SALVANDO LIBROS.Primaria

Page 1

Salvando libros Que libro salvarías ti? Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito. Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre. Maio 2011

LIBROS SALVADOS POR ALUM ADO DE PRIMARIA


Este salvámolo nós

Escola de Menciñeiros de Alvaro Cunqueiro Por que? Porque en “Novidades do mundo e fauna máxica” trata de seres fantásticos, algúns que dan medo e outros risa e os conta tan ben que parece que existen de verdade. E memorizamos

O gatipedro O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro;o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Para espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i o pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na lingua, e probando o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Salvado por : EDUCACIÓN PRIMARIA C.E.I.P. Os Casais


EDUCACIÓN PRIMARIA SALVA “A galiña azul” de Carlos Casares

POR QUE?

Porque é un libro escrito para que, unha nena que marcha de Galicia, non esqueza nunca a súa terra. Porque defende o dereito á ser diferente e tamén a ser libre e amosa a solidariedade da xente para protexer os dereitos dos mais indefensos.

E MEMORIZA...

“…Eu non sei si te decatas de que es galega, Ana, nin sei siquera si sabes ben qué é Galicia ou cómo é. Agardo que podas voltar pronto ó pobo onde naciches, pra pasear xuntos e ensinarche a fonte dos peixes, que xa non bota auga, e o garda, o teu amigo, que aínda está na esquina, un pouco máis vello, pero facendo sempre os mesmos xestos que tanto che divertían. Mentres non volvas, mándoche estes contos, escritos na túa lingua, para que ó escoltar estas palabras podas relembrar aquelas outras ditas por aquela vella campesiña que viña do dentista de arrincar unha moa:””Ai que nena tan bonita!. Parece unha mazá”...

Salvado polo C.E.I.P.

Víctor Sáenz de Mazaricos



Este sálvoo eu Eu salvaría “Alvaro e Álvaro” de Xosé Miranda

¿Por que? Porque me parece un libro moi interesante e divertido, con moitas aventuras e un chisco de misterio. E tamén o salvaría porque me encantan os seus personaxes, sobre todo, Álvaro.

(E memorizo...) Eu vivo no cuarto do meu amigo e durmo enriba do cesto dos xoguetes, vou con el a todaspartes menos ás clases, que me aburren, e de cando en vez tamén vou coa Carmiña… Ah, e ao Diaño Bulreiro que o parta un raio!

CEIP “VIRXE DO CARME” BURELA


Este sálvoo eu Eu salvaría Cartas a Lelo ¿Por que? Porque Lelo, en Brasil, segue acordándose da súa aldea. (E memorizo...) Rapaz: Pregúntasme polo río...Vexo na túa carta que te lembras moito del. Se eu estivese lonxe faría igual. Porque o río é como un pai de todos nós.

CPI PONTE CARREIRA


Este sálvoo eu Eu salvaría Cabeza de Medusa

¿Por que? Porque defendemos a forza da palabra.

(E memorizo...) Faremos entre os dous unha estatua de barro, cocerémola no forno do pan. Unha cabeza de Medusa. Eles non saben distinguir a cabeza verdadeira, baixo a coroa de flores. Dirémoslles que as algas mudaron en corais ao ser molladas polo teu sangue, cando cortei a cabeza. Mal saben que o sangue, ruin /eptuno!, é o do decrú.

CPI PONTE CARREIRA


Este salvámolo nós Nós salvaríamos Soños de andel escrito por Susana Lamela e ilustrado por María Lires

¿Por que? Porque lle da nome á nosa Biblioteca. Gústanos moito Ani, a protagonista. Susana e María son as nosas amigas.

(E memorizamos...) Lepouco é un val. Lemoito é unha vila. /o val de Lepouco está Lemoito, xusto no medio do camiño entre Lerasveces e Leracotío As distancias entre as vilas son curtas, un chega axiña dun lado ao outro, só ten que estar disposto a percorrer o fermoso camiño que vai entre Lerasveces e Leracotío. E paga a pena..

CEIP de Andrade Pontedeume.


Este sálvoo eu

O soño do merlo branco de Agustín

Fernández Paz

¿Por que?

