REVISTA NÓS, TAMÉN! 1º trimestre 2012/13

Page 1

Publicación do IES Saturnino Montojo. Equipo de Dinamización Lingüística. - Nº38 - 1º trimestre 2012-2013 SUMARIO Mel e fel Actividades do instituto Recuncho literario Actualidade Arte e desastre As cousas da língua Opinión e entrevistas Cine e series Humor e pasatempos

TI TES A CHAVE, ÁBRELLE O TEU CORAZÓN Á LINGUA GALEGA.


Nós Tamén, Nós, Tamén, publicación publicación do do Equipo Equipo de de Normalición DinamizaciónLingüística Lingüística

IES IESSaturnino SaturninoMontojo Montojo

MEL MEL MEL MEL MEL MEL MEL para os profesores que nos escoitan e axudan e para as que fan amenas as clases. Para a paciencia e amabilidade e dos conserxes. Para a Xestión da aula virtual. Para os profesores que se ofrecen voluntarios nas excursións. Para os organizadores da festa do Magosto. Para a cafetaría e para Ana. Para as taquillas nas aulas e as fontes no patio. Para as iniciativas solidarias: Cociña Económica, Cáritas.... FEL

FEL FEL

FEL

FEL

FEL

MEL

FEL

Para os delegados e subdelegados que non cumpren co seu deber. Para os baños dos alumnos, descoidados e sen papel hixiénico. Para a semana de exames de 2º de BAC sen fin de semana no medio. Para os políticos que se cren os amos do mundo. Para a falta de bocatas na cafetaría no segundo recreo. Para os profesores que tardan anos en corrixir os exames e para os que mandan facer facer as tarefas dos temas antes de explicalos. Para a falta de calefacción e para os radiadores que non funcionan. Para os canóns e taboleiros dixitais que non funcionan ben e non se usan. Para o servizo de comedor. Para os profesores que poñen os exames demasiado longos para os 50 minutos. Para os profesores que datan o seu exame sen importarlle que o mesmo día haxa outro ou outros.

Queridos lectores e lectoras: Este curso estreamos Equipo de Dinamización Lingüística. Pasaron catro anos e tocou renovación. A nova Coordinadora é Carme Fernández, do Departamento de Lingua Galega, en realidade ela sempre estivo á hora de traballar, aínda que non figurara nos papeis. Os outros membros do profesorado son Anxo Bugeiro do Departamento de Ciencias Naturais, que repite una tempada máis, e Corona que tampouco se pode dicir que sexa nova nisto da Normalización do Galego. O membro do persoal non docente do novo equipo segue sendo José, tamén un clásico co que estamos encantados. Todos sabedes o que vale! Pero as adquisicións máis interesantes , sen desmerecer a ninguén, son as dos alumnos e alumnas . Creo que son o mellor do mellor: Lucía Amado, Simón Pazos e Nerea Teijeiro, xunto con Irene Arto, Sandra Díaz, Sara González, Darío,… Non sei por que, pero este curso estamos moi, moi motivados e contamos con moita colaboración, tanto por parte da Dirección como de numeroso profesorado e alumnado. Estamos moi conectados e queremos que vós o esteades tamén. O noso obxectivo é crear unha redeira que envolva á nosa Comunidade Educativa, e que as nosas actividades sexan compartidas cos departamentos, coa Biblioteca, coa Vicedirección para que resulten variadas e atendan aos vosos gustos. Estamos empeñados en darlle visibilidade á Lingua Galega no Centro, sacala das clases de galego e escoitala polos corredores, nos recreos, nas excursións.... porque ela, por historia, por lei, por cultura, ten que estar nas vosas bocas con naturalidade e espontaneidade, como tamén está o castelán. Nós, Tamén. Voceiro do Equipo de Dinamización Lingüística. Dirección: Equipo de Dinamización da Lingua Galega: Carme Fernández, Anxo Bugeiro e Corona Tato Colaboradoras imprescindibles: Mª José Beceiro, Mª Xosé Martínez e Fran Colaboradores neste Número: Profesores/as : Mar, Victoria, Magdalena, Montse, Víctor, Federico e José Manuel. Alumnos :Irene Arto Escudero, Lucía Amado, María Prieto, Iria Zwirner, Paula Cinza, Sara González, Hugo Paz, Carlos Rey, Laura Lage, Icía Roade, Ana Teresa Sixto, Eurgnia Fernández, Miguel Picallo, Telmo Lom,ba, Mireya Romero, Sara Lamas, Cristina Fernández, Clara, Laura, Aroa, Naomi e alumnos do Ciclo de fotografía. Moitas grazas a todos os colaboradores e colaboradoras de Nós, Tamén, pois coa súa contribución, é posible que este xornal siga vendo a luz despois de nove anos. Aínda nos queda moito camiño por andar. Seguimos contando convosco. Tamén vos animamos a participar no blog que abriremos próximamente.

ççç


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Poñerse na pel do outro é unha boa forma de entender aos demais; iso foi o que fixeron os alumnos e alumnas de 3º de ESO a través dun espectáculo que combinou a palabra e a música, e no que un só actor foi capaz de meternos na pel de Balbino e conmovernos cos seus problemas, ilusións, decepcións....

As nosas correspondentes Iria Zwirner e Paula Cinza cóntannos a experiencia : Os nenos de 3º da ESO o día 8 de Novembro acudimos a unha representación da obra `Memorias dun neno labrego´ interpretada por Cándido Pazó no teatro de Narón.

Memorias dun neno labrego é unha novela do escritor galego

Xosé Neira Vilas publicada na Arxentina no ano 1961. Nesta historia cóntase

o estilo de vida dos anos corenta para un

mozo labrego de doce ou trece anos dunha aldea galega, concretamente na aldea de Gres. O autor, o que quería expresar era o cruel que era vida neses tempos e o duro que era vivir, sobre todo, se non eras unha persoa con moitos cartos. O protagonista é Balbino,un neno de aldea,que ten que loitar contra a pobreza e contra as inxustizas da sociedade daquela época. A novela comeza así:

Eu son Balbino. Un neno de aldea ,como quén di ,un ninguén. E, ademais,pobre. O neno conta nun diario o seu día a día na súa vila,as súas experiencias, desde

a rabia de non poder ir ás festas da

parroquia ou ao Entroido polo loito dun familiar ao que nin sequera coñecía, ata o que ten que aguantar dos nenos máis ricos do seu pobo. O seu can, Pachín,o seu único bo amigo, caeu nunha trampa para raposos ao comer unha galiña envelenada; o seu amigo Lelo marcha cara América, igual ca seu irmán Miguel. Namora da súa profesora do colexio, ata que descobre que ten noivo e casa, polo que Balbino deixa de ir ao colexio. Soña que nunha caixiña que atopou despois da festa, hai unha chea de moedas de ouro e

agóchaa

caixiña desaparece e

á beira dun río sen abrila; un día de moita chuvia o río desbordase e a

con ela esfúmanse os seus soños. Ata tivo problemas cando lle lanza

unha

pedrada a Manolito, o neno rico do pobo, que continuamente lle facía a vida imposible. A súa familia ten que pagar o tratamento e o Señor e mais o pai castígano a golpes ata que o deixan sen sentido e ten que quedar días na cama....é un neno sen sorte coma moitos outros no seu tempo, 'simplemente' é un neno labrego.

