Abril 2011 - BXV

Page 1

Xinzo agarda aos quads, o 17 de abril, no circuito de “A Tapada” [páx.21]

XINZO

Páx.10

O orzamento 2011 do Concello de Xinzo ascende a 6,7 millóns

XINZO

Páx.11

COMARCA Páx.11

Medio Rural colabora O Concello de na xestión do centro de Trasmiras inaugura a limpeza e desinfección súa Casa da Cultura

COMARCAS Páx.14

CULTURA Páx.16

A Xunta investirá 500.000 euros en infraestruturas

Actos relixiosos de Semana Santa na capital de A Limia

Tarde de carreiras en Antela

[páx.20]

Unha das carreiras na primeira cita hípica da tempada en Sandiás. As probas regresan este sábado 16 de abril/R.TORRES.

Número: 53 - Ano:VI - Abril 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Abril de 2011

VERÍN E COMARCA

Verín terá un Centro das Artes Municipal O anteproxecto ‘Comunidad’ foi o seleccionado nun concurso de ideas A proposta “Comunidad”, do estudio madrileño de Sixto Martín Aparicio, resultou elexida no concurso de ideas organizado para escoller o proxecto para o Centro das Artes Municipal de Verín. “Comunidad”, no que tamén colaboraron Miguel Crespo Picot e Javier Guzmán de Benito, acadou a máxima puntuación do xurado, un total de 58 puntos -sobre unha puntuación máxima de 80-. O alcalde de Verín, o popular Juan Manuel Jiménez Morán, indicicou que “todos (os proxectos presentados a concurso) posuían un alto nivel, pero no momento que o proxecto que resultou gañador se expuxo, foi apoiado de modo unánime por todos os arquitectos do xurado, e tamén polos restantes grupos políticos da corporación”. O proxecto ‘Comunidad’ recibirá un premio de 20.000 euros máis 200.000 euros para a redacción do proxecto. Características O proxecto gañador é un centro de artes “orixinal, moderno, totalmente integrado no contorno urbano onde se sitúa, non é o modelo clásico, senón que está fragmentado volumetricamente por elementos que se unen nas zonas comúns, cunha relación correcta entre os espazos edificados e os libres posibilitando percorridos agradables”, asegura Jiménez Morán. O mesmo salienta o feito de que os seus usos funcionen por separado e todos á vez correctamente formúlase a través dunha ocupación caracterizada por moitas edificacións de pequenos tamaño aliñadas ao bordo da parcela, pegándose á estrada e quedando ao interior os espazos comúns, representando pequenas comunidades-. Por este motivo, desde o concepto inicial compróbase que non se poden obviar as relacións entre os distintos usos, co que respectando o esquema

Imaxe do proxecto “Comunidad” que servirá de base para construir o Centro das Artes Municipal de Verín.

A Xunta reservou 1,5 millóns de euros para construir este centro de volumes independentes ao exterior e espazo común e de relación ao interior, os volumes deslízanse creando espazos continuos entre si, que agrupan dúas salas -unha para 700 persoas e outra de 150 espectadores, espazos para a formación musical e de danza, camerinos, vestíbulo-sala de exposicións, cafetería-restaurante, salas de interpretación e administración. “Cada unidade poderá funcionar autonomamente respecto do exterior o tamén como un conxunto, o que permite que a construción se poda realizar por fases, con unidades que poden funcionar sen ter as outras construídas”, indica o rexedor. O aspecto xeral, conformado por cubos -volumes de formigón e vidro-, complétase coa denominada quinta fachada do edificio: a cuberta, neste caso formada por cubertas vexetais transitables que funcionan a modo de terrazas, creando un sistema de espazos verdes de esparexementos para os usuarios do centro. Respecto dos accesos, o peón entraría ao edificio por unha gran praza na esquina na que conflúen tres viarios, e tamén se expón un aparcadoiro de dúas plantas, con entrada e saída pola gran praza. Outro dos aspectos principais do edificio é o seu mantemento sostible, tanto polos materiais na súa

urbanización, xa que só se proxectarán espazos verdes e pavimentos de materiais reciclaxes, como polas súas instalacións permitindo un aforro enerxético e de auga -a través de instalación de sondas verticais terrestres para aproveitar a enerxía xeotérmica, reciclaxe dos residuos xerados na zona mediante, uso de paneis de enerxía solar fotovoltaica destinados a xerar a enerxía necesaria para o conxunto do centro, reciclaxe de augas pluviais para a rega da vexetación e depósito de auga para incendios, cuberta vexetal para minimizar a cantidade de auga que cae no edificio, diminuír a erosión e manter a temperatura; así como muros de formigón con dobre capa para permitir a ventilación dos mesmos, ou solucións pasivas como un forxado sanitario para evitar humidades e ventilación cruzada, que destinada á climatización natural dos usos do centro. Jiménez amosou “a satisfacción do grupo de goberno e da corporación municipal porque nos orzamentos da Xunta de Galicia, no apartado da Sociedade Pública de Inversións, aparece neste ano unha anualidade de 1,5 millón de euros destinada a este proxecto do Centro das Artes Municipais de Verín”.

O grupo Norvento instalará unha planta de biomasa forestal no polígono de Tamagos O grupo Norvento instalará unha planta de biomasa forestal no polígono de Tamagos. Esta nova central, destinada á produción de enerxía termoeléctrica a partir da combusión de biomasa forestal, terá unha potencia de verquido á rede de cinco megavatios eléctrico que xerará unha produción de 39.000 por hora ao ano, “a pesar de ser unha potencia pequena supón, aproximadamente, a demanda eléctrica duns catro mil fogares, é dicir, en torno a 11.000 persoas”, subliñou o responsable de biomasa do Grupo Norvento, Miguel Ángel Balboa Murias. Para acadar esta produción anual “o consumo de biomasa forestal ascendería a 61.000 toneladas ao ano, procedentes de actividades silvícolas e aproveitamentos forestais, desbroces en monte e limpeza de viarios”, engadiu o responsable de biomasa de Norvento. A zona de influencia desta central de bioma-

O alcalde de Verín e o responsable de Norvento. sa serán os concellos pertencentes ás comarcas de Verín e A Limia, así como a zona de Chaves, que tamén obterá beneficios en canto a aproveitamento e loxística de subministro de material.. O presuposto de execución é de 12 .72 1.000 euros, e xerará 15 empregos directos asociados á propia central, e 85 empregos directos ligados ao aproveitamento en monte, transporte e loxística da biomasa forestal e servizos auxiliares.

“Unha magnífica noticia para o noso municipio e comarca”, destacou o rexedor municipal,o popular Juan Manuel Jiménez Morán, “xa que revela a aposta de Norvento por Verín, nestes tempos de crise, que se converterá na primeira industria instalada no parque empresarial de Tamagos”. A instalación desta planta de biomasa lógrase “tras un amplo e esixente proceso de tramitación administrativa”, recordou Jiménez Morán.

A Eurocidade Chaves-Verín contará cun centro de formación termal A Eurocidade ChavesVerín contara cun centro de formación termal e de investigación da auga, así como un servizo de transporte transfronteirizo. Son dous dos catro proxectos aprobados pola Unión Europea en dous anos (tres ao programa POCTEP e unh ao URBACT), como se deu conta na última reunión do grupo de traballo da Eurocidade O Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga conta cun orzamento de 1.786.92 3 euros, do que o 75% procederá de Fondos Feder. Nel colaboran a Deputación de Ourense, a Secretaría Xeral para o Turismo, Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e a Asociación de Termas de

Portugal. O proxecto ten como obxectivo a construción do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (que se ubicará en Verín) e un BalnearioEscola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (que terá sede en Chaves). Suporá a creación de arredor de 70 postos de traballo. Esta acción está destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga, e na que tamén se incluirá unha ruta transfronteiriza termal e da auga. Transporte transfronteirizo En canto ao proxecto

‘Estudio de Transportes da Eurocidade’, abre a posibilidade de poñer en funcionamento un servizo de transporte público entre Verín e Chaves antes de que remate este ano, e que sería o primeiro do seu tipo da Península Ibérica. Segundo indicou o conselleiro de Presidencia e presidente do grupo de traballo da Eurocidade, Alfonso Rueda, os proxectos presentados son de “transcendencia inmediata”, como o “de termalismo, no que se aproveitan os recursos de aquí e alá, e situarase á cabeza en materia de recursos termais de Galicia e norte de Portugal” ou “o de transporte entre o barrio norte e sur, que reflicte un xeito de expresar a compenetración e cooperación existente entre Chaves e Verín”.


VERÍN E COMARCA

Pleno en Verín

4 Por defectos técnicos. O Concello de Verín tivo que retirar da orde do día do pleno do 28 de marzo o proxecto de orzamento xeral para o exercicio de 2011, por motivos técnicos. Existían dúbidas técnicas e xurídicas derivadas do remanente negativo de tesourería do exercicio 2009. Non está previsto que se leve de novo a pleno a aprobación dos orzamentos antes das eleccións municipais de maio. Nesa mesma sesión, o grupo de goberno do PP aprobou, co apoio do independente Alberto Prieto, a modificación da Relación de Postos de Traballo, que

inclúe a creación dun posto de técnico de administración urbanística e a modificación das condicións do posto de traballo destinado á xefatura do Servizo de Urbanismo. Tamén se aprobou por unanimidade a conta xeral do orzamento de 2009. Sesión plenaria de abril Na sesión plenaria do 11 de abril, pola súa banda, acordouse que as terrazas non paguen ningún suplemento por instalar tarimas. “Varios hostaleiros acudiron ao Concello a solicitar a supresión deste apartado inxusto”, indicou o rexedor, Juan Manuel Jiménez

4 Renuncia do xefe de servizo de Urbanismo

Retírase da orde do día o proxecto de orzamentos Redacción

BARRIOS Abril de 2011

Unha sesión plenaria no Concello de Verín./P.LODEIRO. Morán, para xustificar a inclusión deste punto na orde do día pola vía de urxencia. “Esta ordenanza non prohibe as tarimas senón que establece un recargo inxusto por elas ao igual que polos separadores, que ademais aportan seguridade aos usuarios de cafeterías segundo indica a Policía Local”, engadiu o alcalde. A proposta do grupo de goberno recibiu o apoio dos concelleiros do PSdeG e de Alberto Prieto, mentres que o BNG e a edil de Ver.In se abstiveron.

Na mesma sesión tamén se debatiron varias mocións, algunhas de temática supramunicipal. Así, aprobáronse por unanimidade as propostas do BNG de declarar Verín como zona non nuclear e a de defensa das persoas afectadas polas hipotecas (esta última cunha emenda dos populares). Tamén saiu adiante a moción do PP, co apoio do resto de grupos agás o do PSdeG, que se abstivo, na que pide ao Goberno central que retire o recurso contra o catálogo de medicamentos da

Xunta. A terceira moción nacionalista, en contra da privatización das caixas de aforro, foi rexeitada por populares, socialistas e Ver.In. A quinta moción da orde do día, do PP, pedía a reestructuración do sistema financieiro español. Resultou aprobada cos votos populares e o do edil de ADEI.

As terrazas non pagarán suplemento por instalar tarimas

Durante a sesión plenaria do 29 de marzo, o voceiro socialista deu a coñecer a renuncia do xefe de servizo de Urbanismo, que asegurara que se lle ocultaba información sobre o PXOM e que se abandonara o exercicio da disciplina urbanística. O alcalde citou a súa resposta á renuncia do funcionario, na que indica que “por esta alcaldía nunca se lle impuxo ningún método de organización nin de xestión”. Neste documento, Jiménez Morán escribe que cre “sinceramente” que o técnico “nunca foi capaz de dirixir o departamento de Urbanismo e sempre se escudou botándolle as culpas do mal funcionamento aos seus compañeiros ou ao político de turno”. “De igual modo, non se pode entender a parálise que sufren algúns expedientes que levan anos sen resolver”, engade o escrito do rexedor.


