Nova estrutura organica da conselleria de Cultura

Page 1

Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 1 de 32

Diario Oficial de Galicia luns, 29 de xuño de 2009

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Número do Dog:

125

Páxina do Dog:

11.287

Data da Disposición:

11 de xuño de 2009

Sección:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Organismo:

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Rango:

Decreto

Título:

Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo.

Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo. O Decreto 79/2009, do 19 de abril, estableceu a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da comunidade autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa. Pola súa banda, o Decreto 83/2009, do 21 de abril, fixou a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

A Consellería de Cultura e Turismo é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden as competencias en materia de creación e difusión cultural, patrimonio cultural, os aspectos vinculados á protección do patrimonio cultural da cidade e dos camiños de Santiago, e a promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade.

Estas competencias véñenlle asignadas en virtude do establecido na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de autonomía para Galicia. En concreto, o artigo 32 recolle os principios de defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, que se concretan nos seguintes puntos:

1. A protección dos camiños de Santiago.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 2 de 32

2. O fomento e promoción da cultura, a contribución ao desenvolvemento do libro, a colaboración na promoción da plástica, a danza, a música e as artes líricas e coreográficas.

3. A protección do patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico e documental, así como dos arquivos, bibliotecas e museos de interese de Galicia.

4. A promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade. Pola súa banda, o Decreto 245/2009, do 30 de abril, regulou a estrutura orgánica, o ambito territorial e as competencias das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, nas que se integran os órganos, unidades e servizos da Administración periférica autonómica. Neste sentido procede reformular a estrutura dos órganos periféricos dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, con estrita suxeición ao establecido no citado decreto coa finalidade de evitar a duplicidade de funcións e de acordo cos principios de racionalidade, eficiencia e austeridade plasmados na dita norma.

Procede, xa que logo, o desenvolvemento da súa estrutura orgánica básica ata o nivel de xefatura de servizo, distribuíndo as funcións de xeito que permita a máxima eficacia e eficiencia no exercicio destas.

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, cos informes previos das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xuño de dous mil nove,

DISPOÑO: Artigo 1º.-Competencias. A Consellería de Cultura e Turismo é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden as competencias en materia de promoción e difusión da cultura, patrimonio cultural, os aspectos vinculados á protección e promoción do patrimonio cultural de Galicia e da Cidade e dos camiños de Santiago, e a promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade, segundo o establecido no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º.-Órganos. 1. A Consellería de Cultura e Turismo, para o exercicio das súas competencias e o

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 3 de 32

cumprimento dos seus fins, contará coa seguinte estrutura:

I. Órganos centrais de dirección: a) A/o conselleira/o. b) A Secretaría Xeral. c) A Secretaría Xeral para o Turismo. d) A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. e) A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. II. Órgano de coordinación : o Consello de Dirección. III. Órganos periféricos: os departamentos territoriais. IV. Órganos colexiados. 2. Queda adscrita á Consellería de Cultura e Turismo, sen prexuízo da súa personalidade xurídica propia, como axencia pública autonómica a Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio.

Artigo 3º.-A/o conselleira/o. A/o conselleira/o é a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

Artigo 4º.-A Secretaría Xeral. Un. Á Secretaría Xeral correspóndenlle as seguintes funcións: a) As sinaladas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro. b) O establecemento das bases e directrices da xestión económica e orzamentaria da consellería, así como levar a cabo as actuacións de control e avaliación desta nas distintas unidades e servizos dela dependentes.

c) A realización de estudos e definición de alternativas dirixidas a mellorar a eficacia e o control de gasto.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 4 de 32

d) As de coordinación sobre planificación, estratexia, deseño, adquisición, implantación, normalización, mantemento e calidade dos sistemas e das tecnoloxías de información da consellería, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

e) Formular as correspondentes propostas na tramitación contable dos expedientes tramitados con cargo aos orzamentos asinados ao seu centro directivo.

f) As que lle sexan encomendadas por delegación do titular do departamento. Dous. Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Administrativa. Sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder á Consellería de Facenda, exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión do persoal da consellería. b) A coordinación da elaboración do anteproxecto do orzamento, o seu seguimento e control.

c) A auditoría e avaliación de obxectivos e indicadores da execución orzamentaria.

d) A coordinación e o impulso dos sistemas de información económica. e) A coordinación da información económico-financeira con outras administracións.

f) A xestión da contratación administrativa, a tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e proposta de pagamentos.

g) A organización dos aspectos relacionados co réxime interior. h) A proposta das instrucións necesarias e o asesoramento nas ditas materias aos órganos directivos da consellería.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 5 de 32

Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo: 1.1. Servizo de Persoal. Correspóndenlle a este servizo as funcións de: a) A tramitación, organización, custodia e arquivo dos expedientes administrativos, relativos ao persoal funcionario e laboral dependente da consellería.

b) A xestión e tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais da consellería e a habilitación dos seus pagamentos.

c) O cumprimento das obrigas en materia de Seguridade Social e dereitos pasivos. d) A confección das relacións de postos de traballo e a programación das necesidades de persoal da consellería.

e) Control de asistencia e puntualidade. f) O asesoramento, o estudo e a elaboración de informes nestas materias ademais de aquelas outras actividades que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas.