Iria Zwirner e Paula Cinza


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Sabes o que é un vilancico? Na actualidade é unha canción de Nadal con enorme tradición en moitos países, pero… cal é a súa orixe? É

unha forma

musical

típica

española

do

Renacemento, polifónica (tres ou catro voces) e baseada na poesía de corte amoroso e refinado, recordo da tradición trobadoresca do amor cortés. A forma literaria consta de retrouso, estrofa e volta, na que se repite todo ou parte do retrouso. Probablemente deriva do zejel árabe e o seu nome débese a que era unha canción interpretada por viláns (habitantes das vilas). Non século XVII compóñense multitude de vilancicos devocionais para as distintas festividades relixiosas (Asunción, Corpus, Nadal…) O século XVIII marcará a decadencia do xénero, quedando relegado ás celebracións das festividades de Nadal. En 1765 prohíbense os vilancicos nos actos relixiosos. Cando se recupera esta forma musical na memoria están estas derradeiras obras asociadas ao Nadal. Aquí tes unha obra atribuida a Mateo Flecha o Vello: Riu, riu, chiu, la guarda ribera, Dios guardó el lobo de nuestra cordera. El lobo rabioso la quiso morder, mas Dios poderoso la supo defender. Quizole hazer que no pudiesse pecar, ni aun original esta virgen no tuviera. Riu, riu, chiu, La guarda ribera, Dios guarde el lobo De nuestra cordera


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

E agora unha panxoliña do grupo galego Berrogüetto: Nadal de Luintra Cara a Belén camiña unha Nena ocupada fermosa, en canto a ela, San Xosé a acompaña. Chegaron a Belén e pediron pousada, responderon de adentro con voz alborotada. ¿Quen chama á miña porta, quen á porta me chama? Somos Xosé e María que pedimos pousada. Se traen cartos que entren e senón que se vaian. Cartos non traerei, máis que un real de prata. Isos son poucos cartos, pídanos noutra parte. San Xosé xa penaba, María o consolaba. Non te apenes Xosé, non te apenes por nada, ¿qué máis cartos ti queres que isto que me acompaña? PD: Unha curiosidade… Cando, segundo os escritos, nace Xesús? Parece ser que foi en abril!!! No ano 354 o papa Liberio decretou festexar o seu nacemento nesta data para facilitar a conversión ao cristianismo, xa que as Saturnalias eran o principal acontecemento social do Imperio Romano. Tiñan lugar na semana do 17 ao 24 de decembro e nelas festexábase o nacemento do deus Sol e a vitoria da luz sobre a noite máis longa. Unha festa asociada ao solsticio de inverno. E… que festa asociamos ao solsticio da primavera? Sabes cal é a razón de que o Entroido e a Semana Santa muden de datas cada ano? No próximo número desta revista…

VICTORIA PIÑEIRO


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega Montojo

IES Saturnino

RECITAL DE POESÍA HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO O día 30 de outubro, despois de moitos ensaios, fomos todo 4 ºda ESO ata o Carvalho Calero para ver recitar aos nosos compañeiros, xunto con rapaces doutros institutos ferroláns, como o IES Sofía Casanova ou o IES Canido. O recitado foi dedicado ao poeta Celso Emilio Ferreiro,

ao cumprirse dende o seu

cen anos nacemento.

Este autor considérase como un novo Curros, debido á importancia das súas composicións de carácter cívico, como se amosa en “Longa noite de pedra”“. Foi un home comprometido na dura etapa da posguerra. Formou con outros intelectuais o partido nacionalista galego comunista Unión do Povo Galego (UPG). Emigrou a Venezuela, onde axudou na produción do primeiro LP gravado integramente en galego. De volta en España, traballou como xornalista. Por parte do noso centro houbo unha alta participación, recitando poemas como “A bomba”, “Eu en ti” ou “Monólogo do vello traballador”, acompañados por pezas de música escollidas e interpretadas polos nosos músicos (Darío, Simón, Laura ramil e Díaz-Garzón e Lucía); e, por petición popular, Mateo rapeounos o seu poema, nunha decisión tomada “in situ”. Fixérono tan ben que lles pediron que repetiran o poema interpretado por todos, o cal recorda o sufrimento e pide que non teñamos que soportar nunca máis un acontecemento como o que inspirou o poema: a explosión dunha bomba nuclear.

Foi unha boa experiencia e penso que todos deberiamos poñer o noso gran de area e intentar participar un pouquiño máis nestas actividades, que aínda que requiren moito tempo e traballo, compensan. SARA GONZÁLEZ VEIGA - 4ºESO C


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Reproducimos as letras dun poema cívico e dun amoroso como exemplo da marabillosa poesía de Celso Emilio. Animádevos a descubrir outros textos do autor. EU EN TI IRMAUS Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba.

Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma.

Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmau che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Celso Emilio Ferreiro (1997): Longa noite de pedra (Vigo: A Nosa Terra)

Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba.

XENTE COMA ELES SON OS QUE NOS PODEN SACAR DA CRISE, OXALÁ QUE SAIBAMOS ESTAR Á SÚA ALTURA E ENTREGARLLES UN PAÍS E UN PLANETA COMO MERECEN. Ao noso instituto chegan cada ano alumnos e alumnas con calidades excepcionais, e non me refiro só ás académicas, senón a outras tan importantes coma elas, e aínda máis, nestes tempos de crise e decepción. Refírome á súa sensibilidade e creatividade, a súa honestidade, a súa responsabilidade, entrega e esforzo fronte ao traballo, ás súas altas capacidades para sentir a música, a poesía, as linguas.... A calquera petición dun profesor para realizar unha tarefa, alí están eles, dá igual un debate, un recitado un concerto, unha olimpíada matemática ou unha colaboración na revista, nun blog…. Deste tipo de persoas existen por todos os grupos e cursos, pero non cabe dúbida de que hai unha promoción na que se dá unha alta concentración deles: 4º de ESO. Eles son un exemplo a seguir e deben permanecer apostando forte por continuar así, aínda que ás veces se sintan incomprendidos ou demasiado presionados.

Nós, Tamén

quere recoñecer o seu traballo e esforzo nas actividades de Normalización entregando cada un o que sabe facer mellor, sacrificando moitas veces os recreos e o seu tempo de lecer e demostrando que non é certo que non existe a cultura do esforzo e o traballo entre a mocidade.

