Proxecto do Equipo de Normalización Linguística para o curso 2008-09

Page 1

Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.1


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

INTRODUCIÓN No equipo de normalización e dinamización lingüística, temos o firme convencemento de que a eiva fundamental coa que nos encontramos á hora de avanzar no campo da normalización é a errada percepción, por parte de moitos alumnos e alumnas e moitas das súas familias, de que o “galego non é importante”, de que “non é preciso falalo porque para os usos sociais realmente útiles temos o castelán”. Nun mundo globalizado e fundamentalmente comunicativo, para gañar adeptos no ámbito lingüístico xa non son suficientes apelacións identitarias ou románticas á conservación do patrimonio lingüístico como un ben cultural transmitido de xeración en xeración. Este aspecto, con evidente peso no razoamento argumentativo, debe deixar paso a unha nova concepción ou visión ampla da lingua que ultrapasa a dos recunchos familiares dos avós e das aldeas, da infancia de trompos, aros ou bonecas, que é a imaxe coa que moitos pais e nais dos nosos alumnos -incluso os galegofalantes- asocian a lingua galega. É por ese motivo, polo que o ENDL escolle o lema co que vai resumir todas as actuacións no ámbito da dinamización lingüística dos próximos anos: A nosa lingua é extensa e útil. Decidimos adoptar este famosa frase de Castelao sobre a lingua porque consideramos que recolle todo o que precisamos transmitir á comunidade educativa, e ao contorno do centro escolar por extensión, para argumentar positivamente sobre as vantaxes comunicativas que nos proporciona unha lingua propia. Por unha parte “é nosa”, e polo tanto forma parte do noso ser colectivo como pobo; é o elo principal que nos une á nosa terra, ao noso pasado, á nosa historia. Algo que nos foi transmitido e que debemos conservar para futuras xeracións de galegos e galegas. Esta visión conservacionista da lingua vai polo tanto incluída tamén na sentencia de Castelao, mais de forma implícita. E ese é o xusto valor, o de complemento, que desde o ENDL queremos darlle, para centrármonos máis nos aspectos da segunda parte da frase: “extensa e útil”. O IES San Paio é probabelmente o centro escolar da Galiza que xeograficamente está máis próximo de Portugal (só a 1 km), polo que parece obvio que esta situación debe aproveitarse. O galego é util, entre outras cousas, porque nos abre unha porta principal ao mundo lusófono. Falando galego, a túa lingua, a da túa terra, a dos teus avós, a da infancia dos teus pais, podes comunicarte con máis de 200 millóns de persoas nos cinco continentes; acceder a todo un mundo de estudos libros, filmes, viaxes, negocios, sen deixar se expresarte na túa lingua milenaria. Consideramos que un dominio adecuado da lingua galega é a mellor ferramenta para relacionármonos coa cultura ou o mundo empresarial que se nos abre a un quilómetro de distancia, que nos acerca a toda unha futura potencia económica mundial como é o Brasil e que chega até os confíns de Asia onde, se quixermos, poderiamos viaxar. Os profesionais do ensino do IES San Paio xa defendemos internamente a validez desta idea en múltiples ocasións e, aínda que sempre o fixemos aproximadamente cos mesmos argumentos, non está de máis recordalos. O novo contexto europeo, establece unhas condicións obxectivas, fundamentalmente económicas mais tamén culturais, que nos obrigan a tomar medidas para preparar o noso alumnado para o contacto con ese mundo. Entre estas condicións podemos citar as seguintes:

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.2


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

Cada día é mais corrente asistir á expansión de empresas galegas que inician a súa aventura en Portugal. A nosa lingua, unha ferramenta útil nesa aventura.

Resulta familiar para nós ver como os profesionais da saúde preparados nas nosas universidades deciden exercer en Portugal, pola falta de oportunidades que encontran aquí, en oposición á enorme demanda que existe actualmente no país veciño. Eses profesionais deben comunicarse cos seus pacientes e, salvo que dominen o portugués, a nosa lingua é util.

Non é menos corrente que empresas galegas radicadas aquí teñan un elevado número de clientes e/ou abastecedores portugueses, o que obrigaría os traballadores destas empresas a dominar a lingua portuguesa se quixeran comunicarse con eles con garantía de éxito. Aquí a lingua galega tamén é ferramenta útil.

Como significativo é o elevado número de galegos interesados nos produtos culturais en portugués, número que está a crecer nos últimos anos, como se demostrou co éxito de músicos como Dulce Pontes, Madredeus, Pedro Abrunhosa, Cesária Évora, Carlinhos Brown... ou actores como Roberto Cordovani, a Companhia de Teatro do Noroeste, etc., acontecendo que para este encontro cultural é preciso que os galegos e galegas procuren o achegamento pola súa conta. A utilidade do dominio da lingua galega nese campo é evidente.

O galego non acaba en Viana do Castelo. O dominio da lingua galega, poderá facilitar a mobilidade do alumnado á hora de escoller os seus estudos superiores, sexan do ramo que foren, porque Portugal e Brasil pasarán a ser posíbeis países onde formarse.

Por último, e non por iso menos importante, é preciso, por razóns históricas, rehabilitar e favorecer as relacións entre galegos e portugueses para as que o franquismo foi un período traumatizante onde se limitou o contacto transfronteirizo á compra-venda de café e carne de pésima calidade. Desde o sentido común enténdese que é preciso recuperar a normalidade das relacións entre norte e sur do río. Aí tamén é ferramenta fundamental a nosa vella lingua que na súa orixe era a mesma. Hai un dato que fai pensar que algo raro acontece nunha comarca cando se aprenden, sen problema, linguas que serán utilizadas moi puntualmente no emprego local, como o inglés e o francés, e se despreza a lingua propia, cuxa utilidade no mundo laboral é obxectivamente superior ás outras dúas.

