Guntin de pallares revista 2015 parte 1

Page 1

Pallares

Papel branqueado sen cloro

Papel branqueado sen cloro

Revista do CPI Tino Grandío • Guntín - Lugo

Nova época • Ano XV - Nº 15

Maio, 2015


Pallares Revista do CPI Tino Grandío • Guntín - Lugo

SAÚDO Este ano temos que comezar a revista dando a benvida á ANPA (Asociación de nais e pais de alumnos). A comunidade educativa conta agora cunha asociación que nace para colaborar e contribuír ao bo funcionamento do Centro.

CONSELLO DE REDACCIÓN García Crecente, Mª Teresa Arias Castro, Ana Paderne Cebey, Beatriz Veiga Vila, Amparo

pero empúxame se ves que me atasco ante un problema,

12- O día da árbore no noso centro

16- Picasso na aula de 3º de primaria

COLABORAN Concello de Guntín Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

21- Somos artistas 22- Un ano con ciencia 24- Un curso coa titoría entre iguais 27- Xosé Fernándo Filgueira Valverde 29- Libros e cine 32- Da teoría á práctica

Porque se pode aprender tamén a sufrir, non si?.

34- Gominolas saudables 35- Os organismos transxénicos

Pódesme aprender a levar mellor a dor?

ISSN: 1579-2773 D.L. LU-18-2002

18- Razóns para ler 19- As nosas receitas lituanas e polacas favoritas

anímame a que erre e apréndeme a sufrir.

Esperando que sexa do agrado de todos/as deixámosvos coa revista.

05- Xogamos e aprendemos

13- O Museo de Historia Natural de Santiago

empúxame se percibes que dubido,

Dáme a man que eu che regalarei o meu mellor sorriso.

02- Dez mil viaxes literarias na biblioteca

11- A Mariola

Dáme a man,

Dáme a man,

01-Creación dunha ANPA no CPI Tino Grandío

10- Imos tecer

“Dáme a man”

permite que erre, que tropece, que caia e me levante só.

ÍNDICE

08- Exposición no cole

E de seguido un poema dedicado ás nais e aos pais do alumnado do noso Centro:

ensíname o camiño pero deixa que o percorra só,

Nova época • Ano XV - Nº 15

37- A incorporación de Iván

COORDINACIÓN

38- A l m o r z o s a u d a b l e , b o s hábitos alimentarios

García Crecente, Mª Teresa Paderne Cebey, Beatriz

40- Actividades en tempos de lecer 47- Pascuala


Pallares

Educación e sociedade

CREACIÓN DUNHA ANPA NO CPI TINO GRANDÍO ANPA do CPI Tino Grandío

Estimados pais e nais: Somos un grupo de nais e pais do CPI Tino Grandío que, no mes de xaneiro, decidimos levar a cabo unha iniciativa: constituír unha Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as. Primeiramente, queremos presentar ás persoas que formamos parte da xunta directiva: ¯ Verónica Vilela (presidenta) ¯ Olga López (vicepresidenta) ¯ Lourdes Castro (secretaria) ¯ María José Vázquez (tesoureira) Dende a xunta directiva, queremos saúdar ás familias que xa forman parte da asociación e convidar ás que aínda non o son a sumarse. Pois, non só implica un custo mínimo anual senon que, ademais, son numerosas as vantaxes para os nosos fillos/as e para nós mesmos. Para todos aqueles que queiran asociarse ou poñerse en contacto con nós achegámoslles o noso correo electrónico: anpacpitinograndio@gmail.com. O noso obxectivo principal é a educación dos nosos/as fillos/as en colaboración permanente co equipo directivo e cos profesores do centro. Debemos ser conscientes de que as familias somos un membro máis dentro da comunidade educativa na que, xunto co alumnado e profesorado, debemos participar activamente para mellorar a educación dos nosos fillos/as. Por iso, unha das nosas iniciativas foi poñernos en contacto coa FAPACEL (Federación Provincial de ANPAS de Lugo). Dita federación asesorounos sobre os trámites administrativos que se tiñan que levar a cabo para a constitución da asociación. Seguidamente, demos o paso de federarnos xa que tamén nos ofrecen a posibilidade de asistir a charlas, obradoiros… e mándannos toda a información relativa a temas de educación. Un dos nosos proxectos para o vindeiro curso sería que se impartiran algunhas das actividades extraescolares a maiores das que xa temos, realizándose estas en horario escolar como ata agora. Somos conscientes de que os comenzos non son doados pero agardamos que, coa vosa implicación, as nosas limitacións se reduzan e os logros sexan os máximos posibles. Para rematar queremos agradecerlle ao equipo directivo do centro a súa atención e colaboración. Atentatemente, a xunta directiva.