Nós Tamén


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

O OBRADOIRO TITEREHOP O martes 20 de novembro, os Departamentos de Dinamización Lingüística, Lingua Galega e Música, coa colaboración do Concello de Ferrol, organizaron unha actividade

que consistía en fusionar dúas formas de

expresión: os monicreques e o hip-hop. Primeiro cada grupo inventou unha letra. Despois, cada un fixo unha marioneta ao seu gusto. Por último os grupos actuaron diante de todos coas súas marionetas e as cancións. Algunhas marionetas eran moi graciosas e outras moi elaboradas. As cancións gustáronnos moito e o ritmo que levaban era moi pegadizo. Os grupos eran de oito persoas. A maioría

moi igualados, por iso as cancións foron tan boas. Case todas

trataban da nosa vida diaria e sobre as inxustizas. 1º ESO B: Hugo Paz e Carlos Rey

Nesta e na seguinte páxina imos deixarvos algunha das letras e as fotos da actividade que resultou unha experiencia moi interesante. QUEREMOS IR DE FESTA Nesta época de depresión montamos un festón. Os profes non nos mandan mais que estudar, pero nós non paramos de bailar. Para a festa nos temos que amañar, para aínda máis ligar. Imos pola rúa, cheos de ilusión, mais chegan os maiores e a festa xa cesou. Pero ghichos, que facedes, tedes que bailar. A vida é moi curta, tedes que gozar. Tanto traballar, tanto traballar! Nunha destas vos ides amargar.

Cristina Fernández, Belén, Ana de la Muela, Laura, Iria Fraga, Miriam Cabanas, Jorge Seijas. 1ºESO A,B e C.

OS POLÍTICOS Todos os bancos regalaban ocasións, Pero todos nos deixaron en camisóns. Nin para as nosas casas, que estaban vedadas e cos prezos das hipotecas que están máis altos que os Pirineos cataláns. E falando de Cataluña piden a independencia e iso é porque queren gañar máis cartos, para os seus políticos e para os seus dereitos, pero iso si, o Barça non se vai da liga española-


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega Seguimos agora cos alumnos de 1º de ESO actualidade.

IES Saturnino Montojo

que reflexionan sobre temas de

A GUERRA DE ISRAEL Antes e agora, a guerra de Israel. Miles de mortos, iso é moi cruel.

Retrouso

A xente en Palestina, mulleres e homes e nenos tamén, loitan cada día para non morrer e tamén poder comer. Retrouso Aturan os bombardeos que lles lanzan por seren palestinos. Utilizan o fantasma da guerra nuclear para os pobos aterrorizar. Retrouso 1º ESO B: Brais, Iago, Carlos, Hugo, Javi. 1º ESO C: Duarte, Iago Pérez, Abraham.

A CRISE A crise é unha merda, déixannos sen nada e sen casa. A casa sen xente e a xente sen casa. Vaia pasada que a xente rica nos deixe sen nada. Menos mal que estamos aquí, porque se non estaríamos na casa sen facer nada. E os ricos nos piden cousas que eles poden facer sen nós, vaia cara, vaia merda que a xente se vaia. E agora que, Raxoi, que vas facer? 1º ESO B: Laura, Salma, Sara, Lucía, Judit, Candela Vigo. 1º ESO A: Fátima, Alicia

GALICIA Galicia, miña casa, onde nacín e gran parte de todo o que vin dende as rías ata a praia de Pantín. Sobre ela escribín e sentín a potencia e a esencia da creatividade en min. Pero ao revés tamén me proporcionaba estrés, entre tanta xente toda diferente, consciente da súa vida. Galicia marabilla co seu Depor e o seu mar. Galicia é o meu lar. Dende sempre, coma sempre, Galicia sempre sente que o seu corazón latexante namora o visitante nun instante Carla Otero, Carla Mosquera, Ana Vázquez, Candela Carballeira, Cristina Porcel, Judit Plana, Lydia González.1º ESO


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

¡ Un padrenostriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán!

Lendo o libro de “Memorias dun esquelete”reparei naquela frase de “Será

vostede algunha das mulleres que mataron en Oseira ,Nebra ou Sofán?” A frase facíaseme coñecida. Onde vira ou escoitara aqueles nomes de pobos? Remexendo en caixóns cheos de postais,láminas,debuxos ,etc que gardamos no faiado da casa….APARECEU. Era unha lámina que a Caixa Galicia,fai anos, entregara ós clientes(tempos aqueles!) .Pertencía ó álbum Nós de Castelao. Entroume a curiosidade de saber quen foran aquelas persoas ás que o autor se refería tanto no libro coma na imaxe.Que pasara neses lugares para que Castelao se referira a eles? E ante calquera dúbida ou curiosidade,fixen miña a resposta de meu pai: ”Pregúntalle a Google”

¡ Un padrenostriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán !

E a Google fun,e respondeu á miña curiosidade. Velaí a resposta : Ano 1909,en Oseira,Ourense,varios veciños se reúnen diante do mosteiro para impedir o espolio do retablo do altar, ordenado polo Bispado. A Garda Civil, enviada polo propio bispo ,dispara contra os veciños matando a nove deles.Unha rapaza de 14 anos e unha moza embarazada de 23 están entre os mortos.


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Ano 1916,parroquia de Cans,Nebra,Porto do Son,os veciños protestan por unha decisión do alcalde de embargar os bens a quen se negara a pagar un imposto especial decretado polo Concello.A Garda Civil,enviada polo alcalde dispara contra os veciños.Morren 5 persoas,4 delas mulleres. Ano 1919,Sofán,Carballo,a Garda Civil dispara contra un cortexo fúnebre que intenta soterrar un neno de 4 anos no vello cemiterio do pobo que as autoridades clausuraran.Son 4 as mulleres mortas.

Era lóxico pensar que Castelao,defensor do pobo e fiel expoñente da loita anticaciquil, introducira estes acontecementos na súa obra.

Buscando información para redactar este pequeno traballo tamén descubrín que a obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete foi publicado pola editorial Céltiga de FERROL no 1922. Esta editorial foi creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á poesía. Foi pechada na ditadura de Primo de Rivera en 1923. O seu fundador Xaime Quintanilla Martínez (alcalde de Ferrol do 1931 ó 1934 e fusilado no 1936).Na rúa A Coruña nº45 hai unha placa que lembra o seu domicilio na cidade .Era pai de Xaime Quintanilla Ulla,alcalde de Ferrol de 1979 a 1987.

