SALVAMOS

Page 1

Este sálvoo eu

PILAR SAMPEDRO Mestra e asesora das Bibliotecas Escolares Galegas

Tres capitáns de tempos idos Antón Avilés de Taramancos ¿Por que? Porque fun a súa primeira lectora, porque o autor non só escribiu esta obra de teatro senón que tamén debuxou os figurinos, porque a literatura de circunstancias tamén pode ser imprescindible, porque está escrita para os rapaces da Serra de Outes onde naceu o poeta Francisco Añón e onde eu traballaba daquela (E memorizo...) "O O REI: Eu son o Rei. Podédesme dicir Afonso ou Fernando ou Sancho. No meu tempo todos os reis falabamos galego. Nos nosos pazos había trobadores e poetas que cantaban e escribían os noso feitos de guerra e as nosas penas de amor. Por máis de trescentos anos fixemos da nosa lingua unha das máis ricas e fermosas do mundo. As cantigas de amor e maldicer, as cantigas de amigo e as Cantigas de Santa María, a Crónica Troiana e o Libro de Tristán son verdadeiras xoias da literatura universal.”

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


Este sálvoo eu

CRISTINA NOVOA, mestra e asesora das Bibliotecas Escolares Galegas Eu salvaría Si o vello Sinbad volvese ás illas

Álvaro Cunqueiro Por que? porque cando o lin por segunda vez, xa con máis de trinta anos, o vello Sinbad espertou en min unha tenrura...e encheume de melancolía... e porque é unha das realizacións da lingua galega máis fermosas... e porque garda anacos coma este, que teño suliñado e case memorizado xa: "Pero "Pero Zafir non quería boda e andaba lendo nos descansos do xadrez nun libro curtubí que ensiña que amor é non máis que unha ollada solprendida e unha palabra que non se non sabe decir, engadindo que amor sempre está lonxe aínda que esteña ao carón, e que que non é cousa de buscar, senón pombo que cando lle apetez ven el á man, amargue ou doce, nemigo ou amigo, veleno ou caramelo de licor, e daba por certa toda esta doutrina, á que apoiaba con algún que outro salaio, o mandar facer música na noite..."

CEIP "OS CASAIS" Fene


Eu salvo

CARLOS IGLESIAS MARTÍNEZ Presidente do Museo do Pobo Galego

Eu salvaríaos todos ¿Por que? Porque hai que concienciar á xente da perda que estamos a sufrir na lectura da literatura galega. Espero que se decaten e coincidan comigo en que "Libro da literatura galega que salvarías dunha queima" non é unha frase moi afortunada, ou é que pretenden queimar os que non se salven?. E memorizo... “Memorizaría toda.” . .

CEIP VÍCTOR SÁENZ Mazaricos


Este sálvoo eu

SUSANA SÁNCHEZ ARÍNS Poeta Eu salvaría: Anónimo

¿Por que? Nom sei se esta história forma parte dalgum livro. o que sim sei é que forma parte dumha literatura que está a arder já nos nossos focinhos e que da nossa mao está salvá-la das lapas do esquecemento: toda a literatura de tradiçom oral que as nossas velhas e velhos vam levar com eles se nom os escuitamos um pouquinho máis. (E memorizo...)

"subindo por curantes e olives, a pé dos cumes do boi morto, passando fraíz, está a lagoa sacra. a lagoa nom seca nunca. já pode vir o verám mais seco em anos, já pode botar a primavera toda sem cair umha gota, que a lagoa nom seca. porque no fundo da lagoa há umha cemitério dos mouros. há muitíssimos anos houvo umha sanguenta batalha entre os mouros e o exército de carlomagno. ganhou carlomagno e alí, na lagoa sacra, ficárom todos os cadáveres, quando a lagoa baixa o nível da água, por algumha extraordinária seca, distinguemse no fundo, as lousas dos enterramentos e os restos da batalha"

IES ILLA de AROUSA


Este sálvoo eu

ANTÓN RIVEIRO COELLO Arrianos X.L. Mendez Ferrín ¿Por que?

Porque por vez primeira o ALENTO dos meus devanceiros, habitantes dese país pequeniño chamado Couto Mixto, alucaba no fondo da memoria con resonancias épicas. Como diría o protagonista de Lobosandaus: “Hai que vivir eiquí un inverno...para coñecer o peso sombrizo do misterio e a presenza case física, de cousas e acontecidos"

CEIP de CESPÓN Boiro


Eu salvo

XOSÉ NEIRA VILAS Escritor Díxolle ao alumnado do CEIP de Cervo

Eu salvaría:

Todos os libros CASTELAO

CEIP de CERVO


Eu salvo

FRANCISCO CASTRO Escritor, profesor e traballador constante no mundo da comunicación e a cultura

Follas Novas Rosalia de Castro ¿Por que? Porque nel está un poema que se chama “A xustiza pola man”

(E memorizo...) Aqués que tén fama d' honrados na vila roubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida, fixéronm' un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. ――― ―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeum' a xusticia. ―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra. Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... (ne' as herbas sentían) i a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

IES “AS BARXAS” Moaña


Este sálvoo eu

MARÍA MARTÍN CARMONA Pintora

Muller no baño Manuel Rivas ¿Por que?

Porque a muller no baño garda unha mensaxe para o escritor. Obrígalle a facer o recorrido que vai dende a mensaxemáscara ata o abismo do non dito, do non esperado. (E memorizo ...) "A vida cólase cólase para convertir a pintura no paradigma do ser amado "o que doe". A amada, o amado, por aberto, por sincero, por estar esperando a ser escoitado, por estar necesitado"

CEIP de CERVO


Eu salvo

CARLOS IGLESIAS MARTÍNEZ Presidente do Museo do Pobo Galego

Eu salvaríaos todos ¿Por que? Porque hai que concienciar á xente da perda que estamos a sufrir na lectura da literatura galega. Espero que se decaten e coincidan comigo en que "Libro da literatura galega que salvarías dunha queima" non é unha frase moi afortunada, ou é que pretenden queimar os que non se salven?. E memorizo... “Memorizaría toda.” . .

CEIP VÍCTOR SÁENZ Mazaricos


Este sálvoo eu

SUSANA SÁNCHEZ ARÍNS Poeta Eu salvaría: Anónimo

¿Por que? Nom sei se esta história forma parte dalgum livro. o que sim sei é que forma parte dumha literatura que está a arder já nos nossos focinhos e que da nossa mao está salvá-la das lapas do esquecemento: toda a literatura de tradiçom oral que as nossas velhas e velhos vam levar com eles se nom os escuitamos um pouquinho máis. (E memorizo...)

"subindo por curantes e olives, a pé dos cumes do boi morto, passando fraíz, está a lagoa sacra. a lagoa nom seca nunca. já pode vir o verám mais seco em anos, já pode botar a primavera toda sem cair umha gota, que a lagoa nom seca. porque no fundo da lagoa há umha cemitério dos mouros. há muitíssimos anos houvo umha sanguenta batalha entre os mouros e o exército de carlomagno. ganhou carlomagno e alí, na lagoa sacra, ficárom todos os cadáveres, quando a lagoa baixa o nível da água, por algumha extraordinária seca, distinguem-se no fundo, as lousas dos enterramentos e os restos da batalha"

IES ILLA de AROUSA


Este sálvoo eu

ANTÓN RIVEIRO COELLO Arrianos X.L. Mendez Ferrín ¿Por que?

