As catro estacións. Vivaldi

Page 1

M sica interpretada por

Sarah Chang Texto de

Ilustraci ns de

Emilio Urberuaga

VIVALDI


Concerto nº 1 para violín en Mi maior, Op. 8

e A PRIMAVERA

f



4

A PRIMAVERA

a primavera. O esquío vermello pasara case todo o inverno resgardado 9Enospertaba seu acubillo, agochado entre os seus irmáns para poder soportar o frío. Os ceos grises e as chuvias copiosas fixeran que aquel inverno fose moi desapracible. Mais, por fin, o ceo abríase e permitía gozar dos raios dun tímido sol. Os tenros gromos nas árbores e o florecer das amendoeiras e cerdeiras anunciaban a nova estación. Chegaba a primavera co seu traxe de flores, e coa súa maxia espertaba as plantas do seu sono invernal. O ambiente enchíase de cantos, de luz e mais de cor. O esquío estaba marabillado. Correu dun lado para outro sobre o céspede mol, gabeou polas árbores rozándose cos gromos e, dende o máis alto, chamou os demais esquíos: «Saíde, axiña, chegou a primavera». O ESPERTAR DA PRIMAVERA 1. Allegro [00'00'' ao 00'28'']



6

A PRIMAVERA

O esquío estaba tolo de alegría por ver florecer de novo as plantas e as árbores. Correu ao encontro do seu vello amigo o cabalo, que pastaba entre os arbustos; subiu dun salto á súa anca e percorreuna, nervioso. Despois deixouse esvarar pola súa cola ata o chan. O cabalo recoñeceuno deseguida, saudouno con movementos de cabeza e bufou de satisfacción. De súpeto, o esquío parou, apoiouse nas súas patas traseiras e estirou todo o seu corpo canto puido ata a punta das orellas. Unha nova melodía soaba no bosque. Os trilos e os rechouchíos dos paxaros celebraban a saída do sol. O CANTO DOS PAXAROS 1. Allegro [00'29'' ao 01'11'']




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.