1.2. Servizo de Réxime Interior e Xestión Orzamentaria. Este servizo desenvolverá as seguintes funcións: a) A realización dos traballos preparatorios para a confección do anteproxecto de orzamento da consellería.

b) A execución, coordinación, seguimento e control do orzamento así como a proposta e xestión das súas modificacións.

c) A tramitación das solicitudes de autorización para os expedientes de gastos plurianuais que superen os límites previstos na normativa de réxime económico-financeiro.

d) Estudo e tramitación dos expedientes da consellería que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos, dentro do ámbito da súa competencia.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 6 de 32

e) A coordinación da xestión e recadación de taxas, prezos públicos e outros ingresos, sen prexuízo das competencias da Consellería de Facenda.

f) O estudo e a tramitación de convenios de colaboración nos que interveña a consellería.

g) A habilitación de pagamentos, agás os correspondentes a gastos de persoal, dos servizos centrais e a coordinación das habilitacións periféricas.

h) O réxime interior da consellería. i) Aqueloutras actividades que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas.

1.3. Servizo de Contratación. Correspóndenlle a este servizo, ademais daquelas outras actividades que no seu ámbito de competencia lle sexan encomendadas, as funcións de:

a) A tramitación dos expedientes de contratación da consellería sometidos á normativa reguladora dos contratos do sector público, calquera que sexa o seu tipo ou forma de adxudicación.

b) O seguimento e control da execución de todos os contratos que non estea expresamente atribuída a outros órganos.

c) A tramitación económico-administrativa dos convenios de financiamento ou contratos programa con entidades públicas con personalidade xurídica propia, previstos no artigo 45 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2009.

d) A coordinación, elaboración de propostas de instrucións e fixación de criterios para a mellora e homoxeneización dos procedementos de contratación da consellería.

e) O impulso e desenvolvemento de ferramentas de xestión na área de contratación para o seu uso xeral e compartido polas distintas unidades e servizos da consellería.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 7 de 32

1.4. Servizo Técnico-Xurídico. Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións: a) O estudo e tramitación dos anteproxectos de disposicións de carácter xeral, a elaboración de compilación de normas e a proposta de refundición de normas emanadas da consellería.

b) O estudo, tramitación e formulación de propostas de resolución dos recursos e reclamacións que debe resolver o conselleiro.

c) O estudo, preparación e tramitación dos expedientes que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos, dentro do ámbito da súa competencia.

d) O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería.

e) A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería polos xulgados, tribunais, o Defensor do Pobo, o Valedor do Pobo e institucións similares.

f) O exercicio das funcións que a consellería teña encomendadas en relación coas fundacións de interese galego, sobre as que lle corresponda exercer o protectorado.

g) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia. 1.5. Servizo de Tecnoloxías e Sistemas de Información. Sen prexuízo das competencias que lle podan corresponder á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

a) As relativas a infraestruturas TIC e soporte de usuarios da consellería. b) As de coordinación en materia de proxectos e sistemas de información da consellería.

c) O estudo dos expedientes que deban ser elevados á Comisión de Informática da Xunta de Galicia.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 8 de 32

d) As de asesoramento estratéxico TIC ás distintas unidades da consellería. e) Calquera outra análoga que lle sexa encomendada. 2. Dependendo organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

a) Intervención Delegada. b) Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia aprobado polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo. Dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Artigo 5º.-A Secretaría Xeral para o Turismo. Un. Á persoa titular da Secretaría Xeral para o Turismo correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A planificación da política de ordenación, fomento e promoción do turismo dentro da comunidade autónoma, determinando as liñas de actuación de política turística que deben rexer no territorio galego.

b) A dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de turismo.

c) A instauración de canles efectivas de comunicación con outros organismos locais, provinciais e da Administración central e outras administracións, así como co sector privado.

d) A explotación e potenciación dos recursos turísticos de Galicia directamente ou a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia, S.A.), mediante a promoción, publicidade, relacións públicas e outras accións de notoriedade, tanto no interior de Galicia como no resto de España e no exterior, sen prexuízo das competencias da Administración central do Estado.

e) A dirección e coordinación das actuacións da Consellería, directamente ou a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, relacionadas coa posta en valor cultural e turística do Camiño de Santiago, a súa promoción, a xestión da imaxe corporativa do Xacobeo e da rede de albergues, así como calquera outra acción que redunde en beneficio do Camiño de Santiago.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da C... Página 9 de 32

f) A coordinación da participación da comunidade autónoma nas exposicións universais.

g) A aplicación dos mecanismos necesarios para mellorar as estruturas e os fundamentos da formación profesional turística, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder a outros organismos.

h) Formular as correspondentes propostas na tramitación contable dos expedientes tramitados con cargo aos orzamentos asinados ao seu centro directivo.

i) As competencias que lle sexan encomendadas por delegación do/da titular do departamento.

