Incendio muebles Toirán

Page 1

▶ Calcinados 3.000 metros cadrados da nave de Mobles Toirán, que tiña unha das portas forzada e o cable da alarma cortado. O incendio que calcinou por completo a nave de muebles Toirán na recta de de Sabarei(O Corgo) provocou danos polo valor de 2,5 millones de euros, según as primeiras estimaciones do propietario do establecemento. Baraxase que o lume foi intencionado porque apareceu una porta de acceso á nave forzada e o cable da alarma cortado. A Policía Xudicial fíxose cargo da investigación para determinar as causas do incendio e non descarta ninguna hipótese. O lume calcinou en pouco máis dunha hora os 3.000 metros cadrados da zona de exposición, mentras que o almacén, de 1.000 metros cadrados, sufriu importantes danos polo fume. Según os responsables da empresa, que conta con seguro, cando chegaron encontráronse con que unha porta lateral de acceso á nave estaba forzada e informáronlles de que o cable da alarma fora cortado. «A alarma non saltou e salta fácilmente. Tennos avisado de que se meteu un paxaro», apuntou unha das propietarias. Os donos non descartan que fose un robo, aínda que «nunca hai diñeiro e levarse mobles é moi difícil». Os feitos tiveron lugar sobre ás 7.45 horas da maná. A zona de exposición quedou completamente calcinada en media hora, según os testigos, e nada se puido facer para retirar mobles. O establecemento non contaba con bocas de rego e de ningún sistema de extinción. As columnas da nave retorcéronse e o tellado hundiuse debido ás altas temperaturas que alcanzou o inmoble. Os mobles quedaron convertidos en cinsas, excepto algunhas pezas de cerámica que soportaron o calor.

Mobles Toirán Mobles Toirán é unha das primeiras e maiores empresas que se pueden encontrar desde Lugo na Ruta do Moble, situada ao largo da carretera LU-546 entre Nadela e Sarria e que conta con cerca dunha vintena de establecementos centrados principalmente na Pobra de San Xulián e a vila sarriana. O incendio únese ós problemas que atravesan o sector nos últimos tempos ao sufrir un importante descenso na venta de mobles. Mobles Toirán non foi unha excepción a esta corrente e chegou a perder cerca dun 30 por cento na facturación entre 2006 e 2008. Os propietarios das tendas da Ruta do Moble acachan o descenso nas ventas áreducción na construcción de nova vivenda e ás dificultades para a concesión de créditos ao consumo por parte das entidades bancarias. Esto levou a que incluso cerrase algunha moblería nos últimos meses. O sector tamén se viu afectado pola pérdida dun dos empresarios do moble, quen faleceu o pasado ano. O establecemento destruido, que conta con cinco empleados, abriu as súas portas fai uns doce anos. A empresa, con 4.000 metros cadrados de nave, adícase áventa de todo tipo de mobles e obxectos para o fogar.

Información sacada de

El Progreso


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.