Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Page 1

Pallares UN

Orientación

UAIS IG E IA R C T N N IE E C N ÍA O R C O O IT N T A A N Amparo Veiga Vila CU RSOUCO TE I oso escolar ac o d n ió c n ve re p a Programa para

Departamento de Orientación

O programa Titoría Entre Iguais naceu en Barcelona, no IES Front Maritím, da man do psicólogo Andrés González Bellido e un grupo de profesores e profesoras preocupados pola prevención do acoso escolar no seu centro educativo. Despois de case dez anos de experiencia, e tras irse estendendo por diversos colexios e institutos da península, a finais do pasado curso chegou a nós grazas a Magú Puchades-Tella Villamarín, orientadora no IES do Camiño, que nos convidou a varios centros da contorna a participar na formación, sendo esta imprescindible para poder poñer en marcha o TEI no colexio.

vítima e coa intencionalidade do agresor ou agresores de facer dano. Trátase neste programa de incidir nos pasos previos a estas situacións que poden resultar dramáticas, é dicir, trátase de educar para dicir “non” a certos comportamentos que case temos asumidos coma normais no día a día do colexio. As burlas, os motes, o illamento social, o destrozo dos materiais...son algunhas das condutas que non queremos que sigan sucedendo e que soamente coa participación de todas e todos poderemos ir mudando. Así mesmo, parte da sensibilización vai dirixida a coñecer o chamado triángulo do acoso escolar onde se explica o papel que desenvolven as vítimas, os agresores/as e os espectadores, sendo estes últimos un elemento fundamental para que a situación se agrave e perpetúe coma para que poida pararse a tempo.Trátase aquí de concienciar á comunidade educativa da responsabilidade que temos de denunciar situacións inxustas nas que un ou uns compañeiros/as lle fan a vida imposible a outro/a.

Un grupo de sete profesoras e profesores formámonos durante unha fin de semana, tan intensa coma produtiva, de finais do mes de xuño de 2014. Acordamos co resto do profesorado alí asistente empezar a poñer en marcha de maneira coordinada esta experiencia nos respectivos centros educativos (IES do Camiño de Palas de Rei, IES de Monterroso, CPI Dr López Suárez de Friol e CPI Tino Grandío de Guntín).

ESPECTADORES

No CPI Tino Grandío comezamos a andaina aló polo mes de outubro facendo unha xornada de sensibilización co profesorado e presentando aos compañeiros/as as fases das que constaba este programa, despois veu a formación de titores e titoras de 3º e 4º de ESO, a sensibilización do alumnado de 1º da ESO e as charlas coas familias do alumnado.

VÍTIMAS

AGRESORES

Como se organiza a intervención? O gran protagonista desta iniciativa é o alumnado xa que a meirande parte dos conflitos os van resolver entre eles de xeito pacífico e a través do diálogo. Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO que, tras a xornada de sensibilización quixeron voluntariamente participar como titores e titoras emocionais do alumnado que comezaba a etapa de ESO, foron os grandes responsables do funcionamento desta estratexia educativa. Cada alumno/a de 3º ou 4º foi nomeado titor/a

Pero que é a Titoría Entre Iguais? É unha estratexia educativa para fomentar a convivencia escolar e previr o acoso no centro. Máis aló das actividades que propón, trata de ir construíndo entre todos unha cultura da paz e da non violencia. Podemos dicir que o acoso escolar existe cando se dá unha agresión repetida durante un período longo de tempo, sen provocación por parte da 24


Pallares

Orientación

dun alumno/a de primeiro coa finalidade de guialo nesta nova etapa educativa e servirlle de apoio para as dificultades que puidesen xurdirlle na aula e ou no centro en xeral. Unha vez ao mes titor e titorando tiñan oportunidade de falar formalmente na hora de titoría. Tamén unha vez ao mes, os titores/as acudían a unha reunión coa coordinadora do programa onde se falaba das dificultades e dos pequenos atrancos que se atopaban ao desempeñar o seu labor.

inolvidable”. De entre os titorandos hai quen di que se “sentiu protexida”, “recibiu axuda dos máis grandes” e algúns opinan que “andaban máis vixiados”. Se cadra para quen supuxo un maior reto foi para o alumnado titor que sentiu a responsabilidade e a satisfacción de poder axudar dende a experiencia propia. A maior dificultade que atoparon foi a de gañar confianza para compartir problemas. Algúns botaron en falta unha formación máis extensa e case todos piden poder ter máis contacto cos titorandos e facer máis actividades conxuntas que axuden a romper o xeo.