Porque fala dun merlo que chegou a ser o que el soñaba e a min tamén me gustaría acadar os meus soños. (E memorizo...) Wolf marchou disparado, na procura dos primeiros alimentos. Axiña volveu,traía uns tenros e diminutos vermes no seu bico, que os poliños enguliron de contado. Despois de que el fixovarias viaxes, tomei eu o relevo e marchei na busca de máis comida. Agora tiñamos catro bocas que alimentar e todas as horas do día ían ser poucas para sacialas.

CEIP VISTA ALEGRE BURELA


Este sálvoo eu Nós salvaríamos Mil cousas poden pasar

¿Por que? Porque é divertido e pasan cousas extraordinarias. Porque inclúe moitas historias e ten personaxes moi interesantes. Porque deixa ver que na vida poden pasar un montón de cousas inesperadas.

(E memorizo...) Certo, soou mal, moi mal, máis Pouco era un rapaz de boa memoria e nese instante mesmiño lembrou uns versos atribuídos a un parente do gato Kandás que dicían o que segue: Xura a bruxa , pel de cabuxa, que mellor debuxa canto máis debuxa. E así con todo

.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE TARAGOÑA


Este sálvoo eu

Poesía e Contos Enrique Labarta Pose Por que? PPoorrqquuee ccoonnttrriibbuuííuu aa ddiivvuullggaarr ee aa ddiiggnniiffiiccaarr oo ggaalleeggoo nnuunnhhaa ééppooccaa ((11886633--11996611)) ddiiffíícciill ppaarraa oo nnoossoo iiddiioom maa.. (E memorizo…) Era o gaiteiro Xan Mella gaiteiro tan afamado Que non había festa algunha nin romería de campo, nin cousa en que houbese gaita, sin que Xan fose chamado; pois a gaita de Xan tiña algo que non era humano, algo que facía a un tempo chorar e rir sin pensalo. Quizais un anxe durmía no fondo do fol deitado, e soilo tiña o segredo Xaniño para despertalo! Por eso os mozos e mozas de todo o lugar de Baio, cando el a gaita collía brincaban xa co entusiasmo.

CEIP LABARTA POSE Baio


Este sálvoo eu

“A pedra e as formigas” Jacobo Fernández Serrano ¿Por que?

Porque hai animais que nos gustan: a xirafa, as formigas e fala da amizade con cancións e adiviñas.

E memorizo... “Houbo unha vez dúas formigas que paseaban . polo campo preto dun escuro bosque. - Este bosque mete medo. - É feo dabondo. - ¿Quen vivirá nun sitio así? - Eu que sei, morcegos, serpes, lobishomes e xente desa.”

CPI PROGRESO CATOIRA


Este sálvoo eu Eu salvaría O misterio dos fillos de Lúa de Fina Caslderrey

¿Por que? Porque ten toda a frescura e inocencia dun neno de oito anos (E memorizo...) Fomos e …, estaba alí, parindo! E miramos como paría. Ela ollaba para nós, e estaba toda espeluxada, semellaba que tiña o pelo todo mollado igual ca Xocas cando vén de andar na bici. Lúa miañou un pouquiño para nos saudar, e seguía respirando moi rápido. De súpeto, soltou un miaño forte, e por un burato que ten debaixo do rabo, botou unha cousa.Era un gatiño! Collemos unha lanterna para mirar mellor. Alí había unhas cousas que dan un pouco de noxo. Lúa púxose a comelas. Nunca a vira tan porcalleira.O peor foi cando empezou a botarlle a boca ao gatiño.botábao dun lado para outro, e comíalle unha cousa que lle colgaba. Rebentei! Non puiden seguir gardando o segredo, e marchei correndo a buscar á miña nai: -Mamáaaaa! Mamáaaaa,! Ven axiña que está comemdo un gatiño! -Quen entrou a querer come-lo gatiño? Por qué me chamaches? -Non entrou ninguén. É Lúa que estaba tentando comelo. Primeiro botouno e logo quixoo comer, pero aínda non o comeu. Mamá botou unha gargallada e suspirou. -Ai! Que susto me destes! Non o comía, home. O que pasa é que as gatas, cando paren, non precisan de médico. -De veterinario –dixenlle eu que o sabía. -Iso, de veterinario. Elas arránxanse soas.O que lle vistes facer foi limpalo e quitarlle o cordón umbilical, que é unha tripa por onde se alimentan mentres están na barriga. As gatas queren moito aos seus bebés, e non lles fan mal ningún. Agardade que seguro que trae máis. Nin que mamá fose bruxa, adiviña, ou nin que Lúa nos entendese. Lanzou outro miaño forte e volveu soltar outro gatiño por aquel sitio. Non falamos máis nada ata que botou os catro gatiños que tiña dentro. Eu quería mirar como nacían. Despois foi moi bonito, porque Lúa lavábaos e eles caían de patas para arriba. . CEIP A PEDRA, BUEU



