Memoria Art 2011-12

Page 1


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso na sección bilingüe de plástica impartida no segundo curso de primaria. No presente curso a partir do mes de outubro contamos coa inestimable axuda da auxiliar de conversa Marian Williams.

REUNION DE COORDINACIÓN

13/9/2010

Ante o comenzo do curso nesta primeira reunión tratamos os seguintes puntos: 1.- Aspectos que se van a traballar durante o curso. 2.- Expresións que se van a utilizar tanto en inglés como na clase de plástica cos nen@s. 3.- Búsqueda de distintos posters e flashcards para a clase que van servir como apoio visual para os nen@s. Comezaremos facendo un debuxo libre co título de ART . Aproveitando que na clase de inglés comezarán coas preguntas What´s your name? How old are you? Os nenos plasmarán os seus datos nunha man súa debuxada. Presentanse un a un.


Coas dĂşas cousas o debuxo libre e as mans faremos un mural para poĂąer no corredor do colexio.


REUNION DE COORDINACIÓN

20/9/2010

Pensando en ter recollidos os traballiños que irán facendo ao longo do curso pintaremos unha pinza de madeira (clothes peg) para que cada neno teña os seus traballos separados dos dos outros nen@s. Utilizaremos a linguaxe das cores e as órdenes que xa sabían utilizando verbos como paint, use colour pink, bring colour red,…


REUNION DE COORDINACIÓN

27/9/2010

Para rematar o proxecto das pinzas e relacionándoo co OUTONO (AUTUMN) cantamos a canción Autumn Leaves e colorean algún motivos desta estación (pumpkim, acorn, corn and leaves). Recortan estos motivos e elixirán aqueles que van poñer nas súas pinzas.

O resultado final é o seguinte:


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

4/10/2011

Este día fomos a Santiago, onde o Conselleiro deu a benvida a tod@s os auxiliares de conversa.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

11/10/2011

Nesta reunión decídese que o próximo traballo cos nen@s sexa unha árbore feita coas súas mans. Teñen que debuxala, coloreala e recortala. Unha vez feita pégana nunha cartolina e cos seus dedos, untados en témperas, poñerán as folliñas da árbore coas cores do outono. Aproveitando que o traballo realizase co debuxo da súa man, Marian ensínalles a canción Where’s thumb? Para aprender o nome dos dedos en inglés.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

18/10/2011

Con motivo do concurso que organiza o concello para a Feira de fungos e cogumelos, os nen@s van facer un reloxo con estos motivos. Aprenderán a hora en punto repasando asi os números ata o doce. Aprenden e cantan a canción: Hickory Dickory Dock. Por este traballo os nen@s de segundo recibiron un premio no concurso. Noraboa!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

25/10/2011

Traballamos para o Halloween. Os nen@s aprenden a canción Mr. Pumpkin, axudados por Marian. Colorean os debuxos , ademais como teñen o magosto xa logo inventan a súa personaxe feita a partir dunha castaña.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

8/11/2011

Como os nen@s están vendo na clase de inglés as partes da cara, van a aprender tamén os sentimentos que se poden expresar cos xestos da cara. Nunha folla de papel coa silueta da cara, os nen@s debuxan os personaxes mostrando distintos sentimentos: happy, sad, scared, mad, embarrased, crying, surprised,… Marian propónlles cantar a canción If you are happy and you know it …. adaptada aos sentimentos que están vendo.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/11/2011

Nesta reunión buscamos actividades para facer cos nen@s de cara ao Nadal. Faránse os adobíos para a árbore de Nadal, un libriño coa canción What do you want for Christmas, un libriño co vocabulario propio destas datas, snowflakes (copos de neve ) para as ventas, e distintos debuxos propios do nadal. Os copos de neve (snowflakes) para as ventas quedaron así:


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/11/2011

Os nen@s preparan os adobíos para a arbore de Nadal. Pintan con spray gris metalizado e cunha plantilla fan distintos debuxos navideños na tabliña.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/11/2011

