Folla trisquel xaneiro marzo 15

Page 1

xaneiro/marzo 2015 Estimados amigos e amigas:

folla voante

2ª tempada/ nº18

Saúdo

Outro ano máis, comeza o segundo trimestre do curso cun milleiro de desexos e ilusións que non son máis que un reflexo de todo o que queremos realizar neste ano que xa está a arrancar. Atrás queda o 2014 cheo de ledicias, aventuras e moita, moita diversión que non poderían haber sido posibles sen o voso apoio e a vosa compaña. Neste 2015, queremos manter ese compromiso con vós e coas vosas familias, facendo realidade todos eses soños que durante este ano xurdan no noso camiño. Por iso presentámosvos esta Folla Trisquel, para comunicarvos as novas da asociación en todo o que faga referencia aos vosos fillos e fillas. Nela atoparedes unha pequena memoria fotográfica das actividades do primeiro trimestre e tamén desas actividades conxuntas que faremos nos vindeiros tres meses, así como información relevante das actividades a realizar nos distintos movementos. Sen máis, despedímonos desexándovos un feliz 2015 e, se tedes algunha dúbida, xa sabedes onde atoparnos. Non o esquezades. Contamos convosco, contamos contigo, conto contigo! Apertas mil.

Recuncho das familias AMENCER INFORMA: Sabías que… … este ano coa Operación Quilo coordinada por Amencer conseguíronse 26.920 quilos de alimentos; 803 quilos de xoguetes e 2.300 quilos de roupa, que non se pediu. E axudouse a 21 Cáritas Parroquiais e desde elas atendéronse a 1.573 familias formadas por 4.706 persoas. E todo isto grazas a máis de 306 mozos, mozas e adultos vinculados a AMENCER …por décimo cuarto ano consecutivo Amencer organizou o seu proxecto “Nadal Amencer” que durante 17 días desde o venres 19 de decembro ao mércores 7 de xaneiro ofertou unha manchea de actividades deportivas, musicais, culturais, solidarias, propias de Nadal, formativas, celebrativas, de grupos, VII Mañás de Nadal, ademais das salas para estar, de xogos, de wii e play, ludoteca, biblioteca-tebeoteca e cibermencer e actividades de organización interna… participando máis de 2.000 nenos/as, mozos/as atendidos por preto de 250 voluntarios/as de Amencer. EDUCANDO XUNTOS Desde hai seis anos aos animadores de Amencer regálaselles en decembro/xaneiro un libriño titulado Palabra y Vida. El Evangelio comentado cada día. Contén o Evanxeo da cada día e un breve comentario dun experto coñecedor da mensaxe de Xesús. Está nunha linguaxe axeitada para todos os públicos. E os cursos pasados xa varias familias apuntáronse a recibir este precioso regalo. Este ano escribe os

comentarios o bispo de Tanxer, o franciscano Santiago Agrelo. A nosa proposta é seguir regalándoo aos quen desexedes ter un exemplar para o ano 2015. Soamente tedes que dicírnolo. Así podedes “perder” (ou “gañar”) 3 minutos ao día confrontando o voso día a día cos valores de Xesús de Nazaret. COLABORACION FAMILIAR En cada Folla Trisquel seguimos indicando unha acción concreta para estar máis implicados, como familia, en Amencer. Neste comezo do ano 2015 continuamos cunha campaña de colaboración do pequeno comercio (tamén mediano e grande…, que non excluímos a ninguén), no que algúns de vós estades implicados (porque ben o coñecedes ou sodes responsables, etc). Explicámonos… Estamos na procura de pequenas empresas (ou medianas ou grandes) que poidan patrocinar os nosos pequenos e grandes proxectos e actividades. Xa o viñamos facendo co Campamento Urbano, e algún outro grande proxecto. Pero queremos estendelo a outros proxectos máis pequenos… pois neste tempo de crise, a axudas oficias comezan a reducirse e precisamos de “moitos poucos” para manter a nosa oferta de tempo libre educativo, no que os vosos fillos e fillas están participando… Podemos contra con vós? Poñédevos en contacto connosco, e nós aclarámosvos o que sexa preciso.


folla voante

Os teus fillos e fillas, os protagonistas

Grupo

Destinatarios

Animadores

Coordinador/a

Buxaina

66

14

Raquel Iglesias

Andaina

72

19

Martin Rejo

ADS

43

18

Iago Lage

Catecumenado

64

8

Xulio C. Iglesias

Totais

245

59


Neste trimestre será...

