O adro nº5

Page 1

o adro

decembro 2010

nĂşmero 5

DANDO NA CHAVE


EDITORIAL Na nosa portada reformulamos a expresión popular “dar no cravo” en “dando na chave” para referirnos aos éxitos dos que neste último ano vén disfrutando a nosa Asociación. Porque pensamos que no pasado agosto melloramos aínda máis a edición anterior, simbolizado nesa chave a que se volveu xogar no pobo case dúas décadas despois cunha alta participación. Porque pensamos que “unha imaxe vale máis que mil palabras”, nesta primeira parte do novo número deixaremonos levar polas fotografías que recollen o éxito acadado o pasado agosto. E seguindo con expresións populares, que como vedes domina este editorial, recorreremos na segunda parte da nosa revista o mundo dos refráns, que tivo durante estes meses pasados moi entretidos aos nosos socios na páxina de facebook da Asociación, porque os nosos membros están moi activos durante todo o ano e son moi amigos das novas tecnoloxías, pero tamén e sobre todo, de recuperar o noso pasado. Mergullándonos no facebook tamén recuperamos unha expresión típica de Bustavalle que estabamos a perder, e aproveitamos para aprender algo de arquitectura tradicional gracias a mestra Marina, que segue a ensinarnos moitas c o u s a s . Como diciamos con anterioridade, mellor deixarse de tanta palabrería e dar paso ás imaxes, e aos refráns...

ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE “loitando polo noso pasado” FAITE SOCIO Correo web: acbustavallezorelle@gmail.com Photoblog: www.flickr.com/photos/ acbustavallezorelle Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle”

XOGAMOS A LOTERÍA DE NADAL

PODES CONSULTAR OS NÚMEROS ANTERIORES DA REVISTA O ADRO NA SEGUINTE DIRECCIÓN DE INTERNET:

http://issuu.com/acbustavallezorelle


xogando á chave

CAMPIÓN

SUBCAMPIÓN


xa piden paso...

xogos para nenos

volveu o cine as nosas palleiras proxecci贸n da pel铆cula REC, terror en estado puro


14 de agosto de 2010, 22 horas

boa mĂşsica

boa comida

moi boa xente


moi boa xente,

moi boas amizades

e chegou a hora dos chupitos


horas mรกis tarde...


15 de agosto de 2010 13 horas


ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE faite amigo noso no facebook

Nos últimos meses aos nosos amigos internautas deulles por recoller refráns, aí van algúns deles. Auga Prol, Conchy Belmonte, Regina Sánchez, Marina Belmonte, Pili Prol, Antonia Fernández, Toño Fariñas, Pili Borrajo, Toño Saa, e Jose Juan Saa dixeron:

Ovella que berre... bocado que perde A mal tempo boa cara Auga corriente non mata á xente Se non queres caldo... dúas tazas Quen á feo ama, fermoso lle parece A moito amor, moito perdón Muller precavida vale por dúas Coida o ladrón, que todos o son Nunca choveu que non escampe Costa abaixo, tódolos santos axudan Home pequeno, fol de veleno Vaslle aprender tí a teu pai a facer fillos.... Sogra, avogado e doutor, canto máis lonxe mellor Cando a merda vale diñeiro, os pobres nascen sen cu Moitas mans no plato fan moito garabato O que non colle consellos...,non chega a vello Do dito ao feito hai un bo treito Nunca unha puta lle chama a outra honrada Augas que non has de beber...deixa correr Amor de monxa e peido de fraile...todo é aire Amor mal correspondido, ausencia e olvido Á agulla, bo fio; á muller ,bo marido Ti eres da lei do embudo, ancho pra ti e estreito pra min Amar sin ser amado é como limparse o cu sen haber cagado Tiran máis dúas tetas que unha boa carreta Non hai mellor cego, que o que non quere ver Cando o borracho ronca, o viño no tonel reposa Dama delgadiña e limpa, que gorda e porca ela xa se facerá Mexan por ti, e tes que dicir que chove Cando a barba do amigo vexas rapar pon a túa a remollar Amiguos amiguiños, pero a vaquiña polo que vale Gaivotas á terra , mariñeiros á merda.


Ó que a boa árbore se arrima, boa sombra o cobixa Ovella que berra, bocado que perde Contra o catarro, o mellor é darlle ao xarro Aire norte, tempo forte Librate da beata cando desata Sogra, cuñada,e muller son malas de conocer A muller e a sardiña por pequeniña Mais sabe o diablo por vello que por diablo Ca muller e o diñeiro non xogues, compañeiro As bodas con foguetes sempre acaban a cachetes Pra campar hai que rabiar Coa muller e o diñeiro, non xogues, compañeiro! Cabalo morto, cebada ao rabo Vísteme de vagar,que teño moita presa Por San Xoán a sardiña molla pan Os cartos non fan a felicidade pero a calman O comer e o rañar éche cousa de empezar Deus lle da dentes a quen non ten fame

No facebook aprendemos palabras que nos gustaría non esquecer Marina dixo: CANZORRO: cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. O canzorro era usado para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento meramente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans. Tamén pode recibir o nome de modillón, ou o máis xenérico de ménsula.