Mais, ademais da extensión xeográfica, a utilidade da nosa lingua debe reflectirse no día a día do centro, de forma transversal e dinámica, a través da normalidade do seu uso en todos os ambientes, situacións e actividades. Nada normaliza mellor umha lingua que a EVIDENCIA do seu uso cotián en todas as esferas da actividade educativa. O noso alumnado debe comprobar a utilidade do galego á hora de relacionarse co profesorado, a administración do centro, á hora de realizar traballos, exames, visitas de estudo, concursos, xogos e momentos de ocio. Os seus pais deben apreciar a utilidade de falar galego cos seus fillos porque, entre outras cousas non menos importantes, este feito “daralles máis posibilidades de relacionamento e/ou éxito ” na actividade Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.3


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

académica, na saída laboral, nos futuros estudos, ou na relación coa administración, por exemplo. É por esa razón polo que non poucas das actividades que este plano contempla e o ENDL ten previsto organizar, van encamiñadas tamén ao colectivo de pais e nais, ao do profesorado e do persoal non docente.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.4


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

BREVE ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO A programación anual do Departamento de Normalización Lingüística do IES San Paio de Tui, e tamén o presente proxecto, teñen como referente a análise sociolingüística da área xeográfica de influencia do noso centro e do alumnado que estuda aquí. Por razóns diversas e partindo dunha análise cuantitativa, temos, por unha parte, un alumnado maioritariamente castelanfalante de procedencia tudense, da zona urbana ou periurbana, que realizou os seus primeiros estudos en escolas públicas moi céntricas ou colexios privados (Os Maristas); por outra parte, hai un número importante de inmigrantes de países hispanos (Uruguai, Colombia, Venezuela e Arxentina), ademais de, moi poucos, de orixe magrebí. Tamén é de destacar a presenza, tamén minoritaria, de estudantes portugueses ou brasileiros que acaban integrándose através do uso obrigatorio do castelán. E, finalmente, un pequeno grupo de etnia xitana, que sempre abandonan no primeiro ciclo da ESO. Tamén temos un importante número de alumnado galegofalante que, maiormente, procede de zonas rurais ou periurbanas, e algúns vilegos, con pais grandemente concienciados a favor da lingua. Unha parte deste alumnado galegófono é do concello de Tui, e moitos deles de procedencia rural só estudan ata 2º da ESO, ou non conseguen acadar a titulación da ESO. Pola contra, tamén temos algúns alumnos galegófonos, que veñen de concellos próximos como o de Salceda, que presentan na súa maioría un bo perfil académico e cursan até 2ª Bacharelato, e acaban facendo carreira. Trátase dun alumnado moi diverso que actúa seguindo patróns lingüísticos similares a outras zonas de Galiza nos que o castelán funciona como lingua formal de interrelación no centro. É a lingua escollida a cotío para falaren co profesorado, para tomar apuntamentos ou preguntar nas aulas, aínda que xa non tanto nos corredores ou no patio con outros e outras estudantes. O alumnado segue a ser, polo tanto, profundamente diglósico, e segue sen aparcar ou abandonar ideas negativas e desprezativas do galego. Canto ás actitudes, e a pesar de tantos anos de escolarización, seguen a mostrar ou seus prexuízos e a súa actitude negativa/pasiva cara á lingua tal como observamos nunha enquisa cualitativa realizada seguindo distintos métodos (matched guise e 1 grupo de discusión). Con elas confirmamos de novo que os prexuízos de sempre seguen enraízados e na nosa enquisa -moi parecida á “enquisa de máscaras”- detectamos que a diferencia etaria (vellos fronte a novos), o lugar de nacemento (rural/urbano), a clase social (media /baixa), o xeito de vestir, etc. son factores fundamentais para a súa interpretación/visión de quen usa a lingua galega. Nos que teñen o galego como lingua inicial, a súa actitude cara ao galego non sempre é positiva (néganse a saír do rexistro coloquial ou vulgar) e, en cambio e paradoxalmente, non sempre é negativa naqueles que non o usan. A estes últimos fáltalles o “hábito” ou un “grupo de referencia” galegofalante, para poderen dar o paso cara ó uso do galego de xeito habitual. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.5


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

Canto ás competencias lingüísticas, entre os alumnos rurais galegófonos sempre hai un grupo de nenos e nenas cunha alta competencia oral, pero cunha baixa capacidade de lecto-escritura (en calquera das linguas). Son conscientes da súa forma de falar coloquial e familiar, e pesa sobre eles a idea de incorrección ás veces transmitida de maneira indirecta a través da escola. Por exemplo, amoéstanos se len con gheada, ou non lles deixan usar un léxico propio se non é normativo... Tamén non conseguen unha forte competencia na propia lingua inicial (e, por conseguinte, na L2) porque o ensino recibido non é realmente bilingüe e o número de horas dedicados ao estudo e afortalamento da lingua propia é bastante inferior como xa temos constatato en moitas ocasións, pois o sistema de lecto-escritura sempre comeza ou é en castelán, as lecturas ou o uso de dicionarios galegos tamén sempre ocupan un lugar secundario na súa vida académica. Fronte a estes nenos con grandes deficiencias na lecto-escritura encontrámonos con alumnos máis urbanos que teñen unha baixa competencia no nivel oral e, en cambio, teñen unha alta capacidade de comprensión e escrita. Con todo, a pesar de que moitos deles e delas afirman non teren nada contra o galego, varían o seu discurso segundo as circunstancias persoais e grupais, e nótase a grande influencia do entorno e as opinións negativas que se transmiten no seu grupo familiar. En definitiva, o conflito lingüístico e a diglosia permanecen, e semella que mesmo están a ser profundamente determinantes algúns factores como o da idade, a utilidade ou o horizonte territorial. Cada curso que pasa aumenta o número de nenos que xa non teñen o galego como lingua inicial, mesmo en zonas periféricas. Canto ao profesorado, a súa procedencia é en grande parte de zonas urbanas, tanto de Tui como de Vigo, mais podemos apreciar en grande medida o interese polo cumprimento da legislación en materia lingüística. Teñen manifestado a súa inseguridade á hora de dar aulas en galego e nalguns casos a pouca capacitación para o emprego de vocabulario axeitado nas materias das que son docentes. Por iso á hora de realizarmos esta programación, O Departamento de Normalización Lingüística do IES San Paio tivemos en conta todas estas circunstancias, e perseguindo os mesmo obxectivos cá lexislación actual, queremos conseguir unha clara competencia lingüística en galego, igual á que teñen na outra lingua oficial, e para avanzarmos nese camiño deseñamos as actividades que se citan a continuación.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.6