Os nen@s practican a canción What do you want for Christmas? E fan un libriño co que lle piden na canción a santa Claus. A canción aparece reflexada na última reunión de coordinación deste trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

13/12/2011

Seguindo co tema de Christmas os nen@s preparan outro libriño, esta vez co vocabulario de Christmas (Nadal). Tamén realizan uns santa Claus para levar para casa e colgar da súa árbore de Nadal.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

20/12/2011

Nesta sesión preparamos a portada para os traballos deste trimestre e reflexionamos sobre as actividades realizadas, o que estivo ben e os aspectos a mellorar.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/01/2012

Buscamos actividades a realizar durante este trimestre. Comezaremos facendo actividades para o Día da paz (PEACE DAY) . Faremos unhas pombas para poñer nun mural e outros debuxos sobre o tema. Cantarán a canción “Moving” que ten un estribillo moi pegadizo en inglés.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/01/2012

Facemos letras para poñer no mural do Día da Paz, que despois eles colorearán. Esbozamos o mural para ese día coas mans que fixeron de cor verde. Coa axuda de Marian farán o arco da vella que servirá de base para colocar despois as mans que tamén fixeron nos outros cursos. Pensamos tamén no mural sobre Martin Luther King co lema “ I have a dream”( eu teño un sono) no que poñeremos os “soños” de tod@s para ese día tanto escritos como en debuxos. Os nen@s colorean tamén un debuxo deste home tan importante.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/01/2012

A seguinte actividade a facer polos nen@s de 2º é debuxar e colorear en papel de lixa (SANDPAPER). Así empregarán unha técnica nova para eles. Primeiro fan o seu debuxo en papel para despois plasmalo no papel de lixa.Colorean con ceras plastidecor. Aproveitamos para utilizar moito vocabulario falando das cousas que debuxan, se son grandes ou pequeñas,…



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

31/01/2012

Pensando xa no día dos namorados (Valentine’s Day) os nen@s farán con pasta de sal un corazón. Esta pasta é moi manexable e encántalles a todos moldeala. Divididos en dous grupos primeiro un fai a pasta de sal e o outro fai unha composición libre de corazóns, e despois cambian. Aprenderon palabras como corazón (heart), amor (love), amigo (friend), quérote (I love you), beso (kiss), abrazo (hug) e repasaron o vocabulario da familia. Como nos levou toda a hora facer esta actividade queda pendente para o próximo día aprender a canción Skidamarink e facer un xogo con esa canción, cando escoitan I LOVE YOU teñen que darlle un gran abrazo a un compañeiro.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

07/02/2012

Aprenden a canción Skidamarink e fan o xogo que quedara pendente na sesión anterior. Escoitan tamén a canción do entroido “Nun mercado persa” (In a Persian market). Coñecen os distintos personaxes que aparecen na canción: princess, caliph, beggars, camel drivers,… e tamén the snake charmers (os encantadores de serpes). Este último será o disfraz que van leven este ano. Colorean os distintos personaxes. Comezan a elaboración dunha serpe feita cunha garavata.



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/02/2012

Rematan a serpe feita coa garabata e recortan os personaxes do mercado persa para poñelos na paisaxe do mercado e así rematar esta actividade. Escoitan de novo a canción do mercado persa e ensaian para o día do entroido. Temos aquí unha foto dese día disfrazados de snake charmers (encantadores de serpes).


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

28/02/2012

Nesta reunión buscamos distintas actividades para facer cos nen@s durante os días que restan para rematar o trimestre: -

Buscamos mandalas relativas á primavera. Facemos a portada para os traballos do 2º trimestre e, Cargamos as actividades realizadas neste trimestre no blog da sección bilingüe.

A dirección do blog das sección bilingües do CPI Monte Caxado é: http://fromlisteningtospeaking.blogspot.com/


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

06/03/2012

Os nen@s de 2º fan un mural para dar a benvida á primavera que está a piques de comezar. Aprenden vocabulario relativo a esta estación e aprenden unha canción do blog de inglés “Spring is here!”. Tamén colorean debuxos de mandalas da primavera.



