Memoria Art

Page 1


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso na sección bilingüe de plástica impartida en primeiro curso de primaria.

REUNION DE COORDINACIÓN

10/9/2010

Ante o comenzo do curso nesta primeira reunión tratamos os seguintes puntos: 1.- Aspectos que se van a traballar durante o curso. 2.- Expresións que se van a utilizar tanto en inglés como na clase de plástica cos nen@s. 3.- Búsqueda de distintos posters e flashcards para a clase que van servir como apoio visual para os nen@s.


REUNION DE COORDINACION

17/9/2010

Nesta xuntanza traballamos as palabras da clase para que despois os nen@s debuxen cousas da clase. Plastificamos o material elaborado ata o momento.

Os nen@s colócanse ao final da clase nunha mesa grande nas clases de plática para favorecer a conversación en inglés.

Os nen@s divírtense nas clases de plástica.


REUNIÓN DE COORDINACION

24/9/2010

Traballanse as cores cos nen@s en inglés. Utilízanse diferentes flashcards que eles manipulan. Cantan a canción “I can sing a rainbow”. Fálase das cores primarias e secundarias. Aproveitando que na clase de inglés están a repasar a pregunta What´s your name? E a resposta I’m… ou My name is …faremos un cartel con estas cores. Para iso colorean o seu nome en cores primarias e colocaranse sobre papel continuo que estará pintado en cores secundarias por eles. Cantan as canción das cores que coñecen e a canción de What´s your name?



REUNION DE COORDINACION

1/10/2010

Estamos no outono e aproveitando este tema fálase dos distintos froitos do outono, dos cambios nas árbores, das follas do outono, dos cogumelos,…. Cantan a canción de “Autumn leaves” e colorean debuxos relativos ó tema. Tamén fan unha actividade moi divertida con palliñas, soplando pingas de cores primarios.


REUNION DE COORDINACION

8/10/2010

Dentro do tema do outono imos participar nun concurso que convoca o Concello para a feira de setas e cogumelos. Os nen@s farรกn unha seta en 3D e unha paisaxe de outono utilizando material de reciclado.

A seta iba collendo forma.


Traballamos entre todos.



REUNION DE COORDINACION

15/10//2010

Seguimos traballando o tema do outono. Despois de recoller follas e deixalas secar un pouco faremos estampaci贸n con elas. Os nen@s aprenden outra canci贸n relativa 贸 outono.


REUNION DE COORDINACION

22/10//2010

Debido á proximidade do Samain ou Halloween, festividade que se trata na clase de inglés, buscaremos un modelo de bolsa que lles sirve aos nen@s para facer “Trick or Treat”. Tamén durante esos días irán á biblioteca para ler contos de medo, escoitar un contacontos que nos representará o conto “A bruxa regañadadentes” e tamén farán un mural para adornar a biblioteca durante esa semana.



REUNION DE COORDINACION

29/10//2010

Nesta xuntanza reflexionamos sobre o traballado. Miramos as dĂşbidas, os aspectos positivos, as dificultades que atopamos e a actitud dos nen@s ante a nova lingua.


REUNION DE COORDINACION

5/11//2010

Elaboramos a actividade “Make a sketch” donde os nen@s traballan coa plastilina. Extenden a plastilina nunha folla preparada para iso. Unha vez extendida debuxan cun lapis o que queren. Finalmente danlle “alkil” para fixar o debuxo.



REUNION DE COORDINACION

12/11//2010

Buscamos actividades relacionadas co Día dos Dereitos dos Nenos. Seleccionamos o dereito á identidade. Nunha páxina creada a tal efecto debuxaránse decindo quenes son. Trabállanse distintos dereitos , falando da familia e outros temas utilizando o vocabulario en inglés. A idea final é conseguir un libro que fale dos Dereitos, cos alumnos como protagonistas.


REUNION DE COORDINACION

19/11//2010

Con motivo da celebración do centenario do nacemento de Luis Seoane dende a biblioteca propuxose unha actividade que utilizamos na clase de plástica. Trátase de facer un cuadro de Luis Seoane e poñerlle unha frase falando do Nadal.


REUNION DE COORDINACION

26/11//2010

Buscamos actividades relacionadas co Nadal. Facemos uns agasallos nos que poñerán distintos debuxos de Nadal: calcetins (stockings), campás (bells), bonecos de neve (showman), bastoncitos de caramelo (candy cane), etc.


REUNION DE COORDINACION

3/12//2010

Nesta xuntanza falamos da posibilidade de reciclar o cartel que fixeramos cos nomes dos nen@s para facer estreli単as para o Nadal. Os nen@s po単enlles purpurina e outros adornos.


REUNION DE COORDINACION

10/12//2010

Nesta xuntanza elaboramos a portada para os traballos de plástica deste trimestre.

REUNION DE COORDINACION

17/12//2010

Nesta xuntanza reflexionamos sobre o traballado ata este momento na clase de plástica en inglés e as cousas que elaboramos:

   

Fixemos material para gardar e utilizar noutras ocasións. Buscamos páxinas con recursos. Vimos que as actividades foron do agrado dos nen@s que as fixeron moi contentos e moi motivados. Tamén comprobamos que a utilización do inglés non supón un problema, todo o contrario, os nen@s están moi motivados e participativos.


REUNION DE COORDINACION

14/1//2011

Nesta xuntanza pensamos en actividades para realizar durante este segundo trimestre. A primeira será facer unha casiña de papel, xa que ese é o tema que se está a tratar en coñecemento do medio.

REUNION DE COORDINACION

21/1//2011

Continuamos coa realización das maquetas das casas para pegalas en cartolina despois. Miramos as partes da casa, os obxectos da casa,… cantamos unha canción referente a este tema, que tamén fala dos membros da familia: With grandad in the family Happy, happy house Happy, happy house Happy , happy house. Cambiamos grandad por granny, daddy, mummy, brother,sister and baby. Buscamos actividades para o día da paz.


