos congresos O calendario dos populares continúa en abril cos congresos locais en Oímbra (día 4), Sandiás (día 12) e Xunqueira de Ambía (día 26).


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Baltar presenta a proposta de Código Ético para a Deputación de Ourense O seu ámbito abranguerá os cargos electos e o persoal da institución provincial O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou a súa proposta de Código Ético e de Conduta para a institución provincial, logo de remitirlle o borrador aos grupos políticos do PP, PSOE e BNG na Deputación de Ourense. O ámbito de actuación do código abranguerá aos cargos electos e o persoal o servizo da institución provincial, e con esta norma a Deputación de Ourense será a primeira de España en contar cunha normativa ética de boa conduta. O código ten como obxectivo regular as normas éticas de referencia para os cargos electos e o persoal ao servizo da administración provincial, e procurar un comportamento profesional, ético e responsable, contribuíndo deste xeito a reforzar a aposta pola calidade democrática e a rexeneración do sistema institucional, establecendo mecanismos para incentivar o seu cumprimento. En definitiva, configurar unha ética pública común que evite a mala xestión e sirva para xeneralizar as boas prácticas. O Código Ético da Deputación de Ourense circunscríbese só ao ámbito institucional.

Agasallos Un dos puntos salientables ao que fai referencia o código é o de “agasallos”, destacando que ningún cargo electo nin o persoal ao servizo da administración provincial “poderá ofrecer, conceder, solicitar ou aceptar, directa ou indirectamente, agasallos ou dádivas, favores ou compensacións, en metálico ou en especie, calquera que sexa a súa natureza, que poidan influír no proceso de toma de decisións relacionado co desempeño das funcións derivadas do seu cargo ou posto de traballo”. Ademais sinala que non se admitirá ningún agasallo, agás os de carácter protocolario institucional. “Calquera agasallo ou dádiva recibido nos centros de traballo da administración provincial que contraveña o presente Código –sinala o documento-, deberá ser inmediatamente devolto e comunicada esta circunstancia ao Comité de Ética e á Secretaría Xeral da institución, que levará un Rexistro ao efecto de deixar constancia deste tipo de situacións. De non ser razoablemente posible a devolución do agasallo ou dádiva, entregarase ao departamento de Tesourería que, tras emitir

Manuel Baltar presentou o futuro Código Ético da Deputación./A.PAZ. o correspondente recibo, destinarao a fins de interese social”. O código tamén considera importante “non mesturar o institucional co partidista”. Neste senso sinala: “Nas comparecencias públicas de carácter institucional non se fará referencia algunha a forzas políticas. En roldas de prensa non se responderán preguntas que non versen sobre asuntos propios da Deputación. En ningún caso se farán declaración de carácter político-partidista nun espazo físico onde figuren o escudo, a bandeira ou a denominación da institución provincial”.

Placas conmemorativas No que atinxe a actos e a colocación de placas conmemorativas, a proposta de Código Ético recolle que os membros da Deputación de Ourense, no exercicio das súas responsabilidades de goberno, “comprométense a non colocar placas en edificios públicos con nomes de persoas”. “A construción de equipamentos e infraestruturas públicas –subliña o documento- xorden do cumprimento das obrigas asumidas polos responsables políticos no desempeño do seu cargo e con fondos públicos provenientes dos impostos que pagan os

cidadáns”. No que atinxe á transparencia, o código explicita tamén que se farán públicas a través da web da Deputación, de xeito anual, as declaracións de IRPF e Patrimonio de todos os cargos electos –en 5 días-, facilitando que os cidadáns coñezan a evolución patrimonial dos seus representantes. A partir deste momento, os grupos políticos poderán facer as súas achegas para a súa posible incorporación ao documento, que ten previsto ir ao pleno do vindeiro mes de abril. Este código será tamén de aplicación no Inorde.

BARRIOS Marzo de 2014

21

Asemade, o Código Ético e de Conduta da Deputación de Ourense levará consigo a creación do Comité de Ética, órgano de control que velará polo seu cumprimento, e que terá entre as súas funcións as de atender as posibles denuncias que se formulen; informar ao Pleno da Corporación dos posibles incumprimentos detectados; resolver as dúbidas formuladas sobre a súa aplicación, e elaborar un informe anual. O dito Comité de Ética estará formado por un profesor da área das Ciencias Sociais de calquera das tres universidades galegas; un membro do Colexio de Secretarios; un profesional a proposta do Colexio de Avogados de Ourense; un politólogo nomeado por Transparencia Internacional; un funcionario do Corpo de Letrados da Xunta de Galicia, e como secretario (con voz pero sen voto) actuará un funcionario da Deputación de Ourense elixido por sorteo de entre os pertencentes ao corpo superior da administración provincial. Manuel Baltar afirma que é innegable que vivimos nos últimos tempos “unha importante desafección cidadá cara a política e ás institucións. Por iso considera que os representantes institucionais deben, “redobrar esforzos por restablecer o valor da política local e recuperar a confianza da cidadanía”. Neste contexto xorde esta proposta de Código Ético da presidencia do goberno provincial.

