15 Xaneiro 2014 - BXVAC

Page 1

Entrevista ao vicepresidente da Fundación Martínez - Risco TEMA DO MES Páx.2 XINZO As empresas ourensás, con boas expectativas de negocio para o 2014

Páx.10

[páx. 14-15]

COMARCA Páx.12

DEPORTES Páx.25

OCIO

Páx.26

Declara o tribunal de Mellor acceso ao dúas oposicións no Centro de maiores de Concello de Xinzo Vilar de Santos

O atleta infantil Said Abdoun, campión provincial de cross

Cuba será o país convidade na edición deste ano de Xantar

O alcalde non ve motivos para dimitir [páx. 11]

O alcalde de Xinzo minimiza as sentenzas xudiciais contra a súa política de persoal./P. LODEIRO.

Número: 86 - Ano: IX - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xaneiro de 2014

TEMA DO MES

As empresas ourensás posúen as mellores expectativas de negocio dende 2010 4 O 25 % dos enquisados espera aumentar as súas vendas en 2014, principalmente as empresas con presenza no exterior. Redacción As expectativas das empresas ourensás para 2014 experimentan unha mellora con respecto a 2013, pero sobre todo mostran un cambio de tendencia en comparación cos últimos tres anos pasando do pesimismo xeralizado en 2010 a un período de estabilización. Un novo escenario onde a esperanza dos empresarios recae nos mercados nacionais e, sobre todo, internacionais, mentres o investimento e o emprego seguen sen dar mostras de optimismo; segundo indica o estudo Perspectivas Empresariais 2014 que sobre a provincia de Ourense elabora a Cámara de Comercio. 8% máis de vendas Os datos obtidos permiten saber que no tocante á cifra de negocio total, o 25% dos enquisados espera aumentar as súas vendas globais en 2014, un 8% máis que o ano anterior. Tamén experimenta un incremento significativo a porcentaxe de empresas que confían en manter as vendas, case un 57%, o cal supón un aumento do 20% en relación ao 2013. En canto a negocio nacional, por primeira vez en

Case o 73 % dos empresarios cre que poderá manter o seu persoal en 2014./ARQUIVO. tres anos máis da metade dos empresarios, case un 56%, espera estabilizar as súas vendas. O 20,37 % dos empresarios agarda aumentar as vendas en territorio nacional. Pola súa banda, a exportación ofrece mellores expectativas para este ano, pois case o 35% dos enquisados cre que as aumentarán (un 16% máis que en 2013). Menor creación de emprego e investimento Case o 73 % dos empresarios cre que poderá manter o seu persoal en 2014, pero só o 9% calcula que precisará facer novas contratacións, isto é, un 4% menos que en 2013, xa que o ano pasado o 13% das empresas

O 25% das empresas agarda aumentar as súas vendas e o 57% mantelas

contrataron traballadores. En canto a investimento, preto da metade dos empresarios (47,17%) prevé manter a inversión no seu negocio, mentres que case un 21% calcula que poderá aumentala (un 4% menor que as expectativas do ano pasado). Os resultados correspondentes á provincia de Ourense son similares aos do conxunto do Estado, onde todas as variables analizadas experimentan unha mellora, salvo o emprego e o investimento. Precisamente estes dous capítulos marcan tamén a diferenza en negativo con respecto ás empresas europeas. Na parte positiva, España obtén mellores resultados que a media da Unión Europea en exportacións, vendas interiores e cifra de negocio total.

Ourense pecha o ano con 29.276 desempregados 4 Hai 1.131 parados menos que no 2012, pero baixaron os afiliados á Seguridade Social. Redacción Segundo os datos do INEM, no mes de de-cembro había 29.276 desempregados anotados nas oficinas de emprego da provincia de Ourense, 144 máis que no mes anterior, mentres baixa en case todas as provincias do Estado. Con relación a fai un ano prodúcese un descenso de 1.131 parados. Dende a CIG destacan que “este descenso anual de inscritos nas oficinas de emprego non supón creación de emprego xa que a afiliación á Seguridade Social baixou en 1.030 cotizantes”, cifra na que repercute a emigración. Por outra banda, o número de empresas e traballadores afectados por ERE, en suspensión temporal e concurso de acredores, segue incrementándose e no mes de outubro con 141 empresas con expedientes presentados no 2013 superouse os 137 de todo o ano anterior. Asemade, destaca que o número de desempregados que perciben a prestación contributiva por desemprego descendeu novamente a 6.976 (o 23,8%), “o que aboca cada vez a máis galegos á pobreza e á exclusión social”, lembran dende a CIG. En canto á contratación, de 54.829 contratos feitos durante o ano só 5.275 foron indefinidos. Aspecto que dende a Confederación Intersindical Galega acha-

can á reforma laboral “feita para primar o despedimento e a precariedade”. Para facer fronte a esta masiva destrución de emprego a GIG ten posto en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para levar ao Parlamento galego unha Iniciativa Lexislativa Popular que contempla 100 medidas para a creación de emprego en Galicia. A nivel autonómico Segundo os datos ofrecidos polo INEM, en relación a hai un ano, o desemprego caeu en Galicia nun 2,77%, en 7.724 persoas (sumando 271.063 desempregados rexistrados). Baixada que no resto do Estado foi do 3,04%, 147.385 persoas. Por sexos, o paro increméntase entre os homes no mes de decembro nun 2,07% en Galicia e no caso das mulleres diminúe nun 1,77%. En canto a idades, entre os menores de 25 anos o de-

semprego sitúase na nosa autonomía en 16.727 persoas. Un 15,72% menos que no ano anterior, descenso “motivado pola saída de mozos de Galicia na búsqueda dun futuro laboral mellor”, aclaran dende UXT- Galicia. Neste último mes do ano, por sectores, aumenta o desemprego no primario, cun 6,53% máis; no industrial, un 1,76%; e no da construción, un 4,7%. E baixa en servizos un 1,45% e no colectivo de sen emprego anterior, un 2,2%. Amais, resulta moi preocupante, un mes máis, o número de beneficiarios de prestacións, que é de tan só 150.076 en novembro en Galicia (o 60%). Polo que na nosa comunidade hai máis de 120.000 parados sen ningún tipo de cobertura.

Na caída de afiliados á Seguridade Social infúe a emigración

Manifestación en defensa do emprego./ARQUIVO.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Xaneiro de 2014

A D.O. Monterrei alcanza cifras de récord en 2013 4 O ano pasado a denominación de orixe comercializou dous millóns de botellas, un 21% máis que o exercicio anterior e máximo histórico.

CxG pide explicacións pola suspensión de operacións no hospital de Verín

Redacción A Denominación de Orixe Monterrei afronta o ano que comeza con gran optimismo, tras os excelentes resultados alcanzados en 2013, ano no que obtivo o maior volume de comercialización desde o seu nacemento en 1994. Dous millóns de botellas, un 21% máis que no exercicio anterior, e o dobre das que comercializaba en 2009. Este crecemento en volume foi en paralelo ao incremento do número de produtores, que pasou de catro adegas en 1999 ás 23 actuais. Todo iso responde a unha demanda crecente dos viños de Monterrei que en 2013 abriron ademais novas liñas de comercialización, nas que cobra vital importancia o mercado exterior. Así a colleita 2012 logrou introducirse nos mercados europeos, fundamentalmente en Reino Unido, Alemaña, Holanda e Bélxica, adquirindo ademais maior peso as súas exportacións a EE.UU. e Xapón. A exportación representa, segundo os datos ao peche do exercicio, un 12,12% do volume de viño comercializado pola Denominación de Orixe Monte-

Hospital de Verín./ARQUIVO.

4 Os problemas coa esterilización nun quirófano obrigaron a cancelar varias operacións na xornada do 14 de xaneiro. En 2013 a D.O. celebrou o I Festival da Vendima./BORYS. rrei en 2013. Nesta traxectoria ascendente xogan un papel importante tanto a mellora e profesionalización do sector produtivo, como o apoio e respaldo da crítica especializada e o sector profesional. Cabe destacar que o pasado ano resulta nun excelente palmarés para os viños de Monterrei, con 18 marcas que alcanzan ou superan os ansiados 90 puntos Parker, e no que Monterrei se impón na Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia co maior cociente de viños premiados respecto de número de adegas inscritas na D.O., ao obter medalla 15 das súas 23 adegas, cun total de 8 medallas de Gran Ouro, 18 de Ouro e 14 de Prata.

Promoción É importante facer mención á intensa actividade promocional desenvolvida polo Consello Regulador. Por exemplo, a colaboración coa festa do cocido de Lalín, o nacemento da Confraría dos Viños de Monterrei e o nomeamento dos seus 18 primeiros confrades, coincidindo coa celebración da VIII Feira do Viño de Monterrei, ou o impulso do enoturismo na comarca con accións como o I Festival da Vendima de Monterrei.

As exportacións representan o 12,12% do viño comercializado

Redacción Compromiso x Galicia pide explicacións aos responsables sanitarios da provincia pola suspensión na xornada do 14 de xaneiro de varias operacións programadas no hospital de Verín. Concretamente, denuncia a formación galeguista, o equipo cirúrxico do hospital de Verín encargado de levar a cabo as intervencións programadas de cataratas decidiu suspender todas as operacións por un problema de esterilización dun quirógano. A decisión tomouse

cando xa os pacientes estaban na zona cirúrxica, xa se lle canalizara unha vía periférica e xa se lle administrara a medicación previa necesaria para levar a cabo a intervención. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador territorial en Ourense da organización galeguista, considera que “episodios como o vivido no Hospital de Verín dan unha pésima imaxe do noso sistema sanitario, ademais de crear importantes contratempos aos pacientes, algún dos cales se tivo que desprazar desde máis de 50 quilómetros, para volver

As operacións suspendéronse cando os pacientes xa estaban na zona cirúrxica, xa se lles canalizara unha vía e xa se lles administrara a medicación previa

a casa sen operar, de pois de pasar case tres horas no hospital”. “Descoordinación” Desde CxG entenden que o equipo cirúrxico se negara a operar nesas condicións, pero non comprenden como se pode chegar “a tal grao de descoordinación e falta de organización”. Por iso esixen “a Eloina Nuñez, xerente da Área Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, unha explicación clara e convincente do que pasou, para que non se siga deteriorando máis a confianza dos pacientes no noso sistema sanitario e se poñan todos os medios para que feitos graves como o ocurrido non se volvan repetir”, apuntaba Pérez Bouza.


BARRIOS Xaneiro de 2014

EN BREVE

4 Programa ‘Vacacións en Paz’ O departamento de Servizos Socias do Concello de Verín, en colaboración coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, participa no programa de acollida ‘Vacacións en Paz’, que se desenvolve en xullo e agosto. O Concello de Verín leva participando nesta iniciativa solidaria dende 2004, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que os seus fillos gocen dunha estancia agradable durante os meses de verán, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras. Os interesados en sumarse a esta iniciativa para o ano 2014 deben contactar cos Servizos Sociais de Verín ou no 988 414 776.

4 A OMIX tramita 397 carnés xoves A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín tramitou no 2013 un total de 397 carnés xoves, unha cifra que revela un incremento de máis de cen carnés con respecto ao ano anterior. Este carné é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición de mozos de entre 12 e 30 anos, coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa.

VERÍN E COMARCA

O Concello de Verín conclúe as obras de reurbanización na praza da Mercé 4 Colocáronse colectores soterrados e renovouse o mobiliario. Redacción O Concello de Verín finalizou en decembro as obras de soterramento das liñas de alumeado eléctrico, canalización subterránea de telefonía, soterramento do servizo de gas e de colectores de lixo, mellora de rede de saneamento, así como a urbanización da praza da Mercé. As obras incluiron a colocación de colectores soterrados para a xestión de

residuos de modo diferenciado, a renovación de parte da rede de saneamento e recollida de pluviais, a instalación do alumeado público en liñas subterráneas e de boca de rego, o enganche da canalización de gas solicitado polos veciños da praza e a canalización subterránea de telefonía, a renovación do pavimento, a unificación a un único nivel das rasantes existentes para eliminar o resalto entre as beirarrúas e a calzada e a incorporación de novo mobiliario urbano.

Aspecto da praza da Mercé trala reurbanización./CdV.

A actuación enmárcase no plan de protección do casco histórico do Concello de Verín, que permitiu mellora espazos e equipamentos urbanos en dúas prazas e 11 rúas desta zona da vila. Foron cofinanciadas nun 75% pola Consellería de Economía e Industria.

Verín renovou xa 11 rúas e 2 prazas do seu casco histórico

Aumentan os turistas e os peregrinos 4 Inaugúrase a nova Oficina de Información Turística de Verín. Redacción O número de visitantes que se achega á Oficina de Información Turística de Verín aumenta ano tras ano. “No ano 2010 o 20,15% das persoas que acudiron a esta instalación eran turistas, no ano 2012 a cifra incrementouse ao 33,67%, e neste ano (2013) xa alcanzou o 39,40%”, apuntou o alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán. No caso dos peregrinos que realizan a Vía da Prata ou o Camiño Portugués Interior, tamén se produciu un importante incremento, “mentres que no ano 2009 a cifra de peregrinos foi de 477, no 2012 chegou a 693, e neste ano (por 2013) xa alcanzamos 834, é dicir un incremento do case que 50%”, subliñou Jiménez Morán. O alcalde de Verín facilitou estes datos durante a inauguración da nova Oficina de Información Turística e Sala de Exposicións da localidade, durante a que estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. A adaptación de espazos na Casa da Xuventude foi posible grazas a un convenio en-

tre Turismo de Galicia e o Concello de Verín. O novo espazo elimina as barreiras arquitectónicas que existían na anterior localización, na Casa do Escudo, que se está rehabilitando para convertirse exclusivamente en albergue. Segundo afirmou Nava Castro, dada a situación estratéxica de Verín, “consideramos axeitado ampliar e reforzar os servizos turísticos de información que se ofertan neste concello principalmente para adecuarse á situación turística actual onde o comportamento da demanda se caracteriza por ter máis experiencia e coñecementos”. Oferta turística Na nova Oficina de Información Turística de Verín, os turistas e peregrinos poderán coñecer a oferta de aloxamento existente, a de restauración así como a de recursos turísticos da zona. Entre as novidades da oferta turística da comarca, o alcalde recordou que se está a traballar na creación das rutas transfronteirizas da Eurocidade ou no denominado “Territorio Feiticeiro”, neste caso a través do Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2014


BARRIOS Xaneiro de 2014

VERÍN E COMARCA

Curso de español na Eurocidade 4 Comeza o 27 de xaneiro.

4 En 2013 superou os cinco mil préstamos.

Redacción A Eurocidade Chaves-Verín e Antena Local de Verín promoven a realización dun curso de español, que terá lugar do 27 de xaneiro ao 14 de febreiro. Esta actividade formativa de 40 horas, impartirase de luns a xoves, de 18.30 a 21.30 horas, na sede da Eurocidade, no antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo. Esta iniciativa gratuíta está destinada a vinte alumnos, que recibirán prácticas de comprensión-lectora, escritura, oralidade e reflexión sobre o coñecemento do idioma que lles permita consolidar e afondar

Redacción A Biblioteca Pública Municipal de Verín conta na actualidade con 2.532 socios, dos que 353 sumáronse a este servizo en O curso impartirase na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo./ARQUIVO. coñecementos culturais e lingüísticos, e transitar para un nivel máis avanzado da aprendizaxe da lingua española e o seu ingreso no currículo da lingua materna regular. Ao finalizar o curso, a

organización entregará un diploma aos alumnos que acrediten a súa asistencia ao 75% das horas lectivas. A inscrición pode realizarse na sede da Eurocidade ou no municipio de Chaves.

