A escritura e os libros

Page 1

qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb A ESCRITURA nmqwertyuiopasdfghjklzxcv E OS LIBROS bnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzx cvbnmqwertyuiopasdfghjklz


SIST TEMAS S DE ESCR RITUR RA  Un ideo ograma é un nha represen ntación gráfica dun concepto.

 Un picttograma é u un debuxo co onvencionallizado que rep presenta un obxecto de xeito simplificado.

 Un xero oglífico é un nha escrituraa complexa o onde se mestturan a escrritura figurattiva, simbólicca e fonéticaa.


 A escrittura silábicaa está formada por caraccteres ou sím mbolos que representan síílabas. O Lineal A (cretensee) e o Lineal B (micénico o) son silabarrios.  A escrittura cuneifo orme é a form ma de escrittura máis antiga. Foi creaada polos su umerios hai 6 6.000 anos. O seu nomee débesee á utilización n dunha cuñ ña para marccar o signo n nunha taboíñaa de arxila.


 A escrittura alfabética é aquela na que a un n símbolo llee correspond de un soniido. O primeeiro alfabeto o foi o alfabeeto fenicio (alefato). De el nacería o alfaabeto grego.. Así mesmo, o alfabeto grego é mprega, enttre outras a orixe do alfabeto latino e o cirílico que em linguas, o ruso.  Quipu. Sistema de contabilidad de e, probab blemente tam mén, de escrritura empreegado polas civilizacións andinas e consistente en cord das de lá ou algodón e nós dunha ou u varias corees.


ORIE O NTAC CIÓN DO D TE EXTO O  A gran maioría de ssistemas de escritura escríbense de esquerda a dereita mo os que utilizan o alfab beto árabe ee hebreo, qu ue se escribeen de dereitta  Hai sisttemas de esccritura, com a esqueerda.  Existen sistemas dee escritura como o chinéés que se esccriben de arriba a abaixo o.  Bustroffedón é un sistema de e escritura que consistte en escrribir alternativamente u unha liña de d esquerd da a dereitaa e a seguinte de dereitaa a esquerdaa, imitando o o trazo que deixa o arado tirado po or bois. Ap parece en m moitas inscriccións arcaicaas.

Bustrofedón

Escrituraa chinesa

Escritura hebrea


SOPORTES DA ESCRITURA      

Escritura Jiahu (6.600 a.C.). Escritura sobre as cunchas de tartarugas. Jiance ou Jiandu. Rolos de finas tiras de bambú ou madeira atados cun cordel. Seda, pedra, metal. Taboíñas de arxila ou de cera. Óstraca. Anacos de cerámica empregados como borradores para aprender a escribir. Papiro. Obtíñase pelando tiras dos talos dos xuncos da planta de papiro que crecía no delta do Nilo. Primeiro colocábase unha capa; logo dispoñíase unha segunda capa formando ángulos rectos coa primeira. A continuación, prensábase.  Pergameo. Aparece no s.I d.C. en Pérgamo, na actual Turquía. Obtíñase da pel de vacas, ovellas ou cabras. A pel debíase secar, raspar e cofar con pedra pómez antes de pulila. A pel de becerro considerábase a mellor de todas.  Papel. Naceu en China e o seu uso propagouse a finais do s. II d.C.. Os árabes introducírono en Europa no s. XII a través da España musulmá. Empezouse a fabricar con trapos vellos, cánabo, codia de árbore e redes de pescar. Na actualidade, máis do 95% fabrícase con celulosa de madeira.