Irene Arto Escuredo,4ºC


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Algúen dixo un día un día: “ Aprender a ver é a máis longa aprendizaxe de todas as artes” Por iso o Departamento de Plástica organiza parte da súa programación arredor da imaxe. Imaxe para ser observada, para ser pensada, para ser creada, para ser gozada, para ser sentida , para ser criticada , para mover ao sorriso , para xerar polémica, para xerar debate… Por estas cousas se un traballo que se desenvolve na aula non xera divertimento e interese o máis probable é que non teña éxito ao sacalo ao corredor, porque está feito sen alma. Cando isto ocorre a xente pasa e non mira e é entón cando te decatas de que o traballo non estaba ben feito , que non di nada. A maioría das veces cando máis balbordo hai na clase é cando a chispa salta , cando o entusiasmo xorde . Non se sabe por que é entón, e só entón, cando a cousa marcha : Cando o desastre asoma. De aquí o título da nosa sección ARTE E DESASTRE. Comezaremos a falar dos traballos dos alumnos de 3º. Estas dúas imaxes, ou coma nós lles chamamos, os anuncios “made in feitos na casa” representan anuncios creados por eles mesmos a partir de recortes doutros. Estes venden produtos, como as mazás, ou mesmo anuncian festas coma o Nadal. Outro traballo é o que tedes a continuación. Consiste nunha serie de puzzles ( coa súa caixiña e todo) feitos con cartón pluma e imaxes collidas de revistas. Os de 3º e 4º de ESO fixeron dous traballos en común. Nun debíase plasmar unha palabra que nalgunha das súas letras tivese unha imaxe que estivese relacionada con esa palabra. O segundo trátase dunhas composicións que aínda están a facer , nelas deben poñer unha imaxe a partir dun

Montse Gutiérrez Laura Lage e Icía Roade (4ºB)


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

só elemento base repetido moitas veces. Os traballos de 4º da ESO: Os cubos que están no encabezado foron feitos con cartón pluma, co obxectivo de poñelos no corredor e poñer a palabra que te representase. En 4º tamén fixeron unha deconstrución de imaxes, como os modernos cociñeiros, a base de recortes de revistas e logo debuxaron eles mesmos a nova imaxe. A parte de todos estes traballos, cabe destacar un feito pol@s alumn@s de 4º que estivo exposto temporalmente no corredor. Consistía nunha crítica da publicidade sexista para que a xente se decatase de que ademais do produto nos venden unha serie de estereotipos que ás veces pasan desapercibidos. As seguintes imaxes falan por si mesmas.

Montse Gutiérrez Laura Lage e Icía Roade (4ºB)


Nós Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES SATURNINO MONTOJO

CLUB DEBATE E PARLAMENTO XOVE: XA ESTAMOS EN MARCHA Queremos presentarvos dúas actividades nas que imos participar nos próximos meses. Os nosos representantes van ser: Lucía Amado, Irene Arto, Sara González, Isabel López, Mireya Romero, Laura Díaz-Garzón, Simón Pazos, María Prieto, Laura Ramil, Darío García e Mateo Buján. Todos están en 4º de ESO e a maioría xa participou na edición do curso pasado no Club Debate; quedaron de segundos, aínda que os que asistimos lle teriamos dado o 1º premio porque o fixeron realmente ben.

Imos contarvos en que consisten estas actividades, para que os animedes e en próximas edicións vos animedes a participar. O Club de Debate

é un proxecto para dinamización lingüística entre a mocidade. Está

promovido desde varios concellos, entre eles o de Ferrol,

coa colaboración dos ENDL dos centros de ensino secundario. Esta actividade xorde co fin de impulsar o uso oral do galego entre a mocidade, á vez que se consolidan foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social.. O Club de Debate está dirixido fundamentalmente aos centros de ensino secundario dos concellos que organizan a actividade. Busca ser un punto de encontro para a mocidade, unha oportunidade para coñecer a súa opinión sobre asuntos que lle afectan realmente e desmitificar a imaxe dunha mocidade pasiva, pouco participativa e pouco implicada nos problemas da sociedade. Defender ideas con palabras é unha forma de pór en valor as


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

habilidades sociais tan necesarias hoxe en día e de potenciar a nosa lingua como ferramenta indispensable para defender as nosas ideas. Na primeira fase imos debater no Concello de Ferrol con alumnos da Compañía de María. Esperamos superar a fase local e chegar á provincial.

PARLAMENTO XOVE O proxecto Parlamento Xove fórmano un conxunto de actividades que teñen por obxecto fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciaranse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais. As ditas actividades teñen como fío común debater acerca dun tema formulado pola organización, entre as que se inclúen a publicación de artigos en blog e xornais, a realización dun dossier de investigación do tema tratado e debates dialécticos. A iniciativa está promovida pola Consellería de Educación. O tema sobre o que teremos que debater na fase preliminar é o seguinte: ESTÁ A SERVIR

A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?

Convidámosvos a que acheguedes os vosos argumentos e artigos enviándoos ao correo que está ao voso dispor para colaboracións e suxestións: nostamen gmail.com. Ademais podedes participar cos vosos artigos no concurso que convocan paralelamente as sesións de debate (consultade as bases en www.parlamentoxove.com)

A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra felicítanos o Nadal. Se queres estar informado das novas sobre a Lingua Galega e sobre as actividades das Equipas de Normalización de Ferrolterra (En galego sen filtro: Poesía e Imaxe, recitados, A Mocidade coa Lingua ,

En galego de cinema, Teatro con G, Contacontos, Coa lingua de excursión …), entra no blog: www.blogoteca.com/cenlf


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Outra vez estamos de MAGOSTO e

IES Saturnino Montojo

aquí está

Nós,Tamén

para facer a reportaxe dunha festa con moita tradición no noso Centro. Corría o curso 1990-1991 cando fixemos por primeira vez esta festa no instituto. As castañas asábanse nas grellas que os propios alumnos traían das súas casas organizados por grupos. Aínda que o sistema tiña inconvenientes, tamén tiña a vantaxe de que participaban directamente no asado das castañas que comían. Como non había crise tamén se asaban uns ricos chourizos con pan do país. A festa foi variando cos anos e ademais de castañas e música incluíu xogos, sorteos, gaiteiros, contribución solidaria a Save de Childrem, visita de deportistas, calendario solidario, tómbola..... Tamén este curso houbo interesantes novidades e a festa do Magosto resultou todo un éxito. Houbo actividades moi variadas e para todos os gustos e o que é máis importante, moita participación de alumnos e profesores. Os nosos correspondentes fixeron varias entrevistas aos organizadores da festa: Ana Teresa Sisto Grille, Eugenia Fernández Bustamante entrevistaron a Victoria, a vicedirectora e organizadora da festa: -Foi fácil a organización do Magosto? -Laboriosa, pero foi máis fácil grazas a axuda da anterior vicedirectora (Patricia), xa que deixou documentos que facilitaron o proceso. -Que tes pensado organizar para Nadal? -Aínda estamos niso, pero haberá a tradicional chocolatada, algo relacionado coa lectura e un mercado para recadar fondos para as excursións. -Cres que a xente valorou o suficiente o teu traballo no Magosto? -Sí, eu penso que a xente quedou moi contenta. É un traballo en equipo. -Por que cambiaches o sistema dos “vales” ao das firmas para que se puidese coller bebida e castañas? -Para que todo o mundo participara e ninguén quedase sen xogar, como adoitaba ocorrer anteriormente. -Que tal no teu segundo ano no centro? -Ben, eu estou moi contenta. Gústame moito o instituto. -Gústache ser vicedirectora ou cres que é demasiado traballo? -Estar en calquera cargo do equipo directivo é moito traballo, pero gústame. Sobre todo o tema das excursións, paréceme moi interesante. Pois nós agardamos que se te fagan moitas. Grazas pola túa colaboración.