O IES García Barbón facilita unha Guía de Internet para Estudantes O uso habitual de internet para comunicarse, para informarse e para aprender –entre outras moitas funcións- é, cada vez máis, unha habilidade que se considera imprescindible, tanto a nivel persoal como no ámbito laboral. A gran cantidade de información que nos proporciona a rede require de competencias para saber elixir con criterio aqueles recursos que nos axuden na nosa vida diaria. Por iso, desde o instituto García Barbón de Verín consideran que crear unha breve Guía de Internet para Estudantes podía ser unha útil axuda complementaria para o conxunto da comunidade educativa. O PIPE (Proxecto Internet Para Estudantes) xurde como unha iniciativa do alumnado da materia optativa de Tecnoloxías da Información e da Comunicación TICs -1º de Bacharelato- (http://ticparati.blogspot.com.es) e ofrece unha guía dos mellores recursos de internet para estudantes. A Guía breve de Internet para Estudantes facilita en 40 páxinas unha manchea de recursos diversos que podemos atopar en internet (dispoñible en http:// www.calameo.com/books/

A Biblioteca de Verín suma 300 socios máis

Guía de Internet para estudantes: http://goo.gl/NxizB2.

A Guía breve de Internet para Estudantes facilita en 40 páxinas unha manchea de recursos diversos 002210005eb860b5ca5b0). En concreto, facilita interesantes e moi útiles páxinas académicas (principalmente para o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato), pero tamén ofrece a opción de “tempo de relaxarse” (con boas webs de música, principalmente), aprender sobre internet e a web 2.0, unha mostra de vídeos educativos e referencias de calidade sobre a orientación académica e la-

boral do alumnado. Para rematar, lembrar que o centro educativo verinés conta con dous novos blogs inaugurados neste curso 2013-2014. Un blog que nos informa das novidades do IES García Barbón (http://garciabarbonverin.blogspot.com.es) e outro que dá conta das actividades de orientación académica e laboral do alumnado (http://oquechedigaeu.blogspot.com.es/).

2013. Durante o pasado ano a biblioteca realizou 5.326 préstamos, superando os 4.426 préstamos de 2012. O recinto cultural realizou durante o pasado ano un total de 51 actividades para me-

nores de 3 a 9 anos, é dicir, oito máis que no 2012. Entre elas houbo contacontos, Bibliopiscina, exposicións, presentacións de libros, BiblioRúa, concursos de narrativa, encontros con escritores, videoconferencias, visitas guiadas para centros educativos, club de lectura. Tamén outras específicas de Fomento de Lectura ou Voluntariado Cultural, que lograron que a biblioteca recibise recoñecementos de distintas organización.


VERÍN E COMARCA

A CIG oponse a un uso hoteleiro no Castelo de Monterrei 4 Reclama unha reacción do alcalde de Verín. Redacción A Confederación Intersindical Galega vén de manifestar o seu malestar pola posibilidade de que a Xunta contrúa prazas hoteleiras,

cafeterías e bares na fortaleza do Castelo de Monterrei, concretamente na casa rectoral e no Pazo dos Condes, onde está executar obras de rehabilitación. “Velaí cales eran as auténticas intencións

destes mestres da privatización para o futuro do parador”, quéixanse dende a organización sindical. A Xunta de Galicia xustificou a elavada inversión que requerirían estas obras na falta de hospedaxe para os turistas que visitan a zona. “Mentres non se inviste un euro na renovación das instalacións do Parador e mesmo se determina o seu peche catro meses ao ano, sen ter en conta nin aos posibles usuarios nin á situación na que deixan os seus traballadores”, lembran dende a CIG.

Como consecuencia, os integrantes deste sindicato pregúntanse “que clase de xestión fixo o noso alcalde-senador no seu momento en Madrid, e que ten que dicir agora diante do uso que se lle pretenda dar a unhas instalacións que polo seu carácter histórico deben ser resgardadas para o uso e disfrute de toda a cidadanía en xeral”.

Na actualidade execútanse obras de rehabilitación na fortaleza

BARRIOS Xaneiro de 2014

Dimite a agrupación local socialista de Verín

4 Estaba presidida por Juan Carlos Francisco Rivera. Redacción O PSOE de Verín deberá constituir unha xestora en próximas datas trala dimisión da agrupación local, que estaba presidida por Juan Carlos Francisco Rivera, tamén ex deputado autonómico. O motivo, diverxencias coa Executiva Provincial. A Executiva Provincial, pola súa banda, traballa xa na busca de posibles candidatos para a constitución

Juan Carlos Francisco. dunha xestora coa vista posta nas eleccións europeas e municipais.

4,8 millóns de euros en axudas para os sectores agrario e forestal 4 De Medio Rural. Redacción A Consellería de Medio Rural e do Mar vén de mobilizar unha partida de case 4.800.000 euros que se repartirá entre 52 pemes e microempresas da provincia de Ourense, dedicadas ao sector agrario e forestal. O obxectivo destas axudas é contribuír ao investimento, por parte das industrias beneficiadas, en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, considera que estas axudas “contribuirán ao desenvolvemento das actividades das pequenas empresas be-

neficiadas e a mellorar a súa situación económica”. Así, dentro das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios realizados por pemes e empresas intermedias, en Ourense beneficiaranse 49 industrias cunha partida cifrada en 4.604.514 euros. O importe destas subvencións oscila entre os 820 e os 725.000 euros. Polo que respecta ás axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais realizados por microempresas (serradoiros) alcanzan un montante de 194.419 euros que benefician a tres industrias.

Unha explotación forestal na comarca de Monterrei./ARQUIVO.


BARRIOS Xaneiro de 2014

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Enfrontamento polo gasto municipal nunha gasolineira de Cualedro

4 Cruz Vermella entrega alimentos Sarreaus acolleu o pasado 29 de decembro o I Maratón Solidario de Fútbol Sala, no que participaron 8 equipos e un gran número de persoas acudiron como espectadores. Grazas á solidariedade do público, recadáronse máis de 500 quilos de alimentos non perecedoiros que se entregaron ás familias que máis o necesitan da comarca de Monterrei.

4 CxG critica que os vehículos municipais repostan só na estación de servicio do alcalde. Redacción

4 Orzamentos de Castrelo do Val O Concello de Castrelo do Val vén de aprobar os presupostos para o ano 2014 sen apenas variación con respecto ao ano anterior. Prevé uns ingresos de 768.090 euros e uns gastos de 755.000 euros, e destaca a partida consignada a servizos sociais, arredor dos 150.000 euros. O capítulo de Investimentos reais quedará aprobado a través dunha modificación de crédito unha vez se coñezan as achegas da Deputación e da Xunta de Galicia.

4 Reforma do parque de Nocedo O Concello de Castrelo do Val acometeu en decembro reformas na zona de xogos infantís de Nocedo do Val, a carón do centro social. A obra consistiu na colocación dunha nova soleira de formigón con caucho que amortiza as caídas e convirte o parque nunha zona máis segura para os pequenos. O custo da actuación ascendeu a un total de 32.113 euros, dos que o 20% foron achegados polo Concello.

O tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, o concelleiro de Mocidade, Víctor Baladrón, e as concelleiras de Benestar Social e Igualdade, Inmaculada Hervella e Corona Meixeira, entregaron aos responsables de Servizos Sociais os alimentos recolectados na campaña/ CdV.

Campaña solidaria de Nadal en Verín O Concello de Verín, en colaboración coa Eurocidade, a Cámara Municipal de Chaves e outras institucións dun e doutro lado da raia puxeron en mrcha este Nadal a campaña solidaria “Espalle alegría na Eurocidade”. A través dunha ducia de iniciativas, recolectáronse alimentos non perecedoiros, que foron entregados aos Servizos Sociais do municipio para seren logo repartidos entre as familias necesitadas tanto de Verín como de Chaves.

Compromiso por Galicia denuncia a utilización por parte do alcalde de Cualedro, o popular Luciano Rivero, de diñeiro público en beneficio persoal. Segundo explicou o seu voceiro, Eduardo Carnero, os vehículos municipais repostan combustible nunha gasolineira da que é copropietario o rexedor. Dase a circunstancia de que a outra estación de servicio do municipio pertence á familia do concelleiro galeguista.

“No concello existe outra gasolineira, instalada antes e que está no propio pobo, non como a da que é propietario o alcalde, que está situada a cinco kilómetros e nesa outra estación de servizo non se reposta ningún vehículo municipal”, apunta Carnero, quen cifra en 9.000 euros o gasto anual en repostaxes. CxG presentará unha moción para que o gasto, “cando menos, sexa repartido, tendo en conta que existen no pobo dúas estacións de servizo e que non existe diferenza de prezos entre elas”.

O BNG pregunta por unha liña de alta tensión para o AVE 4 De Sarreaus a Campobecerros. Redacción A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha pregunta parlamentaria na Cámara para saber se o Goberno está a tramitar un proxecto de construción de liña de alta tensión destinada a abastecer de enerxía ás obras do AVE ao seu paso pola zona ourensá de Campobecerros.

Explica a deputada do BNG que organizacións ecoloxistas tiveron coñecemento dun proxecto de instalación de liña de alta tensión que partiría da estación de Sarreaus e remataría en Campobecerros. Contaría cuns 15 quilómetros de lonxitude e con 220 quilovatios de voltaxe. “Dadas esas características, suporía que atravesaría todo o macizo central ourensá, pasando por zonas de alto valor

ecolóxico na Limia”, sinala Davila. A parlamentaria pregunta ao Goberno por este proxecto, sobre as súas características, e sobre todo, quere saber se se vai realizar a avaliación de impacto ambiental e someterse a información pública, e se se van ter en conta as propostas que se poidan facer “para melloralo desde un punto de vista medioambiental, social ou económico”.

Obras da alta velocidade na provincia./ARQUIVO.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2014


10

BARRIOS Xaneiro de 2014

XINZO E COMARCA

O xuíz toma declaración aos membros do tribunal de dúas oposicións no Concello de Xinzo 4 A CIG impugnara as oposicións ás praza de letrada e de administrativa. P. L. O xuíz do Contencioso Administrativo nº1 de Ourense tomou este martes declaración aos membros dos tribunais que adxudicaron as prazas de letrada e de administrativa do Concello de Xinzo, respectivamente, a María del Carmen Prado López, filla do ex delegado de Medio Ambiente co PP, Agustín Prado Verdeal, e Ana María Fernández Novas, daquela compañeira sentimental do alcalde de Xinzo. O proceso opositor fora denunciado pola CIG, alegando afinididade política dos membros do tribunal coas gañadoras das prazas, así como incumplimento da lei de paridade pois só había unha muller examinadora. A central sindical pide que se anulen os dous procedementos por suposta vulneración da lei de procedemento administrativo; ou, subsidiariamente, que se retrotraia o proceso á puntuación de méritos dos candidatos. Neste sentido, a avogada do sindicato chamou a atención sobre o feito de que o tribunal valorara cos mesmos 4 puntos os 212 meses como xuíza sustituta dunha das candidatas descartadas e os 24 meses como axente de desenvolvemento local da candidata finalmente elixida. Prestaron declaración como testemuñas Gerardo

A CIG critica que a edil de Persoal difunda cursos de formación de CCOO 4 Insta á Monserrat Lama a absterse de participar na acción sindical do concello. Redacción

O ex secretario de Xinzo, Demetrio Martínez, xunto aos membros dos tribunais opositores, Montserrat Rodríguez, José Luis Suárez e Gerardo Pumar, antes de prestar declaración no Contencioso Administrativo de Ourense. /P.LODEIRO. Pumar Pumar, funcionario da Xunta e presidente do tribunal que adxudicou a praza de avogada e que fora secretario de Prado Verdeal cando este era delegado de Medio Ambiente; José Luis Súarez Conde, xefe do Recursos Humanos da Deputación, concelleiro en Monterrei, municipio onde é alcalde o seu pai, e presidente do tribunal que adxudicou a praza de administrativa; Monserrat Rodríguez, funcionaria da Deputación, e muller do alcalde popular do Carballiño; e Demetrio

Martínez, ex secretario do Concello de Xinzo que declinara participar en ambos tribunais. Descoñecían quen eran as candidatas Os membros do tribunal alegaron que non se produciron impugnacións nin recursos por parte do resto de candidatos e que as puntuacións realizáronse de maneira conxunta e coñecendo a identidade das persoas que valoraban, por ter os currículums diante, pero aseguraron descoñecer que dúas das candidatas

eran, ben a filla de Prado Verdeal, ben a parella do rexedor de Xinzo. Segundo confirmou o ex secretario limiao, Demetrio Martínez, foi o propio alcalde, Antonio Pérez, quen modificou as bases para seleccionar as persoas que conformaban o tribunal opositor. Ademais, Martínez foi o único que confirmou que Pérez mantiña unha relación sentimental con Fernández Novas, motivo polo que o rexedor se abstivo de asinar o decreto do seu nomeamento.

O tribunal valorou cos mesmos 4 puntos os 212 meses como xuíza sustituta dunha das candidatas descartadas e os 24 meses como axente de desenvolvemento local da candidata elixida

O sindicato CIG critica un comunicado asinado pola concelleira de Persoal de Xinzo de Limia no que se informa aos traballadores municipais sobre “a posibilidade de realizar cursos de formación a través do sindicato CCOO” e se insta aos interesados a pasar polo departamento de persoal antes do 31 de xaneiro para informarse. A CIG reprocha a actitude de Monserrat Lama “ben proclive a certas centrais sindicais, que non son a CIG, así como a realización de labores de propaganda desas opcións sindicais”. Afirma o sindicato que a Concellería de Persoal non pode facer propaganda de ningunha opción sindical, “simplemente debe, consonte co principio de liberdade sindical, permitir que as propias centrais sindicais se expresen e publiciten a súa acción no interior do concello, pola vía do comité de empresa ou das súas seccións sindicais”. O sindicalista que asina a nota, Anxo García Torres, tacha de “impresentábel” que a edil de Persoal “impulse, publicite e xestione a actividade dalgúns sindicatos fronte á actividade doutros”. “Evidentemente, a CIG,

Montserrat Lama, edil de Persoal de Xinzo./P.L. a CSIF, UGT e outros tamén impartimos cursos de formación, sen necesidade de que a concelleira de Persoal nolos xestione”, engade. Por iso a central nacionalista solicita á edil popular “que se absteña de participar na acción sindical do concello, en aras a respectar o dereito á liberdade sindical, deixando que sexan as propias organizacións sindicais quen protagonicen a súa actividade, co obxectivo de evitar que o ámbito municipal se luxe máis do que xa está”.