Porque por vez primeira o ALENTO dos meus devanceiros, habitantes dese país pequeniño chamado Couto Mixto, alucaba no fondo da memoria con resonancias épicas. Como diría o protagonista de Lobosandaus: “Hai que vivir eiquí un inverno...para coñecer o peso sombrizo do misterio e a presenza case física, de cousas e acontecidos"

CEIP de CESPÓN Boiro


Eu salvo

XOSÉ NEIRA VILAS Escritor Díxolle ao alumnado do CEIP de Cervo

Eu salvaría:

Todos os libros CASTELAO

CEIP de CERVO


Este sálvoo eu

FRANCISCO FERNÁNDEZ NAVAL "Chisco" Escritor Eu salvaría Cantares Galegos

Rosalía de Castro ¿Por que?

Porque é un libro que fala de nós, dos galegos. Un libro inspirado na tradición poética popular, libro co que me identifico e que todos debemos coñecer e, se é posible, aprender poemas seus de memoria.. (E memorizo...)

Lugar máis fermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis fermoso no mundo n’hachara que aquél de Galicia ¡Galicia encantada!

CEIP de CARNOTA


Este sálvoo eu

FINA CASALDERREY Memorias dun neno labrego J. Neira Vilas ¿Por que? Porque en Balbino, o protagonista, atopo anacos dun tempo que pertence a mín agora e ,intúo, que nel se poden ver reflectidas todas as xeracións, en calquera punto do planeta.. (E memorizo...) “Afixen a Lelo a cavilar (…).Estivemos de acordo en que no mundo hai pobres e ricos e non debería ser así. Convencino de que cumpría saber moito, e ensineille a facer algunhas contas e a escribir”

CEIP "A LAXE" Marín


Este sálvoo eu

MARÍA MARTÍN CARMONA Pintora

Muller no baño Manuel Rivas ¿Por que? Porque a muller no baño garda unha mensaxe para o escritor. Obrígalle a facer o recorrido que vai dende a imaxe-máscara ata o abismo do non dito, o non esperado. (E memorizo...) "A vida cólase para convertir a pintura no paradigma do ser amado "A que me doe". A que amamos, o que amamos, por aberto, por sincero, por estar esperando, por estar esperando a ser necesitado, por estar necesitado." necesitado."

CEIP de CERVO


Eu salvo

FRANCISCO CASTRO Escritor, profesor e traballador constante no mundo da comunicación e a cultura

Follas Novas Rosalia de Castro ¿Por que? Porque nel está un poema que se chama “A xustiza pola man”

(E memorizo...) Aqués que tén fama d' honrados na vila roubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida, fixéronm' un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. ――― ―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeum' a xusticia. ―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra. Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... (ne' as herbas sentían) i a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

IES “AS BARXAS” Moaña


Este sálvoo eu

MARTA BOBO Profesora no INFF de A Coruña e ex-ximnasta olímpica Eu salvaría O Diccionario da Real Academia

Galega ¿Por que?

Porque nel presérvanse todas as verbas das obras que son e serán na Língua Galega. Gústame especialmente esta definición: Porvir s.m.1. O tempo que ha de vir.(…) SIN. Futuro 2. O estado ou situación futuros da vida de alguén. Ten un gran porvir na súa profesión.

CIP "A PICOTA" Mazaricos


Este sálvoo eu

FRANCISCO RODRÍGUEZ escritor, crítico literario, político

"Follas novas" Rosalía de Castro Por que? Porque é coma contar cun mundo enteiro, con toda a súa complexidade e matices, dende unha perspectiva galega, feito por unha muller extraodinaria, comprensiva e enérxica, á que debemos en grande maneira a nosa existencia.

"Iste vaise e aquel vaise e todos, todos se van; Galicia sin homes quedas que te poidan traballar. Tés, en cambio, orfos e orfas, tés campos de soedade. Tés mais que non teñen fillos, e fillos que non teñen pai. E tés corazóns que sofren longas ausencias mortais, viudas de vivos e mortos que ninguén consolará."

CEIP "OS CASAIS" Fene


Eu salvo

ÁNGEL MARÍA CARRACEDO ÁLVAREZ Catedrático de Medicina Legal e xenetista

Eu salvaría varias ducias polo menos pero si teño que quedarme con un…quedaríame con calquera de Cunqueiro e sobre todo cos seus poemas ¿Por que? Pola súa imaxinación, pola súa creatividade, pola súa musicalidade e por saber enriquecer a linguaxe.

E memorizo... E memorizo a única poesía á que me atrevín, eu mesmo, a poñerlle música

“Na nao do mar laranxa anda a noivar. Seus amores pequeniños non os contar. Porase coloradiña hastra o van e tapará os dous ollos con unha man Anda a noivar Non o contar”

CEIP VÍCTOR SÁENZ Mazaricos


Este sálvoo eu

GUILLERME VÁZQUEZ Médico, ciruxán, profesor, portavoz nacional BNG

"Sempre en Galiza" Castelao Por que? Porque nel se recollen as ideas fundamentais do pai do nacionalismo galego. (E memorizo ....)

““E Euu aam moo aa xxuussttiizzaa,, qquuee nnuunnccaa ffooii ddeelleess,, qquuee sseem mpprree ffooii ddoo ppoobboo.. E Euu nnoonn ssoonn rreessppoonnssaabbllee ddaa ppoollííttiiccaa ,, nniinn ddaa gguueerrrraa,, nniinn ddoo ddeessaassttrree,, nniinn ddaa ddeesshhoonnrraa ddee H Heessppaaññaa.. Q Quuee aass m maannss aanngguurreennttaass ssee aaxxuunntteenn ee ssee rraabbuuññeenn eennrriibbaa ddoo tteessoouurroo ...... N Noonn qquueerroo m mááiiss qquuee uunnhhaa lleem mbbrraannzzaa ee uunn aanncceeiioo:: aa lleem mbbrraannzzaa ee oo aanncceeiioo ddee G Gaalliizzaa..”” .

CEIP "OS CASAIS" Fene


Este sálvoo eu

ÁNXELA GRACIÁN Escritora e tradutora Eu salvaría Chinto e Tom

Gloria Sánchez ¿Por que? Polo xeito de narrar unha fonda relación sentimental sen palabras que se tece entre dous personaxes que cultivan en solitario a contemplación da beleza que dorme nas formas e o xogo de construción-deconstrución dos seus actos que reinventan o absurdo de toda acción condenada de antemán ao fracaso.

(E memorizo...) "Porque a Chinto lle gusta sentar no cimo dun outeiro e mirar o mar e a Tom lle gusta sentar no mesmo outeiro e ver o sol afundir na inmensidade do océano."

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


Este sálvoo eu

CONCHA BLANCO Escritora Eu salvaría “Cousiñas para a escola” da miña autoría.

