Nos tamén nº 36

Page 1

IES SATURNINO MONTOJO

http://www.blogoteca.com/cenlf/

Bo NADAL e feliz 2012

Sumario Mel e fel Reportaxes Artigos de opinión Recuncho literario Humor Pasatempos Festas Saídas

Nº 36 1º trimestre. Curso 2011-12


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

O MEL E O FEL MELES: -Para a cafetaría. Non viviriamos sen ela!, aínda que non recreos resulta case imposible que te atendan ,pola cantidade de xente que hai pedindo e pouca servindo. -Para os profes que nos levan de excursión ou fan connosco algunha saída cultural -Para as materias que dedican unha hora semanal á proxección de filmes ou documentais relacionados co temario. - Para todos os colaboradores nas actividades de Normalizción lingüística , grazas aos que podemos sacar adiante este xornal. +++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

FELES: -

Para Internet, que leva paso de tartaruga Para o mal estado das pistas. Non hai portarías, as canastras non todas se poden usar… Para os profes que mandan traballos e/ou exercicios na época dos exames. Para quen fai un único exame en cada avaliación. Para as recuperacións que non se fan dentro da mesma avaliación. Para os desperfectos nas aulas e na escaleira inutilizada desde hai moitísimo

tempo. Para a falta de calefacción ou para o poco tempo que a poñen e o pouco que quenta. Para os profes que mandan moito traballo aos alumnos cando eles tardan en corrixir. Para os profesores que son habitualmente impuntuais e sancionan aos alumnos por retrasarse tres minutos.

Dirección: Equipo de Normalización Lingüística: Mª Xosé Beceiro, Mª Xosé Martínez e Anxo Bugeiro. Colaboradoras imprescindibles: profesoras do Departamento de Lingua Galega: Carme Fernández e Corona Tato Colaboradores neste Número: Profesores/as : Mar, Patricia, Magdalena, Luís Alumnos: Luis Sánchez Pérez, Julio Máiz, Jorge Aller, Claudia Sanjurjo, Esther Costoya, Cristina Prieto Solano, María Prieto Solano, Darío García, Sara García Veiga, Carla Bouza Leira, Antía Gonzalez Pereira, Susana Mª Sánchez, Julia Pita, Diego Romero, Sonia Barrera, Charo Fernández, Lucía Amado, Laura DíazGarzón, Irene Arto Escuredo, Laura Seijoso, Olalla Alonso, Cristina Romero, María Larrañaga, Gabriel Espiñeira, Julia Costas, Rita Crespo, Pablo Montero , Miguel Picallo, Chio, Diego Naveira e alumnos do Ciclo. Persoal non docente: José e Fran. Moitas grazas a todos os colaboradores e colaboradoras de Nós, Tamén, pois coa súa contribución, é posible que este xornal siga vendo a luz despois de oito anos sen faltar nin un só trimestre. Aínda nos queda moito camiño por andar. Seguimos contando contigo.


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

A EXCURSIÓN AO SOTAVENTO Os alumnos de 3º ESO, veñen de facer o pasado 30 de novembro unha visita ás instalacións do parque eólico experimental de Sotavento, nas proximidades de As Pontes. Alí foron atendidos por monitores especializados que, mediante actividades divertidas e interesantes, fixeron que conseguiran aprender gran cantidade de cousas sobre as enerxías e o seu aforro.

Así nos conta Luís a experiencia Luís Sánchez de 3º ESO A

Comezou a viaxe as nove en punto da mañá o día 30 de novembro. Os viaxeiros eramos os alumnos de terceiro de ESO. A viaxe era bastante longa aínda que ao estar a falar e pasando o tempo cos móbiles, fíxose curta como pasa en todas as excursións. Ao chegar ao lugar dividíronnos en tres grupos, había varios responsables da actividade que nos proporcionaban información sobre o sotavento, enerxía, aforro, etc. Un dos monitores era bastante simpático, ensinounos nun proxector diversas imaxes sobre o sotavento e sobre fotos de produtores de enerxía eléctrica, hidráulica, etc. ademais nos fixo preguntas e algunhas bromas simpáticas. Tamén fomos ver un aparato en miniatura sobre corrente eléctrica. Outro dos responsables era unha muller que nos ensinou unha casa biolóxica, era unha marabilla, e estrañounos a todos que consumira pouco máis ca unha casa normal, xa que todos pensabamos que consumiría moitísimo máis. Esa casa facía todo por si soa e mantíñase quente. Estaba perfectamente estruturada e tiña os cuartos en sitios onde o sol non molestase e os mantivese quentes durante o día. Era unha marabilla de casa , tanto que as palabras nos chegan para describila, só hai que ir vela para quedar aparvado diante dela. O terceiro e último guía preguntábanos a hora moitas veces, xa que ía mal de tempo, segundo el. Ensinounos un coche en miniatura, que ía a través dun globo el só, e diversas luces e o seu consumo. Tamén elixiu a un voluntario e mandouno andar en bicicleta, nunha bicicleta que estaba quieta, entón subiu nela e cando rematou ao cabo de 10 segundos, dixo que o seu esforzo apenas era suficiente para un minuto de consumo dunha neveira, iso demostrounos que temos que coidar ben a natureza, xa que os seus esforzos para que nós esteamos vivindo ben son moi altos. A experiencia foi bastante boa, a actividade valeu a pena, Ao finalizar sacounos unha foto un dos monitores a todos nós e fomos todos a o interior dun muíño, pero pouco a pouco, xa que nos colliamos todos nel. Logo xa regresamos ao instituto no autobús, e a viaxe fíxose mais curta ao regreso. Luis Sánchez Pérez 3ºA


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Outra das facetas favoritas dos nosos correspondentes é a entrevista, temos neste número entrevistas para todos os gustos, imos escoller algunhas e as demais gardarémolas para o seguinte número.

Achegámonos en 1º lugar ao mundo da moda. A nosa correspondente Charo Fernández fai unha entrevista a María Junquera París, deseñadora de punto de Zara. Eu: En que consiste o teu traballo? MJ: Fago o deseño e levo o control dos modelos de roupa que se van levar nesa temporada. Vou aos desfiles e ás tendas, e vexo o que está en venda no momento. Eu: Porque decidiches traballar nisto? MJ: Foi unha casualidade. Eu estudei dereito, pero empecei a traballar axudando ao meu pai, e quedei porque acabou encantándome. Eu: Nótase a crise á hora das vendas? MJ: Si, moito. Vendemos, pero moito menos ca os anos anteriores. Este ano mercamos máis ou menos a mesma cantidade de roupa ca os demais anos, e non obstante, sobrou moita máis. Eu: Como ves os demais países aos que viaxas? Son países desenvolvidos neste sector da moda? MJ: En xeral países coma Estados Unidos, Italia, Inglaterra, ou Brasil, que está avanzando bastante, están igualados a España. A gran diferenza márcaa China, xa que está moito máis avanzada con respecto aos outros países. Eu: Que é o que máis che gusta e o que máis destacarías, por divertido, do teu traballo? MJ: O momento creativo, sen dúbida. Cando opino cos meus compañeiros sobre como vestir os manequíns e cando lles colocamos os complementos os bolsos , os fulares. (rise) Eu: Que puntos negativos hai? MJ: O estrés. Todo ten que ser nun prazo moi xusto, e case non dá tempo a facer as cousas. Por exemplo, se teño que facer algo cun fío de cor azul turquesa, e gastouse, teño que ir correndo a compralo, e iso é un pouco abafante . Eu: Por que recomendarías o teu traballo a outras persoas que estivesen interesadas en facelo? MJ: Eu só llo recomendo a aquelas persoas ás que de verdade lles guste, xa que se che gusta, gozas moitísimo. Ademais tes que ser práctico e saber ben o que lle gusta á xente, para asegurar as vendas. Seguimos cunha entrevista a unha das nosas escritoras. De irmá a irmá, pois entrevista a Cristina Prieto Solano, a súa irmá María Prieto Solano M. - Que é para ti escribir? C. - Para min escribir é poder expresarme libremente, e vivir vidas diferentes á miña. M. - Tes pensado seguir escribindo? C. Toda a miña vida, non como única profesión, pero é a miña paixón e seguirei

desenvolvéndoa.

