AGROMAR51-Maio2013

Page 1

AGROMAR 51 C.E.I.P. DE LEIRADO

“A VOZ DA ESCOLA”

MAIO 2013

ACHEGÁMONOS Á OLERÍA Durante o terceiro trimestre buscamos información sobre a olería e os oleiros para coñecer máis sobre esta actividade artesanal. Con toda a información conseguida realizamos traballos que expuxemos nunha mostra, xunto con obxectos de barro aportados polas familias.

Algunhas vistas da exposición

Pezas feitas por Pepe Añón durante a demostración e donadas ao centro.


Durante a semana das Letras visitounos José Añón, o oleiro de Meder. Contounos de forma amena moitas cousas sobre o seu traballo e respondeu ás nosas preguntas. Logo fíxonos unha demostración elaborando varias pezas no torno. ¡Moitas grazas por compartir con nós o teu saber!

Cuncas, xerras, cestiños, pratos…. e ata un peto, foron saíndo das súas mans como por arte de máxia.


Agromar 51 Maio 2013

LETRAS GALEGAS SUMARIO 2013

3

ROBERTO ignacio VIDAL BOLAÑO “Segundo o meu pai nacín ás doce da noite, e nese día, o 31 de Xullo do 1950, remataban as festas do Apóstolo. Nada máis dicírenlle ao meu pai que tivera un neno, botaron os fogos e prendéronlle lume á traca. Ata semellaba que era por min.” Roberto Vidal Bolaño Roberto Vidal Bolaño nace en Santiago de Compostela, no barrio obreiro de Vista Alegre. Nesta cidade transcorren os seus primeiros anos de vida e cursa os estudos de primaria e bacharelato. Con 12 anos ponse a traballar nunha tenda de recambios de coche. Nunha bicicleta reparte as pezas por toda a cidade. Máis tarde traballa tamén nunha axencia de viaxes, nunha tenda de coloniais en nun Banco. Con 27 anos consegue dedicarse ao que máis lle gusta: o teatro. Funda a primeira compañía de teatro en galego, Grupo Antroido, e fai de todo: empresario, autor, actor, director, electricista, pintor, iluminador, decorador….. Tamén traballa no cine e na televisión como actor, director, xefe de produción e como actor de drobaxe. Escribe arredor de trinta obras teatrais, algunhas delas dedicadas aos máis cativos: «O xogadeiro» , «Xáxara, Paniogas, Tarelo o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequeno o meirande xigantón», «Ruada das papas e do unto»,“Touporroutou da lúa e do sol”... No ano 1991 funda a compañía Teatro do Aquí, coa que segue representando e dirixindo as súas propias obras. Falece en Santiago no ano 2002. Fonte do texto:Seminario Galán Fonte das imaxes: http://robertovidalbolano.org/


4

EDUCACIร N INFANTIL 3 ANOS

Agromar 51 Maio 2013

As nenas e nenos de 4ยบ Infantil, opinamos sobre o que mรกis nos gusta do cole. Se queredes sabelo, solo tedes que mirar as fotos e ler a mensaxe.


Agromar 51 Maio 2013

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

5


6

EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS

Agromar 51 Maio 2013

AS NENAS E NENOS DA CLASE DE 4 E 5 ANOS, COMO BEN SABEDES, APRENDEMOS UNHA MOREA DE COUSAS!. ESTE ANO TAMÉN QUEREMOS AXUDAR NA CASA E, PARA ISO, TIVEMOS QUE APRENDER E PRACTICAR AS TAREFAS DOMÉSTICAS QUE HABITUALMENTE FAN MAMÁ OU PAPÁ. AQUI TEDES UNHA LISTAXE DAS COUSAS QUE TIVEMOS QUE EMPREGAR PARA CADA TRABALLIÑO DOMÉSTICO E UNHAS FOTOS DE COMO O FIXEMOS........E QUE BEN O PASAMOS!!!


