Bamio e mailos seus petroglifos

Page 1

Autor: Luis Diz Vilas


BAMIO E OS SEUS PETROGLIFOS

INDICE

-

Datos Xerais………….…….…………………… Bamio……………………..……………………. Petroglifos do Salgueiral ( Os Ballotes)……….. A Toponimia…………………………................ A Bilbliografía………………………………….

2

3 3 5 6 7


BAMIO E OS SEUS PETROGLIFOS

BAMIO

Datos xerais: 1- SITUACIÓN: Saíndo de Vilagarcía de Arousa pola estrada en dirección a Santiago de Compostela. (C-550). 2- CONCELLO: Vilagarcía de Arousa. ( Historia: Bamio uneuse a Carril no ano 1835). 3- MONUMENTOS: A pedra dos Ballotes, restos rupestres do 2000 a.c. A igrexa parroquial, é de finais do s. XVIII. A casa rectoral, do s. XVII. Varios cruceiros do s. XVIII. 4- FESTAS: No honor de San Xoán, de San Antonio e San Xens (patrón do pobo) os días 24 e 25 de Xullo. No honor de San Roque o 16 de Agosto.

Bamio: Ten unha poboación de 1452 habitantes repartidos en entidades da poboación da Amproa, o Campanario, o Casal, a Casusa, a Cruciña, a Dona, a Granxa, o Nogueirido, o Outeiro, a Parada do Rei, o Pedroso, o Salgueiral, San Xoán, o Sordido e Vilar. O principal accidente xeográfico do termo parroquial, regado polo Ulla na súa desembocadura, é o monte Xiabre; na súa aba occidental aséntase Bamio. Cruzan o termo a estrada Vilagarcía de Arousa-Pontecesures e a liña de ferrocarril A Coruña-Vigo, que pasa á beira da ría. A igrexa parroquial, que dista 6 quilómetros da capital municipal, é de finais do s. XVIII, con alguns remates barrocos. Próxima a ela está o campanario, moito máis antigo, que servía nalgún tempo para alerta-la xente durante as invasións normandas, acendendo no alto unha fogueira.

3


BAMIO E OS SEUS PETROGLIFOS

Igrexa Parroquial San Xens de Bamio.

En Bamio hai varios cruceiros; o da Dona, barroco, do século XVIII, é unha mostra apreciable de arte popular; o cruceiro da igrexa tamén é do século XVIII. Nas marxes do Ulla colocáronse tres cruceiros, obra do artista de Calo, Sanmartín, Punta Canteira, Praia de Bamio e Punta Grandoiro que corresponden á serie dos que marcan a ruta fluvial xacobea. Bamio conta cun centro de formación marítima do Instituto Social da Mariña, reconvertido do antigo colexio de aprendices de Renfe, que existía dende o curso 1967-68.(Máximo Sar)

Cruceiro Igrexa

Cruceiro da Ruta Fluvial Xacobea

4


BAMIO E OS SEUS PETROGLIFOS

PRETROGLIFOS Petroglifos do Salgueiral ( Os Ballotes): O testimonio máis antigo de Vilagarcía Estos petroglifos son coñecidos dende comenzos do siglo pasado, e foron declarados Ben de Interese Cultural no ano 1075. A pedra máis grande ten representacións de varios cervos e outros motivos, como agrupacións de cazoletas e algúns círculos con puntos. O principio está presidido por un gran cervo astado, detrás sitúase outro que parece ulirlle o traseiro (na foto). No extemo oposto da rocha aparece un novo cervo prehistórico e debaixo outro zoomorfo da época moderna. Tamén obsérvanse restos moi erosionados doutros zoomorfos no centro. Nas rochas do exterior do cerre tamén hai petroglifos, fundamentalmente na parte Norte, pero parecen moi alterados.

Estes petroglifos esculpíronse hai entre 4.000 e 5.000 anos. Cazoletas, círculos, laberintos e figuras concéntricas. Os pobladores tamén debuxaron os cervos e unha imaxe que podría corresponder a unha escena de equitación. As primeiras referencias bibliográficas do yacemento foron realizadas por Fernández Gil e Casal no 1.916.

5


BAMIO E OS SEUS PETROGLIFOS

A Toponimia: San Xens de Bamio: Composto de SAN XENS ou XES, ambos válidos. A advocación parroquial é un haxiotopónimo: (Agios=Santo) + (Topos=Lugar) + (Ónoma=Nome). Xens ou Xes procede do latín GENESIUS, calcado do grego GENESIOS. Orixinariaminte era un adxetivo que significaba `natalicio´, `raíz´. A súa onomástica é o 25 de agosto. Bamio: procede de Bramio, que é unha acepción de xesta. En Galicia só aparece outro topónimo Bamio en Ourense, concello de coles. Aparece como apelido na onomástica galega `Johan Fernandes de Bameo´. A Amproa: en galego a unha ladeira ou declive se lle dá o nome de amprón. Da dificultade que hai de subila aínda queda a expresión ´dar un amprón´=facer un esforzo. O Campanario: Fai mención ó lugar onde se colocan as campanas. Campana ven do latín CAMPAÑA, de campania, en Italia, onde se usou por primeira vez. O Casal: procede do latín CASALE (propio de casa) e pode ter un triple significado: a) un ruerio, pequeno grupo de casas; b) propiedade rústica, conxunto de propiedades aforadas e descriptas nunha escritura de emprazamento ( dar casal a foro); c) solar, casa solarenga. A Causa: Procede do latín vulgar CASA, que desbancou a DOMUS no Baixo Imperio. O topónimo fai mención a unha antiga vivenda pobre ou en mal estado. A Dona: procede do latín DOMINA e pode ter varios significados: a) Muller propietaria de algo; b) dama, señora, muller principal; c) esposa, a muller casada ó respecto do marido ( a miña dona); d) monxa. O Nogueirido: procede da voz do romance galego tomando do latín vulgar NUCARIA. Fai referencia á abundancia de nogueiras na zona. O Pedroso: está relacionado coa raíz PETRA, pero aplicado como apelativo dunha determinada finca, está relacionada con PETROSA, “ terreo abundante en rochas”. O Salgueiral: este Fitotopónimo ven do latín SAUCE que diu SALICARIA= Salgueiro e salgueira, que é unha árbore das zonas húmidas. O Salgueiral amósanos unha zona con presencia de salgueiros. O Sordido: A antiga base s.r relacionada coa agua é céltica e significaría `fluir a auga´. O hidrónimo SORDIDO, rematado no sufixo abundancial –IDO dalle o nome ó lugar polo que pasa o regueiro de Sordido. Vilar: Un Vilar é unha subunidade de vila e deriva do adxetivo VILLARIS, `pertence a vila´. Os vilares naceron como consecuencia de ampliacións ou extensións de espacios cultivados por un agrandamento das Vilas.

6


BAMIO E OS SEUS PETROGLIFOS

A Bibliografía: - Arqueología Terrae Antiqvae (Internet). - Guía de petroglifos de Galicia. - La ciudad de Arousa – Mil años buscando un lugar en el mapa (Manuel Villaronga). - Fotos - Páginas en Internet. - Buenaventura Aparicio Casado Antonio de la Peña Santos. - Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Catoira (Estanislao Fernández de la Cigoña Núnez). - Una estación de Arte Rupestre en las márgenes de la Ría de Arousa (Fermín Bouza Brey Trillo). - Radiografía municipal (Bamio). Revista editada polo Concello.

7


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.