XINZO E COMARCA

pleno extraordinario

O alcalde de Xinzo minimiza as sentenzas xudiciais contra a súa política de persoal

4 Antonio Pérez rexeitou as peticións de dimisión, “nin sequera estou imputado”. Paula Lodeiro O alcalde de Xinzo, o popular Antonio Pérez, minimizou o alcance das oito sentenzas xudiciais que anulan outras tantas contratacións que realizara en 2012. Pérez defendeu que as sentenzas dos xulgados do contencioso 1 e 2 de Ourense contra as contratacións temporais realizadas no Concello de Xinzo son “iguais” a outras producidas en relación aos concellos de Ourense, A Rúa, Ribadavia, Baltar ou Vilariño de Conso. Ademais, preguntoulle ao voceiro do BNG, Ramiro Rodríguez, se catro contratados sobre unha plantilla de 150 traballadores “lle parece unha esaxeración?”. O político popular fixo estas declaracións no segundo pleno extraordinario solicitado pola oposición en menos dun mes para que dese conta da súa situación xurídico-procesal como consecuencia destas sentenzas así como da situación do Concello trala renuncia do secretario e da súa adxunta e as denuncias presentadas por eles contra o rexedor. No primeiro pleno –o 12 de decembro- non chegara a producirse debate ao non acudir a oposición ao entender que a sesión fora mal convocada. Nesta ocasión, nacionalistas, socialistas e concelleiro independente Manuel Pérez Campos solicitaron a dimisión do alcalde, posibilidade que este rexeitou taxantemente. “Non estou nin sequera cita-

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, o novo secretario, e a voceira do PSOE, Elvira Lama, nun momento do pleno extraordinario do 13 de xaneiro./P.LODEIRO. do como testigo nin imputado”, recalcou Pérez, quen afirmou que cando saia do Concello “vou saír coa cabeza moi alta, porque non matei a ninguén nin robei”. Afirmación que foi respondida por aplausos de parte do público que ateigaba o salón de plenos da consistorial. Informes a posteriori Ao respecto da denuncia do secretario e da súa adxunta contra o alcalde, Antonio Pérez dixo descoñecer os motivos, pero apuntou a un posible querer “salvarse dunha situación cando iso (os informes) estaba sen facer”. Segundo Pérez, os informes contrarios ás contratacións foron elaborados con posterioridade á realización das mesmas, en concreto, “foron feitos en outubro de 2012 e foron modificados e impresos o 25 de abril de 2013”,

e que durante todo ese tempo el nunca recibira “unha advertencia de ilegalidade” sobre esas contratacións. De aí a súa decisión de ordenar o precintado do equipo informático do secretario, decisión que se apoia nun expediente “de 200 páxinas” que está entregado en sede xudicial desde o pasado 18 de decembro e que o alcalde ofrecése a ensinar aos membros da oposición que o desexen no seu despacho. O rexedor aproveitou o segundo turno de palabra para intervir e dar resposta ás preguntas da oposición, cando estes xa non tiñan posibilidade de réplica. Na primeira quenda falara o voceiro popular, Manuel López Casas, quen se limitara a facer un relatorio dos

logros do seu alcalde e a descualificar á oposición, á que tildou de “carroñeira”. Antecedentes Previamente toda a oposición lle recordara que durante o ano 2012 o Concello de Xinzo realizou oito contratacións temporais por decreto de Alcaldía, ignorando os informes en contra, sen proceso de selección e en contra do Real Decreto do Goberno central que impide as contratacións temporais. A finais de aquel ano, o sindicato maioritario no Concello, a CIG, puxo unha denuncia na Subdelegación do Goberno, que a trasladou á Avogacía do Estado, quen presentou varias demandas contra o Concello de Xinzo por estes contratos tempo-

O alcalde dixo que os informes do secretario foran elaborados con posterioridade ás contratacións

rais. En novembro de 2013 empezáronse a coñecer os fallos xudiciais dos Xulgados do Contencioso-Administrativo nº 1 e nº 2 de Ourense. Todos anulando as contratacións e cos mesmos argumentos: “desviación de poder e indicios de prevaricación”, “conduta irregular e constante realizada con plena consciencia da súa ilicitude por manter en nómina a determinadas persoas con contratos temporais, pese aos reparos do secretario e do interventor” e “incumprimento groseiro e consciente por parte do mandatario que podería ser constitutivo dun delito de prevaricación”. Un dos maxistrados xa ordenou a remisión do expediente ao Xulgado de Primeira Instancia de Xinzo para que proceda a investigar as responsabilidades penais que se poderían derivar destas actuacións.

BARRIOS Xaneiro de 2014

11

4 Peticións de dimisión e críticas á política de persoal O concelleiro non adscrito Manuel Pérez Campos criticou que as sentenzas veñen “pola mala xestión” da política de persoal cun “récord” de contratacións temporais e por iso pediulle a Antonio Pérez e aos concelleiros populares que dimitisen. Pola súa banda, Francisco Romero, de APGa, foi ben claro nos seus calificativos: “isto é un clásico, o de sempre, enchufes, o poder faino sempre” e recordoulle que “quen paga” a situación son os cidadáns. Similar foi a valoración de Ramiro Rodríguez, do BNG: “é o que leva pasando toda a vida neste Concello, a novidade é o Real Decreto que impide as contratacións”. Por iso pediu a dimisión de Pérez, como “única saída, é como se depuran as responsabilidades políticas”, pois o alcalde “está inhabilitado para darlle un cambio de rumbo a este Concello”. A mesma dimisión reclamoulle a socialista Elvira Lama; “se ten un pouco de dignidade tería que dimitir e non ter a este Concello no punto de mira da xustiza”. “E todo o seu equipo de goberno tamén”, engadiu a voceira do PSOE, que antes recordara que dos 119 traballadores laborais municipais, 92 convertíronse en indefinidos logo de encadear contratacións temporais como as que motivaron agora estas sentenzas. Todas as peticións de dimisión foron apoiadas con aplausos de parte dos veciños presentes no salón de plenos.


12

BARRIOS Xaneiro de 2014

XINZO E COMARCA

Éxito para o festival musical da Escola Rural de Saúde 4 A asociación retoma os seus obradoiros formativos este mes. Centro de atención de persoas maiores de Vilar de Santos.

Redacción

Vilar de Santos mellora a accesibilidade do Centro de atención de maiores 4 Elimináronse as barreiras arquitectónicas. Redacción O Concello de Vilar de Santos asinou un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a eliminación de barreiras arquitectónicas e melloras na accesibilidade no Centro de atención de persoas maiores do municipio. Despois de varios anos de funcionamento, detectáronse unha serie de deficiencias de accesibilidade ao centro que cumpría subsanar co obxectivo de axeitar as instalacións ao perfil dos usuarios. O proxecto de accesibilidade foi redactado pola Oficina Municipal de Rehabilitación cun investimento total de 12.000 euros. A primeira fase das obras

rematou xa e consistiron na colocación de varandas na rampa do acceso principal, eliminación de discontinuidades nos pavimentos e pequenos chanzos, nivelación e rampa no acceso de servizos e colocación dun voadizo no acceso principal para que o transporte adaptado deixe aos usuarios a cuberto para acceder ao Centro. As actuacións continuarán cunha segunda fase ao longo do ano. O Concello de Vilar de Santos puxera en marcha no ano 2008 o Centro de atención de persoas maiores e asinara un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a súa xestión. O obxectivo prioritario era a atención ás persoas maiores no seu en-

torno, en contacto cos seus veciños facilitando o seu desenvolvemento e promocionando a igualdade social. Trátase dun centro polivalente que combina nun mesmo edificio as posibilidades dun centro de día cunha zona residencial de vivenda comunitaria con espazos comúns complementarios e todo tipo de servizos integrados e actividades cunha atención especializada e de calidade. Na actualidade atende a 18 persoas no centro de día e 6 máis na zona residencial da vivenda comunitaria.

O centro atende 24 usuarios: 18 no centro de día e 6 na residencia

A realización este Nadal do festival musical, fotográfico e de pintura “A mellor terapia, a arte” resultou un éxito de participación, segundo os seus promotores, a Escola Rural de Saúde da Limia. A organización destacou tanto o número de persoas que asistiron ao evento, xa que a Casa de Cultura de Xinzo estaba abarrotada de público, como a colaboración de até dez agrupacións que amenizaron a velada. Ademais, once persoas tiveron a sorte de levar outras tantas obras de arte doadas para a ocasión. A xunta directiva da Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia quere agradecer todas as mostras de agarimo e apoio recibidas e transmitir que está moi satisfeita co resultado obtido. “O recadado permitiranos cubrir necesidades técnicas e a realización de oito talleres de educación para a saúde en diferentes pobos da zona rural de Xinzo de Limia”, apuntan nun comunicado. A continuidade das ac-

tividades da asociación está a ser posible grazas á perseveranza, ao traballo e á involucración de profesionais sociais e sanitarios, así como ao apoio de entidades como o Concello de Xinzo de Limia e á Escola Galega de Saúde para Cidadans do SERGAS, que durante xa tres anos levan apoiando esta iniciativa, que, “sen eles, non sería posible”, recalcan desde a Escola Rural de Saúde. Próximas actividades formativas A asociación retoma de novo este mes os cursos formativos que conforman o groso da súa actividade. Asi en xaneiro organizan un curso sobre “A saúde dos nosos ollos”; en febreiro a temática é “Deporte supervisado e saúde”; en marzo, “Afectividade e identidade sexual” e en sucesivos meses, impartirase formación sobre coidados básicos de enfermaría, o coidado da voz ou plantas medicinais.

O recadado permítelles organizar oito talleres

O PP acusa ao alcalde de Calvos de facer “limpeza étnica política” Redacción

O Partido Popular de Ourense acusa ao alcalde socialista de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, de facer “unha auténtica limpeza étnica política” utlizando para iso o padrón municipal, “co obxectivo de perseguir a persoas que non simpatizan coa súa forza política, por medio dunha arbitraria e discriminatoria revisión dos veciños empadroados no municipio”. Por este motivo, o PP dirixiuse á Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística para que esta entidade supervise a actuación que está a desenvolver o alcalde de Calvos de Randín e poña fin a “este irregular procedemento de control, o que só se pode cualificar como un grave acto de persecución política por dirixir o alcalde escritos de maneira sectaria a determinados veciños para indagar sobre a súa situación no padrón, dándose a casualidade de que todas estas persoas non simpatizan coa súa forza política”. O PP pídelle á Delegación de Estatística que faga un procedemento xeral de revisión do padrón municipal en Calvos de Randín ou, en todo caso, se dirixa ao alcalde para que poña fin á actuación do alcalde.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2014

13


14

BARRIOS Xaneiro de 2014

ALLARIZ E COMARCA

entrevista a luis martínez-risco daviña, vicepresidente da fundación vicente risco

“O reto que temos para este ano é modificar o espazo expositivo sobre Vicente Risco”

4 O historiador coida que o fillo, Antón Risco, é aínda unha figura descoñecida das letras galegas. Paula Lodeiro

tación da familia de Vicente e da familia de Allariz, Chegou á Fundación Vi- cousas que teñen que ver cente Risco non polo seu con Allariz desde o século parentesco (o seu avó era XII, cousas que teñen que curmán de Vicente) senón ver con Castro Caldelas, de maneira “accidental”. logo están os traballos del, “Eu colaboraba co Conce- os recortes de prensa del, llo de Allariz en diversas traballos de alumnos, apunactividades, e nun momen- tamentos... to determinado propuxeron E logo está a documenvehiculizar unha actividade tación que xenera a propia a través da Fundación”, re- Fundación, libros que adcorda Luis Martínez-Risco quires, cadros que che re(Santiago, 1959), ensaísta e galan”. historiador e actual vicepreComo se dispón todo iso sidente da Fundación. na casa de Allariz? Como e con que obxecL.M-R.: “Na planta baixa tivos naceu a Fundación temos un espazo multifunVicente Risco? cional, alí é onde temos a Luis Martínez-Risco: “A sala de exposicións, onde Fundación naceu por im- facemos conferencias, depulso de Antón Risco. Está bates, cursos, proxectamos en Canadá, quere volver a películas, hai concertos. Galicia e falando coas súas Logo ten unha primeira irmás, estas acceden a que a planta, que ten dúas partes. documentación do seu pai, Unha que ten unha exposixunto coa documentación ción permanente sobre Risde Antón, conformen un co no nacionalismo galego, corpus documental na que que lle imos dar unha volta era a casa materna deles. porque estamos vendo que Unha cuestión que moita estamos mostrando só unha xente nos pregunta, sobre faceta de Risco, fáltanos todo cando veñen excur- completar a figura, que ocusións de institutos, é como pe tamén o Risco pedagogo, sendo Risco de Ourense, o Risco novelista, o Risco sendo oriundo de Castro ensaísta, o Risco antropóCaldelas, a Fundación está logo, o Risco xornalista, o en Allariz? Porque Antón Risco político. O reto que puxo como condición que a temos para este ano é modicasa materna fose a sede da ficar ese espazo expositivo Fundación. Entrou en con- porque ademais é algo que tacto co Concello de Allariz, nos comenta a xente que vai que adquire a casa porque visitar a Fundación, que lles parte da vivenda é dos Fer- faltan datos para poder conández, non dos Risco e o ñecer a figura de Risco. edificio pasa a ser propiedaE hai outra parte que mande municipal pero cedido á tén o espírito da casa, unha Fundación mentres cumpla casa de finais do dezanove, os seus obxectivos”. modernista, moi bonita, e De que están compostos alí temos a recreación do os fondos da Fundación? seu gabinete de traballo, que L.M-R.: “A Fundación estaba na rúa Santo Dominten como tres fondos. Temos go (de Ourense). E enriba os fondos de Antón, os seus hai unha foto de Pacheco, estudos, os seus manuscri- de como era ese gabinete tos, as teses que dirixiu en de traballo. Salvo un par de Canadá, recopilación de elementos da mesa está case tradición oral, a súa biblio- todo conservado. teca, cadros del e dos seus Logo teriamos o terceiamigos. ro andar, que é realmente O mesmo con Vicente: a a Fundación, un espazo documentación de Vicente, restrinxido, se vai algunha que é bastante máis com- visita con alguén da Funplexa porque hai documen- dación ensínaselles. Temos

O historiador e ensaísta Luis Mártínez-Risco Daviña é vicepresidente da Fundacíon Vicente Risco e profesor no instituto Otero Pedrayo de Ourense./P.LODEIRO.

“Antón Risco, sen dúbida, sería merecente dun Día das Letras Galegas” “Actualmente debemos ter catalogado e dixitalizado o 10% dos fondos” interese en que vexan que unha Fundación non é só un lugar que se visita ou no que se fan actividades puntuais, senón o que se fai é pór ao día unha serie de documentación ao servizo dos investigadores. O espazo de abaixo queremos que sirva a esa idea que tiñan tanto pai como fillo de vivir con artistas, do diálogo con eles, de impulsar a cultura. Chegamos a un acordo sobre o espazo expositivo co colectivo de artistas Artemud; isto permítenos descansar do que é a parte de abaixo para centrar os nosos esforzos no traballo do día a día, que é catalogar a documentación que é o máis importante e é onde temos os maiores atrancos. Por varios motivos: pola complexidade da documentación en si; dous, porque é unha documenta-

ción privada, e como non sabemos exactamente o que hai queremos controlar todo o proceso de catalogación e dixitalización. Temos tido ofertas de levalo para a Cidade da Cultura na época de Pérez Varela e dixemos que non, porque cando se constituiu a Fundación se constitúe para que os fondos documentais queden alí”. E como van eses traballos de catalogación? L.M-R.: “Actualmente debemos ter catalogado e dixitalizado o 10% dos fondos. O problema é que cando nos ofrecen becarios dicimos que non porque nós non temos persoal que os controle; o traballo, ou facémolo nós directamente ou contratando persoal de confianza. Outra cuestión é que nós non teñamos capacidade económica para ir á velocidade que quixeramos”.