Baltar defende un modelo de deputación como “Provincia intelixente” para gañar en eficacia e proximidade ao cidadán O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, protagonizou en Santiago o almorzo-coloquio do Fórum Nueva Economía, cunha intervención titulada “Os gobernos provinciais do século XXI”. A intervención de Manuel Baltar centrouse no seu modelo para o goberno provincial do que dixo “debe ser previsible, cooperador, transparente, verde, rigoroso, e dispoñer dun código

ético e dunha carta de servizos que o convertan no verdadeiro concello de concellos e nunha plataforma a través da cal ofrecer aos cidadáns os mellores servizos públicos”. Manuel Baltar destacou “a trascendental importancia” que deben ter os gobernos provinciais e, neste senso, defendeu que “territorio, poboación e identidade” son os elementos máis singulares que definen a un pobo e

polos cales temos que velar, pero sen renunciar a ser cada día máis modernos e máis eficientes convertendo o territorio provincial na “Provincia intelixente, na administración 3.0”, para que os cidadán perciban a utilidade do seu goberno provincial en todos os aspectos relacionados coa súa vida. Reforma das administracións En opinión de Manuel

Baltar, as deputacións están chamadas a repensarse a si mesmas nun fondo proceso de reflexión estratéxica para fornecer a súa posición institucional. Baltar defende unha tripla reforma para a realidade provincial: competencial, de financiamento e de réxime electoral, e di que é necesario aproveitar “unha estrutura que debe ser fundamental na asistencia económica, xurídica e técnica

Baltar durante a súa intervención no Fórum Nueva Economía en Santiago./A.PAZ. aos concellos. Unha estrutura que sirva para practicar o que denomino “fusión de servizos”, isto é, xestionar servizos intermunicipais previa delegación nas deputacións das competencias

dos concellos. O que vimos facendo en Ourense dende hai tempo, con fórmulas de éxito como o servizo de recollida de lixo en máis da metade de concellos da provincia”.


22

BARRIOS Marzo de 2014

especial CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS/SAUDETER

Nada tarda tanto como aquilo que non se empeza

Taller de edición de fotografía no centro sociocomunitario de Xinzo de Limia.

Memoria no centro sociocomunitario de Maceda.

Iniciación ás redes sociais no centro sociocomunitario de Verín.

Comercio e banca electrónica no centro sociocomunitario do Carballiño.

Introdución a internet no centro sociocomunitario de Celanova.

Formación para adultos no centro sociocomunitario de Ourense.

Introdución ao uso de Skype no centro sociocomunitario de Ribadavia.


especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Unha voda custa en Galicia “Os noivos ourensáns piden Caribe e cruceiros” 12.800 euros de media

ENTREVISTA á xerente de viaxes aldyra

Cales son os destinos preferidos polos ourensáns para as súas lúas de mel? Charo Campuzano: “A gran maioría segue pedindo Caribe e cruceiros, sendo Caribe o máis demandado”. Cambiaron as preferencias dos noivos nos últimos anos ou mantéñense fieis a algúns destinos? Ch.C.: “Este ano estannos solicitando moito EEUU combinado con Caribe, e Canadá con costa leste, mesmo algun que outro safari”. E o orzamento de que dispoñen, en que abano de prezos movémonos? Ch.C: “Hai de todos os prezos desde 899 e ata o que queiran gastar”. Cal é a duración habitual da viaxe de noivos e a época en que máis se contratan?

Ch.C.: “A duracion habitual é sempre unha semana, pero temos algúns casos de 10 e 12 días. En canto á época do ano, a gran maioría de parellas realiza a súa viaxe entre primavera, verán e outono”. Tedes algunha oferta ou paquete especial destacado en Viaxes Aldyra e E.C.in Itinere para este tipo de viaxes? Ch.C.: “Temos os nosos produtos propios adaptados a cada lúa de mel, e estamos ofertandoles diversidade de destinos adaptados a cada parella. Destacar tamén que ofrecemos descontos e detalles para os noivos. Nestes momentos temos en promoción para todas as lúas de mel reservadas antes do 30 abril, o sorteo dun fin de semana nun hotel balneario &spa”.

Elena Castro e Charo Campuzano, responsables das axencias de viaxe E.C. in Itinere e Viaxes Aldyra, na súa oficina da avenida de Portugal, en Ourense.

E unha comuñón roza os 2.000

Según os datos da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (publicados a finais de 2012) o custo medio dunha voda de 100 comensais en Galicia é de 12.800 euros, o que nos sitúa como a oitava comunidade que máis gasta nas celebracións de unións matrimonais. Pero neste presuposto está a deixarse notar, e moito, a crise económica actual, xa que estes preto de 13.000 euros son a metade do que adoitaban invertir os noivos no seu gran día no ano 2005, sendo principalmente o banquete e a lúa de mel os aspectos nos que máis se axustan as parellas. É precisamente o banquete o que supón o maior gasto dunha voda, sumando ata o 50% da inversión total. O prato por comensal depende moito do restaurante, pero sitúase nos 70 euros de media. Ao que hai que engadirlle o servizo de música e barra libre, que pode acadar os 850 euros de prezo. No tocante á vestimenta, é o traxe da noiva a prenda máis cara, xa que dificilmente baixa dos 500 euros, o que sumado aos zapatos, ramo e complementos acada na maior parte dos casos os 1.500 euros. Así mesmo, os detalles que require a cerimonia e a celebración sumán outros 1.200 euros aproximadamente, o mesmo que a viaxe de noivos. Se comparamos os datos co resto das comunidades españolas, Galicia atópase no medio da táboa de prezos. Nun extremo, no das

vodas máis cara, está Madrid na que este evento lle supón aos noivos un gasto medio de 16.600 euros; seguida de Cataluña (onda custa 15.900 euros) e Valencia (15.500). Pola contra, as comunidades nas que é máis barato casar son Extremadura e Canarias, onde unha voda custa de media 10.600 e 10.500 euros, respectivamente. Unha comuñón 1.700 euros adoita ser o prezo medio dunha comuñón na nosa comunidade neste 2013 (un 16% menos que no ano anterior e un 45% menos que fai catro anos). Con 30 convidados, ese gran día dos nosos fillos convértese en toda unha inversión, na que o gasto principal o supón o banquete, que require uns 1.200 euros (entre 30 e 50 euros por comensal).

No tocante á vestimenta dos cativos, é máis barato no caso dos varóns. Mentras eles se visten por 80 euros de media, elas fano por 130. Ao que hai que engadir os zapatos, complementos e peinado; polo que o arreglo dun neno supón en total un 150 euros e o dunha nena 230.