Tres fermosos canzorros remozados, nunha casa da Poza


IR A CARBALLOSA

IR A CARBALLOSA

IR A CARBALLOSA

No facebook descubrimos unha expresión que marcou a toda unha xeración, pero vimos que estaba rodeada de demasiada polémica e pouco rigor sobre a súa orixe decidimos facer unha investigación profunda para chegar a unhas conclusións serias e convincentes con base científica que agora expomos, despois de anos de gran documentación Expresión popular característica e exclusiva de Bustavalle que se empregaba para aludir a un lugar lonxano. Sería similar a expresión castelá “ir al quinto pino”. Vemos que se mantén a relación a árbores nos dous casos, aínda que na nosa expresión con referencia toponímica, aludindo a un lugar concreto. Trátase dun lugar das afóras de Bustavalle, situado concretamente entre Falbán e Lamas do Monte, no que na actualidade apenas hai carballos, que fan, claramente, referencia a un momento no que a súa presencia debía ser abundante. Este feito reforza a particularidade da expresión convertendoa en autóctona, xa que fai referencia a un lugar concreto, relativamente próximo, pero se tomamos como referencia a zona de Bustavalle sería dos lugares máis distantes. Isto constata que nalgún momento histórico o noso pobo foi especialmente creativo en canto a expresións populares (1), adaptando á súa xeografía unha expresión frecuente en todas as linguas para aludir a lugares distantes. Esta expresión, que como outras, están destinadas a qumedar en Zorelle enterradas para sempre, tivo a fortuna de recuperarse e pasar a formar parte do patrimonio lingüístico das nosas xentes nos anos 80, gracias as travesuras duns rapaces que xogaban a miúdo “os tres marinos en el mar” dentro das palleiras co consecuente e lóxico cabreo dos seus donos que vían como a herba que almacenaban nelas sufrían as consecuencias dos mozos e mozas que por alí pasaban arrasando todo. Eran anos da Transición e a liberdade sexual pos-franquista tamén chegara a Bustavalle, ou iso pensaban os habitantes do pobo, que coa chegada no vran da xuventude das cidades pensaban que as súas palleiras estaban completamente entregadas á luxuria. O caso é que unha expresión , típica do noso pobo a saber desde cando, que nun primeiro momento encheu de pánico aos que a escoitaron converteuse posteriormente nunha expresión xeracional (cun matiz exclusivamente sexual) que, agora, décadas despois e gracias as novas tecnoloxías, entra con poderío na mitoloxía de todo un pobo e esperemos perpetuala. A expresión é: “se queres foder ide á Carballosa”, aínda que alguén pensa que foi máis contundente: “a foder á Carballosa” Hai varias teorías sobre ese momento na década dos oitenta que inmortalizou esa expresión: Unha dela fala de que a dixo o Sr. Paco, e que os que estaban dentro da palleira eran Chelo, Pili Prol e Jose Telle, que se atopaban enriba da herba nunha palleira do Outeiro unha tarde chuviosa de vran. Aínda que máis defensores parece ter quen pensa que foi o Sr. Camilo na palleira que está por debaixo da casa da Toña, que ten un balcón, cerca da casa da Piteira entre á Aira da Mallada é a estrada OU-104. Debían estar a xogar os tres marinos, e probablemente estivese toda a panda que soía xogar: os dous Toños, Pepito, Manolo, Javi, Jose Telle,as dúas Pilis, Antonia, quizáis Lula ou Carmiña. No que todos parecen coincidir é en que entraban moi a miúdo nas palleiras e que botaban a herba abaixo polo que os donos se cabreaban e con razón. Posteriormente converteuse nun frase mítica entre toda esa xeración, o que se confirma polo feitos de non porse dacordo sobre a súa orixe, que deu lugar a moitas risas durante moitos vrans, non esquecer que nun primeiro momento amedrentou a moitos dos seu protagonistas que sairon pitando de alí como puideron. Nada máis afastado da súa connotación erótica. Daquela tampouco tiñan claro a existencia dese lugar polo que foron moitas as teorías sobre a existencia daquel lugar e do que alí tería ocurrido durante anos, para que os convidaran a ir alí a practicar sexo podía ter sido un lugar frecuentado no pasado polas parellas de noivos, ou ben un lugar moi confortable onde atopar a comidade ideal, aínda que parece que os toxos forman parte dese paisaxe. Pero a xuventude daquela tiña ganas de soñar con paraísos afrodisíacos cerca do seu pobo. Ningún destas teorías pudieron ser confirmadas despois de anos de investigación. O que si pretendemos con iste estudio e divulgar entre as nosas xentes a expresión “ir á carballosa”, ben no seu sentido primigenio, ben no seu sentido máis moderno e amoroso. (1) O lexicografo da Universidade de Santiago de Compostela Constantino García nun estudio das palabras galegas procedentes do latín “nebula” que deu en galego o resultado maioritario de “néboa”, recolle outra serie de variantes dispersas por Galicia entre as que cita a variante “neboeira”, abundante na parte occidental de Ourense, a forma “neboaceira” en Xunqueira de Espadañedo e a forma “noboceira” en Bustavalle de Maceda.


“CARTEL ANUNCIANDO A CEA DO 14 DE AGOSTO DE 2010”


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.