¿Por que? Porque foi o meu primeiro libro publicado, o responsable de introducirme no máxico universo da palabra escrita. Esta manifestación cara a el, é a miña pequena homenaxe. (E memorizo...) "Lires é unha pequena aldea da provincia da Coruña. Agochada nun currunchiño da costa do Atlántico coma se, xoguetona, lle escapase a Deus da man. E alí quedou; alí a tedes. Tranquila e serea, recibindo na súa praia os tombos bravos do mar como se para ela aloumiños fosen."

CEIP de LOURO


Este sálvoo eu

FRAN ALONSO Escritor Eu salvaría Follas Novas

Rosalía de Castro Por que? Eu salvaría moitos, moitos, moitos libros, porque como persoa (é dicir, como lector) e como escritor funme configurando de todos e medrando grazas a todos, pero finalmente, chegado ese terrible momento final de ter que elixir, creo que me quedaría con Follas Novas, de Rosalía de Castro. Por moitos motivos. O primeiro, porque se trata dun libro dunha calidade literaria dificilmente igualable. O segundo, porque é un libro fundacional, e abre paso non só á poesía galega moderna senón a toda a literatura galega moderna. O terceiro, porque ten moitas lecturas posibles, feito que engrandece á súa autora. O cuarto, porque continúa sendo completamente contemporáneo. O quinto, porque é un libro dunha profundidade e dunha beleza incorrupta hoxe irrepetible. E sexto, porque o meu gato poeta tamén elixiría ese libro. Agora cabelos negros, máis tarde cabelos brancos; agora dentes de prata, mañán chavellos querbados, hoxe fazulas de rosas, mañán de coiro enrugado. Morte negra, morte negra, cura de dores e engaños: ¿por que non máta-las mozas antes que as maten os anos?

CEIP "OS CASAIS" Fene


Eu salvo

BIEITO LOBEIRA Parlamentario do BNG

“Sempre en Galiza” Castelao

¿Por que? É un libro imprescindíbel para unha interpretación do país desde nós mesmos, cunha visión desacomplexada, desalienada e moi actual. E porque ten historia, filosofía, sentimento, emoción e forza… E memorizo... “Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioriade, facéndolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexeas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante osTribunaes de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.” .

CEIP VÍCTOR SÁENZ Mazaricos


Este sálvoo eu

EULOXIO R. RUIBAL Dramaturgo e académico da RAG

Eu salvaría A lagarada

Ramón Otero Pedrayo ¿Por que? Porque reflite moi ben as problemáticas das relacións entre señores e campesiños na primeiro tercio do século XX. (E memorizo...) “O señor Vences (con grandes berros) ¡Ó traballo nugalláns, arriba! ¿Ou coidades empalmar a parva co almorzo? Todos á viña; mulleres, apañade ben os bagos.”

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


Este sálvoo eu

JAIME PABLO DÍAZ Coreógrafo e bailarín

Espantallo amigo X. Neira Vilas ¿Por que? Porque nel está a amizade e a xenerosidade (E memorizo...) " Cando o espantallo deulle aos nenos pobres todo o que el tiña, a roupa, o pexego que tiña como corazón, o melón e as cereixas ..."

CEIP de CERVO


Este sálvoo eu

MIRO VILLAR, escritor e poeta Eu salvaría De catro a catro

Manuel Antonio Por que? Porque é o primeiro libro da nosa literatura que transcorre no mar. Fomos ficando sós o Mar o barco e máis nós Ruobaron-nos o Sol O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco Roubaron-nos o vento Aquel veleiro que se evadeu pol-a corda floxa d’o horizonte Este oucéano desatracou d’as costas e os ventos d’a Roseta ourentaron se ao esquenzo As nosas soedades veñen de tan lonxe como as horas d’o reloxe Pero tamén sabemos a maniobra d’os navios que fondean a sotavento d’unha singladura N-o cuadrante estantío d’as estrelas ficou parada esta hora: O cadavre dó Mar fixo dó barco un cadaleito

CEIP "OS CASAIS" Fene

Fume de pipa Saudade Noite Silenzo Frío E ficamos nós sós sin o Mar e sin o barco nós.


Eu salvo

DIEGO AMEIXEIRAS Xornalista, guionista e escritor ousensán Eu salvaría Miss Ourense

Bieito Iglesias ¿Por que? Me parecen uns relatos detectivescos magníficos, escritos co estilo inconfundible do autor. Para min, o detective Gumersindo Nespereira é un dos grandes personaxes da nosa literatura. (E memorizo...) O parágrafo pertence ao primeiro relato, "Luanda": "Á noite asomámonos á xanela e vimos, de lonxe, o folión na Ponte. A lucería remontábase por riba dos edificios máis altos, e os estalos dos cubos e bombas de palenque ecoaban nos montes que rodean a cidade. Despois, Tina puxo a radio mentres fritía uns ovos. Cantaban Os Tamara: "A Santiago voy, como un peregrino por el camino de la ilusión". Ó escurecer sempre me volvo melancólico, con máis razón nunha casa que estrañaba".

CEIP "VÍCTOR SÁENZ" Mazaricos


Eu salvo

ISABEL RISCO Actriz

“A esmorga” Eduardo Blanco Amor ¿Por que? Porque a primeira vez que a lin flipei. É a precursora de Trainspotting, de Irvine Welsh. Léndoa acabo metida na historia como se fose un dos seus personaxes, sentindo coma eles a noite, a humidade, o frío... Un referente da literatura moderna Europea contemporánea.

E memorizo... " -Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que leron, que os papeis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o señor, bulia moito a ler, e a mais diso non estamos moi afeitos a ouvir ler en castelán, que eiquí non o falamos e cando un que non sexa señorito se bota a falalo decímoslle que fala castrapo..."

CEIP "VÍCTOR SÁENZ" Mazaricos


Este sálvoo eu

FRAN CORTEGOSO Poeta Eu salvaría Heloísa

Chus Pato ¿Por que? Pola súa forza, a reivindicación feminista, as súas imaxes, e o fío temporal da muller trazado con palabras que crea.... (E memorizo...)

Só dous versos, estes: C Coom moo een nttóón n,, oo m meeu up prroop piioo n noom mee?? C Coom moo??

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


Este sálvoo eu

MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE Escritor

Cantiga nova que se chama Riveira Álvaro Cunqueiro ¿Por que? Porque nel atópase este poema

(E memorizo...) No niño novo do vento hai unha pomba dourada, meu amigo! Quén poidera namorala! Canta ao luar e ao mencer en frauta de verde olivo. Quén poidera namorala, meu amigo! Ten aers de frol recente, cousas de recén casada, meu amigo! Quén poidera namorala! Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. Qué poidera namorala, meu amigo!

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


Este sálvoo eu

JAUREGUIZAR Aire negro Agustín Fernández Paz Por que?

Porque mestura realidade, mitoloxía, misterio, amor, a psique humana e che mantén sen alento ata o remate..

"Laura facía unha apaixonada profesión de fe na literatura, no poder que os libros podían ter para cambiarnos a vida e termar dela nos momentos difíciles."