1


Pallares

Dinamización lingüística

DEZ MIL VIAXES LITERARIAS NA BIBLIOTECA Equipo da biblioteca escolar

Cando o CPI Tino Grandío se embarcou no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares hai xa máis de dez anos e no que seguimos a traballar na actualidade, un dos obxectivos que se perseguía era o de achegar os libros a toda a comunidade educativa. Por este mesmo motivo, no curso 2014-2015 quixemos comezar coa actividade Mochilas viaxeiras, pola cal as familias e o alumnado que vai

dende 4º de Infantil ata 1º de ESO, están a recibir nas súas casas, unha vez no ano e por un total de quince días, unha mochila chea de libros, música, xogos e películas para gozar de maneira conxunta. Foron moitos os novos exemplares que adquirimos para poder encher axeitadamente as nosas mochilas, pero tamén seguimos a actualizar os fondos da biblioteca, con títulos actuais para todas as idades e que, como cada ano, imos facendo públicos dende a páxina Meiga, o noso blog ou os folletos informativos nos que recollemos as numerosas novidades editoriais que van enchendo as nosas baldas. De feito, esta constante

NON TEN CALIDADE

2


Pallares

Dinamización lingüística

achega de títulos foi a que favoreceu que recentemente chegásemos á incrible cifra de 10.000 exemplares catalogados, celebrado coa gravación do vídeo “Xa somos 10.000!”, no que algúns dos rapaces e profesores comentan distintos aspectos relacionados coa lectura e a biblioteca. Por outra parte, procuramos achegar a lectura a todo o alumnado, xa desde as idades máis novas. É por iso que, con motivo da celebración do Día do Libro, os rapaces de 6º de Infantil recibiron o seu carné da biblioteca, podendo, a partir de agora, compartir a lectura destes títulos coas súas familias. Así mesmo, para poder achegarse aos fondos é necesario comprender o funcionamento dunha biblioteca, de aí as actividades de formación do alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO a comezos do curso. Nesta mesma liña de animación á lectura inscríbense as numerosas actividades organizadas dende a biblioteca en colaboración cos departamentos de Orientación, de Dinamización Lingüística, a coordinadora de actividades extraescolares e o claustro do CPI Tino

3


Pallares

Dinamización lingüística

Grandío. Grazas á súa dirección e axuda puidemos realizar o concurso na primeira avaliación “Un chío polo Nadal”. Do mesmo xeito, no que levamos de curso xa contamos coa presenza de contacontos para os máis pequenos ou obradoiros de cine e sombras chinesas, para o alumnado de Primaria. E aínda que o curso está a piques de concluír, temos prevista a participación noutros ateliers, como o do ilustrador Xosé Tomás ou encontros con escritores, porque o equipo da biblioteca continúa a traballar na conquista de novos amantes da lectura. http://bibliocpitinograndio.blogspot.c om.es/

4


Pallares

Festas e xogos

s o m e d n e r p a Xogamos e

Alumnado de E. Infantil

帽as s casta o m e m Co osto no mag

Os nenos e nenas de educaci贸n infantil traballamos, como cada ano, en numerosas actividades que se celebraron ao longo do curso escolar. Podemos ver de xeito resumido a nosa participaci贸n.

ogamos x l a d a n No N tura nu n i p n o c iro obrado

5


Pallares

Festas e xogos

Como nunca cansamos das festas, disfrazámonos no Entroido e bailamos sen parar.

E non pensedes que soamente estamos de festa. No cole tamén traballamos. O día da árbore plantamos e regamos algunha especie para seguir tendo un patio onde xogar e respectar o medio ambiente.

Os de 5 anos xa nos estamos preparando para ter outras responsabilidades. O vindeiro ano seremos de primaria e como tal, na biblioteca déronnos o carné para poder coller libros cando queiramos.