BARRIOS Abril de 2011

VERÍN E COMARCA

A Consellería de Economía e Industria trasladará a subestación de Verín ao polígono industrial de Pazos O acordo asinado a tres bandas co Concello de Verín e Unión Fenosa Gas Natural permitirá mellorar a calidade de vida dos veciños e incrementar a competitividade do tecido empresarial da comarca O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, avanzou no Parlamento de Galicia que o seu departamento, mediante un acordo asinado a tres bandas co concello de Verín e Unión Fenosa Gas Natural promoverá o traslado da subestación desta localidade ourensá ao Polígono Industrial de Pazos para mellora a calidade de vida dos veciños e incrementar a competitividade do tecido empresarial da comarca. Así o asegurou en resposta a unha pregunta oral formulada no Pleno do Parlamento, onde explicou que o acordo asinado entres todas as partes para o traslado da subestación a unha parcela da futura ampliación do Polígono Industrial de Pazos chega despois de que se valorase “este emprazamento como a mellor opción para prestar un servizo de calidade, eficaz e eficien-

te tanto para os veciños de Verín como para as súas empresas”. O conselleiro de Economía e Industria apuntou tamén durante a súa intervención que o seu departamento “achegará ao Concello de Verín o 80% dos custes que se deriven da obra civil e o 35% da obra eléctrica, mentres que a institución municipal porá a disposición da empresa os terrreos necesarios para a implantación da nova suestación e facilitará as licenzas que sexan precisas, mentres que a empresa comprométese a executar as infraestruturas que sexan precisas en 18 meses e á adquisición dos terreos”. Deste xeito, Javier Guerra contrapuxo a actitude do actual Goberno da Xunta de Galicia coas accións levadas a cabo con anterioridade dende a Administración Auto-

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o delegado xeral en Galicia de Unión Fenosa Gas Natural, Luis Ramiro Díaz López

O conselleiro de Economía e Industria apunta no Parlamento que a subestación trasladarase a unha parcela do Polígono Industrial de Pazos despois de valorar este emprazamento como a mellor opción para prestar un servizo de calidade, eficaz e eficiente Javier Guerra apuntou tamén durante a súa intervención que o seu departamento “achegará ao Concello de Verín o 80% dos custes que se deriven da obra civil e o 35% da obra eléctrica” nómica, “cando o anterior Executivo autorizou a ampliación da subestación que agora nós trasladaremos, facilitando melloras técnicas e en definitiva ampliando a vida útil desta infraestrutura eléctrica para malestar dos veciños”.

Ubicación actual da subestación eléctrica de Verín.

Consenso no traslado Asemade, o conselleiro lembrou que ubicación da futura subestación no Polígono de Pazos é froito do consenso entre as partes asinantes do acordo, e desbota a ubicación no Polígono de tamagos, “tal e como pretendía a oposición, porque está máis lonxe e polo tanto a calidade do subministro sería de peor calidade,

cando o obxectivo fundamental desta Consellería de Economía e Industria é garantir o subministro eléctrico a todos os fogares e empresas, que este sexa de calidade e ao menor custe posible”. Javier Guerra concluiu a súa intervención asegurando que o acordo para o traslado da subestación de Verín cumpre un dobre obxectivo moi importante, “que é o de dar resposta a unha histórica demanda veciñal que non foi atendida na anterior etapa, mellorar a calidade de vida dos verinenses e ao mesmo tempo garantir o subministro ao tecido empresarial da comarca e á súa ampliación no Polígono Industrial de Pazos”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Abril de 2011


BARRIOS Abril de 2011

VERÍN E COMARCA

4FOTO DENUNCIA

Primeira fase da urbanización da estrada entre Verín e Tintores

cualedro

Nas próximas semanas iniciarase a primeira fase da urbanización do tramo Verín-Vilela da estrada que une a localidade do Támega con Tintores. A obra está enmarcada dentro do Plan de Investimentos nas infraestruturas viarias de titularidade provincial e municipal, solicitada polo Concello de Verín á Deputación Provincial de Ourense. A actuación, que conta cun orzamento de 176.072,68 euros, comprende un tramo de 675 metros desde a saída de Verín ata pasado o cruce da estrada que conduce ao Hospital Comarcal de Verín e ao campo de fútbol. As obras comprenden a urbanización e ensanche do viario ata un ancho de 14 metros dos que 10,70 corresponden á calzada e 3,30 a dúas beirarrúas e 1,65 metros a cada lado con beirado de formigón e loseta hidráulica. O ensanche e pavimentación da calzada existente realizarase en aglomerado asfáltico en quente. O drenaxe da explanada efectuarase mediante sumidoiros que se unirán ás canles existentes que atravesan a calzada. Tamén se colocará unha nova rede de fecais, de maneira independente da de pluviais. Ademais, substituirase a iluminación actual por farois de baixo consumo e ampliaranse os pontóns e sumidoiros da actual estrada mediante caixas de formigón armado, da mesma sección dos existentes.

4 Vense de publicar no Diario Oficial de Galicia.

Redacción

O Castro de Saceda, declarado Ben de Interese Cultural Redacción O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a declaración de Ben de Interese Cultural, coa categoría de monumento, do Castro da Cidá de Saceda no termo municipal de Cualedro. Características O Castro de Saceda emprázase nun outeiro sobresaínte sobre a chaira que o rodea, ao sur da Serra do Larouco, nas penichairas entre a serra e a depresión de Verín, na conca do río Támega. Historicamente esta comarca foi unha zona estratexicamente situada nun lugar central do convento bracarense da Gallaecia romana, con capital en Braga, delimitado sobre unha área xeográfica que tiña xa anteriormente peculiaridades culturais propias, froito dunha tradición que viña xa da Idade do Bronce ou da primeira Idade do Ferro. Este xacemento ten gran valor monumental polas súas estruturas e reúne características morfolóxicas similares aos da comarca, ademais de ser aquel que proporcionou unha cronoloxía máis antiga dos estudados ata agora na zona. O monumento da Cidá de Saceda abrangue unha área de 734.464 metros cadrados onde se engloban amplas calzadas enlousadas, cabanas pétreas, o

Estado das beirarrúas en Albarellos.

Critican o estado das beirarrúas en Albarellos

Castro de Saceda, en Cualedro./EDUARDO CASTRO. sistema defensivo máis exterior como son as murallas e os foxos, e unha área de seguridade susceptible de emprazar outras non visibles en superficie. Inclúe ademais os vestixios arqueolóxicos descubertos pola investigación e os espazos consubstanciais aos mesmos. O seu contorno de protección abrangue 422.830 metros cadrados seguindo criterios de visibilidade e visibilización da cidá. Os condicionantes xeográficos e históricos foron determinantes das particularidades deste castro, que logo se repetirían no conxunto dos castros desta zona. A característica máis salientable é o potente e variado sistema defensivo, composto por impoñentes murallas pétreas, construídas a tramos con bloques ciclópeos e que se conservaron núas en toda a súa extensión sen estar cuber-

tas de terra. Esta circunstancia, xunto coas súas dimensións actuais, así como os derrubes que se aprecian aos seus pés e o carrexo de pedra ao longo dos séculos, dan idea da consistencia e monumentalidade que acadaron no momento de máximo apoxeo. O Castro de Saceda érguese no medio dunha chaira, cun gran control visual sobre o contorno. Trátase dun castro non romanizado, con leves influenzas do mundo romano debidas aos contactos comerciais. Neste xacemento atopáronse materiais cerámicos e unha importante colección de achados metálicos. A súa cronoloxía abrangue dende o século VI antes de Cristo ao I despois de Cristo, cunha lixeira e residual reocupación no século V despois de Cristo.

A característica máis salientable do castro de Saceda é o seu potente e variado sistema defensivo

O BNG de Monterrei denuncia o estado “tan deplorable” no que se atopan as beirarrúas de Albarellos. “Levan neste estado moito tempo sen que por parte do Concello se fixera ningun tipo de reparación para que deixen de ser un perigo para os veciños e veciñas que todos os días teñen que pasar por esa zona”, indican nun comunicado. O BNG de Monterrei esixe que se solucione este problema o antes posible, “e non esperar a que algún veciñopoida ter un problema e se lesione por culpa do deterioro das mesmas”.

A conselleira de Sanidade no Hospital de Verín. /BORYS.

Pilar Farjas visita o Hospital de Verín A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, visitou a Unidade de exploración do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama do Hospital de Verín. Esta unidade, que comezou a súa actividade en xaneiro, prevese que explore nos vindeiros cinco meses case 4.000 mulleres de Cualedro, Monterrei, Oimbra, Riós, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós, Verín, A Gudiña, A Mezquita, e Vilariño de Conso. Ata o momento 1.298 féminas destas zonas xa acudiron ás revisións. Á espera dos datos finais, a Xunta de Galicia considera máis alto do agardado o grao de participación das mulleres desta comarca en revisións mamarias. Conclusión na que destacan os concellos de Vilardevós e Laza, cunhas porcentaxes de revisión do 82 e o 78% por parte da súa poboación feminina.


PUBLICIDADE

BARRIOS Abril de 2011


BARRIOS Abril de 2011

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Publicada a memoria ambiental do polígono de Tamagos 4 Prevese licitar as obras de urbanización da primeira fase antes de que finalice 2011. Redacción

Candidatos socialistas ás alcaldías da comarca de Monterrei.

O PSdeG presenta aos seus candidatos na comarca 4 Emilio González Afonso aspira de novo a ser alcalde en Verín. P. Lodeiro Xa se coñece o nome dos candidatos socialistas das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras ás eleccións municipais do 22 de maio. Repiten os xa alcaldes Vicente Gómez por Castrelo do Val, José Luis Pérez por Vilardevós e José Luis Santamarina por A Mezquita, así como o candidato en Verín, Emlio González Afonso. Entre as novas caras, Beatriz Blanco pe Marta Arias intentarán conseguir para o seu partido ás alcaldías de Laza e Oímbra respectivamente. En Riós presentarase Silvestre Perez, en Cualedro Faustino Domínguez, en Monterrei José Luis Justo, en A Gudiña Miguel Ángel Rodríguez. Todos eles estiveron presentes nun acto público na Casa da Cultura de Verín, ao que tamén acudiron o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, e o secretario provincial, Raúl Fer-

nández. Neste acto, o candidato á alcadía de Verín, Emilio González Alfonso, avogou por cambiar o modelo político instaurado polo PP na comarca de Monterrei, “caracterizado polo tráfico de influencias, o amiguismo e o enchufismo”. González Afonso explicou que “é necesario un modelo socialista que poña en marcha políticas activas de emprego en todos os concellos da comarca, con Verín como centro neurálxico, para facer fronte á grave situación de desemprego que sufren os verinenses”. Así, indicou que os socialistas potenciarán un modelo de economía sostible e seguirán os modelos urbanísticos xa implantados polos alcaldes socialistas na comarca. O PSdeG goberna Vilardevós desde 1983 e Castrelo do Val desde 1987.

O acto foi presentado pola candidata á alcaldía de Oimbra, Marta Arias Regueiro, quen afirmou que “os obxectivos prioritarios en Oímbra son potenciar os servizos sociais no Concello, fomentar a agricultura, os productos propios, que os pobos da montaña teñan boas comunicacións, incentivar ás empresas locais para que sigan medrando, e fomentar a natalidade e que a xente nova non teña que marchar fóra para atopar traballo”. Arias salientou ademais a súa aposta “por un Támega limpo, porque nestes momentos dá pena mirar para el, xa que sen dúbida coidar o noso patrimonio natural, as nosas augas, o noso territorio, ten que ser una seña de identidade dos socialistas nesta comarca”.

Repiten os alcaldes socialistas de Castrelo do Val, Vilardevós e A Mezquita

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do proxecto sectorial do parque empresarial de Tamagos en Verín. Coa publicación da memoria ambiental dáse un novo paso na tramitación do proxecto sectorial do parque empresarial de Tamagos. O próximo trámite será a obtención do informe favorable da dirección xeral de Sostibilidade, o que permitirá posteriormente levalo ao Consello

da Xunta para a súa aprobación. Unha vez que o proxecto sectorial sexa aprobado polo Consello da Xunta, a empresa pública Xestur Ourense procederá ao encargo da redacción do proxecto de expropiación e á tramitación do mesmo, para o cal xa recibiu a encomenda do Instituto Galego da Vivenda e Solo. O proxecto de expropiación afectará unicamente aos terreos pendentes de adquisición, xa que arredor dun millón de metros cadrados foron adquiridos xa por mutuo acordo cos propietarios.