CEIP "OS CASAIS" Fene


Este sálvoo eu

MARÍA JOSÉ VIÑAS. Escritora

Eu salvaría Follas Novas

Rosalía de Castro Por que?

Porque a lingua galega débelle moito a esta muller, que a fixo rexurdír, levando a lírica ao máis alto, retratando unha patria dende a intimidade do seu corazón, de forma transcendente. (E memorizo...) Para a vida, para a morte -Para a vida, para a morte e para sempre en xamáis pedínte a Dios, e Dios dóuteme por toda unha eternidá. Para a vida, para a morte e para sempre en xamáis quero ser vosa, e que séades o meu señor natural. - Mais a que así querer sabe non debe ter pai nin irmán, nin home, si é que é casada, nin fillos, si acaso é nai. -Espanta o que estás dicindo... Mais eu sinto que é verdá; lévame, señor, que iréi onde me queiras levar...

-Pois vente... ¿Qué importa o mundo a quen ten a eternidá? Xuntos hemos de vivir, xuntos nos han de enterrar. I os nosos corpos aquí, i as nosas almas alá, quer Dios que en unión eterna estén pra sempre xamáis... Cal ó paxaro a serpente, cal á pomba o gavilán, arrincóuna do seu niño e xa nunca a él volverá.

CEIP de LOURO


Este sálvoo eu

RAFA VILLAR, poeta Eu salvaría De catro a catro

Manuel Antonio ¿Por que? Porque nel atópase o poema “Sós” Fomos ficando sós o Mar o barco e máis nós Ruobaron-nos o Sol O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco Roubaron-nos o vento Aquel veleiro que se evadeu pol-a corda floxa d’o horizonte Este oucéano desatracou d’as costas e os ventos d’a Roseta ourentaron se ao esquenzo As nosas soedades veñen de tan lonxe como as horas d’o reloxe Pero tamén sabemos a maniobra d’os navios que fondean a sotavento d’unha singladura N-o cuadrante estantío d’as estrelas ficou parada esta hora: O cadavre dó Mar fixo dó barco un cadaleito Fume de pipa Saudade Noite Silenzo Frío E ficamos nós sós sin o Mar e sin o barco nós.

CEIP "OS CASAIS" Fene


Este sálvoo eu

RAFA RODRÍGUEZ. Arqueólogo Eu salvaría Ilustríma

Carlos Casares ¿Por que? Simplemente, impresionoume cando o lin pola súa sinxeleza. (E memorizo...) Non é para escoller un parágrafo pero o final … “Unha dor punzante como un coitelo afiado atravesáballe o peito de parte a parte. Chamou pedindo axuda varias veces, pero a súa voz bateu contra as parede do salón, baixou retumbando polas escaleiras e perdeuse entre os cantos da rúa. De súpeto o mundo empezou a ser só ruído, unha descomunal caracola adormecéndolle o cerebro.”

IES “LUÍS SEOANE” Pontevedra


Eu salvo

XOÁN ANTÓN TOURIÑÁN Actor , humorista e presentador (Land Róbert, Luar..)

““DDee ccaattrroo aa ccaattrroo”” Manuel Antonio ¿Por que? Porque é un poemario que xongue á literatura galega coas vangardas literarias universais. E memorizo ... ““FFuum mee ddee ppiippaa.................. S Saauuddaaddee ..........N Nooiittee............ S Siilleenncciioo........ FFrrííoo E E ffiiccaam mooss nnóóss ssooss S Seenn oo M Maarr ee sseenn oo bbaarrccoo nnóóss..””

CEIP "VÍCTOR SÁENZ" Mazaricos


Este sálvoo eu

FRANCISCO DÍAZ. Coordinador de Linguas Eu salvaría: O Oss eeiiddooss

Uxío Novoneyra ¿Por que? Porque nel atópase o poema “O lobo”

(E memorizo...) C Coou ussooss d doo lloobboo!! C Ca abboorrccooss d doo x xa abba arríín n!! E Eiid dooss ssoollooss oon nd dee n niin nggu uéén n ffooii n niin nh ha ad d’’iirr!! O O lloobboo!! O Oss oollllooss oo lloom mbboo d doo lloobboo!! B Ba aiix xa a oo lloobboo p poolloo oolllloo d doo bboossccoo m na ass fflla aiirra ass d dooss tteeiix xooss moov veen nd doo n rru ux xiin nd doo n na a ffoolllla ad dooss cca arrrreeiirrooss een n bbu usscca ad dee v a ee m má áiiss m meed doo-va aggooa ad da am má áiiss ssoolla ssa a… … R Ra assttrreex xa a p pa arra assee ee v veen ntta a ffiin ncca aa ap poou utta a eerrggu uee a a tteesstta a ee oou ulla a ccoon n ttood da aa a ssoom mbbrra ad da an nooiittee n na a bboocca a

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


Eu salvo

XURXO TAXES Historiador e fillo do dramaturgo Francisco Taxes (autor de “O velorio”)

“Morning Start” José Miranda ¿Por que? Porque o autor nos agasalla cunha narración de aventuras marabillosa, á vez sinxela e profunda, que pode gañar militantes para a causa dos libros e contra o fahrenheit 451. E porque espero que alguén salve a obra completa de meu pai, o dramaturgo. E memorizo ... “Síntoo...! Só memorizo poemas, como un de Lois Pereiro que arrinca deste xeito: Amarte, vida, amarte case sempre inda que sexas dura e leves entremedias piedade e odio intermitente.”

CEIP VÍCTOR SÁENZ Mazaricos


Este sálvoo eu

LEDICIA COSTAS. Escritora, poeta e guionista e unha das promesas da nosa literatura. Eu salvaría: Na cerna da Selva

Pere Tobaruela ¿Por que? Porque é unha obra de LIX, pero que mostra a realidade máis desgarradora da selva africana sen ningún tipo de pudor nin de censura. Ademais, trátase dunha obra absolutamente universal. E facer universal o galego por medio da literatura é un feito ben fermoso. Sobre todo, tendo en conta que o autor é un escritor catalán que escribe na nosa lingua.

(E memorizo...) "—O racismo está presente nas diferentes etnias africanas. Nalgunhas tribos matan os albinos —afirmou Fran Lamas mentres se descalzaba e metía os pés no lago—. Unhas etnias africanas considéranse superiores ás outras. Para min, o racismo non está relacionado coa cor da pel. É inherente á condición humana.”

ASESORÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Este sálvoo eu

"Cantares galegos" Rosalía de Castro ¿Por que? Nel está o poema "Adios ríos,... " Aprendino de nena e é precioso. (E memorizo...) … Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios!

IES "SÁNCHEZ CANTÓN" Pontevedra


Este sálvoo eu Eu salvaría Follas novas

¿Por que? Porque nel atópase o poema “Silencio”

(E memorizo...) A man nerviosa e palpitante o seo, as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas, sentindo como loitan en sin igual batalla inmortales deseios que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a vena inchada, i escribo…, escribo…., ¿para que? ¡Volvede ó máis fondo da ialma, tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas! ¡Que a man tembrosa no papel só escriba palabras, e palabras, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura, ¿donde quedou velada?