Agromar 51 Maio 2013

EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS

7


8

EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS

Agromar 51 Maio 2013


Agromar 51 Maio 2013

EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS

9


10

Agromar 51 Maio 2013

PRIMEIRO

Nós tamén “curteamos” Neste trimestre, estivemos totalmente metid@s na preparación dunha curta animada baseada no conto de “Troco” da editorial OQO. Empezamos coa lectura do conto. Fíxonos moita gracia o desenlace do conto. Inmediatamente despois empezamos a traballar por equipos sobre: 1.-Escribimos os nomes dos personaxes do conto: falamos das súas características, os seus rasgos e descricións


Agromar 51 Maio 2013

PRIMEIRO

11

2.-Debuxamos os obxectos que ambientan o relato

3.-Lugares nos que acontece a historia. Despois pasamos ao decorado. Debuxamos os dous ambientes: un no interior e outro no exterior; e modelamos, construimos, recortamos, pegamos, debuxamos todos os obxectos necesarios para encher e completar eses dous espazos.: cadeiras, tallo, mesa, cadros… Posteriormente tivemos que repartirnos as voces dos personaxes e grabalas. E xa estaba todo listo para empezar a grabación. Agora si que foi necesario ter moita paciencia, porque tivemos que ir movendo os personaxes pouco a pouco e ir quitando moitííííííííísimas fotos e algunhas máis. Parécenos que a pobre Catarina non está preparada para a venda e decidimos axudala vender algún dos seus asentos, poñendo publicidade neste xornal.


12

PRIMEIRO

Agromar 51 Maio 2013

TamĂŠn pensamos que Catarina non se portou moi ben cando intentou verder a cadeira, que non estaba en moi bo estado, e acordamos enviarlle unhas cartas falĂĄndolle sobre o tema.


Agromar 51 Maio 2013

E finalmente, retratรกmonos con Catarina

PRIMEIRO

13


14

SEGUNDO

Agromar 51 Maio 2013


Agromar 51 Maio 2013

SEGUNDO

15


16

SEGUNDO

Agromar 51 Maio 2013


Agromar 51 Maio 2013

TERCEIRO

17

As nenas e nenos de terceiro descubriron que a poesía está máis presente nas súas vidas do que pensaban. A todos os adormeceron nalgunha ocasión cun poemiña cantado pola mamá, o papá ou os avós: son os arrolos. Preguntaron na casa cal era o seu arrolo preferido cando eran bebés e quen adoitaba cantarllo.

Arrolin arrolan,

Brila, brila dulce estrela,

pola rúas de San Xoan

ti no ceo a mais fermosa.

unhas veñen outras van .

Brila, brila, dulce estreliña

Arrolin arrolan ,

Ti no ceo a mais bonitiña.

polas rúas de San Xoan.

(cantando podes repetila as veces que queiras)

Esta era a nana que me cantaba de pequena a miña nai. Era a que mais me gustaba . Carla.

Esta nana e a que mais me gustaba e ma cantaba a miña nai. Leticia


18

Agromar 51 Maio 2013

TERCEIRO

Esta nena ten sono

Este meu meniño

ten ganas de dormir

que naceu de noite

ten un olliño pechado

quere que o leve

e o outro non o pode abrir.

a pasear en coche.

¡ea ea ea! ¡ ea ea e!

Este meu meniño que naceu de día

Esta canción cantabama a miña nai. Tamen lla cantaba a miña irmá cando ela era pequena. Era a que me gustaba e axudábame a durmir. Icía.

quere que o leve á romería. Arrorro meu neno Arrorro meu amor. Durmete meu ceo Do meu corazon.

Durmete meniño, dúrmete xa que ven o coco e te comerá

Cantábama a miña nai e as miñas irmás.

Cantábame a miña nai para que quedara durmido.A min me gusta por que e moi maravillosa e tamen é moi bonita. Kevin

Anxo

Imaxes: arquivo microsoft office


Agromar 51 Maio 2013

CUARTO

19

DECORADO: Un sofá e mesa con revistas, un mostrador, un ordenador e unha porta. PERSONAXES NOIVO: choucho e bromista NOIVA: presumida e pulcra CAMAREIRO: torpe Mª DOLORES: xorda ANDREA: famosa ANDRÉS: listo e tonto ao mesmo tempo RECEPCIONISTA: despistada MIRANDA: entusiasmada XAVIER: divertido e gracioso

JACK: chulito pero amable NOELA: lista e moi divertida RUBÉN: chulito e preguiceiro CELIA: traballadora e moi lista JOSÉ: charlatán e entrometido LADRÓN: astuto POLICÍA 1: guapo POLICÍA 2: feo GARDACOSTAS: serio e torpe, moi torpe

