microrrelatos

Page 1

Microrrelatos

Microrrelatos


Microrrelatos

Microrrelato Microrrelato Xacobe quería facer un microrrelato para que o coñecera todo o mundo pero non se lle ocorría ren. Desesperábase no seu cuarto pensando na historia. Finalmente, unha mañá de inverno, tirouse dunha ponte. A súa historia xa era coñecida polos periódicos. M. Collazo.


Microrrelatos

Comunicaci贸n Comunicaci贸n Palabras. As mesmas que forman complexas constelaci贸ns como as estrelas para formar textos, relatos, perfectas tramas e historias como a que estou a contar. N. Nogueira


Microrrelatos

Non reencontro O outro día estaba buscando unha cámara de fotos que fora dos meus avós cando vin pasar corricando unha especie de fada brillante que dicía ser a miña conciencia. Ao parecer estivera buscándome durante anos, pero eu non sabía que estaba perdida. Intentei collela mais xa era demasiado tarde. N. Nogueira. Nogueira.


Microrrelatos

Cousa do tempo A avoa levaba demasiado tempo vendo pasar os días naquel sofá. Notei como pouco a pouco se escapaba entre as horas e decidín escoitala como nunca. Atopei os seus desordenados, escuros e incribles recordos. Dous días máis tarde o tempo secuestrouna para sempre. Sentinme afortunada. Conseguira obter un pouquiño daquela luz que recén marchara. P. Manrique. Manrique


Microrrelatos

Liberdade? Quería ser libre, desexaba ser libre, anceiaba ser libre. Quería expresar os seus sentimentos, dicir a verdade e, como as aves que surcaban o ceo, voar para fuxir lonxe e ir a algún lugar ben afastado desa furna de cristal que a aprisionaba. Un día tentou facelo, tentou escapar voando. Caeu. N. González González. ález


Microrrelatos

Competición Subín ao bloque e prepareime para tirarme á auga. Sentía como a adrenalina subía polo meu corpo, esperaba impaciente que o árbitro nos dera a saída para comezar a carreira. Agarreime ao bloque e tireime. Ch. Harriswangler. Harriswangler


Microrrelatos

Soidade entre a xente Mirou a todos os invitados da súa festa de aniversario e pensou que tiña moitos amigos, que non estaba só, que non se volvería a sentirse só. Despois mirounos mellor. Decatouse de que non lembraba o nome de moitos, de que a algúns nin os coñecía, de que non quería a ningún, de que estaba só rodeado de xente. A. Edreira. Edreira


Microrrelatos

Descoñecido Abrín os ollos. Estaba nunha estancia descoñecida. Aquela non era a miña cama. Erguinme e saín do cuarto. Atopábame nunha casa pequena ao contrario da miña, nas fotos vía xente que non coñecía. Ao final do corredor atopei un espello, observei o meu reflexo e non me recoñecín. R. Ares. Ares


Microrrelatos

Despedida Senteime na terraza da cafetería na esquina da rúa Blint coa Maller. Coma todos os venres esperaba a súa chegada, pero este non era un venres calquera. Pasaron moitas horas. A choiva batía implacable nas lousas e eu seguía na mesma postura, esperando. Chegou. Cando intentou falar púxenlle un dedo nos beizos. Marchou e quedei cun sorriso, esperando que a choiva borrara para sempre as miñas bágaos e as pegadas dos seus pasos nas lousas da rúa. S. Bermúdez Bermúdez de C. C


Microrrelatos

Autores: Alumnos de 4ยบ A e 4ยบ B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.