EDUCACIÓN PRIMARIA
EDUCACIÓN PRIMARIA
2º CICLO
3º CICLO
En GALEGO:
En GALEGO:
“Muk” (Editorial OQO)
“A viaxe de Omoh” (Editorial Xerais)
Neste libro, Wilhelm Hauff fainos reflexionar sobre a tolerancia e o respecto aos demais. É a historia dun home pequeno e desgraciado, cun cabezón enorme, pero que co seu humor e inxenio acabará sendo admirado por todos.
AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO
Jaume Terradas fainos vivir fantásticas aventuras a través do protagonista deste libro: Omoh. Con el atoparemos unha balea ferida, participaremos nunha abordaxe a un barco pirata, viaxaremos como polizón nun barco que vai a San Francisco....
“Lúa do Senegal” (Editorial Xerais) Zalgum ( (Editorial OQO) Neste conto tradicional bereber, escrito por Luisa Morandeira, non falta de nada: seres terribles, animais que falan, mulleres que rexeitan o seu destino...
En CASTELÁN: “Diecisiete cuentos y dos pingüinos” (Editorial Anaya) Neste libro, Daniel Nesquens, amósanos dezaoito contos: os pingüíns parolan sobre idiomas? Porque o oito vai despois do sete? Por que os coches non teñen rabo? Tocando a frauta, pódese embruxar uns espaguetes e deixar abraiada a unha vaca da India?
“Días de clase” ( Editorial Anaya) Na súa clase, Daniel Nesquens, fala cando o número nove, hai catro mil anos, xogaba na rúa. O seu mellor amigo era o número cinco. Agora pasa a vida continuamente en sumas, restas, multiplicacións, divisións....Como rematará este número?
Este libro, do que é autor Agustín Fernández Paz, recibiu un premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Cóntanos a historia de Khoedi, unha nena de dez anos que tivo que abandonar a súa casa en Senegal para vir vivir a Vigo, a cidade na que o seu pai leva varios anos emigrado. Alí non coñece a ninguén e todo é tan diferente...
En CASTELÁN: “Puré de guisantes”. (Editorial Anaya) O protagonista deste conto, cóntanos que o golpe foi tremendo, que todo foi moi rápido.El ía en bicicleta e apareceu un camión; viu o camión pero non viu o burato. Todo isto provoca un accidente. Acabaremos nun hospital cunha perna ferida. Alí atoparase cun compañeiro de habitación chamado Aarón. Estade preparad@s porque o autor, Daniel Nesquens, ten un remate espectacular.
“Palabras de caramelo” ( Editorial Anaya) Kori é un r apaz de oito anos que vive nun asentamento saharaui. Vai a unha escola especial, xa que é xordomudo. Ten un gran amigo, chamado Caramelo. Dito amigo é un camelo. Kori quere moito a Caramelo, xa que cre que é o único que o entende. Neste libro, Gonzalo Moure, nos amosa ata onde pode chegar a amizade entre Kori e o camelo.
BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP RECIMIL
Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono/Fax 981 312846 http://www.centros/ceiprecimil.edu.xunta.es