Memoria 2013 Ayuda en Acción Delegación Galicia

Page 1

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2013 DELEGACIÓN GALICIA


SUMARIO 1

QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?

2

CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

Agora Toca...

Acción Social en España

Wedu Actividades Eventos Exposicións

5

COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

6

VOLUNTARIADO: INICIATIVAS E FERRAMENTAS

7

PROXECTOS DE COOPERACIÓN

8

AGRADECEMENTOS

Fotografía de portada: Salva Campillo /AeA AeA · No Registro Ministerio Asuntos Sociales: 28-1109 · Deseño: www.velckroartwork.com


SALVA CAMPILLO / AeA

QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?

Coordinación e Relacións Institucionais María José Tejera Pereiras mjtejera@ayudaenaccion.org Base Social e Vínculo Solidario Beatriz Varela Martínez-Barbeito bvarela@ayudaenaccion.org DELEGACIÓN GALICIA AXUDA EN ACCIÓN

Santa Catalina, 16, 1oD 15003 A Coruña Tel.: +34 981 13 37 37 Móvil: +34 686 41 12 39 www.ayudaenaccion.org

Axuda en Acción é unha organización española de cooperación ao desenvolvemento independente, apartidista e aconfesional, que traballa para impulsar cambios estruturais que contribúan á erradicación da pobreza. Con esta finalidade, dende 1981 traballamos para mellorar as condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas mediante programas de desenvolvemento autosostibles e campañas de sensibilización e incidencia política. Comezamos o noso traballo en favor das persoas do Sur en 1981. Hoxe en día, con máis de 135.000 persoas colaboradoras, somos unha das principais organizacións non gobernamentais españolas dedicadas á cooperación internacional. Para lograr mellorar as condicións de vida das persoas máis desfavorecidas e rematar coa pobreza, impulsamos programas de desenvolvemento integral a longo prazo que implican actuacións en educación, saúde, infraestruturas, iniciativas económicas, financeiras, seguridade alimentaria e construción de cidadanía. Actualmente, estamos presentes en 22 países de tres continentes. En América, traballamos en Bolivia, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Perú, Colombia, Haití e Paraguai. En África, os nosos proxectos localízanse en Etiopía, Kenya, Malaui, Mozambique, Uganda e Guinea Ecuatorial. En Asia, a 1

nosa actividade concéntrase na India, Nepal, Paquistán, Bangladesh e Vietnam. En todas estas zonas identificamos espazos de intervención onde, xunto coas comunidades, traballamos a longo prazo en proxectos que duran de dez a quince anos, tratando de atallar as causas estruturais da pobreza e apoiando o fortalecemento dos vínculos e a solidariedade comunitaria. Así mesmo, realizamos labores de asistencia técnica e económica en situacións de emerxencia, motivadas por unha catástrofe natural, un conflito bélico ou calquera outro desastre humanitario, que teñan que afrontar as poboacións das devanditas zonas. En Galicia, promovemos campañas de Educación Para o Desenvolmento e de Sensibilización para achegar a realidade dos países do Sur á opinión pública galega. Para iso, participamos en foros de debate, grupos de traballo de Solidariedade, como a Coordinadora Galega de ONGD, e achegámonos aos medios de comunicación. A divulgación do noso labor e a busca de novas persoas ou entidades colaboradoras e recursos materiais que melloren a calidade de vida das persoas que menos teñen, tamén son parte dos nosos fins en Galicia. Contamos cun sólido equipo profesional comprometido na construción dun mundo máis xusto e coa colaboración de voluntarias e voluntarios que, de forma desinteresada, traballan en tarefas solidarias en todas as provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?


CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

SALVA CAMPILLO / AeA

Axuda en Acción leva a cabo distintas iniciativas que loitan pola erradicación da pobreza, a redución das desigualdades e a sensibilización da sociedade: programa de educación en valores, programa de acción social en Galicia, apadriñamento entre nenos, exposicións e outros eventos.