IES "RAFAEL DIESTE" A Coruña


Este sálvoo eu

Cartas de amor Fran Alonso ¿Por que?

Porque nel atópase este fragmento ... (E memorizo...) “Non me resulta doado contarche todo isto. Sobre todo porque a complexidade do que sentín e todo o inferno que pasei desde o descubrimento da miña orientación sexual até o momento en que decidín escribirche este correo foi un tempo eterno e agonizante, cheo de matices intensamente contradictorios. Aínda hoxe, aceptalo é para min un feito tan difícil, tan connotado, que teño que pedirche por favor, unha e mil veces, que me gardes o segredo e, moi especialmente, que non llo contes a ninguén nin no Instituto, nin no grupo de sei que serás leal. Se coñecesen isto, eu sería o centro de todas as risas, de todas as burlas -dos rapaces, sobre todo-, de todas as olladas… e sentiríame tan mal que nin sequera sería capaz de vivir. Aínda non estou preparada para enfrontarme a unha situación así. En realidade, nin sequera son capaz de dicirllo aos meus país […]. Sei que non llo poderei dicir mentres viva con eles, mentres eu non teña unha vida propia, independente da súa. Aínda que me pareza terrible estar condenada a vivir o meu sexo en absoluto silencio. É coma se tivese que agacharme para vivir dúas vidas: unha pública, falsa, teatral, e a outra, a verdadeira, clandestina, só para a máis estrita intimidade. Así que ti es a partir de agora a única persoa que o sabe e a única que o saberá, polo momento."

IES "RAFAEL DIESTE" A Coruña


Este sálvoo eu Nós salvariamos Luz do mediodía

Ramiro Fonte ¿Por que? Porque nel atopamos o poema “Luces do mediodía” (E memorizo...) O mediodía escribe As mellores palabras sobre a noite; No seu xardín a flor Amígase coa estrela insubornable. Nas copas en que, xuntos, afogamos As augas moribundas doutras lúas, Xa estaba a luz Serena para sempre, presentida.

IES "CASTELAO" Vigo

Aqueles ollos meus Que nunca se cansaron de mirarte.


Este sálvoo eu

"Merlín e familia" Á. Cunqueiro ¿Por que? Porque nel atopamos a fantasía da nosa xente

“Ás vegadas, o señor Merlín saía a eira, e nunha copa de cristal chea de auga verquía dúas ou tres gotas do licor que il chamaba “dos países”, e sorrindo preguntábanos de que cor queriamos ver o mundo e eu dicía que de azul, i entón don Merlín botaba a auga ao aer, e por un segundo o mundo todo (…), todo era unha longa nube azul que pouco a pouco se esvaía”.

IES "CASTELAO" Vigo


Nós salvamos

Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas ¿Por que? Porque foi o gañador da votación no noso centro, e foi un do que mellores recordos deixou entre alumnos e profesores Tamén porque a pesar de ser un clásico entre os nosos clásico relata a biografía dun neno que está no interior de todos nós, x que todos os nosos antepasados viviron o que relata Balbino. (E memorizamos...) "Debe ser boa cousa chegar a grande. Os grandes son donos de si e do mundo.Fan e desfán, gobernan, arman o merlo con guerras, negocios e canta trangallada hai. Pero, como dí a madriña,”non sempre é ouro o que reluce”. Os grandes teñen as súas tristuras e desacougos. E ás veces inda nos gañan en rapazadas. De non ser así, non se encabuxarían cando lles sinalamos algo que está mal."

IES "LAMAS de CASTELO" Carnota


Este sálvoo eu

Os dous de sempre Castelao ¿Por que? Polo exemplo de superación de Rañolas (E memorizo...) "¿Entendes agora? Eu quero andar de pé, como os demáis homes, porque son tan home coma calquera. ti xa vés o que me está pasando: se viñese mal traxeado tomaríanme por mendicante, pero como veño ben vestido fago rir á xente. ¡Canallas!"

IES "PEDRO FLORIANI" Redondela


Este sálvoo eu Eu salvaría Na noite estrelecida

Ramón Cabanillas ¿Por que? Por como representa aos cabaleiros mediante cisnes negros (E memorizo...) "De soave, fino veludo a barca chega enloitada; no medio da vela moura reloce unha cruz de prata. Longas cadeas de rosas creban o espello das ágoas e negros cisnes lanzales en arredor lle dan garda. Os cisnes esguíos portan sobre o peito penduradas pulidas follas de ouro nas que labrados resaltan sellos de craros linaxes, altivos blasóns de armas. Un a un, na vaguedade das ondas e da luz, pasan diante do Rei que ve neles, aceso en viva lembranza, os cuarteles e divisas da nobre, antiga compaña de barudos loitadores en cen heroicas xornadas, dos que da Táboa Redonda leiales á fe xurada caíron cheos de honra do Sant Grial na demanda…"

IES "PEDRO FLORIANI" Redondela


Este sálvoo eu

ALBERTO AROSA PAZOS 4º de ESO A

"O crepúsculo e as formigas" Xosé Luís Méndez Ferrín ¿Por que? Elexín este libro porque conta historias de medo (as miñas favoritas); ademais a brevidade e a densidade dos relatos apórtanlle un toque de emoción bastante bo (E memorizo...)

"…O alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se interpón entre os homes e a miña ollada…"

IES de POIO


Este sálvoo eu

Os Eidos / 2 Uxío Novoneyra

¿Por que? Porque nel anda o tempo devagar.

(E memorizo...) "Da cama á solaina. Da solaina á cama. Teso de Pinza sempre diante!

As noites i os días. Os días i as noites. E ún xa non sabe Cando foi onte…."

IES de VILALONGA Sanxenxo


Este sálvoo eu O achado do Castro Manuel Núñez Singala

¿Por que? Porque é unha peza teatral áxil e fresca que provoca unha reacción inmediata de divertimento e a identificación dos lectoresespectadores coas situacións e personaxes.

(E memorizo...) MANOLITUS: Eu namoreime de seguida dela, tan bonita, tan fermosa, tan agraciada, tan…, tan… CITRÓN/CALENO: ¡Outro reloxio! MANOLITUS: Tan non sei que. Eu estaba en Nápoles por mor dunha ducia de escravas que necesitaba e din que as de alí son moi boas. CARMIÑAE: Un día, ou mellor unha noite, ata me veu dar unha serenata ó pé do meu balcón; ó final deixeino subir ata a baranda e deille un bico. EMPERADOR: (Levantando a voz) ¿En Nápoles? MANOLITUS: Si, en Nápoles. EMPERADOR: ¡Me cago en Nápoles!

IES "A XUNQUEIRA II" Pontevedra


Este sálvoo eu Eu salvaría Que me queres, Amor?

