Manifesto: Para un ambiente de lectura na escola

Page 3

8º Desenvolver a competencia comunicativa A interacción satisfactoria cos outros nunha contorna textual, escoitar e dicir textos, escribir textos para ser lidos por un interlocutor e ler en voz alta, dialogar sobre os textos, favorece a maduración da competencia para a comunicación lingüística e o crecemento persoal.

9º Vincular pracer lector e comprensión Pracer lector e comprensión lectora van da man: esta é a conclusión do Informe PISA 2009 acerca da asociación entre o rendemento en comprensión lectora, a motivación persoal cara á lectura e o pracer de ler: “En todos os países, os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento significativamente máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler… Os alumnos que non len por diversión son os que, xeralmente, non gozan lendo. O goce pola lectura é, de acordo con PISA 2009, unha condición previa da motivación cara á lectura… Ler por pracer e rendemento son factores positivamente asociados. O baixo rendemento en comprensión lectora nos alumnos que din non ler por diversión parece aconsellar a difusión de medidas de fomento da lectura, pero animar aos alumnos a ler máis horas non significa necesariamente que melloren a súa comprensión lectora. Existe un limiar que indica que a diferenza estriba en que lean diariamente por diversión, non na cantidade “bruta” de tempo que pasan lendo.” “PISA 2009. Informe español”. Ministerio de Educación, 2010 http://www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/20101207-pisa2009informeespanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a

10º Distinguir entre reprodución e produción O diálogo sobre os distintos significados extraídos polos lectores tras as súas lecturas, a interpretación compartida, permite profundar no sentido dos textos indo máis aló das pautas que miden a mera capacidade para reproducir significantes pero non desenvolven a competencia para producir novos significados. 11º Alentar a afección e a dedicación A motivación autónoma e o desenvolvemento da competencia comunicativa alentan a procura de novos retos textuais cada vez máis complexos, que requiren afección, dedicación e esforzo, e vense recompensados con novos achados de pracer lector.

12º Caracterizar a Biblioteca como lugar para o pracer lector A Biblioteca escolar é o lugar privilexiado da Comunidade Educativa para as interaccións en torno aos textos, un recurso para o traballo do profesorado que desexa compartir o pracer de ler e un ambiente idóneo para desenvolver o gusto pola lectura e para articular estratexias de educación lectora e literaria coherentes.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.