Século 21_curso 2013-14

Page 1

Século

21


Ciclos de Grao Medio

PCPI’s

Ciclos de Grao Superior

• Carpintería • Preimpresión Dixital

• Estética

• Farmacia e Parafarmacia

• Mantemento de vehículos

• Anatomía Patolóxica e Citoloxía

• Peiteado • Reprografía • Servizos Administrativos • Traslados e Mobilización • Xardineria e Viverismo

Avda. Montecelo, 16 • 36161 Pontevedra • Telf.: 986 850 261 • Fax: 986 866 857 • e-mail: ies.montecel o @ edu.xunta.es


Século 21

páxina

4

páxina

páxina

20

32

Biblioteca

Ilustración dixital

Programas internacionais

Entrevista a docente encargada da biblioteca.

Artigo sobre as novas técnicas de ilustración.

Artigo sobre os programas de prácticas no extranxeiro e entrevista a un bolseiro.

ÍNDICE2014 SÉCULO 21

páxina

8

Letras Galegas Vida e Obra do galardonado en 2014 coas Letras Galegas Xosé María Díaz Castro

Editorial: Director:

Benito Oubiña

Outros artigos

Maquetación:

Actividades biblioteca . . . . . . . 6

Quebracabezas . . . . . . . . . . . . 26

Saídas culturais . . . . . . . . . . .12

Pasatempos . . . . . . . . . . . . . . 28

Portada:

Ebooks . . . . . . . . . . . . . . . . . .16

Actividades departamento

Colaboracións:

Charlas técnicas . . . . . . . . . . .22

sanidade . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

Un ano de loita contra

Un novo PCPI . . . . . . . . . . . . . 32

o mal rollo . . . . . . . . . . . . . . .24

David Gómez

Javier Saá Merino Lucía Novas Bernardo Menduíña Aranxta Cacheda Javier Saa Merino Mª Dolores Tejo


2

Século 21

Editorial As actitudes son máis importantes cás aptitudes.

Nacín, crieime e vivo na veciña comarca do Salnés, onde a economía xira arredor de

tres sectores: o mar, a viña e o turismo; medrar alí incidiu na filosofía de ver a vida e de entender o traballo. O mar ensinoume a mirar os problemas de fronte, sen medo, a necesidade de reinventarse cando veñen cambios e a manter o tesón nos proxectos. A viña ten moito en común coa escola, os procesos vanse facendo en etapas, aprovéitase que o frío do inverno detén a savia para facer a poda e o parreado. A poda consiste en seleccionar as mellores varas, eliminando as febles ou secas. No ensino, aínda que algo se avanzou, seguimos vendo nos xornais que hai persoas que tamén optan pola selección, cercenando oportunidades e colgando etiquetas, precipitada e equivocadamente, tamén na viña ás veces o podador corta unha vara san. A outra tarefa, o parreado, ten dende o meu punto de vista máis aplicación no ensino. Trátase de distribuír as varas para que a incidencia da luz e a aireación sexan mellores cando a viña brote e medre na primavera. Cando con nove anos (hoxe chamaríaselle explotación infantil) empecei a axudarlle ó meu avó a tendencia era forzar as varas, endereitándoas, mantendo as perfectas cuadrículas que trazaban as madeiras e os arames. Era unha tarefa difícil que requiría ir flexionando moi pouco as varas para levalas onde se quería, movementos rápidos ou bruscos provocaban a rotura da vara. Ademais distribuílos desa maneira facía que os brotes novos tardasen en poder cruzarse cun punto de suxeición e o vento (un problema mínimo) causaba a súa rotura. A observación e a experimentación demostráronme que había unha mellor maneira de facer a distribución, as diagonais tamén valían, que non había que forzar a todas da mesma maneira, que algunhas xa estaban orientadas e outras había que flexionalas só ata onde se podía, iso sí, amarrando con sólidos nós os puntos de suxeición. O último labor na viña é un traballo colaborativo. Do turismo aprendín que, da man dos outros sectores, veu a necesidade da apertura cara ó exterior e de formar alianzas para xa non só subsistir, senón tamén tentar medrar. Como director do IES Montecelo, gustaríame que esta comunidade non desista dos proxectos, que sexa capaz de enfrontarse con tesón ós problemas, que teñamos a habilidade de, con axuda da formación e da proba de métodos distintos, de flexionar e distribuír acertadamente a formación do noso alumnado traballando colaborativamente. A apertura estamos empezando a facela, neste curso, enviamos dous alumnos a facer prácticas no estranxeiro e obtivemos a carta Erasmus. Que disfrutedes da revista. Un saúdo. Juan Miguel Carballa González


Século 21

3


4

Século 21

A biblioteca escolar: un valor en alza «Como esquecer aqueles contos que, sendo ben pequenos, nos lían cada noite agardando que o sono fixese a súa aparición! Ou, quen non lembra a ledicia coa que “silabeou” a súa primeira lectura ante uns orgullosos pais? Pois si, sen darnos conta ía nacendo en nós o interese polos libros. Eles facíannos descubrir un mundo tan descoñecido como interesante. Con eles desenvolvemos a nosa fantasía, o enxeño, a curiosidade, e mesmo aprendemos a ser críticos cos puntos de vista dos demais. En definitiva… os libros fixéronnos medrar». Con estas verbas comeza a súa exposición a responsable de dinamización da biblioteca do noso centro, a quen entrevistamos para que nos fale sobre a situación da mesma. Podemos deducir, polo que acabas de contarnos, que a lectura é para ti unha ferramenta indispensable na formación do noso alumnado. É así? Sen lugar a dúbidas. Un rapaz ou rapaza que non vai dispoñer dun vocabulario moito máis reducido, custaralle máis expresar os seus pensamentos e terá maiores dificultades para comprender os conceptos que se lle transmitan; polo tanto, a aprendizaxe vaise ver afectada.

A afección á lectura pode xurdir en calquera momento? É verdade que unha persoa pode descubrir a afección polos libros en calquera momento da súa vida, segundo as circunstancias, pero eu son da opinión de que esta afección hai que fomentala dende as idades máis temperás do neno ou da nena. Un rapaz ou rapaza que non vai acostumado a ler é moito máis difícil que o faga pasado o tempo. No noso caso, ao tratarse dun instituto de educación secundaria, é máis complexo fomentar a lectura no alumnado? Diría que si, xa que aquel alumno/a que pasou a ensinanza primaria sen descubrir o que lle pode achegar un bo libro dificilmente vai querer descubrilo agora. Non obstante, estamos nós aquí para tratar de animalos a que o fagan. Ten moitos usuarios a nosa biblioteca? Desgraciadamente menos do que desexariamos, aínda que si podemos afirmar que imos en aumento. Ao tratarse dun centro de Formación Profesional exclusivamente, as materias obxecto de estudo son específicas da rama profesional e teñen unha carga horaria que impide dispoñer de tempo para desenvolver outras actividades, como poden ser as de biblioteca. A pesar de todo, contamos cunha variada programación orientada a captar a atención do alumnado. Como se xestiona a biblioteca? O responsable da xestión é o equipo de biblioteca, que está constituído fundamentalmente polo profesorado que ten horas de garda na mesma –neste momento oito persoas– aínda que tamén temos alumnado que colabora formando parte deste equipo.


