REVISTA TK14

Page 1

tk 14

Poñereille unha frauta e mais un reiseñor e uha longa soedade coma ad mar maior. A dorna vai e ven que meu amor ten!

Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira

BIBLIO

BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECA DO CPI DE VEDRA

Si miña señor á i-alba da Arousa beilar poñereille, belida, un ventiño no mar. A dorna vai e ven que meu amor ten!

LER NO VERÁN

CEN ANOS CON ÁLVARO CUNQUEIRO En decembro deste 2011 cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora. Esta conmemoración supón unha oportunidade para ler ou reler a obra do escritor mindoniense, A dimensión galega e universal da obra e da figura de Álvaro Cunqueiro convertérono nun factor privilexiado para a proxección de Galicia no mundo. O pensamento e a imaxinación cunqueiriana renovaron a conciencia dos propios galegos sobre si mesmos, establecendo novas pautas que contribuíron a definir a identidade galega e a imaxe do noso país.

Éo autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura actualmente na súa sepultura "Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" xunto con outra que reza, "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que c hamamos Galicia".

nam dolor ipsum: Infantil Primaria Secundaria Ensaio, cine, música

2 2 3 4


INFANTIL Bea

Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena. E igual que as nenas de hoxe en día sempre quere quedar cinco minutiños máis na cama antes de se erguer para ir á escola. Bea vive cos seus pais e mentres coida das súas irmás, estuda e fai os deberes, rega as plantas...pensa que vai ser de maior: ¿será deportista, bandoleira, astronauta?, pero ten un segredo, hai algo que lle gusta moito facer e co que goza sempre que pode. Ás veces non é doado ser a irmá maior. (Primeiros lectores)

de Iván Sende

O GALO TRAGANOCES Roberto Mezquita & Bernardo Carvalho “—O galo papou noces a fartar e agora de

o pobre afoga por lambón. Axiña!, se o queremos axudar, un grolo de auga é a solución.”

Bertiño Rompetodo de Ramón Caride e Chus Ferrín.

Axudado pola galiña, a súa amiga, unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo conseguiran salvalo do atragoamento

Mefi, Sata e Demi de Mercedes Neuschäfer-Carlón (Primeiros lectores)

No centro dun bosque de enormes e antigas árbores, álzase un tétrico castelo. O seu dono, o conde Similoff, estraño e sombrío, vive cos seus fillos. Mefi, Sata e Monio son unhas criaturas infernais... Ningún criado puido resistir o seu tormento

Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata desfeita, colle un conto na librería e alá van os andeis e os libros, ata na gardería respiran se Bertiño cae con febre. Bertiño pon patas arriba a consulta do pediatra…


PRIMARIA Susto en la playa Autor/Autora: Violeta Monreal Ilustradora: Violeta Monreal

O raposo Colabranca Xosé Carlos Caneiro debuta como autor de infantil con ‘O rap o s o C o l a branc a’, fe r mo s o álbum ilus t rado por Fe de r ico Fernández e que vén sendo unha intere sante refle xión sobre o egoísmo e a tiranía da propia beleza, que nos volve insensibles aos problemas dos demais. Ata que as circunstancias, como tantas veces na vida, nos obrigan a esquecernos de nós propios para pensar, tamén, nos demais.

O souto escuro e perigoso, de Miguel Vázquez Freire,

A cobiza do verme N

oel

En ‘A co biz a do ve rme No el’ de M iro Vi lla r e ilust ra do po r M ar ta Ál va re z M ig ué ns a ac ción sitúa se en Lingu áp oli s, on de ha bit an un s ve rm es moi trab al ladores . Un de les, No el, é es pe cia lmen te co biz os o. Ist o fa rá qu e es e mun do idílic o come ce a te r problem as .

Nun souto moi grande, moi escuro e moi perigoso vivían un lobo moi grande, moi negro e moi perigoso, tamén vivía un oso moi moi grande, e moi moi negro, e moi moi pero que moi perigoso e un coello moi pequeno, moi branco e moi pero que moi pouco perigoso.

Cada verán,un grupo de amigos coinciden no mesmo lugar de vacacións. Formaron "El Club de la casa del Cuco" Este ano alguén novo entrará a formar parte do club. Pero é un pouco diferente, quen será?

Tucho Despistes Ana Santiso


SECUNDARIA Non hai noite tan longa, Agustín Fernández Paz

LUME DE COBIZA, Miguel Anxo Fernández

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. Non hai noite tan longa. Audio 1º capítulo na voz do autor

Exogamia 0.3,

Ramón Caride, Ed. Edicións Xerais de Galicia Exogamia 0.3 reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo.