Na práctica, tanto dende o profesorado como dende o alumnado fomos vendo que hai moitas cousas que mellorar para que o programa sexa realmente efectivo. Aínda pendentes de facer unha avaliación por parte do profesorado do centro, podemos compartir con vós algunhas das valoracións que titorandos e titores/as fan deste primeiro ano de posta en marcha. Todos/as coinciden en que é un programa que debe continuar no centro, sendo para todos eles unha “boa experiencia” e mesmo “unha experiencia

Esperamos que sexa este o primeiro dun longo percorrido para acadar un clima de convivencia pacífico e enriquecedor, onde o respecto ás diferenzas sexa eixo fundamental das nosas relacións. Dende o centro só nos queda agradecer ao alumnado a súa implicación e o seu saber facer.

Entrega de diplomas e carnés de titores/as.

25


Pallares

Orientación

A continuación amosase a publicación que o diario “El Progreso” fixo desta experiencia innovadora, tanto en formato papel como dixital:

26


etras Galega

Pallares

Letras galegas

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

Carla Fernández Rubio (3ºESO) Antía Cabanas Barja (3ºESO)

culturais. En 1927, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en 1936 doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza. En 1959 diplomouse en Psicoloxía, tamén na USC. A súa traxectoria pública comezou en 1928 como secretario da Xunta Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo. En 1928 comezou tamén a súa carreira de docente, primeiro como axudante interino da Sección de Letras no Instituto de Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1935, gaña por oposición a cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Balmes de Barcelona, desde o que se traslada ese mesmo ano primeiro a Melilla e despois a Lugo. Nesta última cidade coñeceu a María Teresa Iglesias de Oscáriz coa que casou e con quen tivo cinco fillos. En 1940 volveu a Pontevedra, ao Instituto Sánchez Cantón, do que foi director ata a súa xubilación.

Cada ano dende 1963, o 17 de maio celebramos unha data de importancia no ámbito da nosa literatura, o Día das Letras Galegas, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Nesta data recordamos a un escritor ou escritora (xa falecido/a) pola súa obra en lingua galega.

Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra en 1927, sendo secretario e máis tarde director do mesmo. Foi membro numerario da RAG e correspondente da Real Academia de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando. Foi nomeado vogal do padroado do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo de "Rosalía de Castro" e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

A RAG acordou dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas ao escritor e historiador Xosé Fernando Filgueira Valverde, polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. A súa candidatura xa se presentara diversas veces, logrando impoñerse este ano ao resto de autores propostos. Naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Era fillo de Xosé María Filgueira Martínez (médico en Pontevedra) e Araceli Valverde Yaquero. Desde moi novo estivo involucrado en toda clase de proxectos

En 1973 recibiu o “Pedrón de Ouro”, un dos galardóns de maior prestixio no ámbito cultural galego, e tamén o premio “Galicia Letras”.

27


etras Galega

Pallares

Letras galegas

e Quintana viva (1971). Así mesmo escribiu un Diccionario e o Vocabulario popular galego-castelán (1926).

De 1982 a 1983 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista.

En canto ó teatro publicou unha obra en Lugo co nome de Agromar (1936).

Ocupou cargos públicos no franquismo, como presidente do Tribunal Tutelar de Menores e alcalde de Pontevedra, ademais de Procurador en Cortes e Conselleiro provincial de Belas Artes.

En castelán escribiu diversas guías e catálogos como son a Guía breve del Museo de Pontevedra (1969) ou Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios (1950). E como ensaio tamén en castelán escribiu por exemplo o Cancionero Musical de Galicia (1942).

Xosé Filgueira Valverde faleceu na casa familiar da rúa Arcebispo Malvar de Pontevedra o 13 de setembro de 1996, a piques de cumprir os 90 anos.