6


Pallares

Festas e xogos

Cando chega a primavera e asoma un pouquiño o sol podemos sacar todo o parque móbil para xogar nos areeiros, porque iso si, somos uns privilexiados de ter o cole que temos: area, árbores, prado... Ata podemos brincar na herba!

Parece que non facemos outra cousa que xogar e festexar. Pois estades moi equivocados, que aquí tamén nos esforzamos moito en aprender cousas. Demostrámolo día a día . A pesar de ser os máis pequeniños facemos cousas grandes.

7


Pallares

Actividades complementarias

EXPOSICIÓNS NO COLE Equipo de Actividade Complementarias e Extraescolares

Este curso inauguramos unha mesa de exposicións no noso centro e animamos a todos os nenos e nenas e ás súas familias a participar. Os profesores e profesoras queremos darvos as grazas pola vosa colaboración e esperamos que sexa o inicio dunha boa tradición! Exposición de cabazas polo SAMAÍN:

e ción d Exposi as cabaz ÍN AMA polo S

O porqué da tradición … Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas. Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos mortos, aos que tiñan un gran respecto. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano que, ao andar o tempo, se foi transformando na festa dos defuntos.

8


Pallares

Actividades complementarias

ción de Exposi ascua: eP ovos d

O porqué da tradición … Para a Igrexa Católica, o ovo simboliza o home novo e é sinónimo de nacemento. A historia dos ovos de Pascua remóntase ao século XVIII. Entón, o costume era ferver ovos durante a Semana Santa, pintalos de varias cores e comelos o Domingo de Resurrección. Unha das tradicións católicas máis arraigadas é a de non inxerir carne nin ovos durante a Coresma, polo que nese período facíanse bendicir estes últimos para despois comelos na Pascua. De todos os símbolos asociados coa Pascua, o símbolo de fertilidade e nova vida é o máis identificable. Os costumes e tradicións de utilizar ovos foron asociados coa Pascua por séculos. Orixinariamente os ovos pintábanse de cores luminosas e fortes para representar a luz da primavera. Empregábanse en concursos nos que se facían rodar os ovos, ou se intercambiaban como regalos. Amantes e admiradores agasallábanse entre si como se fai coas tarxetas de San Valentín.

9


Pallares

Actividades complementarias

¡ ¡ ¡ R E C E T ¡¡¡IMOS

Equipo Actividades Complementarias e Extraescolares

Un grupo de nenos e nenas un bo día decidiron xunto con Ana, a auxiliar administrativa do Centro, pasar un bo anaco os xoves ou venres pola tarde, ben para facer bufandas e gorros como para decorar os nosos bonecos favoritos. Así naceu esta actividade hai dous meses e xa temos os nosos traballos, pero o mellor é que o pasamos PIPA e ata cotilleamos e todo jajajaaaa.

Unha actividade lúdica onde aprendemos moitas cousas coa escusa de tecer. O tecer é quizais o menos relevante desta actividade posto que falar respectando as quendas, escoitar o que contan outros, colaborar e axudar aos que o necesitan é máis importante que o resultado final do taller.

10


Pallares

Actividades complementarias

A Mariola

Alumnado de 1º e 2º de EP

Os xogos populares son de moita utilidade se queremos pasar un momento divertido cos amigos e compañeiros e, ao mesmo tempo, facer exercicio físico e mellorar as nosas habilidades. As alumnas e os alumnos de primeiro e segundo de Primaria divertímonos un pouco xogando á Mariola. Se vos queredes animar, aí tedes as regras do xogo. Existen distintas variantes segundo o lugar no que se practica.