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Miguel Picallo e Telmo Lomba entrevistan a Federico coordinador de xogos e actividades deportivas que nunca faltan nas festas do instituto Nós : Que novidades houbo no Magosto deste ano respecto ao ano pasado deportivamente falando ? Federico : Os deportes mantivéronse, pero os xogos populares e tradicionais ampliáronse . O ano pasado como xogos houbo o brilé e a sogatira, mentres que este ano houbo diferentes tipos de chave, a rá e as carreiras de sacos. Esa foi a novidade . Nós : Como conseguiu os xogos tradicionais ? Federico : Por unha parte solicitouse a Secretaría Xeral de Deporte, que teñen un baúl de xogos tradicionais, que entran no programa "Xogade", e o outro material pedímolo prestado ao colexio de Esteiro . Nós : Houbo moita participación nos diferentes xogos e actividades con respecto a outros anos ? Federico: As actividades deportivas mantéñense porque son os mesmos grupos que repiten ano tras ano , pero na parte dos xogos que eran un pouco novidade a xente comezou entrar na dinámica de participar e probar como eran ese tipo de xogos. Isto debe durar varios anos para que a xente se habitúe a participar nas diferentes actividades . Nós : Cre que o seguinte ano haberá a mesma participación e ilusión pola xornada do Magosto ? Federico : Creo que si, por unha parte a xente espera novidades, e é complicado conseguir o material, pero ben, intentaremos que a xente se vaia acostumando a facer algo que non sexa a actividade deportiva. Eu penso que a actividade deportiva máis ou menos todo o mundo a coñece mentres que hai que mostrar un pouquiño máis os xogos tradicionais, que os rapaces descoñecen porque case non se practican hoxe en día. Podemos falar dos zancos, da buxaina, da goma,... Non teñen nada que ver cos deportes competitivos , é máis ben unha cousa máis lúdica , e temos que irlles collendo a dinámica . Nós : Cal foi o xogo con máis participación ? Federico : Eu penso que a chave e a rá tiveron bastante participación, xa que son xogos de precisión e non cansan moito. Os curso de primeiro e segundo da ESO entraron máis na dinámica de participar en xogos como as carreiras de sacos e a sogatira . Agradecemos a colaboración do noso profesor Federico, moitas grazas .


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Historia do servEnte da maldade Quero achegarvos á música e os debuxos xaponeses, que a min me atrae moito, a través dunha canción. Esta é unha historia de amor, esperanza, ilusións … e a súa protagonista é unha bela princesa dun reino de contos. Pero ese reino estaba levado pola súa tiranía e polo seu egoísmo que condenou á morte da princesa do reino veciño e ao seu propio irmá. A historia divídese principalmente en catro cancións duns catro minutos cada unha: a primeira chámase ‘’Daughter of Evil’’ a segunda ‘’Servant of Evil’ , a terceira ‘’Regret Message’’ e a cuarta ‘’Re-Birthday’’ Cada canción está enfocada dende un punto de vista distinto, desta forma a primeira vese dende a tirana princesa, a segunda dende o irmán , a terceira dende os dous e a cuarta dende todos os personaxes. A letra que porei a continuación é da segunda canción que, para min, é a máis bela pois reflicte perfectamente o amor entre irmáns e a valentía dun pobo que se alza contra a tiranía para renacer: Servente/Irmán: -Miña querida princesa eu sempre estarei aquí, o teu servente fiel eu son, irmáns de corazón. Vin ao mundo para darche total protección, miña vida por ti dou, o tirano eu son… Nós nacemos xuntos baixo o gran ceo azul, as campás berraron ledos ao vernos nacer e nosa familia foi o que nos separou ,o futuro dos dous a cobiza dividiu … Cantas cousas o noso destino nos traerá? Toda a nosa vida sempre lamentarei. Nunca esquezas que sempre eu te coidarei e verte sorirr sempre desexarei! -Miña querida princesa eu sempre estarei aquí, o teu servente fiel eu son, irmáns de corazón. Vin ao mundo para darche total protección, miña vida por ti dou, o tirano eu son… Podes escoitar esta canción no seguinte Links: http://www.youtube.com/watch?v=DEmnHIp6Hys Mireya Romero (4º ESO C) ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

A BIBLIOTECA: UN LUGAR DINÁMICO DE ENCONTRO CO SABER E CO LECER. Se vos preguntásemos onde hai un lugar no instituto onde se poden atopar historias de amor apaixonado, de traizóns, de loitas e reconciliacións, viaxes marabillosas, promesas incumpridas, imaxinación desbordante … pero aínda moito máis ca iso: solución para todas ( ou case todas, tampouco queremos pecar de esaxerados)as nosas dúbidas e problemas…. Cremos que case todos acertariades, pero por se queda algún despistado, ese lugar é… A BIBLIOTECA O Equipo da Biblioteca convídavos a compartir todos os tesouros que aquí se gardan á espera de vós os descubrades.Ademais vai sacar saír para levar ás aulas a HORA PARA LER EN 1º Para os máis valentes, estase a programar a SEMANA DE TERROR. Esperamos a vosa participación e as vosas suxestións!


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega Montojo

IES Saturnino

MATALOBOS, UNHA SERIE BASEADA EN FEITOS REAIS

Unha das miñas series favoritas é Matalobos, que é emitida pola TVG os martes ás 22:30 da noite en episodios duns 50 minutos, aproximadamente. Foi galardoada con premios a nivel europeo, numerosas nominacións aos premios galegos Mestre Mateo ou recoñecementos como o do corpo da Garda Civil. Matalobos trata sobre un tema que afecta moito á nosa comunidade: o narcotráfico. Protagonízana dúas familias enfrontadas entre si, a dos Matalobos (con Carmelo Matalobos e súa muller drogadicta, Bárbara, ao mando, e cun irmán tenente da Garda Civil), e a dos Veloso (dirixida por Mateo Veloso, que casa cunha muller de Sardiñeira, Vanesa Viaño).

Esta rapaza é un exemplo dunha moza normal, cuns pais dunha clase media, filla única que non quere estudar nin traballar e, ao final, remata caendo na droga, a pesar dos avisos de seu pai (ex contrabandista de tabaco) de que se afastase deles. Convértese en, como moitos a chaman, Raíña de Sardiñeira, que é a vila inventada onde se desenvolve a acción da serie, aínda que os exteriores son gravados na Coruña, en Cambre ou no cárcere de Teixeiro. Contra estes, están varias figuras fundamentais: Olalla Mosteiro, unha fiscal antidroga; a avogada Sara Campos, filla dun avogado que axuda a Carmelo nos seus negocios; a tenente da Garda Civil Eva Seijas e os capitáns Marcos Matalobos e Santiago Táboas, mortos a mans de Carmelo; e a asociación de Nais contra a droga de Sardiñeira, na que está a nai de Vanesa. Recoméndovos esta serie porque é moi entretida e amosa un mundo moi escuro onde é moi fácil entrar, pero é moi difícil saír sen sufrir danos ti ou a túa familia e ensínache moitas cousas sobre como é a vida de todos os personaxes. É xenial! Sara

González(4º

……………………………………………………………………………………………………………………………………….. A radio, o primeiro grande medio de comunicación de masas, segue ofrecendo moitas posibilidades de información e de lecer. Recomendámosvos o programa Diario cultural. O Diario Cultural, conducido por Ana Romaní, é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega (emítese desde 1990). Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar

e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Podedes esscoitalo de lus a venres, de 15:07 a 16:00.

