2 minute read

O PRESENTADOR, OS CONCURSANTES E O SET

 CASA DO PÚBLICO:

Existen determinadas casas do encrucillado marcadas “CASA DO PÚBLICO”, de xeito que se o concursante lograse acerta-la cuestión asociada a esta casa, daría ó público a oportunidade de gañar un premio.

Advertisement

Cando esto suceda, unha vez escollido ó azar a un dos membros do público e presentado o premio ó que opta, o concursante terá que escoller unha das cuestións do encrucillado á que teña dificultade en responder.

Se a persoa seleccionada entre ó público ten a fortuna de contestar acertadamente, gaña o premio. Se polo contrario a resposta fora errónea ou a persoa escollida entre o público non soubese responder, este quedaría sen premio, e o concursante perdería a oportunidade de abrir un novo corredor e adianta-la súa posición.

PREMIOS

 Premios directos:

Determinadas casas do taboleiro de xogo ocultan ó concursante e ó público unha serie de premios. Entre estes premios estaría a que denominamos “CASA DO

PÚBLICO” (definida no punto de AXUDAS), onde é o público asistente quen ten a oportunidade de probar fortuna.

Pero tamén existen outra serie de casas que ocultan outros premios directos para o concursante e/ou a Institución Escolar á que representan. Estes obsequios estarían proxectado para a inserción de promocións publicitarias.

 Premio principal:

O vencedor de cada un dos programas, así como a Institución Escolar á que represente, recibirá unha serie de productos de carácter lúdico, enfocados sempre ó fomento da aprendizaxe e perfeccionamiento da lingua galega.

 O Gran Premio

A intención de “CRUCE DE PALABRAS” é a de establecer unha serie de etapas, de xeito que a partir de diferentes fases eliminatorias ó final do concurso quede un só gañador, que conseguirá o Gran Premio do concurso.

Neste punto cómpre sinalar que o léxico utilizado no encrucillado permitiranos establecer distintos graos de dificultade, dependendo da fase eliminatoria na que nos encontremos.

O PRESENTADOR

Tendo en conta que o cometido principal do presentador de CRUCE DE PALABRAS é o de conducir un programa xuvenil, este terá que ser unha persoa espontánea e con recursos, coñecedora dos rexistros deste perfil de público.

Do mesmo xeito, e dado o obxectivo lingüístico do programa, o moderador deberá ter un extenso coñecemento do léxico galego, así como nocións históricas e culturais da comunidade autónoma.

OS CONCURSANTES

Os concursantes serán os designados por cada unha das Institucións Escolares invitadas a participar no concurso. A idade proposta abrangue o intervalo entre os 13 e os 16 anos.

O SET

O set non precisa de excesivos detalles, non obstante existen determinados elementos do decorado a ter en conta.

O concursante situarase tras un atril, no que no seu plano anterior, un taboleiro luminoso indicará en cada momento as “VOCAIS MÁXICAS” que conserva.

O TABOLEIRO DE XOGO representado polo encrucillado que o concursante ten que solucionar debe ser perfectamente visible por tódolos ocupantes do plató (concursante,

presentador e público). É preferible que o TABOLEIRO DE XOGO sexa electrónico no seu manexo, de xeito que se poidan reproduci-las respostas correctas que pronuncie o concursante a través dun control remoto.

Outro elemento importante será a PANTALLA XIGANTE, abrindo a posibilidade de preguntar ó concursante cuestións de orixe visual. Este medio tamén se usará para a emisión das promocións publicitarias asociadas ós distintos premios.