Óstracon Óstracon Taboíña arxila

Jiahu

Jiance

Pergameo

Papiro

Taboíñas cera


ÚTILES DA ESCRITURA  Cálamo. Cana oca cortada oblicuamente na súa punta. A súa orixe é grega. Utilizouse en Occidente ata o século XII. Servía para escribir con tinta sobre papiro, pergameo e papel.  Estilo. Punzón macizo que se obtiña dun talo ou rama. Un extremo era afiado (para escribir), e o outro, romo (para borrar). Usábase sobre as taboíñas de cera.  Pluma de ave para escribir con tinta. Soían ser de ganso ou cisne.  Lapis. Instrumento de escritura ou debuxo. Consiste nunha mina de pigmento (xeralmente grafito) e unha graxa ou arxila especial, encapsulado, xeralmente, nun cilindro fino de madeira . As minas de grafito envolvíanse nun principio en cordeis ou en coiro de ovella. Os italianos foron os primeiros en idear unha suxección de madeira.  Pluma estilográfica. É un instrumento de debuxo técnico e de escritura. Consiste nun depósito de tinta líquida composta principalmente de auga. As primeiras novas da pluma estilográfica datan do s.X. As plumas máis antigas conservadas datan do s. XVIII.  Bolígrafo. É o instrumento de escritura máis popular e utilizado do mundo. A súa característica é unha punta de carga que contén unha bola, xeralmente de aceiro ou tungsteno, que, en contacto co papel, vai dosificando a tinta a medida que vai rodando. Ladislao Biro patentou un prototipo en Hungría e Francia en 1938.


 Tinta. Atribúese a súa invención aos chineses no 2500 a.C. Empezouse a empregar na antigüidade para escribir con cálamo sobre papiro. As tintas antigas consistían na unión dun pigmento chamado negro de fume, cola e substancias aromáticas. Había que mesturala con auga para poder usala. Posteriormente obtivéronse tintas máis duradeiras con sulfato ferroso, mesturando auga con tanino e ácido gálico, ao que se lle engade cor (xeralmente azul).

Cálamo

Estilo

Pluma ave

Pluma estilográfica


FORMATO DO LIBRO  Volume. É un rolo de papiro que resultaba de unir varias follas e envolvelas arredor dun cilindro chamado umbilicus. A lonxitude do rolo podía ser de varios metros (unhas 20 follas) .Escribíase por unha cara e, para ler o texto, desenvolvíase o volume coa man esquerda mentres se suxeitaba coa dereita. Dun extremo do umbilicus colgábase unha etiqueta, titulus, na que se escribía o título da obra. Almacenábanse en andeis co título colgando, e gardábanse en cestos de vimbio ou en bolsas pechadas de pel, capsae.  Códice. Está formado por un conxunto de follas rectangulares de pergameo ou papiro dobladas en forma de caderniños e protexidas cunha encadernación. O códice, máis fácil de manexar que o volume, foi substituíndo a este a partir do s. IV.  Orihon. É un libro acordeón que chega a Xapón desde China (794‐1191 d.C.). Consistía en varias follas de papel pegadas formando unha longa tira e dobladas en forma de acordeón. Podían estar soltas ou atadas por un fío que atravesaba o bordo, e rematadas por unha cuberta en forma de táboa.  O libro electrónico. Libro dixital, ciberlibro, e‐book é unha versión electrónica ou dixital dun libro publicado na World Wide Web ou noutros formatos electrónicos. A finais da primeira década do s.XXI comenzan a aparecer varios dispositivos como o iLiad, o Reader e o iPad


Volume Códice

Libro electrónico

Capsae

Orihon


CÓDICES MANUSCRITOS Os libros manuscritos están escritos a man sobre papiro, pergameo ou papel. Escribíase con pluma e tinta; borrábase cunha coitela ou pedra pómez. A lingua empregada era o latín. Os códices encadernábanse con taboíñas de madeira, forradas con coiro, pel de cabra, seda ou brocado. Os códices luxosos adornábanse con esmaltes, metais e pedras preciosas e se pechaban con un ou dous broches. Ás veces, unha cadea de ferro servía para suxeitar o libro ao pupitre de lectura ou ao andel da biblioteca para evitar os roubos. Na Idade Media, os monxes eran os encargados de copiar os manuscritos no scriptorium. Os eruditos viaxaban aos distintos mosteiros na procura dos textos que desexaban estudar. Os copistas debían ser quen de copiar obras relixiosas en latín, grego ou hebreo aínda que non as entenderan, e coñecer as distintas técnicas de escritura. Os manuscritos ilustrados ou iluminados contiñan figuras ou debuxos de figuras chamados miniaturas. As marxes das páxinas estaban decorados con motivos ornamentais. Era frecuente que a primeira letra dun capítulo ou dun párrafo, chamada letra capital, fose máis grande que as demais (podía ocupar varias liñas) e estivese moi decorada con espirais en forma de plantas ou pequenas figuras humanas ou de animais.