Aféctalles a situación económica actual? L.M-R.: “Se ben é certo que nos concursos públicos saímos ben parados, hai poucas fundacións en Galicia, en dinamismo, en activismo cultural, que se poidan equiparar con nós. O noso ideal, para poder cumplir todos os obxectivos de dinamización, de catalogación, os premios..., sería ter garantidos 65.000 euros ao ano”. Tamén contan con achegas privadas, non? L.M-R.: “As empresas privadas son mecenas, achegannos algunha cantidade sobre todo para a dinamización cultural. O ano pasado tivemos cerca de 8.000 euros de achegas. Pero, claro, con iso o que facemos é manter a actividade: exposicións, a edición de libros, a produción de audiovisuais, cursos, conferencias...”. Que balance de xente pasou pola Fundación o ano pasado? L.M-R.: “Non o sei, porque hai moita xente que

vai varias veces, moitísima xente que vai ás actividades que facemos. Temos unha media de 15 a 20 visitas de colexios dependendo do ano. Hai unha ruta, que habería que estudar como potenciala, na que van pola mañá a Celanova á Casa dos Poetas e pola tarde á visitar a Fundación a Allariz. Nós pensamos que coa remodelación conceptual da exposición pode contribuir a incrementar os visitantes”. Manterán os catro premios que convocan en 2014? L.M-R.: “A intención é manter os catro: o de ciencias sociais, o de creación literaria, o de xornalismo literario, e un premio escolar que a ver se sacamos as bases para este ano”. Como cre que son de coñecidas as figuras de Vicente e Antón Risco? L.M-R.: “Antón Risco é un auténtico descoñecido, ten o estigma de ser o fillo do pai, e que o Antón que coñeceu a xente en Ourense era un cero á esquerda, era un tipo que traballaba en Previsión na Seguridade Social, en palabras dun compañeiro del ‘un nefasto funcionario’, e para Antón foi unha liberación marchar fóra de Galicia, porque se liberou de ser o fillo do pai. Así como o pai é unha figura moi complexa...”. E controvertida? L.M-R.: “Controvertido o fixeron, eu creo que el de controvertido tiña pouco porque tiña as ideas moi claras, outra cousa é a lectura que se fai del, e o sambenito que lle caeu no índice de Ramón Piñeiro, que desde entón hai como o Risco prenacionalista que fumaba canutillos e se preocupaba por Oriente, o Risco nacionalista, e o Risco postnacionalista e traidor. Se colles a obra de Risco ves que é un continuo: sempre lle preocupou o Oriente, sempre foi un anti-materialista, sempre foi unha persoa cun concepto de identificación coa terra moi grande”. E se vivise hoxe, cal sería o lugar de Vicente Risco no nacionalismo? L.M-R.: “Risco sería un home totalmente encadrado no PNV; un político católico, socialmente avanzado, moitísimo máis avanzado que Otero Pedrayo ou que o propio Castelao. Risco hoxe estaría cómodo nun


ALLARIZ E COMARCA

partido verde. Gran parte do seu discurso ecoloxista pasa desapercibido. Risco foi un home moi perseguido polo Réxime, tivo un proceso disciplinario no ano 37, pasou a guerra escondido, en Allariz e Castro Caldelas. Ten unha denuncia no ano 41 por falar publicamente na rúa cos seus amigos. Os de esquerdas considerábano un traidor e para os de dereitas non era exactamente dos seus. Digamos que a Risco lle tocou vivir unha época que non o comprendeu, era consciente de que non lle gustaba a sociedade na que vivía. Pero non era un victimista, era moi consciente de que el, sendo un urbanita, miraba moito para a Galicia rural porque era onde se mantiña a esencia desa identidade que se estaba perdendo”. E sobre a figura do seu fillo, que perfil tiña? L.M-R.: “Antón é aínda hoxe un dos máis recoñecidos estudosos de Azorín e de Valle Inclán.

Antón é unha persoa vinculada ao Partido Comunista, para desgraza do seu pai, e cando marcha a Canadá vólvese nacionalista quebequois e cando volve a Galicia volve convertido en nacionalista galego; marchar fóra sírvelle para reafirmar a súa propia identidade. No que é a literatura fantástica, tanto no plano teórico como ensaista como practicante, ten uns recoñecementos a nivel internacional. Ao ser crítico literario sabe escribir unha novela; é mellor novelista que o pai, fáltalle ese recoñecemento”. Como un Día das Letras Galegas? L.M-R.: “Por exemplo; para nós sería fantástico, que hai 13 novelas inéditas que hai que ir sacando. Sen dúbida, sería merecente dun Día das Letras Galegas, e ademais creo que as achegas á modernización da literatura galega que ten algunha das súas obras é infinitamente superior a moitos laureados nos últimos anos”.

BARRIOS Xaneiro de 2014

15

Maceda conxela taxas e impostos 4 A moción do PSOE saiu adiante ao absterse PP e CxG. Redacción

Carteis sobre Vicente e Antón Risco na súa Fundación en Allariz./ARQUIVO.

A concelleira socialista de Maceda, Ana María Rodríguez Blanco, defendeu no pleno extraordinario do 19 de decembro unha moción sobre conxelación de taxas, impostos e servizos públicos municipais que saiu adiante ao absterse os edís do PP e do grupo de goberno, de CxG. “O aforro da suba é unha axuda ás familias e ao comercio de Maceda nestes momentos de crise de continuos aumentos na carga fiscal”, apuntaba a política socialista. Na argumentación da moción, Rodríguez Blanco expresou que “unha mellora na xestión dos re-

cursos públicos axustando os gastos permite que estes non repercutan nas economías familiares”. Así, propuxo a introdución de novos ingresos, por exemplo pola utilización da vía pública por parte dos caixeiros dos bancos, ou un uso máis racional do alumeado público. A propósito do sistema recadatorio municipal, a concelleira socialista criticou que “non é progresista”, xa que non contempla bonificacións en función da situación económica desfavorecida dos veciños.

O PSOE considera que o sistema recadatorio “non é progresista”


16

BARRIOS Xaneiro de 2014

Exitoso NadalParc de Allariz Redacción

A sexta edición do NadalParc de Allariz acolleu a máis de 1.700 nenos e nenas, que acudiron ao pavillón do instituto para participar nas actividades organizadas no complexo de ocio e atraccións organizado polo Concello durante as vacacións escolares de Nadal. A instalación, aberta dende o 26 de decembro ata o 3 de xaneiro, recibiu 1.772 usuarios, o que supuxo uns ingresos de 2.961 euros, cifra lixeiramente superior á da edición 2012. Segundo confirmaba o alcalde Francisco García “boa parte dos usuarios foron nenos e nenas de Allariz (vendéronse 436 entradas e 158 bonos a usuarios da tarxeta de cidadán), pero tamén houbo parte importante de rapaces doutros concellos (288 entradas)”.

ALLARIZ E COMARCA

Elixidos os 10 finalistas do Festival de Xardíns 2014 4 Esta edición inaugurarase o 24 de maio. Redacción O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz elexiu en decembro as 10 propostas -das

47 presentadas- máis dúas suplentes, que participarán na edición 2014 do festival, convocada baixo o lema “O xardín da abundancia”. O recinto será ocupado

ademais polo gañador da pasada edición “Pensasueños” de Manuel Richart e polo “Xardín das Pías” de Aurora Armental e Stefano Ciurlo.

Algunhas das propostas que se presentaron para participar na edición 2014 do Festival de Xardíns de Allariz./ARQUIVO.

Criterios da selección As propostas seleccionadas, segundo explicaba o presidente do xurado, Francisco Caldeira, respondían a “harmonía entre criterios estéticos e técnicos, creatividade e innovación e tamén a forma práctica de executar os xardíns, debido a que se fan nun espazo corto de tempo e cun orzamento apertado”. O alcalde, Francisco García, destacou a calidade dos traballos presentados e a participación de paisaxistas de Italia, Austria, Francia e EEUU. Os autores seleccionados deben entregar o proxecto técnico neste mes de xaneiro, mentres a brigada municipal comezou coa desmontaxe dos xardíns actuais para que en marzo estea todo listo para iniciar a execución dos novos proxectos. O rexedor adiantaba que a data de inauguración do V FIXA. “será, se non hai dificultades co clima, o 24 de maio.”

Curso de xardinería práctica Redacción

O Concello de Allariz, en colaboración con Xardinería Allariz, organiza un curso de xardinería. Os amantes do paisaxismo teñen a oportunidade de mellorar ou ampliar os seus coñecementos a través do curso de “Xardinería práctica” que se desenvolverá o 25 de xaneiro no Centro de Promoción Económica. O obradoiro, impartido de 10 a 13 horas polo enxeñeiro agrícola Rosendo Luis Estévez, comezará con conceptos básicos como a definición de xardín, como crealo, o deseño, a preparación do terreo ou a creación de sementeiros e plantacións. Os participantes aprenderán os pasos necesarios para manter o xardín en bo estado. Os interesados deben inscribirse no 639 817 436 ou 648 168 786. O curso ten un custe de 15 euros.


ALLARIZ E COMARCA

I Certame de Cartas de Amor para Maiores

Os comerciantes premian os seus clientes

Este mércores 15 de xaneiro finalizaba o prazo de recepción de cartas do I Certame de Cartas de Amor para Maiores organizado pola Concellería de Benestar Social de Allariz. As cartas que participan neste concurso estarán dispoñibles proximamente no Facebook do Concello de Allariz, no Fogar dos Maiores e na Biblioteca Municipal para a súa lectura. As persoas que o desexen poderán votar, nas urnas habilitadas para tal fin, pola súa carta favorita. As tres mellores cartas obterán un premio que se entregará o 14 de febreiro de 2014, Día dos Namorados.

A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz premia a fidelidade dos clientes que realizaron compras nos seus asociados durante a campaña de Nadal. Este venres 17 de xaneiro realizarán un sorteo público, a través de Radio Allariz, no que se sacarán cinco sobres premiados, aos que se lles devolverá o importe dos tíckets ata un máximo de 250 euros. Deberano gastar nos establecementos asociados a partir do 18 de xaneiro. O sorteo realizarase entre todos os clientes que mercaron durante as festas navideñas (ata o 15 de xaneiro) nun mínimo de cinco establecementos diferentes de Allariz e depositaron en furna os seus xustificantes de compra.

Redacción

Os premios ás tres mellores cartas de amor entregaranse o 14 de febreiro

Redacción

Allariz recibe máis de 27.000 euros por reciclar 4 O Concello pasou a xestionar no 2013 a recollida do plástico. Redacción A concienciación ambiental e o compromiso dos vecños coa reciclaxe de residuos domésticos permitiu ao Concello de Allariz ingresar o pasado ano 27.893 euros pola xestión directa da recollida do plástico. Segundo explicaba Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Allariz, “ata o 2013, era unha empresa externa a que se encargaba da recollida do plástico, con custo e beneficio cero para o Concello. Dende o ano pasado decidimos xestionalo directamente e o resultado foi moi satisfactorio”. Dos 56.000 quilogramos

reciclados en 2012 pasouse a 84.496 o pasado ano, o que achega uns ingresos de 27.893 euros. “Cifra á que hai que restar 12.000 euros anuais que custa a xestión directa”, confirmaba o edil. Máis contedores O incremento de volume de reciclaxe débese “ao incremento de puntos de recollida coa colocación de novos contedores amarelos en 12 núcleos máis e á intensa campaña de sensibilización desenvolvida nas asociacións de veciños”. A actividade continuará en 2014,

Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente./ARQUIVO.

en colaboración co Centro de Educación Ambiental do Rexo, con charlas nos centros de ensinanza.

Dos 56.000 quilogramos reciclados en 2012 pasouse a 84.496 o pasado ano, grazas á colocación de contedores amarelos en 12 núcleos máis

BARRIOS Xaneiro de 2014

17

Curso de cultivo de cogumelos Redacción

A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz retoma as actividades tras o parón de Nadal co curso de “Cultivo de Cogomelos”. Este obradoiro impartirase o 25 de xaneiro de 10:30 a 13:30 horas, cun custo de 15 euros. Cada participante levará para casa un saquiño co cultivo realizado para recoller a colleita. Aprazado o curso de pathwork A Fundación tamén acordou aprazar o curso de “Patchwork e aplicacións”, previsto para o día 10 de decembro. Impartirase no mes de febreiro, nunha data ainda por determinar. Ofrecen máis información sobre os cursos e sobre as inscricións na Fundación Ramón González Ferreiro, no lugar de Paciños, no 988 436 182 ou en info@fundacionrgf.org.


18

BARRIOS Xaneiro de 2014

CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA A MONSE ÁLVAREZ VISPO - EDIL DO GRUPO DE NON ADSCRITOS DO CONCELLO DE CELANOVA

“Mouriño facíao el todo, utilizábanos para levantar a man, non se debatía nada. Agora teño os documentos e sei o que teño que votar, que é todo o que beneficie ao meu pobo” 4 Monse Álvarez, actualmente concelleira do grupo de non adscritos de Celanova, explícanos a súa saída do Partido Popular e como está a vivir esta nova etapa. Silvia Nieto Sen lugar a dúbidas, dous acontecementos marcaron a actualidade municipal de Celanova nos últimos tempos: a marcha de Antonio Mouriño (o que foi rexedor municipal durante máis de 20 anos) e o abandono das filas populares por parte da concelleira Monse Álvarez (que pasou ao grupo de non adscritos) por discrepancias co alcalde substituto, José Luis Ferro. Unha saída que estableceu un punto e aparte na historia política deste Concello porque, despois de décadas de dominio, o Partido Popular pasou a gobernar en minoría. Agora, Monse Álvarez explícanos como viviu estes feitos, cales son para ela as carencias da localidade e as súas intencións como membro da oposición. Formaches parte do goberno popular de Celanova con Antonio Mouriño como alcalde e agora vives desde a oposición a etapa de José Luís Ferro como rexedor, cres que houbo un antes e un despois? Monse Álvarez: “Non houbo ningún cambio. O único cambio que houbo foi ao marcharme eu e quedar o grupo de goberno en minoría”. Como recibiches a deci-

sión de Mouriño de deixar a alcaldía e a súa proposta de Ferro como substituto? M.A.: “Foi unha chapuza de última hora, dado que o lugar que ocupou el na lista do Partido Popular por Ourense para as eleccións autonómicas era para Pablo Pérez (concelleiro de Quintela de Leirado). Con respecto a José Luís Ferro, os afiliados querían que o substituto de Mouriño fose a tenente alcalde Pilar Regueiro, pero el ía de tapado no posto número 4 sabendo de antemán que era o substituto de Antonio Mouriño como así mo fixo saber”. Como viviches a túa saída do Partido Popular? M.A.: “Como te imaxinas estas situacións son sempre difíciles pero eu tiven información interna do partido, moita xente que me estivo apoiando, e a pesar de levar moitos anos como afiliada nunca vivín da política nin pedín ningún favor, polo cal todos estes motivos fixéronme máis sinxela a miña saída”. José Luís Ferro achaca a túa saída do PP a intereses persoais frustrados, como valoras estas acusacións? M.A.: “A miña saída foi causada pola súa falta de palabra, os meus intereses persoais eran participar no

Monse Álvarez, durante o último pleno municipal.

Monse Álvarez só dará o seu apoio ás iniciativas que beneficien a Celanova, “veñan do grupo político que sexa”, asegura./S.N.