E por último, pero non menos importante, as coleccións de artigos xornalísticos publicados no Faro de Vigo, reunidos en nove volumes baixo o título de Adral, que, en opinión do membro de número da Academia Xesús Ferro Ruibal constitúen unha verdadeira "enciclopedia galeguizadora".

Cabe recoñecer a súa extensa obra de carácter divulgativo, tanto científica como literaria, que o converteu nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX. Esta obra supera os trescentos títulos entre libros e folletos, máis de mil publicacións en xornais e revistas e máis de 1600 conferencias e discursos tanto en galego como en castelán.

Ao analizar as súas obras podemos sacar de contexto que ningún campo do saber quedou fóra do interese e da curiosidade de Xosé Filgueira Valverde. É evidente tamén, que a súa maior actividade se concentrou en determinados ámbitos como a historia, a arqueoloxía, a antropoloxía, a arte e a literatura. Non é doado, debido á morea de obras, destacar algunha publicación en particular. Pero cabe nomear algunhas especialmente relevantes para a nosa cultura, as cales citamos a continuación.

A primeira obra narativa galega foi a recolleita de narracións breves: Os nenos (1925); máis tarde publicou O Vigairo (1927)

28


Pallares

Ocio e tempo de lecer

LIBROS E CINE Club de Lectura

O Club de Lectura do noso centro segue na teima de analizar obras literarias e as súas adaptacións cinematográficas. Así, neste curso, lemos, vimos e comentamos:

A convocatoria do club tivo tan boa acollida que todo o alumnado de 6º de EP e o 60% do alumnado de ESO participa asiduamente nas sesións e actividades programadas.

29


Pallares

Ocio e tempo de lecer

Los juegos del hambre de Suzanne Collins foi unha das obras que mĂĄis interese suscitou entre os alumnos e alumnas e animou a moitos a ler o resto dos libros da triloxĂ­a.

E para rematar, no mes de xuĂąo, faremos unha visita ao Versalles galego: o Pazo da Oca, onde investigaremos que tramas puideron xurdir neste contorno. 14 30


Pallares

Ocio e tempo de lecer

Os adultos tamĂŠn lemos!!!

O grupo de adultos estĂĄ aberto a todos os membros da comunidade educativa que desexen participar: docentes, persoal laboral, pais, nais e familiares.

14 31


Pallares

Ciencia divertida

DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Juan Arias Rodríguez Miguel Josué González Morla Óscar Pérez Pérez Laura Rodríguez Buján David Rodríguez Corredoira Adrián Somoza Couso.

O ámbito científico-tecnolóxico do curso de PDC busca a conexión entre o aprendido na aula e os traballos cotiáns. Neste artigo presentamos dous trucos fáciles para resolver problemas difíciles.

SISTEMA DE REGO POR CONDENSACIÓN SOLAR Aproveitando que temos un invernadoiro, decidimos facer unha pequena plantación para ver o efecto dun fertilizante en distintos tipos de plantas e atopámonos co problema de regar as fins de semana. Nos países nos que escasea a auga deben economizala e unha das maneiras é mediante o rego por goteo. O que expoñemos a continuación tamén persegue economizar a auga. Consiste en dispoñer dous recipientes, un máis grande e outro máis pequeno. Poden ser botellas de auga de diferente tamaño. A botella máis grande tápase cun tapón e córtaselle o fondo. A botella máis pequena (ou vaso de plástico) énchese de auga. Ao pe de cada planta colócase unha botella dentro da outra. A calor fai evaporar a auga da botella pequena que se condensa nas paredes da grande e esvara cara o solo, mantendo a humidade na base da planta.

Ao final de curso veremos os resultados.

32


Pallares

Ciencia divertida

estendido puidemos velo dentro da altura da regra cerrando un ollo.

COMO MEDIR A ALTURA DUNHA ÁRBORE Se queremos saber canto mide un eucalipto de 30 anos sen subir a el nin “pinchalo” podemos recorrer ao método de comparar a súa sombra coa dun obxecto de altura coñecida pero, e se non hai sobra por estar nubrado?