Unha vez rematada a expropiación, prevese que as obras de urbanización da primeira fase se realice antes de finalizar 2011 co obxectivo de rematalas en 2013. O parque empresarial de Tamagos ocupará, cando estean desenvolvidas todas as fases, máis de 1,3 millóns de metros cadrados e suporá un investimento total de arredor de 55 millóns de euros. A primeira fase deste parque empresarial ocupará entre 200 e 250 mil metros cadrados e incluirá unha central loxística de transportes do Plan MOVE.

A primeira fase do parque empresarial ocupará entre 200 e 250 mil metros

EN BREVE

4 Reclaman a limpeza de algas no Támega O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Alta para demandar á Confederación Hidrográfica do Douro que canto antes emprenda unha actuación no río Támega, á altura de Verín, para limpar o banco de algas presente no río desde o mes de marzo. Pérez Bouza lembra que se trata dun fenómeno habitual que se produce coa chegada das altas temperaturas. Por iso, sinala, “é preciso que a Confe-

deración adopte medidas para afrontar o problema de maneira automática cada ano”. O senador do BNG descrebe o estado do río como de “lamentábel, cun aspeito de suciedade e un olor que se agudiza co calor. Unha situación que preocupa ao concello tamén pola proximidade da praia fluvial situada nunha das marxes do río”. Pérez Bouza pediralle á Confederación Hidrográfica do Douro que adopte actuacións inmediatas sen agardar a xuño e preguntaralle que solucións está a estudar respeito á invasión de algas que se repite cada ano.

4 Presentación das listas do BNG e do PP en Xinzo O BNG de Xinzo presentará este sábado 16 de abril a lista que acompañará ao seu candidato Amador Díaz Penín nas vindeiras eleccións municipais de maio. O acto terá lugar ás 8 da tarde na Casa da Cultura de Xinzo. Por outra banda, o mércores 20 de abril o Partido Popular de Xinzo presentará a súa lista, que encabeza Antonio Pérez. O 18 de abril remata o prazo de presentación de candidaturas ás eleccións do 22 de maio.


XINZO E COMARCA

BARRIOS Abril de 2011

O Concello de Xinzo adica preto de 4,5 millóns de euros a obras de mellora na vila e os seus pobos Dotar a Xinzo dunhas infraestruturas e servizos acordes coas necesidades dos seus veciños e veciñas é unha das prioridades que marca o facer diario do seu Concello, gobernado polo rexedor “popular” Antonio Pérez. A mostra desta inquedanza do goberno municipal vese reflexada nun programa de actuacións que está a transformar o municipio. O Concello de Xinzo ten nestes momentos máis dunha vintena de obras en execución ou pendentes dunha execución inmediata. Estes traballos contan cun orzamento líquido que ronda os 4,5 millóns de euros. Con estas obras, o equipo de goberno que dirixe Antonio Pérez pretende introducir melloras tanto no núcleo de Xinzo como nos seus pobos, para facer do municipio un lugar idóneo onde vivir. Este plan de actuacións abarca obras de distinto calado, desde intervencións en estradas ou beirarrúas ata melloras en espazos públicos, elementos patrimoniais, servizos e dotacións. Así estanse executando actuacións como o acondicionamento das marxes da estrada no Raposo (232.951, 09 euros), a reforma da estrada 304 –Avenida de Portugal- (2.161.330,50 euros) ou o arranxo da rúa Marcelo Macías (284.999,99 euros). As obras tamén chegan a Avenida de Madrid, cunha inversión de 243.593,04 euros en renovación de beirarrúas, ás rúas do Forno do Concello e Constitución, así como á rúa Curros Enríquez para dotala de contenedores soterrados (57.142,85 euros). A política municipal de mellora de Xinzo inclue tamén a adecuación de espazos públicos como é o acondicionamento da Praza do Grupo Santa Mariña, que conta cun orzamento de 177.414,72 euros. Sen

Acondicionamento da praza do grupo Santa Mariña.

Obra de construción da canceira municipal, en A Lomba. esquencer tampouco intervencións en servizos dotacionais do municipio, como o arranxo do antiguo cuartel de Xinzo (4.000 euros) ou as obras da canceira municipal en A Lomba. Esta intervención, executada nun 70 por cento, conta cun orzamento de 137.863,62 euros. A mellora da contorna tamén é unha realidade na política municipal do Concello de Xinzo, cunha especial preocupación por dotar aos pobos do municipio dos servizos básicos e manter o seu patrimonio. Así, o Concello ten en execución ou pendente de execución inminente obras como o arranxo dos fornos de La-

mas e Boado; a mellora das fontes de Boado e Guntimil; dos lavadoiros de Damil, Novás, Pidre e San Pedro de Laroa, e o arranxo do cruceiro e o acondicionamento do Centro Social en Parada de Ribeira. Asemade, tamén esta orzamentada a obra de canalización da rede de saneamento en Lamas (49.980 euros). Con estas intervencións, o Concello de Xinzo pretende dar continuidade ao traballo que xa se vén facendo nos últimos meses. Obras como o arranxo viario das rúas Castelao e Formigueiro ou a rehabilitación dos fornos de Piñeira Seca, Solveira e Ganade, entre outras, son xa unha realidade.

Este plan de actuacións abarca obras de distinto calado, desde intervencións en estradas ou beirarrúas ata melloras en espazos públicos, elementos patrimoniais, servizos e dotacións

Pavimentación da rúa Marcelo Macías.

Reforma da estrada 304

Obras en execución ou pendentes en Xinzo Acondicionamento das marxes na estrada do Raposo Reforma da estrada 304 (avenida de Portugal) Ampliación do proxecto anterior Acondicionamento da praza do grupo Santa Mariña Pavimentación rúa Marcelo Macías Renovación beirarrúas avenida de Madrid Construción do campo de fútbol Contedores soterrados rúa Curros Enríquez Mellora de rúas do Forno do Concello e Constitución Arranxo forno público en Lamas Acondicionamento de centro social en Parada de Ribeira Rehabilitación de forno público en Boado Canalización da rede de saneamento en Lamas Cerramento de pendello en Mosteiro de Ribeira Arranxo fonte en Boado Arranxo fonte en Guntimil Arranxo lavadeiro en Damil Arranxo lavadeiro en Novás Arranxo lavadeiro en Pidre Arranxo lavadeiro en San Pedro de Laroa Arranxo de cruceiro en Parada de Ribeira Arranxo antigo cuartel Xinzo de Limia Canceira municipal en A Lomba

232.951 euros 2.161.330 euros 700.000 euros 177.414 euros 284.999 euros 243.593 euros 300.000 euros 57.142 euros 45.748 euros 32.062 euros 49.500 euros 49.697 euros 49.980 euros 28.000 euros 4.000 euros 4.000 euros 4.000 euros 4.000 euros 4.000 euros 4.000 euros 4.000 euros 4.000 euros 137.863 euros


10

BARRIOS Abril de 2011

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Pleno en Xinzo

4 Matrícula no PAI de Sandiás

O orzamento para 2011 ascende a 6,7 millóns de euros

Está aberto ata o 16 de abril o prazo para reservar praza no Punta Atención Infantil (PAI) de Sandiás. A documentación para novos inscritos inclúe, entre outros documentos, a solicitude, o libro de familia, o DNI dos proxenitores, o certificado de empadroamento, un certificado médico do rapaz, o carné de vacinación actualizado a cartilla da Seguridade Social e dúas fotografías do pequeno. Presentarase na Casa do Concello. para dende o 22 de marzo ó 16 de abril. A documentación deberán entregala no Concello. Existen bonificacións na tarifa deste servizo para familias numerosas ou segundo a situación económica.

4 O BNG leva ao fiscal o censo de Xinzo O senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza e o voceiro nacionalista en Xinzo, Amador Díaz Penín, presentaron ante a Fiscalía de Ourense as probas sobre o empadroamento irregular do popular Agustín Prado Verdeal, así como catro familiares, “nun domicilio en Xinzo que non é dil”. O BNG agarda que o fiscal abra unha investigación e analice os empadroamentos neste municipio de 122 persoas durante o pasado mes de decembro. Con respecto a este asunto, o Concello de Xinzo xa xustificou, a petición do INE, as 122 altas sospeitosas no seu censo.

4 Éxito en matemáticas dun alumno de Xinzo Óscar Rivero Salgado, alumno do instituto Cidade de Antioquía de Xinzo, obtivo medalla de ouro na fase nacional da XLVII edición da Olimpíada Matemática Española. É a segunda vez que este estudante de 1º de Bacharelato do instituto limián, forma parte do equipo de 6 membros que representará a España na LII Olimpíada Matemática Internacional, que terá lugar en Holanda.

4 O capítulo de persoal representa o 60% dos gastos. Redacción O Concello de Xinzo de Limia aprobou en pleno o orzamento para 2011, que ascende a 6.770.000 euros. As contas quedaron aprobadas cos votos a favor do grupo de goberno do PP e do independente Manuel Cabas e en contra de socialistas e nacionalistas. O edil non adscrito Alfonso Patricio non estivo presente na sesión. A cifra de 6,7 millóns de euros é lixeiramente superior á de 2010 (6,2 millóns de euros). A maior parte do orzamento dedicarase a sufragar os gastos de persoal (case o 60% , 4 millóns de euros), mentres que para investimentos resérvase unha partida que supera o medio millón de euros (o 7,81%). O alcalde, Antonio Pérez, recalcou que se aumenta, con respecto ao ano anterior, en máis de cen mil euros o investimento dedicado a obras. Os gastos correntes mantéñense nunha cifra similar á do ano pasado, levándose outro millón e medio de euros. Desde a oposición criticaron as contas xerais para este exercicio. O voceiro do BNG, Amadro Díaz Penín, asegurou que “hipotecan o presente e o futuro de Xinzo”, mentres que a voceira socialista, Elvira Lama, considera que “son un calco dos do ano pasado”. Outros asuntos da sesión plenaria Na orde do día deuse conta da avaliación do cumprimento no exercicio 2010 do “Plan de Saneamento Económico-Financeiro”, que resultou informado desfavorablemente pola interventora municipal xa que se produciu un aforro neto negativo de 558 mil euros. Na sesión tamén foi

aprobada, cos votos do PP e de Manuel Cabas, a modificación do convenio coa Deputación para a recollida de lixo e recadación de impostos. Ademais, houbo unanimidade para aprobar a construción dun campo de fútbol de herba artificial na Moreira, cunha partida de 300.000 euros, dos que 50.000 serán achegados polo Concello. Tamén se aprobou o proxecto de mellora da rúa Rosalía de Castro. En canto ás mocións, o PP prestou o seu apoio a unha moción do PSOE sobre a posta en marcha do Museo do Entroido. Neste punto, o rexedor anunciou a firma dun convenio no mes de abril coa Xunta por importe de 140.000 euros para a posta en marcha das instalacións. Pola contra, o goberno popular desestimou a urxencia dunha moción do BNG e do PSOE sobre o rexeitamento á posible localización da incineradora de lixo no parque empresarial. O rexedor esgrimiu na sesión unha carta de Medio Ambiente na que o conselleiro, Agustín Hernández, asegura que a localización da planta aínda non está decidido. O BNG presentou outra moción para solicitar da Xunta do PP a retirada da Lei de Augas de Galicia (foi rexeitada), e interesouse polo proxecto para crear un embarcadoiro en Xinzo. O rexedor aclarou que o obxectivo é facer un pantalán, unha pasarela e unha caseta de madeira cun orzamento duns 200 mil euros que aporta Portos de Galicia.

