Creatividade e letras polo Magosto

Page 1

No CEIP A Ponte seguimos coas festas de ciclo anual, agora é a quenda do MAGOSTO, celebrarémolo o vindeiro venres 13 de novembro. Ese día contaremos con xogos tradicionais nas instalacións do polideportivo. Haberá baile coa coreografía do programa “El hormiguero” que podedes ver en https://www.youtube.com/ watch?v=KDpzkphiUBQ por se queredes practicar na casa. Tamén contaremos co xa tradicional “Rap do magosto”. No corridor do edificio administrativo estarán expostas as obras de arte feitas cos froitos do outono para que nos podamos decidir pola que máis nos gusta antes de proceder á votación o venres 13.

En internet (na web do Centro, no apartado de Normalización) e no blog do EDLG poderedes ver traballos presentados ao certame (contos, poesías, banda deseñada…) Farase entrega dun diploma ao dono ou dona do mellor traballo en cada modalidade. Non vos esquezades das adiviñas, refráns e receitas!!! Haberá no recreo “degustación de castañas asadas” (non tedes que traer almorzo da casa), lembrade que hai que facer un contedor para recoller as cascas.


P ON

T

E

A

S

L E T R AS D A

AG O S T NO M O

As votacións para os traballos de Creatividade no MAGOSTO faranse na furna- castaña que está na entrada do corredor. Os traballos de conto, poesía e banda deseñada levan un número que será o que teredes que indicar na vosa votación, indicando a categoría (poesía, conto, banda deseñada).

Creatividade no Magosto Poesía Conto Banda deseñada Agradecemos ás familias a súa inestimable colaboración.




1


2




3




4


5



6



Chega o magosto no outono. Chega o magosto con castañas e xogos. Apañaremos castañas para comelas asadas. Tamén apañaremos cogomelos para despois comelos. Con moitos xogos divertidos para xogar cos amigos. De castañas nos imos empachar e despois a cremalleira non vai abrochar. Sara

7


O Mago

sto

Magosto magostiñ ven che gando r o apid se non é moi abu iño rrido e por iso isto esc ribo Falarem os cantarem e bailaremos o pero sob s e riremos re molarem todo os

sto O mago sto No mago o moi ben ar imos pas s xogar. o e moito im

Non traia des mer enda e vos da remos u nh neste m agosto d a enchenta o CEIP A Ponte Juan Die go

sto No mago añas ast moitas c mos e recollere émolas. r e m o c despois

8

ñas As casta s quentiña e s a d a s a irán . moi ben arriguiña b a s o n para a sto No mago os uriz moitos o e abrir qu conses o teremos m e r e ñas qu se casta guir. Óscar

9


O magosto No magosto moi ben o imos pasar e moito imos xogar. No magosto moitas castañas recolleremos e despois comerémolas. As castañas asadas e quentiñas moi ben irán para a nosa barriguiña. No magosto moitos ourizos teremos que abrir se castañas queremos conseguir. Iván

10


Poema Do Magosto Xa está aquí o magosto cunha pila de castañas pódelas comer como queiras, cocidas ou asadas. E fartarieme de comelas pero para iso téñoas que apañar así que a dobrar o lombo se as quero probar. O ourizo comellón ten gardadas as castañas se non esperas a que se abra non che vai deixar apañalas. No meu colexio témolas que asar pero despois da espera empezámonos a fartar. Despois xa ben o Nadal cargado de agasallos que nos traerán os Reis Magos. Lucía

11


Feliz Magosto Lindas castañas moi ricas estarán celebrando o Magosto que enseguida vai chegar. Ricas castañas enseguida te fartarás o que teña máis noces un agasallo levará. Magosto, Outono Que se lle vai facer? O que se pode e comer e comer. Lindas castañas moi ricas estarán celebrando o Magosto que enseguida vai chegar. O Outono lle acompañará que é o que trae todas as abelás festa que imos ter para desfrutar e xa verás que ben o imos pasar. Que poderemos coller para mañá? Xa sei! Noces e abelás para cear fartarémonos, fartarémonos non digo nada máis. Lindas castañas moi ricas estarán celebrando o Magosto que enseguida vai chegar Nuria

12


Vai chegando o Magosto Outono quentiño vas chegando amodiño traendo follas secas e un magosto de enchentas Bailando o son das castañas e dos ourizos tamén celebrando o Magosto que para a barriga tamén Con castañas da castiñeira e noces da nogueira unha mini carballeira con froitos a rebentar e todos todos podémlos papar Bailando o son das castañas… Non traiades merenda que coas castañas xa chega pero traede bebida para acompañar esta bebida Bailando o son das castañas… Con moitos xogos para xogar e varios amigos para falar moi ben o ides pasar porque o Magosto 2015 por fin esta aquí xa! Sabela

13


Magosto perfecto O magosto é unha festa na que papar ata estoupar traede unha cesta porque nada hai que deixar! Tamén hai que xogar, non hai que parar porque non hai que desaproveitar este día, nunca, xamáis! E non vos esquezades dos concursos todos loitamos polo premio todos, todos os cursos somos do mismo gremio! E celebrar este día aínda que non está en agosto todos con alegría porque chega o Magosto! Aroa

14


XA VERÁS CANDO CHEGUE As follas secas caen das árbores as estrelas alumean cada vez máis as árbores quedan espidas porque o Outono está chegando, aínda. Xa empeza a haber abelás castañas, noces e moito máis iso é porque o seu curmán, o Magosto, chega xa. A beleza está por aumentar ourizos non paran de medrar as castañas suculentas e asadas quedarán e aos nenos lles encantarán. A noite acábase o día comeza a xente sae a apañar ata que non pode máis. Este é o final vai rematar pero xa verás o ben que o vas pasar. O magosto mudouse detrás o Outono enseguida volverán chegar porque o 2016 está preto xa. Nuria