Medimos a distancia da árbore aos nosos pes (D) e da regra ao ollo (d). Botamos a seguinte conta: D en metros/d en metros = Altura árbore (H) / lonxitude da regra en metros(h)

Nós probamos o seguinte método: Collemos unha regra de 30 cm e separámonos da árbore ata que, sosténdoa co brazo

Altura da árbore = A/B x Lonxitude da regra.

Probamos coas árbores do patio para ver se o resultado é correcto.

H

h d

D

33


Pallares

Alimentación Marta Manso Eliz

les b a d u a S s Gominola es:

Ingredient

5 gr) a de sabor (8 n ti a el x e d · Un sobre minas) a neutra (lá n ti a el x e d · 20 gr lquera , zume de ca ga u a e d l m · 200 nxa mida de lara ri p ex e m u z sabor ou ou limón. zucre · 100 gr de a vo) ozalas (optati b re ra a p e · Máis azucr

o: Paso a pas

, a lume tes nun cazo n ie ed gr in a, s dos o xar que ferv ei d n 1. Poñemos to se e er v xar de remo suave, sen dei 10 minutos e dous o fóra do lum z ca o r sa u o rep espesa de cor la 2. Deixamos u íc el p a h arase un minutos, form nha culler. cu s o m ra ti re clara que e (se tiñas de aceit go s a h n cu os os moldes paso) 3. Engraxam fai falta este n o n a d n ra na b son de silico mos 12 es e refrixera ld o m s o n ra mestu 4. Vertemos a horas mos con ldes e reboza o m s o d s a d s lambeta 5. Sacamos a eremos. azucre se qu

34


Pallares

Ciencia divertida

OS OS ORGANISM S TRANSXÉNICO

Carla Fernández Rubio Mª Rosario López Fernández Jennifer Vázquez Vázquez

Na actualidade todos nós temos oído falar deste tipo de organismos aínda que non saibamos moi ben en que consisten. Ao mesmo tempo, moitos agricultores galegos xa usan sementes de millo con esta denominación. insecticidas, illado na bacteria Bacillus thuriengensis.

Os transxénicos son organismos aos que se lles introduciu información xenética doutro ser vivo para que reproduzan características propias deste.

3.- Resistentes a condicións ambientais adversas como frío, salinidade, exceso de calor.

A maioría son plantas destinadas á alimentación.

4.- Substancias empregadas en tratamentos de animais para mellorar a produción. O mellor exemplo é a hormona de crecemento bovina recombinante utilizada para aumentar a produción láctea. Utilízase en Estados Unidos pero non na Unión Europea. Serve tamén para que os animais medren máis rápido, así no salmón, con esta técnica, conseguíronse exemplares que engordan dúas veces máis rápido e comen menos que as variedades naturais, medrando no inverno, época na que normalmente o crecemento se detén.

TIPOS DE ORGANISMOS TRANSXÉNICOS: 1.- Resistentes aos herbicidas

Pódese conseguir fortalecer o sistema inmune de determinados animais, facéndoos incluso resistentes a algunhas enfermidades.

No chan viven bacterias capaces de sobrevivir ao ataque dos herbicidas. Aíllanse os xenes responsables desta característica e introdúcense no ADN da planta. Así, ao utilizar herbicidas, esta planta non morrerá.

Podemos concluír que as modificacións xenéticas en plantas conseguen resistencia ás condicións ambientais adversas, a herbicidas e pragas de insectos e poden incorporar mellores cualidades nutritivas.

2.- Tolerantes a insectos As plantas con esta característica levan incorporado un xene tóxico con propiedades

Cando as modificacións se realizan en animais, con fins médicas, axudan aos investigadores a illar determinados xenes para comprender o seu funcionamento, como fonte de tecidos e órganos para transplantes, para mellorar a produción gandeira ou obter leite con maior valor nutricional ou con proteínas de importancia farmacéutica. Os alimentos transxénicos máis utilizados son: millo, soia, tomates, froitas, patacas, pan, cervexa e algúns alimentos de orixe lácteo. 35


Pallares

Ciencia divertida

Alimentos transxénicos en España: Chocolates, pan, patacas fritas, galletas, aceites...