M. - Inspíraste en persoas reais para os teus personaxes?

C. Non, son todos ficticios.

M. - Por que comezaches a escribir?

C. -Porque me gustaba moito ler e quería que a xente o pasara tan ben lendo os meus libros como eu o pasaba lendo os meus libros favoritos. M. - Cando comezaches a escribir?

C. - Aos sete anos, máis ou menos, coas redaccións da clase.

M. - Que consello lle darías a alguén que quixera escribir un libro?

C. - Que non se dea por vencido e que non pense que non pode, porque si que pode. M. - Influíu algún autor na túa forma de escribir? C. - Si, a miña autora favorita, Laura Gallego, porque me gusta moito como escribe e a admiro moito.


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Mentres as tendas tradicionais esmorecen os centros comerciais ocupan o seu espazo Nunca vos parastes a pensar que cada vez dependemos máis das grandes superficies comerciais? Se a resposta é non, própoñovos que vos fixedes en cantas veces visitades os centros comerciais por que os servizos que ofertan só están dispoñibles neles. Un exemplo desta dependencia é, como moitos outros, ir ao cine. Na nosa cidade só queda 1 cine, cando non hai tanto, había máis ou menos catro. Haberá xente que prefira visitar un centro comercial para poder ver unha película, pero a verdade é que resulta máis accesible ter un cine no centro da cidade. O único que queda en Ferrol é o Dúplex, máis as películas que proxecta non deixan moito onde escoller e, polo tanto, non pode competir cas salas de cine de Odeón, pois alí teñen todos os estrenos e así, nun futuro non moi lonxano, acabará M4, a última tenda de discos de todo Ferrol Entrada dos clausurados Cines Goya. pechando como fixeron o resto. Pero, por desgracia, os cines non son os únicos negocios que están en perigo en Ferrol. As tendas de música tamén se foron extinguindo pouco a pouco. A día de hoxe só queda unha tenda de música (M4), xa que Montana, como as súas precursoras, pechou hai pouco para convertirse nunha tenda de muebles ( en El Rastrillo aínda queda unha pequena sección de discos de segunda man). E o mesmo pasou con moitas outras tendas de distintas cousas; as zapaterías Ultra e Reno, Ola a moblaría ou a tenda de fotografía Malde... Máis este proceso de abandono dos edificios, tanto casas coma locais, do centro de Ferrol frea o crecemento da cidade. Páremonos a pensar a onde podemos chegar se seguimos a este ritmo. Lucía Amado González 3º A Aínda que esteamos en crise! Uns consellos para ir de compras e estar ao día.

Hollister Co. en Coruña Sempre que non teñamos a avaliación preto, con tres ou máis exames por día, una boa decisión é saír a dar una volta para mercar algo e gastar algúns cartos. A nova tenda de Marineda City é todo un éxito. O grupo Abercrombie & Fitch abriu hai uns meses esta tenda, a quinta en España, tendo establecementos españois unicamente en Madrid, Barcelona, Valencia e Málaga . Vaia afortunados que somos ! Aínda que xa se sabía que sendo o centro comercial máis grande de España, non era menos poñer unha tenda coma esta , pero tamén podían poñer un Starbucks ! A tenda ten de todo, podes coller dende unhas sandalias para a praia ata unha chaqueta para a choiva, pasando por bolsos e perfumes. Aínda que ten algunhas que outras desvantaxes. A primeira, a luz. Hai tan pouca luz que parece mentira que esteamos nunha tenda, máis ben parece unha cova a 700 metros de profundidade. O segundo, a música. Sempre está ben ambientar o local con música, pero a un volume ‘’normal’’, non a un que faga estourarnos os tímpanos ! E terceiro, pero non por iso menos importante, o prezo, demasiado excesivo, máis aínda nestes tempos de crise. De todos os xeitos, é un bo sitio para ir de vez en cando, sobre todo para admirar aos dependentes ! Irene Arto

Escuredo 3ºA


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

TÓPICOS DA XUVENTUDE ACTUAL

Hoxe en día, exprésanse unha morea de tópicos sobre a xuventude que non teñen por qué ser certos necesariamente. Por exemplo, hai persoas que teñen moi asumido que os mozos e mozas somos todos uns maleducados ou maleducadas, cando nin por asomo é así. Por poñer un exemplo, o outro día estabamos unhas amigas e máis eu na parada esperando ó autobús e un señor botábanos o fume do seu cigarro directamente na cara. Por educación, non lle dixemos nada e nos apartamos cara o outro lado, fuxindo do fume (e de nos converter involuntariamente en fumadoras pasivas, supoño). Ao cabo duns minutos falando, vemos como o señor se ergue e se coloca xusto diante de nós, moi preto. Un pouco estrañadas, afastámonos. Entón o señor dáse a volta e nos di, de moi malas maneiras e nun ton demasiado alto: - Agora si, non? Estabades a taparme a vista do bus. E dígolle eu: - Perdoe, non era a nosa intención. Él segue a falar de moi malas maneiras: - Claro, nunca é a vosa intención, pero eu me poño aquí e aí sí que vos dades de conta. - Non era a nosa intención, pero de todas formas podería termos dito algo e nós nos apartabamos sen problema- interveu unha amiga miña. Pero o señor seguiu un anaco entretido co seu, sen facernos caso. E digo eu, neste caso, mereciamos esa reprimenda? Obviamente eu penso que non,

pero non soamente porque estiven implicada, senón porque nós non só non lle dixemos nada sobre o feito de estarnos a botar o fume do cigarro na cara, senón que nos puxemos nese lugar por este mesmo feito. Ademais, o educado, o normal, tería sido que o señor nos dixera que non lle deixábamos ver o bus (feito do cal non nos dábamos conta, claro), en lugar de dar por suposto que a xuventude é maleducada e tomar a "xustiza" pola súa man. O que pasa por xeneralizar, eh? Outro tópico que me encanta discutir: a xuventude non le. Ala! Será que a xente que non le berra máis que a que si o fai, non? Ou iso penso eu. Por exemplo, hai unha extensa rede de blogues de comentarios literarios, que comparten opinións de libros xuvenís e organizan quedadas o día da saída das continuacións das súas sagas favoritas. Ou para ir a sinaturas de escritores. Outro tópico: a xuventude non se interesa por nada. Mentira, iso será algunha xente! Case todo o mundo que eu coñezo ten un montón de intereses polos que loita, e se esforza. En resumo: deixemos de xeneralizar, porque non axuda a coñecer máis de preto á xuventude. No mundo hai de todo, e non se pode obviar unha parte del.. Cristina Prieto Solano

QUEN DIXO QUE A VIDA DO ESTUDANTE É DOADA? Non sei vosoutros, pero eu vou farta de oírlles aos meus pais: "O único que che pedimos é que estudes", "A vida do estudante.. JA!.Quen me dera volver a selo", "Deixa que che toque traballar". Pois ben, non señores pais, non é tan doada: vou en 3º ESO, teño 12 materias, se lle dedico 30 minutos ao día a cada unha son 6 horas, logo de asistir ás clases, asistir a algunha actividade ou deporte que che guste... 6 horas !? Rematas ás 12 da noite esgotada, e moi probablemente sen acadar os obxectivos que deberiamos. Cando isto acontece, e te queixas, dinche : " É cuestión de organización ! " ; manda truco ! Creo que debería existir outra materia máis : A organización. Nin que dicir ten, que non tes tempo para relacionarte cos amigos ata as vacacións...Pero o máis gracioso é que logo lle dis aos teus pais: " Pódesme acompañar a mercar tal cousa? " , e contéstanche: " Ando falto de tempo, déixao para as vacacións ! " ; e é cando os miras e dis: " Vamos oh ! Se só é cuestión de organización !" O tempo: ese prezado tesouro. Carla Bouza Leira 3ºESO A