“A miña saída do PP foi causada pola súa falta de palabra (referíndose a José Luis Ferro), os meus intereses persoais eran participar no goberno activamente. Nunca antepuxen intereses económicos”. goberno activamente, por iso o votei na súa investidura e sempre en coñecemento de Antonio Mouriño. Nunca antepuxen intereses económicos”. Como estás a vivir agora esta etapa no grupo de non adscritos? M.A.: “É a que me esta ensinando realmente o que é a vida municipal dado que Antonio Mouriño facíao el todo, utilizábanos para levantar a man, aprobar o que el quería, non se debatía nada e cando chegabas ás comisións, ás xuntas de gobeno local, aos plenos non che daba nin a documentación, pero, claro, acababa de chegar. Agora, polo menos, teño os documentos e sei o que realmente teño que votar, que é todo o que beneficie ao meu pobo, independentemente das siglas políticas”. Valora brevemente as seguintes infraestruturas de Celanova: - Auditorio Municipal M.A.: “Un saco sen fondos, despois dunha chea de investimento en distintas

fases segue con carencias, as actividades que se realizan nel deben de ser curtas, dado que non ten calefacción e mórrese de frío”. - Conversión do instituto nun parador de turismo. M.A.: “Moi difícil, dada a situación que viven os paradores nestes tempos de crise, noutros lugares están a pechar durante uns meses ao ano. Non creo que ningunha empresa vaia a investir acá. E cos recortes públicos é inviable durante moitos anos”. - Estación de autobuses sen usar. M.A.: “É un exemplo de como se gastou o diñeiro público estes últimos anos. En obras que se atopan pechadas. A estación nunca chegou a funcionar, está a deteriorarse e seguramente nunca se use dado que o seu mantemento é custoso e os seus accesos non corresponden ao dunha estación de autobuses”. - Ampliación do parque empresarial. M.A.: “Hai que amplialo, investindo diñeiro público

para non encarecer o prezo do chan, para facilitarllo a baixo custo a empresas que xeren postos de traballo”. - Apertura do tramo de autovía Ourense-Celanova. M.A.: “Está claro que todas as comunicacións son boas, pero neste caso o feito de non continuala segundo o proxecto (até Portugal) foi unha pena que esta fase non finalizase en Celanova, dado que moita xente de zonas limítrofes non pasa e non realizan as súas compras en Celanova”. Como se atopa a denuncia do alcalde contra o Concello (dentro do cal se atopan dous edís populares -Maximino e Recarey-) pola baixada do seu soldo e a eliminación de dúas dedicacións exclusivas acordadas en pleno extraordinario? Que valoración che merece esta determinación? M.A.: “O proceso está en mans da xustiza, e cando un alcalde que gaña un soldo digno denuncia ao seu propio Concello para gañar

máis vese claramente cales son as súas intencións”. Co teu apoio a oposición aprobou determinadas medidas, valora brevemente algunhas delas. - Conxelación das taxas municipais. M.A.: “Non se poden subir máis as taxas municipais dado que xa son elevadas e en moitas familias con membros no paro é asfixialos máis, e tendo partidas onde poder recortar en caso de necesidade”. - Emprego de 380.000 euros para investimento (e non para pagar débeda como suxería o PP). M.A.: “Nunha vila con tantas necesidades tales como un parque infantil, modernización en infraestruturas de limpeza, fomento do emprego co apoio a novas empresas, e axudas ao comercio, etc. non se pode pagar débeda”. Cales cres que son as necesidades máis inminentes do Concello? M.A.: “Como ben dixen, a modernización de infraestruturas en materia de limpeza, un parque infantil equipado tanto en chans como en aparellos, axudar a fomentar o emprego, por exemplo potenciando o centro histórico de Vilanova”. Continuarás en política tras o final desta lexislatura? Veste formando parte de novo dalgún grupo político concreto ou integrando un partido independente? M.A.: “Aínda queda máis dun ano de lexislatura e chegado o momento valorareino”. Envíalle unha mensaxe aos veciños de Celanova. M.A.: “Que estou a disposición deles para calquera consulta municipal, que vou seguir apoiando todo o que sexa beneficioso para Celanova, veña do grupo político que sexa, dado que non ‘cobro’ nin me debo a ningún partido político”.


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Xaneiro de 2014

19

O BNG solicitará en pleno que non se lle corte a electricidade aos veciños por impago 4 Os nacionalistas tamén reclamarán unha senda peonil paralela á OU-531 e a recuperación do entorno do río Sampil. Redacción O Bloque Nacionalista Galego de Celanova irá, unha vez máis, ao pleno municipal cos deberes feitos. Nesta ocasión presentou tres mocións para debater na próxima sesión coas que procurará que o Concello non corte a subministración eléctrico a aqueles veciños que non dean abonado as súas facturas, que se constrúa unha senda peonil paralela á estrada OU-531 e que se proceda á recuperación do río Sampil. Para o BNG de Celanova son moitos os veciños da vila que chegan a final de mes con serias dificultades económicas. Dificultades que se agravan co encarecemento da enerxía (gas e electricidade). Por iso, para o voceiro municipal, Leopoldo Rodríguez “o goberno local non só debe garantir por medio da administración municipal o apoio ás persoas que o precisaren, senón que tamén debe impulsar diante do Estado e da Xunta iniciativas que permitan manter o benestar, a saúde e calidade de vida dos seus veciños nesta situación dramática”. Como consecuencia, o BNG solicitará ao Concello

de Celanova que inste ao Goberno galego a realizar as modificacións lexislativas necesarias para garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza, evitar o incremento o recibo da luz en 2014 e solicitar do Estado español a creación dunha tarifa eléctrica galega que, atendendo á condición de Galicia como excedentaria na produción de electricidade, posibilite unhas menores tarifas. Senda peonil na OU531 Dentro da liña de infraestruturas que un Concello debe ofertar aos seus veciños, o BNG salienta a inexistencia de zonas axeitadas para a práctica do deporte ao aire libre. Por iso, demandan “unha contorna de percorrido útil, sen barreiras e sen perigos pola circulación de vehículos”, o que ao seu parecer “potenciaría nos veciños hábitos de vida máis saudables”. “Actualmente son moitos os veciños que para practicar deporte ou simplemente para pasear empregan as diferentes estradas estatais”, lembran dende o BNG facendo fincapé no perigo que iso supón para os peóns, e por iso reclamarán no ple-

Concelleiros do BNG en Celanova./ARQUIVO.

no que se lle demande de xeito inmediato á Xunta a realización dunha senda peonil que discorra en paralelo á estrada OU-531. Recuperación do río Sampil Por último, o BNG de Celanova solicitará mediante unha moción a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ao Ministerio de Medio Ambiente a recuperacion ambiental do río Sampil. A iniciativa levaría consigo, segundo Leopoldo Rodríguez, a recuperación da ribeira deste río, a creación dunha senda verde, a eliminación de augas residuais e a eliminación de canalización ilegais. Asemade, os nacionalistas solicitarán “a realización dun estudo para crear unha zona recreativa de baño no núcleo urbano de Celanova”, sendo ao seu entender a zona máis idónea “as inmediacións da avenida de San Rosendo”.

O BNG quere que se estude a creación dunha zona recreativa de baño no río Sampil

A exposición “Escritores ourensáns por Xosé Conde Corbal” poderase visitar na Casa dos Poetas ata febreiro, de martes a sábado de 11 a 13.30 e de 16 a 19 horas.

Máis de 2.000 alumnos visitaron Celanova en 2013 coa Fundación Curros Enríquez 4 Trátase do maior número de visitas dende a apertura da Casa dos Poetas en 2006. Redacción 2013 foi un ano cargado de actividades organizadas pola Fundación Curros Enríquez e de visitantes que acudiron a coñecer a casa familiar do poeta celanovés. Unha vez realizado o balance anual das visitas escolares recibidas na Casa dos Poetas, a Fundación Curros Enríquez vén de facer público que un total de 2.178 escolares se achegaron durante este ano á vila de San Rosendo para participar nalgunha das actividades organizadas por esta organización. Esta cifra de visitas é a maior acadada dende a apertura da Casa dos Poetas en 2006, o que mostra a gran acollida das actividades que se están a promover entre os escolares e das que destaca a participación de 1.378 rapaces no programa escolar que a Fundación promove por Celanova e os seus arredores. É dicir que dos 53 grupos escolares atendidos durante 2013 para máis dun 50% (31 grupos) o patrimonio literario de Celanova serviu de atrac-

tivo para coñecer en profundidade o resto do gran patrimonio monumental que posúe a vila. Visitas a monumentos, Castromao e concertos de órgano Unha das actividades máis solicitadas da Fundación Curros Enríquez é o programa destinado ós escolares ‘Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’. Trátase dun percorrido guiado pola vila de Celanova a través dos textos dos escritores nativos, ofrecendo as visitas programadas á Casa dos Poetas, ao Mosteiro de San Rosendo e a Vilanova dos Infantes, onde se visita a Virxe do Cristal e unha mostra sobre zapateiros. Así mesmo, durante 2013 foi posible acceder á Torre das Campás do Mosteiro de San Salvador. Tamén se ofreceu desde a Fundación a realización de actividades alternativas como a visita ó xacemento castrexo de Castromao e se promoveu a participación nos concertos didácticos de órgano organizados no mosteiro de San Rosendo, o que resultou un progra-

ma de sumo interese xa que abrangueu varios ámbitos educativos como son a literatura, a música, a historia e a educación física. Poemas na rúa Este programa complementouse coa realización dun percorrido literario urbano guiado ou seguindo os paneis do proxecto recentemente estreado ‘Poemas na rúa’ que se podía facer por libre. Na versión guiada as lecturas propostas pola Fundación incluían os poemas ‘Cántiga’ e ‘A igrexa fría’ de Curros Enríquez e ‘Maio 1972’ e ‘Longa noite de pedra’ de Celso Emilio Ferreiro. O inicio do roteiro comezaba na Casa dos Poetas, ía ata a Praza Maior e pasaba fronte os bustos de Ferreiro e Curros ata a ‘Taberna do Galo’, popularizada grazas o libro homónimo de Celso Emilio.

A visita guiada pola vila a través dos textos dos seus escritores foi das actividades máis demandadas


20

BARRIOS Xaneiro de 2014

CELANOVA E COMARCA

Arraianos inaugura un centro terapéutico, educativo e cultural

4 A instalación ofrecerá terapia con cabalos a persoas con discapacidade e un espazo como granxa-escola para escolares. Redacción A Asociación Arraianos quixo celebrar os seus 10 anos de existencia coa presentación dun dos proxectos que máis esforzo lle supuxo nos últimos tempos, a creación do Centro Terapéutico, Educativo e Cultural A Chaira de Amoroz, ubicado en Celanova. O 4 de xaneiro tivo lugar a inauguración do mesmo, nunha data cargada de simbolismo por coincidir co 102 cumpleanos do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. E a esta presentación non faltaron veciños e amigos deste colectivo para mostrar o seu apoio incondicional ao labor que durante esta década leva realizando; así como diversas autoridades políticas que respaldaron o proxecto, entre as que se atopou Antonio Crespo, director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, entidade que achegou máis do 95% do investimento preciso para a construción do centro (máis de 105.000 euros). Un respaldo económico que Crespo xustificou explicando que o proxecto presentado por Arraianos foi “un dos mellor valorados por Agader dos presentados en Galicia, polo seu carácter innovador e comprometido cos colectivos máis desfavorecidos e co territorio, e pola súa capacidade para xerar actividades de valorización do entorno e desenvolvemento rural en toda a zona”. Un espazo de encontro, de axuda aos máis necesitados e de intercambio de ideas, así é

Abre unha tenda especializada en cogumelos 4 Con esta apertura Celanova consolídase como a capital micolóxica de Galicia. Redacción

Antonio Crespo (de Agader), Enrique Moreiras e Aser Álvarez (de Arraianos), e Xosé Manuel Puga (do GDR 16 ao que pertence a comarca de Celanova) na entrada do Centro Terapéutico, Educativo e Cultural A Chaira de Amoroz./S.N. como foi concebido este centro, e por iso destaca dentro da súa oferta o desenrvolvemento de terapia asistida con cabalos; tal e como explicou Enrique Moreiras, que este ano se estrea como presidente de Arraianos. Moreiras, ademais, concretou que tamén se realizarán outro tipo de terapias de relaxación, liberación emocional e orientais deseñadas para “persoas con discapacidade psíquica, problemas de drogas, rapaces dos centros de menores ou xente en risco de exclusición social”. O edificio multifuncional vai acoller tamén material divulgativo sobre a relación entre o home e o medio, centrado na interpretación da paisaxe e a posta en valor do patrimonio histórico, natural e etnográfico da comarca. Con esta aposta preténdese conseguir a integración social dos discapacitados e a

implicación dos veciños, a través do servizo de voluntariado. Granxa-escola Este proxecto conta cunha segunda parte, que consiste na creación dunha granxaescola con horta ecolóxica e elaboración de produtos artesanais como queixo ou mel. Neste senso, un convenio de colaboración coa Consellería de Educación permitirá que o centro estea aberto ás visitas dos alumnos de primaria e secundaria da comarca e doutras zonas de Galicia. “Deste xeito, os escolares poderán facer clases prácticas de diferentes materias neste espazo, que destaca polo seu patrimonio natural, etnográfico, antropolóxico

e arqueolóxico”, explicou Crespo. DVD sobre Ferreiro Durante este acto, Aser Álvarez, de Arraianos, tamén presentou ‘102 testemuños de aniversario’ un DVD sobre Celso Emilio Ferreiro que conta con material inédito da grabación do documental ‘100% CEF’ que el mesmo dirixiu. Así mesmo, Álvarez aproveitou para adiantar algúns dos proxectos culturais da asociación para este 2014, entre os que se atopa a edición do libro “Aquela Celanova”, un documental sobre Neira Vilas e iniciativas encamiñadas á posta en valor do patrimonio megalítico de Celanova.

Este proxecto foi o mellor valorado por Agader “polo seu carácter innovador e comprometido”, explicou Antonio Crespo

O 24 de decembro tivo lugar a inauguración da tenda “Pan do Demo” na Praza de Abastos de Celanova completándose deste xeito a oferta micolóxica da vila que a converte na capital dos cogomelos, una vez que existe una explotación de cultivo en Pontefechas, unha tapería e sala de exposición micolóxica “Plan C” na vila de San Rosendo e se celebran as xornadas micolóxicas máis veteranas de Ourense e das máis lonxevas de Galicia, promovidas por Alejandro e Ricardo Mínguez. De doce a dúas da tarde, os veciños e visitantes foron convidados a degustar distintos pratos elaborados con cogomelos no propio posto de “Pan do Demo” na Praza de Abastos. Neste novo espazo, po-

deranse adquirir cogomelos frescos producidos en Celanova e tamén silvestres en tempada ou secos durante o resto do ano como Boletus edulis¸ Lactarius deliciosus ou distintos tipos de Cantharellus, así como derivados micolóxicos como fariñas elaboradas con cogomelos e outras curiosidades. Visita aos cultivos Ademais, compre salientar que existe a posibilidade de visitar as instalacións onde se cultivan Pleurotus ostreatus e Agaricus bisporus para ver o preceso e incluso mercar cogomelos ou packs de cultivo baixo a dirección do micólogo Borja Mínguez.

Nesta tenda pódense adquirir cogumelos frescos producidos en Celanova

Posto de cogumelos de “Pan do Demo” nunha feira./ARQUIVO.


CELANOVA E COMARCA

Máis de 2.200 fotografías e debuxos participaron no 2º Concurso do Bosque Máxico 4 Os premios entregáronse o pasado día 11 no auditorio de Celanova. Redacción A Asociación O Vieiro Leboreiro das comarcas de Terra de Celanova e A Baixa Limia celebrou o pasado sábado 11 de xaneiro no auditorio Ilduara de

Celanova o acto de entrega de premios do 2º Concurso de Fotografía e Debuxo “O Bosque Máxico”. Unha segunda edición na que se presentaron máis de 2.400 fotos e debuxos por parte de 300 participantes.

A totalidade das fotografias foron realizadas en distintas paraxes do Bosque Máxico, tendo como temáticas, entre outras, “Antergos medios de transporte”, “Antergas vivendas”, “Fontes naturais”, “Repre-

amateurs nun total de 36 categorías, cada unha delas patrocinada por outros tantos concellos e empre..

Foto dos premiados no 2º Concurso do Bosque Máxico./ASOC. VIEIRO LEBOREIRO.

BARRIOS Xaneiro de 2014

sa das Conchas”, “Árbores centenareas”, “Río Deva”, “Carreiros Canellas e Vieiros”, “Augas quentes”, “A nosa gastronomía”, “Lagoas e ríos”, “Fauna do Bosque” ou “Flora do Bosque”. A partir de febreiro, as fotografías premiadas serán expostas durante varios mees en cada un dos concellos das dúas comarcas. Todas elas pódense contemplar tamén na web da asociación, www.obosquemaxico.com.