Estas empresas xa están contactando directamente con gandeiros e agricultores galegos para presentarlles os seus productos e expoñerlles a súa intención de introducir en Galicia alimentos alterados xeneticamente.

Algunhas marcas que conteñen transxénicos son: Nestlé, Grupo Sos, Danone, Carbonel, Nequik, Nescafé, Eko e Kellogg's.

Un dos transxénicos que se utiliza é o millo resistente ás malas herbas e que necesita menos abono e tamén é resistente a insectos.

SITUACIÓN EN ESPAÑA E EN GALICIA España xunto con Portugal e a República Checa, son os únicos países de Europa nos que se seguen cultivando alimentos transxénicos en especial soia e millo.

Monsanto e Pioneer comezaron os seus experimentos en Galicia hai algúns anos. Dende entón, sementaron millo transxénico coa preceptiva autorización do Ministerio de Medio Ambiente, nos concellos de Arzúa, Arteixo, Mesía, Val do Dubra, Ribeira, Touro (A Coruña), Chantada, Vilalba, Castro de Rei (Lugo) y Lalín (Pontevedra).

A maioría, por non dicir todos os produtos de soia e millo que non son ecolóxicos, son transxénicos. O negocio dos transxénicos existe en Galicia. Dúas das grandes multinacionais da alimentación e da biotecnoloxía, Monsanto e Pioneer, son as empresas que comercializan os transxénicos, despois de varios anos experimentando con millo transxénico na Coruña, Lugo e Pontevedra.

PROBLEMAS ASOCIADOS Os riscos son numerosos e existe, sobre todo, certa preocupación en canto á saúde alimentaria, aínda que tamén supón un risco para o medio ambiente ou a economía. Os alimentos transxénicos poden levar substancias que produzan alerxias ou intolerancias alimentarias en persoas susceptibles así como unha posible resistencia a antibióticos útiles para a saúde humana. Por outra parte, dende o punto de vista biolóxico, a resistencia que se conseguiu nos cultivos transxénicos fai que se utilicen herbicidas moito máis potentes, o que leva a unha maior contaminación do solo. Ademais estes poden filtrarse e chegar ás augas subterráneas.

Tomate

A resistencia tamén se fai máis importante en insectos e malas herbas que evolucionaron en relación ao uso dos transxénicos, o que pode levar a outro problema de biodiversidade. Outro problema é a falta de información e transparencia, xa que algúns alimentos transxénicos estanse usando mesturados e de forma indistinta con alimentos non modificados. Variedades de millo nativo

36


Pallares

Educación e sociedade

N Á IV E D N IÓ C A R O P R O C IN A

Carla Fernández Rubio (3ºESO) Antía Cabanas Barja (3ºESO)

Comunicámonos con el bastantes veces aínda que nos custa un pouco porque non sabe moito español e nós non sabemos ruso. Por outra banda, tivemos que aprender o abecedario e algunhas palabras na linguaxe de signos. Aprendemos que a linguaxe de signos tamén é diferente en ruso que en español, só teñen un vinte por cento de parecido entre ambas.

Iván é un neno ruso de 14 anos que veu para Guntín dende Vladimir (Rusia). Ten un problema auditivo aínda que el sabe falar ruso e un pouco de español. Antes da súa chegada, César, o noso titor, díxonos que ía vir un alumno novo pero non nos dixo de onde era. Nós estabamos impacientes por velo. Ao día seguinte, María díxonos que viña de Rusia. A nós fíxonos moita ilusión coñecelo porque nunca viramos a ninguén ruso no noso centro. O malo foi que só estabamos con el nas clases de educación plástica, educación física, proxecto interdisciplinar, titoría, atención educativa e en matemáticas. Pero coñecémolo bastante ben porque sempre que podemos estamos con el.

Iván ten un horario de clases distinto do noso porque vai con María (a oientadora do Centro) e con outros profesores el só, para que lle aprendan español para comunicarse mellor. O seu alfabeto, o do ruso, é diferente ao noso. Chámase Cirílico e ten caracteres diferentes aos nosos, por exemplo:

Ребенок = neno

Para que a súa incorporación fose o mellor posible puxemos carteis por todo o centro nos diferentes locais nos que aparecía o nome do sitio en linguaxe de signos, ruso, galego e español.