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

ACTIVIDADES As medidas de dinamización serán desenvolvidas mediante actividades que agruparemos en distintos bloques de actuación: 1- NA PUNTA DA LINGUA. Elaboración dun inquérito sociolingüístico do centro. Elaboración dun CD e un tríptico con recursos sobre a lingua. 2- PATRIMONIO E MEMORIA Obradoiros de recuperación de elementos tradicionais e da memoria histórica: Obradoiro de toponimia. Obradoiro de xogos tradicionais. Proxecto “Siñor Afranio”. Visita de Estudo ao “Povos promícuos” e Couto Mixto. 3- PENSAMOS EN GALEGO Charlas e actividades de divulgación: “O galego na rede” “O galego na empresa” “O galego no mundo” 4- QUE ME CONTAS? Concursos para a elaboración de materiais en galego: Concurso de deseño de camisetas cun lema en galego. Charla-concurso sobre toponimia galega. Concurso de relatos breves en galego. 5- EMBAIXADORES DA LINGUA Do galego ao portugués. Guía de lectura. Intercambio con estudantes de Vilanova da Cerveira Visitas de estudo a distintas localidades portuguesas. Visita de Estudo a Lisboa. Homenaxe conxunto aos 125 anos de pessoa. 6- A PARTE DA ARTE Animación á lectura. Audiovisual. Aulas de teatro escolar. Fotonovela. Creación de podcast.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.7


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

1- NA PUNTA DA LINGUA

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.8


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

1. ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO DO CENTRO O IES San Paio de Tui non ten aínda elaborado o Proxecto linguístico de centro (PLC). A lexislación contempla que o PLC formará parte do Proxecto educativo do centro, que será redactado por unha comisión do profesorado do centro e na súa composición terá especial relevancia o equipo de normalización e dinamización lingüística. Desde a ENDL comprometémonos, co apoio da Dirección á elaboración das enquisas necesarias así como ó seu estudo posterior desde o punto de vista estatístico. Para iso contaremos coa colaboración dos Departamentos de Matemáticas, Lingua Galega e Tecnoloxía. Metodoloxía: As enquisas ao alumnado e profesorado tentaremos que sexan elaboradas e respondidas a través de webquest, para facilitar posteriormente o tratamento informático. Obxectivos: 1. Coñecer a situación lingüística dos diversos sectores da comunidade educativa. 2. Fornecer ao equipo redactor do PLC dos datos necesarios para a elaboración do Plan. Destinatarios: Todos os membros da comunidade educativa. Temporalización: 1º Trimestre: Elaboración das enquisas. 2º Trimestre: Formalización das enquisas. 3º Trimestre: Obtención de resultados e avaliación dos mesmos.

2. ELABORACIÓN DUN CD E UN TRÍPTICO COAS PRINCIPAIS FERRAMENTAS LINGÜÍSTICAS EN GALEGO O CD entregarémosllo gratuitamente ao profesorado e ao persoal non docente para que sexan instalados nos computadores. Ademais, forneceremos no mesmo CD ferramentas de tradución de textos de diversas linguas con vertidos preferentemente para o galego ou o portugués. Contaremos para iso coa axuda dos profesores Fernando Cid (Lingua galega) e Francisco Docampo (Matemáticas). Ofertaremos tamén unha charla explicativa sobre o uso destas ferramentas e asesoramento continuo para dúbidas xurdidas. Ademais, elaboraremos un tríptico para o alumnado onde figure, á parte da información sobre as novas tecnoloxías, outra sobre os dereitos lingüísticos e a implementación do corpus. Obxectivos: Pór ao alcance da comunidade educativa os recursos das novas tecnoloxías que lle permitan desenvolver unha actividade diaria integramente en galego. Destinatarios: Profesorado e persoal non docente (CD) e alumnado (tríptico). Temporalización: Elaboración do CD: de outubro a xaneiro. Charla informativa: xaneiro. Tríptico: xaneiro.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.9


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

2- PATRIMONIO E MEMORIA

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.10


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

1- COMPETICIÓN DE XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS POPULARES Contaremos coa colaboración do Departamento de Educación Física, dirixido pola Prof. Yolanda Pociña. Poderá realizarse a través dunha competición ao longo do curso académico ou nalgunha semana concreta, dependendo das dispoñibilidades do recinto. Nunha primeira fase, este ano estaría restrinxido ao noso centro mais coa previsión de, en anos vindeiros, formalizar unha sorte de liga ou competición permanente entre os centros escolares do contorno, incluídos os portugueses. Obxectivos: 1. Familiarizar a comunidade educativa co rico patrimonio cultural que representan os xogos tradicionais populares. 2. Favorecer a conservación das tradicións populares. 3. Poñer en valor a terminoloxía lingüística ligada aos xogos tradicionais. 4. Fomentar a relación entre o alumnado dos diversos centros educativos dos dous lados do río e apreciar a utilidade da lingua galega para a comunicación internacional. Destinatarios: Alumnado, profesorado, e persoal non docente, nesta primeira fase. Temporalización: Por definir. Unha semana na primavera ou continua ao longo do curso.

2- OS BRINQUEDOS TRADICIONAIS GALEGOS (Exposición e Charla) Queremos contar coa presenza do Profesor Xosé López, especialista do tema, que reúne unha das máis completas coleccións de brinquedos tradicionais galegos. Adecuaremos un espazo para a exposición da súa colección e asistiremos a unha charla sobre as características dos brinquedos máis interesantes. Obxectivos: 1. Na época dos videoxogos, consolas e computadores, achegarlles aos membros da comunidade educativa, especialemente ao alumnado o valor dos xoguetes que divertían os nosos pais e nais, moitos deles de fabricación caseira, todos eles co valor das cousas próximas da utilidade do contorno. 2. Concienciar o alumnado da importáncia da reciclaxe e dos perigos do consumismo. 3. Comprender a importancia da precision e do o traballo manual como elemento educador e poñer en valor o “feito por un mesmo” como ferramente de autoestima e confianza. Destinatarios: Toda a comunidade educativa, incluídos pais e nais. Temporalización: Primeira semana de Marzo. Exposición e charla.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.11


