Concerto de Reis 2012. Programa de man.

Page 1

Banda de Música de Burela Frautas:

Trompetas:

Silvia Rozas Ramallal

Jesús Javier García Díaz

Nerea Fernández Iglesias

Artur Penabade Cociña

Fagote:

Lucía Gavela Martín

Andrés Pérez Quiroga

Trombón:

Clarinetes:

Bruno Valle Yáñez

Jose Carlos Díaz Lorenzo

Bombardino:

Elena García Paleo

Iago Rodríguez Hernández

Ana Gay Fernández

Tuba:

Javier Oya Vidal

Alberto Amat Salvador

Xoel Geada Geada

Percusión:

Ana Otero Santo-Domingo

Israel Arranz Carreño

Saxofóns altos:

Daniel Arranz Carreño

Samuel Rojo Álvarez

Simón López López

Gabriel Bermúdez Álvarez

Raúl Fernández Medina

Andrés Andrade García

Miguel André González Pardo

BANDA DE MÚSICA DE BURELA CONCERTO DE REIS 2012

7 de xaneiro 20:30 horas Auditorio Municipal Burela

Andrés Pernas Maseda Saxofóns tenores:

Convidad@s:

Nuno García Pico

Xiana Teixeiro Rei (cl.)

Denís Núñez Vázquez

Abel Riveira Pena (tpt.)

Trompas:

Xabier Doural García (tbn.)

Álvaro Crego Deán

Fernando Rgez. Raño (tbn.)

Albano González Cancio Ángel Gavela Martín

www.bandadeburela.blogspot.com


Breves notas ao programa O Rei Artur é un dos clásicos modernos das composicións orixinais para banda. A peza está estruturada en cinco partes que levan por título lugares, personaxes ou elementos simbólicos relacionados co Rei Artur, figura histórico-lexendaria da Bretaña dos ss. V-VI e que daría orixe a unha destacada producción literaria durante a Idade Media, coñecida como Ciclo Artúrico. Nun mercado Persa, é unha das obras máis coñecidas do compositor británico Ketèlbey. De carácter eminentemente descritivo, a peza “narra” o ambiente dun mercado oriental, onde podemos escoitar os camelos que se achegan lentamente ao mercado, o tumulto de moinantes pedindo esmola; a aparición da bela princesa rodeada dos seus servintes; os titiriteiros e encantadores de serpes; a chegada triunfal do Califa. Aparecerán de novo os moinantes; a princesa que se prepara para partir e os camelos que continúan o seu camiño ata que o mercado queda deserto. Burela é o pasodobre que Israel Arranz quixo adicar á nosa vila e que a Banda de Burela estreou o pasado ano. Esperamos unha nova versión, esta vez con texto para ser cantada. Piratas do Caribe é unha das banda sonoras máis coñecidas da filmografía norteamericana actual. Cunha orquestación moi colorista e cargada de efectos sonoros, imprime grandes doses de enerxía ás esceas de acción. The Wooden Devils e Saxophone Jubilee, son dúas pezas do compositor Harm Evers. A primeira delas é unha obra para xilófono solista e banda en forma de concerto clásico nun só movemento (segue a secuencia Rápido-Lento-Rápido), máis a Cadenza do solista e unha Coda final. A segunda, é unha obra para saxofóns solistas e banda, nun estilo próximo ao swing e con certo sabor ás big-bands americanas. Ponteareas continúa a ser un dos clásicos do repertorio das bandas galegas e unha das obras máis populares de Reveriano Soutullo, compositor que adquiriu grande sona no xénero da zarzuela con obras como La leyenda del beso, El último romántico ou La del Soto del Parral. Mi tierra Gallega, foi un dos temas máis coñecidos de Los Tamara, unha das orquestras galegas máis internacionais, chegando a tocar no famoso Olympia de París, onde compartirían cartel con Jacques Brel ou Charles Aznavour. Los Tamara teñen o mérito de ser unha das agrupacións que comezou a usar o galego nas súas composicións a partir dos anos 60. Musicaron poemas de Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez e Rosalía de Castro, facendo accesible estes autores a un grande público. O Segundo Valse, forma parte da Suite for Variety Orchestra do compositor ruso Dimitri Shostakovitch, obra en oito movementos que durante moitos anos foi confundida coa Jazz Suite Nº 2. Chama a atención a orquestración orixinal, na que Shostakovitch inclúe saxofóns, acordeón ou vibráfono entre os instrumentos da orquestra clásica. O Valse Nº 2 é un dos movementos máis coñecidas desta Suite. Roberto Bouça

PROGRAMA King Arthur (O Rei Artur) _________________________________ Kees Schoonenbeek I. Camelot Castle (O Castelo de Camelot) II. Lancelot III. Ginevere (Xenebra) IV. Merlin V. Excalibur

Nun mercado Persa Burela

_______________________________________ Albert Ketèlbey

________________________________________________ Israel Arranz

Piratas do Caribe

______________________________ Klaus Badlet/Arr.: John Wasson

The Wooden Devils (Os Diaños de madeira) ____________________________ Harm Evers Saxophone Jubilee (Aniversario do Saxofón) ___________________________ Harm Evers Ponteareas ____________________________________________ Reveriano Soutullo Mi Tierra Gallega ______________________________ Los Tamara (P. Romo/R. Ceratto) Segundo Valse (da Suite for Variety Orchestra) __________D. Shostakovitch/Arr.: A. Waignein

Solista en The Wooden Devils: Raúl Fernández Medina

Dirixe: Roberto Bouça Orosa Subdirección: Israel Arranz Carreño


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.