4 millóns dos orzamentos irán para gastos de persoal, 1,5 millóns para gasto corrente e 500.000 euros para inversións

A directora xeral de Comercio visita a praza de Xinzo 4 O seu departamento repartiu 360.000 euros para as prazas de abastos e centros comerciais abertos da provincia. Redacción A directora xeral de Comercio, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron a praza de abastos de Xinzo de Limia, ademais das de O Carballiño, Ribadavia, e Celanova. Durante a visita, os representantes do goberno galego salientaron o apoio da Consellería de Economía e Industria a estes importantes espazos comerciais como dinamizadores e potenciadores da actividade comercial nas nosas vilas e cidades. Nava Castro, que mantivo encontros cos praceiros destes mercados de abastos para escoitar as súas demandas, lembrou que Economía e Indus-

Nava Castro e Rogelio Martínez, nunha visita a unha das prazas de abastos da provincia./RAMSÉS. tria adxudicou o ano pasado unha partida global de 3,33 millóns de euros para a dinamización de prazas de abastos e centros comerciais abertos. En concreto, na provincia de Ourense estas organizacións comerciais percibiron 361.000 euros para a súa dinamización nos concellos de O Carballiño, Celanova,

Remata o ciclo de obradoiros de saúde 4 Desenvolvéronse tres cursos. Redacción O Concello de Xinzo de Limia desenvolveu nos últimos meses uns obradoiros de saúde, de carácter gratuíto, destinados á poboación en xeral. Os obradoiros foron organizados pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, e impartidos por especialistas do Sergas. Os seus obxetivos foron os de capacitar a cidadanía para, de maneira activa, promover o disfrute dunha asistencia sanitaria

máis segura e de calidade, aumentando os coñecementos sobre aspectos concretos relacionados coa saúde. O primeiro deles foi o de “Envellecemento activo e saudable”, realizado no mes de xaneiro, e no que participaron unha trintena de alumnos. En febreiro a temática do curso foi “Coidando o coidador”, mentres que en marzo o obradoiro levou por título “Hábitos de Vida Saudables dende a infancia á idade adulta”

Participantes nun dos obradoiros saudables.

Ribadavia e Xinzo de Limia. Pola súa banda, Rogelio Martínez subliñou a aposta da Xunta por “transmitir os valores de calidade e proximidade do comercio tradicional”, de aí o apoio económico do goberno autonómico a prazas e centros comerciais abertos “porque representan estes valores”.

Civitas Limicorum reproba á directora xeral de Turismo Redacción

A Asociación Civitas Limicorum asegura que as declaracións da Dirección Xeral de Turismo con respecto á subvención solicitada polo colectivo “a parte de falsas son mal intencionadas; xa que en ningún momento se pretendía cobrar a subvención sen xustificala”. O colectivo que organiza a Festa do Esquecemento en Xinzo reitera que “por catro veces enviamos facturas suficientes supervisadas e escollidas polos propios funcionarios da Dirección Xeral de Turismo”, coa que se xustificarían os 6.000 euros da axuda comprometida, e que finalmente quedou en 1.050 euros. A asociación reproba “a actitude e o engano de Carmen Pardo, directora xeral de Turismo” e non descarta ir a un contencioso contra a Dirección Xeral.


XINZO E COMARCA

Medio Rural colaborará na xestión do centro de limpeza e desinfección 4 Achegará 10.000 euros Redacción Inauguración da Casa da Cultura de Trasmiras. /RAMSÉS

Trasmiras inaugurou a súa Casa da Cultura 4Cun investimento de 50.000 euros por parte da Consellería de Cultura e Turismo. Redacción O Concello de Trasmiras vén de inaugurar a súa nova Casa da Cultura, reconstruída cunha achega de 50.000 euros por parte da Consellería de Cultura e Turismo, froito dun convenio de colaboración entre o concello ourensán e a Xunta que se inclúe no Programa Operativo FEDER Galicia 20072013. Coa apertura do centro, Trasmiras poñerá en marcha unha escola de música que xa conta con 80 alumnos de toda a comarca da Limia. Deste xeito, Consellería e Concello pretenden recuperar unha tradición musical moi arraigada entre os veciños da zona. Inicialmente, cinco profesores impartirán, entre outras, clase de: trompeta, trombón, tuba, gaita, percusión, saxo, clarinete, guitarra e canto. Referente cultural Esta colaboración busca

que a renovada infraestrutura se convirta nun referente sociocultural para a divulgación, información e promoción do patrimonio da zona; para o que albergará diferentes programas destinados tanto a públicos de todas as idades como aos camiñantes que se achegan ao Concello na súa peregrinaxe pola Vía da Prata. Programa FEDER A remodelación levada a cabo en Trasmiras enmárcase no Programa Operativo FEDER Galicia, co que Cultura e Turismo busca o acondicionamento e equipamento dos locais culturais xa existentes na nosa comunidade, pero que non se poden usar por non estar en condicións óptimas, de maneira que coa súa reconstrución os distintos concellos de Galicia poden proporcionar á poboación unha oferta sociocultural axeitada.

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia colaborará co Concello de Xinzo de Limia na xestión do centro de limpeza e desinfección dos vehículos e medios de transporte de gando, por un importe global de 10.000 euros, a repartir en dúas anualidades. A finais de marzo foi a Consello da Xunta o convenio que autorizou ao departamento de Samuel Juárez a cederlle as instalacións do centro de limpeza e desinfección ao concello limián para, deste xeito, regular a súa xestión. Un centro que dispón dos elementos precisos para desenvolver o proceso de limpeza e desinfección dos vehículos e medios de transporte do gando. Competencias O Concello de Xinzo de Limia ademais de asumir a xestíón desta infraestrutura, encargarase tamén

de contratar ao persoal necesario para a prestación do correspondente servizo. Así mesmo definirá o horario do centro; establecerá e cobrará as tarifas a satisfacer polos usuarios; ocuparase do mantemento das instalacións e informará anualmente á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural dos vehículos lavados e desinfectados nas súas instalacións, entre outras actividades. Orzamento O presente convenio asinarase cunha duración de dous anos, até o 30 de decembro de 2012, por un importe global de 10.000 euros, a razón de 5.000 euros por ano.

A Consellería asumirá labores de contratación de persoal e xestión do centro

Mercado de gando en Xinzo./P.L.

BARRIOS Abril de 2011

11

Portos de Galicia realizará un estudo das posibilidades do río Limia 4 O BNG reclamaba explicacións sobre o polémico embarcadoiro. Redacción Logo de que o BNG do Concello de Xinzo presentase unha iniciativa municipal para que o alcalde, Antonio Pérez, explicase a natureza do proxecto e do convenio asinados con Portos de Galiza, para a construción dun embarcadoiro deportivo no río Limia, a entidade autonómica aclarou que só se trata dun estudo para coñecer as alternativas posibles para o impulso da navegación no Limia, non de ningún proxecto para construir un porto deportivo. As demandas do BNG O BNG de Xinzo considera este posible porto como unha “obra inútil que os populares pretenden levar a cabo mentres deixan de lado as necesidades reais dos veciños de Xinzo”, como é a limpeza do río co fin de garantir o seu caudal durante todo o ano e non só seis meses. O seu voceiro, Amador Díaz Penín, sospeita que o anuncio é “unha nova ocurrencia pre-electoral do noso alcalde coa que desviar a atención sobre os seus bandazos ao respeito da polémica incineradora que o PP proxecta instalar no sur de Galiza e sobre a cal a Xunta aínda

non deu a coñecer a ubicación”. Só é un estudo Portos de Galicia quixo aclarar en relación ao polémico embarcadoiro que só está a elaborar un estudo de potencialidades e alternativas para o impulso da navegación fluvial no Limia, concretamente ao seu paso polo municipio de Xinzo. Debido á confusión creada ao respecto, a entidade aclarou que redactará unha proposta de instalacións náuticas, non dun porto deportivo, aberta á colaboración das distintas administracións, co obxectivo de poñer en valor o turismo fluvial na zona. Posibles construcións Así pois, entre as dotación recreativas que baralla contémplase un pantalán flotante en madeira, para albergar canoas para disfrute público, coa correspondente pasarela de acceso e a habilitación dun embarcadoiro fluvial. A proposta inicial sumará a estas dotacións unha caseta de madeira prefabricada, cunha zona de almacén, un botiquín e unha zona común recreativa. Toda a actuación culminaría coa iluminación da área e a colocación de mobiliario urbano complementario.


12

BARRIOS Abril de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS Abril de 2011

13


14

BARRIOS Abril de 2011

OURENSE PROVINCIA

A Xunta adicará dous millóns de euros para pór en valor zonas rurais ourensás 4 Beneficiando a 21.000 habitantes de dez concellos da provincia. Redacción

O tiutlar de Medio Rural, Samuel Juárez, durante a sinatura dos convenios. / RAMSÉS

Medio Rural investirá 500.000 euros en infraestruturas nas comarcas de Verín e A Limia 4 22 concellos serán os beneficiados. Redacción O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, asinou en Verín os convenios destinados a mellorar infraestruturas rurais de 22 concellos das comarcas de Monterrei e A Limia, que suporán para a Xunta de Galicia unha inversión total de máis de 500.000 euros. A estas obras, comprendidas dentro do progarma da Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM), sumaranse outras novas cando o Ministerio de Medio Ambiente aporte a parte prevista. O obxectivo fundamental destas infraestruturas é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas comarcas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. PEIM Rural O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en

materia de infraestruturas rurais. E segundo o mesmo, o Ministerio, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais por un importe máximo de 19 millóns de euros. Mentres que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural por un valor máximo de 9´5 millóns de euros Por iso, ás infraestruturas previstas ata o momento (e financiadas exclusivamente polo executivo autonó-

mico) sumaranse outras novas cando o Goberno central aporte a parte que lle corresponde. Para salvagardar o cumprimento deste acordo, creouse unha Comisión de Seguimento, integrada por representantes de ambas partes.

O obxectivo da inversión é por fin ás deficiencias dalgunhas zonas rurais galegas

4 Investimento en cada municipio A Gudiña A Mezquita Baltar Calvos de Randín Castrelo do Val Cualedro Laza Monterrei Oimbra Os Blancos Rairiz de Veiga Riós Porqueira Sandiás Sarreaus Trasmiras Verín Vilardevós Viana do Bolo Vilar de Barrio Vilar de Santos Xinzo de Limia TOTAL

22.401,06 € 18.658,64 € 22.808,71 € 23.293,74 € 20.805,68 € 19.163,26 € 24.799,47 € 31.213,77 € 21.378,91 € 5.653,80 € 23.281,51 € 26.800,79 € 20.337,72 € 22.108,71 € 23.739,71 € 20.003,06 € 20.493,24 € 26.947,96 € 41.920,45 € 25.874,57 € 12.597,57 € 29.508,04 € 503.790,37 €

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colaborará con dez concellos ourensáns na mellora e posta en valor do seu patrimonio público. Estas actuacións, enmarcadas dentro das liñas de acción do Plan Hurbe, suporán un investimento de 1,9 millóns de euros e beneficiarán aos preto de 21.000 habitantes dos concellos de Toén, Muíños, San Cristovo de Cea, Xunqueira de Ambía, San Amaro, Laza, O Irixo, Cualedro, Boborás e Sarreaus. Unha iniciativa que foi ratificada mediante a sinatura de protocolos entre o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e os correspondentes alcaldes, e que responde ao obxectivo do goberno galego de fomentar a creación e mellora dos espazos de encontro e recuperar os espazos públicos que foron perdendo o seu carácter de áreas de interacción social por un inadecuado desenvolvemento urbanístico. Así como contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no medio rural mediante a mellora da calidade de vida nestas contornas. Lugares singulares Os protocolos asinados, que deberán desenvolverse mediante os corres-

pondentes convenios de actuación, prevén poñer en condicións adecuadas lugares situados na parte máis tradicional dos núcleos da nosa comunidade e que supoñen puntos de encontro da poboación. Este é o caso da Praza de Sarreaus, que será remodelada (por un valor de case 152.400 euros) para proporcionarlle aos veciños do concello un lugar de xuntanza axeitado. Da mesma maneira que en Laza está prevista a construción dunha glorieta urbana co fin de lograr unha mellor canalización do tráfico rodado, así como dunha zona específica para o estacionamento dos autobuses escolares. Todo a partir dunha inversión total de 136.000 euros. Remate de obras Noutros casos, esta sinatura supón o primeiro paso para rematar obras inacabadas, o que supón unha situación de perigosidade e de imaxe de deterioro prexudicial para a vila na que se encontran ao igual que para os seus cidadáns. Por exemplo, no municipio de Cualedro investiranse máis de 134.000 euros na recuperación de lugares de arquitectura popular ou a rehabilitación de espazos públicos como é a praza da Xuntanza, na parroquia de A Pedrosa, un espazo singular poboado por castiñeiros centenarios onde se empraza a antiga escola,

hoxe local social onde se reúne a xunta de veciños e na que se celebran as festas patronais. Humanizar as vilas O Plan Hurbe 20102014 naceu como resposta á necesidade da humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá de persoas nativas e inmigrantes, esta iniciativa busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentes. Para isto resulta fundamental a colaboración cos concellos correspondentes, como órganos responsables desas áreas, sendo o Plan Hurbe a ferramenta de colaboración técnico-financeira da Xunta de Galicia neste eido. A finalidade perseguida é a de humanizar as vilas, sexan grandes ou pequenas, que máis o precisen, atendendo á realidade sociodemográfica de cada unha delas.