C)


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Proxecto Galicia Polis no Montojo No marco do proxecto Galicia Polis posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, xunto coa Fundação Bracara Augusta, entidade responsable da organización de Braga 2012, Capital Europea da Xuventude, celebrouse no noso instituto, o

8 de

novembro, un seminario sobre emprendemento promovido por José Manuel Mauriz e no que tiveron un papel protagonista os alumnos do Ciclo de Laboratorio de

Imaxe.

As

correspondentes

nosas realizaron

entrevistas aos protagonistas da xornada.

Parécenos

moi

importante que o instituto abra as

súas

portas

a

realidade

empresarial e a un país como Portugal, tan próximo e frecuentemente esquecido.

As nosas reporteiras Clara Martínez, Laura Lorenzo, Naomi Piñeiro, Aroa Castro e Camila del Piero entrevista aos representantes da promoción de Braga como capital da xuventude . -Que é o que estades a promover, é dicir, cal é a diferenza entre capital da cultura e capital da xuventude ? -Son moi diferentes, Braga é a capital da xuventude; esta pode ter algo de cultura pero esencialmente está relacionada cos xoves. A capital europea da xuventude é Guimarães, tamén en Portugal. Estamos promovendo facer unha conexión entre Galicia e Portugal. -En que lugares, á parte dos institutos, facedes a promoción ? -Limitámonos a facer a promoción en institutos e escolas. - Que diferenzas existen entre Guimarães e Braga ? -Son dúas cidades moi diferentes, pero son cidades próximas que teñen un problema moi grande, o fútbol, porque os equipos son rivais. Xurdiu este ano ter dúas capitais europeas nun só un país; a cultural e a da xuventude. Son moi diferentes, teñen unha historia moi igual porque en Guimarães comezou Portugal, e Braga é a cidade máis antiga de Portugal. -En que momento defendestes a vosa cidade para que comezase a ser a capital da xuventude ? -Catro mozos xuntáronse e prepararon una candidatura en 2009 para que Braga fora a capital da xuventude. - Que é o máis emblemático da vosa cidade? Braga é bastante emblemática porque é moi antiga. O mellor é o centro histórico e a catedral. E sobre todo os mozos e mozas. É a cidade que ten máis xente nova de toda Europa, curiosamente aínda que Braga sexa a cidade máis antiga de Portugal. Cando vas camiñando pola rúa ves moitas mulleres embarazadas -Onde hai que ir para pasar un bo tempo en Braga, os nenos da nosa idade (15-16 anos)? -Se queredes unha cousa relaxada, tedes moitos bares no centro histórico. Se queredes música da rúa tedes moitos concertos. Se queredes praias, tedes unha a vinte minutos do centro de Braga e tamén un parque natural a trinta minutos e un río a 8 quilómetros. - Cal foi a vosa experiencia durante o período no que Braga foi a capital europea da xuventude 2012?


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

-Aínda non rematou o ano, pero xa vai rematar, co que finaliza tamén esta experiencia. E, volvendo a vista atrás, recordamos a inicial asemblea na que falamos do novo e esperanzador proxecto; do cal o que pretendíamos principalmente era capacitar aos xoves para o seu futuro. -De quen parte a iniciativa? Tivestes algunha subvención? -Temos un foro no que se presentan candidatos e se elixe cal debe ser a capital da xuventude. Despois montamos un gran equipo de voluntarios e voluntarias para facer as actividades. -Pois aquí remata a nosa entrevista, moitas grazas por dedicarnos este ratiño e esperamos que gocedes o pouquiño que queda deste ano. -Soamente dicirvos que estades convidados a visitar Braga, que temos o vindeiro quince de decembro a festa branca, típica de Braga nestas datas, onde é obrigatorio vestirse de branco. É no centro e acostuma haber unas cen mil persoas; o centro é pequeno e a xente acumúlase e case non podes nin pasar, pero é moi divertida. Aquí deixamos dúas páxinas para que vos poñades en contacto: Bragacej2012.com e o facebook: braga2012capitaleuropeadaxuventude

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….. Entrevista a José Manuel Mauriz, profesor de Economía no noso instituto e promotor desta xornada tan interesante. -Como se che ocorreu organizar esta actividade e con que obxectivos? -A idea foi aproveitar a colaboración cos portugueses para mostrar que a iniciativa emprendedora de dúas alumnas do Ciclo: Noelia montou un negocio de fotografía na Gándara, que está bastante ben. Rocío fixo un interesante proxecto de negocio e expúxoo. -Cres que neste momento montar un negocio é unha aposta arriscada? Como afecta a crise ás persoas emprendedoras? -Si, pola crise económica as familias cada vez teñen menos cartos para consumir. A xente cada vez consome menos e se non vendes tes menos

beneficios.

-Algúns dos alumnos aos que lle deches clase de TIES (Taller de Iniciativas Emprendedoras) ou Economía montaron un negocio ou chegaron lonxe? -Á parte de Noelia, outra rapaza vai impartir en Cedeira un curso de fotografía e outro rapaz está facendo traballos esporádicos. Todos por conta propia. -En qué momento da túa vida te deches conta de que querías ser profesor especializado en Economía? -Nunca me plantexei ser profesor, foi un motivo persoal o causante.


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

Hai uns días tivemos a sorte de recibir novamente no Saturnino Montojo a Noelia , unha ex alumna do curso de fotografía que se imparte neste instituto da man de profesores coma Mar Regueiro , José Manuel Mauriz e Víctor Fixémoslle unas preguntas , ás que nos contestou encantada : -Como decidiches abrir un negocio , un paso tan grande, e, debido á actual crise , tan arriscado? -Ao rematar o curso de fotografía estiven buscando un traballo por Ferrol e por fóra no que empregarme pero non atopei ningún , así que , grazas á gran axuda dos meus pais , tanto económica coma emocional e a uns cartos que tiña aforrados arrisqueime e decidín abrir un negocio propio. -En que consiste o teu negocio ? -Coma todos os estudos de fotografía, dedícome a facer todo tipo de fotos; tanto a noivos coma a bebés. Fotografo a todo tipo de persoas , todo tipo de situacións e lugares … É conveniente, ademais , agora mesmo , aceptar todos os traballos que che propoñan para o bo desenvolvemento do negocio . É de dicir que é moi gratificante ver as caras que poñen os noivos cando van recoller o seu álbum de vodas ou a cara das nais ao ver o resultado obtido nas fotografías que lles fixeron aos seus fillos. Ser fotógrafa é un dos traballos máis gratificantes e conmovedores - Como che van as cousas polo momento ? Aprecias o efecto da crise no teu traballo? -Si é certo que noto as consecuencias da crise no meu traballo; pero agora mesmo non só no meu, todas as empresas, sexan do tipo que sexan, están a notar a crise. O importante é saber actuar en consecuencia e adecuadamente; se o que estás a ver é que os teus clientes collen menos fotos das habituais, a solución é baixar un pouco os prezos , mostrarlles ofertas … Aínda así non podo queixarme de nada, as cousas vanme ben; os primeiros anos son moi duros e as ganancias que obteño son basicamente para recuperar o que investín no negocio. Podemos obter conclusións moi claras a partir das preguntas ás que Noelia nos contestou de xeito moi cordial e amable . A crise está a afectar a todo o país , o importante é non perder o espírito emprendedor , esforzarse polo que se quere e loitar contra as adversidades que se presenten no teu día a día ; xa que hai traballos moi gratificantes e dos que te podes sentir moi orgullosa . Se tes vocación , podes gozar en calquera traballo , sempre lembrándote das persoas que un día che axudaron .