Manuel Rivas ¿Por que? Porque hai un relato que me impactou moito: “A lingua das bolboretas” Era coma se ti te puxeses nos ollos de Moncho, un neno daquela época que vive varias desgrazas e podes ver case como vai correndo detrás do camión chamándolle ao mestre:"Sapo! Tilonorrinco! Iris!". (E memorizo...) "Cando os camións arrincaron cargados de presos, eu fun un dos nenos que corrían detrás lanzando pedras. Buscaba con desespero o rostro do mestre para chamarlle traidor e criminal. Pero o convoi era xa unha nube de po ao lonxe e eu no medio da alameda, cos puños pechados, so fun capaz de murmurar con rabia: "Sapo! Tilonorrinco! Iris!."

IES IllA de AROUSA


Este sálvoo eu Follas novas Rosalía de Castro

¿Por que? Porque nel atópase o poema Negra sombra

(E memorizo...) Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.

IES “A XUNQUEIRA II” Pontevedra


Este sálvoo eu

"O lapis do carpinteiro" M. Rivas ¿Por que?

Porque fala da liberdade que non quere estar presa. (E memorizo...)

“Pepe Sánchez…dixo…que non había no mundo ninguén suficientemente bo como para mandar sobre outro sen o seu consentimento. Que a unión entre home e muller tiña que ser libre, sen máis anel nin argola que o amor e a responsabilidade. Que. Que. Que quen rouba a un ladrón ten cen anos e perdón e que parva é a ovella que se confesa co lobo.”

IES de VILALONGA Sanxenxo


Este sálvoo eu :

Tristes armas Marina Mayoral

¿Por que? É sen dúbida unha historia que amosa o verdadeiro amor: o que existe entre dúas irmás que sofren pola guerra, o que enche o corazón dunha nai polas súas fillas, o que pervive entre dous amigos enfrentados pola guerra e, o máis fermoso de todos: o que xorde entre un rapaz triste e reservado e unha rapaza seria que nunca chora, unidos por un mesmo destino. Un libro así non pode desaparecer, se non, o auténtico significado e sentido que debe ter o amor morrerá con el.

“Explicoulles que o seu avó morrera anos atrás e que, pouco antes de morrer, lle fixera entrega dunha carta que chegara á vila dende Rusia, dirixida a don Miguel (...) Dito isto, sacou do peto un sobre marelo de bordes dobrados e entregoullo a Harmonía, que o recibiu con mans trementes. As dúas irmáns olláronse un intre e non dubidaron de que aquela era a primeira carta que elas escribiran dende Rusia, a que levaba as súas explicacións de por que non saíran cando a súa nai as chamara, e na que Rosa mandaba unha galiña vermella rodeada de pitiños.”

IES” VALLE-INCLÁN” Pontevedra


Nós salvamos

Herba Moura Teresa Moure ¿Por que? “Herba moura” converteuse para min nun deses libros de cabeceira que gardas com agarimo por deixaren em ti unha profunda pegada. É unha novela suxerente, filosófica, sensitiva, máxica e fóra do común, onde podemos apreciar o devir das mulleres na historia e os seus saberes da vida tan pouco valorados ao longo desta. Isto unido ao seu bo argumento que engancha de principio a fin fan del unha lectura completamente recomendábel.

(E memorizo....)

“A herba moura ten un aquel de misterio xa que, como as boas historias, atesoura o máxico poder de calmar a dor e, como todas as mulleres, ten unha mala fama que en absoluto se corresponde coas súas obras."

IES "CHANO PIÑEIRO" Forcarei


Nós salvamos

A Praia dos afogados Domingo Villar ¿Por que? Gústanos porque desenvolve temas de actualidade, porque, a pesar da dureza dalgúns deles, non perde o sentido do humor e porque gozamos moito facendo o roteiro e segunido as pegadas dos seus personaxes. Velaquí tedes un fragmento do mesmo: “Leo Caldas recordou Capitáns intrépidos, as flores que ao final da película o neno lanzaba ao mar coa esperanza de que chegasen á tumba de Manuel o Portugués. - Non sei se sabes que á praia á que foi parar o corpo do Rubio, á Madorra, teñen chegado moitos afogados...”

IES "DAVID BUJÁN" Cambre


Este sálvoo eu Eu salvaría Tistes armas

Marina Mayoral ¿Por que? Porque aporta moitas referencias históricas que se aprenden sen darse conta. Ademais entra moito no mundo dos sentimentos e da familia, da desgraza, do amor e na superación dos problemas. (E memorizo...) "Podía ser que Carmiña estivese viva e exiliada, pero igual podía ser que morrese coma tantos outros, sen que se soubese nada dela. E, nese caso, as nenas estaban aló, tan lonxe, soas, e sen novas da familia, mesmo sen saber que eran orfas."

IES de SANXENXO


Este sálvoo eu

O Oss PPiinnooss Eduardo Pondal ¿Por que? Escollemos este poema por ser un símbolo representativo para Galiza e porque é algo importante, se algo hai que salvar é o noso himno. (E memorizo...) Q Qu uee ddiin no oss rru um mo orro osso oss,, n naa cco ossttaa v veerrddeecceen nttee ó ó rraaiio o ttrraan nssp paarreen nttee ddo op prráácciiddo o llu uaarr......?? Q Qu uee ddiin n aass aallttaass cco op paass ddee eessccu urro o aarru um mee h haarrp paaddo o cco o sseeu ub been n cco om mp paassaaddo o,, m mo on nó ótto on no o ffu un ng gaarr… …??

IES SALVATERRA de MIÑO


Este sálvoo eu

Tonecho de Rebordechao Breogán Riveiro ¿Por que?

Trátase dunha historia centrada nun neno, da súa relación cos seus avós, da relación tan chea de anos e de historias entre estes e das historias da aldea de Rebordechao. Todo contado cun léxico sinxelo, dinámico e cheo de humor. (E memorizo...) “Non teño cartos para mercar PlayStation, nin a Xbox! E non hai maneira de convencer aos meus avós de que é fundamental para o meu desenvolvemento físico e intelectual o dispor dunha videoconsola! Faleilles moitas veces de todas as vantaxes que ten a maquiniña: que se era unha boa introdución á informática, que se melloraba a coordinación espazo-temporal (…). O avó mírame sempre coa ollada retranqueira que ten e logo di (…): -Vai chamar ás vacas e xa verás como melloras a túa coordinación espazo-temporal."

IES SALVATERRA de MIÑO


Este sálvoo eu

Os vellos non deben de namorarse Castelao ¿Por que? Por ser unha das pezas máis populares do teatro galego. Con esta obra o autor quería amosar a súa identificación co pobo galego. Ademais o título chamame moito a atención (E memorizo...) “Estan as nubes chorando por un amor que morreu, están as rúas molladas de tanto como choveu. Lela, Lela, Leliña por quen eu morro Quero mirarme nas meniñas dos teus ollos.

IES SALVATERRA de MIÑO

Non me deixes e ten compasión de min Sen ti non podo, Sen ti non podo vivir. Dáme alento coas túas palabras, dáme o celme do teu corazón, dáme lume cas túas miradas miradas dáme a vida co teu doce amor." amor


Nós salvamos:

Chamádeme Simbad Francisco Castro Por que? Porque achegounos á realidade do alzhéimer, provocou en nós un montón de sentimentos e propiciou historias fermosísimas.