: O XOGO D S A R G RE º1. a á casa n p a h c a e s Bóta xa pata co á e s a lt Sá u in t e s nas seg a it e r e d 9 hai chegar ao casas. Ao cer o irar e fa que se v oa e volta c d o id r r o perc . Os esquerda a x o c a pat vitar a s deben e e r o d a g o x chapa, ue está a casa na q ñas do pisar as li non poden e saltars n i n o r cad asas asa. As c c a h n u g nin pata sáltanse á is a u id iv d in ñendo dobres po s a e a x o c Cando ada casa. un pé en c nº lta á casa o v e d a g e se ch tar ten que bo r o d a g o x 1, o nta do pa coa pu a h c a a r fó fanse ras casas t u o s A . é p Cada o xeito. do mesm ue inúa ata q t n o c r o d xoga erro. cometa un

11


Pallares

Ciencias divertidas

O día da árbore no noso centro Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

No mes de marzo conmemórase o día da árbore como maneira de recordar todos os beneficios que nos aportan e a necesidade de respectalos e coidalos. Este curso plantamos tres especies distintas, unha maceira, un acivro e un arce xaponés que farán máis acolledor o recuncho do patio no que medrarán. Ao rematar lemos un poema de Celso Emilio Ferreiro que recollemos a continuación

“Teoría da arbre” O berce foi antes arbre, Berce do arbre é o vento. O arbre fillo da terra, danos sombra i alimento. Arbre, a porta da casa, Arbre, o estrado i o teito, Arbre, o carro i a mesa, Arbre, a chuvia no vento, Arbre, a caixa do morto, Arbre, a fiestra i o asento. Arbre, o bosco, i a barca, no medio soio silencio A nosa casa é un arbre. Casa do arbre é o vento que pasa peleriñando, con ledos paxaros dentro. O mundo semella un arbre prantado no firmamento .O arbre danos de todo: barca, teito, enterramento. O mundo semella un arbre Prantado no firmamento. A vida parece un arbre, no medio tan soio o vento. Celso Emilio Ferreiro “Viaxe ao país dos ananos” 12


Pallares

Saídas didácticas

O MUSEO DE HISTORIA NATURAL DE SANTIAGO Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

En 1857 créase a Facultade de Ciencias e o decano é o profesor de química Antonio Casares. Esta facultade foi desmantelada poucos anos despois polo Ministro de Fomento Manuel Orivio, alegando razóns económicas.

Seguro que a moitos de vós, sorprendeuvos o feito de ver un museo no cal se conservan exemplares desecados de numerosos animais, dende ourizos de mar ata un león, (e non están expostas as momias humanas que forman parte dos exemplares do Museo de Historia Natural). Para entendelo hai que remontarse á orixe deste museo, no século XIX, no cal non se podía coñecer a flora e a fauna doutros lugares a non ser por este tipo de instalacións.

A pesar disto, aumentan os exemplares de peixes, insectos, anfibios e réptiles de Galicia grazas ás doazóns de Víctor López Seoane o cal descobres e clasifica exemplares como a víbora endémica de Galicia que leva na súa honra o nome de Vipera seoanei.

No século XIX foi creado como gabinete que recollía diversos exemplares de animais, vexetais e minerais co obxecto de ensinarlles aos futuros médicos os fundamentos de anatomía, botánica e xeoloxía previos aos estudos de medicina. Aínda faltaba moito para a creación dunha facultade de ciencias (hoxe bioloxía), xa no século XX. Os estudos relacionados coa ciencia en Santiago eran de química, física e medicina, así como fundamentos de matemáticas.

En 1922 restablécese a Facultade de Ciencias e o encargado da Cátedra do Museo de Historia Natural é o profesor Luis Iglesias que en 1932 gaña por oposición a Cátedra de Bioloxía Xeral da Facultade de Ciencias. Permanece neste cargo 33 anos e o museo leva o seu nome na actualidade. Nese momento no museo hai modelos anatómicos de animais e vexetais, exemplares de flora e fauna de Europa, América e o Pacífico, coleccións de animais e plantas de Galicia.

O profesor Casares é o encargado de recoller material para a Cátedra de Historia Natural e son comprados en diversos lugares, incluso París onde en 1845 se adquiren diversos animais desecados, ou aportados por doazóns de particulares e estudantes.

Importantes coleccións de minerais e rochas foron doadas polo profesor Viqueira e por Isidro Parga Pondal. En 1961 pasa ao edificio da actual facultade de Química donde permanece ata que en 2009 comeza a construción do actual edificio que foi inaugurado no outono de 2014 e está situado no Parque de Vista Alegre.

Incorpóranse os modelos cristalográficos de René-Just Haüy, que ilustran as 1024 formas que poden presentar os minerais na natureza e 270 exemplares de rochas procedentes de Alemania e Francia.