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

EU COÑEZO A MIÑA HERDANZA, E TI? O pasado mércores, 12/12/2012, ás 12 da mañá foi a data escollida pola Asociación murciana de profesores de Latín e Grego (AMUPROLAG) e a Sección Murciana da SOCIEDADE ESPAÑOLA DE ESTUDOS CLÁSICOS para realizar un evento que acadou alcance internacional, e que tiña como obxectivo reivindicar a permanencia das linguas e a cultura clásicas no plan de estudos na Educación Secundaria. Como contribución a este proxecto, o Departamento de Latín e Grego do noso centro preparou no Salón de Actos unha lectura dramatizada de textos clásicos, coa colaboración dos alumnos e alumnas de Latín e Cultura Clásica, e a participación de dúas alumnas de 2º BAC de Ciencias(Antía e Carlota). O acto comezou coa lectura de parte da carta coa que invitan a outras asociacións de profesores a participar no evento, e que podedes ler a continuación.

"A través deste proxecto pretendemos facer chegar á sociedade e á esfera gobernamental o noso descontento co anteproxecto de Lei de Educación que a curto prazo condena ás materias de Cultura Clásica e Grego á desaparición. Estamos convencidos de que esta sociedade e en especial os seus mozos aman o legado dos nosos clásicos e considérano necesario para a supervivencia cultural e humana. Fixéronse públicos xa diferentes manifestos pola defensa nas aulas destas materias: Académicos, escritores, profesores de prestixio internacional expuxeron a necesidade de manter vivas estas materias; tamén nós expresamos a nosa desconformidade absoluta co Proxecto de Lei pero queremos, ademais, dar voz aos nosos estudantes, pois eles teñen moito que dicir a este respecto. Entaboaremos xunto aos nosos alumnos unha batalla coa arma máis poderosa de que dispoñemos: a palabra, tal e como nos ensinaron nosos clásicos. Abandonar a memoria cultural significa renderse á ignorancia, eles soubérono, ensináronnolo e nós queremos telo sempre presente, transmitilo aos mozos de hoxe e aos nosos futuros estudantes; non podemos privar ás xeracións vindeiras do pracer e a necesidade de coñecer a súa herdanza humanística. Invitámosvos a escoitar a lectura dunha selección de textos clásicos a través da cal se reflicte e se intúe o enorme tesouro de pensamentos e ideas fermosas, útiles e necesarias para vivir en sociedade, pensar e prosperar, que os clásicos nos ofreceron e que non podemos nin queremos deixar no esquecemento. Unha vez realizada a lectura reuniremos todo o material e enviarémolo ao Ministerio, ao Presidente do Goberno e a quen nos queira escoitar. Farémolo público nunha plataforma online como testemuña das nosas voces, alzadas ao unísono nunha data simbólica para reivindicar a nosa herdanza e evitar que nos despoxen dela no futuro.” O público escoitou atentamente a participación dos seus compañeiros, que leron textos de poetas, como Homero, Ovidio, Safo ou Catulo; filósofos, como Aristóteles; científicos, como Arquímedes; historiadores, como Plinio ou Plutarco. Todos eles introducidos por Mateo Buján facendo de rapsoda, que coa súa magnífica interpretación axudou ao éxito do acto. Non podo nomear un por un a todos os alumnos e alumnas que participaron no acto, pero agradezo moitísimo a súa colaboración. Magdalena Zambrano


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

CICLO FORMATIVO DE LABORATORIO DE IMAXE DO IES SATURNINO MONTOJO

Nós, tamén está moi agradecida

ao Ciclo formativo que hai no noso Centro, porque ano tras ano

aos seus alumnos e profesoras colaboran connosco escribindo artigos, coa súa participación no Certame de Poesía e Imaxe, e, por suposto, facéndonos moitas das reportaxes fotográficas. As nosas correspondentes Sara Lamas Villar e Cristina Fernández Casanova realizan unha entrevista á profesora Mª del Mar Regueiro para que toda a Comunidade Educativa coñeza o traballo que realizan e as saídas profesionais destes estudos.

-Canto tempo dura o ciclo? -O Ciclo dura un ano, pero cando se remata no mes de xuño, se a xente xa aprobou, ten que facer despois tres meses de prácticas en empresas, que se chaman FCT (Formación en Centros de Traballo), entón é un curso máis tres meses. E se se suspende algunha materia no mes de xuño, con dúas ou máis teñen que repetir, pero se soamente é unha poden facer as FCT despois de decembro, unha vez se aprobe nese mes a materia que quedara pendente. -Que saídas ten un ciclo como este? -Pois as saídas son: a máis evidente, que é en centros de fotografía, para facer calquera tipo de proxecto fotográfico; na televisión, por exemplo nun centro de produción de audiovisuais, que teñan vídeo, que fagan algún espectáculo audiovisual; nos periódicos, que tamén precisan fotógrafos; revistas… e despois o Ciclo tamén che dá unha titulación coa cal podes acceder a ciclo superior, e do ciclo superior á universidade. -E en que consiste o ciclo, as actividades …? -O Ciclo ten unha metade que en todas as disciplinas son teóricas e despois outra parte práctica. Por exemplo, un módulo de procesos fotográficos terá unha parte teórica que é a cámara fotográfica e os seus elementos e despois hai que facer fotografías segundo o que se estea dando nese momento: fotografía de retrato, fotografando o exterior para ver distintas posibilidades da luz… No módulo de positivado, tamén hai unha parte teórica e outra parte na que se fan os positivados das fotografías na cámara analóxica no laboratorio. E tamén se estudan distintos fotógrafos importantes, españois e non españois. No módulo de revelado tamén é unha cousa parecida, unha parte teórica e outra práctica tamén no laboratorio coas cámaras analóxicas; e no módulo de tratamento, a parte teórica é todo o da marxe dixital, e despois traballar con fotoshop. -Quen pode facer este ciclo é xente nova? -Os alumnos teñen a partir dos 17 anos, ou incluso xente máis moza pero que teña a ESO aprobada; os adultos que non teñen título de ESO deben facer unha proba de acceso. Idade máxima non hai, ata os… 89!... Non hai límite; idade máxima non hai. -Estás contenta cos alumnos? -Si, este ano son moi bos, un pouco gamberros, porque agora lles deixei un momento libre e están facendo moito ruído, pero son moi bos. Ademais hai xente que ten o BAC feito ou outros carreira, pero como non atopan traballo e lles gusta moito a fotografía veñen aquí a facer o curso. E hai 17 de todos os niveis. -Moitas grazas!