Esperamos que se atope cómodo no noso colexio. Intentaremos axudalo o máximo posible.

37


Pallares

Alimentación

Almorzo

bos , e l b a saud tos alimenticios hábi

Aliménta-T Ben

Moitos alumnos/as pasan dende as 10 da noite ata as tres da tarde, 17 horas sen comer!

Como sabedes, participamos no programa Aliméntate Ben, dentro do Plan Proxecta, da Consellería de Educación, que pretende fomentar o consumo de froita e peixe entre os rapaces/as.

A CONTINUACIÓN INDICÁMOSVOS ALGÚNS CONSELLOS PARA INTENTAR CORRIXIR ESTE PROBLEMA

Comezamos polo almorzo:

1.- Deben almorzar sempre e con tempo. Quizais necesiten 15 minutos máis pola mañá.

Dende hai tempo detectamos que moitos alumnos/as non almorzan ou fano dun xeito escaso e, en consecuencia, maréanse durante a mañá, especialmente se teñen actividades físicas.

2.- O almorzo saudable debe incluír algún alimento de cada un destes tres grupos

Por isto, e por iniciativa da profesora de bioloxía (Amparo Veiga Vila), enviouse ás familias unha carta por correo coas recomendacións necesarias para elaborar un almorzo saudable.

UN LÁCTEO - Leite - Iogur - Queixo

A comida é a fonte de enerxía que necesitamos para realizar as actividades diarias (traballar, estudar, loitar contra o frío, xogar, etc…)

ALIMENTOS CON CEREAIS - Pan - Galletas - Bizcoito caseiro - Cereais para o leite

Un almorzo completo ten como obxectivo aportar os nutrientes necesarios e está ligado a un mellor rendemento físico e psíquico.

FROITA - Algunha peza ou zume

Un neno/a en idade escolar que chega ao colexio sen almorzar correctamente obsérvase canso, sen enerxía, irritable, e polo tanto, sen gañas de aprender. Aínda que non o creades, todas as funcións cerebrais dos nenos/as atópanse vinculadas a un bo almorzo. É importante ter en conta que o cerebro aliméntase de glicosa e funciona a través dela. Por tanto, o almorzo debe aportar glicosa en cantidades axeitadas. Os nenos/as requiren de enerxía constantemente e máis polas mañás cando as súas actividades escolares demandan esforzos mentais e físicos.

Tamén se pode incluír manteiga e marmelada, xamón cocido ou serrano. 3.- Alternar os alimentos ao longo da semana faino máis variado e apetitoso. 4.- Evitar pastelería industrial do tipo de donuts, palmeiras, etc… xa que teñen un exceso de graxas pouco saudables. 5.- Poden traer un bocadillo para o recreo. 38


Pallares

Alimentación

6.- O ideal é facer 5 comidas ao día (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea lixeira) Outras boas prácticas no Centro: No Centro, e dentro do programa AlimentaT ben, temos programadas algunhas actuacións cuxo obxectivo é contribuír aos bos hábitos alimenticios e de saúde. Tamén dentro do programa Aliménta-T ben, o alumnado de primaria fixo unha viaxe á lonxa de Burela para tomar contacto directo co mundo do mar. Esta viaxe foi traballada previamente nas aulas e resultou moi enriquecedora a todos os niveis. O primeiro que visitaron foi o barco Museo de Burela, onde lles ensinaron como se pescaba o atún, o proceso de almacenamento, e tamén como era a vida dos mariñeiros en alta mar.

No tempo de lecer de polas mañás todo o alumnado pode comer unha peza de froita de temporada, os máis pequeniños consómena na súa aula coa súa profesora. Organizan quendas e van buscalas á cociña. A maiores dos bos hábitos alimentarios tamén hai que traballar outros hábitos que están directamente relacionados coa alimentación, o lavado de mans, os hábitos na mesa, as normas básicas de educación nos tempos das comidas, etc. Nun comedor escolar con máis de 150 comensais é moi difícil traballar boas prácticas, e logo de pensar moito acordamos unha serie de medidas que están a dar moi bos resultados: - O semáforo que mide o nivel de ruído.