No CEIP Castrillón – Coiro en Ed. Primaria queremos salvar o libro

“A GALIÑA AZUL” De Carlos Casares

¿Por que? Porque nos ensina a respectar as cousas e ás persoas diferentes, e a darnos conta que esas diferenzas son boas para todos nós.

É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.


O C.EI.P. A.D.R Castelao de Rianxo salvaría: Os amigos de Archimbolde Roque de Jacobo Fernández Serrano ¿Por que? Porque os nomes dos personaxes e as historias son moi raros e divertidos (E memorizo...) O Caracol Anatol: “ – O tipo é un mangante de coidado que ten esclavizadas a máis de cen familias. A ver si gañamos e toda esa xente queda libre e pode facer a súa vida” (…)


Este sálvoo eu Que me queres, amor?

¿Por que? Porque nel atópase "A lingua das bolboretas"

(E memorizo...) /on, o mestre Don Gregorio, non pegaba.Pola contra, case sempre sorría coa súa cara de sapo. Cando dous pelexaban no recreo, el chamábaos " perecedes carneiros", e facía que se deran a man. Logo,sentábaos no mesmo pupitre. Así foi como fixen o meu mellor amigo, Dombodán, grande, bondadoso e torpe.

CEIP.ALEXA/DRE BÓVEDA. REDO/DELA


Este sálvoo eu Eu salvaría A

Casa da Luz

De Xabier P. Docampo

¿Por que? Por que nos gustou a suia historia

(E memorizo...) Alicia é moi traste, mesmo se pode decir que moi trastisima, se é que a este adxectivo se lle axeita tal superlatvo. E todo lle ven do seu ingobeernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar.

Salvado por: CEIP ANTONIO VAZQUEZ. (Rairiz de Veiga) Primaria


O C.E.I.P Campolongo de Pontevedra quere salvar o libro “Mar adiante” de Mª Victoria Moreno

Por que? Por ser unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego.

Eu son profesora nun colexio moi grande dunha gran cidade. É un colexio moi importante. Ten unha entrada, un porteiro uniformado que parece un xeneral, un director con gafas, unhas escaleiras de mármore cheas de testos… Temos moitos rapaces e rapazas. Todos con cariñas espilidas, con mans limpas, con vestidiños xeitosos.

CEIP CAMPOLO GO

PO TEVEDRA


Este salvámolo nós Nós salvariamos O elefante dunha soa orella de X.H. Rivadulla Corcón

¿Por que? Porque transmite moitas emocións.

(E memorizo...) Nacín hai poucas semanas, ou mellor dito construíronme hai poucas semanas, nun taller de artesáns dedicado a facer xoguetes que hai nunha pequena vila que se chama Beade, e está pretiño da cidade de Vigo. Pero alí tan só empezou a miña historia, e comezou dun xeito que eu non decidín, como a maioría dos acontecementos que a compoñen. Cando un é un xoguete non decide sobre a súa vida e lévante dun lado a outro sen que ti podas dicir nada, e do taller fun a parar a un lugar horrendo, feo e triste, aínda que alí, por sorte, fixen bos amigos, pero paseino mal, moi mal. ¿Díxenvos que son un elefantiño?. Creo que non. Pois eso é o que son, un elefante de peluche. Pero non como todos os elefantes, algo que as persoas consideran un defecto, faime diferente. A min non me construíu a Señora Emilia, que é a dona da tenda e a que fai case todos os xoguetes; a min fíxome o seu fillo Carlos, que, as veces a axuda. É moi bo rapaz, pero algo despistado e, cando cortou a tea para facerme, cortouna mal e o ir coserme deuse conta que tiña tea de menos, pero para que a súa nai non lle rifase, non lle dixo nada e fíxome cunha orella de menos, por non darlle a tea para as dúas. Así que son un elefantiño cunha soa orella, e este é o defecto que marcou a miña historia.