A Confederación Hidrográfica acondiciona o río Badella

Actividades de promoción Ademais deste concurso de fotografía, durante 2013, a Asociación O Vieiro Leboreiro desenvolveu actividades de promoción do territorio como a campaña “A Tiro de Pedra” ou as xornadas gastronómicas “Os Sabores do Bosque Máxico”.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, formalizou o convenio de colaboración co Concello de Bande para o financiamento e execución das obras de acondicionamento da canle e marxes do río Badella ao seu paso por Bande. A actuación, orzamentada en 600.000 euros, finánciase con cargo aos Fondos de Desenvolve-

Presentáronse a concurso máis de 2.400 fotografías e debuxos

21

4 600.000 euros destinados ao acondcionamento do río ao seu paso por Bande. Redacción

mento Rexional (FEDER). O proxecto ten por obxecto resolver o alto grao de degradación ambiental que actualmente presenta o río Badella ao seu paso por Bande, para potenciar a integración do río no núcleo urbano. Para tal fin, realizaranse traballos de restauración e limpeza vexetal, acondicionamento de marxes, eliminación de impactos, recuperación da servidume de paso e delimitación do espazo público do bordo fluvial, coa implantación de sendas que permitan o percorrido pola marxe do río.


22

BARRIOS Xaneiro de 2014

PROVINCIA

O PP desenvolverá 40 congresos locais antes de maio na provincia 4 Ata agora celebráronse 19 citas congresuais dos populares. Redacción

Rogelio Martínez xunto aos 24 alumnos que participan no obradoiro de Ourense./P.L.

A provincia de Ourense conta este ano con 11 novos obradoiros de emprego 4 Neles participarán 234 parados. Redacción A provincia conta este ano con 11 novos obradoiros de emprego nos que participan 234 persoas, subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar por un importe total de case 2.080.000 euros. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, está a realizar visitas por todos eles, para coñecer de primeira man os traballos que desenvolven os alumnos. A Consellería de Traballo, departamento que dirixe Beatriz Mato, destina a estes obradoiros máis de dous millóns de euros. “Este esforzo enmárcase na posta firme do Goberno galego pola mellora da empregabilidade das persoas desempregadas en Galicia”, apuntou Martínez.

Ourense Dentro desta serie de visitas o delegado territorial da Xunta en Ourense achegouse ao obradoiro de emprego “Ruta Termal”, no que participan 24 parados da capital da provincia, así como 6 persoas do concello ourensán que forman parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. Dentro desta actividade, na que a Xunta investiu máis de 213.000 euros e que conta con seis meses de duración, os alumnos están a executar actuacións na zona das termas de Outariz relacionadas coa xardinería e carpintería, que consisten na recuperación de infraestruturas e zonas verde na ruta termal do río Miño, que arranca na marxe dereita do Miño na zona da Chabasqueira e se prolonga ao lon-

go de 12 quilómetros de senda peonil. Rogelio Martínez destacou ante os alumnos que estes obradoiros de emprego abren un importante espazo de colaboración cos concellos para intentar que estes obradoiros teñan continuidade na creación de postos de traballo nun futuro. No conxunto da comunidade autónoma, puxéronse en marcha un total de 50 obradoiros, que contan cun investimento de preto de 10 millóns de euros e que beneficiarán a 1.300 persoas desempregadas.

A Consellería de Traballo investirá máis de 2 millóns de euros nestes obradoiros

O Partido Popular de Ourense continúa cunha intensa actividade orgánica, relativa á renovación das 92 xuntas locais do PP na provincia, mediante a celebración de congresos locais. Polo de agora, xa se celebraron 19 congresos locais e, tal e como anunciara o presidente provincial,

En Laza e Monterrei terán lugar os congresos locais antes de finais de xaneiro

Manuel Baltar, na última reunión do Comité de Dirección do PPdeG, o obxectivo é ter celebrados 40 congresos locais antes do vindeiro mes de maio, cuxas datas serán fixadas na vindeira Xunta Directiva Provincial do PPOU. “Estamos, pois, ante a maior actividade congresual da historia da provincia, xa non só no que atinxe ao Partido Popular, senón que tamén é a maior actividade neste senso de todas as forzas políticas con presencia en Ourense”, sinala Baltar, quen ademais fixo fincapé en que “o traballo é sempre intenso dentro

Medio Rural fomenta o consumo de froita fresca entre os escolares ourensáns 4 Nesta campaña participarán 19 colexios da provincia. Redacción A Consellería de Medio Rural e do Mar vén de mobilizar unha partida de máis de 12.000 euros que se repartirá entre 19 centros escolares de Educación Infantil de segundo ciclo, Primaria e ESO da provincia de Ourense. O obxectivo destas axudas é contribuír á distribu-

ción e ao consumo de froitas frescas entre o alumnado. O importe destas subvencións, destinadas a un total de 19 centros educativos da provincia ourensá, oscila entre os 116 e os 1.705 euros. En toda a comunidade, a Xunta destina a estas axudas para a distribución de froitas frescas aos escolares unha partida cifrada en 131.000 euros.

do PP de Ourense, sexa ou non ano electoral, mentres que outras forzas políticas non evidencian ningún tipo de actividade, salvo a que trascende das súas liortas internas”. Próximos congresos Entre as citas congresuais que terán lugar ata finais de febreiro atópanse as de Laza (22 de xaneiro), Monterrei (30 de xaneiro), Paderne de Allariz (7 de febreiro), A Merca (27 de febreiro) e Trasmiras (28 de febreiro). Os candidatos que optan ás presidencias locais de todas estas zonas (salvo Monterrei) son os actuais alcaldes: José Ramón Barral en Laza, José Manuel Fernández en Paderne de Allariz, Manuel Jorge Velo na Merca, e Emilio Pazos en Trasmiras. No tocante a Monterrei, preséntase como candidato á presidencia do PP local José Luis Suárez, concelleiro e fillo do actual rexedor municipal. Alimentación saudable O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, considera que estas axudas “contribuirán a que os nosos pequenos se conciencien da importancia de incluír no seu menú diario o consumo de, a lo menos, unha peza de froita”. Ademais, Martínez subliñou que estas axudas veñen a complementar outras actuacións doutros departamentos autonómicos encamiñadas a fomentar unha alimentación saudable entre os pequenos e a mocidade.

Os centros educativos recibirán axudas entre 116 e 1.700 euros


DEPORTES

Máis dotacións na piscina climatizada de Verín 4 Para mellorar a calidade para os usuarios. Redacción A piscina climatizada de Verín contará con novas máquinas de musculación e unha sala aeróbica co obxecto de mellorar a calidade dos servizos ofertados aos seus usuarios. A remodelación da nova sala aeróbica comezou o pasado 9 de xaneiro. Na sala de musculación incorporaranse novas

máquinas de exercicio aeróbico e anaeróbico. Con este novo equipamento, o espazo de cardio e pesas trasládase desde a parte inferior da instalación á superior, polo que quedará situado na actual sala aeróbica. Ademais, o ximnasio desta instalación deportiva contará con persoal especializado que asesorará aos usuarios do mesmo, tanto para a correcta utilización

da maquinaria como á hora de establecer programas de exercicios. Sala aeróbica A sala aeróbica trasladadarase á zona inferior da piscina climatizada -onde se atopa na actualidade o ximnasio-, e na mesma efectuaranse obras de mellora, mediante a substitución do chan, pintura das

BARRIOS Xaneiro de 2014

23

paredes e adecuación deste espazo deportivo. Con motivo da remodelación desta sala aeróbica e dotación de novo equipamento para o ximnasio quedarán suspendidas as clases vespertinas que se imparten na actual sala aeróbica ata o 16 de xaneiro. As actividades retomaranse o 20 de xaneiro no seu horario habitual.

Máquinas da sala de máquinas da piscina climatizada de Verín.

No Solo Bicis ten unha gran variedade de bicicletas e artigos relacionados coas dúas rodas.

No Solo Bicis, máis que unha tenda de bicicletas 4 Venda de artículos relacionados co ciclismo e actividades nesta tenda de Celanova. Redacción No Solo Bicis é unha tenda de Celanova dedicada a venda de artículos relacionados co ciclismo, pero tamén involucrada en actividades nas que as dúas rodas son as protagonistas. Falamos con Jose María, un dos encargados de No Solo Bicis Celanova, quen nos pon ao día en promocións e actividades do establecemento: “Actualmente e para obter unha maior fidelización do cliente, todos aqueles que compren e manteñan como primeiro propietario unha bicicleta de adulto (montaña ou estrada), obterán automaticamente un desconto permanente do 10% en calquera servizo ou produto da nosa tenda, mesmo noutra bicicleta, coa condición de que o artigo ou servizo non se atope xa rebaixado ou con maior desconto, xa que as ofertas non son acumulables.” “Ademais, a todos os

que compren unha bici de montaña de 29”, regalarémoslle dúas cámaras antipinchazos para reducir o risco de sufrir esa temida avaría”. Actividades O club ciclista No Solo Bicis Celanova tamén se involucra en actividades do deporte das dúas rodas. As máis destacadas nas que haberá participación do club serán: a Ruta do Cocido en Trasmiras, o 19 de xaneiro; a Ruta Brava en Santiago de Compostela, o 26 de xaneiro e o 9 de febreiro, a Vigo Bikedada en Vigo, de 85 km. Para o 3 de maio queda a V edición dos 101 Peregrinos en Ponferrada, de 101 km. O club organiza o 10 de agosto o Día da bicicleta e o 7 de setembro a famosa ruta 4 picos de Celanova. Desde No Solo Bicis animan a participar nelas a todos os afeccionados.

Xogadores, monitores e directiva na presentación do AB Xinzo da tempada 2013-2014.

Festa presentación da AB Xinzo

O sábado 21 de decembro o club Asociación Baloncesto Xinzo celebrou a festa-presentación da tempada 2013/2014. Diante da prensa, autoridades, patrocinadores, pais, nais e seareiros presentou aos máis de 100 xogadores e xogadoras que compoñen os nove equipos federados e a Escola de Babybasket. Houbo fotos, música coa charanga XL e o DJ Marra, premios aos mellores estudiantes, sorteos. Dende a directiva agradeceron quixeron agradecer a colaboración do Concello de Xinzo, da Deputación de Ourense e da Secretaría xeral para o Deporte; o patrocinio un ano máis de Eidoempresa Asesores; as empresas colaboradoras e o gran traballo dos seus adestradores.

O Ourense, en postos de promoción 4 Está cuarto á espera do encontro aprazado entre Oviedo e Rácing de Ferrol. R. Torres O Club Deportivo Ourense marcha con bo paso nesta Segunda División B grupo primeiro. Actualmente ocupa a cuarta posición -postos de promoción- con 33 pun-

tos, e a cinco do líder, Rácing de Santander. CDO - Celta B No partido da pasada xornada, o CD Ourense non puido pasar do empate a pesar de que súas foron todas as ocasións do encontro,

e non foron poucas. Cun terreo de xogo impracticable, os de Luisito souberon adaptarse ao mesmo e mereceron moito máis botín que o punto acadado. Rácing de Ferrol O domingo 19 de xaneiro dispútase a xornada número 22 da 2ªB. O Ourense xogará un dos partidos máis atractivos desta xornada, un novo derbi galego no campo da Malata a partir das 17 horas. O Ferrol é o terceiro clasificado cun punto máis (34) que os ourensáns. Rácing de Santander Guijuelo, ou o que é o mesmo primeiro contra segun-

Borja Valle no partido contra o Celta B. do será o outro gran partido da xornada.


24

BARRIOS Xaneiro de 2014

DEPORTES

Os ourensáns Iván Feijoo e Xiana Conde, os mellores de Galicia 4 En cadete e júnior de BTT, respectivamente. Redacción Os ciclistas do Club Ciclista Maceda Iván Feijoo e Xiana Conde lideraron o ranking galego de ciclocross 2013 nas categorías cadete e júnior, respectivamente. A pasada fin de semana celebrouse en Domaio a última proba da tempada galega de ciclocross despois da disputa de 10 probas. Iván Feijoo era o mellor cadete logo de vencer en todas as probas do calendario. Román Saa era terceiro na mesma categoría. Xiana Conde facíase co ránking de mellor júnior galega tras unha tempada pragada de vitorias. Outros ciclistas Raúl González foi terceiro en júnior masculino; Saúl

López, terceiro en sub 23 e Xulio Conde, terceiro en M40. Campionato de España O cadete Iván Feijoo acadou a medalla de bronce, coma integrante da selección galega cadete, no Campionato de España de ciclocross celebrado na localidade castellonense de Segorbe. Esta presea supón para o mozo macedán a primeira de ámbito nacional. Individualmente, Saúl López era sétimo na carreira sub23; Xiana Conde, 13ª en júnior; Raúl González, 19º tamén en júnior; Ivan Feijoo o 21º en cadetes e Roman Saa, 39º na mesma categoría. Domaio En Domaio, amais da vi-

4 Na categoría absoluta. Redacción

Xiana Conde, a mellor ciclista júnior de Galicia. toria de Feijoo e o terceiro posto de Conde (primeira júnior), tamén coparon podio os ourensáns: Raúl González, terceiro, e Saúl López, segundo entre os sub23 (quinto no cómputo global). Dumbría En Dumbría acadaron os macedáns un total de cinco vitorias. Iván Feijoo, como en cada proba, era primeiro en cadete; Román Saa finalizaba sexto. En sub23, Saúl López remataba terceiro; o vencedor desta carreira era o macedán do equipo francés BH Suntour, Pablo Rodríguez. Raúl González era segundo e Xiana Conde terceira, en júnior masculino e feminino respectivamente. O último podio chegaba na categoría de máster 50, por mediación de José Manuel González.

Iván Feijoo no alto do podio galego da categoría cadete.

Gumersindo Rodríguez faise co primeiro Open de Xadrez de Verín

Marín e Porriño Antes de Nadal celebráronse as competicións de

O cadete Iván Feijoo gañou nas sete probas do circuíto galego de BTT Marín e Porriño, con outra exhibición dos ciclistas do CC Maceda. No XI Trofeo Ria de Marín, Iván Feijoo non daba opción aos seus rivais, sendo Román Saa terceiro. Xiana Conde, seguindo a estela de Feijoo, gañaba en júnior, mentres que Raúl González era terceiro en homes. O Sub 23, Saúl López subía ao terceiro caixón do podio. En Porriño celebrouse o XXXVII Trofeo Vila de Louro. Iván Feijoo era o primeiro cadete e Román Saa o cuarto. Pola súa banda, Xiana Conde era segunda en féminas júnior o mesmo que Raúl González en homes. Saúl López era segundo en sub23.

O pasado 21 de decembro celebrouse en Verín o 1º Open de xadrez de Nadal organizado polo Concello de Verín xunto coa Asociación CDR Portas Abertas. En total reuníronse 90 xadrecistas en todas as categorías, dos cales máis da metade foron de Verín, e o resto procedentes de varios puntos da provincia de Ourense e do veciño Portugal. Durante preto de catro horas dirimíronse batallas nos taboleiros ata depurar aos campións das diferentes categorías tras sete roldas de competición empregando o sistema suízo

de partidas rápidas a dez minutos. Os vencedores das diferentes categorías foron a actual campiona sub-8 de Portugal Lara Rei Rodrigues (sub-8); Andre Sousa Barroncas (sub-10); Alexandre Vital (sub-12); Bruna Gomes (sub-14); Joel Gonçalo Alves (sub16); Joâo Paulo Sousa (sub18); Gumersindo Rodríguez (sénior absoluto) e Manuel Iglesias (veterano). Exhibición Paralelamente celebráronse varias partidas de exhibición de xadrez para cegos e adestramentos no taboleiro interactivo de xadrez xigante.

Noventa xadrecistas participaron nesta primeira edición.