Axuda en Acción, dende o inicio do seu traballo en España, concibe o ámbito escolar coma un espazo importante no que se desenvolven accións e proxectos de sensibilización e educación para o desenvolvemento. Deste xeito, podemos acercar á cidadanía as causas que impiden a moitas persoas exercer os seus dereitos e implicales para que estas causas cambien. A través dos vínculos solidarios educativos, algúns centros de España puideron coñecer en primeira persoa a realidade doutros de América. Xa dende o ano 2012 levamos traballando nun novo programa, que continúa en 2013, que pretende crear una rede de centros de todos os niveis educativos (incluido 0-3 anos), impricados nun obxectivo común: a loita contra a pobreza. Queremos impricar non só ó alumnado, senon tamén a docentes, familias e todos os membros da comunidade educativa a través de propostas colectivas e orixinais para aprender da experiencia e construir dende a educación un mundo máis xusto. Este programa consta de distintas propostas, de maneira que cada centro pode escoller os elementos que mellor se adecúan á súa realidade: • Traballar o dereito á alimentación facendo un postre do Perú, coñecer de primeira man as dificultades que moitas nenas CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

teñen para ir á escola mentres coidan do seu irmán ou unirse á Semana de Acción Mundial pola Educación son algunhas das propostas para coñecer os dereitos. • O apadriñamento coma ferramenta educativa, que moitos colexios xa veñen poñendo en práctica, permite manter unha relación cun neno ou nena e coñecer a súa realidade. • Manter un vínculo solidario con Perú a través do coñecemento da súa realidade, costumes, cultura… e a interacción con centros de alí que participan no programa educativo. Durante o inicio do curso escolar 20132014 en Galicia, participaron 9 centros educativos (CEIP Curros Enríquez de A Coruña, CEIP Santa María de A Fonsagrada, CEIP Plurilingüe de Abanqueiro de Boiro, CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo, IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, Centro de Formación e Recursos de A Coruña, Colexio Marista Santa María de Tui, Escola Infantil Municipal de Bergondo, IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o CPI Virxe da Cela de Monfero). Grazas a unha comunidade educativa comprometida coa loita por una sociedade máis xusta, estes centros promoveron unha educación innovadora que forma a rapaces e rapazas sobre a importancia da solidariedade e a empatía. Ademais de traballar 2

as distintas propostas en galego, castelán e inglés, alumnos/as e mestres/as foron tamén partícipes do blog de “Agora Toca...”. A través deste puideron establecer un vínculo solidario con Perú, formando parte dun espazo de aprendizaxe mutua onde compartiron experiencias, coñeceron outros costumes, outros colexios e fixeron moitos amigos e amigas. Cabe destacar tamén a realización do programa Radio en Valor de Hoy por Hoy Radio Coruña, emitido en directo dende o CEIP Curros Enríquez de A Coruña. Grazas á colaboración do Concello de A Coruña, de Marcos San Luis e da Cadena SER, Axuda en Acción puido presentar o programa educativo Agora Toca... Ademáis, os alumnos do centro interpretaron lecturas, poemas e música como remate ás actividades de Agora Toca…, levadas a cabo no centro no ano 2013. SALVA CAMPILLO / AeA

Agora Toca...


AeA Galicia

SALVA CAMPILLO / AeA

Acción Social en España

O proxecto de Acción Social en España (ASE) de Axuda en Acción supón unha parte máis do noso traballo de sensibilización nos centros educativos. Este proxecto nace debido ó contexto de crise que sufre o noso país, e como parte da misión de Axuda en Acción de erradicar a pobreza, mellorar as condicións de vida das persoas desfavorecidas e loitar contra as desigualdades en calqueira lugar do mundo. Deste xeito, a iniciativa de ASE vai dirixida ás familias que se atopan en riesgo de exclusión social co fin de paliar as necesidades básicas da infancia. No ano 2013, o principal obxectivo do proxecto foi garantir unha adecuada alimentación (con becas de comedor, almorzo e merendas), facilitar o material básico educativo (libros de texto, material escolar…) ademáis de otorgar axudas destinadas a programas de ocio e tempo libre (actividades extraescolares, excursións, ludotecas…). En Galicia, o CPI Virxe da Cela foi obxecto da posta en marcha deste programa de apoio á infancia. Así, no ano 2013 firmouse un convenio de colaboración marco no que o centro, o ANPA do mesmo e Axuda en Acción comprométense a promover un espazo de xeración de cambios positivos na sociedade, nas familias e nos nenos e nenas, identificando ós alumnos

en situación máis precaria e as necesidades e carencias a cubrir.

consolidan valores como a solidaridade e a amizade.

Debido á situación de crise das familias e ó ambiente rural de Monfero, alexado de puntos de interés cultural como museos, auditorios ou teatros, o CPI Virxe da Cela solicitou a achega de axudas destinadas á realización de saídas extraescolares e complementarias que permitisen o desenvolvemento de habilidades, destrezas e competencias básicas do alumnado.

