monumentos baiona

Page 1

C.E.I.P.

Fontes-Baíña 2010 - 2011

1


Onde vivimos?

Nós vivimos en: Baredo, Baíña e uns poucos en Baiona.

2


Parroquias do concello

COLEXIO

O Concello de Baiona ten cinco parroquias: Baiona, Baredo, Baíña, Sabarís e Belesar. Delas, catro son costeiras e Belesar é de interior e polo tanto

máis

agrícola. O noso colexio está situada na de Baíña e a el acode o alumnado de Baíña e Baredo.

3


Baiona

Baiona é unha vila costeira,mariñeira e turística,que está situada o Noroeste de Galicia,ó sur da Ría de Vigo e bañada polo Océano Atlántico. O longo da historia a nosa vila recibiu os nomes de: Stuciana,Abóbriga,Balcagia,Erizana e Baiona O concello ten unha extensión aproximada de 35 quilómetros

cadrados,

cunha

población

de

12.000

habitantes, que no verán pode chegar a triplicarse.

4


Sabarís

Sabarís é a primeira das parroquias de Baiona que nos atopamos unha vez atravesada a ponte de Ramallosa (Nigrán).É aquí onde comeza o concello de Baiona. Está unida a Baiona, coa que comparte a praia da Ladeira, onde atopamos dous campings. Ten o seu propio colexio de Primaria e un centro de infantil.

5


Belesar

Belesar é a parroquia máis grande de Baiona.Os nenos e nenas de esa parroquia non veñen ao noso centro,pero si teñen o seu propio . Está situada encima de Sabarís . Belesar é a única parroquia que non ten mar, por eso mesmo moita xente compaxina a agricultura con outros traballos en Vigo. 6


Baíña

Baíña é unha parroquia do concello de Baiona . Atópase despois de Sabarís subindo cara o Cortelliño . É costeira . Nela están os lugares de : Fontes Baíña Admirante Fontán Burgo O noso colexio está no lugar de Fontes. 7


Baredo

É outra das parroquias de Baiona . Para chegar a Baredo debemos pasar Baiona en dirección A Garda Nada máis saír de Baiona , á esquerda está Baredo. Os de Baredo adícanse á agricultura e a pesca .Os seus nenos e nenas van ao colexío de Fontes .

8


Percorrido por Baiona

9


Fortaleza Monterreal

Recinto amurallado de 3 km , antigamente chamado Monte Boi . Foi construida no seculo XVI e conserva 3 torres . Na entrada principal atópase o parque da Palma , á dereita as praias Ribeira e Barbeira por detrás temos unha panorámica da baía de Baiona con praia América e Panxón ao fondo e na esquerda as praias dos Frailes e a Concheira.

10


Martín Alonso Pinzón

Pinzón chega coa carabela a Baiona o 1 de Marzo de 1.493 . A súa estatua está situada na Palma. A Palma encóntrase separando dúas praias , a da Concheira , e a da Ribeira . Antigamente eran terras que pertenecían ó Castelo de Monterreal . Asi estivo , ata que no século XX a familia de don Angel Bedriñana mercouna e máis tarde douna ó pobo de Baiona , como lugar de ocio e tendal de redes . Na actualidade é un parque no que atopamos zonas deportivas , de paseo e espallamento.

11


Monumento “

Encontro entre dous mundos “

Erguido o pé da muralla do Monte Boi preto do lugar onde foi enterrado o primeiro indixena. Inagurado o 1 de Marzo de 1.993 polo príncipe de Asturias co gallo da celebración do V centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona. Obra do escultor Magín Picallo. No

interior

da

bola

foron

depositadas

procedentes de diferentes paises Iberoamericanos.

12

terras


Pozo da Aguada

O pozo da aguada estĂĄ situado no paseo da Ribeira, a escasos metros do lugar onde arribou a Carabela Pinta. Segundo a tradiciĂłn , aquĂ­ abasteceuse de auga potable

a Carabela antes de partir cara Palos da

Fronteira na segunda semana de Marzo de 1.493.