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

3 - PROXECTO “SIÑOR AFRANIO” Antón Alonso Ríos foi un dos persoeiros máis significativos da historia recente do Baixo Miño en particular e da Galiza en xeral. Mestre en Tomiño, Deputado en Madrid, viuse obrigado e fuxir unha vez que as tropas franquistas ocuparon Tui. A súa fuxida foi unha odisea na que non faltarían a fame, as intrigas e a miseria. O deputado pasou a ser un pobre de pedir para salvar a vida. E como tal, viviu en cortellos e alboios, fincas de millo, e ao aire libre, até que logrou entrar en Portugal e de alí foi para América, onde foi figura chave no mentemento da identidade galega no exilio. As súas peripecias están contadas no seu libro “O siñor Afranio”. Non podemos permitirnos o esquecementos destas figuras referentes na dignificación da Terra. Por iso desde o ENDL pretendemos, co apoio do Departamento de Historia e a colaboración do IES de Tomiño, a realización dunha actividade de recuperación da memoria histórica consistente en: 1- Unha charla do profesor Bieito Alonso, historiador especialista na loita antifranquista no Baixo Miño e biógrafo de Antón Alonso Ríos. 2- Un percurso pola ruta de fuxida do Sr. Afranio na Comarca do Baixo Miño. Previamente á saída farase unha sesión de orientación topográfica. Obxectivos: 1. Reivindicar a figura dun defensor da identidade de Galiza e da súa lingua en circunstancias difíciles de represión e falta de liberdade. 2. Valorar o significado do compromiso coa causa das liberdades e a dignidade das persoas e do noso patrimonio inmaterial. 3. Identificar e valorar o contorno natural máis próximo (Monte Aloia e serra da Grova) e compartir a experiencia dunha saída didáctica á natureza. Destinatarios: Alumnado de 2º ciclo da ESO. Temporalización: Mes de Abril. Charla, sesión de orientación e saída didáctica (por esa orde).

4- VISITA HISTÓRICO-LITERARIA Á RAIA SECA Na raia seca encóntrase unha das paraxes máis interesantes da Galiza desde o punto de vista histórico e cultural. O antigo Couto Mixto, que non pertencía nin a Galiza nin a Portugal e que gozaba dunha serie de privilexios semellantes en certa medida á da Andorra pirenaica. Coñeceremos este espazo e os "povos promíscuos", antigas aldeas galego-portuguesas, (a fronteira cruzaba polo medio dos pobos) con parte española e parte portuguesa que, despois do Tratado de Fronteirizo de Lisboa, pasarían a pertencer a Portugal a cambio da cesión a España do Couto Mixto. Previamente prepararase nas aulas de Historia e Lingua a viaxe e farase unha exposición audiovisual dos lugares a visitar. Pernoctaremos no Parque de Campismo de Caldas do Gerês. Obxectivos: 1. Recuperar a memoria histórica dun lugar emblemático medieval, con goberno propio e privilexios fiscais e identitários. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.12


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

2. Apreciar o rico património histórico e cultural que se esconde na raia seca. 3. Convivir con utentes da nosa língua que manteñen característica galegas e portuguesas como mostra da unidade orixinal. 4. Valorizar a importancia da conservación do noso património cultural material e inmaterial que simboliza o famoso "camiño privilegiado". Destinatarios: Alumnado de 1º Bacharelato. Temporalización: Terceiro trimestre. Dous días.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.13


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

3- PENSAMOS EN GALEGO

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.14


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

CHARLAS E ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN Realización de actividades que reflictan a importancia da lingua en diversos ámbitos sociais e económicos. Obxectivos: 1. Potenciar unha actitude positiva cara ao uso do galego fóra do ámbito doméstico. 2. Utilizar o galego en Internet, accedendo a xogos, páxinas culturais, dicionarios, etc., e fomentando as capacidades de auto-aprendizaxe. 3. Descubrir que o galego pode ser útil para desenvolver con éxito iniciativas a nivel empresarial, cultural e informático. 4. Descubrir no contorno empresas que utilizan o galego. 5. Comprobar a utilidade da lingua para traballar en empresas galegas e portuguesas, facilitando os intercambios no marco da eurorrexión. 6. Motivarse para participar activamente no proceso de normalización lingüística. 7. Observar as potencialidades do galego como lingua de intercambio cultural e comunicación. 8. Utilizar o galego para comunicármonos co alumnado doutros países. Metodoloxía Realizaranse tres aulas temáticas: 1. Actividade divulgativa “O galego na rede” 2. Charla “O galego na empresa” 3. Charla “O galego no mundo” Todas elas serán impartidas por especialistas con implicación directa en cada un dos ámbitos tratados: informático, empresarial e cultural. Como complemento das charlas, o profesorado do centro realizará actividades de análise e/ou aplicación dos contidos expostos. 1- O GALEGO NA REDE Contidos: 1. Introdución aos recursos en galego na web. Medios de información en galego. Recursos lúdicos. Recursos educativos e ferramentas lingüísticas. Software libre. 2. Acceso a distintas páxinas de recursos. Xogos en liña e outras actividades interactivas en galego. Destinatarios: Alumnado de 1º de bacharelato. Temporalización: 1º Trimestre. Actividades: 6 horas (2 por cada grupo) 2- O GALEGO NA EMPRESA Contidos: 1. Charla sobre iniciativas empresariais en galego, e as vantaxes que a lingua pode ofrecer a nivel laboral. 2. Recollida, nos comercios e empresas da localidade, de publicidade, embalaxes e etiquetas de produtos en galego, así como fotografías de rótulos e carteis, e impresión de páxinas web de empresas en galego. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.15


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

3. Elaboración de murais e exposición do material recollido. Destinatarios: Alumnado de 4º da ESO. Temporalización: 3º Trimestre. Charla: 2 horas. Elaboración de murais e exposición: 2 horas. 3- O GALEGO NO MUNDO Contidos: 1. Charla sobre o galego como lingua de relación con outros países. O intercambio cultural e a comunicación no mundo globalizado. 2. Actividade de comunicación vía internet con outro centro educativo de fala portuguesa confirmado previamente. 3. Consulta de publicacións internacionais. Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO. Temporalización: 2º Trimestre. Charla: 2 horas. Actividade: 5 horas (1 hora por grupo)

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.16


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

4- QUE ME CONTAS?