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

UN ANO EN AUSTRALIA Alí estaba eu, un ano máis novo, tomando unha decisión que cambiaría a miña vida. E onde carallo queda Australia? Sen dúbida moi lonxe. E que ía facer eu ao outro lado do mundo, cando xa tiña a miña vida arranxada aquí? Así estaba eu hai un ano. Ao final, sendo sincero tomei a decisión impulsivamente. Estaba canso e aburrido da monotonía, e que mellor maneira de cambiar que mudarse a outro país, onde todas as cousas son diferentes. Agora estou aquí de novo, e as preguntas que me asaltan son totalmente diferentes. Antes debatíame entre ir ou non ir, pero unha vez que fun e volvín a pregunta é, mereceu a pena? Moita xente pensa que foi unha perda de tempo, xa que agora perdín un ano e teño que estudar cos pequerrechos. Outros pola contra consideran que o feito de saber moito maís inglés xa fai que a experiencia valla a pena. Pola miña parte, que é a que realmente importa, estiven a pensalo moito tempo. Pensei que fora unha perda de tempo, logo pensei que tamén tivera cousas boas, pero en definitiva acadei a conclusión de que era o mellor que podería facer hai un ano. Por que os diamantes son tan valiosos? Por que a xente presta tanta atención aos animais en perigo de extinción? Pola mera razón de ser únicos. Hoxe en día a xente acata normas no instituto, no traballo, no deporte que practica, na casa... Estamos cansos de facer o que nos din, vestimos segundo a sociedade o establece, pensamos e falamos como nos parece, pero dentro dun límites marcados porla sociedade tamén. Entón que é o que realmente nos diferencia? Como xa supoño que entenderades non son unha pedra preciosa, nin un animal semi-extinto, pero o que si busquei indo para alí e diferenciarme dos demais. A xente auténtica e con personalidade non sigue canons dados, senón que se esforza por destacar, sorte que a min puxéronmo nos fociños. E aquí me atopo un ano máis tarde cunha experiencia inolvidábel, e só me queda desexarvos un bo Nadal e sorte coas notas. Gabriel Espiñeira 1º BAC C AMOR DOS MEUS AMORES

Este conto só é apto para aqueles que cren nas andoriñas, na prosa e nas fantasías e que, ó final, deixan de ser fantasías. Falamos do amor O amor é inexplicablemente emocionante e, á vez, doloroso, percorre cada parte do noso cerebro e do corazón e te fai sentir un formigueo deses que non te fan rir. Déixate en silencio, fai que observes cada segundo a súa cara satisfactoria e non te decatas de que pasou un minuto. Un contacto inesperado con esa persoa sobresáltate e fas o posible para que se sinta nun xardín de margaridas; mentres, ti atópaste nun patio soleado cunha roseira plantada nun testo, adornándoo. Queres coller una rosa, pero cando estás a piques de arrincala aparece o conserxe do colexio onde estás. E pensas que ter un aroma de cor de rosa non está ben. Choras nese mesmo lugar, pero a sirena está a tocar e tes que estudar. Rematan as clases e diríxeste o teu fogar, pero antes tes que camiñar amodiño e sixilosamente por onde está a roseira. Míralo fondamente e sentes o olor de todas as súas rosas. Sénteste encantado e quedas na soidade. Perdes o bus, tes que andar. Que atoparás de camiño á casa? Un caracol. Elévalo amodiño para non estragar a súa casiña e cántaslle para que che faga compaña nese día chuviñento, agora polo mal tempo, agora sen o roseira . Por Julia Pita


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

O DOPING non é algo novo A palabra dopaxe provén da palabra doop , orixinaria dunha tribu chamada kaffir , que significa no seu idioma licor de forte sabor. O doping foi usado nas Olimpíadas gregas e romanas (ao redor do século III a.C.) tamén polos pilotos da aviación inglesa na Segunda Guerra Mundial para mellorar a súa habilidade aos mandos do avión. A primeira mostra de doping no deporte moderno saíu á luz tras a morte dun mozo ciclista duns vinte e nove anos no ano 1896 por tomar efedrina durante a carreira . A partir deste caso, no ano 1910, fixéronse outras revisións , comezando a revisión de animais: os cabalos participantes nas carreiras hípicas. Na década dos 60 , o COI (Comité Olímpico Internacional) empezou a facerlles controis aos deportistas nas Olimpíadas de México no 68 , creando unha institución encargada disto (Comisión Médica do COI ). A miña opinión sobre isto é que os deportistas que se dopan son unha fraude, e non se decatan da tremenda decepción que sofren os nenos e nenas que os admiran e que soñan en ser coma eles de maiores. Ademais é un perigo para a saúde chegando a poñer en perigo a súa vida. Sara González Veiga, 3º ESO

AS REDES SOCIAIS Que estamos nun tempo de cambios e que eses cambios teñen que ver dalgunha maneira coas «redes sociais» xa é unha idea común. Non obstante , ninguén parece ter moi claro que son esas famosas redes . As redes sociais son utilizadas por diferentes persoas e para diversos fins: comunicarse, anunciarse , buscar parella e mesmo, nas últimas eleccións xerais, as redes sociais foron un gran medio de promoción para os candidatos políticos. . As redes sociais están presentes entre todos nós , redes como : facebook , tuenti , twitter o whatsapp son das máis coñecidas . Hoxe en día xa todos coñecen os problemas que traen consigo as novas redes sociais e como cada día están máis presente nas nosas vidas, debemos ser cautos . Chegamos ao punto de que xa é máis común pedir o Facebook ou o Tuenti que o número de teléfono. É certo que é unha nova forma de comunicación , pero que ten os seus perigos , sobre todo polo que respecta á privacidade das persoas. En teoría , a idade para entrar en Tuenti é de 14 anos ; idade na que a persoa aínda é moi vulnerable polo que debemos ter moito coidado á hora de cubrir as opcións do perfil cos nosos datos, xa que é moi doado que a xente poida ver toda a nosa información e as nosas fotos. As redes sociais son actualmente unha das maneiras importantes e comúns de socialización para moitísimos mozos do mundo. Nelas colgamos fotografías da nosa vida e pensamos que non somos realmente conscientes de todas as persoas que poden acceder a elas, e sobre todo, da imaxe que estas persoas se poden formar sobre nós ao velas. Dende logo, a nosa forma de ser débese definir por moito máis que unhas fotos colgadas en Internet, xa que considero imprescindible que se coñeza á persoa, pero sen dúbida si que poden dar unha pincelada sobre as compañías ou as actividades que se realizan. Por iso, consideramos que debemos medir moito a información que colgamos na rede sobre nós mesmos, así como a selección das persoas a quen permitimos vela, xa que isto pode influír tanto positiva como negativamente ( sendo máis común esta última ) na idea que outras persoas se poden facer de nós. Ignacio Rodrigo Álvarez e Alicia Soto García, 4º ESO