Século 21

5

En canto ás instalacións, a dotación da biblioteca é axeitada? Polo que respecta ao espazo físico, o desexable é que tivese unhas maiores dimensións e mellores condicións de illamento acústico, pero o centro non dispón doutro espazo polo de agora. O mobiliario –mesas e cadeiras– foi renovado este curso así como tamén se ampliou a dotación de equipos informáticos e se mercaron catro libros electrónicos. En canto aos fondos bibliográficos é necesaria unha renovación e ampliación dos mesmos. Como se deseña a programación da biblioteca? É evidente que se establecen unhas prioridades en función do estudo previo de necesidades. Así, dende o pasado curso centrámonos en organizar os fondos bibliográficos e xestionar o seu préstamo, complementado coa rotulación dos diferentes espazos para unha mellor localización e identificación dos mesmos. Xunto a isto, ao comezo do curso pásase unha enquisa a todo o alumnado para coñecer a súa opinión sobre a biblioteca e o seu funcionamento, actividades preferidas e propostas de mellora, que evidentemente son tidas en conta á hora do deseño da programación.

Outra das actividades levadas a cabo, ligada á violencia de xénero, foi a de “O outono das mulleres”, homenaxe a todas as vítimas de violencia machista representadas por follas caídas que fomos recollendo do chan e colocándoas, xunto cunha etiqueta identificativa, nun taboleiro formando un enorme lazo solidario.

Que programación se desenvolve durante este curso?

Podemos observar que a programación abrangue actividades que non están centradas exclusivamente na lectura. É así?

Temos unhas actividades fixas, iniciadas o ano pasado, como son as de “Biblioteca de cine”, que consiste na proxección de diversas curtametraxes, o último venres de cada mes, con temática alusiva a algunha efeméride dese mes, ou a elección dos maiores “Lectores de cada trimestre”; xunto con outras que se realizan coincidindo coas distintas celebracións como “Amor de libro” –reparto de poemas o día de San Valentín–, “Historias de corredor” –exposición nos corredores de diversas publicacións–, “Abril de libros” –actividades para celebrar o “Día do libro”– ou a “Semana das Letras Galegas” –dando a coñecer a figura do homenaxeado/a e a súa obra. Engadir que, dado que este curso o día das bibliotecas escolares estivo dedicado á ciencia, montamos o “Armario da ciencia” –cheo de libros con esta temática– e desenvolvemos unha actividade consistente na exposición de diversos “experimentos científicos” para poder ser desenvolvidos polo alumnado interesado.

Tamén contamos dende este ano co “Libro branco do IES Montecelo”, no que calquera membro da comunidade educativa pode plasmar os seus sentimentos, opinións, reflexións… ou sinxelamente ler o que outros escriben.

Efectivamente. Este equipo de biblioteca entende que, ademais da animación á lectura, debemos empregar todos aqueles recursos que nos permitan acadar os obxectivos marcados en canto á consecución dunha mellor comprensión e expresión, adquisición dun maior vocabulario e adopción dun espírito analítico e crítico por parte do noso alumnado; polo tanto, deseñamos diversas actividades que cremos que son un complemento perfecto aos libros. Para finalizar, queres engadir algo máis? Simplemente un consello: «Non deixedes de ler nunca, porque so así manteredes vivos sentimentos inesquecibles, emocións, imaxinación…. Que os libros sexan sempre os vosos incondicionais amigos». Pois só nos queda darche as grazas pola túa atención e desexarvos un enorme éxito nesta empresa. ¡Un brinde por unha biblioteca de todos/as e para todos/as!


6

Século 21

Actividades biblioteca Día de San Valentín O Equipo de Biblioteca do IES Montecelo desenvolveu, dentro da súa programación, a actividade “Amor de libro” coincidindo co día de San Valentín e na que, a través dun poema, os libros falaban aos usuarios dos sentimentos de amor e certo desamor. A carta distribuída entre todos os que ese día se acercaron á biblioteca foi a seguinte:

DÍA DE SAN VALENTÍN Estremézome cando pasas a túa man sobre o meu lombo; soño que vas compartir comigo boa parte das túas noites; éncheme de ledicia comprobar que son capaz de espertar en ti múltiples sentimentos: rir comigo, chorar comigo, e ata emocionarte co que che digo; pero sufro amargamente cando me sinto abandonado, cando temo que non vas volver onda min, cando pasan os días sen que veñas visitarme… Pola contra, eu estarei sempre agardándote, serei o teu incondicional compañeiro e nunca deixarei de intentar namorarte.

O TEU AMIGO, O LIBRO


Século 21 Día da Violencia de Xénero

O Día da Paz

Día do Libro

7


8

Século 21

Xosé María Díaz Castro: Penelope e Nimbos X

osé María Díaz Castro, poeta galego ó que este ano lle dedicamos o Día das Letras Galegas, naceu nunha familia labrega en Guitiriz, na Terra Chá (Lugo), en 1914. Como outros poetas da época, estudou no Seminario de Mondoñedo, polo que se insire no grupo de escritores, como Aquilino Iglesia Alvariño, por exemplo, influídos pola formación clásica que recibiron e cuxa obra presenta unha forte pegada da natureza: a denominada Escola poética de Mondoñedo. Cabe sinalar, por outra banda, que este autor tamén se engloba na Xeración de 1936, é dicir, na primeira das xeracións de poetas de posguerra. Autor dunha soa obra, Nimbos, publicada en 1961, é quen de situarse nun lugar referencial da nosa literatura só con este poemario senlleiro, de corte clásico e linguaxe depurada, no que conviven unha preocupación existencial (o ser humano, o amor, a relixión, a unión telúrica coa natureza...) e social, arredor da temática de Galiza. Destaca tamén a simboloxía que xoga cos termos da luz e da sombra. Se cabe resaltar un poema deste libro e mais do autor, este sería “Penélope”, no que a figura grega representa unha Galiza durmida, que non é quen de avanzar, tecendo e destecendo a mesma tea, aínda que xa co-

meza a albiscar a esperanza, que se espreguiza nos seus ollos. Cómpre salientar que este poema foi musicado, destacando a versión realizada polo músicos e intérpretes Mini e Mero, compoñentes tamén do grupo de música folk e tradicional A Quenlla, e que anteriormente foron membros de Fuxan os Ventos. Aquí aparece este poema tan representativo e ateigado de simbolismo: Penélope Un paso adiante e outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol como unha uva; pro tí envólveste en sabas de mil anos i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza! Díaz Castro morreu en Lugo en 1990, despois dunha vida dedicada á poesía, á tradución (chegou a coñecer 14 idiomas) e á docencia. Na súa lápida e na casa na que viviu pódese ler unha frase que reflicte todo o que supuxo a poesía para el: “A beleza feriume para sempre”. Lucía Novas


Século 21

Letras Galegas

2014

Letras Galegas

6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 Arousa En Vilagarcía de

9

2014

6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 s Os temas de Nimbo

es no ole io

para impartir clas lvari o solic tao fora

no iásticos obtidos

seus estudos ecles

profesores do

doñedo e

Seminario de Mon

Colexio León XIII.