BARRIOS Marzo de 2014

23

A animación do banquete, a reportaxe de foto ou video, e os detalles completan os gastos dunha comuñón. Tamén no caso das comuñóns a nosa comunidade conta cun precio medio en comparación cos doutras rexións. Así, en Madrid organizar este evento ronda os 2.900, e en Valencia e Cataluña, os 2.800. Non obstante, en Canarias e Extremadura conseguen que os cativos gocen dunha gran celebración por menos da metade dese prezo.

A vestimenta de comuñón para os rapaces ronda os 80 euros, a das rapazas os 130.

Entre os gastos de celebración dunha voda destaca sensiblemente o prezo do banquete, que adoita supor o 50% da inversión./BORYS MARTÍNEZ


24

BARRIOS Marzo de 2014

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Voda civil ou relixiosa? Na actualidade seis de cada dez enlaces que se realizan en España son civís. Organizar unha voda supón unha constante elección desde o minuto un. Caso ou non caso? No caso de dicir que si a seguinte pregunta é: voda civil ou relixiosa? Os motivos polos que as parellas elixen un tipo de cerimonia ou outro son variados. Ás veces, os contraentes téñeno moi claro desde o principio, pero outras supón un verdadeiro quebracabezas tomar esa decisión. Vodas civís Desde que nas vodas civís caben todo tipo de cerimoniais, a xente parece decantarse máis por elas.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística 6 de cada 10 matrimonios que se celebran en España son civís, aínda que tamén nos achega o dato de que o número de ligazóns diminuíu no último ano. En calquera caso, o aumento das vodas civís débese ao cambio social producido no noso país nos últimos tempos. Antes, as vodas civís convertíanse en enlaces tristes pola frialdade da cerimonia, que consistía simplemente na firma dun certificado. Nesas ocasións, a noiva dicía adeus ao seu vestido branco soñado e casaba cun traxe elegante, pero

A falta de relixiosidade e a posibilidade de grandes ceremoniais aumentaron o número de enlaces civís

non de noiva, e o número de invitados era considerablemente máis reducido que no caso dunha voda relixiosa. Pero agora isto xa non é así. Nas vodas civís caben todo tipo de cerimonias. O xulgado e o concello non son o único lugar no que podedes celebrar a vosa voda civil, agora caben máis posibilidades. A vosa praia preferida ou o parque natural no que pasades as vacacións tamén serven. E por suposto, se a noiva desexa ese vestido branco de princesa xa non ten que renunciar a el. Vodas relixiosas Desta forma, a voda relixiosa xa non é a única opción para festexar un matrimonio ao grande, rodeado de flores, traxes opulentos

e música. Ademais, os mozos cada vez están menos en contacto coa igrexa e xa non sofren as presións de manter as aparencias como lles ocorría aos seus proxenitores. A esta falta de relixiosidade, úneselle que o concepto de matrimonio actual non é o que promove a relixión, é dicir, unha ligazón para toda a vida. Aínda que os noivos cheguen ao día da súa voda totalmente convencidos de que pasarán a vida xuntos, no fondo saben que poida que non sexa así. Deste xeito, a ligazón relixiosa vai decrecendo até quedar naquelas persoas que realmente viven a súa relixiosidade. Por todo isto, civil ou relixiosa, o tipo de cerimonia que elixades debe responder a todos os vosos soños. Xa non hai presións nin convencionalismos que nos escravicen, así que realmente a voda debe ser o día máis feliz das vosas vidas.

As ceremonias civís agora celébranse nos lugares máis especiais dos noivos, como a súa praia preferida./BORYS

Festa e bautizo, en A Casiña de Didí A tenda de roupa de nenos, complementos e puericultura A Casiña de Didí de Verín ofréceche todo o que precisas para vestir aos teus pequenos para as súas celebracións. Para bautizo, dispoñen dun amplo abano de roupa de cristianar, como faldóns ou vestidos; para invitados, por exemplo, dunha primeira comuñón, contan coas coleccións de festa das marcas Noyma (moda infantil galega artesanal) e Sanmar (vestidos para nenas fabricados en España).

Asemade, A Casiña de Didí ten unha variada gama de produtos de puericultura que renovan frecuentemente para que os seus clientes teñan unha gran variedade onde elixir, desde biberóns ou chupetes, a cunas, sillas para o coche e carriños. Destaca como novidade o carriño da marca Baby Ace deseñado por Victorio y Lucchino. Neste momento o establecemento xa está surtido con roupa da nova tempada primavera -verán, con prendas e calzado para bebés, nenos e nenas de 0 a 12 anos.


especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Para moda en talla grande, Komodamoda Estilo e comodidade en roupa de festa é o que ofrece Komodamoda a todas as súas clientas que queren estar a última, con prendas cómodas e actuais independentemente da talla que necesiten. Para esas celebracions especiais, Komodamoda ofrece unha ampla colección en vestidos tanto curtos coma longos. Nesta nova temporada destacan as cores verdes, os azuis e morados, e tamén telas con estampados suaves e lixeiros que lle dan moita elegancia aos vestidos. Veñen con moita forza as telas bordadas, os volantes, as capas superpostas, os corpiños drapeados, corpos con pedrería... En fin, sen dúbida en Komodamoda encontrarán o estilo que mellor lle sente para esa celebración, no que o máis importante é ir comoda e sentirse a gusto con unha mesma, para gozar ao maximo desa festa especial, sen ter que preocuparse pola tallaxe, xa que a súa coleccion tamen é moi ampla, pois a gran maioría dos modelos dos que dispoñen son ata a talla 60 e teñen tamen unha liña que chega á talla 70. Tanto sexa para unha voda, comunion ou un día calquera, recordade que Komodamoda ofrece a solución aos problemas de talla que tanto nos disgustan cando necesitamos algunha

BARRIOS Marzo de 2014

25

Moda, zapatos e complementos de 0 a 14 anos en Hada Madrina Novo establecemento dedicado a roupa dos máis cativos en Verín Abriu as súas portas en Verín o establecemento Hada Madrina e convida aos pais e nais que teñan fillos entre 0 e 14 anos a que se acheguen e comproben o seu gran surtido en moda, zapatos e complementos. Completan a súa oferta bodis, pixamas, postas de recén nado e elaboración de diademas e pinzas por encargo.