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Ás veces chegamos a pensar que só existe o fútbol, a xulgar polo tempo que lle dedican os medios de comunicación , pero isto non é certo. Moitos dos rapaces e rapazas compaxinan os seus estudos con outros deportes deporte. Con frecuencia escriben artigos nos que nos contan a súa experiencia, os seus logros, as súas dificultades, a súa afección .... Recollemos aquí unha mostra dos numerosos artigos que recibimos. BALONCESTO: INTENSIDADE E AMIZADE Nós eliximos o baloncesto porque nos gusta. Pero cando chega o momento no que empezas a perder, empeza a non gustarche e a aparecer os problemas. Isto adoita suceder en equipos nos que anteriormente xa había problemas , pero no noso equipo isto non pasa. Este ano tivemos a sorte de que nos tocase un grupo no que todos, segundo o noso parecer, q estamos contentos. Pois, en canto xorde o primeiro problema entre compañeiros, soluciónase rapidísimo porque ao sermos amigos e vérmonos noutros lugares ,non só no que adestramos, todos os problemas se solucionan. No equipo que estamos non tivemos un bo refacho de partidos gañados. Os nosos partidos gañados son dou de nove xogados. Isto, se tivese pasado noutro equipo no que os xogadores non se coñecesen tería sido un grave problema. Este ano tivemos a sorte –só durante unha semana nun campionato de Semana Santa. no que viñeron equipos de toda España- de xuntarnos xente que xa nos coñecemos e que temos unha gran relación. Moitos partidos non os teremos gañado, pero como somos un grupo unido, non nos rendemos. A parte de pasalo ben xogando, tamén o pasamos ben no bus que nos leva ata outras cidades nas que temos que xogar. No bus sentámonos todos na parte de atrás xogando cos nosos móbiles e falando entre nós. O único problema do equipo é que non temos moito tempo para adestrar. Isto nos esta causando problemas á hora de xogar. Pero no extradeportivo levámonos moi ben. Uns quedamos cos outros para estudar, para xogar ás consolas ou para xogar un partido antes de adestrar. En resumo o que quero dicir é que tivemos a sorte de xuntármonos un bo grupo no que todos nos levamos moi ben, tanto como fóra e dentro da cancha. Ata logo e espero que algún día veñades a vernos xogar e a animarnos. Julio Máiz e Jorge Aller FERROLTERRA, UN LUGAR PRIVILEXIADO PARA A PRÁCTICA DO SURF Unha actividade? Un deporte? Un pasatempo? ... O surf podémolo clasificar de moitas maneiras, pero cada vez estase a tomar máis en serio na nosa sociedade. Pasou de ser unha actividade impresionante que vías nas películas americanas, a ser un dos deportes máis demandados en Galicia. Na provincia da Coruña, podemos localizar ao redor de vinte escolas de surf e, o triplo de tendas dedicadas a venda de materiais para body e surf. Por que é isto así? A principal causa radica nas marabillosas ondas das nosas coscas. Contamos con algunhas das mellores praias españolas para o desenvolvemento desta actividade. Pódense destacar as praias de Doniños e Pantín, nas cales teñen lugar dúas das competicións máis importantes: o Surfusion (body), e o Pantinclassic PRO (surf). Moitas das personas que practican este deporte, confesan que non é como outro deporte calquera. Eles fálannos do momento de coller unha onda, cando loitas contra a gravidade para poñerte en pé, cando o teu corpo se desliza a carón da parede da onda, tan preto que a acariñas coa punta dos dedos. Isto produce na maioría da xente un estado de frenesí, de felicidade, de perfección. Por esa sensación de frenesí, moitas das persoas que algunha vez probaron o surf, fan deste un estilo de vida e o seu día a día depende do que o océano estea disposto a ofrecerlle cada día.

Atrévete a vivir esta experiencia por ti mesmo:

escuela@pantinclassic.com

O FULL CONTACT O Full Contact é un deporte derivado das artes marciais no que se usan tanto as mans como as pernas. Nace en California, nos E.E.UU. en 1974. Moita xente pensa que o full contact é un deporte violento, e como desde pequenos nos ensinaron que a violencia non se pode exercer en ningún caso , pois xa sen coñecelo, rexéitano. Eu defendo a idea de que o Full contact non é violento, senón que é un un deporte de protección. Imaxínate que un día vas pola rúa paseando, cando de súpeto un señor se achega a ti e intenta roubarche algo ou levarte con el . Non sempre podes saír correndo ou pedir axuda. Nestes casos,

se practicas full contac podes empregar as súas tácticas en defensa da túa persoa e librarte do intruso. É un deporte que divirte, libera tensións e serve para protexerse Hoxe en día a defensa persoal é moi importante, polo que penso que debería ser un deporte moito máis practicado por xente da nosa idade. Por suposto que ha ser xente responsable e reflexiva e non nenos inmaduros que poidan facer un mal uso das súas técnicas. Eu aínda non o practico, pero estou pensando en anotarme a unhas clases. Deste xeito melloro a miña seguridade persoal e divírtome. Conclusión: NON Á VIOLENCIA, SI Á DEFENSA PERSOAL. Esther Costoya 3º ESO A


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Comezamos o noso RECUNCHO LITERARIO cuns poemas variados de alumnos de distintos cursos:

“ 7 VAGALUMES NON APTOS PARA NOCTÁMBULOS´´ A miña poesía faleceu naquela noite escura, nunha fraga de cores vivas mais fantasmal, un vagalume vermello acolleume no seu seco brillo, por medio de bicos,ilusións e bos espertares. Pero un día abandonoume por un poeta mellor, e entón o vagalume amarelo dos celos fíxome estoupar, traendo consigo o vagalume marrón, cheo de rancor,contaxiándome o seu perigo. Máis aló atopábase o vagalume branco, que prometeu curarme o mal que o vermello me fixo, cogomelos,fume,beberaxes…agochaban o mal, ninguén chegou tan alto para despois caer no asfalto. Náuseas sentimentais e medo trouxo o vagalume azul, a saúde precaria xuntouse co temor ao que recito, este poema consome o meu velliño baúl, soamente por ser parasito da alma sen descanso. Aquelarres mentais e mais a tristeza conviven coa miña amargura, cando de súpeto chamoume o vagalume verde,distante, díxome que a solución era ir camiñando armado, lanzando bombas de odio e afíar sanguentos sables. Obedecínlle e a fraga comezou a berrarme: <<Poeta,poeta…quen che mandou matar!>>, eu respondínlle:<<O vagalume do meu interior que está a agonizar.>>, onde queiras que esteas,anxo de meu,dáme apertas do bo destino. Nin sequera soubo reaccionar ante a miña horríbel viaxe, todo era un círculo onde o rei de todos era o vagalume negro, vermello,amarelo,marrón,branco,azul e verde só son a cruz, no monte de poemas de indiferenza no olvido. Negro,como a morte que chega sempre a nós, negro,como a cinza do mar da Illa de Ferro, negro,como se atopa o meu corpo sen poder escapar, negro,porque o morto viu estes vagalumes nestes mares. PABLO MONTERO 2º BAC

Que din que ocorreu aquela noite de verán? Din que xa non está, que todo é en van. Por moito que grites non volverá collerte da man nin mirarte á cara, nin por tanto choro Porque a humidade nos ollos? Acaso lle quixen ou é só un antollo? Que se lle quixen, preguntas? Ameino. É todo o que aínda teño e fareino. Seguen a dicir que todo é posible, mentireiros; porén, eu teño unha mellor: Non ao nunca. Cristina Romero 2º BAC

O inverno chega, chama á porta, que tristeza!, as árbores núas, os paxaros calados, todo silencio. Cada sopro de aire frío, rebota na miña cara branca. Que soidade a miña, aquí calada co cabelo bailando co vento, como as flores coa xeada. As rúas cheas de xente, que corre de aquí a acolá, buscando cousiñas que regalar. Luceciñas de moitas cores penduran sobre as rúas, alumando a todas as persoas que baixo elas cruzan. O día de Noite Boa toda a familia reúnese na casa da avoa. Os beléns cheos de decorados, con Xosé, María e Os Magos. O neno tapadiño no berce rodeado de ouro e incenso, está cos ollos pechados e está soñando cos camelos que os tres Reis Magos trouxeron. Olalla Alonso 2º ESO C Encherase de follas secas a miña lápida Dos outonos que non hei de vivir, Tocarei co lombo a madeira E rendereime ao sono sen fin. Fará á noite cucú o cuco Cantarán os paxaros na mañá, Seguirá a vida o seu transcurso Mais sen min o seguirá. Cubriránseme os beizos de xeada, Beizos que nunca máis han falar; Improvisará o vento cancións sobre a marcha Que os meus oídos non han escoitar Rita Crespo 4º ESO B


