Boletín 2

Page 1

Boletín nº 2. AUSO CHUS Editorial ASOCIACIÓN DE USUARI@S DO SERVIZO DE ONCOLOXÍA DO HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO.

SUMARIO  Editorial: e Nós

Os Recortes

 Mediciña e humanismo  Alimentación contra o cancro: Que ler?  Ata cando a “Ruta do cancro”?  Entrevista para o blogue As Mir e Unha Noites. Contacto: auso.chus@gmail.com facebook.com/Auso.Chus

4 DE FEB REI RO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

Dende 2009 perdéronse 55.000 postos de traballo na sanidade pública española. Nos últimos catro anos, 15300 profesionais sanitarios (10.300 médic@s e case 5000 enfermeir@s) marcharon de España na procura de traballo. Partiron rumbo a Alemaña, Inglaterra, Portugal, Brasil…, onde son recibidos cos brazos abertos porque están entre os mellor cualificados do mundo. Nos últimos anos os presupostos sanitarios sufriron un recorte duns 13.000 millóns de euros, principalmente detraídos das partidas para gasto farmacéutico (36%) e persoal (48%). Con todo, non son médicos e enfermeiros, os principais damnificados por estes recortes. Os maiores prexudicados somos nós: os pacientes e usuarios. España gasta en saúde un 23% menos por habitante ca media dos países europeos. Nos últimos seis anos, o goberno galego recortou 460 millóns de euros, eliminou 2.094 postos de traballadores sanitarios e pechou 275 camas hospitalarias. Os recortes tamén afectaron de xeito brutal á atención primaria en beneficio dos hospitais e dos servizos de urxencias, malia que o reforzo da atención primaria é o que evita, precisamente, os ingresos hospitalarios

e os colapsos das urxencias coma os que vivimos este inverno en Galicia. E como nos afecta isto a nós, pobres enfermos? Pois moi doado. Cando nos chaman con catro meses de retraso para facer unha proba diagnóstica coma un TAC é porque os radiólogos que deberan estar contratados no CHUS están traballando en Berlín. E cando no Hospital de Día agardamos durante horas a que nos pasen a consulta ou nos poñan o tratamento é porque cada ano somos 1000 enfermos máis para o mesmo persoal e o mesmo escaso recinto. Son os recortes a razón do copago farmacéutico, e a de que 400 medicamentos —algúns deles moi utilizados polos pacientes oncolóxicos— fosen excluídos do financiamento público. Son os recortes a causa de que o gasto farmacéutico se incrementase nas familias con pacientes crónicos e moitos enfermos deixen de tomar os medicamentos que precisan —o 18% dos pensionistas non retiran os medicamentos prescritos. Son os recortes, os que están trala denegación do tratamento de Sofosbuvir para os enfermos de hepatite C, ou tralo retraso na aprobación dos novos tratamentos contra o cancro, que se eleva de dous ou

M A R Z O

D E

2 0 1 5

tres anos con respecto a outros países da Unión Europea. Dous ou tres anos que moitos posibles beneficiarios non alcanzan a vivir. Son os recortes as causas de que, como acaba de recoñecer a OCDE, se estea deteriorando a ritmo acelerado a saúde da poboación en España, ata hai pouco referente modélico de cómo debía funcionar un sistema sanitario público universal, que ata foi copiado por Obama para reformar a sanidade dos Estados Unidos. E mentres se detraen medios da sanidade pública, que é a que atende á grande maioría dos enfermos oncolóxicos, o concerto coa privada está blindado. En Galicia o 48,8% do orzamento sanitario de 2012 foi parar ao sector privado. Din que a xestión sanitaria debe privatizarse para que funcione mellor, e dino, precisamente, os que teñen a responsabilidade de xestionar eficazmente os servizos públicos de saúde, o que non deixa de ser un xeito curioso de manifestar a súa propia incompetencia. Ou será que temos os raposos termando das galiñas?

Mediciña e humanismo

COLABORA Dr. F. J. Barón Duarte. Oncólogo do CHUS

O profesionalismo médico implica que os profesionais sexan conscientes da dispoñibilidade de recursos e teñan a capacidade de negociar as prioridades sociais a fin de lograr un equilibrio entre os valores da medicina e outros valores da sociedade (Wynia et al., 1999) En febreiro do ano 2002 publicouse simultaneamente nas revistas Lancet e Annals of Internal Medicine un documento do maior interese. É a proposta dun novo Código ou Carta Constitucional para a profesión médica, que propón ideais aos que “todos os profesionais da medicina poden e deberán aspirar ao novo milenio” (Medical Professionalism in the new millennium: a physicians’ charter. Lancet 2002; 359:520-2.)

O Código consiste nunha introdución ou preámbulo dos seus fundamentos, seguido da proposta de tres principios básicos e 10 compromisos. Os principios son:  Primacía do benestar do paciente. Con altruísmo contribúese á confianza, esencial para a relación médico-paciente. As forzas do mercado, as presións sociais e as esixencias administrativas non poden vulnerar este principio.  Autonomía do paciente. Os médicos deben ser honestos cos pacientes e capacitalos para que tomen decisións informadas sobre o seu tratamento.  Xustiza social. Os médicos

deben traballar activamente para eliminar toda discriminación nos coidados da saúde, sexa por razóns étnicas ou raciais, de xénero, socioeconómicas, relixiosas ou de calquera outra categoría social. Os compromisos son:  Competencia profesional.  Honestidade cos pacientes.  Confidencialidade cos pacientes.  Manter relacións apropiadas cos pacientes.  Mellorar a calidade dos cidadáns.  Mellorar o acceso á atención da saúde.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.