Dous. A Secretaría Xeral de Turismo estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. A Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Planificación Turística, que exercerá as seguintes funcións:

a) A ordenación do sector turístico, con proposta da normativa reguladora das empresas e actividades turísticas.

b) A tramitación dos expedientes administrativos relacionados con empresas e actividades turísticas.

c) A comprobación e vixilancia do cumprimento das disposicións legais en materia de turismo.

d) A coordinación do labor de inspección nos servizos centrais e provinciais. e) A elaboración e actualización dos protocolos da inspección. f) A dinamización xeográfica do sector turístico a través de plans de dinamización, actuacións de calidade en destinos e outras iniciativas.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 10 de 32

g) A proposta e xestión da participación en proxectos europeos. h) A coordinación e xestión do sistema de información turística e da rede de oficinas de turismo.

i) A preparación e execución doutras accións que lle sexan encomendadas. Para o desenvolvemento destas funcións contará coas seguintes unidades: 1.1. Servizo de Ordenación do Turismo. Correspóndenlle a este servizo as funcións de: a) A preparación, coordinación e proposta de normativa reguladora en materia turística.

b) A preparación e xestión dos expedientes administrativos relacionados con empresas e actividades turísticas, a través de autorizacións de apertura e clasificación turística, concesión de títulos-licenza, habilitacións e revogacións.

c) A xestión das inscricións e actualizacións das empresas e actividades turísticas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

d) A elaboración de informes sobre actuacións doutros organismos que afecten as competencias de turismo.

e) Aqueloutras que lle sexan encomendadas en materia de ordenación do sector turístico.

1.2. Servizo de Inspección do Turismo. Correspóndenlle a este servizo as funcións de: a) O desenvolvemento das actuacións de comprobación e vixilancia do cumprimento das disposicións legais en materia de turismo.

b) A tramitación de expedientes sancionadores en materia turística segundo a lexislación sectorial e sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos nesta materia.

c) A supervisión dos mecanismos de conciliación previstos na normativa vixente, aplicables

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 11 de 32

aos conflitos e expedientes sancionadores en materia turística.

d) A realización doutras actividades de inspección en materia de turismo que lle sexan encomendadas.

1.3. Servizo de Planificación Turística e Programas Europeos. Correspóndenlle a este servizo as funcións de: a) A elaboración e execución, directa ou indirecta, de plans de dinamización e desenvolvemento turístico.

b) O desenvolvemento de programas de mellora da calidade turística en destino. c) A proposta e participación en programas europeos. d) Calquera outra actuación que lle sexa encomendada. 2. A Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación, que desempeñará as seguintes funcións:

a) O deseño e coordinación das actividades relacionadas co fomento da competitividade do sector turístico e dos produtos turísticos de Galicia.

b) O fomento da mellora continua no sector turístico, así como da innovación e desenvolvemento tecnolóxico e a competitividade empresarial.

c) A comprobación do cumprimento do fin en todos os seus parámetros das axudas públicas convocadas con cargo aos orzamentos deste centro directivo.

d) A posta en valor e recuperación dos recursos culturais en rutas de interese turístico de Galicia.

e) A valorización dos recursos naturais de especial interese turístico. f) O fomento para a creación e mantemento de novos produtos de oferta complementaria.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 12 de 32

g) A colaboración con entidades públicas e privadas para a formación e reciclaxe de profesionais do sector turístico.

h) A proposta de declaración de interese turístico de acordo co previsto na normativa vixente.

i) A realización de informes sobre as actuacións no ámbito turístico doutros organismos, unidades administrativas, organismos autónomos ou entidades públicas semellantes de promoción económica xeral ou sectorial.

j) A elaboración dos informes que sexan preceptivos sobre proxectos con incidencia especial nos espazos turísticos de Galicia.

k) Outras accións e proxectos que lle sexan encomendados no eido do fomento e promoción turística de Galicia.

Para o desenvolvemento destas funcións contará coas seguintes unidades: 2.1. Servizo de Xestión e Fomento. Correspóndenlle a este servizo, ademais daqueloutras actividades que no seu ámbito de competencia lle sexan encomendadas, as funcións de:

a) A elaboración de propostas e execución da política de fomento do turismo mediante axudas e subvencións ou estímulos a entidades, corporacións e sector privado, sen prexuízo das competencias doutros órganos.

b) A elaboración dos expedientes de contratación e de xestión económica e orzamentaria con cargo aos orzamentos asinados ao seu centro directivo, sen prexuízo das competencias do Servizo de Contratación da Secretaría Xeral da consellería.

c) A elaboración de informes sobre as liñas de apoio ao turismo que teñan establecidos outros organismos.

d) A preparación e seguimento de proxectos de promoción turística con entidades públicas ou privadas.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 13 de 32

e) Calquera outra que lle sexa encomendada. 2.2. Servizo de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística. Correspóndenlle a este servizo, ademais daquelas outras actividades que no seu ámbito de competencia lle sexan encomendadas, as funcións de:

a) A valoración técnica de proxectos vinculados a empresas e actividades turísticas en relación cos expedientes de axudas de fomento do turismo, ou por solicitude doutros órganos.

b) A coordinación, asistencia e supervisión de investimentos na valorización dos recursos turísticos de Galicia que se promovan desde a Secretaría Xeral para o Turismo.

c) A realización dos informes de idoneidade turística de proxectos con incidencia especial en espazos turísticos.

d) O apoio técnico sobre os investimentos en infraestruturas como consecuencia de plans ou programas nos que participa a Secretaría Xeral para o Turismo ou por instancia doutros organismos que teñan establecidas liñas de apoio ao turismo.

e) A xestión dos convenios de obras con concellos e seguimento destes. 2.3. Servizo de Cooperación Institucional, Promoción e Formación. Correspóndenlle a este servizo, ademais daqueloutras actividades que no seu ámbito de competencia lle sexan encomendadas, as funcións de:

a) Coordinación e realización de accións de formación dirixidos á mellora dos recursos do sector.

b) A organización e mantemento dos fondos documentais. c) A tramitación das solicitudes de declaración de interese turístico de acordo co previsto na normativa vixente.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 14 de 32

d) A elaboración de convenios de colaboración con entes públicos ou privados, excepto os de obras, sen prexuízo das competencias do Servizo de Réxime Interior e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da consellería.

e) A tramitación de ordes de subvencións a concellos e outras entidades para eventos de contido turístico, con cargo aos orzamentos do seu centro directivo.

f) Outras actuacións encamiñadas a potenciar e promocionar os recursos turísticos de Galicia.