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

AS CARBALLEIRAS DE PEDRIÑO Era unha vez un neno chamado Pedriño , que tiña once anos e vivía nunha vila onde había unha fábrica de celulosa. O xefe desta fábrica era o pai de Pedriño. Nesta vila había moitas carballeiras cuns carballos moi antigos e árbores que tiñan moitos anos, algunhas eran milenarias. O pai de Pedriño estaba pensando en facer desaparecer estas carballeiras e as súas árbores para utilizalas na súa fábrica e gañar moitos máis cartos. Pero a xente da vila non quería . mais o pai de Pedriño era moi egoísta e só pensaba en facer moitos cartos e non escoitaba a súas voces.. Un día chuviñento Pedriño saíra a xogar ás carballeiras. Esvarou, esgazou a perna e caeu dentro dun burato moi profundo. El berraba “Axuda, sáquenme de aquí!”. Pero ninguén o escoitaba. Os seus país, ao veren que non chegaba, foron na súa procura, e os veciños do pobo acompañáronos. Cando chegaron á carballeira oíron os seus berros de auxilio, estaba moi fondo e non había maneira de rescatalo. Por arte de maxia empezou a facer un vento forte, coma inesperado, e os carballos axitaban con vehemencia as súas pólas. De súpeto o carballo máis vello semellaba coma se intentase achegar as súas pólas para chegar ao fondo do burato nun refacho de vento moi forte. Así foi, e Pedriño saíu do burato. Os seus pais despois de observar como saía do burato, puxéronse ledísimos. O pai despois de fitar a carballeira durante un bo tempo e tras ver como as a´rbores salvaban o seu fillo, decidiu vender a fábrica a uns estranxeiros. El fíxose defensor do medio ambiente e as carballeiras foron declaradas polos políticos locais patrimonio natural, e así todos os anos as carballeiras repóñense de carballos e mantense chea destas árbores. DIEGO NAVEIRA , 2º ESO C

O NENO AO QUE NON LLE GUSTABAN AS VIDEOCONSOLAS

Había unha vez un neno chamado Xacobe ao que lle gustaba moito ler. Vivía cos seus pais nunha vila chamada Vilandroque. Xacobe era un neno delgado e miúdo, cos ollos azuis e o pelo escuro. Traballaba no campo co seu pai para poder alimentar a súa familia. Tiña que viaxar en tren todos os días para ir á escola, que se atopaba na cidade. Un día, un comerciante dunha grande cidade trouxo unhas novas moi interesantes. - Consolas,videoxogos…!- berraba o comerciante. Todos os nenos alí presentes compraron os produtos e o comerciante marchou. Ao día seguinte os nenos na escola tiñan unha videoconsola, un móbil ou algunha máquina; todos excepto Xacobe, xa que o comerciante non chegou ata a súa vila. Aos poucos días toda a cidade estaba adaptada ás novas tecnoloxías. Xacobe non tiña suficiente diñeiro para comprar unha consola. Os seus amigos non querían xogar con el á pelota, preferían estar dentro da casa todo o día a xogar coas maquiniñas. Xustamente un mes despois da chegada do comerciante, a poboación comezou a enfermar. Unha semana despois toda a cidade estaba doente e descubriuse que era por un virus que levaba a batería das máquinas. O único que puido xogar e divertirse de verdade foi Xacobe. Os seus compañeiros desculpáronse polo seu comportamento e nunca máis volveron abusar das videoconsolas.

Cando miro para a rúa vexo a xente pasear. Cando miro para a rúa vexo os coches aparcar. Cando miro para a rúa vexo as luces tintinar. Cando miro para a rúa vexo unha noite especial Cando miro para as estrelas experimento unha rara sensación xa que pode haber ao outro lado un extraterrestre cantando a súa canción. Cando miro para a lúa chea sinto un horrible tremor xa que só penso nos homes lobo que lle gritan a lúa co seu voceirón. Cando miro para as árbores penso na miña habitación na que antes había un horto verde e marrón. Xa sei que son un pouco pesado cos sentimentos meus pero sen non os expreso nunca chegarei a ser bo escritor polo que aquí me tedes amigos eu escribindo poemas e vós, léndoos.

Miguel Picallo 2º ESO C


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

NADAL E SATURNALIA A celebración máis antiga e universal sempre estivo centrada no solsticio de inverno. No antigo Imperio Romano, a festa do solsticio era o acontecemento social máis importante do ano e chamábase Saturnalia en honra a Saturno, o deus da agricultura e as colleitas. Ata a ditadura de Xullo César, a festa celebrábase o 17 de decembro, día en que os senadores e os cabaleiros romanos, aderezados coas súas togas cerimoniais, ofrendaban ao deus un gran sacrificio, seguido, como era costume, dun banquete público que culminaba co berro: Io Saturnalia. Pero o gran estratego debeu de considerar que unha soa xornada era escasa honra, e prolongou as Saturnais ata o día 19. Seguiron o seu exemplo Augusto e Calígula, que engadiron senllos días, e Domiciano pechou a ampliación o día 23 de decembro. Xa que logo, a finais do s. I d. C. as Saturnais duraban unha semana completa, consagrada especialmente ao xúbilo e a convivencia. Contribuía a iso a suspensión de numerosas actividades públicas: a escola, o Senado e os tribunais de xustiza interrompían as súas funcións; liberábase aos prisioneiros, que agradecidos depositaban as cadeas no templo de Saturno; e ata se aprazaba a execución das penas capitais. As Saturnalia era unha ocasión para visitar aos amigos e parentes e intercambiar agasallos. O tradicional era regalar froita, noces, velas e pequenas figuriñas feitas de terracota. A lei, severísima, sobre os xogos de azar, quedaba suspendida e os romanos vían crecer ou minguar o seu patrimonio no xogo dos dados, as tabas e a lotería. Pero nada máis rechamante que o protagonismo que adquirían os escravos. Durante estas xornadas vestían as roupas dos seus señores, que lles servían na mesa, mentres eles baballoaban contra os seus donos sen temor a castigo algún. Era a festa da liberdade e a desinhibición, e organizábanse xogos, bacanais, bailes de máscaras e espectáculos desenfreados que estaban prohibidos o resto do ano. Seguro que vos dades conta de que tamén se parece un pouco ao noso Entroido. Terminaban as Saturnais, como dixemos, o 23 de decembro. Pero no ano 274 o emperador Aureliano, preocupado polo sincretismo relixioso, introduciu o culto do Sol Invicto, cuxo natalicio celebrábase o 25 de decembro, cando o sol, superado o solsticio, recobra o seu poderío de luz nos días. Nel recoñeceron case todas as seitas á súa suprema divindade, especialmente os moitos seguidores de Mitra. A multitude de deuses,

Magdalena Zambrano

propios e alleos, que achara acollida en Roma acabaría reducíndose a este «Sol Señor do Imperio Romano». MITRA Despois do día 25, había uns días dedicados, sobre todo, a facer agasallos aos nenos: aneis, bonecos de terracota, selos, táboas de escritura, dados, pequenos obxectos, moedas, e, ¡bolsas cheas de canicas! Hai moitos baixorelevos e documentos que reflicten aos nenos romanos xogando ás canicas durante as Saturnalia. Durante estes días, decorábanse as casas con prantas verdes, acendíanse velas para celebrar a volta da luz, e colgábanse figuras das árbores. Pero non metían árbores dentro da casa. Os romanos só adornaban as que estaban na terra. Posteriormente, o nacemento do Sol e o seu novo período de luz foron substituídos pola Igrexa, quen fixo coincidir nesas datas o nacemento de Xesús de Nazaret co obxectivo de acabar coas antigas celebracións. No 350, o papa Xullo I recoñeceu oficialmente o 25 de decembro como a Festa da Natividade. Aínda hoxe, moitas culturas celebran o solsticio de inverno. Os pobos indíxenas -como os aimaras, quechuas, rapanui e mapuches- agradecen por estas datas o ano anterior e piden ao pai Sol que retorne con maior forza logo do seu retiro invernal. Outros festivais parecidos son: o Hanukkah, xudeu; o Yalda, iraniano, que celebra o nacemento do deus Mehr,... O solsticio de inverno chinés celébrase co Dong zhi, que literalmente significa "a chegada do inverno". Ten as súas orixes na filosofía do Yin e o Yang, do balance e harmonía do Cosmos. Logo da celebración, o 22 de decembro, os días empezarán a ser máis longos e aumentará o fluxo de enerxía positiva. Celébrase cunha suntuosa comida familiar, na que comen, entre outras cousas, Tang Yuan, unhas bólas doces de arroz que simbolizan a unión familiar e a prosperidade. As Saturnalia e as festas en torno ao solsticio de inverno trataban da familia, a fertilidade, o cambio, a renovación, a protección, o novo ciclo. Decembro sempre foi unha época para a rebelión, a celebración, a esperanza. Sería unha boa idea adoptar algunhas desas tradicións pagás que se perderon polo camiño. Por exemplo, o intercambio de papeis: cos nenos, cos empregados, cos alumnos,... Frances Bernstein, no seu libro Classical Living: Reconnecting with the Rituals of Ancient Rome, di: “¡Axita as cousas un pouco! ¡Fai o inesperado! Porque estas accións pequenas recordan o espírito das Saturnalia e teñen importancia relixiosa, ao conectarnos directamente coa Natureza”. Fontes: www.kindsein.com; www.imperioromano.com; www.wikipedia.es IO SATURNALIA! AVE SOL INVICTUS! ¡BO NADAL!