Moitos dos exemplares aínda non están expostos dado o enorme traballo que supón o seu traslado ordeado e coidadoso.

Piñeiro de las Casas doa unha importante colección de cunchas.

O actual edificio ten un obxectivo didáctico e nel pode observarse a diversidade da vida, os ecosistemas galegos, xeoloxía de Galicia, mineraloxía e solos, flora e fauna de varios continentes así como unha colección de fósiles galegos.

De Cuba chegan 7 cranios de escravos (1850), e unha colección de madeiras tamén da illa. Existe gran interese por incorporar exemplares de Galicia e así se reúne unha colección de insectos da nosa comunidade. 13


Pallares

Saídas didácticas

go

sistema gale

eco Exemplo de

NON TEN CALIDADE

américa

d Fauna de Su

os

g Fósiles gale

bolo Pacífico, sím Esponxa doonio en Xapón do matrim

Información recollida do libro “O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela”, de Ánxela Bugallo Rodríguez. 14


Pallares

Saídas didácticas nte 3º e 4º dura Alumnos dea ao Museo a visit

loxía

ioloxía e Xeo

eB Alumnado d

15


Pallares

Arte e educación

PICASSO NA AULA DE 3º DE PRIMARIA Alumnado de 3º de primaria

PERÍODO AZUL Realizou obras nas que utilizaba os tons azuis, case todas elas amosan tristura, nelas mostra figuras alongadas de mendigos e personaxes da rúa.

Pablo Picasso foi un artista e pintor nacido en España, quen revolucionou, non só a pintura, o debuxo, e a cerámica, senón a forma na que o público apreciaría a arte. Picasso naceu na cidade de Málaga en 1881. O seu pai, José Ruiz Blasco, foi á súa vez artista, profesor de arte e primeiro mestre de Picasso. Aos 10 anos a súa familia trasládase á Coruña, alí continuará coa súa formación artística. Picasso é considerado o artista máis importante do século XX e un dos máis influintes no desenvolvemento da arte moderna. Hai máis de 1.500 obras súas en museos de todo o mundo.

PERÍODO ROSA Picasso entra nun período máis alegre e pinta escenas de pallasos e circos, con cores vistosas.

Tivo varios períodos que marcaron a súa carreira artística, entre eles están:

PERÍODO CUBISTA Busca unha pintura pura e comeza a observar os obxectos do seu taller de modo intelectual e a pintalos buscando neles figuras xeométricas sinxelas. PERÍODO SURREALISTA Nesta época usa formas deformadas, representa o monstruoso e o mitolóxico; as súas esculturas estaban feitas de fío e de láminas de metal. PERÍODO EXPRESIONISTA No período da Guerra Civil en España, Picasso pintou un dos seus cadros máis famosos, o GUERNICA no que mostra o seu rexeitamento á guerra e o terror sufrido pola poboación civil durante o bombardeo aéreo franquista contra a poboación de Guernica. 16


Pallares

Arte e educación

Raíña Sofía de Madrid, onde se atopa en exposición permanente.

O Guernica foi pintado entre os meses de maio e xuño de 1937, e o título alude ao bombardeo de Guernica o 26 de abril de dito ano, durante a Guerra Civil Española foi realizado por encargo a petición do Goberno da República Española.

A súa interpretación é obxecto de polémica, pero o seu valor artístico está fora de discusión. No só é considerado unha das obras máis importantes da arte do século XX, senón que se converteu nunha auténtica "icona do século XX", símbolo dos terribles sufrimentos que a guerra inflixe aos seres humanos. O Guernica é un óleo sobre lenzo, cunhas dimensións de 3,50 x 7,80 m. A pesar do seu título, e das circunstancias nas que foi realizado, non hai nel ningunha referencia concreta ao bombardeo nin á Guerra Civil. Non é un cadro narrativo, senon simbólico. Está pintado utilizando unicamente o branco e negro, e unha variada gama de grises.

Guernica logo do bombardeo

A estrutura do cadro é semellante á dun tríptico, o panel central está ocupado polo cabalo agonizante e a muller portadora da lámpada. Os laterais serían, á dereita, a casa ardendo coa muller berrando, e, á esquerda, o touro e a muller co seu fillo morto.