NASCIDA D’UN

)

a, 11-VIII-2013

(Diario de Arous

SONO

III pra ti fora , Variña d’avelairo, e i-a palabra escura cativo o bronc scos de ternura, ! noiva a tecer dama canta cando chora nai, santa nai que

II

I á feira, versos como vas as. Ven aos meus ao vento das Mariñ cantando e ríndo as cristaíñas, cereix Ven, puño de ceira! soneto, betan entra no meu pol-a carballeira Como esborrexen das anduriñas, as anduriñas tras pol-as rimas miñas brinca, anduriña, deira. enteira e verda cal te dou Dios,

eiros viva dos guind a Piséi a sombra fresca. Pró a garrid e pidinlle auga tola i-acendida, doume unha auga Ai betanceiros, i-empezóu a falar... , deiros es, soles verda qué ollos aquel vida! pra unha sola duasespranzas porzolanarepolida Qué ofrenda a mosteiros! pra tronos ou das mans, feitas

louro e compreto E xa feito de ti, reiros, teus pasos donai cos iambos dos ndo, ollos tan profu co lume dos teus

o vento o meu sonet eu ceibaréi ao s loureiros nome suba antr’o pra que o teu mundo! prefumando o hastr’ás estrelas,

xa, céibate á ría Sal do poema a, enteiro da alegrí da Vida, corpo corazón sin lixo! pés voandeiros,

te cal non fora I-aquel falar arden melrossob a aurora un despertar de do d’anduriña! i-aquel fuxir xogan

que estaba a sufrir

, para qu’eu te queira Así, sin versos, sono, betanceira, ti, nascida dun fixo! estrela que Dios com’apermeira

e podedes, i-ao mar, porqu Cantade ao sol s redes. s i-os que tende vos os que arade Dios aos da Mariña! dou Qué aguinaldo

el a Chaira rural naqu

Letras Galegas

2014

PADA

Letras Galegas

6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 itiriz A infancia en Gu . O lugar recibía

NHA

temp

IES Perdouro

C 504-2014 Depósito legal:

IES Perdouro

C 504-2014 Depósito legal:

de esentación fiel ia fai se dunha repr asoballada. Tráta e destece mentres agarda a Ulises. Galicseu o Penélope, que teceadiante e outro atrás, sen decidir e de paso dun ambient o mesmo, dá un poema rodeado no ce “agonía” a apare ia, Galic futuro. Todo isto te o atraso de choiva, que reflic o. estatismo e de

ollos a cadora, Nácech’o sol nos ura! ti o sol hastr’ácent madura! enterrouse en a ai Deus, guind ! Boca pra un anxo, aberta com’a aurora Ai Deus, surrisa

2014

6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 ador Tradutor e investig

este nome

tradución dos servizos de como encargado

ao pé da

Centro del (logo Instituto

uto ncente ao Instit

del Frío), perte

xefe rematou como especializado e titulado técnico de Investigación. Departamento

Científico y

do

ar traducindo obras riais como Aguil llaba para edito s del Reader’s Asemade traba ou nas Seleccione iadas co Nobel nos anos 50 prem castelán. en s oamor e amba 70, ou r Hugo Camp Digest nos 60 e sa textos de Vícto ingle a lingu á Verteu

ais na

e rexístrase adem Casa natal de Xosé

.

M.ª Díaz Castro

hidroavión Plus

Ultra. Tamén

Dorna Portada da revista Rilke e imaxe de R. M.

po, sobre todo ía

res do cam Axudaba nos labo

iño e vai á capela do Vilar fai de acólito na construída a Dende pequeno beira do río Porto, ata que foi , pola escola ao Buriz

(3-1-1988):

ndo Requeixo:

investigador Arma (…) ó longo da uccións literarias nas.” “O volume de trad nte as 3.000 páxi rdaría amplame de Díaz Castro sobre o papel súa vida (…) sobo certeira opinión

.A

Como afirma o

serra de Montouto

vixente a como o galego: Aínda hoxe está sistema literario a tradución nun que desempeña

Carta na que Díaz

Castro solicita

(1975). s e marítimos, terrestres, aéreo agricultura etc.

o dos Cregos.

IES Perdouro

C 504-2014 Depósito legal:

C 504-2014 Depósito legal:

Capela do Vilariñ

traballo como

coa medicina e

tradutor.

a bioloxía, coa

IES Perdouro


10

Século 21

Día das Letras Galegas A BELEZA da froita entre a neve, do lentor da terra, dos poulos e as cortiñas, dos ourizos ferintes, da dozura do sésamo entre os gatos silvestres, do incenso e mais a mirra, do reiseñor de seixo (laranxas na nevisca). A beleza do xardín engalanado na urxencia, na estación do inverno, na Pascua luminosa (ilusión a contratempo), nos labirintos extraviados, na bagulla encallada, no gran repousando sobre o chafarís de xeo. A beleza da memoria, do pitorrei enfeitado (bestiario secreto), das húmidas palmas, dos carambos lixeiros, das moreas de herbas. A beleza das saias daquela árbore acesa na friaxe da tarde, nas luvas tan cálidas (teixos desnortados!), nos pardais da tardiña e nas cores intensas (aroma a terra e bafo) de principios de inverno. A beleza da améndoa, da xeada na froita, do tremor sinistro, dos esquíos sinuosos, da neve e mais a rosa (vapor de auga, fervedura de pranto). A beleza do veludo, da plenitude tan maina, do ruxerruxe do tempo, da alimaria vencida na fondura afastada daquel xardín doutrora. Lucía Novas, do poemario Neve (Espiral Maior, 2010).


Século 21

11

Concurso: Galcamiseta Mª Dolores Tejo Couto 1º de Produción en Artes Gráficas 1º Premio.

Pablo Suárez Alonso 1º de Produción en Artes Gráficas 2º Premio.

Actividades culturais e deportivas

A Panadaría Os Carunchos


12

Século 21

Saídas culturais Unha viaxe pola nosa historia (Santa Trega) Os PCPIS do IES Montecelo eliximos un radiante día de outono para irmos mergullar de cheo na excitante historia da nosa bisbarra. Animados polos nosos profesores, iamos predispostos a pasearmos pola xeografía que foi testigo dos acontecementos acaecidos durante a Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e mesmo a Idade Contemporánea. E así, acariñando os espazos que nos ofrecían Baiona, A Guarda, o monte Trega, Valença do Minho e Tui, fomos na procura de: petróglifos, cabanas castrexas, torques, alfinetes de bronce, ánforas e vidros romanos, igrexas románicas, catedrais góticas, rúas me-

dievais, carabelas colombinas, murallas medievais e modernas, fontes e pazos barrocos, pontes de ferro… ata chegar á imaxinación granítica do arquitecto e escultor Antonio Palacios. Marabillados, pasabamos dunha época á outra sempre acompañados polo entrañable río e polo maxestuoso océano. Resultou un precioso día, para gardar na memoria, que valeu por milleiros de anos.