Existen distintos tipos de manuscritos iluminados:  Bestiarios. Libros moi populares na Idade Media. Describían animais, plantas e incluso rochas. O texto e a ilustración de cada unha destas bestas soía ter un contido moralizante.  Beatos. Son copias do Comentario ao Libro do Apocalipse de San Xoán que no ano 766 realizou Beato de Liébana, abade do mosteiro de Santo Toribio de Liébana (Cantabria).  Libros de horas. Son manuscritos creados exclusivamente para unha persoa (xeralmente nobre) que conteñen rezos e salmos para cada hora litúrxica do día e para cada estación do ano.  Salterios. Contiñan todos os textos dos Salmos e toda a meirande parte do Oficio Divino. En moitos Salterios había notas marxinais que indicaban a que hora e día correspondía cada Salmo.  Biblias. CÓDICE CALIXTINO‐ Manuscrito iluminado da metade do s.XII. É unha especie de guía para peregrinos que percorrían o Camiño de Santiago. Contén consellos, descricións da rota, das obras de arte e das costumes da xente ao longo do Camiño. Tamén contén sermóns, milagres e textos litúrxicos relacionados co Apóstolo Santiago. LIBRO DE KELLS‐Considerado a peza principal do cristianismo celta. Contén os catro Evanxeos do Novo Testamento. Foi realizado por monxes celtas cara ao ano 800 en Kells, unha vila de Irlanda. É un dos máis luxosos manuscritos iluminados que sobreviviu á Idade Media.


Bestiario

Bestiario

Salterio Chludov


Libro de horas

Beato de Liébana

Letra capitular


Cadeas no códice

O Corán

Encadernación en ricas teas

Biblia

Códice Calixtino

Libro de Kells


A APARICIÓN DA IMPRENTA A invención da imprenta por Gutenberg na década de 1440 supuxo unha aceleración da produción de libros e trouxo consigo a estandarización das principais linguas de Europa. A imprenta é un método mecánico de reprodución de textos e imaxes usando pezas metálicas (tipos) impregnadas cunha tinta indeleble con base de aceite que se presionaban sobre papel ou materiais similares. Os tipos eran pezas móbiles que contiñan todas e cada unha das letras do alfabeto. Estes tipos colocábanse liña por liña, compoñendo o texto, nun compoñedor. Despois, cada compoñedor colocábase nunha superficie plana chamada galera. O papel, suxeito mediante un bastidor baixábase e presionábase contra os tipos para dar lugar á impresión. Trala súa impresión, as páxinas colgábanse para o seu secado. Este proceso era longo, e compoñer unha páxina podía levar todo un día. Gutenberg non foi o primeiro inventor dos tipos móbiles. La impresión xilográfica en tallas de madeira xa era usada na China no s. XI. Douscentos anos antes do invento de Gutenberg, os coreanos dispoñían dos primeiros caracteres móbiles de metal. Sen embargo, as importantes repercusións sociais e culturais do invento de Gutenberg non deixan lugar á dúbida de que a imprenta propiamente dita foi un invento occidental.


O primeiro libro producido con tipos móbiles en Europa é A Biblia de Gutenberg. A súa composición e impresión levoulle máis de dous anos, pero do seu taller saíron 150 copias en papel e 30 sobre vellum (pel de becerro). Un escriba tardaría tres anos en producir unha soa copia. A LINOTIPIA foi inventada por Ottmar Merghentaler en 1884 e supuxo a mecanización do proceso de impresión. Un só traballador cunha máquina de linotipia podía colocar 8.000 caracteres por hora. A MONOTIPIA inventada por Tolbert Lanston en 1.887 supuxo outro grande avance, xa que resultaba máis axeitada que a linotipia para a produción de libros. Grazas a este invento, o aumento global da produción de libros fixo deste un produto de consumo de masas. A IMPRESIÓN DIXITAL consiste na impresión directa dun arquivo dixital a papel por diversos medios, dos que o máis común é o tóner.