DEPORTES

O atleta infantil Said Abdoun Bechiki, campión provincial de cross 4 No campionato celebrado en Ribadavia. Redacción O atleta infantil Said Abdoun Bechiki, pertencente a discipliba AD Limiactiva, vén de proclamarse campion provincial de campo a través en categoría infantil. En categoría absoluta, Javier Paredes e Iria Fernández proclamáronse campións ourensáns de cross. O pasado 12 de xaneiro celebrouse na Área Recreativa da Veronza -Ribadavia- o Cross de Ribadavia valedeiro para o Campionato Provincial de Campo a Través. Por parte da Agrupación Deportiva Limiactiva participaron 28 atletas de todas as categorías. En infantís, Said Abdoun Bechiki proclamouse cam-

pión provincial, acompañándoo no podio -terceiro clasificado- o seu compañeiro de club, Manuel Prieto Parada. Marco Nube Lema Pérez foi cuarto. En mulleres, Catuxa Fernández Bustillo foi décima; Iris Castro Cuquejo, décimo segunda; Lucía Gómez Rodríguez, décimo terceira e Iria Alonso Salgado, décimo cuarta. En categoría alevín, Breixo Salgado Fernández conseguiu a terceira posición, mentres Fabio Correa Dorado foi cuarto; Mauro

Limiactiva estivo presente con 28 atletas de todas as categorías

Feijoo Reinoso, 12º e Joao Morales Jiménez, 14º. En mulleres, Laura Núñez Salgado rematou 16ª. Os dous representantes de Xinzo de Limia en benxamíns, Adrián Correa Dorado e Fabio Feijoo Reinoso foron

16º e 20º respectivamente. O cadete Daniel Castillo Urones subía ao terceiro caixón do podio. Categoría absoluta Na categoría absoluta feminina participaron dúas atletas do Limiactiva. Fátima González Outumuro e Tania Prieto Parada. González foi 19ª e Prieto, 28ª. En homes, o primeiro limiao en cruzar a liña de meta foi Cástor Salgado Rodríguez no posto 17; Severino Correa Correa, no 23; no 62, Roberto Feijoo Cantarilla; Martín Morales

Ferreiro foi 67º; David Lema Costas, 89º; Carlos Carrera González, 92º; no posto 101, José Castillo Bermúdez; no 106 Xoan Antón Losada Soto; Roy González Salgado, 108º; Francisco Dalama Blanco, 136º e Óscar Gómez Míguez rematou de 139. Por equipos, o club de Xinzo tivo representación en categoría masculina absoluta rematando na sexta posición. En femininia absoluta non chegou ao mínimo de catro participantes para facer equipo ao participar dúas atletas.

Os atletas de Limiactiva Said Abdoun (dereita), Marco Nube Lema (centro) e Manuel Prieto (dereita) na carreira infantil do Cross de Ribadavia. /RAMSÉS

BARRIOS Xaneiro de 2014

25

Rutas de sendeirismo na Limia Redacción

A asociación de sendeirismo de Xinzo de Limia, Sendalimia, organiza en xaneiro e febreiro varias rutas de sendeirismo. A próxima ruta será o sábado 18 entre Trandeiras e Penelas, de 13 quilómetros e dificultade media. O domingo 19 realizarán unha ruta urbana pola cidade de Lugo (a inscrición estará aberta ata o xoves 16). O sábado 25 cubrirán unha distancia de 11 quilómetros nun roteiro polo río Arnoia, Allariz - Acearrica de dificultade baixa. Para o mes de febreiro quedarán dúas saídas: Descubrindo as Veigas da Saínza, de 13 quilómetros (día 1) e o roteiro Virxe de Pedra - Allariz, de 11km ( o día 8). As saídas dos sábados serán ás 15.30h desde o parque do Toural. A participación é gratuíta.


26

BARRIOS Xaneiro de 2014

OCIO E CULTURA

Cuba, país invitado en Xantar 4 Celébrase en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro. Redacción Cuba será o país convidado de Xantar 2014, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro estreando o Selo de “Feira Comercial Internacional”. Xantar convértese así nunha do cinco citas internacionais de turismo celebradas en España. Cuba estará presente en todas as accións previstas nesta 15ª edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo, artesanía e produtos agroalimentarios. Contará cun restaurante propio que estará liderado pola Sociedade Cultural Rosalía de Castro, que é un dos Centros Galegos da Habana. Será un dos 20 restaurantes presentes no recinto feiral ourensán, xunto a mostras gastronómicas de toda Galicia, outras comunidades e Portugal. Cuba únese así á lista de invitados especiais en Xantar en cuxa elección se destacan os lazos que unen a historia e a gastronomía deses países con Galicia, como foi o caso de México, Arxentina ou Perú. Gastronomía cubana A cociña cubana é cada vez máis apreciada no mun-

A secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o día da inauguración da nova sala de exposicións de Verín. /RAMSÉS.

Un restaurante na edición 2013 de Xantar. /ARQUIVO. do, e é froito da fusión de cociñas españolas, africanas e do Caribe. As receitas cubanas comparten as sabedorías da combinación entre as especias e as técnicas da cociña española e africana, cunhas certas influencias caribeñas en especias e sabores. Nos últimos anos fusionáronse os produtos tradicionais con técnicas modernas, dando lugar a un renacer da gastronomía cubana a nivel internacional. Entre os ingredientes máis habituais están o arroz, o plátano, os legumes e a carne de porco. Mención á parte merece a roupa vella, un dos pratos máis tradicionais e simbólicos de Cuba. Por outra banda, Cuba é o paraíso dos cócteles, cos seus afamados mojitos, ron,

collins, daiquiris e piña colada. O país caribeño é tamén coñecido polo seu café: a colada cubana tómase en doses moi pequenas polo seu sabor intenso e amargo e os seus efectos estimulantes. Cuba ofrecerá por tanto en Xantar, un menú degustación composto por algúns dos seus pratos máis significativos e participará ademais nas actividades do salón como os talleres de cociña en directo ou as catas.

Cuba ofrecerá un menú degustación composto por algúns dos seus platos máis significativos

Dúas mostras este mes na nova sala expositiva de Verín 4 Obras de Leonardo Vidal e Suso Godás e carteis participantes no concurso do desfile infantil. Redacción Durante todo o mes de xaneiro e metade de febreiro, os óleos e fotografías dos artistas Leonardo Vidal e Suso Godás continuarán expostos ao público na nova Sala de Exposicións do Concello de Verín, situada no mesmo recinto da Oficina Municipal de Turismo. A mesma sala acollerá tamén en exposición os 16 carteis participantes no concurso destinado a seleccionar o cartel oficial do ‘Desfile Infantil 2014’.

Nesta sétima edición participaron carteis dos colexios Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, CRA de Monterrei e o Colexio María Inmaculada, con mascaritas, capuchóns e cigarróns como elementos principais. As 14 imaxes de Suso Godás forman parte da colección “Os homes das chocas”, unhas fotografías que foron utilizadas no último calendario oficial do Verín CF. Nas mesmas á figura chave é o cigarrón que se amosa, a través dunha vi-

sión subxectiva, o misticismo e realismo da mesma a través dos ollos dun neno. O espazo tamén acolle 19 óleos do pintor Leonardo Vidal Rodríguez. Unhas obras de ampla temática, desde paisaxes a bodegóns, pasando por interiores, retratos ou mariñas. Todas elas destinadas a transportar aos visitantes arredor do espazo e do tempo, da man dun dos artistas máis recoñecidos de Verín. As tres exposicións poderán visitarse de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 19.30 horas.

Candaira celebra os seus tres anos de vida cun festival 4 A asociación cultural conta con 40 membros da comarca de Monterrei. Redacción O 4 de xaneiro a Asociación Cultural Candaira celebrou na Casa da Cultura de Verín a gala do seu terceiro aniversario, cunha actuación da súa agrupación de música tradicional galega. Candaira ve a luz no ano

Candaira busca recuperar as tradicións galegas

2010 no Concello de Castrelo do Val. Dende aquela o grupo foi medrando e a día de hoxe conta con aproximadamente 40 membros de diferentes concellos da comarca de Monterrei: Castrelo do Val, Verín, Oimbra, Monterrei, Laza, etc. No marco desta agrupación podemos atopar diferentes seccións como son: o grupo de cantareiras, de cantareiros, charanga e grupo de baile tradicional, entre outros.

O piar fundamental e creador do grupo é Ramón López, con formación en creación musical e importantes recollidas de pezas da nosa cultura tradicional por toda a xeografía galega. Ata o momento, Candaira ten participado en múltiples actuacións polo territorio galego e Portugal. Entre elas destacan a “Romaría Raigame” en Vilanova dos Infantes, “Orgullo Gaiteiro” en Ourense e “Festival Rebulir” en Ramirás.

Momento da actuación da agrupación de música tradicional galega durante a gala do terciero aniversario da asociación Candaira. Obxectivo Un dos principais obxetivos da asociación cultural

Candaira, e polo que levan traballando dende a súa creación, é seguir día a día

na procura de recuperar e difundir as tradicións e costumes galegas.


OCIO E CULTURA

4HISTORIAS DE MONTERREI

2014: rebeldía cívica e compromiso para que non nos derroten psicoloxicamente

Obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei. que abrir buratos nos muros da fortaleza para pasar os tubos da fontanería, cable da luz e esas cousas. - Porque dá escalofríos só de pensar no que queren facer. - Porque hai un Parador de turismo ao lado do castelo! - Porque o castelo non necesita ser lucrativo para se útil. - Porque o Castelo de Monterrei debería converterse no museo da nosa comarca e non nun hotel para uns cantos. - Porque na cesión do castelo por parte da Administración Xeral do Estado á Xunta de Galicia só se

27

4FIRMA INVITADA

O Castelo de Monterrei 16 razóns polas que o castelo de Monterrei non debería converterse nun complexo hoteleiro: - Porque o Castelo de Monterrei é o símbolo da nosa comarca. - Porque non se deberían usar fondos públicos para o beneficio de uns poucos. - Porque se din que o Parador non é rendible, difícilmente sería rendible este novo hotel. - Porque todo o mundo debería poder visitar o castelo é non só o que poida pagar unha habitación. - Porque non existe a necesidade de crear máis prazas hoteleiras na nosa comarca. - Porque suporía o peche do Parador de turismo. - Porque se pecha o parador de turismo a ver que se fai co edificio onde esta asentado. - Por que nunca máis se vería o castelo iluminado pola noite (sería imposible durmir dentro del con tanto lucerio). - Porque o castelo ten que ser de todos. - Por que para facer as habitacións teñen por forza

BARRIOS Xaneiro de 2014

contempla o seu uso con fins culturais. - E por último e máis importante: porque se os da Xunta creran que un hotel no castelo podería ser beneficioso para a comarca andariano anunciando a bombo e platillo e non andarían facendo as cousas a escondidas do pobo! Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

“Porque na cesión do castelo só se contempla o seu uso con fins culturais”

4IMAXES DO MES

Rematou o 2013 e comenza un novo ano sen que vexamos a luz ao final do túnel, despois de 5 anos a escuras. Por moito que o discurso oficial dos gobernos do PP, en Madrid e na Xunta de Galicia, insista machaconamente en que o 2014 será o ano da recuperación, o certo é que ningún dato dos que perciben directamente os cidadáns ten mellorado nin hai perspectivas de que o vaia facer durante o presente ano. O desemprego continúa en datos récord; as afiliacións á Seguridade Social están en mínimos históricos; os bancos teñen a billa do crédito totalmente pechada para familias, autónomos e pequenos empresarios; os que teñen a sorte de manter un traballo, continúan perdendo poder adquisitivo, ao baixar os soldos e subir luz, gas, combustibles…; aos xubilados auméntanlle os copagos máis do doble do que lles suben as súas pensións… En definitiva e sen ánimo de introducir máis pesimismo, nunha situación xa de por si deprimente, a realidade é así de dura. E, que podemos facer

como cidadáns, ante este panorama económica e socialmente desolador?, como podemos saír deste canellón, aparentemente sen saída, no que nos meteron unha banda de aproveitados, coa complicidade de gobernos insensibles do PP e do PSOE?. Pois eu penso que o primeiro é non abandonar as nosas responsabilidades como cidadáns, como cidadáns informados, críticos, rebeldes… e para iso é fundamental organizarse, combater as inxustas medidas que nos están impondo de xeito colectivo e solidario. Non podemos, baixo ningún concepto, permitir que nos derroten psicoloxicamente, xa que se o conseguen, e que conste que o están intentando por todos os medios, entón si que estamos perdidos e quedaremos totalmente ao servizo dos intereses dos grandes poderes. Por iso a solución non é quedar quietos, baixar o brazos, nin tan sequera intentar arranxar os problemas de xeito individual, iso é o que quere o poder establecido. Pero tampouco vale canalizar a nosas enerxías a través de vellas estruturas partidistas que están absolutamente

Ábedes honrará ao San Antón 4 Na tradicional romaría do 17 de xaneiro. Redacción

Recepción da comitiva real en Celanova En Celanova, prescindiuse da cabalgata de Reis por mor das inclemencias metereolóxicas e as Súas Maxestades de Oriente atenderon as peticións de agasallos dos máis pequenos no claustro do Mosteiro, acompañados de paxes e da banda de música municipal.

A primeira cita festiva do ano chega este venres 17 de xaneiro a Verín. A localidade de Ábedes acollerá a tradicional romaría de San Antón, que aúna festa relixiosa e pagana. Aproveitando que é fes-

tivo local, ducias de familias e grupos de amigos da comarca pasarán a xornada no monte que rodea a capela de San Antón, ao calor das fogatas nas que se asarán chourizos e outros produtos derivados do porco. Na parte relixiosa, haberá procesión coa figura do san-

corrompidas, non só a nível económico senón tamen ideolóxico e que en ningún caso serán a solución porque son parte do problema. Tampouco a solución son novas organizacións que o único que teñen de novo é o nome, pero a súa práctica política e disputas internas demostran que padecen das mesmas miserias de sempre. A solución está en organizarse en movementos sociais e organizacións políticas que teñan a presenza da ética, da trasparencia total e da defensa do ben común como sinais de identidade, que fomenten a rebeldía cívica e que estén fortemente comprometidas co territorio e cos cidadáns. En calquera caso, que ninguén nos roube a intención de ser felices neste 2014 que nos tocou vivir. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de Compromiso x Galicia

“É fundamental organizarse, combater as inxustas medidas que nos están impondo de xeito colectivo e solidario” to a partir de mediodía desde a localidade de Ábedes ata a capela que leva o seu nome, e posterior misa na honra do que é o patrón dos animais. A banda de gaitas de Verín amenizará a celebración. Saída dos cigarróns Ao caer a noite producirase tamén a primeira saída do ano para os cigarróns, que se preparan xa para vivir o Entroido verinés, cuxa primeira cita será o 20 de febreiro co xoves de compadres.

Será tamén a primeira saída dos cigarróns do ano


28

BARRIOS Xaneiro de 2014

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Cabalgata de Xinzo Na tarde do día 5 os Reis Magos multiplicáronse e estiveron presentes en multitude de cabalgatas por toda a xeografía da provincia. En Xinzo o vehículo no que ían Melchor, Gaspar e Baltasar partiu do polideportivo ás 17:30 horas, realizando un percorrido polas rúas da vila ata a praza Maior. Numerosos pequenos -e os seus proxenitores- foron tras da comitiva, recollendo nos caramelos que lanzaban as Súas Maxestades e os seus paxes.

Os Reis Magos pasaron por Allariz En Allariz, a cabalgata saiu da Alameda ás 18:30 horas. Estaba formada por catro vehículos, un para o paxe real e outros tres por cada un dos Reis Magos, que ían acompañados por unha morea de cativos que facían os labores de paxes, repartindo montóns de caramelos aptos para celíacos- aos numerosos alaricanos que se achegaron a ver o desfile, que rematou no polideportivo do instituto.

Visita dos Reis a Verín Na vila do Támega, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron parada na Residencia de Anciáns Santa María e no hospital comarcal, para despois desfilar xunto ao seu séquito polas rúas da localidade desde a Casa do Escudo ata o pavillón de deportes, onde se celebrou a Gala de Reis.


