carta7 toponimia e petroglifos

Page 1

Antropónimo: Antropónimo s. m. Nome propio de persoa. Topó Topónimo nimo: Nome propio de lugar

Catro encomendas como catro son os puntos cardinais do compás co que nos orientamos no bosque:

1-

Se te apelidas Oliveira, ou Nespereira ou Couselo ou Carballeda, Pena ou Penas,

Outeiro(tamén vale Otero), Levada ou Montes, Silva ou Silveira ou te chamas Camino, Vega, Pastora ou Flor, por pór uns cantos exemplos, tes que anotarte nas cartolinas das portas da entrada. Queremos facer un rexistro de antropónimos que teñan algo que ver co bosque.

2-Logo buscade algún topónimo

que leve algo de monte como Carballiño, en Ourense

ou Carballo, en A Coruña. Ou Tomiño, en Pontevedra Podédelo facer só cos planos do barrio de A Doblada e da comarca de Vigo ou nos mapas da provincia de Pontevedra ou de Galiza que sementaremos polas paredes.

3-

Á porta da biblioteca hai un CD “Coñecéndonos, descubríndonos “

elaborado por Normalización Lingüística en colaboración con Patrimonio Histórico do

Concello. Contén unhas fichas sobre os monumentos ou restos arqueolóxicos das comarcas de Vigo. Ademais, a familia de Mariña e Carliños prestounos unha guía de actividades sobre os restos arqueolóxicos de Vigo. Tamén podedes consultar sobre o tema na páxina do Instituto de Estudos Miñoranos e Xosé Lois Vilar (arqueólogo e sudirector do IEM) virá á escola a falarnos dos petroglifos, dos dolmens , das mámoas e dos castros, das excavacións arqueolóxicas… Logo 5º e 6º visitarán con el o

Monte Galiñeiro

en busca do petroglifo perdido.

4-Como a semana da prensa é en marzo estamos a recoller novas que teñan que ver cos bosques, os montes, as árbores :a súa flora e fauna. Pegádeas polas escaleiras. Xa vos diremos que facer con elas. Ide léndoas.

Até dentro de nada

Rato


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.