- A quenda para os máis pequeniños/as: o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria comen sos, asesorados polos seus profesores/as titores/as. Ensínanlles a falar por quendas, a colaborar, a esperar e a moitas cousas máis pouco a pouco. Deste xeito o número de comensais é menor sendo máis doado incidir co alumnado.

39


Pallares

Alimentación

Ao rematar esta visita invitáronos a comer nun restaurante a base de peixe.

Unha vez finalizada a visita ao barco Museo foron á lonxa, onde, a maiores de coñecer as diferentes especies coas que traballan, tamén lles explicaron como se conserva o peixe ata chegar aos puntos de venta (como se facía o xeo, as cámaras de refrixeración e conxelación, etc.). Para finalizar esperamos que sexamos capaces de darlles o valor que merecen, tanto á inxesta axeitada de alimentos coma aos bos hábitos de saúde e alimentación. Dende o colexio tentamos reforzar as boas prácticas que as familias traballan tamén nos seus fogares. Entre todos/as, escola e familia, poderemos traballar e acadar hábitos saudables para toda a vida.

itos b á h s e r t i a h : e Lembrad s n a s n e ñ e t n a m que nos 1º- DURMIR BEN: - BEBÉS: DE 14 A 15 HORAS - 4 ANOS: 11 HORAS - 8 ANOS: 10 HORAS - ADULTOS: UNHAS 8 HORAS. 2º- FACER EXERCICIO POLO MENOS UNHA HORA AO DÍA. 3º- COMER BEN.

40


Pallares

Actividades

Actividades en tempos de lecer

Murais e concursos

41


Pallares

Actividades

Saídas

Mosteiro de Ferreira

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Museo de historia natural

Visita á Catedral

Outras actividades: charlas, conta contos, teatro, animacíon, arte… O MAGOSTO:

42


Pallares

Actividades

Obradoiros no nadal: PAPIROFLEXIA:

TIZA CON SAL:

FIELTRO:

MODELADO EN BARRO:

43


Pallares

Actividades

ESTAMPACIÓN:

REPOSTERÍA:

MAQUILLAXE:

44


Pallares

Actividades

ENTROIDO:

CHARLAS, CONTA CONTOS…:

45


Pallares

Actividades

POR QUE TEMOS EMBIGO?:

A AVENTURA ESTÁ NO MAR:

PROXECTO” MONTE VIVO”:

OUTRAS E MOITAS MÁIS:

46


Pallares

Educación e sociedade

Todos e todas

Pascuala

Este curso xubilouse unha das nosas compañeiras de traballo, Pascuala.

Puxémonos a buscar fotos do seu paso polo Centro, por este o seu Centro, e claro, o de sempre, pensamos: a ver agora onde hai fotos de Pascuala. E, sabedes que pasou?, pois que hai tantísimas que o traballo non foi buscar senón seleccionar, menudo traballo. Porque ela estaba en todas as viaxes e excursións, en todas as saídas, en todas as actuacións... en moitísimas actividades... no invernadoiro, plantando unha árbore, pegando carteis, facendo murais, colocando exposicións, no laboratorio...

47


Pallares

Educación e sociedade

E todo porque lle gustaba o ensino, defensora a ultranza do ensino público, dun ensino de calidade, sempre tratando de aportar e nunca de restar.

A diario viña ao Centro compartindo algo máis ca o coche coas súa compañeiras Amparo e Rosario, de seguro que organizaban actividades de camiño ao traballo, repasaban o acontecido cada día, e axudábanse nos momentos difíciles.

Podería ser que hai persoas que nacen ou que as sentimos cunha vocación especial para o traballo, sexa cal sexa?. Se existen, unha é Pascuala.

48


SEGURO QUE PASCUALA SEGUIRÁ A TRABALLAR POR UNHA SOCIEDADE MELLOR, DENDE O CENTRO DESEXÁMOSLLE O MELLOR E SEMPRE TERÁ UN LUGAR NO CPI TINO GRANDÍO DE GUNTÍN


Revista Subvencionada:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA Secretaría Xeral de Política Lingüística

Concello Guntín


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.