REUNION DE COORDINACION

28/1//2011

Reflexamos as actividades que realizamos para o día da paz: as mans con palabras en inglés e en galego e os banderins coa palabra paz. As palabras que eliximos en inglés foron: FRIEND, HAPPY, PEACE, LOVE, HUG e KISS.



REUNION DE COORDINACION

4/2//2011

Nesta xuntanza buscamos actividades para realizar o día de San Valentín. Como estaban tamén traballando o tema da casa, fixeron esta actividade relacionando as dúas temáticas.


REUNION DE COORDINACION

11/2//2011

Nesta xuntanza buscamos actividades para realizar no Entroido.Como van ir disfrazados de Chinos imos realizar distintas actividades relacionadas co tema. Así, farán un pai-pai, un farolillo chino, a bandeira china e un dragón. Tamén farán o seu nome en chino e pintarán símbolos chinos no sombreiro do seu disfraz.



REUNION DE COORDINACION

18/2//2011

Nesta xuntanza decidimos o vocabulario que se vai utilizar xa que os nenos/as van coser os seus traxes de chinos (agulla, fío, coser, …). Escoitarán e intentarán aprender a canción In a distant chinese forest.


REUNION DE COORDINACION

25/2//2011

Decidese montar unha mostra de cousas típicas de China (traxes, calendario, xogos, …) e un mural cun dragón chino.


REUNION DE COORDINACION

4/3//2011

Esta xuntanza non se leva a cabo por ser o día de celebración do entroido no colexio. Así de guapos e guapas iban todos este día.

REUNION DE COORDINACION

11/3//2011

Nesta xuntanza buscamos novas ideas para realizar durante as próximas sesións. Un dos temas será a primavera e así realizarán flores e vermiños con materiais de reciclaxe. O outro tema será o proxecto que realizarán para o concurso de reciclado que se plantea no centro dende a Aula de Medioambiente (A.M.A.).


REUNION DE COORDINACION

18/3//2011

Aproveitando o tema da primavera “Spring”, introducimos vocabulario sobre esta estación do ano. A actividade que se leva a cabo son unhas flores feitas con botellas de plástico e pintadas con pinturas especiais.


REUNION DE COORDINACION

18/3//2011

Seguindo co tema da primavera, os nen@s fixeron uns vermiños feitos con caixas de ovos que pintaron de cores e ás que lles puxeron unhas antenas. O resultado foi este:

REUNION DE COORDINACION

1/4/2011

Reciclando, reciclando os nen@s de primeiro fixeron unhas lámpadas de cartón que quedaron moi bonitas e útiles.


REUNION DE COORDINACION

8/4//2011

Para o concurso de reciclado que convoca a aula de medioambiente do centro (A.M.A.) os nen@s fixeron unhos vermes feitos de calcetĂ­ns que quedaron moi graciosos.


REUNION DE COORDINACION

15/4//2011

O verme que os nen@s fixeron para o concurso de reciclado da Aula de Medioambiente (A.M.A) foi bastante laborioso. Mentres o facían os nen@s tamén fixeron distintos debuxos de primavera e aprenderon e cantaron unha canción desta estación: Spring is here. Spring is here, Spring is here The flowers, the trees the birds and the bees. Spring is here, spring is here Everything is in bloom.

REUNION DE COORDINACION

29/4/2011

Nesta reunión buscamos novas actividades de cara a este terceiro trimestre. Entre elas están facer unas flores aproveitando que van comezar o tema das plantas, debuxos varios sobre o tema, un poster donde ver as distintas partes da planta e as súas distintas fases de crecemento, estampación de camisetas, etc.


REUNION DE COORDINACION

6/5/2011

Os nenos/as de primeiro fixeron una flores debuxando e coloreando a súa man para facer una flor, o talo é una palliña. Aprenderon una canción sobre as partes da planta: Flower, stem Leaves and roots. Leaves and roots. And all it takes is sun and showers. And the seed grows into a flower.


REUNION DE COORDINACION

13/5/2011

Os nenos/as de primeiro están a elaborar un poster donde sinalan as partes da planta e a súa evolución dende una semente ata una planta. Para facer o poster utilizaron platos de plástico, cartolina, sementes, e pinturas de cores moi vivos.


REUNION DE COORDINACION

20/5/2011

Os nenos/as de primeiro siguen facendo o poster sobre as plantas. Unha vez máis cantan a canción en inglés e repasan o vocabulario que aparece reflexado no poster: rainbow, sun, cloud, roots, stem, flower, rain, seed,…

Ademais realizan uns cadros do pintor Kandinski.


REUNION DE COORDINACION

27/5/2011

Rematamos o poster. Os nenos/as colorean e recortan una mariquita (ladybird), flor (flower) e una bolboreta (butterfly) para despois adornar as ventas con eles.


REUNION DE COORDINACION

3/6/2011

Seguindo co tema das plantas os nenos/as de primeiro fixeron una flor con arcilla blanca para despois coloreala.


REUNION DE COORDINACION

10/6/2011

Os nenos/as rematan a flor de arcilla. Elaboramos un diploma e una portada para os traballos deste trimestre. Quedan actividades que non se poideron realizar debido 谩 baixa da titora que poderemos abordar no vindeiro ano.

REUNION DE COORDINACION

17/6/2011

Nesta reuni贸n reflexionamos sobre o aprendido e os resultados acadados.


ANEXOS    

Linguaxe utilizado na aula. Portadas para os traballos. Diploma final de curso. Flashcards co vocabulario propio da clase de plástica. Na páxina http://www.sparklebox.co.uk/topic/creative/








Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.