OCIO E CULTURA

BARRIOS Xaneiro de 2014

29

Verín elixe os carteis do seu Entroido

4 “Xa está aquí o Entroido” de Benigno Álvarez, anunciará as festas, e o cartel elaborado polos cativos do CRA de Monterrei, o desfile infantil. Redacción “Xa está aquí o Entroido” é o nome do cartel que anun-

ciará as festas do Entroido de Verín. Pola súa banda, a proposta elaborada polo Colexio Rural Agrupado Mon-

terrei foi a escollida para anunciar o desfile infantil. Un ano máis, o Concello de Verín promoveu sendos

O tenente de alcalde Enríque Díaz, o autor do cartel Benigno González, a directora do CRA de Monterrei Teresa Santamaría e o concelleiro de Festexos, Víctor Baladrón, posan cos dous carteis gañadores./CdV.

concurso para seleccionar o cartel oficial das festas e do desfile infantil. No caso do cartel oficial, o procedemento contou coa participación popular, a través dos votos de 371 veciños, e coa valoración dun xurado cualificador. Os membros do xurado chegaron a un empate nas súas deliberacións, entre o cartel nº5 “Xa está aquí o entroido” e o nº 6 “Ágora”, así que a votación popular serviu para desempatar e decantar o resultado a favor do primeiro, creado por Benigno González Rodríguez. No caso do cartel do desfile infantil, participaron os colexios da comarca con ata tres traballos cada un. O xurado acordou que o mellor fose o elaborado polos

Parte dos carteis que optan ao concurso de Xinzo./P.L. cativos do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, gañadores do concurso por segunda vez nos sete anos que se celebra. Ademais da edición do cartel, o colexio recibirá 300 euros en vales para material deportivo e escolar a adquirir en establecementos de Verín. En Xinzo, hai que agardar Pola súa banda, o Concello de Xinzo mantén en exposición ata o 17 de xaneiro os carteis que optan ao seu concurso. Ata ese día os li-

mianos poden votar o seu favorito entre os 13 traballos que concursan, que están expostos na Biblioteca Antelana da Casa da Cultura. O seu voto sumarase ao do xurado, que fará público o cartel gañador o propio día 17 a partir das 20 horas. O premio está dotado con 500 euros.

O cartel que anunciará o Entroido de Xinzo coñecerase o venres 17


30

BARRIOS Xaneiro de 2014

4AXENDA Exposicións - Ata o 15 de febreiro - Exposición de oleos de Leonardo Vidal - Oficina de Turismo de Verín - Ata o 15 de febreiro Exposición fotográfica de Suso Godás - Oficina de Turismo de Verín - Ata o 15 de febreiro - Exposicion dos carteis participantes no concurso do Desfile Infantil de Entroido 2014 - Oficina de Turismo de Verín Obradoiros - 16 de xaneiro - 18 h. - Contos ao carón da lareira- Biblioteca Pública de Verín - 25 de xaneiro - Curso de xardinería - 10 h. - Centro de Promoción Económica de Allariz - 25 de xaneiro - Curso de cultivo de cogumelos - 10.30 h. - Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz Feiras Allariz - 1 e 15 de febreiro Baltar - 8 de febreiro Baños de Molgas - 2 de febreiro Calvos de Randín - 2 de febreiro Cartelle - 4 e 8 de febreiro Celanova - todos os xoves Cualedro - 18 de xaneiro e 5 de febreiro Maceda - 20 de xaneiro 4 de febreiro A Merca - 26 de xaneiro Oimbra - 9 de febreiro Paderne de Allariz - 13 de febreiro Porqueira - primeiro sábado de febreiro Rairiz de Veiga - 23 de xaneiro Ramirás - terceiro domingo de xaneiro Sandiás - primeiro domingo de febreiro Sarreaus - 6 de febreiro Verín - 23 de xaneiro, e 3 e 11 de febreiro Vilar de Barrio - 9 de febreiro Vilardevós - 7 de febreiro Xinzo de Limia - 27 de xaneiro e 4 de febreiro Xunqueira de Ambía 24 de xaneiro Xunqueira de Espadañedo - 9 de febreiro Outros - Do 5 ao 9 de febreiro Feira Gastronómica Xantar - Expourense www.mundourense.com

ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4FIRMA INVITADA

O ocaso dos deuses “Alto me vexo no meu cabalexo, véxollos vir mais xa non podo fuxir…” (tradición oral galega). Sempre que nestas datas estou de vagar achégome ata os Castiñeiros da Galiña en Parada de Ribeira. Apago o móbil, pecho os ollos, escoito… e fálanme. Falan clariño co ronco son de vellos milenarios e cunha lingua de follas, paxaros e vento. Dinme que temos que mirar máis por eles e non só tanto por nós. Dinme que deixemos de por pedras nas rodas do carro, tantos carros e temoeiros como nos deron as súas polas. Dinme que a pesar das diferenzas fagamos posible a grande recompensa de ser mesma parte dunha mesma loita. Dinme que sofren, que teñen medo, moito medo do lume e da morte, medo de se extinguiren sen máis despois de tantos séculos de miseria, enfermidade e esfameadas peles curtidas cunha fouce e castañas. Medo de que finalmente marchemos nós tamén con eles e que toda vez esquecido o derradeiro bafo da nosa memoria colectiva

desapareza así tamén unha vasta cultura milenaria que foi aprendida a falar cos seus castiñeiros, vestixios dun ser aínda vivo en comuñón coa Terra que o deu. Dinme que me vele do cuco da Limia, da merla branca de Baltar e das lebres de Vilar. Que preserve a intuición, a libre conciencia e o criterio propio, antídotos contra o bandullo cego, xordo e mudo. Dinme que faga os posibles por desenmascarar a falsidade, que me plante diante de todas as súas mentiras, trampas e poses. Dinme que practique todos os días na redistribución da riqueza e na igualdade de oportunidade coa renovada fe da súa relixión da cosmogonía rural. E xa cando imos coa despedida lémbranme que non esmoreza, que resista, sinto polas súas raíces nos meus pés o desesperado e inminente ruxir do ocaso dos deuses, dos ídolos que foron corrompidos polo propio veleno populista do

falso mito, consumidos polas labaradas nas cinsas do engano, o odio e fanatismo da escura deidade da cobiza, corrompidos pola ebria violencia do poder cara os débiles, polo desprezo temerario cara a todo espazo persoal alleo, corrompidos pola falla de control sobre os propios impulsos, embriagados pola violencia ceibada nas súas esaxeradas baixas paixóns, e condenados a vagar por sempre nun escuro e arrasado bosque de enfermidade, irracionalidade e desequilibrio. E deixo a carreira dos Castiñeiros da Galiña xa cara á casa do meu pai escoitando un feble asubío que me di que aínda e con todo hai borrallo para un novo rexurdimento. Dedicado a Xinzo da Limia, que mereza un mellor 2014. Xosé Lois Carreira, artista plástico e concelleiro do BNG en Xinzo

“Dinme que a pesar das diferenzas fagamos posible a recompensa de ser mesma parte dunha mesma loita”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Marcha en lugar de carreira Algúns especialistas recomendan un exercicio máis lento para persoas a partir dos 50 anos. Pero iso implica ter que andar máis para queimar as calorias equivalentes ás que se queiman coa carreira, pois fortalecerá os osos evitando a osteoporose, sen penalizar os músculos e as articulacións. Andar a pé poderá darlle máis anos de vida con calidade. Facer como mínimo 30 minutos por sesión é un bo exercicio aeróbico e seguindo un réxime con regularidade, reduce a obesidade, aumenta a masa muscular delgada, beneficia o sistema cardiovascular e combate o stress. Con

adestramentos regulares, reduce o colesterol, a tensión arterial, e mellora o humor e o sono. E en longas distancias provoca a liberación de endorfinas, orixinando unha sensación de benestar. Non corra de máis, correr demasiado pode provocar dores significativas dos músculos e das articulacións durante varios días. Mais para que haxa beneficios, o exercicio ten que ser suficientemente vigoroso para que o corazón bata dentro dos límites aeróbicos. Para calcular os límites de adestramento ideal, subtraia a 220 a súa idade. O resultado é a súa frecuencia cardíaca máxima. Multiplique ese

valor por 0,6 e 0,9 (0,75 en vez de 0,9 se ten máis de 65 anos). Os valores que obteña son os límites inferior e superior da súa frecuencia cardíaca en exercicio. Por exemplo: Idade de 40 anos. Ritmo cardíaco mínimo: 108. Máximo: 162. Os exercicios de forza e resistencia, axudan a evitar a osteoporose, en especial na muller. João Damião

“Algúns especialistas recomendan un exercicio máis lento a partir dos 50 anos”

Os dous amores de Verín Pasa o tempo lixeiro, tanto que parecen aínda estar vivas as muxicas que liscan ceibes das fogatas liberadoras que hai un ano prendimos na honra do San Antón, e que voltaremos a enfiar o carreiro que nos leve ata o pé da capeliña, no cumio do monte, en Ábedes (Verín), onde agarda o santiño, para formar parte da catarse colectiva dun pobo que xamais deixará morrer unha tradición de séculos. Os madrugadores verán os primeiros raios do sol nacente, e do lume purificador, sairán os sinais dun territorio ancestral, marcado con fume de xestas verdes, para que a vila, ao espertar, teña a referencia do comenzo da troula, e con emoción, gratitude e sentimento poderá berrar, ollando o ceo, alí están, os de sempre, os valentes, os que manteñen viva a chispa do enxebre, os que esperan alguén sempre con ledicia, os que comparten, os que dan apertas cálidas, os que cantan sen parar e tamén choran. A xente de Monterrei é incrible cando toca seguir coa tradición, deixando de lado os derrotistas, os que non sinten, nin queren, os baleiros de emocións e sentimentos, os que burlan a defensa do que é noso, e teñen vergoña de gozar. Verín, vila fermosa, coqueta, que vacila e namora os dous galáns que a cortexan, o San Antón e mailo Entroido, que por xaneiro convírtense en amantes desafiantes, que por unha dama pelexan. Ninguén se percatou que estas puxas son de amores, e a vila ponse guapa, atrevida, e baila cos dous de corazón, sen complexos, coa cachola erguida, bebendo dun grolo a esperanza e a ilusión dos seus amados. 17 de xaneiro, San Antón verdadeiro, familia e amizade ao carón das fogatas. Festa da igualdade, onde non hai barreiras que separen. Os chourizos frescos, asados nas brasas ao xeito dos avós, e o viño novo ru-

lará polas gorxas cantoras, rebosando xenerosidade e compadreo. A vila esperta e desexa a Romería, e o Castelo de Monterrei será testigo inmutable dunha loita fermosa. Os celos do Entroido pululan polas sombras que o lume levanta no solpor. O día vai marchando paseniño, e cando o sol claudica, comenza a disputa dos namorados, e nunha simbiose ancestral, xorde o milagre, que fai medrar a tradición, o que de verdade chega ao máis fondo da alma, o calofrío que percorre as entranas e pon a pel de pita, cando nos chegan os sons das chocas, que afinadas soan outra vez, e os intrépidos cigarróns arremeten coma lóstregos, para que o Entroido entre en xogo pra arrebatarlle ao santiño a noiva, que a tivo toliña aos seus pés. Verín, muller presumida, arrogante e descarada, a pouquiño, deixase levar polo embruxo entroideiro que flota no ambiemte, e que aínda sen disfraz, aperta con forza a súa dona que non a soltará, ata a derradeira danza de piñata, que a deixará ceibe cando o meigallo escache. O santiño do monte, amante rendido, que coa cachola gacha vaise paseniño, coma as fogatas na noite. O Entroido, pletórico e confiado, estrea un idilio sen descanso. A namorada, que é sabia vila romana, con estirpe de doncela, bregada en mil batallas, pura, e coa alma limpa, non fará distinción, e fundiráse cos dous, co San Antón e mailo Entroido, e gozará, unha vez máis, dun amor compartido que coma sempre, ao longo dos séculos, sen dúbida, terá o cómplice beneplácito da providencia. Miguel A. Prieto “Chita”

“Verín namora os dous galáns que a cortexan, o San Antón e malio Entroido, que por xaneiro convértense en amantes desafiantes”


CLASIFICADOS /SERVIZOS

BARRIOS Xaneiro de 2014

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz Nº86 / 22- Ano: IX - Xaneiro 2014 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA

VENDAS

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 92 58 73. Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense 2 dormitorios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Calefacción Gas Natural. Telf: 988 235 876. Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087. Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) reformado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 72.000 euros. Tel: 629828647. Alúgase piso preto da universidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 24 69 26 Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), 22, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888. Vendo finca urbanizable de 1.500 m2 en Amoeiro, bo prezo. Tel. 610 54 48 54. Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m2 pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 21 14. Vendo finca edificable para dúas casas a 12 km de Ourense e 5 minutos da autovía de Celanova, bo prezo, tel. 617 925 873. Alúgase apartamento no casco antigo de Ourense por 220 euros/mes, Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago, tel 637 00 59 10. Vendo piso de 120 m2 na praza das Mercedes (Ourense) a reformar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10 Alúgase café bar especial totalmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92.

Vendo cinco llantas de Peugeot 205 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54. Vendo sofá 3+2, cinta andadora, apeiros de labranza, un botelleiro e unha caldeira de gas cidade Roca, tel. 637 00 59 10. Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha almofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de venderse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516. Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 21 22 24. Compro mobles e electrodomésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18, Vendo máquina coche-cortacéspede HONDA. 2.500 euros. Tel.988 27 97 96.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios. com]

Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173 Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo berce de viaxe plegable. Bo estado. Prezo 25 euros. Tel. 661 92 65 29 e 670 43 34 90. Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31. Vendo Mercedes 300, ano 79, repintado, 100.000 km. 2.000 euros negociables. Tel. 610 25 80 69. Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01.

EMPREGO Ofrécese modista, para tendas e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76. Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 92. Danse clases particulares. Experiencia. Tel. 653 768 357. Experiencia en botar cartas exipcias. Consulta gratis. Chamar tardes. Tel. 988 25 59 63.

Profesor, especializado en matemáticas, con 30 anos de experiencia imparte clases particulares (ESO, Bacharelato, Universidade). Tel. 625 51 58 18. Impártense clases de linguaxe musical, educación auditiva, canto e piano. Tel. 676 75 88 19. Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compromiso. Tel. 676 75 88 19.

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Xaneiro de 2014


Cifras de récord para a D.O. Monterrei TEMA DE MES Páx.2

VERÍN

Páx.4

As empresas ourensás, con boas expectativas de negocio para o 2014

Inaugúrase a nova Oficina de Turismo e Sala de Exposicións

COMARCA

Páx.8

O BNG pregunta por unha liña de alta tensión para o AVE

DEPORTES

Páx.23

Máis dotacións nas instalacións da piscina climatizada

[páx. 3]

CULTURA

Páx.29

Verín escolle os carteis do seu Entroido

A praza da Mercé, de estrea O Concello de Verín colocou contedores soterrados e instalou novo mobiliario neste vial do casco histórico./CdV.

Número: 86- Ano: IX - Xaneiro 2014- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[páx.4]


BARRIOS Xaneiro de 2014


Entrevista a Monse Álvarez Vispo, edil non adscrita de Celanova TEMA DO MES Páx.2 ENTREVISTA Páx.14 ALLARIZ

[páx. 18]

Páx.16

CELANOVA Páx.20

CELANOVA Páx.21

As empresas ourensás, Luis Martínez-Risco, Escollidos os dez con boas expectativas vpte. da Fundación proxectos finalistas do de negocio para o 2014 Vicente Risco FIXA 2014

Arraianos inaugura un centro terapéutico, educativo e cultural

Entrega de premios do concurso fotográfico do Bosque Máxico

Os Reis Magos visitan Allariz e Celanova

[páx. 27-28]

Na tarde do 5 de xaneiro os Magos de Oriente pasaron por ambas vilas para recoller as peticións dos máis pequenos./P.L.

Número: 22 - Ano: IX - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xaneiro de 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.