Na década do 1940 xa que en España se instaurara a ditadura militar do xeneral Franco, Picasso optou por deixar que o cadro fose custodiado polo Museo de Arte Moderno de Nova York aínda que expresou a súa vontade de que fora devolto a España cando volvese a democracia ao país. En 1981 a obra chegou finalmente a España. Expúxose ao público primeiro no Casón do Bo Retiro, e logo, dende 1992, no Museo

No cadro aparecen representados nove símbolos: seis seres humanos e tres animais (touro, cabalo e pomba).

17


Pallares

Arte e educación

Razóns Para Ler

es que sE non sab e a un l l r a l a g e r ,unha lle un cohete la á g e R : a neno/ monstro, un cabalo, un barcn oo,so, ga, u princesa, un , unha tartaru osaurio, te n a ig x n u , un pirata flor, un din laneta, unha p n u , n e tr n u unha balea…

ro

un lib e l l a l á g re

1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27. 28. 29. 30. 31. 32.

Marta Manso Eliz

Para coñecernos a nós mesmos Para dubidar Para soñar Para chorar Para afirmar Para imaxinar Para aprender Para explorar Para coñecer a outros Para descubrir o mundo Para compartir un legado común Para entender Para saber Para crear un mundo propio Para pasalo ben Para coñecer outros mundos Para non ser o que somos Para deter o tempo Para consolarnos Para crecer Para negar Para xogar Para saber que non estamos sós Para desterrar a morriña Para combater as malas noticias Para aprender a pensar Para fuxir do ruído Para refuxiarnos Para evadirnos Para vivir máis Para rir Para saber que estamos vivos

Cal é a túa? 18


Pallares

Alimentación

AS NOSAS RECEITAS LITUANAS E POLACAS FAVORITAS Alumnado de 3º de ESO

Este ano, dentro do proxecto eTwinning, Let's Cook Together, de 3º de ESO, colaboramos con un centro escolar polaco e outro lituano para falar de comida, cociña e gastronomía. A continuación algunhas das receitas que máis nos gustaron entre as que aprendemos dos compañeiros destes países.

ELATINA X E D E R T ) POS e Lucía Villar a Feito

(por Josefin

ramboesa, Ingredientes: de sabores (f a n ti la xe e d • 2 sobres arandos…) auga • 450 ml de os...) boesa, arand m ra (f a it o Fr • obre 6) • Galletas (s : auga. Preparación s 450 ml de o n a os, n ti la xe das en anac Remover a galletas parti as co as it o Poñer as fr o . e gardalos n no recipiente s recipientes o n a n ti la xe Baleirar a refrixerador

GALLETAS MARS (por Carla Fernández e Jennifer Vázquez)

Ingredientes: • Catro barras de chocolate (Mars) • Manteiga • Un vaso de cereais (Corn Flakes) Preparación: 1. Derreter a manteiga nun cazo. 2. A continuación engadir as barras de chocolate ao cazo. 3. Mesturar coa manteiga e engadir os cereais. 4. Remexer todo. 5. Poñer a mestura en papel de forno, para que non se pegue, e deixar arrefriar. 6. Por último, degustar o resultado. Esta receita chegou ata nós grazas a unha alumna polaca chamada Kamila. Nós probamos a facelas e o resultado foi o que vedes nas fotos.

19


Pallares

Alimentación

ITUANDAiego Vázquez) PIZZAl L Rodríguez e (por Danie

vo, algunhas Ingredientes: anteiga, un o m e xo ei u q s Necesitamo tchup. riña, sal e ke fa , as h ic h lc sa : os un ovo, Preparación a pizza, batem turamos. a ar p a as m es Para facer a e fariña e m anteiga, sal m s os queixo. o m la im d re ga e en as h ic h lc sa pezas. gunhas en pequenas la o Cortamos al ím id iv d masa e Amasamos a . imos as asa co rolete m tirada, engad es Estiramos a a as m a n tchup Untamos o ke ueixo relado. q o e feitas, salchichas cando estean e o rn fo o n Metémolo sacámolas.

