coñece a Rato Pardo

Page 1

Mascota s.f. Animal, persoa ou cousa que alguén leva consigo porque considera que lle dá boa sorte, ou que constitúe o emblema dunha determinada manifestación. O equipo levaba un can como mascota.

Ola: Voume presentar para a xente nova. Son Rato, un rato de conto de cor gris-parda, a mascota da biblioteca da escola dende hai 14 anos. Coma son unha criatura fantástica necesito moito xogo, maxia e zume de poesía para sobrelevar a realidade. Acontece que as criaturas do mundo da fantasía viven nos libros normalmente. Tamén noutros sitios. Eu vivía nun álbum de tapas de cartoné cun texto delicioso e delicadas ilustracións. Dixéranme que endexamais saíse do libro no que vivía; que fóra non se me perdía nada; que me podería contaminar do po da realidade até esvaecerme coma o arco da vella; que os humanos, mellor dende a barreira dunha ringleira de letras negras… Pero eu devecía por saber. Sempre tiven ansia de coñecemento e comecei a facer saídas; a tropezarme con nenas e nenos, que me deixaban comida e atencións; a coñecer a moita xentiña … e, … aconteceu … que me encariñei inevitábelmente e decidín quedarme aquí para sempre. Vaime ben, certamente. Até me fixeron unha escultura de papel e unha canción con música e letra. Dende hai catorce anos escribo cartas nas que recomendo libros e encomendo misións. Dende hai catorce anos a realidade é fantástica grazas a vós e á vosa complicidade. Xogamos?

Rato


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.