O Plan Hurbe busca fixar poboación no medio rural coa mellora da calidade de vida nestas zonas

O conselleiro de Medio Ambiente xunto ao delegado da Xunta en Ourense e aos alcaldes dos concellos cos que firmou convenios./RAMSÉS.


OURENSE PROVINCIA

EN BREVE

4 Información urbanística dos concellos, na web da Deputación Os concellos de Sandiás, Celanova, Allariz, e Verín ofrecen xa a información urbanística sistematizada a través da web da Deputación Provincial de Ourense e das web municipais. Os internatuas poderán consultar o planeamento urbanístico de forma inmediata e personalizada, o que supón un paso máis no impulso á Administración sen papeis. Os traballos consistiron na vectorización e sistematización do planeamento urbanístico; a posta en marcha do equipamento e as aplicacións informáticas que dan soporte á visualización da información, e a formación dos técnicos municipais de cara á validación dos datos sistematizados e o mantemento posterior do sistema. Nas próximas semanas porase a disposición do público a información urbanística de O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e San Cibrao das Viñas. Este proxecto é consecuencia da adhesión da Deputación ao Programa Urbanismo en Rede.

4Medio Rural suspende os permisos de queimas Ante as previsións meteorolóxicas adversas para as próximas horas e días, con vento moderado do nordés e altas temperaturas,

BARRIOS Abril de 2011

15

publi-información

a Consellería do Medio Rural decidiu suspender, ata novo aviso, a concesión de permisos para a realización de queimas nos montes galegos. Deste xeito, queda totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería, dado que con vento a normativa prohibe sempre o uso do lume. Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas previstas para os vindeiros días.

lación de persoas con mobilidade reducida. Outras das actividades xa definidas son as mesas redondas de expertos sobre as incidencias na actividade laboral e as responsabilidades de empresarios e traballadores no consumo de alcohol, drogas e barbitúricos. Completarán o programa obradoiros sobre riscos psicosociais e ergonomía e xornadas teórico-prácticas sobre a prevención de riscos daquelas profesións que rexistran maior siniestralidade.

4Previsel, en Expourense, os días 3 e 4 de maio

megalíticos

Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, celebra a súa sexta edición en Expourense entre os días 3 e 4 de maio consolidado como unha cita imprescindible para os axentes sociais involucrados na prevención. Celebrarase de xeito independente e, para reforzar o seu carácter profesional terá lugar durante días laborais. Previsel volverá contar cun completo programa de conferencias, obradoiros e actividades, como a que se desenvolverá cos alumnos dos obradoiros de emprego, así coma co Voluntariado de Protección Civil da provincia. Para eles organizaranse obradoiros sobre riscos en actuacións de emerxencia, excarceracións, etc., ademais de abordar a manipu-

4 Xacementos O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pola que se acorda dar publicidade á relación dos 33 xacementos megalíticos con manifestacións de arte rupestre e se ordena o asento dos mesmos no inventario xeral do Patrimonio Cultural de Galicia no Rexistro de Bens de Interese Cultural, para garantir a súa protección. Na provincia de Ourense figuran a Mámoa número 1 da Serra das Motas de Lobeira e a Mota Grande número 1 de Verea como cámaras megalíticas; e a Pedra Alta de Cortegada ou Pedra Grande de Antela nos concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía como menhires ou pedras fitas.

Teknos actualiza las técnicas de cirugía del pie

La clínica ofrece intervenciones indoloras y sin ingreso hospitalario. La Unidad de Cirugía del Pie de la Clínica Teknos ha revisado sus protocolos quirúrgicos y actualizado sus técnicas para ofrecer al paciente intervenciones indoloras y sin ingreso hospitalario. Como explica su responsable, el podólogo Borja Pérez Serrano, “en la mayoría de las intervenciones el paciente se va andando a su casa el mismo día y en muchas de ellas se calza el mismo zapato que traía”. La exploraciones y pruebas diagnósticas se realizan en la clinica Teknos (plaza de las Mercedes) y las intervenciones en un centro quirúrgico autorizado. Problemas del pie con solución Este tipo de cirugía es aplicable a patologías como los juanetes, la tan dolorosa uña encarnada, para pies con problemas de dedos en martillo o garra, o para dolores plantares o metatarsales. “Exis-

Borja Pérez Serrano, podólogo, especialista en cirugía del pie.

Juanetes, uña encarnada, dedos en martillo o dolores plantares son algunas de las patologías con solución mediante intervención quirúrgica

ten múltiples patologías en el pie y la mayoría tiene solución. Lo fundamental para cualquier tratamiento es tener un diagnóstico claro del problema; normalmente intentamos agotar primero los tratamientos conservadores como plantillas o rehabilitación, y si no da resultado optamos por la opción qui-

rúrgica, como en casos de deformidad importante en los que la intervención es lo más recomendable”. Borja Pérez Serrano es especialista en cirugía del pie y podiatra residente en una clínica especializada de los Estados Unidos, de donde ha importado las técnicas más modernas.


16

BARRIOS Abril de 2011

OURENSE PROVINCIA / OCIO E CULTURA

Xinzo e Verín prepáranse para celebrar a Semana Santa 4 Do 17 ao 24 de abril ambas localidades acollerán actos en conmemoración desta festividade relixiosa. Redacción

O xerente do Inorde, á esquerda, xunto aos socios lusos do proxecto transfronteirizo.

O Inorde destaca que a cooperación transfronteiriza permite articular Ourense O Centro Empresarial Transfonterizo de Barbadás acolleu o plenario do proxecto de Comunidade Territorial de Cooperación 0227 CTC 1 E no que participaron o Inorde e dous dos seus socios portugueses de Val do Cavado e Alto Minho Lima. O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, destacou que a cooperación transfronteiriza permitiu “articular Ourense”. Apostou sen dúbida por “cooperar para conseguir” e significou que non fai falta “ir máis lonxe” pero si aproveitar os recursos de Ourense “con outra mirada” e visualizar o futuro. José Manuel Rodríguez asegurou que Ourense se prepara para ofrecer un escenario empresarial, social e turístico atractivo e que o AVE non sexa un instrumento de paso senón de parada. Ademais sinalou que unha vez que as distancias se miden en tempos, Ourense será eixo dunha

eurorrexión con vinte millóns de consumidores nun tempo máximo de tres horas, e por iso Ourense convértese nun lugar “vivo e activo”. Todo iso sen esquecer as antigas rutas comerciais, hoxe vías culturais e turísticas como a Vía Nova, e destacando o peso do proxecto estacións ou o termalismo, que está complementado coa riqueza gastronómica, paisaxística ou patrimonial. José Manuel Rodríguez repasou o avance vivido no nove anos de colaboración transfronteiriza e os logros que se conseguiron grazas a ela, o apoio ás empresas, a creación dos centros de interpretación e de desenvolvemento, a plantación de castiñeiros ou a transformación do sector termal foron algúns dos exemplos. A visualización mediante campañas, series de televisión, cinema ou deporte permitiron que Ourense traspase as súas fronteiras.

Pola súa banda, Paulo Alves, director da iniciativa CIM Alto Minho Lima, destacou o labor realizado no campo das ideas de negocio co fomento da capacidade emprendedora e a diversificación do tecido empresarial. Resaltou un total de 32 ideas de negocio presentadas das cales só 15 foron seleccionadas, por parte de 47 promotores novos, formados e con ocupación que buscaban unha mellora nas condicións laborais dentro da súa zona. O turismo, o lecer e o medioambiente foron as temáticas principais dos proxectos abordados. Pola súa banda, Luís Macedo Machado, secretario executivo da Comunidade Intermunicipal do Cávado, repasou as melloras realizadas en materia de infraestruturas, viais transfronteirizos, calidade de augas ou estacións termais.

Visita ás instalacións da empresa que fabricará o coche eléctrico O director xeral do Igape, Joaquín Varela, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, viaxaron a Inglaterra para coñecer as instalacións en Devon de Xero Technology, o grupo que impulsa o proxecto industrial para fabricar en Ourense o coche eléctrico Xero. A delegación galega, acompañada polos directivos de Xero Oliver Mitchel, David Pollard e Julio Ma-

yorga, tivo a oportunidade de coñecer a fondo distintos aspectos relacionados co deseño, a produción, a homologación e a distribución dos vehículos eléctricos que Xero prevé fabricar en Ourense, mediante uns investimentos cifrados en 26 millóns de euros para crear, en 2015, máis dun milleiro de novos postos de traballo. Segundo anunciara o con-

selleiro de Economía e Industria Javier Guerra, a Xunta mantén un “firme compromiso de apoiar o proxecto de investimento promovido pola compañía británica Xero Technology”, para o que contará con axudas públicas de ata 11 millóns de euros, “grazas aos apoios de especial intensidade habilitados no marco do plan Impulsa Ourense”.

A tan só uns días do Domingo de Ramos, Xinzo e Verín apuran os últimos detalles para dar comezo a toda unha semana de culto e oración pola morte e resurrección de Cristo. As dúas localidades ourensás acollerán eucaristías, procesións e ofrendas en conmemoración das datas máis sinaladas do ano para a comunidade cristiá. Xinzo Coa celebración do Día Mundial da Xuventude moi presente (que terá lugar en Madrid do 16 ao 21 de agosto), a localidade limiá ten previstas para a esta Semana Santa unha serie de actividades que se extenden por diversas zonas da vila dende o Domingo de Ramos ata o de Pascua. Comezando o 17 de abril coa bendición dos Ramos ás 12 do mediodía na Igrexa Vella e coa posterior procesión ata a Nova, onde se celebrará unha eucaristía. O martes seguinte, ás 21 horas, un grupo de xóvenes da parroquia representarán o Camiño de Xesús (Vía crucis) subindo o monte de Baronzás. Xa o Xoves Santo, ás 6 da tarde, conmemorarán a “Cea do Señor”, que estará acompañada de procesións ás horas santas (de 10.30 a 11.30 e de 00.00 a 02.00 horas). O Venres Santo dará comezo co oficio de Laudes ás 9.30 horas, seguido ás 12 do Vía crucis organizado na Igrexa Nova polos nenos de catequesis de 3º, 4º e 5º de primaria. Pola tarde, ás 6, terá lugar a misa conmemorativa da Paixón de Cristo e ás 9 da noite a Procesión do Santo Enterro (na que participarán as cofradías do “Nazareno” e da “Virxe da Dolorosa”, así como a Agrupación Musical da Limia). O Sábado 23, Xinzo acollerá tamén o oficio

de laudes, esta vez ás 10 da mañá; un Vía crucis ás 12 na Igrexa Nova e a celebración da Vixilia Pascual a partires das 22 horas. Por último, o Domingo de Pascua celebraranse dúas misas parroquiais ás 12.30 e ás 20 horas. Verín Ao igual que Xinzo e outras localidades da nosa provincia, Verín tamén é en Semana Santa o sitio escollido por moitos para conmemorar esta data, asistindo aos diversos actos relixiosos que a vila acolle durante eses oito días. Este ano, como é o habitual, a festividade arranca o próximo domingo, ás 11.30 horas, coa bendición dos Ramos en San Lázaro e posteriores procesión e misa. Xa o mércores, ás 8 da tar-

de, terá lugar a Celebración Comunitaria da Penitencia. O Xoves Santo, ás 17 horas celebrarase unha misa e ás 18.30 a conmemoración da “Cea do Señor”. O Venres Santo, ás 5 da tarde, terá lugar unha Acción Litúrxica con adoración á Cruz e ás 8 un Sermón de Desenclavo acompañado de procesión. O Sábado Santo, ás 10 da mañá celebrarase o Vía crucis e ás 8.30 da tarde a Vixilia Pascual con bautismos. Pola súa banda, na Igrexa da Merced de Verín tamén se conmemorarán os momentos chave da Semana Santa, así, o xoves, ás 7 da tarde, acollerá unha misa; o venres, un Vía crucis ás 10 e unha Acción Litúrxica ás 17.30; e o sábado, ás 21.30 horas, a eucaristía con motivo da Vixilia Pascual.


