1º Concurso relatos breves IES San Paio

Page 1

Iº CONCURSO DE RELATOS BREVES Organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co Departamento de Língua galega e Literatura.

Co fin de incentivar a creatividade literaria dos alunos e alunas do IES San Paio de Tui, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) promove o PRIMEIRO CONCURSO DE RELATOS BREVES. Poderán participar autores e autoras de calquera idade, grupo ou curso, que estexan matriculados no Centro, con orixinais escritos en galego entre as dúas e as catro páxinas. Establécense dous premios: un primeiro valorado en 70 € e otro de finalista valorado en 50 €


BASES: I. Poderán participar alumnos e alumnas de calquera idade, con orixinais escritos en galego cunha extensión mínima de 2 páxinas e máxima de 4. II. Os orixinais deberán ser inéditos e non ser premiados nin acharse pendentes de fallo en calquera certame. III. Establécense dous Premios: un valorado em 7 0 euros para o gañador/a e outro, valorado en 50 euros, para o finalista. IV. Os orixinais presentados serán publicados na páxina web do IES San Paio para ser lidos previamente polos usuarios que o desexen, que serán quen coa súa valoración procedan á selección dos 5 relatos máis puntuados entre todos os que se teñan presentado. V. Unha vez realizada a selección por parte dos usuarios lectores da páxina web e que a ENDL dará a coñecer oportunamente, será un Xurado, formado polo profesorado de Língua do Centro, e que poderá declarar desertos os premios, quen decidirá cales son os dous mellores relatos presentados merecedores de devanditos premios. VI. Os orixinais gañadores serán publicados na Revista do Centro “Max Estrella” en soporte físico e en e-book na página web do Centro. VII. Cada autor poderá presentar un só orixinal sen asinatura, substituída por lema ou pseudónimo escrito na súa cabeceira, enviándoo en formato WORD ou ODT como Adxunto no correspondente correo electrónico, no que figurarán os seus datos persoais (nome, apelidos, curso e grupo), encabezados co mesmo título). Deberá ser enviado a: ies.sanpaio@edu.xunta.es , indicando no asunto: Concurso relatos breves. Tamén poden ser entregados en sobre, nas mesmas condicións anteriores na conserxaria do Instituto.


VIII. O prazo de presentación de orixinais finaliza o 5 de Maio de 2009. A medida que se vaian recibindo os orixinais a ENDL irá publicando os relatos presentados na sección habilitada ao efecto na web do IES (http://centros.edu.xunta.es/iessanpaio sección Equipa de Normalización) co título Iº CONCURSO DE RELATOS BREVES DO IES SAN PAIO. Só figurarán o título e o lema ou pseudónimo dos autores, que se darán a coñecer unha vez feito público o fallo do Xurado, co fin de que os usuarios e visitantes da páxina web procedan á súa lectura e avaliación, tal e como figura estipulado na Base IV. IX. O fallo do Xurado terá lugar na última semana de Maio de 2009, dándose a coñecer de inmediato o resultado na páxina web do Instituto e no taboleiro de anuncios da ENDL. A entrega dos premios levará a cabo no transcurso dun acto público que terá lugar a final de curso en data que oportunamente se dará a coñecer. X. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e do fallo do Xurado, que será inapelábel.

A organización. ENDL do IES San Paio.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.