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.17


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

1. CONCURSO DE CAMISETAS CUN LEMA EN GALEGO Invención dun lema interesante utilizando a chuvia de ideas. Realización de bosquexos para plasmar graficamente a idea recollida no lema. Realización da proposta definitiva, escollendo a técnica máis adecuada para a súa execución. Obxectivos: 1. Potenciar unha actitude positiva cara ao uso do galego. 2. Motivar o alumnado para participar activamente no proceso de normalización lingüística. 3. Desenvolver a creatividade utilizando o galego como lingua vehicular. Metodoloxía: Actividade que se desenvolverá na aula de educación plástica. Os mellores traballos serán seleccionados polo profesorado da materia e escaneados, para ser posteriormente publicados na revista do centro. O equipo de normalización lingüística seleccionará o traballo premiado, que será transferido ás camisetas. Premios: O premio consistirá nunha cámara fotográfica dixital e unha camiseta. Destinatarios: Alumnado de 1º da ESO Temporalización: Desenvolvemento dos traballos na aula de plástica4 horas por grupo. A entrega de premios farase coincidindo coas actividades do Día das Letras Galegas.

2. CHARLA-CONCURSO DE TOPONIMIA Esta actividade comporase de dúas partes. A primeira, realizarana os alumnos e consistirá en enviar a un enderezo de correo electrónico unha foto e unha pregunta sobre micro e macro topónimos da zona onde se insire o centro. Na segunda, exporánselle ao especialista en toponimia Xosé Lois Vilar as fotografías e as preguntas realizadas para que poida contestalas na súa charla. As cuestións que o convidado atope máis ocorrentes acadarán un premio. Obxectivos: 1. Fomentar a participación no proceso de normalización lingüística. 2. Coñecer a problemática da toponimia galega. 3. Comparar a toponimia galega coa de alén-Miño. 4. Tomar contacto coa etimoloxía da toponimia e dos antropónimos baseados en topónimos. Metodoloxía: Actividade que se desenvolverá nas aulas de lingua galega e fóra do horario lectivo. Os tres mellores traballos serán seleccionados polo convidado para que reciban un premio. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.18


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

Premios: O premio consistirá en dúas camisetas para cada un dos tres mellores traballos. Destinatarios: Alumnado de 3º e 4º da ESO. Temporalización: As fotografías serán enviadas entre xaneiro e marzo. A entrega de premios farase ao final da charla, que previsiblemente terá lugar a principios do terceiro trimestre.

3. CONCURSO DE RELATOS BREVES EN GALEGO Este concurso será motivado com unha fotografia que permanecerá exposta durante duas semanas na pantalla xigante do Centro. Inspirados por ela, os alumnos e alumnas poderán redactar un relato breve en galego co motivo fotográfico. O profesorado de Língua do Centro fomentará a participación e dará as indicacións pertinentes aos concursantes. Obxectivos: Desenvolver a capacidade de crear textos escritos en galego. Potenciar o interese do alumnado no uso do galego no ámbito literario. Motivar o alumnado para participar activamente no proceso de normalización lingüística. Metodoloxía: Actividade presentada na aula de galego. Os mellores traballos serán seleccionados polo profesorado da materia, para ser posteriormente publicados na revista do centro. O equipo de normalización lingüística seleccionará o traballo premiado. A entrega de premios farase coincidindo coas actividades do Día das Letras Galegas. Contidos: Presentación do concurso na aula. Introdución á creación de relatos. Estrutura e estilo dun texto literario. Elaboración dos relatos por parte do alumnado. Premios: Estableceranse dúas categorías, unha para a ESO e outra para o bacharelato. Os premios consistirán nunha cámara fotográfica dixital e unha camiseta para cada categoría. Destinatarios: Todo o alumnado do centro. Temporalización:Explicación na aula 1 hora.Os relatos poden ser escritos fora do horario lectivo. Deberán ser presentados na primeira semana de maio.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.19


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

5- EMBAIXADORES DA LINGUA

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.20


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

1- DO GALEGO AO PORTUGUÉS. GUÍA DE LECTURA Baseándose en material que a Mesa pola Normalización Linguística ten distribuído, a ANDL elaborará unha actividade na que se darán indicacións sobre a lectura de textos portugueses desde o galego. Para iso daremos unha guia de lectura coas variacións fonéticas adaptadas. Completaráse a actividade cunha charla sobre os “falsos amigos” entre o galego e o portugués. Obxectivos: Abrir o mundo da lectura directa de textos en portugués para o alumnado galego, coa adaptación pertinente. Valorizar a importancia da lingua galega para abrirnos a toda a cultura lusófona. Fomentar a lectura na lingua de textos na lingua orixinal. Decatarse dos erros léxicos que podemos cometer con alguns termos galegos se os usamos en Portugal. Destinatarios: Toda a comunidade educativa, incuída pais e nais. Temporalización: Primeiro trimestre.

2- INTERCAMBIO ESCOLAR COA ESCOLA SECUNDÁRIA DE VILA NOVA DE CERVEIRA O Plan xeral de normalización da lingua galega establece medidas imprescindíbeis tanto para normalizar o corpus como o estatus do galego. Precisamente, coa intención de contribuír á normalización do estatus da lingua, propoñemos un intercambio educativo co centro portugués de Vila Nova de Cerveira para compartir durante sete días lectivos as clases e as actividades extraescolares. O alumnado poderá tomar contacto coa realidade histórica, social e lingüística que comparten desde a Idade Media Galiza e Portugal. A nosa intención é retomar as experiencias anteriores de intercambio que se realizaron no centro con outros de secundaria portugueses da “Raia” como o de Valença ou o de Monção Obxectivos: 1. Coñecer outras realidades xeográficas, sociais e lingüísticas para ampliar a visión do mundo e favorecer o respecto por outras culturas. 2. Promover a utilización da lingua en diferentes contextos, esfarelando prexuízos e comprobando a súa validez no ámbito da lusofonía. 3. Promover unha visión moderna da lingua galega que reforce a autoestima do alumnado e aumente a demanda lingüística. Destinatarios: Alumnado e profesorado de 4º ESO ou Bacharelato (por determinar) Temporalización: O intercambio terá lugar nos días última semana de Marzo. Expoñemos a continuación un cadro onde sintetizamos as actividades pensadas para estes sete días: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.21


LUNS PERIODI ZACIÓN 9:30 10:30 11:30 13:00

MARTES MÉRCORES

XOVES

VENRES

LUNS

MARTES

SANTIAGO

VIGO E RÍA

TUI

VILA NOVA

TUI

GUIMARÃESPORTO

TUI

LITERATURA

LINGUA

MATEMÁTICAS

HISTORIA

HISTORIA

Visita a Guimarães (Castelo, Palacio, Zona medieval...)

