Interpretación do Patrimonio con Fernán López Álvarez

Page 1

Interpretación do Patrimonio con Fernán López Álvarez

Ana Isabel Noya Juncal 1º Ciclo Superior “Xestión Forestal e do Medio Natural”

IES Arzúa.

11/11/2013


Ana Isabel Noya Juncal

TEA 2013-2014

O día 11 de novembro, no IES de Arzúa recibimos a visita de Fernán López Álvarez (Intérprete do Patrimonio e Guía de Espazos Naturais de Galicia). Sorprendeunos a todos cunha charla amena e con unha visita guiada por Arzúa do máis inusual. O obxectivo principial desta visita era ensinarnos cal é a función dun Intérprete do patrimonio, e cómo debe facer o seu traballo. Dende logo mereceu a pena, e satisfaceu as nosas expectativas ata o punto de quedarnos ca boca aberta en varias ocasións.

CONFERENCIA NA AULA: Na primeira parte da súa visita dounos unha charla para explicarnos cómo funciona a súa empresa (Rutas Vivas), cómo se decidiu a crear esta empresa e cómo o logrou a base de esforzó e sacrificio (nunca os comezos foron fáciles) e por último explicounos cómo debe ser un Intérprete do Patrimonio e qué debe facer. Fíxonos reflexionar sobre que estamos a facer e a onde queremos chegar nas nosas vidas. Con Fernán aprendemos conceptos como que “Todo elemento material ten adosado un elemento inmaterial e tamén natural”. Para el o Patrimonio Inmaterial é un valor engadido ao Patrimonio Natural, que ten por misión protexer os valores do Patrimonio Material. Na charla tamén nos dou os 6 principios para a Interpretación do Patrimonio que se poden resumir nos seguintes puntos:  Ten que existir unha relación co grupo.  A información non é interpretación (non por ter a información xa está feita a labor de interpreatción. Esa información hai que procesala)  A interpretación é unha forma de arte.  Para facer unha labor de Interpretación para nenos, hai que estudiar moito cómo facela, non se pode abordar o tema igual que para os adultos.  Hai que ser atrevido, deixar a vergoña “no marco da porta”, xa que “ se un está convencido do que fai, non pode sentir sentido do ridículo”. Para explicarnos todo esto mostrounos un exemplo que entendemos perfectamente. Utilizou unha cantiga popular e unha fonte para explicarnos distintas cousas da cultura galega. Ninguén de nós podía pensar que eraposible sacar tanta miga de estes dous elementos para contar tantas cousas da cultura galega, pero Fernán fíxonos ver cómo.

1


Ana Isabel Noya Juncal

TEA 2013-2014

VISITA GUIADA: ENCIÑA O PATRIMONIO. Esta visita non foi das máis usuais que se fan. Quedamos ás 16:00 h na rúa do Iso. A aquela hora xa estábamos todos preparados para comezar. Algúns de nós pensamos que ía ser unha visita turística por Arzúa (Historia, costumes, tradición…). Non foi así, foi moito mellor. Fernán axudounos a descubrir cousas de arzúa que moi pouca xente sabe. Estes recursos utilizados polo noso amigo eran do máis curioso, xa que dunha maneira distinta ao habitual íbamos descubrindo un pouquiño de Historia, de costumes, de tradicións sen provocarnos ningún tipo de aburrimento. Estes recursos utilizados foron unha nana interpretada polo mesmo Xurxo Raposo (integrante do grupo Treixadura), unha visita a Moncho Torreiro bibliotecario de Arzúa onde descubrimos a gran colección de bruxas que hai na Biblioteca, tamén estivemos falando ca encargada da oficina de Turismo, Mari, que nos aportou datos da cantidade de xente que pasa por Arzúa; Estivemos con Pila, que rexenta unha pizzería moi curiosa, xa que todos os productos que utilizan na cociña son autóctonos. Pila explicounos a importancia de coidar e loitar polo noso. Andando un pouquiño cara Santiago descubrimos a carnicería de Luis, e coñecemos á súa vaca. Falamos tamén ca concexala de cultura do Concello, ca dona dun dos negocios máis antigos da vila, e con Rosa, a gran artista de Arzúa que nos sorprendeu co seu humor inesgotable. Con Moncho Torreiro na Biblioteca de Arzúa

Nesta visita guiada, á parte de toda a información que sacamos gracias a Fernán e aos seus recursos, explicóusenos como abordar unha visita deste calibre se a tiveramos que levar a cabo nós mesmos. Fernán dounos uns puntos clave para desenvolver este traballo se nalgún momento da nosa vida nos quixeramos dedicar a eso.

Aquí estamos con Luis na súa Carnicería

De todos os puntos clave que nos explicou, no que se parou máis e lle daba máis importancia era “utilizar” a xente local. Son as persoas do lugar a visitar quen nos poden dar moita información e curiosidades sobre o sitio en cuestión. Fernán levou a cabo este punto durante toda a visita. Imaxes tomadas de: http://www.edu.xunta.es/centros/iesarzua/ 2


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.