ESCENA I Celia: Bo día, queria reservar dous cuartos para dous días. Recepcionista: Un cuarto para seis días ( no ordenador) Celia: Non, dous cuartos para dous días, con dúas camas. Recepcionista: Catro cuartos para unha semana. Jose: Pero vostede que dí? dous cuartos para dous días. Noela: Iso, iso, a ver se se aclara. Recepcionista: Aah !!!aquí está, dous cuartos para dous días. Rubén: Alabado sexa Deus, por fin se aclarou. ESCENA II Jack- Ola eu son Jack e teño 17 anos e veño cos meus amigos a pasar o fin de semana e se chaman Xavier,Miranda e Andres. Xavier- Ola,eu son Xavier e teño 13 anos. Miranda- Ola eu son Miranda e teño 12 anos.


20

Agromar 51 Maio 2013

CUARTO

Andres- Bo dia ,e eu son Andres e teño 17 anos. Jack- Señora nos pode dar chave? Recepcionista-A clave? Aquí non temos clave. Jack- Clave non, chave ! Recepcionista-Que teñen unha ave? Aqui non se permiten animais!!! Jack-Bueno xa collo eu a chave. Recepcionista- Ai non marches para o cuarto sin a chave. Jack- ¡por fin !!! Xavier- AAAAAAAAA! Mira acolá! Está Andrea, a estrela de rock. Miranda- Hai, que emoción!!!! Vamos a pedir un autógrafo, ten que me ver xenial!!! ESCENA III Andrea: Ola. Avoa: ¿Manola? Encantada, eu son María Dolores. Andrea: ¿Qué? Bah! Paso! Avoa: ¿pasas a dónde? Adolescentes: ti…ti…ti es Andrea? Asínasme un autógrafo? Por favor,por favor. Avoa: que asesinen a un fotógrafo? Andrea: Non, un autógrafo Andrea: (dille a os adolescentes) Está chocha…. Gardacostas: Vós sodes personal autorizado si ou non? Adolescentes: moitas gracias, un placer. Andrea: de nada. Avoa: chao neniños bueno, eu voume. Andrea: ( pechase a porta, Andrea espera ) Ao fin… Gardacostas: Cando acaba o meu turno? Miranda- Que firma mais bonita!!! (suspira) Que guapa é!!!(desmaiase) Xavier- Miranda desperta, desperta!!! Jack, pásame a auga da bicicleta! Jack- Toma a auga Andres!!! Andres- Toma a auga Xavier !!! Andres- Deixa un pouco que teño sede! Miranda – (desperta e tose) Miranda – por que me botaches auga??? Xavier- Polo menos dí as grazas, que estabas desmaiada. ESCENA IV Camareiro:(tropeza e mancha a noiva) perdón e que teño o zapato roto.


Agromar 51 Maio 2013

CUARTO

21

Noiva: teña coidado cociñeiro (axita a cabeza) quixen decir camareiro. Noivo:(molla o dedo na roupa da noiva e chupa) isto está peor co sangue. Camareiro: ¿e un vampiro? Noiva: cariño ¿cando probaches ti o sangue? Noivo: E que de pequeno tiña moitas feridas. Camareiro: (pon cara de asco) Puuuaaj!! ESCENA V Ladrón: Mans arriba isto e un atraco! Señora deme o diñeiro! Recepcionista: Que lle dea o piñeiro? Ladrón: Non, o diñeiro! Recepcionista: Que lle dea o sombreiro? Ladrón:(con voz cansa) Non,o diñeeeeeiro! Policía1:Quieto! En nome da lei queda detido! Can: Guau,guau! Recepcionista: Que foi iso? Policía2: Un pastor alemán. Recepcionista: Sintoo moito pero as súas ovellas non poden entrar. Policía1:Grazas por manter ao ladrón ocupado, nós marchamos. FINAL Recepcionista: (colle as sùas cousas, bosteza e vaise) Que turistas mais difíciles me tocaron hoxe. (A parella de noivos entra) Os dous: Ata mañá! Recepcionista: Que vos ides bañar? Pois non hai calefacción. Noivo: E isto era alto estandin? Noiva: Era o que poñìa no folleto.