"Mais o avó si que se esquece das cousas. O avó repite moitas veces as mesmas cousas porque non se acorda de que xa as dixo. E nós poñémoslle como cara de disimulo e como que é a primeira vez que llo oímos (…) e en ocasións non coñece ao meu pai, e iso que é o seu fillo e que é fácil saber quen é porque anda sempre cun móbil pegado á orella…" .

IES "AS BARXAS" Moaña


Este sálvoo eu

Cando petan na porta pola noite Xabier P. Docampo

¿Por que? Mestura fantasía e realidade para conseguir unha historia terrorífica. Mentres o lía tiña ganas de parar polo medo que tiña, pero ó mesmo tempo quería seguir para saber o final. Ler este libro é como ver unha película de terror.

(E memorizo...)

" Mandou un berro que non parecía deste mundo e seguiu a correr. Cando a vella puña un pé no sobrado xa os tres subiran os banzos de dous en dous. Chegaron os catro xuntos e a vella saltou pa para enriba da cama. A luz do luar axu axudoulles a se decatar de que quería acubillarse entre a cama e a parede.(...)Daquela comezaron a mamallar na vella. O pau baixou nese mo momento e foi bater no medio e medio da fronte da muller. Sentiuse crebar o cra cranio, brotou un reguiño de sangue e dixo a vella: “A ti, Teixo, heiche dar que arrepentir para men mentres vivas, aínda que morra”

IES "O MOSTEIRÓN" Sada


Este sálvoo eu

“Cousas” Castelao ¿Por que? Pola innovación técnica dos relatos, que moitos autores daliteratura galega actual intentan imitar e polo ben que retrata a mentalidade dos galegos, cos seus defectos e as súas virtudes

E memorizo... "O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato. Os “americanos” xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado. De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o “americano”, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o “americano” pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o “americano” pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno. Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo... Aquel si que era o pai de Migueliño."

IES "AS TELLEIRAS" Narón


Este salvámolo nós

ALUMNDO DE BACH.

A Esmorga Eduardo Blanco Amor

¿Por que? É un libro cuns personaxes transparentes, unha historia intrigante que nos prende desde o comezo e un final extraordinario (E memorizamos...) "Boeno, que total xa estabamos metidos no lío e había que tirar para diante. Certamente que ata o desexaba para me ceibar daquilo, pois cando as cousas de fóra de min teñen moita forza poden coas de dentro, entón venme o ‘pensamento..."

IES de ELVIÑA A Coruña


Este sálvoo eu

ALUMNADO DE ESO Nós salvaríamos

Camiño perigoso Ánxela Loureiro ¿Por que? Porque está ambientado na época medieval e describe tan ben os lugares que nos permite imaxinalos dun xeito interesante. Ademais conta unha historia moi tenra. (E memorizamos...)

"Sobre a miña nai pouco máis souben; as novas sobre a súa situación eran imprecisas; sospeitábase que estaba, xunto con outras mulleres, retida no castelo baixo réxime de escravitude..." escravitude.. ."

IES de ELVIÑA A Coruña


Este sálvoo eu

Onde o mundo se chama Celanova Celso Emilio Ferreiro ¿Por que? Porque nel atópase o poema “Moraima”

(E memorizo...) "Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha."

IES da TERRA CHÁ


Este sálvoo eu Anagnórise Mª Victoria Moreno

¿Por que? Pola súa temática, polo escenario onde se desenvolve e porque é unha obra que nos fai reflexionar.

(E memorizo...) -Rapaz, volve. Agora estabamos a falar de por que se escribe. Poida que nese mundo dos teus silencios, nese teu mundo secreto, estea a clave do teu desexo de escribir. Poida que nese mundo teñas todo o que precisas para escribir unha boa novela. - Pero ese mundo… Mire, vou dicirlle unha cousa a condición de que a esqueza de contado. Nese mundo non quero que entre ninguén. Antes deixábaa entrar a vostede que poñerme a escribir diso. ¿Non se decata de que ninguén ten dereito a irromper na intimidade dos demais? Ese mundo gárdoo para min, é de meu, e non vou abrirlle as portas ó primeiro lacazán que non atope mellor distracción para o seu aburrimento. Se ese é o prezo de ser escritor, eu non o serei na vida. Decátese ben, na vida.

IES DE FENE


Este sálvoo eu Aire Negro A. Fernández Paz

¿Por que? Pois, éche unha historia intrigante, estás desexando chegar ao final para coñecer o desenlace e averiguar de onde saiu esa mala besta e como se destrúe. Tamén porque está escrita dunha forma que che permite ir descubrindo datos do pasado da protagonista, é como ir reconstruíndo a súa vida, enlazando a súa historia con outros personaxes. Naquelas secuencias de "terror" o escritor consegue transmitir esa sensación de medo e misterio que nos empurra ata o final, cun desenlace aberto que se presta a distintas interpretacións, coma deixándonos a nós, aos lectores, a liberdade de decidir o que realmente pasou.

(E memorizo...) "Quizais inconscientemente xa agardaba unha carta así, un pulo que me forzase a abandonar a terra de ninguén en que me atopaba naquela etapa. Por unha vez quixen facerlles caso ós meus sentimentos, deixarme levar polo corazón, esquecer todos os plans que a razón constrúe, malia saber que é o azar quen nos goberna. Aquela mesma tarde pechei o piso, carguei no coche todas as miñas pertenzas e emprendín o camiño de volta á Casa Grande de Lanzós."

IES DE FENE


Este sテ。lvoo eu:

Lu e Go pola muralla Antonio Reigosa Por que?

Porque テゥ unha interesante aventura na nosa muralla romana (E memorizo...)

"Ten o pelello branco, fino e moi brillante, o bandullo avultado permanentemente e o corpo rexo e vigoroso como un touro en versiテウn pigmea"

IES "NOSA SEテ前RA DOS OLLOS GRANDES" Lugo


Este sálvoo eu

""O OM Miisstteerriioo ddaass bbaaddaallaaddaass"" Xabier P. Docampo ¿Por que? Porque poñéndoo nas mans de moitos rapaces e rapazas conseguín escoitar que disfrutaran lendo en galego.

(E memorizo...)

““A Aqquueellaa nnooiittee,, ááss ddooccee,, oo rreellooxxoo ddaa iiggrreexxaa ddee E Eiirraannoovvaa nnoonn ddeeuu ttrreeccee bbaaddaallaaddaass,, ccoom moo vviiññaa ffaacceennddoo ddeessddee qquuee ffoorraa iinnssttaallaaddoo.. P Peerroo ttaam mppoouuccoo ddeeuu aass ddooccee qquuee llllee ccoorrrreessppoonnddííaa ddaarr aa aaqquueellaa hhoorraa.. A Aqquueellaa nnooiittee ááss ddooccee ddeeuu O ON NC CE E bbaaddaallaaddaass””

IES "PEDRA DA AGUIA" A Ponte do Porto


Nós salvamos

Cartas de inverno Agustín Fernández Paz ¿Por que?