Século 21 De novo no bus Foi un inverno “dos de antes”: MORTAL, e xa pensabamos que non poderíamos facer outra excursión. Por iso, cando apareceron as primeiras raxeiras da recente estreada primavera, os PCPIs saltamos ao bus, non fora ser que a natureza volvese chorar con tanto desacougo como o fixera nos meses anteriores. Esta vez eliximos para as nosas andainas as fermosas terras do val do Ulla, e aló marchamos na procura dese fabuloso río fronteirizo e dalgúns dos seus afluentes. Pensabamos visitar a ponte do Xirimbao, o pazo de Oca, o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa. E así foi, visitámolo todo, aínda que dun xeito apresurado xa que os lugares merecían unha ollada

13

máis longa. Así llo dixemos, no maxestoso pazo de Oca, a Manolo, xardineiro ilustrado, amante da súa profesión e amigo do profesor Eliseo. A eles debemos a sorte de andarmos por alamedas de tileiros, coloristas camelias, filigranas de buxos, rododendros exuberantes, estanques con barcas de pedra... graciñas. De tanta decadencia barroca pasamos á austeridade medieval do mosteiro de Carboeiro, marabilloso no seu equilibrio e serenidade, cos seus rotundos muros de sillería capaces de protexer o analfabetismo do chamado “Terror milenario”. Situado, como todos os mosteiros da época, nun lugar privilexiado que fora quen de permitir aos seus monxes cumprir coa súa regra de “Ora et labora”. Cerca do mosteiro visitamos a fervenza do río Toxa, espectacular na súa harmonía de auga, vexetación e pedra. A ponte do Xirimbao pasámola todos: uns coas cóxegas da aventura, outros dominando a súa vertixe, outros empurrados, outros por ligar, os máis por vergonza toureira..., pero pasámola todos e abaneábase de vez!, realmente abaneábase! O que pensades todos: uns valentes.


14

Século 21

Visita ás instalacións de Uniter e Tórculo O pasado luns 28 de abril, os alumnos/as dos ciclos medios de Preimpresión Dixital e Impresión da familia de Artes Gráficas, foron de visita ás instalacións de Uniter (Polígono dos Capelos, Carral) e Tórculo (Polígono do Tambre, Santiago de Compostela). A visita estaba planificada para que os alumnos/ as visen distintos tipos de empresas do sector. Uniter é unha empresa de recente creación que se dedica case en exclusiva á impresión de etiquetas para o sector téxtil, donde se viron distintos tipos de impresión: offset e dixital, e distintos tipos de máquinas de troquelaxe. Tórculo é unha empresa onde se puido ver todo o proceso de fabricación, desde pequenas a grandes tiradas e onde se puideron ver distintos tipos de plotters de gran formato e distintas máquinas de acabamento.


Século 21

15

Visita á Toxa O pasado luns 5 de maio tivo lugar a visita ao balneario de A Toxa, organizada pola xefa do Departamento de Perrucaría e Estética, Natividad Estévez Ferreiro. Grazas ás xestións da profesora os alumnos e alumnas só contribuíron cuns cinco euros de seu, ocupándose doutro tanto e mais o autobús os Departamentos de Perrucaría e Estética e de Sanidade. Esta actividade estaba enfocada aos alumnos e alumnas dos PCPIs de Estética, Perrucaría e do Ciclo Medio de Farmacia, que foron acompañados polas profesoras Natividad Estévez Ferreiro, Pilar Solla Martínez e Patricia Sánchez Mata. A saída foi dende o centro, ás nove e trinta da mañá.

Rematada a primeira parte da visita, os alumnos/as e os profesores/as saímos comer. Ás catro da tarde, comezaba a parte lúdica da visita, consistente no uso e gozo das instalacións termais. Nada imos engadir a isto porque hoxe, máis de dúas semanas despois, os alumnos/as seguen a falar do moito que lles gustou. Como mostra presentámosvos algunhas fotos do grupo.

Viaxe formativa do PCPI de Xardinaría O alumnado do PCPI de Xardinaría e Viveirismo do IES Montecelo visitaron o día 26 de marzo as seguintes instalacións: Viveros Al Mar, en Poio; Viveiros Piñeiro, en A Seca, Pontevedra; e Viveiros Barreiro, en Leiro, Ribadumia. Ás once da mañá o grupo de alumnos/as e profesores/as foron recibidos pola doutora Dona Marta Arribas, directora médica do centro termal do hotel Hesperia Isla de A Toxa. A primeira parte da visita iniciouse no salón de convencións, onde a doutora Arribas impartiu unha conferencia sobre os beneficios das augas termais e os tratamentos con peloides para diversas afeccións da pel, disertación que foi moi ilustrativa e gustou moito. A continuación, guióunos por todas as instalacións nas que se realizan os tratamentos: bañeiras, duchas Vichy, chorros…; cabinas de masaxe, cabinas de tratamento con peloides, zona de elaboración e preparación dos distintos tratamentos, tanto de beleza como curativos; espazo de relaxación, etc. Logo amosounos as instalacións, exteriores e interiores, do espazo de baño con auga de mar tépeda.

O obxectivo desta saída era coñecer “in situ” as instalacións, plantas e funcionamento destas instalacións, así como as actividades laborais que se realizan nestes “garden center”. Asemade, estes centros de traballo tamén coñeceron a formación do alumnado e a posibilidade de que realicen alí as prácticas de FCT. O alumnado tivo a oportunidade de aprender cousas que no centro non pode dispor dunha forma amena e real.


16

Século 21

E-books: cambios dos hábitos A fin de semana pasada visitei un interesante festival

en Gales, un festival para celebrar o e-book. Foi o primeiro festival do seu tipo no Reino Unido e creo que non será o último. Fun falar coa xente sobre a revolución do e-libro que está a cambiar os nosos hábitos de lectura tan rapidamente. Transformouse tanto a forma en que accedemos ao material de lectura como a forma en que o lemos. A idea detrás disto era para celebrar o que a xente agora está a chamar a “democratización da lectura”. Case todo o mundo no festival tiña algún tipo de dispositivo de lectura electrónica. Eu estaba interesado en ver a tanta xente absortas nos seus iPads e teléfonos intelixentes, Kindles, netbooks, portátiles e todo tipo doutros dispositivos electrónicos. Non me sorprendeu ao ler recentemente que as cifras amosan unha Gran Bretaña onde os libros electrónicos están a medrar en popularidade coa xente que le ficción, non ficción e todo o demais. Segundo Welsh, autor e organizador do festival ”Julian Ruck”, o festival recoñece oficialmente e celebra o máis innovador, excitante e sorprendente medio para golpear o mundo editorial dende Caxton e Gutenberg. A diferenza doutras áreas da tecnoloxía, o uso dos libros electrónicos é cada vez maior en todos os grupos de idade. A última investigación demostra que os lectores de máis idade están tan interesados nos libros electrónicos como os máis novos. De feito, de acordo cun estudo recente, o 6% dos maiores de 55 anos posúen

un e-reader, fronte ao 5% de mozos de entre 18 e 24 anos. Os lectores electrónicos preferidos son Amazon Kindle ( 47%), iPads (31%) e os lectores de Sony (14%). O atractivo dun lector electrónico é poder acceder a unha enorme colección de material de lectura e máis bibliotecas de consulta coas enciclopedias en liña, no tecleo dun botón. O festival da semana pasada foi sobre a promoción da literatura a todo o mundo na era dixital. Pero mentres que moitos están entusiasmados con ter un novo medio para os libros, algúns editores están preocupados polos cambios que necesitan facer na súa industria. Preocupacións iniciais sobre “a desaparición do libro na súa forma de papel” substituíronse por un enfoque máis optimista, xa que hai moitas vantaxes á lectura electrónica. Por exemplo, os custos de produción dos libros electrónicos son moito máis baratos e non hai custos de almacenamento, xa que ao redor de 3.000 libros caben nun e-reader. Un propietario local de libraría que coñecín na festa estaba encantado coa oportunidade de ofrecer a literatura en lingua galesa para unha nova ondada de lectores e-book arredor de todo o mundo cos gastos de envío cero. Diagnóstico do mercado do e-book en España (marzo, 2013) O 2012 foi o ano do desenvolvemento do e-book en España. En doce meses o mercado medrou máis e sucederon máis cousas que en toda a súa historia. Catro foron os piares que se tiveron que afianzar: - O desenvolvemento da oferta por parte dos editores. Na actualidade as nosas editoriais dispoñen xa dunha oferta dixital dunhas 30.000 referencias, aínda lonxe das 450 mil que se manexan no libro de papel, pero en claro desenvolvemento.