Dous modelos dispoñibles en Komodamoda. prenda de vestir. Por iso en Komodamoda din que a

súaa tenda é “para xente sen complexos”.

Esta tempada veñen con moita forza as telas bordadas, os volantes, as capas superpostas, os corpiños drapeados, corpos con pedrería... Estamos en Ourense, na rúa Cabeza de Manzaneda nº 2 baixo; teléfono 988 254 359

Marcas Entre a moda infantil e xuvenil que ofrecen destaca a roupa para o día a día de marcas tan coñecidas como Desigual, Mayoral, Conguitos, Rosalita Señorita e Play up. Para unha ocasión máis especial, Hada Madrina dispón dunha oferta en roupa de festa en todas as tallas, con firmas como Artesanía Rosy. Ademais, dispón de zapatos de variados estilos, de marcas como Xti Kids. Recordade, dende agora Verín dispón dun novo establecemento onde podedes vestir dun xeito desenfadado e moderno aos vosos cativos, e a moi bo prezo. Visitade as súas instalacións na rúa José Santamarina, onde vos agardan todas as novidades para esta primavera-verán.

María e Rosa, xerentes de Hada Madrina, no seu establecemento sito na rúa José Santamarina de Verín.

Hada Madrina agárdate na rúa José Santamarina, nº 8. Verín. Teléfono 988 411 698 Horario: * De luns a venres de 9.30 a 13 e de 16 a 20 horas. * Sábados de 10 a 13 e de 16.30 a 20 horas.


26

BARRIOS Marzo de 2014

EN BREVE 4 “Na flor da pel”, exposición sobre pergameos A Biblioteca Pública de Verín acolle ata o 21 de marzo ‘Na flor da pel’, unha exposición sobre pergameos, na que colabora o Museo do Pobo Galego. A mostra vén determinada polo material, o pergameo, a pel de animal que, debidamente tratada, se utiliza como materia e scri ptórea. Seguindo unha orde cronolóxica, móstrase a ampla variedade temática e de formatos, comprobando como o seu uso se prolonga no tempo, entre os séculos XII e XX.

4 Mostra colectiva “Distintas miradas” Ata o día 2 de abril, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra colectiva ‘Distintas Miradas’, con obras de membros da Asociación Fotográfica “O Potiños”. Dita exposición recopila dúas fotografías cedidas por cada membro deste colectivo, como representativas da súa forma de mirar. A liberdade foi absoluta, en canto á elección do tema, da técnica, do revelado e da estética.

OCIO E CULTURA

O I Festival Internacional de Cine Carlos Velo foi presentado en sociedade 4 A localidade natal do cineasta acolleu a presentación deste evento de Arraianos e Lareira Pop. Silvia Nieto Co fin de propiciar un debate sobre o mundo rural, promovendo a recuperación do patrimonio material e inmaterial é como naceu o I Festival Internacional de Cine Carlos Velo, que terá lugar os días 20 e 21 de xuño en Cartelle, localidade natal do cineasta, e Celanova. E para presentar este evento os seus directores, Aser Álvarez (de Arraianos) e Inés Vázquez (de Lareira Pop), estiveron o 15 de marzo no auditorio de Outomuro, acompañados polo conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, a alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, así como por varios membros do xurado deste certame.

Nesta presentación, Inés Vázquez destacou que “o rural é futuro” e así o tratarán de mostrar a través do festival. Pola súa banda, Aser Álvarez explicou que esta iniciativa trata de ser “un lugar de encontro audiovisual dos pobos do mundo que queren proxectar as súas raíces”, e Xesús Vázquez sinalou o festival como “un escaparate para o traballo anónimo de creadores que están a recoller a memoria do pobo galego para que a nosa historia deixe a súa pegada audiovisual para as xeracións vindeiras”. Así mesmo, salientou a súa importancia como impulso ao rural. “Falamos dun cine que non ten cabida nos circuítos comerciais, polo que este festival será referente dun público que busca contidos de calidade fóra das grandes producións”.

Carlos Velo Con este festival, ao mesmo tempo, búscase render homenaxe á figura de Carlos Velo, nado en Cartelle en 1909 e convertido co seu exilio nunha figura clave do cinema mexicano. “Gustaríame que así Galicia recoñeza a un dos mellores documentalistas con valor internacional”, reclamaba a alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte. “O festival nace co obxecto de xuntar o pasado e o futuro, o rural e o audivisual, de onde vimos e a onde queremos ir, e iso Velo tíñao moi claro”, destacou Aser Álvarez. O prazo de envío de curtas e documentais (as dúas categorías deste festival) remata o 17 de maio. Os interesados poden consultar as bases en www.festivaldecinecarlosvelo.com.

4 Exposición de José Antonio Ocaña en Celanova Todos os que se acheguen a Celanova teñen a oportunidade de visitar a exposición permanente “Rudesindus”, do artista José Antonio Ocaña Rodríguez, que se atopa intalada na Torre das campás do Mosteiro de San Rosendo.

4 Contos de Primavera O vindeiro venres 21 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Primavera’. A actividade está destinada a un máximo de 20 menores socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e consistirá na realización de contacontos sobre esta estación así como de manualidades. As inscricións realízanse na propia biblioteca.