ECOLOXÍA

ECOLOXÍA

Visita a Visita cultural a Compostela Vigo (Visita a un SEGUNDA (Museo do xornal, á Citroën e a LINGUA Pobo Galego, Castrelos) MEDIOS DE Parlamento de COMUNICACIÓN Galiza, Catedral, zona vella...)

RECEPCIÓN NO CONCELLO

14:00

EDUCACIÓN PARA A PAZ MÚSICA ROLDAS DE IMPRENSA VALORACIÓN FINAL

C O M I D A Visita a CERVEIRA

Visita Visita cultural a turística a Tui Porto (Jornal de (Zona vella, noticias, río, adegas catedral, de vinho Porto) museo, radio)

V O L T A

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

O CONTORNO: Visita ao Aloia, visita ao río en barco. (Armada, Cabo Fradera)

Á

Paseo, visita Percorrido pola ría ao campus e á (Samil, Baiona, A RTVG Guarda, Santa Tegra)

Teatro Xogos Deportes DESPEDIDA

C A S A

Páx. 22


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

3- A LINGUA SEN FRONTEIRAS: Viaxes de estudos A lingua constitúe un elemento básico de nosa identidade cultural e, ao mesmo tempo, é innegable que representa o mellor elo de unión cos territorios de lingua portuguesa. No noso centro de ensino, desde hai xa uns anos, ofértase como materia opcional, en todos os niveis Lingua portuguesa, porque sabemos que unha das formas de potenciar o respecto cara á propia lingua é usala como lingua de referencia para a aprendizaxe doutros idiomas. E, por suposto, o galego é e debe ser sempre o idioma de referencia para explicar portugués, a nosa evolución e a deles, as súas características e as nosas. Así, a partir dun traballo continuado, o alumnado dase conta de que o galego non está illado, pertence ao mesmo tronco ca outras variedades e, ao tempo, perciben que non estamos sós no mundo e recoñecen que mesmo lles pode ser útil en Portugal para cuestións laborais. Despois de coñecermos e falarmos a miúdo con xente de localidades próximas (Valença, Monção, Melgaço, Vila Nova de Cerveira) temos ben claro que somos unicamente nós os mellores embaixadores da nosa lingua no mundo. Somos os que temos esa responsabilidade, ninguén o vai facer por nós. E como ata o día de hoxe non se fixo un esforzo suficiente de proxección institucional do galego en escolas ou vilas portuguesas próximas, cremos que con plans coma os do noso centro, o galego gañará futuro entre a xuventude. Se a publicitamos ben en distintas frontes, se a proxectamos cara a fóra, se llela facemos respectar aos outros, se lles falamos dela aos que a descoñecen alén Miño, estamos a gañar futuro para a lingua. Os tempos son chegados de que non camuflemos a lingua se imos a Portugal. Temos que formar xente nova que o faga sen vergonza, con seguridade, con coñecementos históricos. E que, ante calquera intento dos portugueses por falarnos en “portuñol”, que saiban dicirlles que non fai falta, que nós si os entendemos porque nós falamos galego. O noso instituto pertence á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas e é unha das escolas promotoras da candidatura ao Patrimonio Inmaterial da Unesco e, por este motivo, mantemos a miúdo relacións con escolas raianas (Valença, Melgaço e Vila Nova), para facermos actividades comúns, uníndonos para as xornadas de radio interescolar. Ata hoxe, e en moitas ocasións, conseguimos levar adiante actividades de convivencia e unión entre mozos e mozas dunha parte e doutra da “fronteira” sen axudas económicas. A falta de orzamento non nos impediu levar adiante moitos proxectos. Co ánimo e esforzo do profesorado, coa boa vontade do alumnado, dos pais e das escolas puidemos cubrir gastos imprescindíbeis: os traslados en autobús; os pagos dunha conferencia, dun conferenciante, os carteis, etc. Obxectivos: 1. Visualizar na práctica aquilo do que falamos nas aulas (historia, costumes, topónimos, elementos musicais comúns, a identidade do territorio, as semellanzas da lingua, ...) en localidade próximas con visitas guiadas de un día ou dous e con intercambios cos centros de ensino da zona. 2. Eliminar prexuízos e estereotipos cara ao galego e o portugués. 3. Coñecer elementos culturais comúns como o patrimonio literario oral. 4. Adquirir valores positivos sobre a cultura galega, eliminando os prexuízos tanto do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.23


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

galego como do portugués a través da práctica. O alumnado será o protagonista dos encontros, polo tanto a metodoloxía é dinámica, práctica, participativa e integradora. Destinatarios: Alumnos e alumnas de todos os niveis educativos. Os grupos serán de 15 ou 30 persoas, dependendo da actividade. Segundo as actividades previstas, faremos varios grupos. VISITAS DE ESTUDOS: 1. SAÍDA A MELGAÇO: Visita á vila Escola de Formação Porfissional Casa da Cultura Museu do Cinema Castro Laboreiro – Museu etnográfico Destinatarios: Alumnado de 1º da ESO Temporalización: Mes de Febreiro

2. SAÍDA A VILA NOVA DE CERVEIRA: Viaxe pola ruta transfronteiriza en tren Convivencias cos nenos da Escola de Ensino Medio Comida na Cantina Asistencia a algunhas das aulas Visita “Aquamuseum” Destinatarios: Alumnado de 2º da ESO Temporalización: Mes de Marzo

3. SAÍDA A BRAGA. O coñecemento da Gallaecia Visita ao campus de Gualtar e á Faculdade de Humanidades Comida na cantina da Universidade Visita ao centro da cidade (Sé) e Mosteiro de Tibães para estudar a flora da zona e o poder dos mosteiros na antiga Gallaecia. Destinatarios: Alumnado de 3º e 4º da ESO Temporalización: Mes de Abril Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.24


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

4. SAÍDA AO PORTO Visita ao Planetario e a Fundação Serralves Paseo pola cidade de Almeida Garrett, ... Destinatarios: Alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato Temporalización: Terceiro Trimestre. Data ainda sen determinar.