Artigo 6º.-A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Un. Correspóndelle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de patrimonio histórico, arqueolóxico, paleontolóxico, artístico, arquitectónico, etnolóxico e documental en todas as súas manifestacións, así como nas materias de arquivos e museos, e especialmente as seguintes funcións:

a) A protección, a conservación, o acrecentamento, a difusión e o fomento do patrimonio cultural de Galicia, así como a súa investigación e transmisión a xeracións futuras.

b) A protección, conservación e recuperación dos camiños de Santiago, así como a elaboración da normativa xurídica que lle afecte.

c) A elaboración e xestión dos asuntos relacionados co réxime xurídico de protección do patrimonio cultural.

d) A tramitación e xestión dos procedementos para a declaración de ben de interese cultural, e a inclusión no catálogo e no inventario do patrimonio cultural.

e) A promoción e xestión das actuacións arqueolóxicas relacionadas coas competencias da dirección xeral.

f) O informe e a resolución, se é o caso, dos expedientes que afecten, conforme a normativa vixente, ao patrimonio cultural.

g) A realización de informes e estudos que lle sexan requiridos polas autoridades

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 15 de 32

competentes e, en particular, o informe e asesoramento ás autoridades administrativas, cando sexa solicitado, en materia de protección e conservación do patrimonio cultural e na adopción de medidas cautelares, correctivas e sancionadoras que se xulguen convenientes.

h) A promoción, dirección e xestión das obras de conservación e restauración no patrimonio cultural promovidas pola consellería.

i) As actuacións necesarias para o exercicio da potestade expropiatoria e do dereito de adquisición preferente en asuntos relacionados co patrimonio cultural.

j) A preparación e xestión de convenios e protocolos relacionados coas competencias desta dirección xeral.

k) A dirección de todas as actuacións dirixidas a velar pola conservación, coidado, promoción e difusión do patrimonio moble e documental de Galicia, especialmente a través dos museos e dos arquivos.

l) A elaboración e edición de publicacións de carácter científico, cultural, educativo e divulgativo relacionadas co patrimonio cultural.

m) A organización de exposicións, coloquios, seminarios e cursos relacionados co patrimonio cultural e dirixidos á formación, a xestión e a difusión dos temas vinculados a este.

n) Formular as correspondentes propostas na tramitación contable dos expedientes tramitados con cargo aos orzamentos asinados ao seu centro directivo.

o) As competencias que lle sexan encomendadas por delegación do titular do departamento.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural estrutúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural. Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e a programación, coordinación e execución das actuacións relacionadas coa protección do patrimonio cultural e a súa xestión, a dirección e coordinación das actuacións relativas á protección do patrimonio

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 16 de 32

cultural vinculado á Cidade e aos camiños de Santiago e a coordinación dos informes dos planeamentos que incidan sobre o ámbito das súas competencias.

Contará cos seguintes servizos: 1.1. Servizo de Inventario e Protección do Patrimonio Cultural. Son funcións deste servizo: a) A formación e actualización do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.

b) A xestión e coordinación dos expedientes de declaración de Ben de Interese Cultural e de inclusión de bens no Catálogo e no Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia.

c) A coordinación dos expedientes de protección do patrimonio cultural entre os servizos centrais e os departamentos territoriais da consellería.

d) A coordinación na elaboración de normas e a xestión dos asuntos relacionados co réxime xurídico de protección dos bens culturais.

e) A información dos plans, programas e proxectos que poidan afectar ao patrimonio cultural e ao seu contorno, no seu ámbito competencial, sen prexuízo das competencias do Servizo de Protección da Cidade e Camiños de Santiago.

f) A secretaría da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de interese para Galicia.

g) A coordinación das relacións necesarias con outros servizos da consellería nos temas vinculados coa tramitación de recursos administrativos relativos ao patrimonio cultural, sen prexuízo das competencias e funcións daqueles.

h) A tramitación dos expedientes da Subcomisión de Conservación do Patrimonio HistóricoArtístico e Documental da Igrexa de Galicia, para intervencións no patrimonio cultural de titularidade da Igrexa Católica.

i) Aquelas que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 17 de 32

1.2. Servizo de Protección da Cidade e Camiños de Santiago. Son funcións deste servizo: a) A delimitación, protección e sinalización dos Camiños de Santiago en Galicia. b) A información dos plans, programas e proxectos que poidan afectar o patrimonio cultural vinculado aos camiños de Santiago e ao seu contorno, no seu ámbito competencial.

c) A tramitación de expedientes e a xestión do Comité Asesor do Camiño de Santiago.

d) A promoción das actividades e producións relacionadas coa protección dos camiños de Santiago.

e) A divulgación científica e cultural do patrimonio vinculado aos camiños de Santiago, por medio de publicacións, congresos, seminarios, exposicións ou actividades similares; sen prexuízo das competencias que en materia de fomento e promoción lle correspondan á Secretaría Xeral para o Turismo.