Grazas a miles de padriños en España, Axuda en Acción traballa en máis de 120 programas de desenvolvemento en 21 países de América, África e Asia que benefician a 3 millóns de persoas, permitindo ás familias acceder á educación, á atención sanitaria, á vivenda e ás melloras na súa alimentación.

Deste xeito, o programa de axuda á infancia beneficia ós 157 alumnos do CPI Virxe da Cela dende o pasado mes de novembro de 2013 e ten unha duración dun ano prorrogable.

Wedu

Wedu é un proxecto de Axuda en Acción de apadriñamento e creación de vínculos solidarios pensado para o público infantil. Cando un particular ou centro educativo agasalla Wedu, non só apadriña a un neno ou nena das comunidades máis desfavorecidas. Ademáis, os nenos e nenas padriños poden compartir esta experiencia de forma divertida e relacionarse en primeira persoa co neno ou nena apadriñado e cos seus amigos. Wedu ofrece unha gran variedade de actividades e xogos que favorecen a comunicación e vínculo entre os nenos e nenas de países do Sur e do Norte mentres aprenden sobre as realidades doutros países e 3

Por outro lado, no ano 2013 o clube de baloncesto Leyma Natura Básquet Coruña e Radio Coruña Cadena SER, co patrocinio da refinería Repsol, inciaron a súa colaboración con Axuda en Acción a fin de potenciar valores de solidariedade como complemento ós valores de deportividade do torneo de Basquet Base, que realizaríase durante o ano 2014 entre os distintos colexios da cidade de A Coruña. Así, as organizacións escolleron a Axuda en Acción coma referente neste tipo de valores e iniciaron a súa relación colaborativa co obxectivo de difundir e promover as distintas iniciativas da nosa fundación, facilitando así a mellora na calidade de vida de familias en riesgo en países en vías de desenvolvemento de América Latina, África e Asia. Por estes motivos, escolleuse a promoción do proxecto de WEDU de Axuda en Acción, como fío conductor desta mensaxe de potenciación de valores solidarios entre nenos e nenas con distintas realidades. CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES


AeA Galicia

Ademais dos proxectos e campañas levadas a cabo en España, Axuda en Acción desenvolve máis de 100 proxectos de cooperación en máis de 20 países de América Latina, África e Asia. Asimesmo, a nosa organización conta cunha ampla base social e de voluntariado que coñece o noso labor en España e no estranxeiro, á cal apoian doando o seu tempo e diñeiro. Non obstante, Axuda en Acción esfórzase de forma continua por mostrar os resultados do noso traballo e as necesidades que aínda están por cubrir en moitos lugares do mundo. Así, a nosa organización realiza distintas iniciativas de difusión, concienciación e captación de fondos. Estas non só reforzan a viabilidade e éxito dos nosos proxectos, senón que garanten un impacto social eficiente. Do mesmo modo, en Galicia lévanse a cabo distintas actividades que cumpren estes fins.

Eventos

Como evento destacado, o 9 de agosto de 2013 organizouse no Real Club Náutico de Sanxenxo unha cea solidaria na que particulares e representantes de distintas empresas e Administracións Públicas tiveron a oportunidade de coñecer e colaborar cunha boa causa. O evento reuniu a 150 persoas que puideron gozar dunha excelente cea que incluía CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

cóctel e música en directo. Os fondos recadados, un total de 8.000€, foron destinados ó Proxecto Golazo de Axuda en Acción en Colombia, beneficiando a máis de 500 nenos, nenas e mozos do Barrio El Retiro (Cali), co obxectivo de previr a violencia xuvenil e o absentismo escolar mediante o ocio educativo e o deporte. Na actualidade, Axuda en Acción, está a recadar fondos, a través dos socios que apoian a causa infancia, para a ampliación e transformación dun espazo abandonado para convertelo nun Centro de Desenvolvemento Comunitario que permita a máis nenos e nenas practicar actividades no seu tempo libre, implicando tamén as súas familias, para mellorar a seguridade na zona e reducir os índices de violencia

Exposicións

Unha das prioridades de Axuda en Acción é a de sensibilizar á sociedade. Así, a nosa fundación traballa cada ano para elaborar distintos materiais informativos, nos que inclúensen exposicións de interese xeral. Durante o ano 2013, foron varias as entidades públicas e privadas que quixeron participar neste obxectivo de concienciación, mostrando as nosas exposicións nas súas instalacións. O concello de Zas, o Centro Comercial Espacio Coruña e o CEIP Cernadas de 4