Celanova repite nos Mestre Mateo 4 “El Quid” está nominada como mellor serie web. Silvia Nieto A webserie “El Quid”, dirixida por Bruno Nieto e Raúl García, é unha das nominadas ao premio Mestre Mateo 2014 entre as creacións neste formato. Os galardóns do audiovisual galego recoñecen, con esta nominación, o primeiro proxecto conxunto destes dous celenoveses, que deron forma a unha serie (que se emitíu por Internet) de intriga, en branco e negro e ambientada nos anos 50, que buscaba rendir unha homenaxe a Hitchcock e que contou con protagonistas de luxo como Antonio Mourelos, Camila Bossa ou Monti Castiñeiras. Logo da gran acollida do público e de facerse co segundo premio dos cibernautas en “El Sótano de Antena 3”, “El Quid” opta agora a coroar un ano de éxitos facéndose co Mestre Mateo, premio que na pasada edición veu a parar á vila de San Rosendo da man de “100% CEF”, de Aser Álvarez, proclamado como Mellor Documental. Polos seus directores esta nominación foi recibida con gran ledicia. Bruno

Nieto confesounos como se enterou da boa nova. “Ese día Raúl achegouse ata onde daban os nomes dos nominados e eu quedei en Celanova. El gravou o audio no que Sabela Arán dicía iso de “Mellor serie web... Joke Bussines, Entre Pipas, Canillejas e El Quid” e envioumo. Comecei a saltar como un neno pequeno, fun xunto a miña nai e empecei a chamar aos amigos”, contounos. En canto aos seus rivais, Bruno é cauteloso. “Competimos con grandes profesionais e series que xa levan tres tempadas en emisión como Entre Pipas. Pero por suposto que queremos gañar, porque sería un premio repartido entre máis de 150 persoas que colaboraron para que “El Quid” se fixera realidade”. Dende Barrios agardamos que así sexa, pero pase o que pase quedámonos coa filosofía destes mozos: “gañe quen gañe seguro que gaña o audiovisual e a ilusión por facer o que máis nos gusta”.

A gala de entrega dos Mestre Mateo será o 12 de abril na Coruña

Semana da Novela Negra na Biblioteca de Verín Os directores do festival, xunto a parte do xurado, a alcaldesa de Cartelle, o conselleiro de Cultura e o delegado da Xunta en Ourense, durante a presentación do mesmo./R.T.

Últimos preparativos de “Raigame 2014” Redacción Un ano máis Vilanova dos Infantes converterase na capital da cultura galega coa celebración da tradicional romaría etnográfica “Raigame”, que este 17 de maio, Día das Letras Galegas, chega á súa décimo terceira edición. A Deputación de Ourense e o Concello de Celanova están a ultimar os prepa-

rativos deste evento, para o cal mantiveron unha reunión o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e a responsable do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lourenzo”, Mariló Fernández Senra. Este ano o protagonismo nestes celebración de exaltación das tradicións, declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”, será para

os artesáns e os centros etnográficos da provincia, nunha xornada na que Vilanova dos Infantes acollerá a milleiros de visitantes de toda Galicia que se achegan “para realizar a súa particular viaxe no tempo”, afirmou Manuel Baltar. A celebración de “Raigame” enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova, como un elemento máis do potencial turístico-cultural que oferta Celanova dentro do programa “Celanova, un paseo pola historia de Galicia”.

Redacción

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a Semana da Novela Negra, do 31 de marzo ao 4 de abril. Este ciclo xorde co obxecto de aproximar aos lectores a esta literatura, e para lograr este fin, os participantes coñecerán, de primeira man, o traballo real dos profesionais que aparecen neste tipo de novelas. O día 31 terá lugar o relatorio de “Metodoloxía de Investigación”, a cargo de Carlos Fernández Sueiro -policía xudicial da Garda Civil-, que versará sobre o labor policial de

investigación. O 1 de abril, Fernando Serrulla -Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia- profundizará sobre “O corpo do delito”. Xa o mércores 2 de abril proxectarase o thriller “O crime da legua dereita”, de Luis Noriega. E para finalizar esta Semana de Novela Negra, o venres 4 terá lugar o relatorio de Domingo Villar, autor de “Ollos de agua” e “A praia dos afogados”, no que abordará cómo un escritor afronta a creación dunha trama. Os interesados poden informarse na web da biblioteca ou no seu perfil de Facebook.


OCIO E CULTURA - O ENTROIDO EN IMAXES

BARRIOS Marzo de 2014

27

Música, diversión e sátira no Entroido de Verín Verín festexou o Entroido 2014 cargado de actividades. Dende o seu tradicional Xoves de Comadres ata os desfiles de comparsas de domingo e martes, ampla foi a axenda de veciños e visitantes que viviron esta festividade na capital de Monterrei. Xunto aos cigarróns que tomaron as rúas todos os días de troula, numerosos foron os deseños carnavaleiros que se viron en Verín, entre os que non faltaron ancestrais vikingas e ata unha banda que puxo música aos reclamos sociais. A celebración de Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido, coa entrega dos galardóns ao Cigarrón de Honra, a Álvaro Ferreira Diéguez; a mellor comparsa para O Trasnu das Cepas; a mellor carroza para Gnomos.com; o premio “Pescadilla” para Olga Rivera, o de fidelidade a José Enrique Moreno del Castillo, e unha mención especial para Elena Rodríguez, coñecida como Dona Elena e raíña do Entroido de Verín, que viña de festexar o seu 80º aniversario.

Laza, un Entroido de tradicións Os tres vértices do triángulo máxico do Entroido -Verín, Xinzo e Laza- sempre cumplen nestas datas coas tradicións, e así se puido comprobar nesta última localidade, na que o sábado 1 de marzo, como cada ano, os presentes divertíronse coa fariñada e a cabritada. Xunto a esta práctica, a Festa Gastronómica da cachucha, bica branca, xastre e licor café o venres anterior, ou o lanzamento das formigas (con toxos e fariña) o luns de Entroido foron actividades que gozaron con gran cantidade de asistentes.