f) Aquelas que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas. 1.3. Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural. Son funcións deste servizo: a) A vixilancia e control dos bens de calquera natureza integrantes do patrimonio cultural de Galicia, para os efectos do seu coidado e conservación e a vixilancia do cumprimento da execución da ordenación urbanística municipal no relativo ao patrimonio cultural de Galicia.

b) A comprobación do cumprimento das normas, resolucións e ditames emanados da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

c) O control do rexistro obrigatorio das transaccións realizadas polas persoas ou entidades dedicadas ao comercio de bens integrantes do patrimonio cultural e do cumprimento dos requisitos para o exercicio desta actividade.

d) A coordinación da inspección dos bens, de calquera natureza, integrantes do patrimonio cultural de Galicia e, en particular, as actuacións correspondentes á investigación,

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 18 de 32

comprobación e comunicación sobre os feitos obxecto de reclamacións ou denuncias sobre presuntas afectacións a aquel patrimonio.

e) A tramitación dos procedementos sancionadores por infraccións da normativa vixente en materia de protección do patrimonio cultural, e a realización de informes encamiñados a determinar e avaliar os danos producidos nel, así como a proposta á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de adopción de medidas cautelares e, de ser o caso, sancionadoras por infraccións en materia de patrimonio cultural.

f) Aquelas que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas. 2. Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Correspóndelle a esta subdirección a elaboración dos criterios, programación, coordinación e execución das funcións de conservación, restauración e intervención no patrimonio cultural, así coma a posta en valor, a investigación e difusión deste patrimonio.

Contará cos seguintes servizos: 2.1. Servizo de Arquitectura e Etnografía. Son funcións deste servizo as seguintes: a) A promoción, xestión e coordinación das actuacións de prevención, conservación, restauración e posta en valor do patrimonio arquitectónico, etnográfico, pinturas murais e retablos, coas conseguintes labores de inspección e supervisión.

b) A prestación de apoio e asesoramento técnico, cando así proceda, en proxectos e actuacións que afecten ao patrimonio arquitectónico, etnográfico, pinturas murais e retablos.

c) A elaboración de propostas de inclusión no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, do patrimonio arquitectónico, etnográfico, pinturas murais e retablos.

d) A elaboración de informes de actuacións sobre o patrimonio arquitectónico, etnográfico, pinturas murais e retablos, no seu ámbito de competencias.

e) A realización das actas de implantación, seguimento e control da execución das obras, a supervisión e informe de certificacións de obra e honorarios facultativos, a supervisión e visado de plans de seguridade e saúde no traballo, a tramitación dos expedientes de

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 19 de 32

expropiación e, en xeral, o desenvolvemento das funcións que lle corresponden á oficina de supervisión de proxectos conforme a lexislación sobre contratos do sector público no ámbito da consellería.

f) Aquelas que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas. 2.2. Servizo de Arqueoloxía. Son funcións deste servizo: a) A xestión das actuacións necesarias para a conservación, restauración e intervención do patrimonio arqueolóxico.

b) A promoción e coordinación das actuacións preventivas de rescate, conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico.

c) A tramitación e información dos expedientes de actuacións arqueolóxicas, cos conseguintes labores de inspección e supervisión.

d) A prestación de apoio e asesoramento técnico, cando así proceda, en proxectos e actuacións que afecten o patrimonio arqueolóxico.

e) A elaboración de propostas de inclusión no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia do patrimonio inmoble arqueolóxico.

f) A elaboración de informes de actuacións sobre o patrimonio arqueolóxico, no seu ámbito de competencias.

g) Aqueloutras que, por razón da súa materia, lle sexan encomendadas. 3. Subdirección Xeral de Arquivos e Museos. Correspóndelle executar as funcións de centro de referencia do sistema de arquivos de Galicia, do arquivo histórico do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia, a coordinación e dirección técnica dos sistemas galegos de arquivos e de museos, a xestión dos arquivos e museos de titularidade autonómica, adscritos a esta consellería e os de titularidade estatal de xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia e, en xeral, conservar, difundir e poñer en valor o patrimonio documental de que dispoña.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 20 de 32

Para o desenvolvemento destas funcións contará cos seguintes servizos: 3.1. Servizo de Arquivos e Museos. Son funcións deste servizo: a) A coordinación e dirección técnica dos sistemas galegos de arquivos e de museos e das distintas redes que os integran, así como a inspección dos arquivos e museos galegos e o seu patrimonio cultural.

b) A xestión dos arquivos e museos de titularidade autonómica, adscritos a esta consellería e os de titularidade estatal de xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A tramitación e informe dos expedientes para a creación, autorización e cualificación de museos e coleccións visitables segundo a normativa vixente.

d) A actualización e control do Rexistro e o Censo de Museos de Galicia así como do CensoGuía de Arquivos.

e) O inventario do patrimonio moble e documental custodiado nos arquivos e museos galegos, así como o control dos movementos, restauracións e reproducións do patrimonio moble e documental custodiado neles.

f) O apoio e asesoramento técnico nas materias de patrimonio moble e documental e de arquivos e museos de interese para Galicia.

g) A programación, coordinación e xestión das actuacións en materia de incremento, conservación, documentación, investigación e difusión do patrimonio custodiado nos arquivos e museos galegos.

h) A taxación de bens culturais con fins administrativos. i) En xeral, aquelas que lle sexan encomendadas por razón da súa competencia. 3.2. Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma. Correspóndenlle a este servizo as funcións de:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 21 de 32

a) Impulsar os procesos de valoración, selección, transferencia e dixitalización documental nos arquivos do subsistema da Xunta de Galicia.