Primaria C.E.I.P. de Louro


Este sálvoo eu Ventos

¿Por que? Porque é o noso libro favorito de poesía

(E memorizo...) Vento, ventiño, que vés do /orte, Sabes de todo. Tes moita sorte. Vento, ventiño, que vés do /orte, voas ben alto, voas ben lonxe. Vento, ventiño, que vés do /orte, nesta terriña berran moi forte. Vento, ventiño, que vés do /orte, durme comigo fíxose de noite Vento, ventiño, que vés do /orte, dános un beixo cálido e doce.

PRIMARIA - C.E.I.P. DE VIÑAS


O CEIP Eduardo Pondal de Vigo Queremos salvar o libro “Cousas” de Castelao

¿Por que? Porque nel atópase “” Chegou das Américas um home rico...” Que remata así:

unha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando: -Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro! Panchito retornou á aldea. Chegou probe e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e máis un traxe branco... Alfonso Daniel Rodríguez Castelao COUSAS Editorial Galaxia 1979

Salvado por : Ceip Eduardo Pondal-Vigo.


Este sálvoo eu "Ventos" Autor Antonio García Teijeiro

¿Por que? Nós eliximos salvar este libro porque a poesía é un xénero literario que se utiliza para expresar toda clase de sentimentos e ten musicalidade. A pesar da importancia que supón e do que representa está moi pouco traballada e case, case esquecida.

(E memorizo...) Sei dun vento mentireiro, que endexamais di verdades. Brúa contos, trabalinguas, adiviñas e cantares. O ventiño mentireiro vai por vilas e cidades. As persoas que acariña esquecen as soidades.

CEIP “EMILIA PARDO BAZÁ ” VIGO Primaria


Este sálvoo eu Poesía e Contos de Enrique Labarta Pose. Por que? Porque contribuíu a divulgar e a dignificar o galego nunha época (1863-1961) difícil para o noso idioma. (E memorizo…) Era o gaiteiro Xan Mella gaiteiro tan afamado Que non había festa algunha nin romería de campo, nin cousa en que houbese gaita, sin que Xan fose chamado; pois a gaita de Xan tiña algo que non era humano, algo que facía a un tempo chorar e rir sin pensalo. Quizais un anxe durmía no fondo do fol deitado, e soilo tiña o segredo Xaniño para despertalo! Por eso os mozos e mozas de todo o lugar de Baio, cando el a gaita collía brincaban xa co entusiasmo.

CEIP LABARTA POSE DE BAIO


Este sálvoo eu:

CEIP. Milladoiro. Malpica Eu salvaría:

Animais de compañía De Manuel Lourenzo

¿Por que? Excita a imaxinación, a creatividade, o sentido do humor... e non ten idade! E con el podemos facer cousas coma:

Un famento polburón Un calmoso paello Un elegante volvoleo Un gracioso porbalo, Un feroz tigroso... Ó fío de:

Un luminoso vagalume, Un calmoso caracol, Unha moura vacaloura E un fero camaleón.


Este s谩lvoo eu Eu salvar铆a Pequeno Animalario

Por que? Porque nos gusta o que conta, como o conta e as fermosas ilustraci贸ns que nos regala. DISFRUTEMOS de toda a informaci贸n que nos ofrece, contada dun xeito ameno e sinxelo,e ilustrada con fotos e debuxos preciosos.

C.E.I.P. MONTEMOGOS


“ QUE ME QUERE ADOPTAR?” de Fina Casalderrey ALGU HAS DAS RAZÓ S D@S OS@S ALUM @S: - É bonito porque o ancián quere unha familia á que regalar amor sen recibir nada a cambio. - É un libro bonito porque el só quería agarimo e formar unha familia . nova coa que divertirse. . -É un bó conto co que @s nen@s aprenden a non deixar sos aos seus avós/avoas. - Este libro reflexa a importancia de ter compaña e de ter unha familia. - Ensínanos que non hai que estar tristes porque ao final, dunha forma ou doutra atoparás a felicidade. - Reflexa a realidade. Hai moita xente no mundo que pide limosna. No caso desteDAS homeRAZÓ S só pedía compaña. ALGU HAS POLAS QUE O SALVAMOS OS/AS PROFES: - É unha lectura amena e tenra. - Reflexa a sociedade actual. A soidade das persoas maiores. - Acercar a figura dos avós/avoas aos nen@s e ensínalles a que entendan a soidade que sinten. - Reflexa a importancia dos nosos maiores e a cantidade de cousas que podemos aprender deles. - Ten moita alusión aos libros e á lectura.


