carta2

Page 1

SOMBRA 1117 non ser (u.p./u.c.) a sombra do que foi Ter perdido as calidades (que tiña). “Está descoñecido, xa non é a sombra do que foi” 1118 vai/ide pola sombra Dise ao despedirse humorísticamente. “Ala! Até mañá, e ide pola sombra, eh?

O mundo dicionario tenme abraiado, fascinado, entusiasmado, certamente. Isto que vos copio ao principio está tomado tamén dun dicionario, neste caso do DICIONARIO FRASEOLÓXICO GALEGO de Edicións A nosa terra. Eu dei con el buscando un refrán que eu coñezo en castelán

“Quien a buen árbol

se arrima, buena sombra le cobija” e non estaba. Ás veces pasa. Non existe en galego ese refrán? Pode ser que si… Pode ser que non , e tanto ten porque collín un dicionario bilingüe “DICIONARIO XERAIS CASTELÁN – GALEGO” de usos, frases e sinónimos para tratar de traducilo e atopei: Arrimar v.t e v.p. 1. Arrimar(se), achegar(se), acaroarse, aproximarse 2. arrimarse, pegarse, xuntarse, achegarse 3. Arrombar 4. afastar, apartar, quitar e así até sete significados diferentes . E máis abaixo… FRAS.: A. el ascua a su sardina: varrer para casa; Quien a buen árbol se arrima, buena sombra le cobija: cobija quen a boa árbore se arrima,….

Dúas misións vos encomendo: 1) Coa túa mestra ou mestre, dálle final ao refrán usando o dicionario bilingüe. 2) Coa túa familia: retrátate cunha árbore. Pois iso: escolle unha árbore , a túa favorita (hai árbores na escola, na aldea, no parque ; algunhas medran até no cemento das beirarrúas ) e faite un retrato sentado, á súa beira, ou debaixo dela , dándolle un bico ou unha aperta e trae esa foto á escola para a

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

que , como sabedes é o día 24 de

outubro e este ano, como cae en domingo, serán os días 22 e 25 de outubro. Coma sempre dende hai dous cursos, ese día haberá agasallos e sorpresas e xogo, naturalmente. Tamén trae o seu nome que aparecerá ao lado do teu empapelando as paredes do colexio. Unha terceira misión, misión, se xa coñeces as letras : Saber de memoria o alfabeto. É necesario para moverse no bosque do dicionario e no da biblioteca.

Muaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaac

Rato


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.