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

13/03/2012

Seguindo co tema da primavera os nen@s fan una bolboreta con materiais de reciclado. Tamén comezan o traballo para presentar no concurso de reciclado que convoca a Aula de Medio Ambiente (AMA) do colexio. Tentarán facer distintas cousas a partir de disquetes.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

20/03/2012

Como se acerca a festividade de EASTER os nen@s ven o vocabulario sobre o tema e colorean debuxos . Seguen a facer o traballo do reciclado a partir de disquetes. Están a facer un lapiseiro, uns pendentes, un colgante e algunha cousa máis.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Os nen@s fan unha cestiña con ovos para Easter.

27/03/2012


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/04/2012

Buscamos información sobre o Titanic para despois poñer unha exposición sobre o tema no centenario do seu afundimento. Aprenden moito vocabulario (barco, camarote, bandeira, capitán, bote salvavidas, …). No blog de inglés do colexio ( http://mylittlepencilcase.blogspot.com) hai moita información sobre o Titanic. Os nen@s rematan co traballo sobre o reciclado. Farán tamén unhas caixiñas para gardar as súas xoias feitas con rolos de papel hixiénico.



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/04/2012

Os nen@s ven os videos sobre o Titanic e fan una actividade Lim sobre o tema en inglés. Por último colorean a bandeira do Titanic.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/04/2012

Marian cóntalles un conto sobre o Titanic. Despois fan un barco de papel e por último debuxan e colorean o Titanic.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/05/2012

Os nen@s van facer unha actividade moi divertida: o debuxo dun monstro. Para iso se lle dará a cada neno/a un folio doblado en tres partes. Primeiro debuxan a cabeza, cando se diga cambio (change) teñen que cambiar con outro compañeiro a folla e debuxar o corpo e cando se volva a decir cambio terán que volver cambiar e facer as pernas e os pés. Repasase o vocabulario das partes do corpo, as cores e os números.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/05/2012

A sesión deste día quedou aplazada porque tivemos a entrega de premios do Reciclado convocada pola Aula de Medio Ambiente do colexio (A.M.A.) e os premios polo Día das Letras Galegas convocado polo equipo de Normalización Lingüística e a AMPA do colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/05/2012

Os nen@s realizan a actividade que quedara aplazado o mércores anterior. A actividade consiste en sair ao pattio e observar a natureza. Cos elementos que atopen no patio (follas, herbas, pedras, flores,…) van facer as súas propias composicións. A esta actividade chámaselle LAND-ART. Coa cámara da súa clase farán fotos das súas produccións. Por suposto aprenden o vocabulario en inglés dos materiais utilizados e das composicións que faigan.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/05/2012

O próximo tema a tratar en plástica serán os xogos olímpicos posto que se celebran en Londres este ano. Buscamos actividades para facer cos nen@s. Será unha maneira de coñecer esta cidade, os deportes, os premios, a bandeira olímpica,… e utilizar o vocabulario en inglés. Primeiramente colorean a bandeira dos xogos olímpicos cos seus cinco aros. Recordamos as cores en inglés e decimos cal é o significado dos aros na bandeira. Estos debuxos e outros que farán poñeranse nun mural no corredor do colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

05/06/2012

Nesta sesión os nen@s coñecen o logo dos xogos olímpicos de Londres e coloreano. Ademais ven un video coa historia das mascotas dos xogos: Wenlock e Mandeville. Despois as colorean.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/06/2012

Facemos a portada que van a utilizar para gardar os traballos deste trimestre. Os nen@s a colorean. Ademais ven outro video sobre os xogos e unha canción.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

19/06/2012

Nesta última sesión cada nen@ fai unha medalla olímpica, despois xogan a algún dos xogos que aparecen no blog de inglés e por último, cada un deles recibe un diploma que o acredita como mellor artista olímpico.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.