Século 21

17

- Prezos. Finalmente o mercado actuou como tal e definiu os prezos. Ata o ano 2009/2010 as novidades en dixital tiñan en moitos casos prezos superiores aos 14 €, e no que levamos do ano 2013 a media é de 7,8 €. Para afrontar esta redución de prezos os editores formuláronse o mercado dixital como un mercado de volume e transnacional. Nun sector onde as vendas de libro en papel non deixan de caer (20% nos últimos 3 anos), a asunción dun modelo dixital de prezos moito máis reducidos que no papel pasa pola ampliación do público obxectivo dos 48 millóns de españois aos 500 millóns de hispanofalantes. - Desenvolvemento das tendas online. Actualmente en España existe unha moi desenvolvida oferta de tendas de libros dixitais. A primeira fornada desenvolveuse do ano 2009 ao ano 2010 coas propostas dixitais das grandes figuras da venda minorista de libros no noso país: Casa do Libro, El Corte Inglés e Fnac. Nos anos 2011 e 2012 sumáronse as propostas dos grandes colosos nativos dixitais: Amazon, Apple, Google, e outras propostas como Kobo e Barnes&Noble, que están a punto de desembarcar. Ademais existen xa tendas especializadas en literatura en linguas autonómicas, principalmente en catalán, como Edi.cat, Llibres.cat e Elkar. - Penetración de dispositivos de lectura. Actualmente a base instalada de dispositivos de lectura tanto 100% dedicados (e-readers) como multifución (tablets) é de cinco millóns de dispositivos. Aos españois gústanos a tecnoloxía persoal e, bo exemplo diso, son as cifras de penetración de Smartphones, un dos máis altos de Europa. Ademais, tanto os e-readers coma as tablets están conseguindo tamén unha moi boa acollida por parte dos españois. No ano 2013, segundo os datos que facilita a Axencia do ISBN, rexistráronse 72.494 libros de primeira edición, un 15% menos que no ano 2012 e un 26,22% inferior aos rexistrados no ano 2011. O e-book ofrece mellores resultados, pero estáncase o seu crecemento. O total de libros electrónicos rexistrados en España no ano 2013 foi de 20.402, só 323 rexistros máis que en 2012 (un 12,54% de aumento). Non obstante, débese ter en conta que Amazon, o maior vendedor de e-book en España, non facilita datos de exemplares vendidos e non obriga a obter o ISBN dos libros electrónicos para vendelos. Polo tanto, moitos e-book vendidos por Amazon, especialmente os autoeditados, non forman parte das estatísticas do sector.

Este é un reto que os editores deben afrontar e de onde partimos dunha posición de privilexio fronte aos nosos competidores do outro lado do Atlántico. En resumo, podemos dicir que existe unha oferta de e-book desenvolvida e unha penetración de dispositivos de lectura significativa. Malia todo, con todos estes ingredientes, o mercado de libros comerciais e-books supuxo no ano 2012 os 12 millóns de euros. Unha cifra aínda moi reducida, pero que require varias lecturas: – A primeira é que as vendas están en claro crecemento. – Por outro lado, os 12 millóns de euros do ano 2012 supuxeron 1,5 millóns de descargas. Unha cifra moi baixa se temos en conta o número de dispositivos. Isto débese a varios motivos: Culturais: os españois compramos en menor medida que outros países do noso ámbito a través de internet. Pirataría: no caso do libro, o mercado ilegal é dun 40%. Moito máis reducido que o doutros mercados de entretemento como a música e o vídeo, onde o mercado pirata supera amplamente ao legal.


18

Século 21

Evolución histórica

CHINA

CHINA

CLERO

CLERO

IMPRENTA

TIPOS MÓBILES

IMPRENTA

TIPOS MÓBILES


SĂŠculo 21

do proceso grĂĄfico

19


20

Século 21

Ilustración dixital Nos últimos anos a ilustración dixital

converteuse nunha forma de arte emerxente que, utilizando as técnicas da pintura tradicional, e, mediante a aplicación de ferramentas dixitais (ordenadores, tabletas dixitais e programas informáticos), conseguiu representar as súas obras directamente sobre a pantalla do ordenador. Hoxe en día, o termo dixital irrompeu con forza na nosa sociedade, afianzándose no panorama artístico como unha nova linguaxe de expresión. A tecnoloxía dixital puxo en mans de xoves artistas, co potencial creativo e a dedicación necesarias para afinar as súas creacións, novas ferramentas que non dubidaron en utilizar baixo a súa particular disciplina de expresión e creatividade, adoptándoas como punto de partida para expresar sentimentos e ideas,

converténdoas no medio de transmisión cultural máis vangardista. Se analizamos as diferentes técnicas de reprodución, utilizadas ao longo dos tempos na ilustración, veremos que a súa evolución lóxica sempre foi acom-


Século 21

pañada do desenvolvemento da novas tecnoloxías. Así, as xilografías que monopolizaron a reprodución da maioría dos libros, textos e imaxes durante os séculos XV, XVI e XVII, foron substituídas pola calcografía, a medida que o avance requiría novas técnicas de reprodución, capaces de superar a calidade da xilografía. Finalmente a litografía consolidouse como método de reprodución nos anos seguintes.

21

Para min a ilustración dixital é o resultado de aplicar este medio dixital. Non se trata de manipular fotografías. Todos os pasos dende o primeiro bosquexo ata o resultado final poden crearse manualmente, utilizando para iso ferramentas dixitais. Así, hoxe en día, aos perfís do artista tradicional, hai que engadir aqueles que permiten utilizar ordenadores, tabletas dixitais e programas informáticos de debuxo. Ferramentas, á fin e ao cabo, non moi distintas das utilizadas ao longo da historia da reprodución artística. A arte é o resultado dun proceso creativo, orixinal e único no que o artista se relaciona estreitamente con distintos materiais e medios. O medio dixital convértese, pois, nun novo recurso para conseguir plasmar o resultado final. Non obstante, o encontro entre o artista e a súa ferramenta dixital non garante o resultado final da obra sen un coñecemento previo das técnicas clásicas de debuxo e pintura. As obras creadas dixitalmente forman parte dun medio máis, no amplio ámbito da arte. Polo tanto, considero este medio dixital un perfecto nexo de unión entre arte e tecnoloxía.