TORTA DE QUEIXO (por Antía Cabanas e Sandra Núñez)

Ingredientes para a base da tarta: • 3 vasos de fariña • 1 vaso de azucre • 4 xemas de ovo • 250 g de manteiga • 2 culleradiñas de levadura Ingredientes para o recheo: • 2 ovos • 125 g de manteiga • ½ vaso de azucre • 600 ml de leite • 500 g de queixo crema • 2 sobres de preparado de natillas instantáneas

Preparación: Prequentamos o forno a 180º C. Empezamos mesturando todos os Ingredientes para a cobertura: ingredientes para a base da torta, ata • 4 claras de ovo conseguir unha masa que poidamos • un vaso de azucre malear facilmente cun rolete. Engraxamos o molde cun pouco de manteiga e colocamos a base ben estendida. Para o recheo botamos as xemas, o queixo, o leite, o azucre e os dous sobres de preparado de natillas e mesturamos pouco a pouco ata obter unha masa homoxénea. Engadímola ao molde. Para a cobertura montamos as catro claras de ovo e mesturadas co azucre e reservamos. Introducimos a tarta no forno, que previamente prequentamos, durante uns 45 minutos aproximadamente. Nos últimos cinco minutos engadimos a cobertura anteriormente preparada. Para rematar, deixámola repousar un tempo antes de servila.

20


Pallares

Arte e educaci贸n

21


Pallares

Ciencia divertida

UN ANO CON CIENCIA Amparo Veiga Vila

No presente artigo recopilamos algunhas das actividades e saídas feitas neste último ano polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do centro.

determinada mediante o estudo de macroinvertebrados bioindicadores, era moi boa e o contorno está ben conservado na marxe dereita e moi deteriorado na marxe esquerda, debido ás actividades e construcións humanas.

O pasado curso algúns dos rapaces participaron no Proxecto Ríos, no cal observaron a calidade da auga do río Ferreira e as súas marxes ao seu paso polo concello.

Podedes ver estes resultados e o vídeo do congreso en Congreso Rede Auga-You Tube e no informe anual do Proxecto Ríos, Proxecto Ríos-Resultados do Informe Anual 2014 .

Este traballo participou, xunto con outros nove de toda Galicia relacionados co medioambiente, no Primeiro Congreso Escolar Rede Auga, celebrado no Paraninfo da Universidade da Coruña. Recordamos que a calidade da auga do río,

Xa neste curso asistimos a Galiciencia (a feira da ciencia en Galicia), celebrada en Ourense no mes de novembro. Alí participamos nun obradoiro sobre cristalografía e vimos un espectáculo de ciencia que tratou sobre as ondas, o son e a música.

Participantes en Rede Auga.

Obradoiro de cristalografía

Demostracións sobre as ondas e a música en Galiciencia.

22


Pallares

Ciencia divertida

Na exposición de traballos de investigación figuraban inventos tan curiosos como un plástico feito con leite, unha pantalla táctil con led infravermello ou un biocombustible feito con aceite.

Antonio Rigueiro, profesor da Universidade, deunos a coñecer o que son as árbores senlleiras, aquelas que teñen un valor especial e deben ser protexidas en función da súa idade, tamaño, rareza, interese científico ou antropolóxico (ligadas a unha romaría, culto relixioso, lenda, etc.). Animounos a pescudar na busca de novas árbores nos nosos lugares.

Por outra parte, a Universidade de Santiago ofreceunos unha serie de charlas informativas dentro do Programa A Ponte, para ilustrar algunhas das posibilidades de estudo no Campus da USC.

Os alumnos de 1º e 2º de ESO participaron nunha conferencia online sobre a importancia do monte e puideron facer interesantes preguntas aos poñentes.

No IES de Palas explicáronnos como facer modelado en 3D .

Por último, o pasado 16 de abril viaxamos a Santiago para coñecer a cidade e os museos de Historia Natural e do Pobo Galego.

No noso centro, na conferencia Aliens, faláronnos do control biolóxico de pragas, encamiñado a reducir o uso de insecticidas nos cultivos, combatendo os insectos con organismos capaces de parasitalos e destruilos.

Alumnos de 1º e 2º de ESO diante dos museos do Pobo Galego e de Historia Natural .

Recordade que viaxar é unha maneira de aprender e compartir experiencias e bos momentos cos compañeiros. 23


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.