15


O MAGOSTO No magosto cómense noces, e tamén avelás, e cos crebanoces ti as poderás pelar. En cambio, cas castañas o sabor ti perderás, porque comemos como alimañas, de tan ricas que están. Aproveitade o magosto e as castañas tamén, porque rematarase pronto e saben moi ben. Xa vai rematar, e as castañas tamén, pero non vaiades tolear, que volverá o ano que ven. E esta é a miña poesía, espero que vos gustara e hoxe é un gran día, porque o magosto non pasara. Uxía Varela García

16


As bagoas douradas Outono porqué estás tan triste? - Coma melancólicas bagoas, caen as follas douradas e as aflixidas landras. Outono porqué estás tan triste? - O sol agochase cedo, por medo a noite pechada, e durme ata espertar o alba. Outono porqué estás tan triste? - As noites son escuras e frías, as estrelas semellan farolas que alumean as diferentes vías. Neno non teñas medo desta escuridade dada, as noites alégranse comendo: lambetadas, noces e castañas. Dani

17



1



2


3



4




O Souto Unha soleada mañá de outubro unha brincadeira esquío saltaba de arbore en arbore. Estaba moi contenta, había comida por todo o souto: castañas a esgalla, apetitosas noces, abundantes landras, etc… O outono trouxera unha gran cantidade de suculentos froitos. Non era a única que gozaba de tan rico manxar; as donicelas, ratos de campo e porcos bravos, debullaban entre as follas os saborosos alimentos. O souto e fonte de vida para moitos animais, no pasado tamén o foi para as persoas. Hoxe en día segue aportando ese froito que todos apreciamos no magosto, as castañas. Temos que coidar os soutos coma fixeron os nosos antepasados e seguiremos tendo toda esta marabilla de naturaza, para gozala nós e os que nós sucedan. Dani

5

Conto

6

Isto era un neno chamado Antón, que como era doutro país non sabía o que era o magosto. Un día díxolle á súa nai: << no meu colexio o C.E.I.P a Ponte imos celebrar o magosto>>. Ao día seguinte Antón chegou á clase e preguntoulle á súa titora que era o magosto? . A titora díxolle -pois o magosto é unha tradición de Galiza, de hai moitos anos, o que se fai no magosto e comer castañas asadas. Chegou o día do magosto no colexio e, cando lle deron as castañas, non sabía pelalas ,entón díxolle a un compañeiro, <<ensínasme a pelalas por favor>> e o seu compañeiro axudoulle e tamén fixeron xogos como o limbo cunha castaña, a culler nos beizo e castaña encima etc... Cando chegou á casa contoulle todo o que fixera no colexio á súa nai. Xa sei o que é o magosto díxolle e ela preguntoulle ,e logo que éo magosto? Pois o magosto é unha festa de ciclo annual, unha tradición de hai moitos anos. O que se fai e comer castañas asadas , -díxolle Antón á súa nai-,tamén fixemos xogos coma o limbo cunha culler na boca e a castaña encima, o tiro do ourizo que tiñas que tirar unha castaña dentro dun ourizo xigante que o fixeron na clase de 6º. Carla Real Rodríguez



1


Adiviñas inventadas sobre castañas De cor chocolate son cocida brandiña estou e asada…… estoupo cun gran son. A CASTAÑA Unha froita de outono son por cas- comeza o meu nome envoltiña nun vestido estou, ten coidado co dediño porque o vestido pica un pouquiño. A CASTAÑA Por cas- comeza o meu nome nome de froito seco teño ta- é a segunda sílaba e…agarda pola terceira que -ña,-ña,-ña estou comendo. A CASTAÑA David V.R.




Refráns, adiviñas sobre as castañas,o magosto…. .A castaña en agosto quere arder e en setembro beber. .As castañas en outono manteñen ao seu dono. .Por San Euxenio as castañas ao lume, a leña no fogar e as ovellas gardarás. .Castañas, noces e viño son a ledicia de San Martiño. .Polo Pilar as primeiras castañas asarás. .En decembro lévanse as canas e ásanse as castañas. .A castaña no ourizo, ben sei o que fai, cando está verde madura e cando está madura cae. .Co agosto mollado as castañas na cesta están. .Por tódolos Santos a castaña é o mellor bocado.

Alto me vexo no meu camarexo véxote vir e non podo fuxir. O OURIZO. Alto estou cor do ouro teño por unha risada perdín o que teño. O OURIZO David V.R.


Refráns e adiviñas do Magosto e o Outono Refráns: Por San Martiño faise o Magosto con viño ou mosto. Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño. Polo San Martiño vai ver o teu soutiño. Castañas no Nadal saben ben e pártense mal. Temperá é a castaña que por setembro regaña. Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara. Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai viño ruín. Polo San Miguel o touciño sabe a mel. San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran. A horta en outono mantén o seu dono. Outono chuvioso ano copioso. Si en setembro comeza a chover, outono seguro que é. En setembro ou leva as pontes ou secas as fontes. Moita flor en primavera bo outono nos espera. A horta de San Martiño ten para el e para máis o veciño. Polo San Lucas saben ven as uvas. Por San Xuvas e San Simón,collidas as uvas son. Adiviñas: Ave teño de nome de lá o revestimento quen non adiviñe non ten discorremento. (avelá) Alta estou ladrón vexo vir do meu carapucho non podo fuxir (castaña) Arquiña pechada que ten de comer e no mundo enteiro non hai carpinteiro que a poida facer. (ourizo)

Sabela








Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.