22

Século 21

Charlas técnicas Doazón e transplante de órganos Este foi o tema escollido polos alumnos Miguel Rodríguez e Aida Cuevas como tema principal do seu Proxecto Integrado, módulo do segundo curso do CS Anatomía Patolóxica e Citoloxía. A motivación principal foi a idea de facer un proxecto diferente, un proxecto que non centrase o tema nunha patoloxía concreta. Dado que ambos os dous alumnos son doantes, acordaron escoller este tema para dar a coñecer a súa gran relevancia na medicina actual, grazas aos avances, os cales permitiron un cambio drástico (para mellor) na vida dos pacientes. As súas motivacións foron o seu interese pola medicina, polo feito de comprender a necesidade da doazón de órganos, o altruísmo do xesto e o valioso que para calquera resulta que lle salven a vida. Entre os obxectivos máis salientables neste proxecto, atopábase o de fomentar a actividade da doazón de órganos. Para iso, tiveron que analizar primeiro o grao de coñecemento que a poboación ten sobre este tema a través dunhas enquisas anónimas que os propios alumnos elaboraron. Os resultados non se correspondían moito co esperado polos alumnos, polo que decidiron contactar de novo co doutor Enrique Alemparte Pardavila, médico de coidados intensivos que colaborou con eles na realización do proxecto, para ofertarlle a posibili-

dade de organizar unha sesión informativa no IES Montecelo. A resposta foi afirmativa, tanto pola súa parte como por parte do equipo directivo do centro, polo que axiña comezaron os preparativos para o evento: deseño de carteis, solicitude de material informativo á Oficina Coordinadora de Transplantes de Galicia, etc. O doutor Enrique Alemparte, ademais de traballar como médico na unidade de coidados intensivos do Hospital Montecelo, ocupa o cargo de coordinador da Unidade de Transplantes do mesmo hospital. Nunha entrevista que os alumnos lle fixeron, estes preguntáronlle qué era para el un transplante máis alá da definición médica. A súa resposta foi a seguinte: «Máis alá da medicina é, como di algunha campaña da ONT, o maior agasallo que pode facer unha persoa. É dicir, doar os teus órganos ou os dun familiar, que ademais sábese que non van a servir para nada e que van podrecer ou que os van incinerar e non vai ter ningún sentido conservalos… Darllos a alguén que está pendente de que outra persoa poida doar, que é moi pouca a xente que pode facelo, e que é a única opción de salvar unha vida e que ademais é unha solución terapéutica, pois é un acto de xenerosidade impresionante. E é unha forma de regalar vida. Dádevos conta de que unha persoa nova que poida doar todos os seus órganos pode salvar… ata 7 vidas e mellorar a calidade de vida de outra xente! Por iso, eu creo que é un acto de xenerosidade tremendo. É unha forma de, como lle dicimos á xente, saber que os órganos doutra persoa ou os teus non só continúan vivindo noutra persoa, senón que están a permitir que outra persoa que estaba condenada a falecer, poida vivir. E pode ser tanto xente maior como xente nova e,tampouco hai que esquecelo, que esa persoa o día de mañá, podemos ser calquera de nós.» Por falta de espazo, non puideron ser convocados os alumnos. A charla foi dirixida aos alumnos e alumnas do 2º curso dos ciclos formativos.


Século 21

23

A charla tivo lugar o mércores día 27 de novembro ás 11:30 da mañá. O resultado do evento, cunha duración aproximada de unha hora e un período de debate e consulta ao rematar, foi descrito como moi satisfactorio. O índice de participación do alumnado foi moi alto e a dirección do centro, ante a atención prestada e a activa colaboración do alumnado no período de preguntas, non descarta repetir a sesión anualmente. «Unha das actitudes máis frecuentes á hora de negarse á doazón é o non porque non». «Sen doantes non hai transplantes». «Un transplante é o maior agasallo que pode facer unha persoa». Miguel Rodríguez Iglesias 2º Anatomía Patolóxica e Citoloxía

II Encontros de Artes Gráficas Edición dixital: Novos camiños para o presente. O xoves 24 de abril celebrouse una nova edición dos encontros gráficos. Neste momentos estamos no medio dunha das maiores crises económicas das últimas décadas. O crecemento económico dalgúns sectores como o das novas tecnoloxías é tan rápido que non paran de aparecer modelos de empresa, novas ocupacións, novas profesións, novas oportunidades de negocio… Deberíamos pararnos a pensar, quen fai as animacións 3d?, quen fai os apps?, quen xestiona as comunicación pola rede das empresas? En moitos casos estes labores desenvólvenos profesionais de campos tradicionais, como poden ser os técnicos das Industrias Gráficas. É, por iso, polo que para atender estes cambios puxemos en marcha unha iniciativa coa que pretendemos achegar ao noso alumnado unha percepción directa dos cambios tecnolóxicos, evolución dos postos de traballo e posibilidades emprendedoras no sector das Industrias Gráficas;

por outro lado, que as empresas teñan un mellor coñecemento do labor que se realiza no centro. Ninguén mellor que os profesionais que realizan o seu labor diario nas empresas do sector para levar a cabo a devandita tarefa. Nesta edición as poñencias foron desenvolvidas por dous profesionais con ampla experiencia no mundo editorial e dixital, Diego Rosales Galiñanes e Niko Alvarellos. Diego Rosales Galiñanes é Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Posúe unha ampla experiencia no mundo da educación secundaria en diferentes postos de responsabilidade. Responsable de vendas de Digital Text en Galicia. Asesor pedagóxico da distribución de software libre galega Trisquel. Actualmente, director de Grammata Educatión e Xerente do Colexio San Narciso-PP. Paúles de Marín. A súa disertación trascorreu arredor do e-book, tablets, prestacións e vantaxes, penetración e seguimento da súa demanda e a posible evolución futura dos mesmos. No respectivo a empresa que representa deu a coñecer a cota de mercado dos seus produtos nas diferentes zonas económicas do mundo, deténdose moi especialmente en Sudamérica (hispanofalantes). Niko Alvarellos é Deseñador gráfico. Director xerente de Alvarellos, S.L. Xerente e director creativo de Abooksolutions, S.L. Colaborador asesor de proxectos da plataforma literaria galega baseada no financiamento colectivo. Comezou a súa charla coa evolución dende a tipografía coa que disfrutou de neno como espectador privilexiado, para logo seguir con contornos produtivos híbridos offset/dixital e as relacións cliente/empresa/proveedor, así como da selección e externalización de servizos. Especialmente interesante resultou os coñecementos e a comparativa que achegou sobre a realidade e as posibilidades da edición e publicación física/dixital. Rematada esta edición dos encontros, só nos queda aprender dos erros, analizar as posibles melloras a introducir e comezar a preparar a do ano que vén.


24

Século 21

Un ano de loita contra o mal rollo. Contra todo prognóstico continuamos falando de mediación no noso centro.

A ilusión inicial que este proxecto causou en min foi aumentando conforme o proxecto ía collendo forma. O corpo do equipo de mediación estaba moldeándose, con persoas que estaban dispostas a renunciar ao seu tempo de lecer para poñer o seu gran de area na difícil misión de intervir para tentar solucionar conflictos entre os seus compañeiros e compañeiras. Tivemos todo tipo de experiencias na andaina, xogos que nos fixeron rir e coñecernos, moitos ensaios de posibles situacións de conflictos, entrevistas na televisión e na radio e, o máis importante, conseguimos crear un clima de confianza e respecto, clave para o bo funcionamento de calquera equipo. Virginia, Mónica, Sabela, Xiana, Isela e Aaron ían ter a difícil misión de poñer en práctica todas esas técnicas que aprenderon no curso de mediadores (escoita activa, comunicación asertiva, empatía, manexo de emocións, de situacións de tensión…) para axudar a resolución de posibles problemas. Os medos iniciais ante as primeiras mediacións foron desaparecendo a medida que apareceron diferentes casos, todos resoltos con resultados satisfactorios. Pero o tempo pasa a unha velocidade tremenda, e xa estamos formando aos novos mediadores. Sandra, Loli, Javi, Jorge e Cristian son os novos protagonistas desta nova aventura. Quero rematar este artigo agradecendo a todos os membros dos dous equipos a súa axuda ao IES Montecelo e aos seus compañeiros/as, e a súa implicación neste proxecto. O mal rollo sabe que ten un enemigo poderoso en nós.

lo irte en verdade po nv co se n no ro er «Un . o mundo crea nel» feito de que todo

Mahatma Gandhi

Juan Ángel Porto Cupeiro Xefe de estudos


Século 21

25


26

Século 21

Quebracabezas Quebracabezas

Chiste: Deducións lóxicas

Recorta as tres pezas das que esta formado o quebracabezas e busca combinacións posibles para conseguir que os xinetes queden sobre os seus cabalos.