Sara Lamas Villar e Cristina Fernández Casanova. 3º ESO B


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

A nosa revista non sería a mesma sen o seu recuncho literario. Un día reuniremos todos os poemas e relatos que promoción tras promoción foron publicándose en NÓS, TAMÉN para volvelos gozar. Desde aquí animamos a alumnos e profesores a que nos envíen un deses poemas ou relatos que teñen gardados no seu ordenador para publicármolo. Nós agradeceriámosllelo moito.

Comezamos cos nosos alumnos máis novos, os de 1º de ESO que nos deixan uns relatos breves que esperamos que vos gusten.

A gaivota Carlota e a súa aventura no mar. Nun día sollío no porto de Ferrol unha gaivota chamada Carlota albiscaba uns pescadores nun barco vello e destartalado. Os homes ían saír a faenar , pero en lugar de levar redes levaban uns traxes moi raros e unhas bombonas. Carlota estaba interesada no que ían facer eses lobos de mare por iso os seguiu. Despois dun tempo paráranse e mergulláronse no mar con eses traxes e as bombonas. Ao ver isto Carlota dixo “ten que ser divertido. Eu tamén quero facelo”. Tirouse en picado dende o ceo ata o mar; ao tocar coa auga afundiuse e intentou alentar. Tragou tanta auga que se fixese iso todos os días o océano quedaría sequiño. Cando comezaba a afogar , un home colleuna e púxolle un chisme que non sabía o que era, pero botaba aire coma un secador e Carlota por fin puido respirar. Despois diso non volveu a ningún porto e foi á Praza de Armas a comer pan cos xubilados. Carlos Rey 1ºb

O moucho da Lúa Isto era un moucho que estaba moi agradecido á Lúa porque, coa súa tenue luz, o alumeaba o xustiño para que estivese cómodo. Tan agradecido estaba que decidiu dicirllo persoalmente. O moucho adestrouse moi duramente para ir porque era consciente da grande distancia que o separaba dela. E, por fin, cando xa daba voado sen parar máis de tres horas, fixou o día de partida para o día que no calendario dos humanos lle chaman “de San Xoán”. O noso moucho, como é notable, non estudara nunca nada relacionado cos solsticios. O día da partida, ou mellor dito, a noite, estaba o moucho no máis alto da súa árbore. Mirou cara o horizonte e viu algo que lle sorprendeu: -Lume?- dixo para si. E decidiu que ía liscar da Terra e das súas penurias para sempre. Empaquetou as súas cousas e marchou cara á Lúa. En canto sobrepasou o cume máis alto, debido a que pasara demasiado tempo dende que anoitecera, deulle o Sol na cara e cegouno. E así pasou as súas últimas horas: agonizando, desesperado por atopar unha póla, ata que esgotou todas as súas enerxías e o seu corpo bateu contra o chan dende tres quilómetros de altura. Hugo Paz Prieto 1º ESO B


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega Contáminate, fálame galego! Déixate levar e verás como che gusta. É a miña lingua, é a túa lingua. É a lingua de noso.

IES Saturnino Montojo

Deixa fluír a lingua que levas dentro, para non quedarmos mudos Abre ás fiestras ás palabras, para que suban moi, moi alto. Libera a túa voz dos ferrollos, para que se eleve como papaventos e deixe atrás os muros, porque xa é ben tempo de voarmos en galego

Enléate coas palabras da nosa lingua, para ir ensarillando unha arañeira inexpugnábel e resistente aos ataques dos virus, decretazos e reformas educativas. Todos somos responsábeis da supervivencia do galego.

O galego está vivo no Twitter, se es twiteiro non quedes fóra do galego.

Faite seguidor de @gustameogalego

Iria Zwirner

DIVÍRTETE COS INSULTOS RIQUIÑOS GALICIA ENFURECIDA@galiciaenfureci XUNTA TODAS AS LINGUAS DO MUNDO E FARÁN A METADE DOS #INSULTOSRIQUIÑOS QUE HAI EN GALEGO. COIDADO : trapalleiro, fervellasverzas, lampantín, paspán,

fedello, baldreu, miñaxoia, pailaroco, perralleiro, furabolos, bulebule,merdán, pimpín, falabarato, miñoca, criaturiña, trapallas, chafalleiro, parvo, lurpia, fedello, lorcho, chambón, mixiricas , barallocas, caguiñas, chafonetas, bertorellas,trangalleiro, zampabolos…


Nós, Tamén, publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

IES Saturnino Montojo

A Nós, tamén encántanlle as tiras cómicas, desde hai tempo que andamos buscando a alguén que nos cubra este apartado no Xornal, e por fin atopamos un verdadeiro artista. É Francisco, que axudarnos no día a día coas fotocopias, os micros…, tamén sabe debuxar, e moi ben! Velaquí tedes a súa primeira tira sobre un tema de absoluta actualidade.

E para que agudicemos o enxeño están os xogos e problemas de Anxo Denís e Xoana atópanse en Compostela despois duns anos sen verse. Nese tempo Denís arrexuntouse e tivo tres fillas. Xoana preguntoulle cantos anos tiñan, Denís díxolle que o produto das súas idades era igual a 36. Pero … insistiu Xoana, cál é a suma das idades, Denís díxolle que a suma das idades coincidía co número do portal da casa de enfronte. Xoana ficou pensativa, e díxolle que lle faltaba un dato, Denís sorriu, e díxolle que a filla maior tocaba a zanfona. Agora xa sei as idades das túas fillas, dixo Xoana cun amplo sorriso. E vos, seredes quen de sabelo?

Natalia Romero Pérez de 1º ESO B rétavos a botar un anaquiño procurando as nove diferenzas nos seu simpáticos cubos. HUMOR Cariño, teño dúas noticias, unha boa e outra mala: deixei as drogas, pero non sei onde.

- Por que meteron ao crebacabezas no cárcere? - pois, porque estaba armado.


Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalización Lingüística

IES Saturnino Montojo

Este trimestre as actividades de Dinamización foron un non parar e en parte grazas á colaboración de moitos Departamentos e da Vicedirección. A todos eles o noso agradecemento. Velaí algunhas actividades: Exposición dos traballos do Certame Poesía e Imaxe do curso 2012-2013, Recitado de Poemas de Celso Emilio Ferreiro no Centro cultural Carvalho Calero e na Biblioteca do Centro, Asistencia á representación teatral Memorias dun Neno Labrego, Taller de Titerehop, concerto didáctico homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, organización e inscrición no Club Debate e no Parlamento Xove, participación nas actividades do Magosto. .

B O A S F E S T A S


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.