PUBLICIDADE

BARRIOS Abril de 2011

17


18

BARRIOS Abril de 2011

OCIO E CULTURA

Abre ArtVerín, con obras de 24 artistas da comarca 4 Ata o 23 de abril, na Casa do Escudo. Redacción A Casa do Escudo de Verín acolle por terceiro ano consecutivo ArtVerín, exposición de artes plásticas na que participan 24 artistas da comarca. A mostra clausurarase o día 23 de abril, sábado de Paixón. ArtVerín está organizada polo Concello de Verín e conta coa colaboración de diversas empresas da comarca. O obxectivo da mostra é divulgar as creacións dos artistas comarcais no seu ámbito xeográfico. Para iso, considerouse que as datas comprendidas entre o Lázaro e a Semana Santa poderían ser propicias para esta iniciativa, ao facilitar a participación do público comarcal en días de lecer, dos que aproveitan estas datas para regresar tempo-

ralmente e das persoas que visiten Verín. Pinturas, esculturas, cerámicas, fotografías e instalacións compoñen o catálogo de obras que se exhiben. Os artistas participantes en ArtVerín 2011 son Alvárias, Andrea, Aurora López, Beni Lorenzo, Beny, Carlos Folgoso, Flor Fernández, Isabel Delgado, Julio Pousada, Karma Gösbur, Leonardo, Luis Pachón, Manuela Sánchez, Marilar Salgado, Marisa Pardo, Maritina, M. Fornos, Minda, Pedro Araújo, Plácido L. Rodríguez, Rosa, Toño Santamarina, Víctor Rodríguez e Xosé Rivada. Cada autor presenta unha ou dúas obras, representativas da súa creación actual, seleccionadas polo propio artista. A diversidade de estilos,

técnicas, materiais e soportes que caracterizan á arte actual reflíctese nesta mostra. Aínda que en ArtVerín predominen a figuración, a paisaxe e unha concepción máis tradicional do quefacer artístico. Óleos, acrílicos e acuarelas, sobre lenzo, papel ou aglomerado, forman parte da variedade de materiais e soportes utilizados polos pintores. En escultura, podemos encontrar desde terracotas a traballos realizados con madeira, metal, pedra, materiais industriais e mesmo con refugallos. Os fotógrafos preséntannos obras a cor. Instalacións e cerámicas, serven para facernos reflectir sobre a amplitude do feito artístico. A arte acolle na actualidade desde traballos que a tradición consideraba exclusivamente utilitarios, caso da cerámica, a creacións efémeras que, baixo a denominación xenérica de instalacións, sitúannos nas marxes do propio feito artístico. A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

Verín conta cunha xigafotografía 4 A maior fotografía panorámica da localidade realizada ata o momento. Redacción Manuel Guerra, fotógrafo verinés, coa colaboración da Asociación Fotográfica de Toledo, acaba de levar a cabo a maior fotografía panorámica realizada en Verín. Trátase dunha imaxe formada por un total de 1160 instantáneas, que foron tomadas o pasado 19 de marzo dende a parte sureste da Torre do Castelo de Monterrei e ensambladas durante as dúas semanas posteriores. Con esta xigafotografía, que tan só se pode ver a través da internet, o seu creador busca amosar a súa cidade natal dunha maneira totalmente distinta ao que estamos acostumados, xa que a través do zoom cada persoa pode ver polo miúdo aquelas zonas de Verín que máis lle interesen. O proceso de creación Segundo Manuel Gue-

rra, o máis duro de toda esta aventura foi o longo proceso que esixiu o ensamblado das máis dun millar de fotografías que compoñen o proxecto, xa que precisou un software especializado en panorámicas e catro ordenadores montados en rede que traballaron ininterrumpidamente durante as dúas semanas seguintes ao Día do Pai. Un arduo traballo que deu como froito unha imaxe de 8,5 xigapíxeles de tamaño (unha das máis grandes realizadas en toda España), que impresa ocuparía nada máis e nada menos que 1.000 metros cadrados, con 105 de ancho e 10 de alto, aínda que esta posibilidade non a contemplan, “o fermoso desta imaxe é poder vela dende o teu navegador e ampliar sobre aquelas áreas que máis que chamen a atención. Sería moi interesante vela sobre o papel, pero paréceme bastante improbable que chegue a acontecer”.

Manuel Guerra, autor da fotografía. A web desta imaxe XXL Todos aqueles que queiran comprobar a espectacularidade desta panorámica de Verín son teñen que entrar na web: www.gigapan. org e achegarse ao interior desta vila con só aplicar o zoom.

Esta fotografía xigante impresa ocuparía 1.000 metros cadrados

EN BREVE

4 Universitarios coñecen a historia da lagoa de Antela

O alcalde e o xurado, xunto ao representante do stand gañador da Feira do Lázaro.

Un stand de artesanía africana, o mellor da Feira do Lázaro

O posto de Mama Egue-Artesanía Africana foi elixido o mellor stand da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, que se celebrou durante esta fin de semana no Pavillón Municipal de Deportes da localidade. O premio, convocado por terceiro ano, consiste nun diploma acreditativo e un fin de semana para dúas persoas no Parador de Turismo de Monforte de Lemos. Nesta edición da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ participaron un total de 62 stands, procedentes de varios puntos da xeografía española e do Norte de Portugal, que ofertaron a veciños e visitantes produtos de vidro, madeira, pel, licores, cerámica, doces artesanais, fumeiro ou conservas, entre outros. Con motivo da Feira do Lázaro, Verín acolleu durante toda a fin de semana unha morea de actividades, como un torneo de natación e outro de fútbol, unha feira de cans de caza, un concurso gastronómico, as xornadas de exaltación do cabrito e o bacallau, obradoiros infantís, degustación de comidas internacionais, actuacións musicais, e a tradicional procesión.

Un grupo composto por 50 alumnos da Universidade de Vigo visitou as instalacións da Casa da Lagoa en Sandiás onde coñeceron de primeira man a historia do desecamento, o antes e o despois, dunha das lagoas máis grandes do sur de Europa. A Casa da Lagoa de Antela, situada no centro de Sandiás, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela, conta con cinco salas de exposición máis outras cos servizos habituais nos centros de interpretación nas que se “pretende amosar aos visitantes os cambios acontecidos na comarca da Limia a través dun percorrido pola Lagoa de Antela, o seu desecamento a partir do comezo das obras no inverno de 1958, o posterior inicio da extracción de area, a recuperación das areeiras abandonadas, o patrimonio inmaterial e

a etnografía”, explican desde o Concello. Desde a súa apertura en xuño de 2008 o centro foi visitado por colexios e institutos da provincia de Ourense, así como por alumnos das Universidades de Vigo e Santiago. As visitas á Casa da Lagoa son concertadas, calquera pode visitar o centro, chamando ao Concello (988 465 001) ou a través de www.sandias.es.

4 Alumnos de intercambio no instituto García Barbón O instituto García Barbón de Verín recibiu a semana pasada a visita dun grupo de estudantes de Lituania e Italia cos que está a realizar un intercambio dentro do proxecto Comenius. Os 46 estudantes e profesores dun instituto lituano, outro italiano e do centro educativo verinés que forman parte deste intercambio realizaron varias visitas, entre elas unha a Santiago, onde foron recibidos polo conselleiro de Educación. O alumnado lituano e ita-

liano tamén puido coñecer lugares de interese da comarca, como o Castelo de Monterrei ou a fábrica de auga mineral Cabreiroá, así como a vila de Chaves ou as Rías Baixas. Os 14 representantes verineses xa visitaran Lituania e Italia o ano pasado converténdose nesta ocasión en anfitrións.

4Actividades transfronteirizas en Xinzo O 28 de abril, ás 11 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Xinzo unha representación teatral do grupo Panmixia de Porto. A obra denomínase “Memorias do Limia” e a iniciativa forma parte dun programa transfronteirizo que se pretende levar a todos os municipios ribeireños do Limia, tanto galegos como portugueses. Ademais, o 30 de abril o Entroido de Xinzo estará presente no encontro da “Máscara Ibérica” de Lisboa. Acudirán unha representación de pantallas e a banda de gaitas.


PUBLICIDADE

BARRIOS Abril de 2011

19


20

BARRIOS Abril de 2011

DEPORTES

4EN FORMA

A importancia da respiración e a relaxación Párense a pensar o tempo que dedican diariamente en relaxar tanto o seu corpo como a súa mente, en respirar tranquilamente, en aliviar tensións e recuperar enerxía. Seguramente menos de dez minutos e unha gran maioría nada; non somos conscientes da importancia da respiración profunda, nin conseguimos relaxarnos con facilidade. Hoxe en día, a tensión, as présas, diversos estados emocionais ou pensamentos, o traballo, a frenética actividade diaria e demais factores como o sedentarismo ou a contaminación, impídennos respirar ben e tranquilamente. Cun ritmo de vida acelerado, ou estados emocionais estresantes, a nosa respiración é rápida, superficial e entrecortada, acelerándonos aínda máis. Con todo, cando estamos relaxados a nosa respiración é máis lenta e profunda, favorecendo esa calma. É como un círculo vicioso. Unha mala técnica respiratoria carrexa cansazo e dores musculares, provocando que os nosos músculos cedan e a nosa columna vertebral se encorve; debilidade, ocasionada pola falta de osixenación cerebral; ansiedade; problemas cutáneos; viscerais e enfermidades máis graves pola redución da capacidade pulmonar. Isto débese a que non se produce unha

respiración completa, é dicir, non entra o suficiente osíxeno na inspiración e non se libera todo o dióxido de carbono na espiración. Por tanto provócase a acumulación de toxinas no noso corpo; falta de osíxeno que afecta o funcionamento do cerebro e resto de músculos; decrecemento dos pulmóns; enfraquecemento do diafragma e as vísceras que o rodean; acumulación de tensións ou estancamento da enerxía corporal. É innegable que existe unha estreita relación entre respiración e relaxación. Ambas están reguladas polo sistema nervioso, pero nós podemos influír voluntariamente nelas. A través de técnicas corporais e mentais, disciplinas como o Ioga, o Tai Chi, ou o Pilates, podemos aprender a respirar e controlar o noso corpo en movemento ou en repouso. Aos poucos e de forma cada vez máis inconsciente, a nosa respiración irase facendo máis completa e profunda, o noso corpo estará máis relaxado, osixenado e san, seremos capaces de controlar estados emocionais como a ansiedade, os nervios, situacións estresantes ou simplemente liberar enerxías e tensións diarias. Laura Pazos, SAUDETER

I Xuntanza de Deporte e Saúde 4 O sábado, 16 de abril no pavillón de deportes. Redacción Xinzo de Limia celebra o vindeiro sábado, 16 de abril, a partir das 17.30 horas no pavillón de deportes a “primeira xuntanza Deporte e Saúde”, organizado pola Concellería de Deportes, Xuventude e Voluntariado de Xinzo. O programa de actividades será desenvolvido pola empresa Saudeter e está

aberto tanto a maiores como a mozos. Os participantes poderán practicar aeróbic, pilates, ioga e bailes latinos, e haberá exhibición de baile do alumnado do Sergio Mascareñas e do club deportivo Galicia Sport. Todos os participantes terán como agasallo unha camiseta conmemorativa ademais de refrixerios e froita durante a xornada.