A probabilidade de ter un accidente de tráfico aumenta co tempo que pases na estrada. Conclusión, canto máis rápido circules, menor é a probabilidade de que teñas un accidente. O 33% dos accidentes mortais involucran alguén que bebeu. Polo tanto, o 67% restante foron causados por alguén que non bebera. Conclusión, a forma máis segura de conducir é ir bébedo e a toda pastilla. En Nova York un home é atropelado cada dez minutos. Conclusión, o pobre ten que estar desfeito. O 20% das persoas morre a causa do tabaco. Polo tanto, o 80% das persoas morre por non fumar. Conclusión, queda demostrado que non fumar é peor que fumar.

Xeometría para torpes Con 10 moedas construímos un triángulo equilátero como o da figura. Desprazando só tres moedas de lugar, débese conseguir outro triángulo equilátero pero invertido. Saberás facelo?

JEROGLIFICO JEROGLIFICO

Xeroglíficos

Nome común dun insecto. Nome común dun insecto.

Utensilio portátil composto dun bastón e unha varillaxe Utensilio portátil composto cuberto deetea quevarillaxe pode dun bastón unha estenderse ou pregarse. cuberto de tea que pode estenderse ou pregarse.


Século 21

27

Xogar coas matemáticas: o engano do cordel Unha vella historia narra que certo día un comprador se achegou a un vendedor de espárragos e lle dixo: “Traio este cordel que mide un palmo, canto me cobraredes polo mazo de espárragos que poida atar con el?” O vendedor de espárragos pediu 10 reais e o comprador mostrouse conforme. Aos dous días, o comprador dixo ao vendedor de espárragos: “Volvo con este cordel que mide dous palmos, acordarédesvos que polos espárragos que puiden atar polo que medía un palmo me cobrastes 10 reais, así que por este cordón que mide dous palmos vos pagarei 20 reais, se o vedes xusto”. O aldeán aceptou, aínda que quedou con certa dúbida se lle tería enganado ou non o comprador. Enganouno ou non?

Sudoku Como se xoga? O sudoku consiste nunha cuadrícula de 9 x 9 casillas (é dicir 81), dividido en 9 “caixas” de 3 x 3 casillas. Ao comezo do xogo, só algunhas casillas conteñen números do 1 ao 9. O obxectivo do xogo é encher as casillas restantes tamén con cifras do 1 ao 9, de modo que, en cada fila, en cada columna e en cada “caixa” aparezan soamente eses nove números sen repetirse.

Doado

Díficil

2 3 1

5 9

8 7

2 1 8

1 7

9 6

1 7 1

2

4

4

5

5

1 9

2

7

8

4

8 5

2

9

1 2 5

1

8 6

7 9

4

8

3

1 2 8

3 4

4 6

9

6 4

1 9

8 3

6 4


28

SĂŠculo 21

Pasatempos 7 diferenzas

7 DIFERENCIAS

Buscaletras Encontra o W

Encontra o h


SĂŠculo 21 Sopa de letras

29


30

Século 21

Eventos no centro Magosto O 8 de novembro reunímonos todos no párking dianteiro do instituto. A ocasión merecíao. Despois dunha semana chuviosa, a mañá despexábase e acendiamos a leña para degustar uns cantos quilos de castañas e

Nadal Como todos os anos en decembro organizamos o concurso de Tarxetas de Nadal. Para elixir a tarxeta gañadora e así felicitar con ela o Nadal, o centro a toda a comunidade docente. Os gañadores nas dúas categorías que concursaban (Tarxetas dixital e tradicional) foron os seguintes: – Pablo Suárez Alonso, alumno de 1º de produción gañador, da tarxeta dixital. – Javier Saá Merino, alumno de 1º de produción, gañador da tarxeta tradicional.

uns bos chourizos á parrilla con pan. Amenizou a sesión un grupo de rap (Kedro Farrapeiro Estilo), arrancándose tamén algún alumno. A atividade foi todo un éxito.


Século 21

31

Entroido O venres 28 de febreiro con Alejandro, Jorge, Esteban e Hugo á fronte da música arrincaba o concurso festival de Entroido 2014. Despois de diferentes actividades, desfiles e karaoke, comezou a entrega de premios nas seguintes modalidades:

Sobremesas:

Disfraces:

O luns 24 de marzo celebrámolo todos cunha comida de cofraternización no CIFP Carlos Oroza.

- Individual: Stanimir PCPI Xardinería. - Parellas: Tobio e Gavián PCPI Carpintería. - Grupos: PCPI Peruquería.

- Cup Cakes: Miriam e Virginia. - Orellas e filloas: Verónica e Rita. - Sobremesa Innovadora: Mercedes e Alicia.


32

Século 21

Programas internacionais no IES Montecelo E

n decembro do pasado ano 2013, concedeuse a Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) ao noso instituto. Esta carta permitiranos participar no programa “Erasmus +”, un programa europeo que ofrecerá novas oportunidades de estudo, formación, experiencia laboral e voluntariado no estranxeiro a máis de 4 millóns de persoas entre 2014 e 2020. Erasmus+ é un programa integral, non só universitario, que inclúe todas as etapas educativas, dende a educación escolar ata a formación permanente de adultos. A nosa previsión é que a partir do próximo mes de xaneiro do ano 2015 estudantes matriculados no noso centro educativo nos ciclos de grao superior poidan realizar o módulo de FCT en empresas europeas ou de países adscritos a este programa. Erasmus + proporcionará ao noso alumnado as habilidades necesarias para a transición do ámbito da educación e a formación á realidade empresarial e ampliar as súas oportunidades de inserción no mercado laboral. Ademais contribuirá á mellora da súa competencia lingüística e faraos partícipes doutras culturas e sociedades enriquecéndoos como persoas. Participa! Este programa ampliará os teus horizontes e darache vantaxes e coñecementos útiles para os teus estudos futuros ou carreira profesional. Falarás outro idioma con máis fluidez e, o máis importante, PASARALO MOI BEN.