b) Recepción, organización, descrición, conservación, dixitalización e servizo dos documentos procedentes dos arquivos intermedios do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia e do resto de entidades públicas instrumentais cun ámbito territorial superior ao dunha provincia.

c) Organización, descrición, conservación, dixitalización e servizo dos documentos procedentes de organismos, institucións e entidades de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade.

d) Localización, organización, descrición, conservación, dixitalización e difusión dos fondos e documentos públicos ou privados que polo seu valor testemuñal e referencial concirnan a Galicia e sexan de especial relevancia.

e) Levar a cabo a conservación preventiva e a dixitalización dos fondos documentais que custodie e a restauración daqueles documentos que o precisen.

f) Facilitar o acceso aos documentos e á información neles contida á Administración e a os cidadáns e difundir os fondos documentais de que dispón.

g) En xeral, aquelas que lle sexan encomendados por razón da súa competencia. Artigo 7º.-A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura a dirección e coordinación das atribucións da consellería en materia de promoción cultural, do libro e bibliotecas e entre elas as seguintes:

a) O fomento das relacións e intercambios culturais en Galicia e apoio á creación e á innovación cultural da comunidade, así como ás entidades culturais.

b) A colaboración no desenvolvemento das artes escénicas e musicais. c) A posta en práctica de medidas de apoio para os artistas e creadores e a súa participación en programas culturais galegos ou de especial interese para a expansión da cultura galega, posibilitando que a participación de mulleres e homes sexa igualitaria.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 22 de 32

d) O establecemento de canles de información e fomento da investigación no eido cultural.

e) O estímulo da creación literaria, artística e musical. f) O apoio á produción editorial e elaboración de plans respecto da política do libro, consonte as necesidades culturais de Galicia.

g) A execución da lexislación sobre propiedade intelectual e a xestión das competencias da comunidade autónoma en materia do depósito legal.

h) As autorizacións para a realización de feiras e exposicións do libro e do material bibliográfico.

i) A orientación do servizo público da lectura para difundir a cultura por medio do libro e dos soportes virtuais relacionados coas novas tecnoloxías da información.

j) A organización e aprobación dos expedientes de creación de novas bibliotecas ou servizos bibliotecarios, dos seus regulamentos e concertos e a organización de cursos de formación nesta materia.

k) O fomento da creación e difusión das artes visuais e do son. l) A programación e realización de exposicións relacionadas coas principais tendencias e ámbitos da creación artística contemporánea.

m) A coordinación e supervisión das actuacións do Centro Galego de Arte Contemporánea e das relacións coa Axencia Galega das Industrias Culturais.

n) A organización e fomento de iniciativas e actividades orientadas a consolidar a dimensión internacional da cultura galega.

o) O estímulo e impulso á presenza das diferentes manifestacións da identidade cultural galega nas redes telemáticas e nos procesos de integración e intercambio multicultural.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 23 de 32

p) A organización e colaboración nas exposicións, congresos, coloquios e cursos de formación, así como a convocatoria de bolsas e axudas, e a preparación de convenios sobre as materias que sexan competencia da dirección xeral.

q) A preparación de convenios relacionados coas materias da súa competencia. r) Formular as correspondentes propostas na tramitación contable dos expedientes tramitados con cargo aos orzamentos asignados ao seu centro directivo.

s) As competencias que lle sexan encomendadas por delegación do titular do departamento.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura estrutúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Difusión Cultural e Publicacións. Correspóndelle a elaboración de normas, a programación e execución das funcións da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura no eido do impulso á promoción, á difusión cultural, á promoción do libro e o fomento da lectura, o Rexistro da Propiedade Intelectual en Galicia e á realización de estudos e publicacións, así como á xestión administrativa dos expedintes relacionados con estas materias.

Contará cos seguintes servizos: 1.1. Servizo de Promoción e Difusión Cultural. Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións: a) Elaborar as propostas para promover e difundir a cultura nos seus diversos eidos, a través da xestión das diferentes axudas e instrumentos de colaboración coas asociacións, fundacións, movementos ou colectivos culturais, persoas físicas e xurídicas, corporacións locais, e demais entidades culturais de Galicia.

b) Programar, organizar e coordinar actuacións propias ou en colaboración con outras entidades e administracións, para o fomento da cultura na comunidade.

c) Calquera outra análoga que lle sexa encomendada. 1.2. Servizo do Libro e Publicacións.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 24 de 32

Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións: a) A xestión das actividades de promoción relacionadas co libro e coas formas de comunicación textual en soportes virtuais.

b) O apoio á produción editorial e á promoción da participación en feiras do libro e realización de actividades de animación á lectura.

c) A organización da actividade editorial da Xunta de Galicia que lle corresponde ao Servizo Central de Publicacións e a xestión da librería institucional.

d) A edición das obras que sexan de interese xeral para a comunidade autónoma. e) A coordinación da distribución comercial de todas as publicacións producidas pola Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes, e do intercambio de materiais desta natureza coas institucións que determine a Comisión Permanente de Publicacións.

f) O desenvolvemento das actuacións relacionadas coa adxudicación dos números do ISBN para as publicacións da Xunta de Galicia de acordo coa Axencia Española do ISBN e coas resolucións da Comisión Permanente de Publicacións.

