TRÍPTICO VERÁN

Page 1

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA

2º CICLO

3º CICLO

En GALEGO:

En GALEGO:

“Un saco de estrelas” (Editorial Xerais)

“ Mamasiña, que medo” (Ed. Xerais)

Con esta apaixonante historia de Fina Casalderrey, descubrirás a unha muller cun saco luminoso que semella ter dentro a luz de ducias de estrelas. Ti....que cres? Serán estrelas ou outra cousa? Abre o libro e poderás saber que pasa con ese saco e esa muller.

“Vouvos papar” ( (Editorial Xerais) Esta é unha historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao seu xogo preferido, de repente, son chuchados polo seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora. Serán capaces de saír? Que nos terá preparado a escritora, Luz Méndez, neste ordenador?

Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel, vivía o xigante Xuvenco, que papou ao alcalde, ao garda de tráfico, ao cura.......papará o xigante a.....? Unha obra de teatro moi divertida de Chus Pereiro.

“Sopa de xarope de amora” (Editorial Xerais) Unha nova peza de teatro, onde un doutor, chamado Amorodo, traballador das casas reais, recibe encargos un pouco raros. Este doutor terá que descubrir a receita da súa ama de chaves, para poder cumprir o encargo de casar as fillas de..... Se queres saber máis, comeza a ler este libro de Neira Cruz.

En CASTELÁN:

En CASTELÁN:

“Mira que eres apestoso señor pringoso” (Editorial SM)

“Diario de Greg”. (Editorial Molino)

Andy Stanton, o autor, amósanos en Puebla da Perrunilla, algúns personaxes moi peculiares......soamente algúns? O señor Pringoso é o máis porco, o máis odiado e o máis perverso de todos os habitantes: as súas malvadas maquinacións sempre van dirixidas a boas persoas. Quen será, nesta ocasión, o branco das diabólicas intrigas do noso aborrecible, señor Pringoso?

“Nino puzle” ( Editorial Edelvives) Un rapaz, Nino puzle terá que investigar sobre unha moeda desaparecida, unha pantasma nocturna, unha momia misteriosa, uns cromos roubados,un monstro larpeiro,....Se queredes saber máis, entrade nos libros deste escritor chamado James Preller.

AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO

Nestes cinco libros, do escritor Jeff Kinney, atoparás a un rapaz moi especial chamado Greg. Non lle gustan as vacacións de verán. Por que? É un “pringao”. Por que? Terá que facerse maior e non lle gusta moito esa idea. Se queres saber como é Greg, abre os cinco libros e quedarás totalmente abraiado.

“Molly Moon” ( Editorial SM) Molly Moon , é unha nena orfa de dez anos que vive nun orfanato xunto aos seus amigos. Xunto con Pétula, unha cadela de cor caramelo, irá descubrindo quen é seu pai e súa nai. Atopa un libro sobre hipnotismo e a partir de aí lánzase a múltiples aventuras. Se ti tamén te queres hipnotizar descobre estes libros da escritora Georgia Byng. Se che gusta o primeiro libro de Molly Moon atrévete a ler os outros catro e ten coidado con...........non hipnotizarte.

BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 981 31 28 46 Fax: 981 32 77 77 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.