Século 21

33

Charlando con Pablo Goberna Durante este curso dous estudantes do Ciclo Superior de Produción en Industrias de Artes Gráficas do IES Montecelo tiveron a oportunidade de completar os seus estudos no estranxeiro. Lúa Sálamo Otero viaxou á localidade de Porto para realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) na empresa Multitema. Trátase dunha importante empresa que presta servizos de preimpresión, impresión offset e impresión dixital de pequeno e gran formato. Pablo Goberna Villar desprazouse á cidade de Florencia, onde viviu e traballou para a Compañía MERCURY SRL, unha gran compañía do sector gráfico. Estas experiencias e tipo de formación enmárcanse dentro do proxecto do IES Montecelo en mellora da calidade de ensino e de potenciar mobilidades no estranxeiro para facilitar a inserción laboral. A continuación relátase unha pequena entrevista que mostra a experiencia do noso alumno Pablo. Como te sentiches cando che deron a noticia de que podías realizar prácticas no estranxeiro? Sentín unha alegría enorme de poder coñecer outro país, outra cultura, persoas novas e as diferentes formas de traballo. Aínda que chegado o momento teño que recoñecer que sentín un pouco de medo posto que me ía só á aventura, a un país totalmente descoñecido, pero do cal non me arrepinto en absoluto.

Que significou para ti a oportunidade de marchar ao estranxeiro para realizar unhas prácticas? Para min ter a oportunidade de facer unhas prácticas no estranxeiro significou coñecer unha nova cultura, un novo país (Italia) e, a nivel persoal, deume a oportunidade de medrar como persoa. Como te acolleron na empresa italiana? Dende o primeiro momento sentinme como un máis deles, axudáronme en todo momento co idioma e con calquera dúbida referente ao traballo na empresa, mesmo me axudaron a coñecer xente que ao final acabaron sendo os meus amigos. Que che pareceu Italia como país? A cidade onde eu estiven é Florencia, considerada a cidade máis bonita do mundo e no tempo que estiven podo dicir con letras maiúsculas que si o é. Grazas aos meus amigos puiden coñecer outras cidades como Roma, Perugia, Arezzo, Assisi e Pisa, cada unha delas co seu propio encanto. Conclusión persoal: É unha experiencia que aconsello a toda persoa que poida realizala e que non perda a oportunidade posto que te fai cambiar e valorar pequenas cousas na vida que non se lle dá importancia e por suposto te fai madurar como persoa.


34

Século 21

Actividades departamento Sanidade Exposición escaparates Dentro do módulo de Disposición e venda de produtos farmacéuticos e como actividade da terceira avaliación, os alumnos/as do Ciclo de Grao Medio de Farmacia e Parafarmacia montaron un total de cinco presentacións de escaparates. Os temas foron elixidos por eles e non foi nada doado. Só había unha norma: os materiais tiñan que ser baratos, prevalecendo o factor imaxinativo e creativo fronte á inversión en materiais. O inicio da montaxe foi tras a Semana Santa. Para quen lle pareza sinxelo, teño que dicir que había que velos cortar, pegar, pintar, colgar, grampar, cambiar os produtos de sitio… Diversos alumnos e alumnas doutros cursos pasaron pola aula de farmacia para valorar o traballo dos seus compañeiros/as. Velaí vai a mostra. Tema: “Chega a primavera”

Tema: “Nadal”

Tema: “Viaxa con Biodramina”


Século 21

Tema: “San Valentín”

Primeiros auxilios A semana do 27 ao 31 de xaneiro, os alumnos/as de 2º do ciclo de grao medio de farmacia levamos a cabo a realización de prácticas de primeiros auxilios para todos os nosos compañeiros/as do centro.

Nelas, intentamos transmitir a importancia que ten saber actuar se nos atopamosmos ante unha situación de emerxencia. Realizamos diversas prácticas para distintas situacións como, por exemplo, unha reanimación cardio pulmonar (RCP), a manobra de Heimlich (que é a que debemos aplicar en caso de obstrución da vía aérea), como debemos utilizar o desfibrilador externo semiautomático (DESA), etc. Ademais todos os nosos compañeiros/as que asistiron tiveron a oportunidade de realizar eles mesmos as devanditas manobras. Cremos que foi unha demostración moi interesante e instrutiva, así que esperamos que se sigan realizando no centro estas actividades didácticas con fins tan produtivos.

Tema: “Verán”

35


36

Século 21

Un novo PCPI no IES Montecelo Neste curso 2013-2014 comezou no IES Montecelo un novo Programa de Capacitación Profesional Inicial, “Traslado e mobilización nos centros sanitarios”, que pertence á familia profesional de sanidade. O PCPI de Traslado e mobilización forma profesionais non sanitarios que van traballar en institucións sanitarias (hospitais, centros de saúde…) tanto públicas como privadas, coas funcións dos celadores. O labor profesional que desenvolverán os alumnos/as ten como competencia xeral, “Colaborar na mobilización e realizar o traslado e a atención das persoas usuarias e/ou pacientes dun centro sanitario, así como a ordenación e o traslado de documentos e materiais deste, utilizando as técnicas, os equipamentos e os materiais accesorios, baixo a supervisión do persoal correspondente, para garantir a integridade e a seguridade de persoas usuarias e/ou pacientes, cumprindo os protocolos e/ou a normativa aplicable nos centros sanitarios”. Os PCPIs eran o chanzo para que aqueles alumnos/as que non remataran a ESO seguiran no sistema educativo e tiveran a posibilidade de sair ao mundo laboral cun título que, ben os capacitaba para o exercicio dun oficio, ou ben os posibilitaba para continuar outros estudos. Coa entrada en vigor da nova lei educativa, a LOMCE, os PCPIs desaparecen para dar paso a FP inicial. Este PCPI conta cos recursos dos outros ciclos implantados no centro, especialmente do Ciclo Medio de Farmacia e do Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica, e con medios propios e específicos, na medida que se precisen. Os alumnos matriculados dispoñen dunha aula-taller (fotos) que conta con todo o material necesario para o desenvolvemento das prácticas, nela tamén se imparten as materias teóricas. Nos tres módulos específicos do PCPI aprenden temas diversos como: o Sistema Nacional de Saúde, a tarxeta sanitaria, hixiene, EPIs, primeiros auxilios, axudas técnicas, transporte, transferencia e mobilización de usuarios, riscos laborais, organización de arquivos, a historia clínica e o programa IANUS, lexislación sobre confidencialidade, protección de datos, habilidades

sociais para unha correcta atención ao público usuario dos servizos, entre moitos outros temas. As peculiaridades destes alumnos fan que o profesorado teña que por en práctica tódalas habilidades imaxinables. Ao principio do curso son rapaces aos que lles costa acatar as normas, sen ningún estímulo de estudo e como adolescentes que son, con intereses e curiosidades diversas, nembargantes, tras un arduo e continuo traballo con eles, ademais dos contidos do propio PCPI, aprenden respecto, tolerancia, destrezas e habilidades sociais. No mes de maio, os que teñan aprobado todo o curso irán facer prácticas, durante un mes, no Complexo Hospitalario de Pontevedra; os que non, teñen a oportunidade de facelas en setembro sempre que rematen o curso en xuño. Patricia A. Sánchez Mata Titora do PCPI Traslado e mobilización en centros sanitarios


Ciclos de Grao Medio

PCPI’s

Ciclos de Grao Superior

• Carpintería • Preimpresión Dixital

• Estética

• Farmacia e Parafarmacia

• Mantemento de vehículos

• Anatomía Patolóxica e Citoloxía

• Peiteado • Reprografía • Servizos Administrativos • Traslados e Mobilización • Xardineria e Viverismo

Avda. Montecelo, 16 • 36161 Pontevedra • Telf.: 986 850 261 • Fax: 986 866 857 • e-mail: ies.montecel o @ edu.xunta.es


Século

21


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.