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Seguro que coñeces ben os nosos costumes de Nadal, Pero cando remates de ler este artigo saberás que tradicións existen noutras partes do mundo.

Alemaña, o día de despois da cea de Noiteboa, cando

En

soa unha campaíña (que está colocada detrás da porta do salón), os nenos saen correndo porque saben que debaixo da árbore se encontran os seus regalos, mais non poderán abrilos ata que non canten a tradicional panxoliña de Noite de Paz "Stille Nacht, heilige Nacht,".

Bélxica

En

toda a familia sae a patinar o día de Nadal

despois da típica comida familiar. San Nicolás visita o 4 de decembro aos nenos para comprobar que foron bos e dous días máis tarde regresa para deixar regalos e caramelos aos que se portaron ben e unha póla no zapato aos máis travesos. Aos

finlandeses

gústalles colgar das pólas da árbore de

Nadal fileiras de bandeiras de distintos países como símbolo do irmandamento entre pobos e culturas. Teñen unha antiga tradición: o "pikkujoulu" ou "Pequeno Nadal", que consiste durante os días previos á Noiteboa despois da xornada laboral para facer as decoracións do Nadal nos fogares. En

Francia

o Nadal comeza o 6 de decembro coa chegada

de San Nicolás, que trae regalos aos nenos, aínda que o ambiente do Nadal se pode respirar dende o 25 de novembro, día de Sainte Catherine. Os

irlandeses

colocan unha gran vela branca na entrada

da casa ou nalgunha ventá. Esta vela acéndea o máis pequeno da casa o día de Noiteboa, un símbolo para dar a benvida ao neno Xesús e só poderá ser apagada por unha nena ou unha muller chamada María. En

Italia

a última noite do ano, "Notte dei Capodanno", é típico comer un prato de lentellas antes de saír á

habitual festa nalgunha das discotecas do lugar. Ás mulleres regaláselles lencería de cor vermella para que teñan sorte o ano seguinte. En Roma e Nápoles, ao chegar as doce da noite, tiran os trastes vellos para comezar o novo ano con bo pé. En

Letonia en Noiteboa xusto despois da cea, hai que buscar xunto á árbore os regalos de Nadal, pero ninguén

poderá coller o seu sen antes recitar un pequeno poema. Outro costume é reunir madeiros e acender con eles cacharelas en fin de ano coa intención de rematar con todos os infortunios e problemas antes do novo ano. En

Polonia

o belén tradicional inclúe monicreques, algo único no mundo. No presebe hai un pequeno escenario

teatral para as marionetas. Adóitanse representar clásicos episodios do nacemento de Cristo e historias satíricas e costumistas. En Noiteboa toda a familia se reúne para cear e en todas as mesas se coloca un cuberto máis do normal e unha folla de oblea que os comensais parten como símbolo de reconciliación. Debido aos excesos de alcohol que se cometen en Suíza durante as celebracións do Nadal, apareceu unha asociación que se fai chamar "Nariz Vermello". Os seus membros vixían aos condutores que parecen estar algo bebidos e ofrécense a levalos no seu coche ata a súa casa. A tradición

xudía evidentemente non celebra o Nadal, pero durante o mes de decembro coincidindo coas datas do

Nadal teñen a celebración do "Jánuka", unha festividade xudía na que os nenos reciben regalos por parte da familia. En

Australia o Nadal ten a peculiaridade de que se celebra durante o seu verán, polo que o clásico ambiente do

Nadal de neve e frío ao que estamos afeitos, alí se transforma en praias. A tradición de Babushka é propia de Rusia, segundo a lenda trátase dunha figura do Nadal que reparte regalos entre os nenos bos xa que declinou ir a ver a Xesús co resto de sabios debido ao frío. Antía González Pereira, 1º BACH. A


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

VIAXA CONNOSCO; VIAXA COS LIBROS Dos diversos instrumentos inventados polo home, o máis abraiante é o libro; todos os demais son extensións do seu corpo… Só o libro é unha extensión da imaxinación e a memoria”. Jorge Luis Borges Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro”. Emily Dickinson. Le e conducirás, non leas e serás conducido Santa Teresa de Xesús.

Ana López de 1º de BAC recoméndanos que leamos A praia dos afogados de Domingo Villar. A pesar das máis de 500 páxinas que forman o libro é un deses libros que che deixa con ganas de máis; trátase dunha novela policíaca a través da cal o autor introduce á súa vez outros temas de maior interese. Na miña opinión é un libro de estrutura e linguaxe sinxela e facilmente comprensible , hai grandes momentos humorísticos e os paseos pola xeografía permitenos coñecer a Ría de Vigo e incluso aparecen alusións á gastronomía galega. Recoméndoo non só para os que son apaixonados da novela policíaca senón para todos os lectores porque a novela é moito máis que iso. Por riba de todo é boa para pasar un agradable tempo de lecer e viaxar un pouco pola zona de Panxón – Vigo. Sonia Barrera de 2º ESO C recomenda a lectura da novela A pomba e o degolado de Fina Casalderrey. A min persoalmente gustoume o libro da Pomba e o degolado, porque conta unha historia moi interesante, coas súas partes tristes, pero moi tenra. Gústoume especialmente a relación entre o avó e André porque non hai moitas relacións entre avós e netos tan boas como a deles. Eu recomendaríavolo para que entredes na vida de Andrés, o principal protagonista, que nos serve para coñecer moitos temas de actualidade como as relacións familiares, a integración dos emigrantes, o amor, amizadee o acoso escolar, etc.