Allariz enfrentouse con cor ao mal tempo Allariz tamén se vestiu de Entroido, e fíxoo cun desfile o martes 4 de marzo, que estivo cheo de comparsas que coas súas chamativas cores trataron de plantarlle cara ao mal tempo. De feito, ata algunha, cargada de arcoiris, fíxonos lembrar que até a choiva ten o seu lado positivo. Xunto ás críticas a tanta cicloxénese explosiva que nos visitou nos últimos meses, no desfile de Allariz tampouco faltou a sátira contra a clase política. FOTOGRAFÍAS DE MIGUEL REJO, BRAIS LORENZO, BORYS MARTÍNEZ E LUCÍA DOMÍNGUEZ


28

BARRIOS Marzo de 2014

OCIO E CULTURA - O ENTROIDO EN IMAXES

Máis dun mes de Entroido en Xinzo En Xinzo de Limia o Entroido festéxase ao grande. Dende o 8 de febreiro a capital da Limia rendeuse á música, as máscaras e os disfraces durante máis dun mes, chegando o martes 4 de marzo a unha das citas chave: o gran desfile, ao que nin a choiva quixo faltar. Non obstante, o mal tempo non impediu que centos de ourensáns, de todos os recunchos da provincia, mostrasen as súas creacións. Deste xeito, xunto ás históricas pantallas -icono do Entroido limián- acudiron a Xinzo maiorets, tradicionais escoceses e ata homes bala.

Multitudinaria Piñata en Celanova En Celanova os días grandes do Entroido foron os de Piñata. O venres 7 de marzo pola noite escolléronse o rei e raíña, que encabezaron o exitoso desfile do sábado, no cal se deron cita máis de 1.000 persoas -que acudiron á festa de xeito individual ou en grupo-. Entre as comparsas puidéronse ver colexialas, animais salvaxes, e ata referencias do pasado e do presente, dende coches e moda dos 70 a versións “esaxeradamente boas” da publicidade máis actual. FOTOS DE MIGUEL REJO, BRAIS LORENZO, BORYS MTEZ E LUCÍA DOMÍNGUEZ


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2014

29


30

BARRIOS Marzo de 2014

OPINIÓN / AXENDA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4HISTORIAS DE MONTERREI

Entroideando

Son idiota Levo varios días interesándome sobre o que os nosos dirixentes din sobre a transformación do castelo de Monterrei nun parador, pois ben, despois destas largas xornadas escoitando o que tiñan que dicir, cheguei a unha única e dolorosa conclusión: Son idiota! Si, son idiota. Despois duns días xa o teño asumido. Por que? Porque os nosos gobernantes, que de idiotas teñen pouco, aseguran que o pequeno parador que pretenden construir no castelo será un parador máis que rendible e que nel terán garantido un posto de traballo todos os traballadores do antigo parador. Eu, como idiota que son, fago un calculo que consiste en: no vello parador hai un total de 23 habitacións que dan traballo a 21 persoas, se no parador do castelo pretenden construir soamente 12 habitacións e seguir cos 21 postos de traballo e tendo en conta que o parador actual, segundo dixo Feijoo, é o que máis perdas dá de España, o parador no castelo é imposible que sexa rendible! Xa o vedes, a pesar das boas matemáticas que me

deu o Don Jaime, resúltame imposible resolver o problema de forma que obteña o mesmo resultado que os nosos intelixentísimos mandatarios. Outra cousa que me trae de cabeza é o tema ese de que traerá máis turismo e riqueza á nosa comarca. A miña cabeza de chorlito dime que se un turista se achegara a Verín a pernoctar, probablemente o que faría sería: tomar unha consumición nalgún bar, pasear un pouco pola zona vella, cear nun restaurante, irse a descansar a algún hotel dos que hai na vila, despois pola maña almorzar nalgunha cafetería e ir visitar o castelo. Mentres que se ese mesmo turista pernoctara no castelo o que probablemente faría sería: visitar o castelo ó chegar, tomar algunha consumición na cafetería do castelo, cear no restaurante do novo parador, irse a descansar a súa habitación, despois pola maña almorzar na cafetería do castelo e por último marchar para outro lugar, porque o que tiña que ver en Verín xa o viu o día anterior. Polo tanto, a única riqueza que deixaría na nosa comarca un turista que

4AXENDA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Exposicións - Ata o 21 de marzoExposición “Na flor da pel - Biblioteca Pública de Verín - Ata o 2 de abril - “Distintas miradas” . Sala de exposicións de Verín - Permanente - “Rudesindus” de José Antonio Ocaña - Torre das campás do mosteiro - Celanova Cine - 20 de marzo - Proxección de “Las maestras de la República” - 20:30 h -Casa da Cultura de Allariz Varios - 26 de marzo - Presentación do libro “A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940): emigrantes, exilados e perseguidos”, de Dioniso Pereira - 18 h. - Sede da Eurocidade Chaves-Verín - 5 e 6 de abril - Feira do Lázaro en Verín www.periodicobarrios.com

pernoctara no parador, sería para os donos do parador. Outra cousa máis que a miña pequena cabeza non é capaz de entender por moito que os nosos queridos dirixentes se afanen en explicarllo! Agora ben, eu idiota de todo non son, o outro día sorprendentemente a miña cabeza deulle por pensar: se houbese alguén que fora tan idiota coma min, que ademais tivese poder, e por riba fora ruín e senvergoña, probablemente utilizaría a conversión do castelo en parador para, cando este empece a dar perdas, privatizar o castelo e polo nas mans dalgún amigo. Sorte que os nosos mandamáis non son nin idiotas, nin ruíns, nin senvergoñas! Verdade? Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

“Outra cousa que me trae de cabeza é o tema ese de que traerá máis turismo e riqueza á nosa comarca ”

Hemorroides Haberá alguén que non as teña tido? Trátase dunha cuestión embarazosa, non constitúen un agradábel tema de conversa e por iso as persoas non se atreven a facer preguntas. As hemorroides son moi semellantes ás varices nas pernas; son veas inchadas e moi sensíbeis, unhas veces no interior do recto, outras veces na rexión anal. A presión provén da tensión causada pola estrinximento, pola diarrea ou nas mulleres embarazadas; tamén poden ter orixe na obesidade ou nunha doenza do fígado. Para evitalas aquí fican algúns consellos: - non force cando vaia ao baño, a evacuación debe ser efectuada naturalmente.

