Visita guiada por Compostela

Page 1

VISITA GUIADA POLA ZONA VELLA DE COMPOSTELA Valoración persoal da visita Esta valoración está dividida en dúas partes: pros e contras.

Dentro dos pros está a súa forma de falar con claridade e a súa presencia, a puntualidade os seus intentos de facer participar á xente. Con respecto ós seus coñecementos e dominio do tema non me atrevo a valorala, posto que o meu coñecemento do tema é escaso. Valoro tamén positivamente a súa paciencia e que esperase a estar todos reunidos para empezar a expoñer os temas da visita. A visita tíñaa ben programada, demostrou ter moitos coñecementos de fechas, mosteiros, prazas, etc.


Dentro dos contras estaría a falta de previsión, un día de choiva, como foi o día da excursión debería vir con indumentaria axeitada e non vir só cun paraugas. Debeu preguntar sobre os nosos coñecementos e basear a visita según eles. Faltoulle improvisación para facer participar ó persoal xa que só o fixo nos puntos que tiña programados na visita. Non comentou anécdotas de Santiago (novatadas e bromas dos estudantes que se repiten ano tras ano; mirarlle os pes a Cervantes ou subir as escaleiras da Quintana de dúas en dúas, por exemplo...) Tampouco comentou que na praza da Quintana ó caer a noite e ca luz das farolas aparece a sombra do peregrino (tamén din que é o enterrador da Quintana).


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.