5. VISITA DE ESTUDO A LISBOA (xuntamente co IES PAZO DA MERCÉ das Neves) A ENDL en colaboración co Departamento de Português e o Departamento de Galego organizará por cuarto ano consecutivo unha Visita de Estudo a Lisboa durante a semana do 26 ao 30 de Março. A idea desta actividade enmárcase na intención fundamental de que o alumnado do centro profunde no coñecemento da realidade portuguesa actual, valorice a potencialidade da nosa lingua como vehículo de relacionamento coa lusofonía e contacte cos atractivos culturais, monumentais, artísticos e tecnolóxicos dunha das grandes urbes europeas. Ademais fomentamos a relación de alumnado de contornos sociais e linguísticos distintos como son os do IES San Paio (fundamentalmente urbano) e os das Neves (rural). Obviamente non é posíbel coñecer Lisboa en catro días; mais si podemos achegarnos aos seus lugares máis emblemáticos e, aproveitando ben o tempo, percorrer os barrios máis fermosos, entrar nos seus museos e bibliotecas ou achegármonos aos máis famosos monumentos. É con esta intención coa que elaboramos un completo programa de actividades, visitas e encontros que levarán o noso alumnado a adquirir o coñecemento necesario para que, ao menos en posteriores visitas, privadas ou en grupo, poidan afondar na realidade dunha cidade emblemática e moderna, que pouco ten que ver coa falsa imaxe que podemos ter da sociedade portuguesa desde este lado do Miño. E esta tamén é unha das intencións da visita: desmontar falsos preconceptos fronteirizos que son fundamentalmente estores de fume diante do que debería ser a convivencia aberta e fraternal entre as persoas da Galiza e Portugal, nomeadamente as que temos a fortuna de sermos “raianos” de espírito ou veciñanza. Características xerais da viaxe: ●

Número de participantes: 35 alumnos e alumnas dos centros IES San Paio de Tui e Pazo da Mercé das Neves. Irán acompañados por dous profesores de cada Centro.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.25


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

Datas da viaxe: Semana anterior á Semana Santa de 2009.

Medio de transporte até Lisboa: Autobús desde Tui até o Porto. No Porto vamos en tren até Lisboa. Voltamos en tren até o Porto e de novo desde o Porto a Tui en autobús.

Transporte pola cidade: En Lisboa desprazarémonos en carrís, tranvía e metro.

Aloxamento: En bungalows de madeira no parque de campismo da Costa Caparica (Lisboa). Bungalows de catro, cinco e seis persoas.

Idades do alumnado: Haberá alumnado da ESO e de Bacharelato.

Principais zonas de visita: As máis características da cidade. Alfama, Baixa, Chiado, Bairro alto, Castelo de São Jorge, Belém, Parque das Nações, Oceanário...

Principais monumentos: Castelo de São Jorge, Convento do Carmo, Sé, Torre de Belém, Monumento aos Descubrimentos, Mosteiro do Jerónimos, Ponte 25 de Abril, elevador de Santa Justa, Terreiro do Paço...

Museos e centros culturais: Fundação Calouste Gulbenkian, Museus das Carruagens, Centro Cultural de Belém, Museu do Carmo, Museu da Marinha, Biblioteca Nacional.

Paseos: Polo Chiado, Centro comerciais, Praças do Rossio e Figueira, Alfama, Avda. da Liberdade, Miradores de Santa Luzia e do Carmo, Parque de campismo...Visita ao Palacio de Ajuda para ver os Cancioneiros medievais. Visita ao barrio de San Amaro, o barrio do galegos emigrados hai varios séculos e outras visitas de interese como a Lisboa de Pessoa.

Destinatarios: Alumnado de portugués, da ENDL, 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Temporalización: Terceiro Trimestre. Mes de Marzo, durante 5 días.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.26


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

7- HOMENAXE CONXUNTO AOS 125 ANOS DE PESSOA Fomos convidados pola Escola Secundária de Vila Nova de Cerveira (Portugal) a participar na celebración do aniversario do poeta portugués universal. Realizaremos conxuntamente con eles actividades diversas; desde lecturas conxuntas, aulas, e convivencias. Participaremos co noso grupo de teatro na realización de “Performances” e recitados expresivos. Tamén participarán a Biblioteca de Vila Nova e a Cámara Municipal. Obxectivos: 1. Achegar a figura do poeta portugués ao alumnado galego. 2. Valorar a importancia da lingua galega para a lectura de textos artísticos portugueses. 3. Convivir con utentes da lingua portuguesa apreciando a facilidade comunicativa. 4. Favorecer a expresividade artística Destinatarios: Alumnado de optativa Portugués preferentemente e do grupo de teatro. Temporalización: Todo o curso. Varias visitas.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.27


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

6- A PARTE DA ARTE

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.28


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

1. A DIVERSIÓN NOS LIBROS: Programa de animación á lectura e á escritura en galego. Con metodoloxía totalmente práctica, programamos un obradoiro de lectura en grupos de menos de 20 alumnos. Trátase da conseguir a sensibilización ao libro a á lectura mediante: - Lanzamento de concursos de lectura. - Lecturas escenificadas. - Ateliers de escrita creativa. - Sesións de lectura e escritura que proporcionen a interligazón de diferentes linguaxes (plástica, musical, poética e teatral). - Actividades lúdicas en torno aos libros, personaxes, situacións, imaxes e lecturas. - Sesións de divulgación de textos poéticos a partir da ligazón coa música. Contidos básicos do curso: – Ímonos coñecendo. – Experimentemos novas sensacións lendo. – Escrita creativa. – Vamos que nos imos. Responsabilizaranse da actividade dous profesores/as do Departamento de Lingua e contrataremos un grupo de dinamización lingüística con experiencia positiva noutros centros. Obxectivos: 1. Poñer en práctica as destrezas activas de escritura e fala, na maioría dos casos pouco potenciadas desde a Educación Infantil nas escolas da contorna, co que chegan cun enorme atraso nas habilidades de lecto-escritura en galego, mesmo os nenos galegofalantes da zona. 2. Descubrir que a lectura e a escritura son ferramentas comunicativas. 3. Descubrir o seu propio potencial imaxinativo. 4. Achegarse á escrita como unha saída á súa creatividade, como un xeito de realizarse, de pasalo ben e divertirse, sen que sexa unha tarefa obrigatoria da disciplina de lingua. Destinatarios: Un grupo de alumnos/as da ESO deste instituto (algúns deles xa apuntados ao Club de lectura), para que practiquen con normalidade e durante máis tempo a lectura en galego, que ocupa moi pouco do seu tempo de lecer. Temporalización: Mes de febreiro ou abril.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.29