g) A realización de programas, estudos, análises e estatísticas e elaboración de informes e propostas en relación coas publicacións da Consellería de Cultura e Turismo.

h) A coordinación e revisión das publicacións que, directa ou indirectamente, leva a cabo a Consellería de Cultura e Turismo, no ámbito da súa competencia.

i) O estudo e análise dos proxectos relacionados coas publicacións programadas polas diversas unidades desta consellería.

j) A elaboración e mantemento do rexistro de librerías da comunidade autónoma. k) Todas aquelas outras que poidan serlle atribuídas. 1.3. Servizo do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia. Correspóndelle a este servizo realizar as funcións do Rexistro Territorial integrado no

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 25 de 32

Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual. Entre outras, realizará as seguintes funcións:

a) Tramitación e resolución dos expedientes de inscrición e anotación. b) Práctica das inscricións que procedan. c) Certificación e publicidade dos dereitos, actos e contratos inscritos. d) Emisión de informes técnicos nos casos en que proceda. e) Calquera outra que lle corresponda de acordo coa lexislación en materia de propiedade intelectual.

2. Subdirección Xeral de Bibliotecas. Correspóndenlle as seguintes funcións: a) A Dirección do Centro Superior Bibliográfico de Galicia coas funcións que lle atribúe a Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas.

b) Promover a imaxe das bibliotecas e o fomento do acceso igualitario á cultura para toda a cidadanía a través da lectura.

c) Recoller, conservar e difundir as publicacións oficiais das institucións públicas galegas e as publicacións de interese pola súa relación con Galicia.

d) Velar pola conservación e preservación das obras que constitúen o patrimonio bibliográfico de Galicia, prestando servizos de apoio, promoción e coordinación das tarefas de restauración, microfilmación e dixitalización.

e) Constituír e manter unha biblioteca virtual que asegure a presenza da produción bibliográfica galega e da relacionada co ámbito lingüístico e temático galego na internet.

f) Xestionar as obras duplicadas e procedentes de expurgo. g) Adaptar ás normas bibliográficas e catalográficas internacionais e elaborar as que houberen de rexer a catalogación de todo o Sistema Bibliotecario de Galicia, validando e unificando nunha soa listaxe o catálogo de autoridades.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 26 de 32

h) Coordinar e supervisar o cumprimento da lexislación de depósito legal. i) Executar as actuacións en materia de bibliotecas da Xunta de Galicia, nos termos previstos na Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas.

j) O apoio administrativo ao Consello de Bibliotecas da Comunidade Autónoma. Para a realización destas funcións contará cos seguintes servizos: 2.1. Servizo da Biblioteca de Galicia. Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións: a) A recollida, conservación e difusión das publicacións oficiais das institucións públicas galegas e as publicacións de interese pola súa relación con Galicia.

b) A conservación e preservación das obras que constitúen o patrimonio bibliográfico de Galicia, prestando servizos de apoio, promoción e coordinación das tarefas de restauración, microfilmación e dixitalización.

c) A xestión administrativa da Biblioteca de Galicia. d) Calquera outra análoga que lle sexa encomendada. 2.2. Servizo do Sistema de Bibliotecas. Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións: a) A proposta e definición das condicións técnicas das instalacións utilizadas nas bibliotecas de uso público, así como dos proxectos de creación de novas bibliotecas na comunidade autónoma.

b) A modernización e a informatización das bibliotecas existentes. c) A xestión administrativa e organización de axudas, bolsas de formación e cursos para a mellora da cualificación do persoal que desempeñe as súas funcións nas bibliotecas da comunidade autónoma.

d) Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 27 de 32

3. Dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea. A Dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea dependerá funcionalmente do padroado do centro e, na execución das funcións que lle son atribuídas, estará suxeito aos criterios e instrucións emanadas da presidencia do padroado, do propio padroado do centro ou da súa comisión permanente.

Á dirección, que se poderá prover por persoal funcionario con rango de subdirector xeral ou en réxime de contratación temporal, e sen prexuízo da súa renovación, de conformidade co Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, correspóndelle a dirección, coordinación e planificación da actividade dos departamentos do centro.

A/o xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea dependerá organicamente da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e funcionalmente do padroado do centro.

A/o xerente será nomeado polo conselleiro/a de Cultura e Turismo e exercerá o cargo de secretaria/o do padroado, ademais das funcións sinaladas no Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea ou de outras que se lle encomenden.

Artigo 8º.-O Consello de Dirección. Un. O Consello de Dirección da Consellería de Cultura e Turismo estará integrado polos seguintes membros:

a) A/o conselleira/o de Cultura e Turismo, que será o seu presidente. b) A/o secretaria/o xeral, que será o seu vicepresidente e coordinador. c) A/o secretaria/o xeral para o Turismo. d) A/o director/a xeral do Patrimonio Cultural. e) A/o director/a xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Dous. O Consello de Dirección funcionará sempre en pleno e reunirase, como mínimo, unha vez ao mes e sempre que sexa convocado pola súa presidencia.

Tres. Poderán asistir ás sesións do consello, con voz pero sen voto, os funcionarios, asesores técnicos ou persoas representantes de organismos e outras entidades, cando a presidencia o

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 28 de 32

considere oportuno.