Castro, entre outros, foron partícipes desta iniciativa e mostraron ó público exposicións sobre, por exemplo, a importancia dos vínculos solidarios e da igualdade entre homes e mulleres, destacando o importante papel da muller africana para o futuro do continente. AeA Galicia

Actividades


COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

AeA Galicia

Grazas á colaboración continua da Xunta de Galicia, xa dende fai anos, puidemos seguir apoiando a Campaña Mundial pola Educación un ano mais.

Campaña Mundial pola Educación en Galicia 2013

A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi distinto signo, que loita para garantir unha educación para todas as persoas do mundo. Co mesmo propósito, Axuda en Acción forma parte da CME dende o ano 2003 e, a través do seu equipo territorial en Galicia, lidera a mobilización da sociedade galega a favor do dereito á educación, traballando cada ano baixo unha temática distinta. Levar a cabo a iniciativa de 2013 non houbera sido posible sen a subvención de 30.602€ outorgada pola Xunta de Galicia e a colaboración de Entreculturas, Educación sen Fronteiras, Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Intered. Deste xeito, en 2013, baixo o lema “Sen profes non hai escola! Por un profesorado formado e motivado”, Axuda en Acción traballou materiais didácticos propostos pola CME cos alumnos de distintos centros educativos de Galicia, co obxectivo de posteriormente recordar ós gobernantes da nosa comunidade a importancia de contar cun suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, ademáis de para esixiles destinar os recursos necesarios para que a Educación Para Todos sea unha realidade o antes posible.

Como parte da CME, cada ano celébrase a chamada Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), na que se realizan distintos actos co fin de transmitir as preocupacións dos alumnos ós representantes das distintas administración. En A Coruña, a celebración da SAME tivo lugar no salón de actos do Forum Metropolitano da cidade, no que máis de 200 alumnos e alumnas de seis centros educativos galegos (Colexio Santa María do Mar, Colexio Compañía de María, IES Agra do Orzán, IES Elviña, IES Rafael Puga e IES de Monelos) reclamaron á sociedade en xeral e ó goberno local, representado polo director da área de Educación Juan Carlos Varela Vázquez, o dereito a un ensino universal e de calidade para os máis de 61 millóns de nenos e nenas que non teñen acceso a educación no mundo. Este acto serviu para reflexionar sobre a importancia dun profesorado de calidade, acto no que os alumnos dos distintos centros, que traballaron con anterioridade os materiais didácticos da CME nos mesmos, expuxeron as características dos seus profesores ideais e as razóns polas que pensan que é importante o dereito a unha educación de calidade para todos e todas. Así mesmo, o director da área de Educación non desperdiciou a oportunidade de describir ó seu profesor ideal e de recoñecer a valía dos docentes e a súa 5

importancia para o desenvolvemento persoal do alumnado e das sociedades en xeral. Para finalizar o acto, foi o mestre Juan José Fernández o encargado da lectura do manifesto da CME, o cal foi firmado polos docentes de distintos centros alí presentes e a través do cal estes se comprometeron a seguir loitando polos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo. Posteriormente, os embaixadores e embaixadoras da CME acudiron ó Parlamento de Galicia co obxectivo de recordar ós poderes públicos que aínda existen 61 millóns de nenos e nenas que non acuden á escola. O alumnado quixo transmitirlle á Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, a importancia da cooperación internacional, política pública que non pode sólo levarse a cabo en tempos de boanza, se non que debe ser mantida tamén en tempos de crise. Concidindo con que a educación ten que ser igualitaria para todas e todos os nenos do planeta, Pilar Rojo reiterou a importancia de recuperar os fondos destinados a Cooperación Internacional. Así, un ano máis, conseguimos involucrar e comprometer a distintos axentes clave da nosa sociedade (comunidade educativa, cidadáns, políticos, ONG, medios de comunicación) na nosa loita por unha educación de calidade, pública, gratuíta e equitativa para todos e todas as persoas do mundo. COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS


VOLUNTARIADO: INICIATIVAS E FERRAMENTAS

O voluntariado de Axuda en Acción leva a cabo e saca á rúa as campañas da organización e outras actividades que, por iniciativa propia, xorden para apoiar os fins de Axuda en Acción nas catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Por outro lado, o pasado mes de agosto de 2013 tiveron lugar en Viana do Bolo as I Xornadas Solidarias de Fútbol Sala, iniciativa organizada por distintos voluntarios como actividade complementaria ás

festas patronais do municipio galego. As dúas xornadas contaron con tres torneos paralelos de fútbol sala –categorías Infantil, Feminino e Solteiros VS Casados¬–, cas que o FC Barcelona colaborou a través da donación dun balón firmado, e celebrou a entrega de premios e sorteos nun acto de clausura que incluíu un concerto de guitarra clásica a cargo de Matías Diéguez Redondo e a actuación do Mago Teto, un habitual da televisión que goza de gran popularidade. Grazas á colaboración de deceas de persoas da localidade galega, e de numerosos comercios da zona, conseguiuse recadar un total de 750 euros, destinados ó Proxecto Golazo de Axuda en Acción no Barrio el Retiro da cidade colombiana de Cali. Dito proxecto traballou pola prevención da violencia xuvenil mediante o ocio educativo e o entrenamento deportivo, ademais de implicar ás familias na recuperación, mellora e sostibilidade dos seus espazos comunitarios, beneficiando así a 500 nenos, nenas e mozos, 380 familias e a toda a comunidade. A xestión desta iniciativa levouse a cabo a través dunha das plataformas da páxina web de

VOLUNTARIADO: INICIATIVAS E FERRAMENTAS

6

Entre as moitas actividades de voluntariado de Axuda en Acción, os días 12 de abril e 9 de xuño de 2013 distintos voluntarios puxeron en marcha dous mercadillos solidarios. A través da venda de artículos de comercio xusto, Ourense e o barrio do Castrillón da cidade de A Coruña recadaron un total de case 1000€. Ditos fondos colaboran a desenvolver un sistema comercial solidario e alternativo como é o comercio xusto, que busca unha maior xustiza e dignidade nas relacións de compra e venta entre productores, comerciantes e consumidores.

AeA Galicia

AeA Galicia

O voluntariado para Axuda en Acción é unha peza fundamental na súa misión de erradicar a pobreza e as desigualdades. En Galicia hai voluntarios e voluntarias nas sete grandes cidade galegas.

Axuda en Acción “Fai a túa Campaña”, na cal os voluntarios puideron recadar fondos adicionais, escoller o proxecto ó que se destinarían ditos fondos e explicar en que consistirían as Xornadas Solidarias de Fútbol Sala, co propósito tamén de conseguir un maior número de participantes. Ademáis do impacto que exerce o voluntariado na consecución de obxectivos dos distintos programas ou proxectos de Axuda en Acción, tamén son iniciativas como istas as que axudan a crear redes de axentes de cambio en Galicia, nas cales se reforza o sentemento de empatía e solidaridade e as cales axudan a sensibilizar ó seu entorno. Tampouco podémonos esquecer do gran labor realizado polo voluntariado de oficina que tanto nos apoiou na creación, organización e xestión de distintas iniciativas: actividades para a recadación de fondos, campañas de sensibilización, actividades de difusión, programas de educación en valores, campañas de loita polo dereito á educación, entre outras.


PROXECTOS DE COOPERACIÓN

AeA Galicia

Grazas á colaboración continua da Xunta de Galicia, xa dende fai anos, puidemos continuar promovendo no ano 2013 programas de desenvolvemento integral e territorial de longo prazo nas comunidades máis desfavorecidas de América Latina, Asia e África.

Grazas ás becas PCR otorgadas pola UDC e ós proxectos cofinanciados pola Xunta de Galicia, os voluntarios puideron aplicar os seus coñecementos para crear valor social nos seus países de destino: Bolivia e Ecuador. Ana Castro, estudante de 4º de Educación Social da UDC, ofreceu apoio no proceso de fortalecemento de cinco redes de voluntarios e voluntarias organizadas nos municipios de Villa Vaca Guzmá e Villa de Huacaya, en Bolivia. O obxectivo do fortalecemento de ditas redes foi o de promover a posta en práctica da acción de voluntariado no contexto dos municipios, como estratexia de promoción ó deselvolvemento comunitario co protagonismo da nenez, adolescencia