En Lume de cobiza, o detective californiano de pais galegos, Frank Soutelo, emprende o seu primeiro caso en Galicia que o levará por numerosas vilas e cidades galegas (Sanxenxo, Cambados, Santiago de Compostela, Vigo, O Carballiño, Muros, Soutelo de Montes…) a modo de road movie para aclarar a

morte dun mozo durante a vaga de lumes de 2006. A peripecia que o levará a esclarecer o caso, espertará no propio detective a súa agachada alma de ecoloxista. Tres anteriores entregas do detective: Un nicho para Marilyn (Premio García Barros 2002), Luar no inferno e Tres disparos e dous friames.

Botchan , Natsume Soseki

Ed. Rinoceronte

Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de personaxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente para o lector occidental.O personaxe de Botchan está construído coas propias vivencias do autor da novela, quen foi destinado á afastada escola da aldea de Matsuyama cando empezou a traballar como mestre. Botchan é tan famoso na literatura xaponesa como pode selo Tom Sawyer na norteamericana.


Indignádevos!

o opúsculo de

Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia pódese ler en galego na

Dende a súa aparición no ano 2007, ‘Made

edición da editorial FAKTORÍA K O

Sende, non deixa de se editar. Referencial en moitos centros de ensino

escritor Manuel Rivas asina o prólogo

pola vitalidade dos seus relatos á hora de estudar as cuestións da nosa

desta obra directa, reivindicativa e

(estraña) sociolingüística, os relatos deste volume cativan tamén ano

axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se

in Galiza‘, de Séchu

tras ano a un público xeralista que cae rendido diante deste equilibrio de humor, amor, tenrura e retranca que destilan todos e cada un dos relatos do autor padronés.

dirixe -aos seus recios 93 anos- á

http://www.blogoteca.com/madeingaliza/

sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a

'El ángel caído'

inxusta realidade social, económica, política e medioambiental.

“…Facemos un chamamento ás novas xeracións para revitalizaren e transmitiren o herdo da Resistencia e os seus ideais. Nós dicímoslles: tomade o relevo, indignádevos! Os responsables políticos, económicos e intelectuais, e o conxunto da sociedade, non deben renderse nin deixarse amedrentar pola actual ditadura internacional dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia”. (Stéphane Hessel).

A historia

mestura

unha trama que se inicia en España, na catedral de

Santiago,

na que se ven envolta a CIA e incluso o presidente americano.Unha trama que

Josep Vallverdú,La Galera

se adentra nos recunchos da historia, a

Considerado o patriarca ca literatura xuvenil en catalán.

ciencia e a mitoloxía. Véndese como

Desde que JOHN SILVER, o pirata da muleta, fuxiu con parte do botín atopado na illa do tesouro, non se soubo que fora del... Durante moitos

acción que se desenvolve en 72 horas,

anos fíxose pasar por un señor, isto lévao por camiños arriscados...

“un thriller apaixonante cheo de entre oriente e occidente”.


El silencio se mueve de Fernando Marías é unha obra multimedia moi orixinal. Mestura narrativa, cómic, cine, internet. Destinada para a xente nova fálase da relación pai-fillos. Se queres saber máis, quen é o autor, como é a obra entra neste enlace: http://www.fernandomarias.com/obras/ el_silencio_se_mueve.html

“desearías que todo el mundo callase... si pudieras escuchar lo que dice el silencio”

Lois Pereiro. Breve encontro de Jacobo Fernández Jacobo Fernández publica

CERO,

unha novela gráfica sobre Oriana Méndez

a v ida do poe t a L oi s Pereiro. Afronta ao seu

No seu novo libro, "Cero", reflexióna sobre a opresión, a memoria ou a incomunicación desde unha óptica de estrañamento da realidade

personaxe sen tabús porque é consciente dá «imposibilidade de achegarse a súa poesía sen ter en conta as circunstancias dá súa

“Ti que posúes o barco no teu interior -e cavas e navegasfálame dos ventos no mes de abril”


Club de lectura “Devoralibros” Os centos de docentes que coordinan clubes de lectura nos centros de ensino secundario e que asistiron o pasado venres á IV Xornada dos Clubes de Lectura saben que non camiñan sós, e que o seu traballo, dedicación e profesionalidade é valorado polo alumnado, as familias e o conxunto do profesorado, e comeza a dar os seus froitos . Mais a administración dá mostras en ocasións (por desgraza con bastante regularidade ultimamente) de non acompañar nin valorar o seu labor, poñendo en risco as dinámicas colectivas que tantos recursos, s obre todo humanos, precisaron, de aí que asistamos perplexos e indignados ante a demolición (unha máis) do sistema educativo público.