13


Virxe da Rocha

Dende o Paseo da Palma podemos observar, no alto de San Roque, a Virxe da Rocha . Mide 15 metros de altura e está a 100 metros sobre o nivel do mar. O interior do monumento contén unha escaleira de caracol de 45 chanzos que permiten subir ó barco que sostén a súa man dereita. É obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios e as súas mans e cara son obra do escultor valenciano Mariano Benlliure. Foi construída entre 1910 e 1930.

14


Carabela Pinta

Situada no medio da baía , a que se accede a través dun pantalán . A Carabela chegou a Baiona o 1 de marzo de 1.993 e deu a noticia do descubrimento dun novo mundo . O seu capitán foi Martín Alonso Pinzón . Esta é unha réplica da que viaxou a Ámérica e hoxe en día está convertida en Museo.

15


Monolito da Arribada

Erguido na Praza de Castro (antigamente Praza da Froita), inagurado 0 22 de marzo de 1.965. Consiste nunca gran pedra de 5 metros de altura, 2 metros de diámetro e un peso de 20.000 kilogramos. Na súa parte frontal figura unha carabela tallada polo baionés Ángel Fernández.

16


Pazo de Mendoza

Vemos a posición do Monolito da Arribada , explicado na páxina anterior, está situado na Praza de Castro, ao lado do Pazo de Mendoza edificio coñecido de Baiona que, hai anos foi unha tenda de roupa , na actualidade é un hotel.

17


Cruceiro da Santísima Trinidade

Chámase así por encontrarse na barriada de ese nome, antiga calzada romana, (entrada Real da Vila a través da Porta da Vila. Consta dunha grande cruz gótica do século XV, cuberta por un templere de estilo renacentista,cunha altura

de

8

metros.Ten,a 1 metro

do

lousa que servía para celebrar misa nos

solo,

unha

tempos da

peste. Como tódolos cruceiros está feito de pedra, pero pola súa forma, é un cruceiro único en Galicia ( cruz + templete) e segundo Castelao na súa obra “As cruces de pedra na Galiza “ é un dos principias cruceiros. 18


Casa do Concello

A casa de Lorenzo Correa ou casa Correa é o edificio civil máis notable de Baiona e foi construído no ano 1.759 por o propio Lorenzo Correa. Este edificio foi adquirido polo concello según acordo do 3 de novembro de 1.942.Ocupa 630 metros cadrados, repartidos en dous andares.No andar baixo están as dependencias da policía local, vías e obras, calabozos e recaudación.Na primeira planta, destaca a alcaldía, o salón de plenos, e oficinas en xeral.

19


Casa da Cultura

A Casa da Cultura fai anos, foi un hospital e despóis unha gardería de monxas. Na actualidade adícase a distintas actividades (conferencias, exposicións…) e nela está

a Biblioteca

Municipal de Baiona. Está situada na parte detrás do Concello,a súa esquerda a Colexiata de Santa Liberata,e a súa dereita o Casco Vello.

20


Igrexia Ex-Colexiata

Empezada a construir na segunda metade do século XII, aínda que foi feita na súa maior parte no século XIV. Estilo románico con formas góticas. Planta basilical de cruz latina con tres naves. Ten dúas torres, dous contrafortes e un gran rosetón na súa fachada. Está situada na praza, que lle da o nome, Santa Liberata. Hoxe é a parroquia de Baiona.

21


O CORTELLIÑO

Subindo dende o colexio, en dirección ó Rosal, a poucos quilómetros atopamos “O Cortelliño” . Aquí temos un mirador cunhas boas vistas. Vemos O Val MIñor (Nigrán, Gondomar e Baiona), coa baía de Baiona e a Ría de Vigo ó fondo. Nun día claro, seremos quen de ver varias rías baixas. 22


23


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.