Non puidemos deixar de ler ata rematar o libro (E memorizamos...) " ... Pero cando cheguei ó salón vin que o teléfono estaba desconectado e, sen embargo, seguía soando. Descolgueino, cheo de estrañeza, e puiden escoitar outra vez os ruídos distantes e as voces intanxibles. Só duraron uns segundos, porque pronto sentín o click que sinalaba o final da comunicación. Cando xa colgaba, oprimido polo desconcerto, o ruído do fax indicoume que aínda non remataran as sorpresas. No fax apareceu unha nova folla, pero desta vez no viña co barullo de letras acostumado, coma a que che enviei onte. Desta vez tiña unha mensaxe ben clariña, unha mensaxe que se repetía ata a exasperación. Velaquí cha envío: ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡socorro, socorro! ¡Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!

IES "LEIRAS PULPEIRO" Lugo


Este salvámolonós

@S USUARI@S DA BIBLIOTECA ESCOLAR Irmán do vento M. Lourenzo

¿Por que?

Porque nos transmite vaIES "LAMA das QUENDAS" Chantada

á guerra .

IES de BECERREÁ


Este salvámolo nós

“O soño sulagado” Celso Emilio Ferreiro ¿Por que? Porque nel atópase o poema “Eu en ti”

EU EN TI Eu xa te busquéi cando o mundo era unha pedra intaita. intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procuréi no comenzo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañia, eu xa te procuraba. Eu xa te chaméi cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namoréi cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outras cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma.

IES PONTEPEDRIÑA Santiago


Nós salvamos

ALUMNADO de 2º de ESO

Cando petan na porta pola noite Xabier P. Docampo ¿Por que?

Porque é un libro de medo, fácil de ler. Axúdanos a coñecer costumes e crenzas da Galicia rural, un mundo moi distinto e diferente do mundo no que vivimos. Nel faise unha moi boa descrición dos personaxes e facilita a súa imaxinación polo lector.

IES "LAMA das QUENDAS" Chantada


Este salvámolo nós CLUB DE LECTURA O FALADOIRO Dragal: a herdanza do dragón Helena Gallego Abad ¿Por que? Porque cobra vida un dragón galego; é unha historia emocionante e chea de moitas sorpresas. Unha novela que nos lembra espazos próximos, como a Poza da Moura ou a igrexa de San Pedro. E o seu final fíxonos devecer a segunda parte. (E memorizamos...) "Mentres sentía o formigo que lle producía aquela forza, deixando que transformase o seu corpo nun desafío a todas as leis da ciencia, o rapaz lembrou as verbas dos alquimistas. “O corpo nace da substancia e

regresa a esta cando consegue transformarse". O tempo do dragón era chegado e, logo de permitir a súa propia destución, Hadrián estaba seguro de renacer ao longo dunha nova roda interminable."

IES "MONTE CARRASCO" Cangas


Este sálvoo eu Eu salvaría

A cabeza de Medusa Marilar Aleixandre ¿Por que?

Porque defendemos a forza da palabra.

(E memorizo...) "Faremos entre os dous unha estatua de barro, cocerémola no forno do pan. Unha cabeza de Medusa. Eles non saben distinguir a cabeza verdadeira, baixo a coroa de flores. Dirémoslles que as algas mudaron en corais ao ser molladas polo teu sangue, cando cortei a cabeza. Mal saben que o sangue, ruin Neptuno!, é o do decrú."

CIP de PONTECARREIRA


Este salvámolo nós

ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA Lúa do Senegal Agustín Fernández Paz ¿Por que?

Porque narra a historia de Khoedi (que significa lúa) (E memorizamos...)

"Nunca me esquecerei de mirar ao alto, de buscarte no ceo escuro, de verte brillar en calquer lugar do mundo a onde a vida me leve..."

CIP "OS DICES" Rois


Este sálvoo eu

Que me queres, amor? Manuel Rivas ¿Por que? Porque nel atópase "A lingua das bolboretas" (E memorizo...)

"Non, o mestre Don Gregorio, non pegaba. Pola contra, case sempre sorría coa súa cara de sapo. Cando dous pelexaban no recreo, el chamábaos " perecedes carneiros", e facía que se deran a man. Logo,sentábaos no mesmo pupitre. Así foi como fixen o meu mellor amigo, Dombodán, grande, bondadoso e torpe."

CEIP "ALEXANDER BÓVEDA" Redondela


Nós salvamos

“Cousas” Castelao ¿Por que? Porque nel atópase o relato "Chegou das Américas um home rico...”

E memorizamos ... "Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando: -Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro! Panchito retornou á aldea. Chegou probe e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e máis un traxe branco... "

CEIP "EDUARDO PONDAL" Vigo


Este salvámolo nós

Q Quueeiixxuum meess ddooss ppiinnooss Eduardo Pondal ¿Por que? Porque contén a letra do noso himno, no que estamos todos os galegos e galegas representados e é importante salvalo para xeracións futuras.

(E memorizamos...) “Os tempos son chegados dos bardos das idades, que as vosas vaguidades cumprido fin terán; pois, onde quer xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.”

CPI "O PROGRESO" Catoira

.


Este salvámolo nós

"Circe ou o pracer do azul" Ana Romaní ¿Por que? Porque pon voz ás mulleres silenciadas, fainas protagonistas (E memorizamos...) "... Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Ti cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada... Así falou Circe, a da voz dourada, e os ollos de Ulises enchíanse de bagoas ao escoitala..."

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


Este salvámolo nós

Das últimas mareas Ana Romaní ¿Por que? Porque fala das mulleres e do mar, da esperanza de liberdade. (E memorizamos...) ""C Caam miiññaann ddeessccaallzzaass ppoollaass rroocchhaass,, ffaannttaassm maass ddee ssaall hhaabbiittaann aass ssoom mbbrraass,, ssaabbeenn qquuee aass úúllttiim maass m maarreeaass eessqquueecceerroonn nnaa pprraaiiaa ooss rreessttooss ddoo nnaauuffrraaggiioo.. A Ass m muulllleerreess rreeccoolllleenn ccaaddaa nnooiittee ooss tteessoouurrooss ddee aauuggaa,, llííqquuiiddooss ee ffrrááxxiilleess,, rreebbééllaannssee ccoonnttrraa aa H Hiissttoorriiaa,, ccoonnssttrrúúeenn ccoo m maarr aass eessttaattuuaass qquuee nnuunnccaa ppeerrm maanneezzaann.. A Ass m muulllleerreess ddee ssaall,, ccoonn ssaarrggaazzooss ddee ssoom mbbrraass,, xxoorrddeenn ddaass úúllttiim maass m maarreeaass ee tteecceenn tteessoouurrooss ddee aauuggaa ccaaddaa nnooiittee ccoonnttrraa aa H Hiissttoorriiaa.. E EL LA AS S,, qquuee ssaabbeenn qquuee oo eefféém meerroo ppeerrm maanneeccee..""

IES "LUÍS SEOANE" Pontevedra


MENTRES OS LIBROS PERMANEZAN NA NOSA MEMORIA E NAS NOSAS VOCES A NOSA LINGUA E A NOSA NACIÓN PERMANECERÁN. NINGUÉN PODERÁ ARREBATARNOS O QUE É NOSO!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.