Festa de Reis

Festa de Xoán Bosco

Festa de Entroido

Saída á neve

Noite Trisquel

… e ademais …

30, 31 marzo 1, 6 abril


Calendario do segundo trimestre xaneiro’15 Día

Grupo(s)

Actividade

Horario

9

CATECUMENADO

“Festa Xuvenil de Reis”

22:30 a 00:00

10

BUXAINA ANDAINA ADS

“Festa Infantil de Reis”

11:15 a 13:00

16

BUXAINA

“Buxainolimpiadas”

17:45 a 19:30

ANDAINA

Boom!

11:15 a 13:00

ADS

Descubrindo a Domingo I

11:15 a 13:00

CATECUMENADO

“Xuntanza en Ourense”

11:00 a 18:00

23

BUXAINA

“Preparación de Xoán Bosco”

17:45 a 19:30

24

ANDAINA

“Quen da máis”

11:15 a 13:00

ADS

“Descubrindo a Domingo II”

11:15 a 13:00

31

BUXAINA ANDAINA ADS

“Festa Infantil de Xoán Bosco”

11:00 a 13:30

31

CATECUMENADO

“Xoán Bosco en Amencer”

19:45 a 01:00

BUXAINA

“Odisea”

17:45 a 19:30

ANDAINA

“Viaxe ao País das Marabillas”

11:15 a 13:00

ADS

“Entroidízate“

11:15 a 13:00

14

TODOS

“Festa Infantil de Entroido”

11:00 a 13:00

20

BUXAINA

“Asalto a Troia”

17:45 a 19:30

ANDAINA

“Os Andainas no País das Marabillas”

11:15 a 13:00

ADS

“Parlamento ADS”

11:15 a 13:00

TODOS

“Saída á neve”

10:00 a 19:00

ATP Entroido

En Amencer

BUXAINA

“Circo Romano”

17:45 a 19:30

ADS

“Día Pola cidade”

11:15—remate por decidir

ANDAINA

“Andainas no País das Marabillas II”

11:15 a 13:00

17

febreiro’15 6 7

21

28 11 ó 18

Última hora!

Desexamos convidarv os dun xeito especi al ás actividades que neste trimestre queremos com partir non soamente cos vos os fillos/as senón tam én con todos vós. Como moitos xa sabede s, neste primeiro trimest re do 2015 celebrariamos tod os xuntos a Festividad e de Xoan Bosco (31 de xan eiro) este ano especi al no bicentenario do seu nac emento, a Saída á nev e (28 de febreiro) e a Comp arsa de Entroido (15-17 de marzo). Polo tanto, est ade atentos á circula r qu e enviaremos para inform arvos con máis detalle de todo e animádevos a participar e gozar cos vosos fillos/as e con nós . Co ntamos con vós!

Publicidade

marzo’15 6

7

14

Non hai Actividades por Formación de Animadores

xoves BUXAINA ANDAINA 19 ADS*

“Noite Trisquel "

26 ó 6 de abril

“ATP Semana Santa”

22:00 a 9:30 *20:00 a 9:30 En Amencer

*Os grupos de Catecumenado teñen o seu ritmo propio de reunións semanais

Folla voante xaneiro/marzo 2015 2ª tempada/nº 18

Director: Xulio César Iglesias Mesa de Redacción: Coordinacdora Infantil Deseño e Maquetación: Adrián R. Cruz e Borja Sampayo Impresión: Gráficas Rodi

Edita:

Asociación Xuvenil Amencer Praza D. Bosco, 1 - baixo 32003 - Ourense Tfno. e fax: 988 218 123 Correo-e: amencer@amencer.org Web: www.amencer.org Colabora:


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.