E agora unha historia de AMOR

Estou moi impaciente por coñecela! Non sei como agradecerllo, que me axudase desinteresadamente no meu traballo do Instituto só porque llo pedira miña irmá; demostrábame que era moi boa persoa. Eu levaba todo preparado para sacar fotos e notas para a redacción “A historia máis fermosa de amor que coñezas”, ese era o título do traballo que nos puxera a de galego. No mesmo momento no que nolo dixo eu pensei en Esther e Xoán, os dous amigos da miña irmá. Ela sempre nos está a contar o moito que se queren e a min encántame escoitar esas historias. Lembro unha cousa moi fermosa que me contara: “Esther e Xoán están como ausentes cando se miran aos ollos, semella coma se un fose o satélite do outro. Estou totalmente segura do desesperadamente namorados que están “- dicíame sorrindo. E levei unha alegría inmensa cando miña irmá contou que a Esther non lle importaba axudarme co traballo! Ben… aquí é a súa casa; chamo ó timbre e soa unha doce voz que me di que pase. Cando entro case caio ó chá an! Que fermosa é! É loura co cabelo longo, a face moi branquiña e os ollos amarelos verdosos. Saúdame cun sorriso, sentámonos nun sofá do salón e pregúntame: - Ben, ruliña, e que queres que che conte? - Pois … todo, como o coñeciches, os teus sentimentos… - De acordo, pois comecemos. Entorna os ollos como para lembrarse mellor e comeza a falar. Eu non podo afastar a vista dela, todo o que conta me encanta. Coñecéronse hai dous cando tiñan dezaoito, na universidade. Ían na mesma clase e daquela comezaron a falar. Contoume que fixeron moitísimas viaxes, porque ós dous lles gusta moito viaxar: Italia, Grecia, Inglaterra, Francia, Alemaña… Faloume das súas anécdotas, de rir, de chorar… Mostroume unhas fotos deles dous e deume dúas para o traballo. Cando xa estaba rematando me dixo: - O que realmente penso é que son máis afortunada do que merezo. El é todo o que desexara se me coñecese a min mesma o suficientemente ben como para saber que pedir. El é exactamente a persoa que eu preciso - ou que precisaría calquera, xa que é perfecto-, pero aínda que pareza mentira, el precísame a min tamén. Cando rematou, despedímonos e marchei coa clara idea de que xamais escoitara algo tan fermoso e de que me encantaba como ía quedar a miña redacción.

Susana Mª Sánchez Díaz


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Amor ao revés é Roma Gústache viaxar? Non tiveches a sorte de poder visitar tan fermosas cidades como Roma, París, Londres… ? Se é así eu voute transportar a Roma, a que máis me gustou das cidades que visitei, ou polo menos intentareino. O

principal

encontrar

un

é

aloxamento

céntrico que che permita desprazarte

pola

cidade

comodamente.

Unha

opción

barrio

e

Trástevere,

o

dende

boa do onde,

andando ou en transporte público,

podes

visitar

facilmente as zonas máis interesantes de Roma. Dando un paseo chegas de seguida á beira do Tíber, onde xa atopamos a Illa Tiberina. Se atravesamos o río, por dita Illa, topamos coa Igrexa de santa María, en cuxo pórtico atopas a famosa Bocca Della Verità. As lendas din que se metes a man dentro da súa boca, só a poderemos sacar se non temos dito ningunha mentira, atreveríaste? En fin, continuando coa visita, a poucos metros poderemos ver o Circo Massimo, onde os romanos facían as súas carreiras de cuadrigas. Unha vez percorrido o Circo Massimo, chegamos á vía de San Gregorio, dende onde xa podemos ver o fantástico Arco de Constantino e, o máis importante, o marabilloso Colosseo Romano(onde curiosamente podes sacar unha foto cun auténtico centurión romano a cambio duns cartos), xunto coas ruínas do Foro Romano e o Foro Palatino. Á entrada da Praza Venecia encontramos a Columna de Trajano, cuxas tallas narran unha épica batalla, e o fermoso palacio de mármore branca de Vittorio Emanuelle. Seguindo a Via del Corso, que une a Praza de Venecia coa Praza do Pópolo, podemos perdernos nas múltiples rúas e sorprendernos coa inesperada aparición da Fontana de Trevi, nunha praza totalmente ocupada por este conxunto escultórico, que está sempre cheo de xente que admira a preciosa obra de Bernini, onde podemos facer un alto e tomar un delicioso gellatto. En calquera destas pequenas rúas, hai moitos restaurantes onde podes comer ao aire libre sen pasar frío xunto a unha das súas estufas, e degustar o típico menú pizza e pasta. Despois da comida, continuamos explorando as rúas e chegamos á chamada Paza da Rotonda, onde se ergue o Panteón de Agripa, coa súa famosa cúpula aberta. Este templo circular alberga a tumba do famoso artista Rafael Sanzio e de Vittorio Emanuelle II. Tamén nos asombran as ruínas do Templo de Adriano, coas súas altísimas columnas, a Praza Navonna, construída nun antigo estadio romano, onde no seu centro destaca a famosa fonte dos catro ríos coroada cunha agulla exipcia ademais doutras dúas fontes nos seus extremos, e a famosa Praza de España, punto de reunión da maioría dos romanos, coa súa famosa escalinata que dá paso ás rúas máis caras de Roma. De volta a Trástevere, onde probablemente tomemos unha exquisita cea para repor as forzas, contemplaremos o castelo de Santo Angello, dende o que podemos observar unha fermosa vista do río Tíber e da cúpula de San Pedro do Vaticano, que se atopa na monumental Praza de San Pedro na cidade do Vaticano, onde tamén podemos gozar do marabilloso Museo do Vaticano, do cal eu destacaría sen dúbida a incrible Capela Sixtina de Miguel Anxo. María Prieto Saavedra, 3º E.S.O. C


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística MONTOJO

IES SATURNINO

DESAFÍO MATEMÁTICO CON PREMIO PARA QUEN PRIMEIRO VENZA O DESAFÍO (BOCADILLO E REFRESCO NA CAFETARÍA) 1.- APERTAS DE MANS Todas as persoas que asistiron a unha reunión estreitáronse as mans. Unha delas contou o número total de apertas de mans,que foron 45. Cantas persoas acudiron á reunión? 2.- A FAMILIA E O PAN Nunha casa mercan pan para seis días. Non obstante esa semana tiñeron menos apetito do normal e aforraron unha barra de pan diaria, polo que tiñeron pan para nove días. Cantas barras de pan compraron?

Tres internos son sometidos a unha proba para ver se poden deixar o manicomio. - A ver, Eustaquio, 6 x 6 ? - Febreiro - Veña, macho, á túa cela. - A ver, Herminio, 6 x 6 ? - Mil - Jo, vaia tropa - A ver, Ramiro, 6 x 6 ? - Trinta e seis - Moi ben, home. Como o adivinaches? - Moi doado, multipliquei febreiro por mil Un tipo preséntase no despacho do director dunha importante fábrica madeireira para pedirlle traballo. O director dille que só necesitan taladores e que el non ten moita pinta de saber talar. Entón dille o home que estivera cinco anos de xefe de taladadores no Sáhara. - Pero se alí non hai árbores- recrimínao o director. Ao que contesta o home: “Agora non”

Un borracho, espido, sobe a unha farola, na praza da vila. Pasa por alí un poli e, cando o viu, díxolle: -Baixa de aí inmediatamente. Cando estivo abaixo, preguntoulle: -Quen es? Como te chamas? -Que pasa, xa non me coñeces?- dille o borracho. - Non, dime quen es agora mesmo? -Pero home, son o que estaba enriba da farola -di o borracho.

Desorde no tribunal Estas citas son frases que no seu momento dixeron prestixiosos avogados, e que foron transcritas literalmente. Avogado : Esa enfermidade, a miastenia gravis, afecta á súa memoria? Testemuña: Si. Avogado : E, como lle afecta á memoria? Testemuña: Esquécenseme as cousas... Avogado : Esquécenselles... Pode darnos un exemplo de algo que esquecera

Avogado : Seu fillo máis novo, o de 20 anos.... Testemuña: Si. Avogado : Que idade ten?

Avogado : Sobre esta foto súa... vostede estaba presente cando foi sacada? --Avogado : Sr. Marcos, por que rematou o seu primeiro matrimonio? Testemuña: Por morte do consorte. Avogado : E por morte de cal consorte rematou?

