O hominho vestido de gris G / Fernando Alonso - Ulises Wensell

Page 3

O homiño vestido de gris

Era unha vez un home que sempre ía vestido de gris. Tiña un traxe gris, tiña un chapeu gris, tiña unha gravata gris e un bigotiño gris. O homiño vestido de gris facía todos os días as mesmas cousas. Erguíase ao son do espertador. Ao son da radio, facía un pouco de ximnasia. Tomaba unha ducha, que sempre estaba ben fría; tomaba o almorzo, que sempre estaba ben quente; collía o autobús, que sempre estaba ben cheo; e lía o xornal, que sempre dicía as mesmas cousas. E todos os días, á mesma hora, sentaba na súa mesa da oficina. Á mesma hora. Nin un minuto antes, nin un minuto despois.

9


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.