e xuventude e dende a perspectiva do vínculo solidario. Noutro país de Latinoamérica, Ecuador, tiveron a súa experiencia de voluntariado a terreo David Blanco e Sandra Martínez, na rexión de Carchi, nos cantóns Espejo e Mira. David Blanco, estudante de socioloxía, participou nun proxecto de desenvolvemento do turismo, fomentando a dinamización das economías e a participación cidadá de forma sostible nos ámbitos cultural, social e medioambiental. Así, David encargouse das labores de seguemento, planificación, análise dos recursos disponibles e de material promocional. Por outro lado, Sandra Martínez, profesora da UDC, desempeñou tarefas de promoción e comunicación de zonas turísticas en vías de desenvolvemento, como a toma de fotografías para campañas de comunicación, deseño dunha páxina web para a promoción turística do Cantón Espejo, deseño da identidade corporativa dunha asociación local de mulleres empresarias do textil, etc. Sandra califica así a súa experiencia coma “fantástica” e comenta que trátase 7

dunha “inmersión que axuda a coñecer o país, a entender que existen outras realidades e a considerar os valores humanos por enriba dos materiais”. Estas experiencias non serían posibles sen os recursos de distinta índole proporcionados pola Xunta de Galicia, que leva colaborando moitos anos con Axuda en Acción para facer viables os distintos proxectos de cooperación ao deselvolvemento da nosa fundación. AeA Galicia

Durante o ano 2013, dous estudantes e unha profesora da Universidade da Coruña (UDC) formaron parte de distintos programas de voluntariado a terreo de Axuda en Acción en diferentes proxectos de cooperación ó desenvolvemento en países de Latinoamérica, varios dos cales foron cofinanciados pola Xunta de Galicia.

PROXECTOS DE COOPERACIÓN


AGRADECEMENTOS pola vosa aportación económica ou ben polo traballo en prol da xustiza social dende a Educación para o Desenvolvemento, sodes una parte importante no noso quefacer diario. Non vos podemos ter a todas e todos aquí, porque sodes moitos, especialmente os centros educativos que colaborastes con nós neste 2013. Así que grazas a todas e todos vos por continuar loitando por un mundo mellor.

AeA Galicia

Queremos agradecer a todas as entidades públicas e privadas, particulares, escolas infantís, colexios e institutos a súa colaboración con Axuda en Acción Galicia neste ano 2013. Cada unha de vos sodes importantes para conseguir un mundo máis xusto e igualitario, onde a igualdade entre mulleres e homes, enstre as persoas empobrecidas e enriquecidas, sexa dende xa unha realidade. Ben

ENTIDADES COLABORADORAS 2013 Xunta de Galicia Cooperación Galega Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Universidade da Coruña (UDC) Repsol Radio Coruña-Cadena SER Club Leyma Natura Basquet Coruña Salón de Ocio Nadaliño 2013

AGRADECEMENTOS

8


GRAZAS

Sede central: C/ Bravo Murillo, 178 4ª Planta. Edificio Tecnus · 28020 Madrid · Tel: 91 522 60 60 · Fax: 91 532 84 02 Delegación de Andalucía: C/ Fernández de Ribera, 32, 3º dcha. · 41001 Sevilla · Tel: 95 421 51 63 · Fax: 95 421 09 65 Delegación de Asturias: C/ Cimadevilla, 15 Esc. A, 2º E · 33003 Oviedo · Tel: 985 21 47 25 · Fax: 985 21 47 25 Delegación de Cataluña e Illas Baleares: C/ Roger de Llúria 40, 3º 4ª · 08009 Barcelona · Tel: 93 488 33 77 Delegación de Galicia: C/ Santa Catalina, 16-18-20, 1º D · 15003 A Coruña · Tel/Fax: 981 133 737 Delegación da Comunidade Valenciana: C/ Cronista Carreres, 9, 6º- D · 46003 Valencia · Tel: 96 310 61 21 · Fax: 96 351 31 68 Delegación de Aragón: C/ Mayor, 34-36, 1º · 50001 Zaragoza · Tel: 976 29 81 32 Delegación do País Vasco: C/ Ibarrekolanda 36, Entreplanta · 48015 Bilbao · Tel: 94 447 96 77 www.ayudaenaccion.org Podedes atoparnos tamén en:

twitter.com/ayudaenaccion

facebook.com/ayudaenaccion

instagram.com/ayudaenaccion youtube.com/ayudaenaccion

flickr.com/ayudaenaccion

ayudaenaccion.tumblr.com


Impulsando a dignidade e a solidariedade para a construci贸n dun mundo xusto


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.