Este salvámolo nós O meu gato é un poeta de Fran Alonso

Por que? Porque ten poesías moi divertidas, e outras que fan pensar. Porque con el podes aprender a xogar coas palabras e porque… é dun gato poeta!!!

E memorizamos... CAMBIA O MU/DO: REIVI/DICA QUE @S POLÍTIC@S LEA/ POESÍA.

Salvado por : C.E.I.P. OS CASAIS


Este sálvoo eu

“Queixumes dos pinos” Eduardo Pondal ¿Por que? Porque contén a letra do noso himno, no que estamos todos os galegos e galegas representados e é importante salvalo para xeracións futuras. E memorizo... “Os tempos son chegados dos bardos das idades, que as vosas vaguidades cumprido fin terán; pois, onde quer xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.”

.

C.P.I. PROGRESO. CATOIRA





Este sálvoo eu Eu salvaría O ESTA-QUE DOS PARRULOS POBRES De Fina Casalderrey

¿Por que? Porque é divertido en nunca aburre

(E memorizo...) O avó ensinoume moitísimos xogos novos porque el sabe todo, por iso é sabio.

CEIP O PIÑEIRIÑO


CEIP AGRO DO MUÍÑO Nós salvamos: As verbas que fan o camiño ¿Por que? Porque nel atópase o poema “O camiño verso a verso” (E memorizo...)

/a fonte pousou Un doce merliño Para parolar Con dous peregrinos.

Que frías as augas! que longo o camiño! que ledos ficaron Os dous peregrinos

Que cansos que viñan Os dous peregrinos Envoltos no pó De todo o camiño.

que sons veludosos! Ai!, que rechouchios /a fonte deitou O merlo dous bicos.

Cantigas cantou O doce merliño Con voz de cristal E moito agarimo.

Cantigas de amor cantigas de amigo trobaba o paxaro Para os peregrinos. A fonte calou De seu o bruído Quería escoitar Aquel paxariño.

O seu autor: Antonio García Teijeiro


Este sálvoo eu Eu salvaría: Poemas para pintar Autora: Concha Blanco ¿Por que? Porque nel atópanse poemas como: “ A LÚA” LEO E RECITO.. Vexo cinco estrelas no medio do ceo. as cinco a brillar porque teñen medo. Están sen compaña a noite é escura. Xuntáronse as cinco na procura da Lúa. Por detrás das nubes as cinco buscábana collidas da man, un pouco asustadas. A que ía diante deu un tropezón. Tropezou coa lúa que estaba durmida nun leito mol de branco algodón.

CEIP DE CAR OTA


Este salvámolo nós: “Os megatoxos e os templarios da luz”, de Anxo Fariña ¿Por que? Porque estamos á espera da continuación da serie e nos enteramos de que tal vez non se poidan publicar. (E memorizo...) “/infa descendía pola montaña lentamente. O instinto era tan forte que trazaba as curvas con total perfección, coma se estivese circulando polas vías dun tren. Cando deu dominado o sistema abriu os ollos, vendo como o Toxo a guiaba cara a unha zona boscosa afastada das pistas balizadas. E foi alí, no medio da fraga, cando se decatou de que alguén a seguía.”

CEIP DE LEIRADO (Salvaterra de MIño)


Este sálvoo eu "Longa noite de pedra" Celso Emilio Ferreiro ¿Por que? Porque o poema que lle da nome ao libro reflicte a situación polo que paso o noso país en tantos anos de dictadura. É pois unha forma de memoria histórica. (E memorizo...) O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. de pedra é o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.

CEIP DE AGUIÑO


Este sálvoo eu As rúas do vento ceibe ¿Por que? Porque aparece a miscelánea da beleza, fondura e esmero verbal que nos amosan a idiosincrasia de Galiza, dunha forma amena e ilustrativa, cuns poemas axeitados para os nenos, en especial para os da cidade.

(E memorizo...) O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria,

,

a esencia máis nosa a creación común meirande e poderosa. …

CEIP ISAAC PERAL - Ferrol


Este sálvoo eu “ Contos por palabras” de Agustín Fernández Paz. Por que?