O ENCRUCILLADO DE LAURA SEIJOSO 1. Desordenadas 2. Aparello que serve para indicar a dirección do vento 3. Pai do meu pai 4. Aire frio 5.Conxunto de perseas que se reúnen para tratar un asunto 6. Recipiente concavo que serve para tomar bebidas 7.Xoguete de madeira que se fai bailar cunha corda 8.Mover dun lado para outro sen sacarse do sitio 9. Que se move fácilmente e con desenvoltura 10. Producir burbullas un líquido ao estar quente 11. Árbore que da a castaña 12. Ser fantástico das lendas ou dos contos ao que lle gusta facer pequeños males 13 ;Feminino de dous 14 .Organismo composto polo alcalde e os concelleiros que gobernan un municipio


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

PARLAMENTO XOVE 2012

Por vez primeira, o noso Instituto participará nesta proposta da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia cun equipo de catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, Eloy Hermida, María Larrañaga, Ana López e Juan Vega, coordinados polo profesor do Dpto. de Xeografía e Historia Luis Bergantiños. O proxecto pretende fomentar o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias, potenciando habilidades individuais e en grupo como a capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais. Trátase de debater en Galego acerca dun tema formulado pola organización, sendo o escollido na primeira fase desta edición, a clasificatoria, “A XUVENTUDE NO CONTEXTO MUNDIAL ACTUAL: CARA A UN MODELO MÁIS PARTICIPATIVO OU MÁIS INDIVIDUALISTA?”. Os diversos equipos inscritos investigarán para completar un dossier, escribirán artigos no seu blog e finalmente debaterán publicamente con outros Centros en presenza dun xurado cualificado. O debate consta dúas grandes fases: unha Clasificatoria (a desenvolver o 11 ou o 25 de febreiro) con tres debates da que xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase: a Final (o 17 de marzo no Parlamento de Galicia, en Compostela). Paralelamente, os artigos de opinión e dossieres de investigación participarán nos seus correspondentes Premios Especiais. O premio para o equipo gañador da Final é unha viaxe. Aínda que a tarefa é complexa e o esforzo preciso é grande, o equipo está motivado e ilusionado, e xa comezou a súa preparación. Moita sorte e ánimo! Para saber máis, ver fotos e videos de pasadas edicións: ://www.parlamentoxove.com/ Mateo Pazos Plumed y Álvaro Picallo Doce

entrevistan a Marta Plumed ( Directora do noso instituto )

- Por que escolliches como profesión ser profesora? -Porque sempre me gustou ensinar e especialmente as Matemáticas. -Onde estudaches a carreira? -Na Universidade de Zaragoza. En que institutos, aparte do Saturnino Montojo, estiveches? -No Meixueiro (de Vigo), no IES de Allariz (de Ourense) e no Carballo Calero (de Ferrol). - Cantos anos levas no IES Saturnino Montojo? -Moitos, 19 anos. -E cantos coma directora? -Este é o cuarto ano,antes fun catro anos vicedirectora. -Pensas volver a ser directora? -Non, é unha experiencia única pero non quero repetila.


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Unha recomendación para os afeizoados aos dinosauros EXCURSIÓN Á RUTA DAS ICNITAS Todos os anos polo verán vou coa miña familia á Rioxa xa que alí teño parentes. Sempre facemos algunha excursión pola zona, pero unha das que máis me gusta é a da Ruta dos Dinosauros. A Rioxa é unha das zonas do mundo onde se atopan maior número de icnitas. As icnitas son as pegadas que os dinosauros deixaron hai millóns de anos e que aínda se conservan fosilizadas. Na Rioxa atópanse pegadas de toda clase de dinosauros: grandes, pequenos, carnívoros, herbívoros, etc. Hai 120 millóns de anos os dinosauros habitaban o que hoxe é a comunidade da Rioxa. O mar de Tethys cubría case toda Europa e o que hoxe son montañas e vales antes eran o fondo do mar. O lugar no que se atopan na actualidade a maioría das icnitas era antes unha chaira de auga e vexetación. No pobo de Enciso existe un Centro de Interpretación dos Dinosauros onde informan dos lugares máis interesantes e nos que se atopan as pegadas máis grandes. Nesta zona hai catalogadas 1.400 pegadas de dinosauros, algunha delas catalogada por primeira vez no mundo. Por esta razón os paleontólogos puxéronlle o nome do pobo a un destes dinosauros: Theroplantigrada encisensis. Trátase dun dinosauro bípedo e plantígrado, con membrana interdixital, o que indica que estaba adaptado ás zonas acuáticas. Existen unha gran cantidade de xacementos e os investigadores están a descubrir máis a medida que se estudan outros lugares. Entre as icnitas máis curiosas están as que indican a existencia de abundantes rastros de saurópodos cuadrúpedos formando unha gran manda, o que demostra que existían dinosauros gregarios. Tamén pódense atopar rastros da cola dos dinosauros, rabuñadas producidas ao nadar, cunchas de moluscos, etc. Eu xa estiven varias veces pola zona mirando os fósiles e un dos máis curiosos foi o que deixa ver o rastro dun gran dinosauro seguido pola súa cría. Tamén o que máis me gustou foi a representación a escala real de varias especies. Pódense ver dinosauros agrupados ou pelexándose entre eles. Os dinosauros pódense tocar e se son de pequeno tamaño podes subir enriba e a xente faise moitas fotos con eles. Existen pegadas tan grandes que unha persoa pode sentarse no seu interior. Tamén existe un resto único, como é o tronco dunha árbore fosilizada, nun pobo chamado Igea. A excursión pode durar todo o día. As rutas están sinaladas e pódese elixir a distancia que queres andar, xa que hai rutas de corto e de longo percorrido. Hai lugares para descansar e onde se pode comer algo, pero o mellor é levar bocatas e sobre todo moita auga, pois na zona dos dinosauros vai moita calor no verán. O ano pasado a temperatura chegou aos 40ºC. Xoán Carneiro Herrero 3ºA


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

Magosto solidario no IES Saturnino Montojo O venres día once de Novembro celebrouse no Instituto Saturnino Montojo de Ferrol o “Magosto solidario”. Realizáronse moitas actividades deportivas que tiveron lugar non interior do pavillón xa que o tempo non axudou moito. Todos os alumnos mais os profesores puideron gozar das ricas castañas asadas feitas coa colaboración dalgúns país e de José e Francisco. Sen dúbida ningunha a actividade con máis éxito foi a carreira solidaria, no Campo do Terzo Norte, a favor da asociación Save de Children, a cal contou coa presenza e participación dalgún dos xogadores do equipo de futbol local " Racing do Ferrol". Dende o meu punto de vista, a pesar do mal tempo, foi un estupendo día para gozar cos compañeiros, xogar, facer deporte, rir e relaxarnos antes do comenzo da recta final deste primeiro trimestre. Como xa vén sendo tradicional as alumnas que van viaxar a Roma organizaron unha tómbola da que case todos saímos con premio. Agradecemos a todos a vosa participación nas distintas actividades, especialmente na carreira solidaria cuxo fin é axudar a que a vida dos nenos do Congo sexa máis doada SERGIO MONATO CORDERO 3ºA


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES SATURNINO MONTOJO

O pasado mes de Novembro, celebrouse un recitado de Poesía no Centro Cultural Carvalho Calero; o tema era Poesía de muller. Os alumnos e alumnas de 3º de ESO aos que nos gusta a poesía acudimos a recitar. Escollemos un poema cada un, e dous máis que recitamos colectivamente. Estivemos durante varias semanas preparando os nosos poemas nos recreos, nas horas libres, e os últimos días tamén na clase de Galego. Era un reto e tiñamos que facelo moi ben todo: a recitación, a expresividade, a música, pois algúns dos poemas ían acompañados cunha peza musical que tocaba Darío coa frauta traveseira. Irene Escuredo e Simón Pazos ademais de recitar acturaron tamén como presentadores do acto, toda unha responsabilidade que superaron con grande éxito. Por fin chegou o día, todos iamos vestidos cunha prenda de cor morada. Superamos o medo e os nervios e recitamos moi ben, diante dos demais institutos. Fomos moi aplaudidos e regresamos moi satisfeitos. Xa no instituto relaxámonos na cafetería tomando unha cocacola e uns bombóns. Laura Díaz-Garzón Dopico

SOMOS:

Lucía Amado Irene Arto Carla Bouza Sandra Díaz Laura Díaz Darío García Mateo Buján Simón Pazos María Prieto Saavedra María Prieto Solano Susana Sánchez Sara González Isabel López Laura Ramil Anxo Tajuelo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.