Apoio do club “Devoralibros” ao manifesto

COMPARTIDA?

PARA QUE SERVE A LECTURA

O seguinte texto mereceu o aplauso unánime das persoas asistentes ao encontro e foi pronunciado por Carme, impulsora de Nós tamén navegar , clube de lectura modélico do IES Lagoa de Antela de Xinzo da Limia. As súas palabras ben se poderían aplicar á lexislación e aos programas de fomento de uso do galego no ensino, proxectos que, a maiores da constante "tarefa" de desmantelamento que protagoniza a administración, teñen que aturar campañas de criminalización e intoxicación política , como ben saben nese centro: canto e que bo traballo realizan!

Un club de lectura crea un espazo de comunicación íntimo que promove o diálogo dende o respecto, provoca a reflexión, potencia a imaxinación, convida a viaxar de balde, contribúe a combater prexuízos e a desenmascarar e ste reot ip o s, crea co mplici da de s, esperta a conciencia e a sensibilidade, incrementa a confianza, é un pasaporte ao pasado e ao futuro, favorece o coñecemento da propia identidade e do outro, polo tanto, axuda a aceptar as diferenzas, edifica habitables e tende pontes entre culturas, destrúe muros, sobre todo os que constrúe a ignorancia, compensa desigualdades e contribúe á adquisición das competencias básicas. Ler fainos máis críticos e, polo tanto máis libres. De aí que estea convencida de que a seguinte fase deste proxecto que é a lectura compartida se instale nas aulas. Como docentes comprometidos co ensino público creo que debemos rescatar a lectura das marxes e integrala no currículo e evitar así que se faga máis profunda a brecha entre favorecidos e desfavorecidos. Pero o camiño cara a ese horizonte non é fácil,

máis ben se albisca arduo e cheo de obstáculos, pois, ademais de competir coa po derosa industria do ocio e consumo que vende produtos atractivos pero baleiros de contidos, ou cos medios que difunden vulgaridade e espectáculo, agora, por se fose pouco, debemos enfrontarnos ao inimigo na propia casa: a unha administración que ameaza con someter os proxectos de promoción da lectura, a recortes drásticos, a unha administración que fai depender a existencia e co ntin ui da de de ste s proxectos do voluntarismo e da carga horaria do profesorado. Nós non somos heroes nin heroínas, nós só somos obreiros e obreiras da aprendizaxe que queremos desempeñar o noso traballo dignamente e que este sexa recoñecido, nin máis nin menos. Non, nós non somos heroes nin heroínas pero sabemos indignarnos. E, por último, en palabras de Lois Pe re i r o : Q u e a v i d a no n m e sorprenda

xamais

desprevenida,

calada e neutral. Porque se eles non nos deixan soñar, nós non os


Resumo dos resultados da enquisa sobre “ Hábitos de lectura” realizada ao alumnado de Secundaria. A biblioteca é coñecida, practicamente, por todo o alumnado. Aínda que moitos costuman ir á biblioteca, sobre todo nos recreos, hai un 32% que non vai nunca. Co profesorado a maioría declara que non vai nunca ou só algunha vez ao ano. O material máis utlizado é literatura (37%), seguido de cómics (20 %). Un aspecto negativo, que habería que traballar o próximo curso, é que a pesar de coñecer a orde de colocación dos materiais non saben consultar o catálogo nin da súa biblioteca nin doutras. Cando acoden á biblioteca é para estudar ou facer traballos de clase ( 26%), para préstamo (22%) ou ler libros ( 15%). Un 50% leva libros en préstamo, fundamentalmente libros que lles gustan (55%) ou de lectura obrigatoria (30%). As áreas que máis empregan son Lingua galega e literatura seguida de Lingua e literatura castelá. Propostas de mellora escollidas : ! - máis libros do seu gusto - máis ordenadores conectados a internet (29%) - apertura durante máis horas (11%) Conectada coa primeira proposta obxectan que non poden eles incidir na compra de libros do seu interese.

Parécenos interesante resaltar a porcentaxe de alumnado que declara que lle gusta ler un 56% (bastante, moito, moitísimo) fronte a un 12% que contesta que nada. Máis dun 40% confesan que len 1 ou 2 libros ao mes e un 15% di que non le ningún. O que máis lles gusta ler son novelas e cómics, o que menos poesía, teatro ou libros de coñecemento. Na elección dun libro quen máis inflúe son os amigos ou amigas. Os idiomas nos que costuman ler son:

castelán--------> 53% galego --------> 36% inglés --------> 8% !


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.