Porque nel atópase a historia: “Ser superheroe non é nada doado” . . ( Memorizamos...) E o home-araña anda contento. Dá gloria velo aló arriba, en calquera cristaleira, por difícil que sexa o acceso, limpando os vidros nun abrir e pechar de ollos. O que mais lle amola é seguir co traxe vermello e azul que o fixo popular noutrora. Pero non o pode deixar. Como vai quitar agora o traxe? Un dia destes teño que contarlle a idea na que ando a matinar: que non só el , senón todos os outros empregados da compañía, utilicen un uniforme semellante. Ata estou disposto a lle cambiar o nome á empresa. Ben mirado, “Regueiro & Spíderman” tampouco soa tan mal. Lástima de non poderlle botar o lazo tamén a Supermán, que entón si que non había no mundo cristal que se nos resistise!

Ceip Rosalía de Castro-Xinzo de Limia


Este sálvoo eu “¿Quen me quere adoptar?” ¿Por que? Porque a Manuel tamén lle gusta salvar libros, coma a nós, e pola súa tenrura e humanidade. (E memorizo...) A Manuel gustáballe merendar con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro. ¡O libro non o comía! Pero case… (…) Cando Manuel abría un libro convertíao en bolboreta. Pasaba as follas e agarimaba as súas cores. (…) Moitas tardes, Al, Ada, Ainoa e Manuel merendan con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro. ¡O libro non o comen! Pero case…

CEIP DE PAZOS


Este sálvoo eu

Eu salvaría Contos por palabras de Agustín Fernández Paz ¿Por que? Porque nel atópase o capítulo “Unha chave non é suficiente” (E memorizo...)

Era unha chave moi fermosa, grande coma as das casa antigas, feita dun metal brillante, dourado e lixeiro. A chave da felicidade! Xa era miña, desde aquela todo ía cambiar. Baixei á praia e botei a correr pola area, cheo de ledicia, axoutando as gaivotas ao meu paso. De súpeto, quedei parado. Acababa de caer na conta! Inundoume unha suor fría e tiven que me apoiar nunha rocha próxima. Todas as chaves serven para abrir unha porta, precisan dunha pechadura en que podelas introducir. Eu tiña a chave da felicidade,si. Pero e a pechadura?..

C.P.I. COS DICES ROIS.


Este sálvoo eu “Escumas da Ribeira”, de Gonzalo López Abente

Por que? Porque nel atópase "-o Monte do Corpiño" E memorizo... “Penedos, altos penedos do Corpiño vixiante; sodes, como o meu amor, tristes, barudos e grandes. ¡Cantas veces, cantas veces dende o curuto en que estades sufríchedes impasibles o furor dos temporales! Nin os ventos que arrincaron doridas queixas aos mares, nin as furias medoñentas das frecuentes tempestades, de movervos unha vez, penedos imperturbables, de movervos unha vez foron ata hoxe capaces; que sodes, altos penedos do Corpiño vixiante, o mesmo que o meu amor, tristes, barudos e grandes.”

CEIP OS MUIÑOS. MUXÍA


Este sálvoo eu “ Contos por palabras “ de Agustín Fernández Paz. ¿Por que? Porque nel caben moitas historias divertidas, excitantes e orixinais.

(E memorizo...) ... Así que agora estou , desde hai un mes, percorrendo as xa escasas fragas que quedan en Galicia, nesta terra invadida de piñeiros e eucaliptos. Ata agora non me acompañou a fortuna e non vin unicornio azul ningún””.

Ceip. Chano Piñeiro


Este sálvoo eu Eu salvaría “A nena de auga e o príncipe de lume”

¿Por que? porque é moi entretido e conta un problema dunha historia de amor, que aparentemente non ten solución…

(E memorizo...) Unha vez era un río no que vivia unha nena de auga e un dia pasou por ali un principe de lume. O seu amor era imposible, Ao seren de auga e lume… … A nena de auga, saíndo do río díxolle ao príncipe de lume: - Eu quería irme contigo e que vivísemos xuntos para sempre. E el respondeulle: Tamén eu quería ir vivir contigo, pero non pode ser porque ti es auga e eu son lume… Quedaron os dous moi tristes…

.

Primaria

CEIP Isaac Díaz Pardo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.