O colexio María Inmaculada de Verín retén o título 4 Proclamouse campión do 2º Torneo de Lázaro Intercentros de Fútbol 7 Alevín. Redacción O 2º Torneo de Lázaro Intercentros de Fútbol 7 Alevín tivo de novo como gañador ao colexio María Inmaculada retendo o título logrado na primeira edición. Nesta ocasión participaron catro centros do entorno da Eurocidade, tres deles de Verín (Princesa de España, Amaro Refojo e Mª Inmaculada) e un de Chaves, o Agrupamento de Vidago, disputando semifinais e final. Na primeira semifinal Mª Inmaculada impúxose ao Amaro Refojo por 2 a 0 nun encontro moi igualado con goles de Javier Baños e José Carlos Castro, mentres que na segunda semifinal o colexio portugués lograba o pase

á final con comodidade ao vencer por 4-1 ao Princesa de España; Os goles da Agrupamento de Vidago foron obra de Tomé Branco, Tiago Lamas e dous de Juan Calpena, polo colexio verinés Hugo Fernández logrou o gol da honra. No partido polo terceiro e cuarto posto o Princesa de España foi moi superior ao

4 “Pozo do Demo” e “Vila de Xinzo” son dúas das máis representativas. Chega o bo tempo e proliferan as carreiras e as andainas: “Pozo do Demo”, “Vila de Xinzo” ou “Silla da Raíña” son algunhas das carreiras e andainas destas datas. Pozo do Demo O 3 de abril Verín acolleu a I Carreira-andaina de Monte “Pozo do Demo”, organizada polo concello da localidade e a Asociación Ruta das Augas e na que se deron cita 800 participantes (478 andaríns, 146 atletas infantís e 206 atletas adultos). A andaina, que foi aberta por tres cigarróns, tivo un percorrido de 15 quilómetros; a carreira de pequenos (benxamíns e alevíns) comprendeu 700 metros, a de escolares (infantís e cadetes) 2.000 metros e a de

Final Nos primeiros intres da final o Mª Inmaculada dominaba o encontro, e froito delo chegaría o primeiro gol obra de Pablo Garrido co que se chegaría ao descanso. Na reanudación, o Agrupamento de Vidago

O colexio María Inmaculada de Verín foi o vencedor do torneo.

Tempo de andainas e carreiras

Redacción

CEIP Amaro Refojo ao que goleou 6-1.

presionaba pero de novo sería o Mª Inmaculada o que faría o segundo tanto, anotado por Emilio Pazos. O equipo portugués non se amilanou e tentaba recortar distancias deixando moitos espazos na súa zona defensiva o que aproveitaron os verineses para lograr dous tantos máis, acadados por, de novo, Emilio Pazos e Hugo Rodríguez; o Agrupamento de Vidago marcaría o da honra por mediación de Tomé Branco. Despois da gran final entregaríanse os diversos trofeos que estaban en liza a cargo do concelleiro de Deportes de Verín, Víctor Baladrón.

adultos 11 quilómetros. Os grandes vencedores da xornada foron Elpidio Gómez na carreira absoluta, Emilio Pazos na de pequenos e Iván Gómez na de escolares, os cales recibiron, ao atoparse entre os tres primeiros clasificados dunha categoría, un trofeo conmemorativo. IV 10Qm Vila de Xinzo Esta proba que por primeira vez se celebrou en marzo en vez de xaneiro, conta cada vez con máis participantes o que fai que sexa o evento deportivo máis multitudinario da comarca de A Limia. Nas catro carreiras programadas durante o día o número de atletas superou os 500. En categoría cadete, Daniel González (Xinzo) e Cielos Caderno (Ourense) lograron facerse coa vitoria, mentres que os primeiros

postos en categoría infantil foron para Pablo Turrado (A Bañeza) e Miriam Opazo (Xinzo). A segunda carreira da mañá foi para as categorías benxamín e alevín, con Said Abdon (Xinzo) e Ainhoa Pérez (Os Brancos) como campións benxamíns e Alejandro Selas e María Conde (Xinzo) proclamándose campións en categoría alevín. Ás 11:30 horas e con case 20º de temperatura, deuse a saída á proba absoluta, onde 413 atletas lograron cruzar a liña de meta, despois de percorrer os 10 quilómetros homologados pola RFEA. Daniel Bargiela Araujo (33:08) e Ingrid Rodríguez Vázquez (39:59) foron os campións absolutos, mentres que os premios para os primeiros atletas locais os lograron Miguel A. Díaz, Francisco Rodríguez e Javier Rivero en categoría

masculina e Paqui Souto e Aurora López en categoría feminina. A última carreira foi para os pitufos, nacidos no 2004 e anos posteriores, participaron 55 nenos e nenas. Vindeiras citas As vindeiras citas son, en carreiras, a segunda de Sandiás, o 17 de maio; e en andainas o venres 22 de abril a de “Pasos en Semana Santa” de Vilardevós con dúas opcións: unha primeira de 24 quilómetros (saída ás 8 da mañá) para os máis preparados ou unha de 12 quilómetros para os menos atrevidos (saída ás 10 da mañá); con esta andaina preténdese coñecer máis de preto a Vía da Prata. O domingo, 8 de maio, chegará o turno da andaina de Laza, “Silla da Raíña” con comida campestre incluída. A proba comezará ás 10 da mañá.

Participantes na andaina Pozo do Demo. /BORYS


DEPORTES

Xinzo de Limia agarda aos quads

4 O domingo 17 de abril chega o Campionato Galego de Quads á vila ourensá. Redacción O vindeiro domingo, 17 de abril, Xinzo de Limia acolle a segunda proba do Campionato Galego de Quads, na que haberá unha nutrida representación de pilotos da zona. Guillermo Rodríguez Airabella, Daniel Parada Fernández, Francisco Álvarez Nieto, David Loureiro Álvarez e Julio Marra Quintas, todos eles do “Quad club Os Queimados” serán protago-

nistas na súa casa. Daniel Parada e Guillermo Rodríguez, que foron segundo e terceiro respectivamente na primeira proba do campionato galego disputada en A Golada, participan en Q Aficionados. Francisco Álvarez e David Loureiro, ambos en categoría Q Iniciación, quedaron segundo e cuarto en A Golada, sufrindo David Loureiro unha caída; este piloto foi terceiro o pasado ano no nacional de Q Iniciación.

A Gudiña, listo para o seu Rali de terra 4 Será o sábado 16 de abril. R.T. Xa está todo listo para que o 16 de abril ruxan os motores no I Rali de terra de A Gudiña, válido para o I Campionato galego de ralis de terra. A idea parte do presidente da Federación Galega de Automobilismo para organizar o primeiro campionato galego de terra a petición dos pilotos; para iso contactou con Ourense Motor Sport (con Lito Saa á cabeza) co obxectivo de que se organizara unha das probas do campionato en territorio ourensán e, ademais, sería a primeira proba de devandito campionato. A empresa J Publicidad colabora elaborando a revista oficial do rali. Desde Ourense Motor

Sport pensaron que o concello de A Gudiña era o máis propicio para realizar esta proba polo que contactaron co órgano municipal, na figura do seu alcalde, quen deu todas as facilidades, ademais de volcarse os empresarios da zona no evento. Tramos secretos Como en todos os ralis de terra, os tramos son un segredo ata que o piloto está na liña de saída, que é cando lle fan entrega do mapa de ruta, a diferenza dos de asfalto que coñecen o percorrido con antelación. Con este condicionante, a primeira pasada do tramo é de adestramento para posteriormente realizar unha oficial. O rali, que comeza ás

Julio Marra que compite en Q1-Pro, por culpa da súa lesión, rematou a primeira proba en quinta posición. A de Xinzo será a segunda dun total de cinco probas que comezaron o pasado mes de marzo en A Golada. A segunda das citas será no circuíto de “A Tapada” xunto ao parque de bombeiros de Xinzo de Limia (17 de abril), a terceira no circuíto de Carballo (A Coruña), a cuarta regresa a Xinzo o domingo 7 de agosto e re10.00 horas, constará de catro tramos con dúas pasadas cada un deles. Dous tramos pola mañá e dous pola tarde. Primeiro farase unha primeira pasada de adestramento no primeiro e segundo tramo para despois facer unha segunda pasada, oficial, dos dous primeiros tramos. Xa pola tarde a mesma tónica, unha primeira pasada de adestramentos no terceiro e cuarto tramo e unha segunda pasada oficial, para rematar o rali en torno ás 19.00 horas. Participación Lito Saa conta con ter unha gran participación nesta primeira toma de contacto coa terra “se chegamos aos 30 participantes xa será un éxito” e é consciente de que moitos pilotos galegos “están pondo apunto os seus coches para este rali”. O que sí é seguro é a presenza de pilotos como Roberto Méndez, de Com-

matará o campionato galego de novo en A Golada o 23 de outubro. Julio Marra teno claro e agarda facer un bo papel en Xinzo, “sempre saio a gañar e en Xinzo non vai ser menos”, e márcase como obxectivo para esta proba “estar entre os tres primeiros”. Este ano, Marra

pretende estar entre os tres primeiros clasificados no campionato galego e para elo tentará participar nas cinco probas que conforman o torneo, “intentarei facelo o mellor que poida pero gustaríame quedar entre os tres primeiros de Galicia”, sentenciaba Julio Marra.

BARRIOS Abril de 2011

21

O piloto limiao tamén participará no Campionato Nacional de Quads do que disputará as cinco probas.

A proba terá lugar no circuíto de A Tapada desde as 17 horas

Guillermo Rodríguez participando nunha proba de Quads. petición Ponferrada ou mesmo Juan Casares, co Evo X, o vehículo campión do campionato de España; outro piloto que confirmou asistencia é Felipe Fernández cun prototipo de Ibiza.

Os tramos serán secretos ata o propio día da proba

Cartel do primeiro rali de terra de A Gudiña. / RAMSÉS

Segundo día de carreiras en Sandiás

4 O sábado 16 de abril os cabalos volven a escea en Antela. Redacción O Hipódromo de Antela prepárase para acoller a segunda xornada de carreira de cabalos do ano dun total de sete probas. A primeira foi o pasado mes e congregouse un gran número de afeccionados desde a primeira das probas. Na segunda xornada do

16 de abril, haberá un total de seis carreiras e repartiranse máis de 45.000 euros en premios. A primeira das carreiras comezará ás 14.45 horas e a última (a máis destacada) será o premio Fundación Proturf para eguas a partir das 17.45 horas. A seguinte cita no Hipódromo de Antela será o 14 de maio.

Primeira xornada de cabalos en Antela. /RAMSÉS


22

BARRIOS Abril de 2011

ARTIGOS/ CLASIFICADOS

4TRIBUNA ABERTA

Entroideando Un aniño máis entroideando polo ambiente perpetuo do misterio. O corpo non permite os excesos de antano pero tratase de enganar o vicio da xolda anclada no recordo dunha xuventude lonxana que se esfuma puco a pouco, deixando o poso da sabiduría, do sosiego, do enxebre… Agora teño tempo para a diversión propia como sempre e tamén para sentir o entroido dos demais, as xentes, os disfraces, as parodias, as risas satiras, coma a do cigarrón, coma esa non hai outra, máis satira, máis cabrona e burlona, risa que se clava! Deixando as tropelías dos novos tempos, comadres con tetas de plástico, tertulias de desenfreno, pregón de televisión, loucura feita realidade dunha festa ancestral que medra en expectación e mengua en orixinalidade. Dentro do letargo entroideiro que temos, que somente as rendas da publicidade permitenos estar en alza nos derradeiros anos, ainda se atopa na rua algún toque de Verín, daquel Verín máxico que permitía estar nun estado de catarse colectiva como diria o mestre Desairas. E tiña que ser na praza, cando vin “O Rey” FanFan co seu antepasado (na silla)“facendo entroido” sencillo pero cheo de fundamento, fuxindo da grandiosidade do pasado, pero dando unha clase maxistral de entroido puro, ese disfraz do momento, do inxenio, si... esa chispa que sae no último intre, para o triunfo… her-

4DESDE

danza entroideira do “Grolo”, o seu amigo e mestre, do cal sempre lembro cando neno aquelas operacións de corazón entroideiro e trasplantes de sabiduría carnavalesca, da que copiamos con orgullo. Buceando pola tarde do sabado en plena algarabía e exaltación da festa, aparece en escena outro dos grandes, Toño “Cesteiro”, coma se voltase dunha infinita parada o Entroido, inmaculado co seu disfraz, antoloxía da imitación facendo un “Torrente” de risas e desmadre. O entroido axiliza a mente e ten en vilo máis dun mes este personaxe cargadiño de orixinalidade e sentimento. Son as pinceladas do poso entroideiro de verdade, xunto con todas “as de sempre”, as que nunca fallan ano tras ano e que son parte fundamental desta festa. Si... a Luisina, a Copita, a Merche, sempre co espiritu do entroido que nos deixou o inesquecible “Pescadilla”. Eso si, faltoulle algo a este entroido desenfrenado pero raquítico de emoción, a Marily “Pescadilla” e a Lola “Cestira”, sen elas as ruas quedaron baleiras de improvisación, sempre xeniais nas parodias cun toque persoal de ironia e bo humor, boteinas de menos! Mención especial quero dar os membros do Submariño, e non por a espetacularidade da súa carroza que xa nos teñen acostumados ano tras ano, senón por ter a imaxinacion e a solidaridade de que o seu Capitan “Michel” despois de levar

[Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www.cimoemprego.com]

o pao mais grande dunha vida, poidera sentirse o “Gran Capitán” do desfile, ademais de querido pola tripulación e todo o seu pobo. Os cigarróns sempre cumplen, cada ano son millores e o sentimento de portar un traxe tan arraigado nótase no que o leva. Impecables na vestimenta e tamen no estilo, ainda que son moitos, e sempre hai de todo, pero é moi emocionante ver dez, quince, vinte cigarróns en fila correndo polas rúas do casco vello que é onde verdadeiramente luce o Cigarrón, e non na Luis Espada con todos os meus respectos, ponse a pel de pita… Dende eiquí tamén dar a noraboa os gañadores do premio “Pescadilla”, o grupo “Os Felipes”, penso que foi merecido e paga a pena esperar trinta anos para que che recoñezan a dedicación a unha festa que levan dentro, ainda que para min o mellor premio é cando os teus veciños te agasallan coa súa sorrisa, e “Os Felipes” o aprecio dos seus veciños xa o gañaron fai moito tempo. Miguel A. Prieto “Chita”

O OUTRO LADO DA RAIA

O FMI xa está en Portugal para negociar a axuda externa A situación do país era completamente insustentábel, cun primeiro ministro arrogante, ditador, sen capacidade para liderar un país. Portugal e os portugueses foron claramente prexudicados durante 6 anos por este goberno de ideoloxía neoliberal e pro-capitalista e neste momento precisa dun goberno estábel, ou verdadeiramente socialista ou social demócrata. Figúrase unha outra hipótese na oposición, con Pasos Coello e o seu P.S.D

e que se espera que sexa autentico social demócrata e non dar continuidade a unha politica seguidista dos mandos da señora que goberna a Alemaña e polo que se ten visto ten a pretensión de gobernar toda a Europa. O problema do Continente Europeo ten que ver co ascenso de líderes prepotentes á dirección dos varios países que compoñen a Unión Europea, como é o caso da señora Merkel, que trata os cidadáns europeos dunha forma moi fría. A Europa é o continente

4CLASIFICADOS

4EMPREGO

da cultura, da tolerancia, do saber e da solidariedade. Por iso non pode renderse a caprichos de mercados e dalgúns protofascistas que proliferan por esa Europa fóra e que gobernan contra os seus propios pobos. Os portugueses o día 5 de xuño van a votos e xa é hora de saber o que lles convén, para recuperar Portugal e así axudar a crear na Europa outro tipo de ideoloxía e outras prácticas gobernativas máis xustas e serias. João Damião

Oferta Nº 978537 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial. mpresa situada no Parque Tecnolóxico precisa bolseiro/a menor de 30 anos para realizar tarefas de apoio no departamento de planificación e loxística. Necesario ter a titulación de Enxeñaría Técnica Industrial nunha das tres universidades galegas e ter os estudos finalizados nos últimos tres anos ou estar soamente pendente da presentación do proxecto de fin de carreira. Oferta Nº 978533 Localidade: Coles Posto ofertado: Camareiro/a. Realizará atención de barra nun bar e repartición de bebidas. Ofrécese contrato a xornada completa en horario a convir. Requírese permiso de conducir tipo B e medio de transporte para poder chegar ao lugar de traballo. Oferta Nº 978532 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a. Café-bar selecciona camareiro/a para encargarse da atención de clientes en barra, mesas e terraza. Imprescindible experiencia previa no posto. Ofrecen traballo a media xornada en horario a convir. Ata 25 anos. Incorporación inmediata. Oferta Nº 978524 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a do fogar. Particular selecciona persoal para realizar tarefas de limpeza, pasalo ferro, cociña e atención de dous nenos. Imprescindible experiencia acreditada no posto e dispoñibilidade para acompañar a familia durante o mes de agosto a zona da praia (Pontevedra). Valórase permiso de conducir e vehículo propio. Ofrécese traballo a xornada completa. Oferta Nº 978522 Localidade: Ourense Posto ofertado: Licenciado/a en Medicina. Encargarase do control, seguimento, vixilancia da saúde e recoñecementos médicos, campañas de vacinación e de analíticas dos traballadores dunha cadea de supermercados de ámbito nacional. Necesaria titulación homologada, permiso de conducir tipo B e vehículo propio. Con dispoñibilidade para cambiar de residencia dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. Oferta Nº 978514 Localidade: Ourense Posto ofertado: Técnico/a de contidos formativos (Medio ambiente). Elaborará contidos formativos teórico prácticos para a sensibilización dos riscos costeiros de ámbito natural e os seus efectos, principalmente relacionados co cambio climático. Requírese dominio de Office e experiencia dun ano no posto. A elaboración do material realizarase a distancia e a partir dun índice mínimo. Valórase Licenciatura en Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Xeografía ou Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos. Oferta Nº 978513 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axen-

te comercial (Sector: Seguros) Realizará captación de clientes e ofertará seguros para unha empresa do sector, por toda a provincia. Necesaria titulación mínima a nivel de Ciclo Superior ou experiencia en vendas. Xornada completa, entre 25 e 55 anos. Oferta Nº 978511 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Construción). mpresa situada en San Cibrao precisa comercial con coñecementos do sector da construción e experiencia dun ano como mínimo no posto. Necesario permiso de conducir B e dispoñibilidade de incorporación inmediata. Ofrecen contrato mercantil, con soldo fixo máis comisións por vendas. Vehículo e dietas por conta da empresa. Oferta Nº 978506 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente Comercial (Sector: Publicidade). Empresa de comunicación necesita persoal para realizar subscricións a un xornal. Encargarase de xestionar contactos a través do teléfono e de realizar visitas tanto a empresas coma a particulares. Necesaria experiencia en vendas. Ofrecen contrato mercantil ou laboral a convir. Oferta Nº 978505 Localidade: Vilamarín Posto ofertado: Pintor/a de automoción. Chapistería selecciona persoal para realizar labores de pintado de vehículos. Requírese experiencia de cinco anos e medio de transporte para chegar ao lugar de traballo. Ofrécese contrato a xornada completa en quenda partida. Oferta Nº 978503 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxiliar de clínica. Traballará nunha clínica dental encargándose da recepción de pacientes de forma presencial e a través do teléfono, así como axudar no gabinete e na preparación do material da consulta. Necesaria formación na rama sanitaria. Ofrecen traballo a xornada completa de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas e contratación para cubrir unha baixa por maternidade. Ata 35 anos. Oferta Nº 978500 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Condutor/a de guindastre autopropulsado. Precísase persoal co permiso de operador de guindastre móbil autopropulsado (categoría B), carné de conducir C+E e dous anos de experiencia no posto, para traballar en obras e servizos puntuais. Imprescindible ter o curso básico de prevención en riscos laborais no sector da construción. Traballo a xornada completa de luns a venres en quenda partida. Oferta Nº 978499 Localidade: Nogueira de Ramuín Posto ofertado: Mecánico/a de máquinas de obra pública. Empresa dedicada á obra pública precisa persoal con experiencia dun ano como mecánico para facer arranxos en turismos, camións, palas, maquinaria, etc. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios. com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS Particular aluga 2 apartamentos de 1 e 2 habitacións fronte á praia en Montalvo. En Semana Santa e verán. Tel. 607 27 19 16 Urxe vender piso 2 habitacións en Praia América, a cinco minutos da praia. Negociable. Tel. 636 42 24 97. Vendo piso urbanización Los Rosales, Móstoles, Madrid, 2 hab. trasteiro e garaxe. Tel. 652 469 413. Alúganse apartamentos en Sanxenxo-Montalvo, a 400 m da praia, de 1 e 2 habitacións, axardinados e chalet en Portonovo con xardín e 3 habitacións, a 400 m da praia. Tel. 607 27 19 16 (tardes-noites). Vendo bungalow en praia Montalvo, dentro dun cámping. Tel. 646 16 15 35. Alúgase piso en Ourense (A Ponte), 3 hab., 2 baños, garaxe e trasteiro. 500 euros + 72 euros comunidade ao mes. Máis información en 211010@telefonica.net. Busco para aluguer en verán (15 días / 1 mes) casa ou piso en pobo da costa galega. Tel. 603 543 668. Vendo piso en Verín, 3 dormitorios, 2 baños, salón, cociña, terraza, amoblado, con ascensor, céntrico. Tel.637 090 512 Alugo piso en Verín de 2 dormitorios 2 baños salon e cociña amueblado. Tel. 637 090 512.

VENDAS

Vendo viño de colleita da Ribeira Sacra, e augardente. Tel: 647 404 428 Vendo portaequipaxes de turismo. Tel: 988 213 518 Vendo HTC Touch libre, 30 euros negociables. tel: 649 157 025 Vendo tv samsung 21 pulgadas 50 euros, ps2 con xogos 50 euros tel. 647 628 228.

Compro remolque para coche de 2ª man. Tel. 988 37 57 55 Vendo 10 caixas con botellas para embotellar e pileta de baño en bo estado. Prezo a convir. Telf.: 634 84 30 34 Vendo coche de bebé Jané Carrera 3 pezas (silla+capazo+maxicosi). 120 euros. Tel. 637 75 66 87. Vendo lotes de roupa de segunda mán en bo estado. Tel: 622 655 886 Vendo tarima móbil de madeira barnizada, apta para escenario, representacións, clases colectivas, etc. Medidas 2,00x1,51x0,08 metros. Tel.: 988 239 958. Vendo moto Rieju Pacific seminova, 3.000 km, tel. 988 37 57 55

EMPREGO

Fanse traballos de carpintería. Portóns, portas e ventás artesanais en madeiras nobres. Envío fotos orientativas. Consultar prezos: 617 532 017


ARTIGOS / SERVIZOS

BARRIOS Abril de 2011

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez, Bea Losada Nº53- Ano: VI - Abril 2011 - Difusión: 12.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.

4TELÉFONOS DE INTERESE

A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4AXENDA

4SUDOKU

4Exposicións - Ata o 23 de abril - ArtVerín - Casa do Escudo de Verín 4 Cinema Cine Club Nosferatu 22.45 h. - Casa da Cultura de Verín: - 14 de abril - “Primavera tardía” - 21 de abril - “Interior de un convento” - 28 de abril - “El último hombre de la tierra” 4 Teatro - 28 de abril - Grupo Panmixia: “Memorias do Limia” - 11 h. - Casa da Cultura de Xinzo - 29 de abril - “Asamblea de mujeres” - 19 e 23 h. Casa da Cultura de Verín 4 Deportes - 16 de abril - Carreiras no Hipódromo de Antela desde as 15 h. - Sandiás

4HUMOR

- 22 de abril - Andaina en Vilardevós (ver deportes) - 8 de maio - Andaina en Laza (ver deportes) 4 Outros

nivel fácil

- Do 17 ao 24 de abril Actos relixiosos de Semana Santa en Xinzo e Verín (consultar páx. 18) + en www. barriosxinzoverin.com

[todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Sergio Mascareñas Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Abril de 2011


O fotógrafo Manuel Guerra realiza a maior fotografía panorámica da comarca [páx.18]

VERÍN

Páx.3

VERÍN

Páx.4

Os orzamentos de 2011 A subestación de Verín, retirados da eléctrica trasladarase orde do día do pleno ao polígono de Pazos

COMARCA Páx.6 O castro de Saceda, declarado Ben de Interese Cultural

COMARCAS Páx.14

CULTURA

Páx.16

Medio Rural investirá Actos relixiosos de 500.000 euros en Semana Santa na vila infraestruturas do Támega

Éxito de participantes na I Carreira e Andaina “Pozo do Demo” [páx.20]

800 corredores e andaríns participaron nesta primeira edición, celebrada o 3 de abril./SAUDETER

Número: 53 - Ano:VI - Abril 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.