Autor@s: nenos e nenas de 4º


22

QUINTO

Agromar 51 Maio 2013


Agromar 51 Maio 2013

QUINTO

23


24

QUINTO

Agromar 51 Maio 2013


Agromar 51 Maio 2013

SEXTO

25


26

SEXTO

Agromar 51 Maio 2013


Agromar 51 Maio 2013

SEXTO

27


28

SEXTO

Agromar 51 Maio 2013


Agromar 51 Maio 2013

A BIBLIOTECA

29

FAMILIAS LECTORAS

TAMÉN NOS VISITARON

Este curso tivemos a sorte de contar con moitos pais e nais que nos acompañaron, como modelos eficaces, na tarefa de fomentar o gusto pola lectura. Iso é para o colexio motivo de satisfacción e orgullo por sentirnos arroupados nesta tarefa.

Na nosa Biblioteca ademais estiveron Jacobo Fernández Serrano, escritor, debuxante e autor de cómic…

…umha grande contadora de contos, Olalla, e máis o ilustrador Marc Taeger, da Editorial Kalandraka…

…e recentemente contamos coa visita de Anxo Moure, “O carballo con Botas”, contacontos e amante da natureza e dos seus coidados.


30

Agromar 51 Maio 2013

A BIBLIOTECA OS AXUDANTES DE 6º

NÓS TAMÉN CREAMOS

O alumnado de 6º foi, coma sempre un grande aliado da Biblioteca, axudando nas tarefas de organización e empréstitos, acompañando e sendo modelos dos máis pequenos , lendo para tod@s... Moitas grazas e agardamos que alá onde vaiades, preguntedes pola Biblioteca. A nós quédannos as vosas pegadas para sempre.

Non esquecemos a alfabetización audiovisual, e nesa liña abordamos este curso a creación de curtas de animación coa participación de todo o alumnado: baseándonos en libros , creando guións, narrando con palabras e con imaxes, aprendendo a utilizar as novas tecnoloxías… construimos as nosas películas.

Atent@s á publicación das nosas producións!!!!!


Agromar 51 Maio 2013

NOVAS

31

ESTIVERON CON NÓS….

Anxo Moure,o carballo con botas

Olalla, contadora de historias

Jacobo Fernández, escritor e debuxante

e Marc, ilustrador de historias

Souberon engaiolar ás nenas e nenos coas súas historias e os seus debuxos. Por iso estiveron así de atentos e caladiños.


32

Agromar 51 Maio 2013

NOVAS

Escoitaron

Preguntaron

Observaron

Aprenderon

Participaron Riron


Agromar 51 Maio 2013

NOVAS

33

FESTA DE FIN DE CURSO VENRES 21 DE XUÑO VENRES 21 DE XUÑO POLA MAÑÁ

 

10:00 A 12:00 → XORNADA DE XOGOS POPULARES: 12:30 A 14:00 → FESTA DA ESPUMA:

VENRES 21 DE XUÑO POLA TARDE A ANPA DO COLEXIO DE LEIRADO ORGANIZARÁ UNHA FESTA NO PAVILLÓN DE LEIRADO CON: XOGOS POPULARES E GRUPO DE ANIMACIÓN A FESTA FINALIZARÁ AS 19:00 HORAS. (Recibiredes máis información con tempo suficiente)

Revista Escolar subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Coordinación: Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. de Leirado.


34

Agromar 51 Maio 2013

NOVAS

No entroido quixemos ter presente a alimentación saudable. Con moita paciencia confeccionamos uns vistosos disfraces de froitas e verduras. Despois do traballo que pasamos, xuntámonos cos outros coles en Salvaterra, desfilamos polas rúas e disfrutamos da festa no parque. Aquí vai unha pequena reportaxe fotográfica. arquivo microsoft office

As coidadoras recolleron os mellores froitos da horta e leváronos a Salvaterra.

Aquí temos os tomates máis maduros


Agromar 51 Maio 2013

NOVAS

35

As cereixas e os amorodos máis doces e máis saborosos

Hervillas, cenorias e berzas moi saudables

As piñas máis grandes e maduras

Vendedoras e vendedores, co seu uniforme, listos para o traballo


NÓS TAMÉN SOMOS OLEIROS Despois da demostración realizada polo oleiro de Meder intentamos facer as nosas propias obras. Este foi o resultado.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.