1 minute read

SINOPSE

CRUCE DE PALABRAS

INTRODUCCIÓN

Advertisement

Un grande número de publicacións escritas, xornais e revistas de todo tipo de contidos, contan cun encrucillado entre os apartados que sinala o seu índice, ¿por qué non trasladar este pasatempo tan estendido entre os lectores de toda índole social e cultural á grella da nosa programación?

CRUCE DE PALABRAS suple esa carencia cun formato dunha sinxeleza que se converte en si mesma no vehículo perfecto para a participación, tanto dos propios concursantes como do público televisivo.

Pero CRUCE DE PALABRAS pretende ir un pouco máis alá e cumprir unha clara función preceptora, converténdose nun referente da educación lingüística dos nosos mozos. A través do xogo, non só aprenderán o correcto uso da súa lingua, senón que tamén descubrirán a extensión do seu léxico e, por qué non, a súa beleza expresiva abrazada por tantos escritores e poetas.