OS INCUNABLES‐ Son todos os libros impresos antes do domingo de Pascua de 1501. Os incunables tiñan as seguintes características:  Íncipit. “comenza”. Indica o principio do escrito.  Explicit. Indica o final ou as derradeiras palabras.  Portada. Os primeiros libros impresos carecían de portada. O primeiro exemplo de portada é o Calendario de Johann Müller do ano 1.476.  Letras capitais. Os incunables soían ter uns espazos en branco destinados ás letras capitais que eran iluminadas a man por expertos miniaturistas.  Foliación. Nos primeiros impresos non existían os números das páxinas. Nalgúns incunables atópase unha numeración manuscrita.  Signos de puntuación. En moitos casos os signos de puntuación non se usaron ou se empregaron parcialmente. Para separar os párrafos usábase o calderón.  Marxes. A amplitude das marxes permitía escribir notas nelas.  Colofón. Onde se indicaba o nome do autor, título, lugar de elaboración, nome do impresor, data de edición e, ás veces, unha frase de grazas a Deus.


Marxes con anotacións

Calderón para separar párrafos

Colofón


Incunable de “Biblia de Gutenberg”

Incunable de “Tirante el Blanco” Incunable de “Gramática de Nebrija”

Incunable de“La Celestina”


E ADEMAIS:  A palabra “libro” ven do latín liber‐libri e significa “parte interior da codia das árbores”. O romano Plinio o Vello xa nos dá novas de que, antes do coñecemento do papiro, utilizáronse codias de árbores e outros materiais para escribir.  Un libro facsímil é unha reprodución case perfecta doutro que xeralmente posúe gran valor.  Un palimpsesto é un manuscrito no que se conservan as pegadas doutro escrito con anterioridade sobre a mesma superficie e posteriormente borrado.  Ostracismo é, segundo o dicionario, “o illamento ao que se somete unha persoa, xeralmente por non resultar grata” e tamén “a exclusión voluntaria ou forzosa dun cargo político”. A palabra vén de “óstracon” que era un anaco de cerámica onde, entre outras cousas, os gregos podían escribir o nome do cidadán ao que se consideraba merecedor de desterro.  A expresión “cambiar de estilo” significa cambiar de modo de escribir, e ten a súa orixe na acción que podía realizarse co útil de escritura chamado “estilo”. Se se lle daba a volta, coa parte roma podía borrarse o escrito.  A scriptio continua é unha escritura continua, empregada na Antiga Grecia e na Antiga Roma, polo xeral sempre en letra maiúscula, sen interrupción (separación de palabras), puntuación nin saltos de liña.


 A palabra “miniatura” como pintura de pequenas dimensións feita sobre unha superficie delicada e que aparece, en xeral, en manuscritos antigos non debe o seu nome ao seu tamaño, senón a utilización de tintas de “minio” de cor vermella que primeiro se empregaban para os encabezados e despois para os pequenos retratos. A pintura de minio ten a súa orixe no río Miño de onde se extraeu por primeira vez.  Ilíada e A Odisea son as obras escritas máis antigas da literatura europea. Atribúenselle ao poeta Homero, e dátanse no s. VIII a.C.  A primeira escritora da historia cuxo nome coñecemos é Enheduanna, filla de Sargón I, creador do imperio acadio. Esta poeta viviu no s. XXIV a.C.  O libro máis pequeno do mundo parece ser unha Biblia de 5 mm. coa reprodución en varios idiomas do Padre Nuestro.  O libro máis grande do mundo ten 160 páxinas, pesa 250 Kg. e mide 3.20 m. de altura e 4 m. de envergadura.  O libro máis vendido da historia é a Biblia.  As tres grandes “Relixións do Libro” son o xudaísmo, o cristianismo e o islam porque posúen cada unha delas un libro sagrado: a Torá, a Biblia e o Corán respectivamente.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.