- coma máis fibras alimentarias, froitas e legumes. - beba máis. Os fluídos tamén axudan a ablandar as feces. - cando evacúe, pase do vater para o bidé, para lavar a rexión anal con auga fría. - para evitar o desenvolvemento das hemorroides, beba moita auga e coma cereais completos, froita, patacas, feixóns, legumes, espárragos, col de Bruxelas, cenoiras e lentellas. Atención, o sangue das hemorroides é vermello vivo. Se as súas feces tiveren un vermello escuro, avise ao seu médico. Non provocan cancro, mais as do recto poden ser un indicio de cancro do colon ou do recto. João Damião

Fuxiu lixeiro, case sen deixar que apenas espertáramos cansos o mércores de cinza. Levou a choiva e mailo frío e con agarimo, chiscounos un ollo, ata o ano que vén. Fíxose querer, e voltou namorarnos. Señorito presumido, sátiro e cabrón, que meteu entre rexas a todo un pobo, e fixo que ata o máis grande desta troula andase tras súa, sen acougo. Quedan as pedras brancas, pero quentes, coa textura e nobreza que dá poder ser perpetuos testemuños do acontecido. Entroido, procuráchesme todo o febreiro, por mor de non ser despreciado outra vez. Este ano, non! Puxemos os farrapos con gañas, e saímos á rúa a formar folión, sen complexos, coma sempre. A catarse colectiva da que me falou o mestre Dasairas na taberna “O secreto” comenzou a percorrer a nosa alma, e alí mesmo, no “secreto”, dimos un grolo de viño da terriña, e comezamos a xolda sen presa, pero sen pausa. Baixamos paseniño polo canellón, cara á praza do “Pesca”, para xuntarnos co inmenso cigarrón da Luisina, vixía incansable da súa adega, onde ninguén e forasteiro. De súpeto, o sons das chocas afinadas escacharon o silencio na rúa Viriato, e alí apareceron brillantes coma estrelas, non podían ser outros, os “Zamarras Negras”, cigarróns, enfundados con traxes fermosos, que exhibiron ante a concurrencia un ancestral, pletórico e inconfundible estilo de levar o cigarrón con sentimento, e honra. Maxestuosos! Chegáronme ao fondo, espectacular de verdade. Aínda coa pel de pita, enfiamos a rúa do Pozo, e ao virar pola Travesa, recordamos os ausentes pero presentes, o Manolito da silla, que coa súa enxebre gaita galega, acompañado polo Euxenio, deixaron muiñeiras para sempre no noso maxín. Tamén o

Lexionario, o home engaiolado cando éramos nenos, no acto de entroido, máis puro e transgresor, tamén quixo vir de troula. Dende o seu balcón, a raiña Elenita, con oitenta entroidos ás costas, deunos o visto bo, e nun saltiño, caimos na praza para rachar con todo. Na abarrotada praza Maior, que lucía máis fermosa que nunca, estaban todos, ninguen faltou a cita. O enxebre cartel do doutor foi premonitorio, xuntáronse máscaras, capuchóns e moitos disfraces, bailando con ledicia ao ritmo das charangas, que cos seus piques competían, nunha especial sesión para agradar o persoal. Todos estaban no punto, a máxia do entroido puro pululaba de esquina a esquina, e un cheiriño a pos de talco, fariña e pólvora, facíanos soñar con outros tempos, cando o Grolo operaba no seu quirófano, ou o Pescadilla aparecía na praza, sempre coa súa dona ao seu carón, que grandes! Todos presentes, os da terra e os do ceo, cando de súpeto, a charanga calou, as trompetas e os bombos mudaron a sinfonía e fóronse diluíndo incoscientemente, engulidos polo trasatlántico que navega nun mar prohibido, arrasando dun xeito que non vai cos que vivímos esta festa dende a raíz. Abríronse os estériles escenarios das orquestras, que, con sons desafinados polo frío, e repertorios de segunda, arranxan o seu inverno, e permiten inconscientes que a maxia da nosa festa se esfume polos estreitos recunchos que apenas deixan para fuxir. Menos mal que nas adegas voltou o espíritu do que fai gala, este máxico

entroido que nos envelena. De novo, o enxebre saiu o luns na adega, as empanadas, cachuchas e chourizos, co bo viño do compadre, xunto coa música do mestre Miro. Pregón incluido, dos de verdade, dos que apretan as entranas, fíxonos gozar, inesquecíbel. A troula estivo de dez. Cos tempos que corren, a xente amosou que o humor neste pobo ten raíces profundas, e que é moi difícil que nos fagan dobrar o xeonllo cando febreiro asoma. Non quixera, esquecer o sensacional “desfile dos nenos”, sempre dan a talla o Xoves de Comadres, cando ilusionados, fan o desfile cos seus mestres para exhibir, con cariño e sentimento, un traballo ben feito. Ese xoves máxico, xorde pola mañá, cando estes pequenos entroideiros sacan o seu arte do máis fondo da alma, deixando mensaxes que emocionan de verdade. Estes fenómenos non o deixarán morrer xamais. Piñata, fin de festa, con premios merecidos, recoñecementos aos participantes, e todo un protocolo festivo sensacional. Mais, permítanme que lles diga que o premio máis grande que outorga esta festa é cando ao final, no derradeiro intre da noite do martes, as poucas forzas, ainda permiten que nos sintamos entroideiros de verdade, cada un á súa maneira, e que sen darnos conta, sinxelamente coa inercia de ser felices, facemos a forza para que esta xolda non pare. Noraboa a todos os veciños, por facer unha vez mais un entroido de calidade, emocionante, e sobre todo grande, moi grande! Miguel A. Prieto “Chita”

