Ciclo Medio Xestión Administrativa - Información básica

Page 1

DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO

IES DE CURTIS

CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA Identificación O título de técnico en xestión administrativa identifícase polos seguintes elementos: – – – – –

Denominación: xestión administrativa. Nivel: formación profesional de grao medio. Duración: 2.000 horas. Familia profesional: administración e xestión. Referente europeo: CINE–3 (Clasificación Normalizada da Educación).

Internacional

Competencia xeral A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

Competencias profesionais, persoais e sociais – Tramitar documentos e comunicacións internas ou externas nos – –

– –

circuítos de información da empresa. Elaborar documentos e comunicacións a partir de ordes recibidas ou de información obtida. Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa. Rexistrar contablemente a documentación soporte correspondente á operativa da empresa, en condicións de seguridade e calidade. Realizar xestións administrativas de tesouraría, seguindo as normas e os protocolos establecidos pola xerencia, co fin de manter a liquidez da organización. Efectuar as xestións administrativas das áreas de selección e formación dos recursos humanos da empresa, axustándose á 1


DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO

– –

– – –

IES DE CURTIS

normativa e á política empresarial, baixo a supervisión da persoa responsable do departamento. Prestar apoio administrativo na área de xestión laboral da empresa, axustándose á normativa e baixo a supervisión da persoa responsable do departamento. Realizar as xestións administrativas da actividade comercial e rexistrar a documentación de soporte correspondente a determinadas obrigas fiscais derivadas. Desempeñar as actividades de atención á clientela ou ás persoas usuarias no ámbito administrativo e comercial, asegurando os niveis de calidade establecidos e relacionados coa imaxe da empresa ou da institución. Aplicar os protocolos de seguridade laboral e ambiental, de hixiene e de calidade durante todo o proceso produtivo, para evitar danos nas persoas e no medio. Cumprir os obxectivos da produción, actuando conforme os principios de responsabilidade e mantendo unhas relacións profesionais axeitadas cos membros do equipo de traballo. Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo as normas e os procedementos establecidos, definidos dentro do ámbito da súa competencia. Manter o espírito de innovación, de mellora dos procesos de produción e de actualización de coñecementos no ámbito do seu traballo. Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas das relacións laborais, de acordo co establecido na lexislación. Detectar e analizar oportunidades de emprego e autoemprego desenvolvendo unha cultura emprendedora e adaptándose a diferentes postos de traballo e a no vas situacións. Participar de xeito activo na vida económica, social e cultural, cunha actitude crítica e responsable. Participar nas actividades da empresa con respecto e con actitude de tolerancia. Adaptarse a diferentes postos de traballo e a novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos nos procesos produtivos. Participar no traballo en equipo respectando a xerarquía definida na organización.

Cualificacións profesionais completas incluídas no título Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela: – Recibir e procesar as comunicacións internas e externas. 2


DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO

IES DE CURTIS

– Realizar as xestións administrativas do proceso comercial. – Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de

seguridade, calidade e eficiencia. – Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático. – Comunicarse nunha lingua estranxeira cun nivel de usuario independente nas actividades de xestión administrativa en relación coa clientela. – Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación. Actividades de xestión administrativa: – Realizar as xestións administrativas do proceso comercial. – Realizar as xestións administrativas de tesouraría. – Efectuar as actividades de apoio administrativo de recursos

humanos. Realizar rexistros contables. Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia. Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático. Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación.

– – – –

Contorno profesional Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: − − − − − − − −

Auxiliar administrativo/a. Axudante de oficina. Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos Administrativo/a comercial. Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal Auxiliar administrativo/a das administracións públicas. Recepcionista. Empregado/a de atención á clientela. 3


DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO

IES DE CURTIS

− Empregado/a de tesouraría. − Empregado/a de medios de pagamento.

Módulos profesionais MÓDULOS

Horas semanais

1º CURSO Inglés Operacións administrativas de compravenda Tratamento informático da información Técnica contable Operacións auxiliares de xestión de tesouraría Formación e orientación laboral

6 5 10 5 6 4

2º CURSO Comunicación empresarial e atención á clientela Empresa e administración Operacións administrativas de recursos humanos Tratamento da documentación contable Empresa na aula Formación en centros de traballo

7 7 7 6 9 410 horas

Acceso a outros estudos O título de técnico en xestión administrativa permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos en que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados. Permitirá tamén o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro. 4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.