Catro. Serán funcións do Consello de Dirección: a) Asistir á/ao conselleira/o para a definición dos posicionamentos, orientacións e liñas de actuación de carácter estratéxico da consellería.

b) Efectuar o seguimento dos proxectos de carácter estratéxico da consellería. c) Definir o cadro de mando da alta dirección da consellería. d) Definir as políticas orzamentarias e de recursos humanos da consellería. e) Cantas outras podan derivar da normativa vixente. Artigo 9º.-Os departamentos territoriais. Un. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Cultura e Turismo organízase nos departamentos territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial provincial respectivo, sen prexuízo das funcións de coordinación no exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril.

Dous. Á fronte de cada departamento territorial estará a/o xefa/e territorial ao que lle corresponden as seguintes funcións:

a) A coordinación administrativa do funcionamento dos servizos dependentes do departamento territorial.

b) A dirección, despacho e proposta de resolución dos asuntos ordinarios. c) A preparación do anteproxecto de orzamentos do departamento territorial. d) As cuestións de réxime interior, información e atención ao cidadán, rexistro, publicacións, documentación administrativa, arquivo e inventario.

e) O control e supervisión da organización e funcionamento dos servizos administrativos do departamento territorial da consellería.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 29 de 32

f) A xestión económica, administración, control e xustificación dos créditos orzamentarios asignados ou desconcentrados no departamento territorial.

g) A habilitación dos medios materiais e de persoal do departamento territorial. h) A xestión do persoal que preste servizos no departamento territorial. i) A información previa e instrución de expedientes disciplinarios do persoal do departamento territorial da consellería nos termos previstos na normativa vixente.

j) Calquera outro asunto que non sexa función específica dos demais servizos do departamento territorial e aquelas outras funcións que lle sexan especial e singularmente encomendadas.

Tres. Cada departamento territorial contará cos seguintes servizos: 1. Servizo de Patrimonio Cultural. 2. Servizo de Promoción e Difusión da Cultura. 3. Servizo de Turismo. As xefaturas de servizo dos departamentos territoriais dependerán funcionalmente das direccións xerais da Consellería de Cultura e Turismo dentro do ámbito das atribucións que correspondan a cada centro directivo, sen prexuízo da coordinación xeral que exerzan as/os xefas/es do departamento territorial, dos que dependerán organicamente.

As funcións das xefaturas de servizo dos departamentos territoriais serán o desenvolvemento, no seu ámbito territorial respectivo, das actuacións correspondentes, respectivamente, á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, á Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e á Secretaría Xeral para o Turismo, que lles sexan encomendadas.

Artigo 10º.-Órganos colexiados. Co carácter, cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, están constituídos os seguintes órganos colexiados:

Un. A nivel central:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 30 de 32

O Consello Galego de Turismo, regulado polo Decreto 39/2001, do 1 de febreiro. A Comisión Mixta Xunta-Igrexa, constituída polo Convenio de colaboración entre os bispos das dioceses que abranguen o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e a Xunta de Galicia do 17 de abril de 1985.

A Xunta Superior de Museos de Galicia, regulada polo Decreto 314/1986, do 16 de outubro.

A Comisión Técnica de Arquivos, creada polo Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia.

A Comisión Superior de Valoración e Adquisición de Bens Culturais, creada polo Decreto 112/1992, do 30 de abril.

A Comisión Técnica de Arqueoloxía, regulada polo Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Comité Asesor do Camiño de Santiago, regulado polo Decreto 46/2007, do 8 de marzo.

A Comisión Técnica de Etnografía, regulada polo Decreto 60/2008, do 13 de marzo. O Padroado do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, creado polo Decreto 167/1975, do 23 de xaneiro, e reestruturado polo Decreto 17/1987, do 22 de xaneiro.

O Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, regulado polo Decreto 326/1996, do 26 de xullo.

O Consello de Bibliotecas, creado pola Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas.

O Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia e a Comisión Permanente de Publicacións, regulados polo Decreto 196/2001, do 26 de xullo, polo que se regulan as publicacións da Xunta de Galicia.

O Consello Asesor do Libro, regulado polo Decreto 178/2007, do 13 de setembro. Dous. A nivel provincial:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 31 de 32

As Comisións Territoriais do Patrimonio Histórico Galego, reguladas polo Decreto 39/2007, do 8 de marzo.

Disposicións transitorias Primeira.-Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase o conselleiro de Cultura e Turismo, por proposta da Secretaría Xeral, para adscribir ao persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto.

No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Segunda.-As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto, continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios, ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, mediante resolución do conselleiro por proposta da Secretaría Xeral, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Terceira.-De conformidade co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, autorízase o conselleiro de Cultura e Turismo, por proposta do secretario xeral da consellería, para adscribir provisionalmente a postos do mesmo ou inferior nivel da Consellería de Cultura e Turismo ao persoal anteriormente integrado no suprimido Servizo de Creación Cultural, en tanto non se aprobe a relación de postos de traballo da Agadic e tendo en conta o previsto no artigo 65.4º da Lei da función pública de Galicia, o texto refundido da cal foi aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.

Disposición derrogatoria Quedan derrogados o Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte, o Decreto 17/2008, do 7 de febreiro, polo que se modifica o anterior, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da... Página 32 de 32

Disposicións derradeiras Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura e Turismo para ditar as disposicións necesarias para a execución e desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xuño de dous mil nove. Alberto Núñez Feijóo Presidente Roberto Varela Fariña Conselleiro de Cultura e Turismo a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE

© Xunta de Galicia Información mantida pola Xunta de Galicia Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza Correo electrónico: webdoga @xunta.es

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2533A?OpenDocument

08/07/09


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.