“De súpeto, a charanga calou, as trompetas e os bombos fóronse diluíndo inconscientemente, engulidos polo trasatlántico que navega nun mar prohibido, arrasando dun xeito que non vai cos que vivimos esta festa dende a raíz” “Estes pequenos entroideiros sacan o seu arte do máis fondo da alma, deixando mensaxes que emocionan de verdade”


CLASIFICADOS /SERVIZOS

BARRIOS Marzo de 2014

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº88 / 24 - Ano: IX - Marzo 2014 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA

VENDAS

Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), 22, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888. Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m2 pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 21 14. Vendo finca edificable para dúas casas a 12 km de Ourense e 5 minutos da autovía de Celanova, bo prezo, tel. 617 925 873. Alúgase apartamento no casco antigo de Ourense por 220 euros/mes, Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago, tel 637 00 59 10. Vendo piso de 120 m2 na praza das Mercedes (Ourense) a reformar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10. Alúgase café bar especial totalmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92. Alugo piso amoblado de 4 habitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, 350 euros con comunidade incluída. Tel. 677 468 484. Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, 275 euros mes. Tel. 687 21 12 18. Alugo habitación nun piso da Avenida de Santiago. Tel. 988 21 34 60. Alugo apartamento totalmente equipado na zona do Polvorín. Económico. Tel. 988 21 34 60. Alúgase baixo en Río Mao nº 2 de 70 metros cadrados.Tel. 619 46 22 54

Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 21 22 24.

Vendo dúas casas en Lobios, unha rematada e outra a rematar, con finca, fermosas vistas. 35.000 euros cada unha. Tel. 653 944 669. Alugo apartamento de 1 e 2 habitacións, equipados, con xardín e barbacoa. 30 euros/día. Tel. 607 27 19 16. Vendo piso en Vigo. Tel. 636 422 497.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios. com]

Compro mobles e electrodomésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18,

Vendo máquina coche-cortacéspede HONDA. 2.500 euros. Tel.988 27 97 96. Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173 Vendo berce de viaxe plegable. Bo estado. Prezo 25 euros. Tel. 661 92 65 29 e 670 43 34 90. Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31.

Vendo Mercedes 300, ano 79, repintado, 100.000 km. 2.000 euros negociables. Tel. 610 25 80 69. Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01.

Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01.

Vendo banco de carpinteiro de 2 metros. 200 euros. Tel. 653 944 669.

Vendo leña de carballo económica. Tel. 625 817 743.

Vendo máquina elíptica e aspiradora Polti. Tel. 675 631 011

EMPREGO Danse clases particulares. Experiencia. Tel. 653 768 357.

Profesor, especializado en matemáticas, con 30 anos de experiencia imparte clases particulares (ESO, Bacharelato, Universidade). Tel. 625 51 58 18. Impártense clases de linguaxe musical, educación auditiva, canto e piano. Tel. 676 75 88 19. Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compromiso. Tel. 676 75 88 19. Ofrécese albanel con experiencia de 20 anos, para reformas ou calquera tipo de traballo de construción, económico. Tel. 988 25 59 63. Imparto clases particulares de francés e inglés. Tel. 619 46 22 54 Ofrécese mozo para calquera tipo de traballo. Tel. 637 00 59 10 Ofrécese señora para coidado de enfermos, persoas mioares, limpeza. Con experiencia. Tel. 637 59 10. Experta en tarot exipcio axúdao nos seus problemas: traballo, saúde, amor, fanse limpezas de enerxías negativas a persoas, locais e casas. Consulta gratis, só tarde. Tel. 988 25 59 63. Busco traballo de camareiro en Ourense cidade. Experiencia no sector. Tel. 609 91 93 62. Fanse desbroces e traballos agrícolas económicos. Tel. 625 817 743. Fanse mudanzas.Tel. 625 817 743.

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Marzo de 2014


O 23 de marzo, IV Pozo do Demo, carreira, andaina e mini-trial TEMA DE MES Páx.2

VERÍN

Páx.7

Descenden as infraccións penais en Xinzo e en Verín

A Eurocidade fixa os obxectivos para o período 2014-2020

ESPECIAL Páx.23-25

CULTURA

Recomendacións para vodas, bautizos e comuñóns

Semana da Novela Negra na Biblioteca Pública de Verín

Páx.26

OCIO

[páx. 19]

Páx.27-28

Especial o Entroido en imaxes: Xinzo, Verín, Laza, Allariz...

O uso hoteleiro do Castelo divide á comarca

[páx.3]

Asamblea da Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei o pasado sábado día 15./A.DIZ.

Número: 88- Ano: IX - Marzo 2014- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Marzo de 2014


Entrevista a Ángela González, presidenta de Maravalla TEMA DO MES Páx.2 ALLARIZ 1,2 millóns de euros para paliar os efectos dos temporais

Páx.15

Búscanse músicos para a Semana Santa ao vivo

Xornadas de igualdade

[páx. 18]

CELANOVA Páx.17

ESPECIAL Páx.23-25

OCIO

Venezolanos recollen medicamentos para o seu país

Recomendacións para vodas, bautizos e comuñóns

Especial o Entroido en imaxes: Xinzo, Verín, Laza, Allariz....

[páx.14]

Páx.27-28

I Festival de Cine Rural

[páx.26]

Videofórum o pasado día 13 no Fogar do Maior, no que se Os organizadores, Aser Álvarez, de Arraianos, e Inés Vázquez, proxectaron tres curtametraxes realizadas en Allariz./M.REJO. de Lareira Pop./RAMSÉS.

Número: 24 - Ano: IX - Marzo 2014 - Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Marzo de 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.