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

2. SEMANA DO AUDIOVISUAL EN GALEGO Consideramos do maior interese o achegamento da comunidade educativa, especialmente do alumnado, ao mundo da produción audiovisual en galego. Por ese motivo desenvolveremos durante unha semana enteira a proxección continuada de produtos audiovisuais na pantalla xigante do Centro; desde curtamentraxes, vídeos musicais, deseños animados ou documentais... Tamén introduciremos, na medida do posíbel produtos de produción portuguesa. Durante a semana temos programada unha charla-coloquio co actor Xosé Barato, que foi o último gañador do Premio Mestre Mateo ao mellor comunicador polo programa da TVG “Historias de Galicia”. Falaranos sobre a oficio de actor e a importancia da lingua no seu traballo. Obxectivos: 1. Familiarizar o alumnado co mundo do audiovisual galego. 2. Valorizar a lingua galega como vehículo adecuado para a produción audiovisual. 3. Dinamizar o ámbito das novas tecnoloxias para a creación artística. 4. Toma de consciencia do valor da lingua galega para o intercambio de produción audiovisual co mundo lusófono. 5. Apreciar as potencialidades da lingua galega como ferramenta para a interpretación escénica na Galiza. Destinatarios: Alumnado, profesorado e persoal non docente. Temporalización: 2ª semana de Decembro.

3- AULAS DE TEATRO 1.GRUPO DE TEATRO ESCOLAR. O ENDL ten organizado un grupo de teatro escolar con alumnos e alumnas do próprio Centro. Son xa tres anos nos que un grupo de profesores e profesoras que agora forman parte do ENDL se reunen nas tardes dos mércores para explicar e practicar cos alunos técnicas de expresión corporal, dramaturgia e escenografia. Os responsábeis do grupo son Manuel Caldas, Xefe do Departamento de Historia e Alonso Vidal, profesor de Matemática e coordenador da ENDL. As aulas desenvólvense durante todo o curso escolar e finalizan coa representación de unha peza teatral para toda a comunidade escolar. O propio grupo de teatro é o encargado da realización de decorados, luces e escenografia. Xa foran representadas nos últimos anos as obras: "O achado do Castro", "Rio Bravo", (coa que fomos finalistas do certame de Teatro Aficionado do Baixo Miño), e este mesmo curso pasado "Médico á forza". Obxetivos: 1. Familiarizar ao alumnado com a linguaxe teatral en galego. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.30


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

2. Mellorar as actitudes de responsabilidade e traballo en equipo, así como a camaraderia entre compañeiros de distintos níveis do ensino. 3. Facilitar a expresión en público e afastar o medo escénico, fomentando a autoconfianza. 4. Dar conta da importáncia da lingua galega como ferramenta apropiada para a criación artística. Destinatarios: Todo o alumnado de todos os níveis. Temporalización: Todo o ano. A representación teatral, na última semana do curso. 2. AULAS DE TEATRO PORTUGUÉS Aulas de teatro no noso instituto a cargo dos actores do grupo de teatro “Comedias do Minho” que teñen escenificado un conxunto de lendas, algunhas delas comúns a ambas as marxes do Miño. Obxetivos: 1. Familiarizar ao alumnado com a linguaxe teatral en portugués. 3. Facilitar a expresión en público e afastar o medo escénico, fomentando a autoconfianza. 4. Dar conta da importáncia da lingua galega como ferramenta apropiada para a a relación coa lusofonia. Destinatarios: 1º ciclo da ESO. Temporalización: 2º Trimestre.

4. CONTACONTOS Prográmase unha sesión de contacontos para o alumnado dos dous ciclos da ESO. Tentarase contar coa presenza de Quico Cadaval. Obxectivos: 1. Achegar ao alumnado á literatura oral 2. Valorizar a lingua galega como veículo adequado para a producción artística 3. Apreciar as potencialidades da lingua galega como ferramenta para a interpretación escénica na Galiza. Destinatarios: Alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO Temporalización: Maio

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.31


Proxecto de Fomento do Uso do Galego do IES San Paio-Tui 2008-09

5. FOTONOVELA Para estimular a creación en galego, o alumnado de 3º escribirá uns relatos aos que lles aplicaremos as técnicas de realización de fotonovelas. As fotonovelas realizadas serán expostas na semana das Letras galegas para que poida velas toda a comunidade educativa. Obxectivos: 1. Estimular a actividade creativa. 2. Fomentar a colaboración e a cooperación entre o alumnado. 3. Coñecer novos xéneros literarios e comprobar a utilidade do galego como lingua vehicular. Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO. Temporalización: Entre os meses de xaneiro e maio.

6. CREACIÓN DE PODCAST O podcasting é unha maneira de ofrecer información sobre diferentes temas de actualidade. Propoñemos utilizalo para que o alumnado poida expór as súas opinións, inquedanzas, creacións e críticas sobre diferentes temáticas. Os podcasts que se vaian recollendo nas clases serán colgados na páxina web do centro e irán mantendo unha periodicidade quincenal ou mensual, en función da aceptación que vaia tendo a actividade. A nosa intención é que a actividade continúe nos próximos anos, se ben este primeiro ano vai requirir un maior esforzo para formar os rapaces nas técnicas concretas de creación de podcast. Obxectivos: 1. Estimular a actividade creativa. 2. Fomentar a colaboración e a cooperación entre o alumnado. 3. Comprobar a validez do galego en relación coas novas tecnoloxías. 4. Valorar criticamente a situación sociolingüística do galego na actualidade. Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO. Temporalización: A partir do mes de febreiro durante todo o curso e coa intención de que continúe en anos vindeiros.

En Tui a 3 Outubro de 2008

O Coordinador: L.Alonso Vidal Conde Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Páx.32


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.